Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 23 de febrero de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 25 e 26 de febreiro.....e posteriores ¡¡

Nesta longa fin de semana con ponte festiva, ningún dos nosos equipos representativos teñen competición oficial polo obrigado parón para festexar o entroido.

RECTIFICAMOS ESTA INFORMACIÓN INICIAL.......(xa temos a cabeza no entroido¡¡)

HABERÁ COMPETICIÓN NA LIGA DE VETERÁNS COS SEGUINTES ENCONTROS:

CHOU - LLOVIZNA: Sàbado 25 as 19:00 no campo de Eiroás.

ATL. PEROXA - BAR BREIXO: Sàbado 25 as 18:30 no campo do Marco.


Polo tanto, propoñémosvos as seguintes citas para estas tradicionais festas:

Comezamos por un que é xa unha cita anual de referencia nestas datas...



Tamén a hostelería do noso Concello ten iniciativas nos seus locais...



Recordamos, asi mesmo os carteis do Entroido e actividades previstas na Peroxa o martes...



Tamén vos imos anunciando os actos da Mancomunidade polo día Internacional da Muller que este ano terán lugar no noso Concello....


Finalmente, para os bos amantes e seguidores da boa música anunciar os próximos eventos no veciño Concello de Coles, no Auditorio de Cambeo...



ANÌMATE E PARTICIPA NOS EVENTOS E ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

miércoles, 22 de febrero de 2017

A qué están esperando....??

Entendemos e comprendemos en ocasións as demoras que a administración ten polo exceso de burocracia, o que non entendemos e que unha vez superara esa burocracia non se cumplan os acordos e se realicen as accións coa dilixencia necesaria.

Esta reflexión sirve para introducir a nosa preocupación pola tardanza excesiva que están a ter dende o Concello da Peroxa coa instalación e posta en funcionamento dun Desfibrilador que foi adquirido para tratar de atender algunha posible urxencia que o precise.

A cronoloxía desta situación é a seguinte....

A principios do mes de xullo de 2016 na Deputación de Ourense acordábase por unanimidade de tòdolos grupos políticos crear unha liña de axudas para dotar os concellos da provincia de desfibriladores que poideran paliar situacións de emerxencia vital.

A noticia publicàbase na prensa local...

http://www.laregion.es/content/print/unanimidad-dotar-desfibriladores-concellos/20160701080902632575

Os concello debían solicitar esta axuda.

Polo tanto, os nosos concelleiros presentaron o seguinte Rogo para o pleno dese mesmo mes de xullo:


O acordo foi unánime, comprometéndose o Sr. Alcalde a solicitar esta axuda para a súa instalación, tal e como se recolle na acta do Pleno de Xullo de 2016:


Unha vez solicitada e aprobada a subvención foi publicada no Boletín Oficial da Provincia do 28 de novembro de 2016 onde na pàxina 3 do seguinte enlace comprobaredes a cantidade que se lle adxudicou o noso Concello:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=273&fecha=20161128


Por parte do Concello da Peroxa adquírise o citado desfibrilador para xustificar a obtención desta subvención.

Posteriormente, tal e como recolle a propia convocatoria de axudas, a subvención incluída a formación de persoal para poder usalo con garantía, polo que se convoca un Curso de 10 horas que é impartido por unha empresa especializada os días 23 e 24 de xaneiro de 2017 nas oficinas municipais, a onde acuden maioritariamente persoal do clube A PEROXA CF, así como algún outro participante de equipos que disputan os seus encontros no Campo do Marco na liga de peñas de veteráns.

Volvemos a preocuparnos pola tardanza na súa instalación e presentamos de novo no Concello unha pregunta sobre este retraso....PREGUNTA QUE POR CERTO, TODAVÍA ESTÁ SIN RESPOSTAR XA QUE COMO XA TEMOS INDICADO O CONCELLO DA PEROXA, CO SEU ALCALDE A FRONTE LEVA CAMIÑO DE 5 MESES SIN CELEBRAR OS PLENOS ¡¡¡¡



Unha vez realizados tódolos requisitos, repetimos a pregunta do título deste artigo.....¿A QUE ESTÀN AGARDANDO OS RESPONSABLES MUNICIPAIS PARA A SÚA INSTALACIÓN?

