Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 14 de julio de 2016

Actividade no concello na fin de semana do 16 e 17 de xullo de 2016

A programación deportiva céntrase únicamente, para os representantes do concello na participación dos membros do PEROXA RUNNING en algunha das probas que marca o calendario....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Segue o calendario das nosas festas patronais, nos nosos pobos e parroquias.

Anunciamos as seguintes.....


Tamén está preto a seguinte....


E anunciamos para que anotedes e fagades os vosos plans unha destacada actuación no Auditorio da Peroxa......POR FIN ¡¡¡¡



SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡¡¡
 

jueves, 7 de julio de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 8 e 9 de xullo de 2016

A programación deportiva céntrase únicamente, para os representantes do concello na participación dos membros do PEROXA RUNNING en algunha das probas que marca o calendario....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Aumenta, a medida que nos metemos nas semanas máis intensas do verán o calendario das nosas festas patronais, nos nosos pobos e parroquias.

Desta vez tócalle a San Xes e Turbisquedo, que anuncian a súa festividade cos seguintes carteis...










PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡



martes, 5 de julio de 2016

Unha boa nova......e un recordatorio ¡¡¡¡

Recibimos con agrado polo ben da veciñanza beneficiada, unha nova recentemente publicada na prensa local onde se anunciaba un inversión da Xunta de Galicia importante no Concello para subsanar as moitas deficiencias que ten a nosa rede de alcantarillado e saneamento onde boa parte dos nosos pobos e parroquias seguen sen ese servizo obrigatorio por parte dos responsables municipais que logo de preto de 40 anos de goberno non foron capaces de xestionar a pesar das millonarias subvencións que o noso concello ten recibido.

A noticia é a seguinte:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/06/29/mejoras-red-saneamiento-pueblos-toubes/1488985.html

Como complemento a esta boa nova para os pobos beneficiados, queremos recordar, entre outras moitas propostas que temos levado ao concello sobre esta grave problemática medioambiental e en moitos casos sanitaria, unha que se presentou en xuño de 2012.....



Como resposta a esta nosa petición o Sr. Alcalde, segundo se recolle na Acta do Pleno Ordinario do 9 de xullo de 2012, onde se tratou esta proposta, ENCARGOUSE DE INFORMAR E REITERAR QUE NAS ZONAS ONDE NON HAI REDE DE SANEAMENTO É PORQUE OS VECIÑOS OU BEN NON O QUEREN OU NON O SOLICITARON.....



VERGONZOSO E LAMENTABLE ¡¡¡

ESTE É O ALCALDE E O GOBERNO MUNICIPAL QUE TEMOS NO CONCELLO ¡¡¡


ESTA NOSA DEMANDA PARA A MELLORA DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS FOI RECOLLIDA POLA PRENSA LOCAL....



SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


viernes, 1 de julio de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 2 e 3 de xullo de 2016

No eido deportivo, chegaron o seu fín case tódalas competicións federadas, polo que ata o mes de setembro daremoslles vacacións.

Todavìa quedan actuacións "veraniegas" para algúns dos valentes compoñentes do PEROXA RUNNING que terán as seguintes probas que marca o calendario para disfrutar do seu deporte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Un ano máis tamén dentro do programa das Festas da Peroxa o equipo do PEROXA CF. organiza o seu xa tradicional Torneo da Amistade de Fútbol 7.

Esta edición con 15 equipos participantes que na tarde do sábado e do domingo darán o ambiente deportivo o Campo do Marco.

Este evento anunciouse a través do seguinte cartel:


Tamén temos que informarvos que dende hoxe Venres día 1 en horario de 14:00 a 21:00 poderemos de xeito gratuíto disfrutar das piscinas municipais.

No apartado de Festas tradicionais, tócalle a capitalidade celebrar as súas con actividades diversas. No aspecto meramente musical este é o cartel:



Completarase tamén un ano máis organizado pola Rondalla Xuntanza dos Pobos o tradicional certame:


Novamente, os locais de hostelería do pobo dan o pistoletazo de saída a estas xornadas festivas coa súa churracada con concerto musical...



ANUNCIAMOS TAMÉN UN EVENTO ANUAL IMPORTANTE NESTAS VINDEIRAS DATAS PARA OS MAIS PEQUES DA CASA. 

PODEDES XA ANOTALOS PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN.



Finalizamos publicando un cartel dun dos eventos màis senlleiros que un ano máis teremos no espectacular paraxe do Castelo da Peroxa, para que vaiades reservando na vosa axenda esa data...



SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