Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de febrero de 2014

Entroido 2014 no Concello da Peroxa

Estamos un ano máis diante dunha das festas máis enxebres e celebradas na nosa provincia, e por suposto, tamén no noso Concello, coa celebración das súas dúas habituais festas, con música, disfraces, premios e outras sorpresas.......a de Corbelle o sábado día 1 e a da Peroxa o martes día 4.

Estes son os carteis que anuncian os citados eventos....




ACUDE, DISFRÀZATE E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡¡


Nos iremos a loitar pola defensa dos nosos dereitos e servizos........e ti?


miércoles, 26 de febrero de 2014

Anomalías que precisan melloras ¡¡¡¡¡

Como ben sendo costume publicamos aquí situacións que afectan os veciños e veciñas do Concello da Peroxa e que necesitan actuacións de mellora e arranxo de deficiencias.

Estas situacións son trasladadas os órganos de goberno municipal para que tomen as medidas oportunas para a súa corrección.

En primer lugar queremos amosar a que consideramos de máis importancia pola perigosidade que supón para a veciñanza, sobre todo na circulación de vehículos.

Desta vez é unha caida de troncos de arbores a carretera a altura do pobo das Lamelas que pola súa perigosidade, e sobre todo por unha sinalización escasa pode ocasionar algún dano material pola circulación de vehículos polo citado lugar. Polo que solicitamos a súa retirada.

As imaxes da situación son as seguintes:






Tamén se precisa o arranxo da cancilla de acceso o recinto Feiral de A Peroxa, xa que se desmotou, por causas que descoñecemos das súas guías e permanece inutilizada, segundo se pode comprobar na imaxen seguinte....


No mesmo pobo da Peroxa tamén existe un cartel indicador das ubicacións do pobo do que se desprenderon algunha das chapas indicadoras, situación que precisa tamén o seu arranxo para evitar que se siga deteriorando....


NA PARTE SUPERIOR FALTAN AS INDICACIÓNS QUE PERMANECEN NO CHAN


Finalmente, solicitamos cando o tempo o permita un repaso as soldaduras da baranda da nova grada do campo de fútbol, recentemente construída e que en algúns dos puntos xa comenzan a soltarse e mesmo desprenderse caendo o chan coa perigosidade que supòn para os seus usuarios, especialmente os moitos nenos e nenas compoñentes dos diversos equipos do clube.




AGARDEMOS POLO TANTO, UNHAS ACTUACIÓNS DE MELLORA NAS SITUACIÓNS EXPOSTAS ¡¡¡¡

 


 

 

martes, 25 de febrero de 2014

Convocatorias interesantes para a veciñanza do concello.

No BOP do sábado 22 de febreiro de 2014 publicouse a convocatoria para a contratación laboral temporal dun traballador para o desempeño no Xulgado de Paz do Concello da Peroxa, con funcións de Secretaría do Xulgado.

Toda a información sobre as bases, requisitos e prazos (ata o mercores 26) no seguinte enlace na súa páxina 7:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=44&fecha=20140222

Por outra parte, tamén se saca a convocatoria pública a elección de Xuiz de Paz Titular do Concello, publicada no bando que amosamos a continuación polo Concello onde se establecen os requisitos solicitados.



No DOG de hoxe martes 25/02/2014 convocaronse cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA), moi necesarios para calquer tipo de convocatoria de acceso a postos de traballo.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140225/AnuncioG0164-180214-0001_gl.pdf


Finalmente, tamen no mesmo DOG de hoxe martes  se convocan axudas para a rehabilitación de vivendas.

No seguinte enlace toda a información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140225/AnuncioCA02-200214-0001_gl.pdf


Coma sempre, tanto nestas convocatorias aquí publicitadas como en calquer outra de carácter público, estamos as vosa disposición para calquer consulta ou necesidade de axuda para a súa tramitación.


SEGUIMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN  ¡¡¡¡



viernes, 21 de febrero de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

  
ATL. PEROXA - CD. COLES: Domingo 23 as 16:30 no campo do Marco.
ARCOS C.F. - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 22 as 18:00 no campo da Uceira (Carballiño).

SDC. ARRABALDO "B" - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 22 as 10:00 no campo de Sta. Cruz de Arrabaldo.

A PEROXA C.F. ALEVIN - PABELLON CF "B": Sàbado 22 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - EMF ARENTEIRO: Sàbado 22 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - CD OURENSE "B"Sàbado 22 as 12:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - NOVO RIBEIRO: Sàbado22 as 17:00  no campo do Marco.

BARBADAS FUTSAL - OS PEARES: Sàbado 22 as 17:00 no pabellón de Oira.



A PEROXA FS FEMENINO - CIDADE DAS BURGAS FSF: Sàbado 22 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.



EDC VERIN - A PEROXA FS INFANTIL: Venres 21 as 18:00 no pabellón da Granxa en Verin.

A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo este fin de semana será entre outras, maioritariamente no Concello de Quiroga (LUGO) o sábado 22.



A información da proba no seguinte enlace:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2820&date=20140222

Estas son  algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


AINDA QUE NON ENTRE NA CATEGORÍA DE DEPORTE (OU SÍ),  DESTACAMOS A ORGANIZACIÓN DUN IMPORTANTE TORNEO DE FUTBOLÍN QUE SE CELEBRARÁ NA TARDE DO SÁBADO 22, CON DESTACADOS PREMIOS NO BAR 1984 NA PEROXA.
APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

martes, 18 de febrero de 2014

Nova petición atendida polo Concello

Fai xa tempo amosamos a situación de abandono na que se atopaban algunhas das infraestructuras e lugares senlleiros do noso Concello, facendo públicamente unha petición de actuacións de mellora os reponsables municipais, como podedes ver no enlace seguinte:

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2012/10/deficiencias-importantes-no-concello.html

A situación do pabellón de Cobelle subsanouse o pouco tempo, pero a demanda de melloras no Campo da Feira Vella da Peroxa non foi atendida.

A situación de abandono e de perigosidade continuaba como amosamos nas imaxes seguintes:




Ante o paso do tempo e a falta de actuacións, trasladamos a situación e as peticións o Pleno do mes de novembro dese mesmo ano 2012 como se pode comprobar na pregunta nùmero 3 feita o Sr. Alcalde:



A resposta feita neste Pleno polo Alcalde foi a seguinte, como podedes ver no extracto da acta correspondente.....(ver resposta pregunta 3):


As obras de mellora, no foron precisamente a principios de ano, pero sí se realizaron as actuacións comprometidas e solicitadas tanto polos veciños e veciñas da zona como trasladadas esas peticións veciñais polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista o órgano plenario do Concello.

As actuacións realizadas melloraron significativamente a situación anterior, con actuación tamén de mellora do asfaltado do contorno do campo....






NESTA ÚLTIMA IMAXE TODAVÍA OBSERVAMOS QUE QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN OU REPARACIÓN DO BANCO EXISTENTE.


Tamén chama a atención a "corrección" que se fixo no cartel anunciador da financiación da obra con modificacións posteriores en canto a cuantía da subvención concedida....

Este è o primer cartel anunciador das obras que foi instalado no lugar....


E posteriormente a cantidade da subvención concedida modificouse ata quedar o cartel seguinte....



Unha diferencia da case 3.000€ que comprobaremos no expediente da citada obra nas oficinas municipais para ver a orixe da citada "modificación".


SEGUIMOS APORTANDO PETICIÓNS DE MELLORA E TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR.....

                   ...................E INFORMANDO A VECIÑANZA ¡¡¡¡