¿QUE FAI TODAVÍA O APARATO PECHADO NAS OFICINAS DO CONCELLO?

¿CALES SON OS MOTIVOS POLOS QUE TODAVÍA NON ESTÁ INSTALADO E LISTO PARA PODER ACTUAR ANTE UNHA POSIBLE EMERXENCIA?

.....PREGUNTAS DE MOMENTO SIN RESPOSTA PERO DAS CALES AGARDEMOS NON TER QUE BOTAR MAN NO CASO DE QUE SURXA UNHA NECESIDADE DE USALO E NON ESTAR TODAVÍA DISPOÑIBLE ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡




viernes, 17 de febrero de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 18 e 19 de Febreiro de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


S.D. BANDE - A PEROXA C.F.: Sàbado 18 as 16:30 no campo de Bande.


Nas categorías do fútbol base:

E.D.C. XINZO - A PEROXA C.F. CADETE:  Sàbado 18 as 09:45 no campo de Xinzo de Limia.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.D. VELLE:  Domingo 19 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. VELLE: Domingo 19 as 10:30 no campo do Marco.

RIBEIRO F.C. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Domingo 19 as 11:00 no campo de Ribadavia.


No fútbol de veteranos....

AURIA VELLA - ATL. PEROXA:  Sàbado 18 as 16:30 no campo de Melias.

LLOVIZNA - CELANOVA:  Sàbado 18/ as 16:30 no campo do Marco.


O representate no deporte do Fùtbol-Sala disputará o seguinte encontro:

PROL SPORT/VIVIAN - OS PEARES F.S.: Sàbado 18 as 17:00 no pabellon da Carballeira.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Ainda que queda unha semana para as celebracións do Entroido 2017 anunciamos os eventos que se celebrarán no noso Concello para esta tradicional festa, e onde temos que dar a nosa noraboa tanto aos organizadores (Comerciantes do Concello), como o Concello como colaborador polo programa organizado, que por fin pensa dende os màis cativos ata os mais maiores con uns horarios axeitados para tódalas idades e pensando na diversión a unhas horas apropiadas.

Toca polo tanto disfrutar....

Estes son os anuncios e programación de actividades:




Tamén vos indicamos unha actividade interesante para os moitos aficionados ao deporte das bicis (BTT) que se celebrará no veciño Concello de Coles e onde está xa aberto o período de inscripcións no seguinte enlace:

http://inscripciones.prueba-t.es/inscripcion/index.php?id=4608&lang=es


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DO QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SEGUIMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡


jueves, 16 de febrero de 2017

Incoherencias e recopilación de incumprimentos...¡¡¡

O titular deste artigo resume perfectamente o que hoxe aquí vamos a plasmar, explicar e demostrar.

Comenzamos con unha das moitas noticias ao respecto deste asunto que se teñen publicado e que é unha máis que pasa a engordar o listado de mentiras das nosas administracións máis cercanas, como son a Deputación de Ourense e o Concello da Peroxa:

http://www.ourensedixital.com/_novas/17/02/08_02.htm

Fala o "protagonista" da noticia de que "os cidadàns podrán coñecer en tempo real a información relativa a orzamentos, transparencia e xestión pública dos seus respectivos concellos".

HIPOCRESÍA E CINISMO EN GRADO MÁXIMO ¡¡

SI NON SON CAPACES DE PERMITIR O ACCESO AOS REPRESENTANTES PÚBLICOS ELEXIDOS DEMOCRÁTICAMENTE POLOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS AOS DOCUMENTOS DA XESTIÓN DOS CONCELLOS, COMO POR EXEMPLO, NO NOSO DA PEROXA........ COMO TEÑEN A CARA DURA DE PUBLICAR, E SOBRE TODO GASTAR CARTOS DOS NOSOS IMPOSTOS EN CREAR FALSAS FERRAMENTAS E FALSAS EXPECTATIVAS A TODA A VECIÑANZA ¡¡¡

