Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 27 de febrero de 2015

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 28 de febreiro e 1 de marzo de 2015

No que respecta as competicións deportivas, os nosos equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos:

AMOEIRO C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 1 as 16:30 no campo de Amoeiro.  

ATL. PEROXA - C.D.C. SANTA TERESITA: Domingo 1 as 16:30 no campo do Marco.

PARADA DO SIL C.F. - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 28 as 16:30 no campo de Parada do Sil. 

A PEROXA C.F. INFANTIL - NOGUEIRA DE RAMUIN S.D.: Sàbado 28 as 11:30 no campo do Marco.

C.D. ALLARIZ "B" - A PEROXA C.F. BENXAMINSàbado 28 as 17:00 no campo de Allariz. 

C.D. VELLE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 28 as 16:00 no campo de Velle.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CUNHA OLD BOYS: Sàbado 28 as 18:00 no campo do Marco.

GARABAS FS - OS PEARES FS: Sàbado 28 as 19:00 no pabellón do Carballiño.


Os compoñentes do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=2&year=2015




ENGADIMOS A ESTA ACTIVIDADE DEPORTIVA OUTRO EVENTO QUE TAMÉN SE PODE CONSIDERAR DEPORTE DE SALÓN E UN CLÁSICO COMO É UN NOVO TORNEO DE FUTBOLIN QUE SE ORGANIZA NO BAR1984 DA PEROXA O SÁBADO 28 E SE ANUNCIA A TRAVÉS DO SEGUINTE CARTEL.......ANÍMATE, PARTICIPA E DISFRUTA ¡¡¡


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

lunes, 23 de febrero de 2015

As subvencións para persoal que recibe o teu Concello ¡¡

Seguimos a informate de asuntos de interès que tan só neste lugar poderás coñecer.

Desta vez son algunhas das subvencións que recibe da Xunta de Galicia o noso Concello da Peroxa para contratación de persoal.....esas convocatorias "públicas" que tan só chegan a uns poucos ¡¡¡

No pasado Diario Oficial de Galicia do pasado xoves 19 de febreiro de 2015 publicaronse as contías económicas para a contratación de persoal a través das subvencións dos programas de cooperación no pasado exercicio 2013, onde na páxina 6988 do enlace seguinte comprobamos como o noso Concello percibe dotación económica por 3 expedientes de contratación solicitados de case 10.000€:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150219/AnuncioCA05-110215-0001_gl.pdf


Tamén no mesmo día 19 se publica a subvención de 8.989,06€ para os gastos da persoa contratada como Axente de Emprego e Desenvolvemento Local para o exercicio 2013.

No seguinte enlace na súa páxina 6967 aparece a dotación o noso Concello da Peroxa:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150219/AnuncioCA05-110215-0002_gl.pdf


Neste caso puntual temos que informar sobre as funcions que debe realizar a persoa contratada para este fin segundo se publica na convocatoria que veredes no enlace seguinte onde hai que destacar esas funcions no artigo 3.1 e 3.2:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131014/AnuncioCA05-071013-0015_gl.pdf


NESTES ARTIGOS SINALANASE COMO FUNCIÓNS DESTA PERSOA CONTRATADA AS SEGUINTES:

A) PROSPECCIÓN DE RECUSOS OCIOSOS OU INFRAUTILIZADOS, DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, NOVAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS E EMPRENDEDORES.....

B) DIFUSION DE OPORTUNICADES DE CREACIÓN DE ACTIVIDADE ENTRE PERSOAS DESEMPREGADAS....

C) ACOMPAÑAMENTO TÉCNICO NO INICIO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS...

D) APOIO AOS PROMOTORES DE EMPRESAS....

E) CALQUERA OUTRA QUE FOMENTO A PROMOCION DE POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO PARA A ACTIVIDADE EMPRESARIAL E PERSOAS DESEMPREGADAS....


AS NOSAS PREGUNTAS SON BEN CLARAS...

¿OS DESEMPREGADOS/AS DO NOSO CONCELLO COÑECEN E FIXERON USO DESTE SERVIZO?...

¿E AS NOSAS EMPRESAS....E OS NOSOS EMPRENDEDORES?

