Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 20 de diciembre de 2011

BOAS FESTAS E FELIZ 2012 ¡¡

VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA:

Os compañeiros da Agrupación Municipal da Peroxa desexamosvos unhas Felices Festas e que no 2012 tódolos vosos desexos se fagan realidade.

Unha forte aperta ¡¡


Convocatoria de subvención para sustitución equipos calefacción.

Destacamos esta convocatoria de subvencións para equipos de calefacción e auga quente que se convoca dende a Xunta de Galicia, non pola súa impotancia, senón porque seguramente será das últimas subvencións que se leven a cabo polo goberno galego.
A noticia publícase na prensa deste xeito:

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2011/12/20/0003_201112G20P39991.htm

No seguinte enlace tedes acceso a convocatoria e as súas bases:

http://www.inega.es/

E neste a súa publicación no DOG:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111213/AnuncioO3G1-011211-9429_gl.pdf

Aproveitamos tamén para indicar que nesta mesma pàxina tamén aparece información sobre outras subvencións como pode ser o da renovacións de fiestras, vehículos eficientes, etc. Algunhas delas todavía en prazo para solicitar ainda que pendentes do crédito dispoñible.




No enlace seguinte tedes acceso a publicación no DOG do Plan Renove de Fiestras:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111212/AnuncioO3G1-011211-9439_gl.pdf

viernes, 16 de diciembre de 2011

ACTIVIDADE DEPORTIVA 17 E 18 DE DECEMBRO DE 2011

Unha semana máis a actividade deportiva céntrase nos partidos que van a disputar os equipos do concello:

A PEROXA C.F - NOGUEIRA: Domingo 18 as 16:00 no campo do Marco.

VILARIÑO "B" - ATL. PEROXA: Sábado 17 as 16:00 no campo de Vilariño.

OURENSE "B" - A PEROXA C.F CADETE: Sábado 17 as 16:00 en Salesianos.

PABELLÓN "C" - A PEROXA C.F BENXAMIN: Sábado 17 as 11:45 nos Remedios.

OS PEARES F.S - BARBADAS: Sábado 17 as 20:00 no pabellón de Coles.


Anima os teus equipos ¡¡

martes, 13 de diciembre de 2011

Nomeamento de Auxiliar Administrativo para o Concello da Peroxa

Unha vez rematado o proceso selectivo levado a cabo para cubrir en propiedade unha praza de auxiliar administrativo no noso concello, deixovos o enlace o BOP do 9/12/2011 onde na sua paxina 23 aparece nomeamento como funcionario da persoa "seleccionada":

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=277&fecha=20111209

viernes, 9 de diciembre de 2011

Outra noticia desesperanzadora.

Nestes ultimos días sairon nos xornais locais os orzamentos da Deputación de Ourense para 2012, é unha vez máis parecennos lamentables. Destacan que é un orzamento austero ¿?, a nos parecenos máis que austero provocador: dos seus 71 millos de €uros, 30 son para "gastos" de persoal, destacan que rebaixan neste capítulo medio millón, pero é ainda máis lamentable que se eliminen 2 millos de subvencións para entidades culturais, veciñais e deportivas que fan labores exemplarizantes na nosa provincia.

Pero o verdadeiro motivo de publicar esta noticia é que novamente aparece nomeado o noso concello nestes orzamentos, e unha vez máis sobre o asigando para a nosa "INTERMINABLE" carretera, así é como a califica o propio artigo. E por suposto (e xa van uns cantos exercicios), a partido económica novamente se ve reducida e mermada, sendo insuficiente para o seu remate........OUTRA VEZ MÁIS ¡¡

Aquí tedes o enlace a noticia completa:

http://www.laregion.es/noticia/184799/diputacion/gestionara/presupuesto/austero/millones/

NON MÁIS MENTIRAS ¡¡ 

NON MÁIS ENGANOS OS VECIÑOS E VECIÑAS ¡¡

CANDO SE VAN ASUMIR RESPONSABILIDADES POLAS CONTINUAS MENTIRAS ??

jueves, 8 de diciembre de 2011

ACTIVIDADE DEPORTIVA FIN DE SEMANA 10 E 11 DECEMBRO 2011

Unha semana máis a actividade céntrase nos encontros a disputar polos equipo do concello:

TABOADELA - A PEROXA: Domingo 11 as 16:00 en Taboadela.

PARADA DE SIL - ATL. PEROXA: Sábado 10 as 16:00 en Parada de Sil.

A PEROXA CADETE - ARENTEIRO "B": Sábado 10 as 11:30 no campo do Marco.

ARRABALDO "B" - A PEROXA BENXAMIN: Sábado 10 as 10:45 en Santa Cruz.

REST. SAN MARCOS - OS PEARES: Sábado 10 as 19:30 no Anexo dos Remedios.


Anima os nosos equipos ¡¡

jueves, 1 de diciembre de 2011

ACTIVIDADE DEPORTIVA FIN DE SEMANA 3 E 4 DECEMBRO 2011

A actividade deportiva desta fin de semana inclue esta semana a xa indicada proba de enduro do domingo día 4 o que engadimos os seguintes encontros para os nosos equipos


RAMIRAS - A PEROXA C.F: Domingo 4 as 16:00 en Ramirás.

ATL. PEROXA - ARRABALDO: Domingo 4 as 16:00 no campo do Marco.

CHANTADA - A PEROXA CADETE: Sábado 3 as 16:15 no campo do Chantada.

A PEROXA BENXAMIN - PONTE "D": Sábado 3 as 11:30 no campo do Marco.

OS PEARES - VISTAHERMOSA: Sábado 3 as 20:00 no Anexo do Pabellón dos Remedios.



Non deixes de animar os equipos do noso concello ¡¡