Temos que recordarlle que todavía non foron quen de cumplir o que unha vez máis anunciaban na prensa local xa fai anos e que a día de hoxe está, como todo o relativo a estas cuestións sen executar.....MOITO TITULAR E NOTICIA DE PRENSA.....PERO NADA DE NADA, NON SE MOVE UN SÓ DEDO POR CUMPLIR O QUE MARCAN AS LEIS VIXENTES NESTA MATERIA DE TRANSPARENTE ¡¡

http://www.ourensedixital.com/_novas/15/09/16_04.htm

Como exemplo, podemos poñer o enlace o propio Portal de Transparencia da propia Deputación para que comprobedes vos mesmos o deficiente funcionamento do mesmo:

http://transparencia.depourense.es/

Tamén o noso Concello da Peroxa noutra acción de "ilusionismo" era quen de asinar este Convenio de Cooperación coa Deputación para por en marcha este portal de Transparencia tal e como se tratou e acordou en diversos e diferentes Plenos nos que os concelleiros socialistas nos ocupamos e preocupamos polo cumplimento destas obrigas marcadas por Lei, e que os nosos mandatarios do Concello incumplen reiteradamente.

Algúns exemplos do noso traballo neste sentido, para acadar que o noso Concello asumise as súas responsabilidade e cumplise coas leis....



Esta moción foi tratada e APROBADA POR UNANIMIDADE no Pleno do 23/11/2015 e onde o grupo de goberno se comprometía a realizar as accións propostas.....tal e como se recolle na acta do mesmo:



Pois ben.....anos despois o incumplimento por parte do Sr. Alcalde e concelleiros do PP do noso Concello segue vixente, tal e como podedes probar no Portal de Transparencia da web do Concello da Peroxa onde esta totalmente valeira en cada un dos seus apartados....

http://aperoxa.sedelectronica.es/transparency/

Todo isto despois de ter asinado o "famoso convenio coa Deputación de Ourense" tal e como se publicaba no Boletin Oficial da Provincia en outubro de 2015, e do cal tedes información no seguinte enlace na súa pàxina 2:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=227&fecha=20151002

Os nosos concelleiros socialistas, tal e como indicamos, traballaron e seguen a traballar para o cumplimento dos acordos que se toman no noso Concello e continuaron a presentar inciativas e preguntas ao respecto sobre esta situación, chegando ao pleno do 31/05/2016 onde POR FIN ¡¡¡ o Concello da Peroxa acorda POR UNANIMIDADE adherirse a este convenio coa Deputación de Ourense que propuxeran xa no ano anterior 2015 os noso concelleiros.

No seguinte documento extracto da acta onde recolle este acordo:


Como xa publicamos con anterioridade, se accededes ao Portal de Transparencia do noso Concello atoparedes todo valeiro, pasándose "polo forro completamente" tanto o cumplimento das Leis vixente como dos acordos e nomeamentos dos acordos plenarios celebrados no Concello da Peroxa, noutro exemplo máis do pasotismo e irresponsabilidade dos nosos mandatarios.

POLO TANTO....BASTA XA DE NOTICIAS DE PRENSA E DE MENTIRAS¡¡¡¡....E PÓÑANSE DUNHA VEZ A XESTIONAR O CONCELLO QUE PARA ISO, EN ALGÚNS DOS CASOS COBRAN CANTIDADES ELEVADAS DOS NOSOS IMPOSTOS¡¡¡

O COLMO DO CINISMO CHEGA CANDO NOS ATOPAMOS TAMÉN CON NOTICIAS DE PRENSA COMO A QUE HOXE MESMO FAN REFERENCIA TODOS OS MEDIOS LOCAIS....

http://www.ourensedixital.com/_novas/17/02/15_05.htm

ALGÚN É CAPAZ DE CALQUERA COUSA CON TAL DE SAIR NA FOTO ¡¡¡¡ 

ESTAMOS SEGUROS QUE SI LLE PREGUNTAMOS DO QUE IBA A "PRESENTACIÓN" EN SOCIEDADE TERÍA SERIAS DIFICULTADES PARA DESCRIBIR EN QUE CONSISTE E CALES VAN A SER AS POSIBLES VANTAXAS QUE VAI A TER ESTE PROGRAMA.......QUE RECORDEMOS LLE VAI A COSTAR A TÓDOLOS OURENSANS MÁIS DE 5 MILLONS DE EUROS ¡¡