¿COÑECE TODA A VECIÑANZA ESTE SERVIZO?

¿REALIZA REALMENTE ESTAS FUNCIÓNS PARA AS QUE SE RECIBE SUBVENCIÓN?


COMA SEMPRE, NOS INFORMAMOS.....O ANALISE E AS REFLEXIÓNS SON VOSAS ¡¡


HOXE REMATAMOS ESTA PUBLICACIÓN CON UNHA FRASE ATOPADA NO CALENDARIO DE HOXE QUE SE AXEITA BEN A ESTAS CUESTIÓNS:

"LAS VERDADES SE DESCUBREN, LAS MENTIRAS SE CONSTRUYEN"
Jorge Wagensberg.

viernes, 20 de febrero de 2015

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 21 e 22 de febreiro de 2015

No que respecta as competicións deportivas, os nosos equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos:

A PEROXA C.F. - CRESPOS C.F:  Sàbado 21 as 16:00 no campo do Marco. 

S.D.C. ARRABALDO - ATL. PEROXA: Domingo 22 as 16:00 no campo de Santa Cruz.

A PEROXA C.F. "B" - SPORTING CARBALLIÑO: Domingo 22 as 16:30 no campo do Marco. 

S.D.C. ARRABALDO "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 21 as 10:00 no campo de Santa Cruz.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. ARENTEIRO: Venres 20 as 18:30 no campo do Marco. 

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - S.D.C. ARRABALDO "B":  Sàbado 21 as 12:00 no campo do Marco.

CASA POLLO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 21 as 16:30 no campo de Coles.

OS PEARES FS- AVIÓN FS Sàbado 21 as 18:00 no pabellón dos Peares.


Os compoñentes do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

jueves, 19 de febrero de 2015

Convocatoria de interés ¡¡¡

Anuncio interesante para a realización do seguinte curso.....se che interese.....INFORMATE ¡¡


lunes, 16 de febrero de 2015

Buscando solucións...¡¡¡....colaboras??

UN DOS PROBLEMAS PRINCIPAIS QUE TEN HOXE A VECIÑANZA DE NOSO CONCELLO DA PEROXA ESTÁ NO SERVIZO BÁSICO SANITARIO EXISTENTE NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA.

DENDE A SUPRESIÓN POR XUBILACIÓN DA PRAZA DO SEGUNDO MÉDICO EXISTENTE NESTE CENTRO DE SAÚDE NO MES DE SETEMBRO DE 2013 NON SE VOLVEU A RECUPERAR OCASIONANDO UN GRAVE DETERIORO NA ASISTENCIA SANITARIA NO NOSO CONCELLO, SENDO CONTÍNUOS OS RETRASOS NA ASISTENCIA CO PROBLEMA QUE ESO SUPÒN PARA GRAN PARTE DA POBOACIÓN DO CONCELLO QUE NECESITA E EXIXE A SÚA RECUPERACIÓN DUN SERVIZO DIGNO DE ATENCIÓN SANITARIA.

ESTE CARTEL FOI NO SEU DÍA SIGNIFICATIVO DA SITUACIÓN A QUE NOS ENFRONTÁBAMOS...


DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SON MOITAS XA AS PROPOSTAS E PETICIÓNS QUE LEVAMOS FEITOS DIANTE DOS ÓRGANOS RESPONSABLES DESTA LAMENTABLE SITUACIÓN.....CONCELLO, ATENCIÓN PRIMARIA, SERGAS, PARLAMENTO DE GALICIA.....ETC.....OBTENDO NEGATIVAS ARGUMENTADAS CON MENTIRAS SOBRE A SITUACIÓN REAL.

LEVAMOS O ASUNTO OS PLENOS DO CONCELLO EN REITERADAS OCASIÓNS ONDE O SR. ALCALDE RESPOSTABA UNHA E OUTRA VEZ QUE ESTABA A TRABALLAR NUNHA SOLUCIÓN.......QUE COMO PODEDES COMPROBAR NON CHEGAN NUNCA ¡¡¡

OS EXEMPLOS COMA SEMPRE.....EN DOCUMENTOS OFICIAIS PARA QUE NON QUEDE DUDA NINGUNHA DA SÚA EXISTENCIA...