ESTAMOS EN CONDICIÒNS DE ASEGURAR, SEN MEDO A EQUIVOCARNOS QUE OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA SOMOS OS ÚNICOS USUARIOS DOS DEFICIENTES SERVIZOS QUE TEN O NOSO CONCELLO DENTRO DA SÚA "SEDE ELECTRÓNICA", XA QUE SE PODEN COMPROBAR OS NÚMERO DE SERIE QUE CORRELATIVOS QUE ESTA APLICACIÓN ADXUDICA A CADA PROCEDEMENTO, E NO QUE VAI DE ANO 2017 TEMOS TÒDOLOS NÚMEROS CORRELATIVAMENTE ¡¡¡

Ti mesmo podes comprobar a pouca información e poucos trámites habilitados que o noso concello ten na súa Sede Electrónica, a pesar de orzamentar cada ano máis de 6.000€ a estas e outras "aplicacións informáticas":

http://aperoxa.sedelectronica.es/info.0

USAMOS O SERVIZO DE REXISTRO PARA EVITAR O USO DE PAPEIS E GASTOS DE CORREO CERTIFICADO QUE O CONCELLO FAI A DIARIO PODENDO NA MAOIRÍA DESTES CASOS AFORRAR UNHA GRAN CANTIDADE DE TEMPO, TRABALLO E CARTOS QUE BEN SER PODERÍAN EMPREGAR NOUTRAS NECESIDADES ¡¡

A NOSA RELACIÓN DOCUMENTAL CO CONCELLO, DENDE FAI XA UN TEMPO É ÙNICA E EXCLUSIVAMENTE POR MEDIOS TELEMÁTICOS.

Tamén o noso interés porque estas ferramentas sexan usados pola cidadanía é constante, e como exemplo unha pregunta feita sobre esto no último pleno celebrado xa no lexano outubro (27/10/2016) onde se preguntàbamos ao Sr. Alcalde como é posible que unha SOLICITUDE TELEMATICA PRESENTADA A PRINCIPIOS DE XULLO NA SEDE ELECTRONICA DO CONCELLO ESTIVESE TODAVÍA SEN RESPOSTAR EN OUTUBRO, CANDO ADEMÁIS A SOLICITUDE ERA PARA LIMPEZA DE CAMIÑOS E UN SOLAR EN GRAVE PERIGO DE INCENDIO NO POBO DE CORBELLE ??

A resposta foi moi explícita por parte tanto do Alcalde como do Secretario, ainda que este último na súa faceta de "redactor das actas dos plenos" unha e outra vez se encarga de transcribir tan sò cuestións escuetas en asuntos que non lle interesan tanto a él como o Sr. Alcalde.......



A RESPOSTA DO ALCALDE FOI QUE "É CERTO QUE NON ESTÁN A VERIFICAR REGULARMENTE ESE SERVIZO, CUESTIÓN QUE CORROBORA O SECRETARIO, E ADEMÁIS O SR. ALCALDE ENGADE QUE ÉL PREFIRE QUE A XENTE LLE VEÑA AS OFICINAS MUNICIPAIS QUE ASÍ LLES VÉ A CARA" ¡¡¡¡¡

VERGOÑENTA RESPOSTA A UNHA PROBLEMÁTICA GRAVE E A QUE AGORA SE ATREVE CON TODA A CARA DO MUNDO A SAÍR NA FOTO DA PRESENTACIÓN DESTE SERVIZO QUE NO NOSO CONCELLO XA TEMOS PERO QUE NON ATENDEMOS ¡¡¡

UNHAS VECES QUEIXANSE DE FALTA DE PERSOAL, OUTRAS DE FALTA DE TEMPO, OUTRAS DE FALTA DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS......PERO O CASO É QUE TANTO O ALCALDE COMO OS SEUS CONCELLEIROS SEGUEN A USAR AS "ARTES E MAÑAS" DA VELLA POLÍTICA NEGANDO OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS FACILIDADES NA SÚA RELACIÓN ADMINISTRATIVA CO CONCELLO.......PREFIREN QUE A XENTE VAIA ROGAR FAVORES ANTES QUE A EXIXIR OS SEUS DEREITOS ¡¡¡¡......LAMENTABLE ¡¡¡¡

Con respecto a celebración dos plenos, do cal faremos outro artigo moi explicativo da situación real do Concello, temos que reiterar que vamos camiño dos 4 meses sen eles, cando as Leis indican que serán como máximo cada dous ¡¡¡

Cales son os motivos reais destes inxustificados retrasos?
Que teñen que agochar?
A que esperan?.....que pase o tempo e se olviden as cousas?

Terá algo que ver algunha das nosas preguntas pendentes de resposta do equipo de goberno sobre a "contratación" por parte do Concello dunha integrante da candidatura do Partido Popular da Peroxa as pasadas eleccións municipais que se fixo como sempre cun cando menos "dubidoso proceso selectivo" ???




SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO CONCELLO E PUBLICANDO, E SOBRE TODO, DEMOSTRANDO CON DOCUMENTOS, TODO O QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO.........PARA QUE ANALICES E SAQUES AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡









viernes, 10 de febrero de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 11 e 12 de febreiro de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


MASIDE C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 12 as 16:15 no campo de Maside.


Nas categorías do fútbol base:

A PEROXA C.F. CADETE - C.D. VELLE "B": Sàbado 11 as 10:30 no campo do Marco.

C.D. MACEDA - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 11 as 12:30 no campo de Maceda.

C.D. MACEDA - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 11 as 11:30 no campo de Maceda.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - MONFORTE C.F.: Sàbado 11 as 12:15 no campo do Marco.


No fútbol de veteranos....

ATL. PEROXA - VETERANOS NORTE: Domingo 12 as 11:30 no campo do Marco.

AA CLINIC - LLOVIZNA: Domingo 12 as 11:00 no campo do Poligono.


O noso representante no fùtbol sala terá o seguinte partido:

OS PEARES - BEARIZ FS: Sàbado 11 as 19:00 no pabellón dos Peares.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡
SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

martes, 7 de febrero de 2017

Toca facer anàlise¡¡¡.....e algunhas preguntas ¿?

Publicouse na prensa local este pasado sábado unha noticia que leendo o titular da mesma podemos considerar unha boa nova para o noso concello.....

http://www.laregion.es/articulo/ourense/sergas-asume-mantenimiento-centro-salud-peroxa/20170204231649683055.html

Pero non nos quedemos só co titular......analicemos, reflexionemos e sobre todo REFRESQUEMOS as memorias e o que aconteceu ata chegar aquí, e sobre todo.....¿QUE VAI PASAR A PARTIR DE AQUÍ?

Comenzemos polo titular....."EL SERGAS ASUME EL MANTENIMIENTO DEL CENTRO DE SALUD DE A PEROXA".

Repetimos, que sobre o papel, é unha boa nova, pero analicemos a situación....

Recordamos que a tramitación desta situación comenzaba xa alá polo ano 2012 onde se traía a pleno, concretamente, no do 9 de xullo de 2012 un proposta de CESIÓN DO TERREO E DO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA AO SERGAS.

Daquela non se falaba, tal que como reza o titular, de asumir o mantemento, senón que o asunto a tratar era a CESIÓN DO CENTRO DE SAÚDE...... lóxicamente, entendemos que unha cousa leva a outra, xa que pasarían a ser os seus "donos", pero é curioso ver como o xornal La Región, entre outros nos pretende "vender" unha noticia que tan "letra pequena".

Podedes ver na imaxe seguinte o extracto da Acta do Pleno onde se acordaba esa decisión...


Posteriormente, dende o Concello para cumprir coa normativa vixente, modificaba a ordenanza do IBI, para recoñecer a exención deste tributo a este tipo de instalacións adicadas a atención sanitaria.

Unha vez superados estes trámites burocráticos que levaron case 4 anos de tramitación, o inmoble e os terreos están en condicións de asinar ese convenio co Sergas, onde ademáis de asumir "os costes de mantemento do Centro", tamén pasa a ser titular do mesmo, cuestión importante que non se reflexa en toda a noticia.

Agora a raìz deste acordo, ocùrrensenos entre outras......algunhas preguntas sobre a situación que quedará por exemplo o servizo de limpeza do mesmo, que ata agora estaba a ser desenrolado por Persoal de Limpeza propio do Concello tal e como se convocou o proceso selectivo para este e outros cometidos segundo se recollían nas bases do mesmo e das cales podedes ver vos mesmos....


Pagarálle o Sergas a persoa que realiza esta labor?

Contratará o Sergas o seu propio servizo de limpeza?

Si así, fose, a persoa ata agora encargada seguirá tendo o mesmo horario e os mesmos honorarios?