COMO XA INDICAMOS LEVAMOS O PROBLEMA DO NOSO CONCELLO OS ÓRGANOS RESPONSABLES NO PARLAMENTO DE GALICIA A TRAVÉS DOS SEGUINTES DOCUMENTOS...




OS RESPONSABLES DESTA SITUACIÓN EN OURENSE, COMO SON OS DE ATENCIÓN PRIMARIA A TRAVÉS DA PRENSA LOCAL E MENTINDO DESCARADAMENTE PUBLICABAN QUE O CONCELLO SEGUÍA A TER DOUS MÉDICOS ¡¡¡¡¡  ESO É CERTO....PERO ANTES TIÑA 3 ¡¡ DOUS NA PEROXA E UN EN PEARES....CUESTIÓN E DATOS QUE USAN PARA FALSEAR A INFORMACIÓN.


AINDA POR ENCIMA DE SUPRIMIRNOS OS NOSOS SERVIZOS PRENTENDEN TRATAR A POBOACIÓN DE IGNORANTE CON MENTIRAS INSOSTIBLES E PERFECTAMENTE COMPROBABLES POR CALQUER USUARIO DE ÁMBOLOS DOUS CENTROS DE SAÚDE.

AS PROPIAS ASOCIACIÓNS DE MÉDICOS DA PROVINCIA ALERTABAN DESTE DESPROPÓSITO E DUNS PREOCUPANTES DATOS...

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/07/22/jubilacion-masiva-medicos-causa-300/849277.html


REVISTAS ESPECIALIZADAS RECOLLÍAN E PUBLICABAN A NOSA XUSTA DEMANDA...

http://www.saludymedicinahoy.es/os-socialistas-da-peroxa-denuncian-a-supresion-dun-medico-no-centro-de-saude/


A NOSA LOITA E O NOSO TRABALLO PARA RECUPERAR ESTE SERVIZO SUPRIMIDO CONTINÚA O LONGO DESTES MESES.

A ACTUACIÓN MÁIS RECENTE FOI NESTE MESMO PLENO PASADO DO 3 DE FEBREIRO DE 2015 ONDE A TRAVÉS DO TURNO DE PREGUNTAS FACÍAMOS CHEGAR O SR. ALCALDE A SEGUINTE, COMO SE AMOSA NA Nº 1 DESTE DOCUMENTO SEGUINTE:


AQUÍ A RESPOSTA NESTE PLENO XA FOI A GOTA QUE COLMOU O VASO E UN INSULTO A VECIÑANZA DO CONCELLO XA QUE O SR. ALCALDE, USOU O PLENO PARA DAR UN MITIN ELECTORAL E PROMETER "QUE SI ÉL ERA REELEXIDO ALCALDE DESTE CONCELLO, ANTES DE QUE REMATE ESTE ANO 2015 O CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA VOLVERÍA A TER O SEGUNDO MÉDICO".

ACABANSENOS OS CALIFICATIVOS.....INSULTANTE, INDIGNANTE, FALTA DE RESPETO OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS E SOBRE TODO OPORTUNISTA ¡¡¡

COMO PODE TER A OSADÍA DE USAR ESTE GRAVE PROBLEMA QUE TEÑEN OS SEUS VECIÑOS COMO FERRAMENTA ELECTORAL......COMO ALCALDE QUE É DEBE PREOCUPARSE POR SOLUCIONAR OS SEUS PROBLEMAS E AS SÚAS DEMANDAS E NON USALOS CON FINS ELECTORAIS.

ADEMÁIS PODE EXPLICAR QUE PARA CONSEGUIR ESTE FIN CREARASE UN NOVO PROBLEMA XA QUE OS AFECTADOS SERÁN OS USUARIOS DO CENTRO DE SAÚDE DOS PEARES QUE TERÁN QUE COMPARTIR MÉDICO CO DA PEROXA, CAUSÁNDOLLE ASÍ TAMÉN UNHA MERMA NO SEU SERVIZO.

CONTRARESTANDO ESTA RESPOSTA QUE CONSIDERAMOS UNHA BURLA A VECIÑANZA DO CONCELLO, OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DA PEROXA, MANIFESTAMOS QUE SEGUIREMOS TRABALLANDO E PELEXANDO COMO XA LEVAMOS TEMPO FACENDO POR ESTE SERVIZO, SEXA COMO GRUPO DE GOBERNO SI A VECIÑANZA ASÍ O DECIDE, PERO TAMÉN COMO OPOSICIÓN SE OS VECIÑOS CONSIDERAN QUE ESE DEBE SER O NOSO LUGAR.

NESTE MESMO PLENO INFORMAMOS O SR. ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS QUE O IGUAL QUE SE FIXO EN OUTROS CONCELLOS (IRIXO,PEREIRO...ETC), INICIAREMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA QUE O PODER DA POBOACIÓN E DA VECIÑANZA SEXA UNHA FERRAMENTA MÁIS PARA ACADAR ESTE OBXETIVO COMÚN. 

INDICAR QUE O CONTRARIO DE COMO FIXERON "COLEGAS SEUS" NOUTROS CONCELLOS QUE SE POSICIONARON DE PARTE DA VECIÑANZA......OS GOBERNANTES DO PARTIDO POPULAR DA PEROXA AXEONLLANSE UNHA VEZ MÁIS AOS SEUS INTERESES PARTIDISTAS ANTES QUE APOIAR OS VECIÑOS NESTA PETICIÓN, E REXEITARON A NOSA INVITACIÓN A ASINAR ESA FOLLA DE FIRMAS.

ESTE NOTICIA SOBRE RECOLLIDA DE FIRMAS TIVO A SÚA REPERCUSIÓN NA PRENSA LOCAL:



A FOLLA RESUMO DE EXPOSICIÓN DE MOTIVOS E DE ARGUMENTOS POLO QUE INICIAMOS ESTA ACCIÓN È A SEGUINTE, E XA SE ATOPA COLOCADA TANTO NO CENTRO DE SAÚDE COMO EN MOITOS DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS PARA BUSCAR A IMPRESCINDIBLE COLABORACIÓN VECIÑAL...


TAMÉN INFORMAMOS A TÓDOLOS INTERESADOS EN COLABORAR COA SÚA FIRMA CONTRA ESTA XUSTA DEMANDA QUE AS FOLLAS DE FIRMAS SE ATOPAN NO PROPIO CENTRO DE SAÚDE, ASÍ COMO EN PODER DE TÓDOLOS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA POR TODO O CONCELLO.

FINALMENTE, INDICAR QUE A FOLLA DE SINATURAS QUE AMOSAMOS A CONTINUACIÓN POR SI ALGUÉN A QUERE IMPRIMIR PARA COLABORAR NA RECOLLIDA QUE ESTÁ AUSENTE DE NINGÚN TIPO DE LOGOTIPO POLÍTICO, XA QUE A INICIATIVA È NOSA PERO AS SINATURAS QUE SE RECOLLAN E  ENTREGUEN SERÁN EN NOME DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA AFECTADOS.

ESTA É A FOLLA EN CUESTIÓN...


POR TODO O EXPOSTO, E POLA IMPORTANCIA DO ASUNTO, SOLICITAMOS A TÚA COLABORACIÓN POR ESTA CAUSA XUSTA, E POR RECUPARAR PARA O NOSO CONCELLO UN SERVIZO BÁSICO QUE NOS PERMITA UNHA ASISTENCIA SANITARIA DIGNA E ACORDE OS IMPOSTOS QUE TODOS PAGAMOS PARA QUE ASÍ SEXA ¡¡¡


ANALIZA O EXPOSTO NESTE BLOG, REFLEXIONA SOBRE AS RESPOSTAS E ACTUACIÓNS DO CONCELLO DA PEROXA NESTE ASUNTO.....E CHEGADO O MOMENTO DECIDE O CONCELLO QUE QUERES ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

sábado, 14 de febrero de 2015

Convocatoria moi interesante ¡¡¡¡

A Deputación Provincial de Ourense, leva xa uns anos convocando unha liña de axudas económicas para "o fomento das actividades escenicas e musicais" no ano 2015.