Outra importante pregunta que se nos ocorre será.....¿En qué situación queda agora a oficina que o Concello lle cedía GRATUITAMENTE a empresa que xestiona o servizo municipal de augas?

¿Seguirá o Sergas correndo cos gastos de mantemento (por exemplo da luz....) deste local tal e como facía ata agora o propio Concello tal e como recoñecía o propio Alcalde a pregunta nosa no pasado pleno do 27 de xullo de 2015?

Esta "curiosa" situación foi recoñecida, como decimos polo Alcalde, quen manifestaba que o Concello pagaba os gastos de enerxía elèctrica desta oficina cedida a esta empresa privada tal e como podedes comprobar todos no extracto da acta do pleno anteriormente citado.....




SITUACIÓNS POLAS QUE PREGUNTAREMOS DE NOVO NO VINDEIRO PLENO QUE SE CELEBRE NO CONCELLO,.....

POLO CAL LEVAMOS CASE 4 MESES AGARDANDO ¡¡¡¡¡ 

NUN NOVO INCUMPLIMENTO DAS LEIS VIXENTES POR PARTE DO SR. ALCALDE QUE PARECE, COMO SEMPRE, MÁIS PREOCUPADO POLOS SEUS ASUNTOS PARTICULARES OU POLOS NOVOS CARGOS DE REPRESENTACIÓN QUE OSTENTA QUE POR ATENDER AS NECESIDADES E OBRIGAS DO SEU PROPIO CONCELLO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E POÑENDO NAS TÚAS MÁNS TODA A INFORMACIÓN POSIBLE PARA QUE LEAS, ANALICES.......E SOBRE TODO SAQUES AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS DE TODO O QUE ACONTECE NO TEU PROPIO CONCELLO ¡¡¡

SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡

lunes, 6 de febrero de 2017

Agora sí¡¡¡¡...promocionemos o noso patrimonio.

De novo nos felicitamos, como veciñ@s e sobre todo como representantes da veciñanza no Concello dunha actuación agardada por todos e solicitada entre outras, en numerosas ocasións.

Unha vez máis, non dudamos en recoñecer ao concello esta boa actuación que se levou a cabo na contorna do Castelo da Peroxa, para de novo, darlle un impulso, e dunha vez por todas, traballaremos para que esta xoia do noso patrimonio deixe de ser unha gran descoñecida e se promocione como se merece, tanto pola súa estructura e historia, como tamén pola súa contorna, un lugar para disfrutar e ofrecer os nosos visitantes.

A actuación consistiu na instalación de alumeado no contorna e sobre a fachada do Castelo da Peroxa, que o fai resaltar todavía máis a súa estampa nas oscuras noites.

Un motivo máis para seguir na liña destes últimos anos, onde a través da inciativa dos hosteleiros e comerciantes da Peroxa, e coa colaboración do Concello se lle está a dar a importancia que este lugar merece con actividades e eventos que tardaron moitos anos en levarse a cabo.

A nova imaxe nocturna deste noso emblemático lugar é a seguinte.....




Esta obra foi financiada pola Axencia de Turismo de Galicia:



Sobre a situación de abandono no que se atopaba este lugar e a súa contorna foi xa levado a pleno en diferentes ocasións polos nosos concelleiros socialistas para denunciar a súa situación e solicitar actuacións de mellora que puxeran en valor este lugar, que como xa dixemos, pero reiteramos de novo, ten que pasar a ser un dos lugares de obrigada visita de todos aqueles que veñan o noso Concello, e seguir na liña de eventos e actos neste lugar para que sexa coñecido por tod@s ¡¡

A través deste blog xa lle temos adicado letras e imaxes para dar a coñecer a situación incial na que se atopaba esta paraxe.

Este foi un dos artigos iniciais ao respecto....

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html

A raíz deste artigo e das nosas propostas levadas a Pleno, acometeronse un serie de melloras tal e como recollemos posteriormente noutro artigo:

socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/11/melloras-solicitadas-e-realizadas.html


FINALIZAMOS ESTA PUBLICACIÓN DESEXANDO UN BO USO DESTA NOVA ACTUACIÓN E UN MANTEMENTO PERIÓDICO DESTE LUGAR PARA MANTER NUN ESTADO DIGNO DE CONSERVACIÓN PARA QUE TANTO OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS COMO OS POTENCIAIS TURISTAS DISFRUTEN DAS INSTALACIÓNS.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO CONCELLO ¡¡¡

jueves, 2 de febrero de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 4 e 5 de Febreiro de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


A PEROXA C.F. - C.D. VELLE: Domingo 5 as 16:15 no campo do Marco.