O nome así leído pode que non chame a atención e non reparemos na importancia que ten para os nosos pobos, para as nosas asociacións de veciños, para as nosas comisións de festas.....etc.

O obxetivo desta convocatoria e subvencionar todo tipo de actuacións realizadas con carácter público, promovidas por persoas físicas, xurídicas ou agrupacións.....polo tanto inclùe as nosas comisións de festas dos nosos pobos e parroquias, tamén as nosas asociacións de veciños e outra iniciativas feitas por particulares.

Segundo a convocatoria inclue, por exemplo, entre outros moitos, actuacións de orfeóns, corais, rondallas, tunas grupos folk, rock, jazz, grupos de teatro, magos, paiasos....etc, etc.

Polo que creemos que é de vital importancia que os emprendedores do noso concello neste tipo de eventos coñezan a existencia e requisitos desta convocatoria, con importantes axudas econòmicas a contratación deste tipo de actuacións, sobre todo nas nosas festas populares, eses que tanto esforzo costa organizar e que con unha axuda económica que se pode obter a través desta subvencións dará un alivio importante.

Toda a información, requisitos na convocatoria do seguinte enlace dende a páxina 2 en adiante:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=280&fecha=20141205

Actuacións nas nosas festas ou eventos organizados polas asociacións de veciños de charangas, bandas de música ou mesmo no certamen de rondallas e corais que se organiza no noso Concello poderían ser beneficiarias desta liña de axudas.

Sirva como exemplo a publicación das axudas económicas e dos beneficiarios do último trimestre do pasado ano 2014 que podedes consultar no enlace seguinte....

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141104/AnuncioG1440-161014-0001_gl.html


COMO PODEDES COMPROBAR NESTE LISTADO TAMÉN APARECEN CONCELLOS COMO SOLICITANTES DESTAS AXUDAS.

UNHA VEZ MÁIS ESTE TIPO DE PUBLICIDADE DESTAS CONVOCATORIAS IMPORTANTES PARA O NOSO CONCELLO, A SÚA VECIÑANZA, AS SÚAS COMISIÓNS DE FESTAS E AS SÚAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS NON SON NUNCA PUBLICITADAS NIN ANUNCIADAS A TRAVÈS DOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN DO NOSO CONCELLO DA PEROXA, UNHA VEZ MÁIS DESAPARECIDO E AUSENTE COMO FONTE DE INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E COLABORACION PARA A TRAMITACIÓN DESTAS NECESARIAS AXUDAS ECONÓMICAS.

VOLTAMOS POLO TANTO A RECLAMAR QUE OS RESPONSBLES MUNICIPAIS CUMPLAN CO SEU COMETIDO DE XESTORES PÚBLICOS E QUE SE PREOCUPEN DE QUE OS POSIBLES BENEFICIARIOS ESTÈN AO CORRENTE DESTAS CONVOCATORIAS E QUE O PERSOAL ENCARGADO E COBRANDO POR FACER ESTAS LABORES NAS OFICINAS MUNICIPAIS CUMPLA DUNHA VEZ CO SEU COMETIDO POLO CAL RECIBE COMPENSACIÓN ECONÓMICA.


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN, DE TODOS E PARA TODOS, E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡

viernes, 13 de febrero de 2015

Actividade deportiva......e festiva....no concello no fin de semana do 14 e 15 de febreiro de 2015.

Escasa actividade deportiva polo parón polas festas do Entroido.

Na fin de semana os únicos equipos que disputarán competición oficial serán os prebenxamins e os veteráns:

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. LA PURISIMA: Venres 13 as 18:30 no campo do Marco.  (Partido aprazado)

Tamén terán maña sàbado este xoven equipo un Torneo no Campo de Velle cos seguintes horarios:


GADAFFI PEROXA VETERÁNS - GREMIO MONTEALEGRE: Sàbado 14 as 16:00 no campo do Marco.


Os aficionados o mundo do atletismo terán as seguintes probas que indica o calendario para este fin de semana que podedes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar 



Polo que respecta a axenda festiva polo entroido a oferta é moita e variada:

O Concello ofrece o martes 17 as seguintes actividades:

 
 Tamén como cada ano, a tradicional festa de Martes de Entroido:


Botamos de menos, logo de moitos anos de iniciativa e de tanta troula a non celebración do mítico e significativo entroido de Corbelle, auténtica referencia e inicio do entroido no noso Concello.

 Finalmente, e polo que respecta unha semana máis as iniciativas ofertadas dende o Bar1984 anuncian para hoxe venres xa o comenzo da troula ¡¡


PARTICIPA, APOIA E DISFRUTA DESTAS ACTIVIDADES DIVERSAS ¡¡¡

VIVA O ENTROIDO ¡¡




miércoles, 11 de febrero de 2015

Anuncios de interés...¡¡¡

Publicamos a continución 2 bandos con información importante para a veciñanza do Concello:



O Concello non cumple nin respeta as propostas aprobadas ¡¡¡

Continuando coa política levada a cabo durante estes xa case catro anos perdidos de mandato por parte do goberno do Partido Popular do Concello da Peroxa, amosamos unha vez màis o seu pasotismo e falta de interès por asuntos tratados, debatidos e acordados nos plenos municipais.....todos eles, como sempre a proposta dos membros do Grupo Municipal Socialista no Concello da Peroxa.

Un goberno municipal sen ambición por mellorar os servizos municipais, sen ideas nin proxectos aportados a ningún dos plenos e con unha nula actividade política por parte do Sr. Alcalde e os seus concelleiros, tan só preocupados de seguir no poder, aparecendo únicamente polos nosos pobos e parroquias con fins electorais.

A continuación poñemos unha vez máis nas túas màns información suficiente para que coñezas realmente como actúan os que gobernan o teu concello, e a súa falta de ilusión, de ambición e a súa nula preocupación por levar a cabo proxectos e novas ideas para unha clara mellora dos servizos no Concello da Peroxa, preocupados únicamente dos seus intereses persoais e practicando unha política chea de escuridade,  falta de información, ausencia total de transparencia e nula igualdade de oportunidades que roza o ridículo.


Unhas políticas arcaicas doutro século onde unha minoría se leva os beneficios e proveitos principais da súa cercanía o poder mentras a gran maioría da poboación pretenden que se conformen coas migallas......de tí depende e tí decides si é este o Concello que queres ¡¡¡

Entre os moitos exemplos que poderíamos enumerar vamos a por tan só dous claros exemplos do que son o noso entender unha políticas rancias, sen atender as diferentes propostas que aportamos a cada pleno, e o que é máis triste......SEN CUMPRIR OS PROPIOS ACORDOS QUE SE APROBAN POR UNANIMIDADE NOS PLENOS, FALTANDO POLO TANTO UNHA E OUTRA VEZ AO RESPETO A VECIÑANZA E AS SÚA NECESIDADES, PENSANDO ÚNICAMENTE EN INTERESES INDIVIDUAIS E NUNCA NO INTERÈS XERAL ¡¡¡

O primeiro exemplo atopámolo na moción que os nosos concelleiros socialistas presentaron no pleno de marzo de 2014 onde propoñíamos que o Concello e a Dirección Xeral da Policìa asinaran colaboración para que os veciños e veciñas do Concello da Peroxa que o solicitasen e necesitaran non tiveran que desprazarse a Ourense para realizar tràmites simples e sinxelos nas propias oficinas do Concello sobre temas relacionados co DNI.

Fixemos a presentacion e exposición dos motivos na seguinte moción;


No citado Pleno do 27 de marzo de 2014 acordabase por unanimidade (co voto de todos os concelleiros), que se iba a SOLICITAR ESE CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA QUE POLO MENOS UNHA VEZ AO ANO ESTE UNIDADE MOVIL SE DESPRAZASE AS OFICINAS DO CONCELLO, OU A OS DOMICILIOS DOS VECIÑOS QUE O PRECISASEN PARA REALIZAR ESTOS TRÁMITES E QUE SE FARIA A DIFUSIÓN CORRESPONDENTE DESTE SERVIZO A TRAVÈS DA WEB E REDES SOCIAIS DO CONCELLO, ASÍ COMO A TRAVÈS DA COLOCACIÓN DOS BANDOS CORRESPONDENTES.