Nas categorías do fútbol base:

E.D.C. XINZO - A PEROXA C.F. CADETE:  Sàbado 4 as 09:45 no campo de Xinzo de Limia.

A PEROXA C.F. ALEVIN - OURENSE C.F. "C":  Sàbado 4 as 11:30 no campo do Marco.

PABELLÓN PROMESAS - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 4 as 10:00 no campo dos Remedios.


No fútbol de veteranos....

MACEDA - ATL. PEROXA:  Sàbado 4 as 16:30 no campo de Maceda.

LLOVIZNA - BENTRACES:  Sàbado 4 as 16:30 no campo do Marco.


O representate no deporte do Fùtbol-Sala disputará o seguinte encontro:

CORTEGADA - OS PEARES F.S.: Sàbado 4 as 19:00 no pabellon de Cortegada.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Continuamos tamén co calendario de festas patronais dos nosos pobos e parroquias, desta vez tócalle a celebración da festividade de San Blas a parroquia de Carracedo, con actos previstos que se anuncian no seguinte cartel:





APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS CITAS E ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡



miércoles, 1 de febrero de 2017

PROPOSTAS PIONEIRAS QUE AGORA CHEGAN CON RETRASO ¡¡¡

De novo o titular deste artigo resume perfectamente o que está a acontecer coas moitas propostas que o longo deste anos traballando na oposición no noso concello presentamos para a mellora da vida e dos servizos dos nosos veciñas e veciñas e que foron completamente despreciadas polo grupo de goberno municipal do Partido Popular con un Alcalde ao fronte falto de ambición e con ningunha motivación para crear e renovar os deficientes servizos cos que conta o Concello da Peroxa.

Toca polo tanto, unha vez máis, e xa van moitas.....recordar e facer memoria do que acontecía fai non moitos anos coas nosas propostas, e ver agora que son presentadas COMO UNHA REVOLUCIÓN OU UNHA GRAN INNOVACIÓN por parte doutras administracións cando, repetimos, fai ben pouco eran os nosos concelleiros socialistas na Peroxa os que as propoñìamos e eran ignoradas polo Alcalde e uns concelleiros máis preocupados polos seus asuntos e negocios particulares que polo traballo e adicación a mellora do Concello, nalgùns casos como xa temos informado, con grandes retribucións económicas para o desenrolo da súa labor.

O punto de partida que nos da pé e nos motiva a escribir este artigo para que o analicedes e saquedes as vosas conclusións è unha noticia de prensa sobre a CREACIÓN E APROBACIÓN dun MAPA PROVINCIAL DE EMERXENCIAS DE OURENSE por parte da Deputación Provincial de Ourense e para o cal se reclama a COLABORACIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS COMO SON A XUNTA DE GALICIA E OS CONCELLOS DA PROVINCIA (entre os que nos atopamos nós):

www.ourensedixital.com/_novas/17/01/15_01.htm

Tràtase dun mapa a través do cal se poidan xestionar dun mellor xeito todo tipo de emerxencias (bombeiros, ambulancias, etc) e que afectan a todos os nosos pobos e parroquias.

A través deste mapa os servizos de emerxencias deben coñecer os recursos dispoñibles en cada un dos nosos pobos e tamén os correctos accesos a cada emerxencia para tratar de actuar no menos tempo posible en caso de urxencia.

Pois ben, o que hoxe parece unha proposta idílica e que foi ben recibida por tódolos grupos políticos, xa no ano 2012 se fixo no Concello da Peroxa unha proposta similar, daquela centrada na mellora dos nosos servizos para actuar en caso de incendio en algún dos nosos pobos.

Leede e analizade a proposta que presentamos, sobre todo os dous últimos puntos das propostas de acordos:



CURIOSO VERDADE????

POIS ASÍ TRABALLAN OS MEMBROS DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO.......PROPOÑENDO SOLUCIÓNS E ACTUACIÓNS DE MELLORA PARA OS NOSOS POBOS E PARA TODA A VECIÑANZA¡¡¡¡

¿NO CASO DE QUE SE VOS PREGUNTASE COMO VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS A VOSA OPINIÓN E DECISIÓN DE LEVAR A CABO ESTA PROPOSTA CAL SERÍA A VOSA RESPOSTA?
 ......seguro que positiva a realización destas actuacións que económicamente non suporían un gran desembolso e que mesmo se podía ter financiado con algunha subvención que recollese estas actuacións para a mellora da seguridade da veciñanza, como de seguro vai acontecer nos vindeiros meses a raiz da aprobación da creación do citado Mapa.

POIS SABEDES CAL FOI A RESPOSTA DO VOSO ALCALDE E DOS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR ????

.........VOTAR EN EN CONTRA E POLO TANTO NEGARSE A REALIZAR AS ACTUACIÓNS SOLICITADAS PARA ACTUAR ADECUADAMENTE EN CASO DE EMERXENCIA, NESTE CASO, ANTE UN INCENDIO, TAL E COMO TEN ACONTECIDO COA VIVENDA OU ALMACÉN DALGUN DOS NOSOS POBOS.


ESTA É A ÚNICA REALIDADE DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO ¡¡¡¡

Na imaxe seguinte podes leer ti mesmo as ambiguas e tristes respostas a esta nosa proposta extraídas literalmente da acta do Pleno do 9 de xullo de 2012.

Ver para creer.....


Como sempre que presentamos calquer iniciativa ou proposta preparamos con todo detalle os argumentos que xustifiquen a mesma.
Neste caso recordamos no propio pleno, que o noso Concello, ao igual que calquer outro non está libre de calquer sinistro deste tipo, tal e como xa ten acontecido no pasado, onde se tivo que lamentar a perda de vidas humanas....

www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/01/04/2299848.shtml

Polo tanto, unha sólo actuación de mellora que se faga no concello que sirva para evitar outro sinistro xa está máis que ben empleada e xustificada.

Tamén lle amosamos o Sr. Alcalde e os concelleiros do PP algúns dos exemplos do estado lamentable no que se atopan as Bocas de Emerxencia de Incendios nos nosos pobos e parroquias e que vos mesmo podedes comprobar no voso....




Tamén aportamos imaxes de lugares que existen nos nosos pobos e parroquias que ben poderían estar nun bo estado de conservación, non só por estética e respeto polo noso patrimonio, senón tamén como lugares habilitados para a carga de auga dos vehículos de incendios, tal e como se ve na imaxe seguinte o estado de total abandono no que se atopaba no ano 2012 o lavadoiro da Peroxa, que case 5 anos despoios está todavía máis abandoado....




Recordamos tamén, que non fai moito tempo, sufrimos no noso Concello un dos incendios máis violentos e perigosos que se recordan que afectou a varios pobos das parroquias de Toubes e Armental e que puxo en perigo vivendas e locais en diferentes pobos, e mesmo algúns, como no caso da imaxe, arderon por completo....



Como complemento a estas propostas que finalmente non foron aprobadas polo Pleno e para darlle voz e visibilidade as nosas demandas publicamos unha nota de prensa ao respecto, buscando a rectificación por parte dos mandatarios do Concello, que tristemente nunca chegou e estivemos e seguimos estando abandonas a nosa sorte en caso de urxencia ou emerxencia na maioría dos nosos pobos.



PARA REMATAR, INDICAR QUE AGARDAMOS E DESEXAMOS QUE ESTE PLAN DE EMERXENCIA SEXA UNHA REALIDADE E SE OBRIGUE OS CONCELLOS A REALIZAR OS SEUS CORRESPONDENTES PARA PODER ASÍ TER UNHA GUÍA DE ACTUACIÓN QUE MELLORE E DISMINUA O TEMPO DE ACTUACIÓN ANTE CALQUER SINISTRO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA QUE ESTAS ACTUACIÓNS E AS NOSAS PROPOSTAS POR FIN SEXAN UNHA REALIDADE PARA MELLORAR OS SERVIZOS DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS ANTES DE QUE QUEDEN COMPLETAMENTE DESERTOS POR FALTA DE SERVIZOS.


LEE, ANALIZA E SACA AS TÚAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