COMO TODOS PODEDES OBSERVAR DESTE ACORDO NADA DE NADA, AMOSANDO POLO TANTO OS NOSOS GOBERNANTES POPULARES UN DESINTERÈS POLA MELLORA DOS SERVIZOS NO CONCELLO E POR FACILITAR VENTAXAS A VECIÑANZA DO CONCELLO QUE NON LLES PARECE INTERESAR O MÁIS MÍNIMO.

SIRVA COMO EXEMPLO QUE OUTROS CONCELLOS QUE SOLICITARON ESTE SERVIZO SÍ O ESTÁN A POR EN MARCHA PARA OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS....


Outro exemplo das nosas propostas que trasladamos foi a de propoñer que o Concello ofrecese a súa  colaboración coa veciñanza para facilitar a venda ou aluguer de moitas das casas deshabitadas existentes no Concello, e tratar así de evitar esta GRAVÍSIMA DESPOBOACIÓN DOS NOSOS POBOS QUE NOS ÚLTIMOS 8 ANOS FÍXO QUE PERDÉRAMOS MÁIS DE 500 HABITANTES ¡¡¡¡ 
UNS DATOS MÁIS PROPIOS DE CONCELLO DA ALTA MONTAÑA OURENSÁ OU DE POBOACIÓNS ALONXADAS DA CAPITALIDADE, E NON DUN CONCELLO COMO O DA PEROXA QUE SE ATOPA A TAN SÓ 15 KM DE OURENSE E CON UN PERCORRIDO POUCO SUPERIOR OS 15' A CALQUERA DOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN ¡¡¡

ESTA NOS PROPOSTA FOI PRESENTADA EN SETEMBRO DE 2012 A TRAVÈS DA SEGUINTE MOCIÓN:


O ACORDO DO PLENO DO 10 DE SETEMBRO DE 2012 FOI APROBADO COS VOTOS FAVORABLES DE TÓDOLOS CONCELLEIROS, COMPROMETÉNDOSE O SR. ALCALDE A REALIZAR UN POSIBLE LISTADO, FILTRANDO AS MÁIS AXEITADAS E QUE LOGO SE FARÍA ESA PUBLICACIÓN.

O IGUAL QUE NO CASO ANTERIOR......NADA DE NADA ¡¡¡

NULO INTERÈS POLOS ASUNTOS QUE PREOCUPAN O NOSO CONCELLO, ONDE UN DOS SEUS PROBLEMAS MÁIS GRAVES E A DESPOBOACIÓN......PERO ESTO NON FOI MOTIVO PARA QUE O EQUIPO DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR SE PREOCUPASE O MÁIS MÌMINO POR ATENDER A ESTA PROPOSICIÓN QUE ELES MESMO VOTARON A FAVOR DA SÚA POSTA EN MARCHA.

Esta nosa proposta mesmo tivo repercusión na prensa local...


ESTES EXEMPLOS EXPOSTOS, ENTRE OUTROS MOITOS ACORDOS QUE TODAVÍA NON FORON REALIZADOS PON DE MANIFESTO QUE ESTA XENTE QUE DIRIXE O CONCELLO NON ESTÁ PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DA VECIÑANZA....A PREGUNTA É...

¿PARA QUÈ ESTÀN?
¿ESTÁN PARA SOLUCIONAR E MELLORAR OS SERVIZOS DO CONCELLO OU SÓ PARA FINS ELECTORAIS?

CURIOSAMENTE.....A CITA ONDE NUNCA FALTAN È CANDO SE TRATA DE SOLICITAR ALGÚN TIPO DE SUBVENCIÓN TANTO A NIVEL PERSOAL, COMO PARA CALQUER ACTIVIDADE OU NEGOCIO ONDE TEÑAN INTERESES PERSOAIS ¡¡¡

ESTA É A INFORMACIÓN QUE POÑEMOS NA TÚA MÁN PARA QUE ANALIZES....REFLEXIONES....E CANDO TOQUE......SACAR AS TÚAS CONCLUSIÓNS E AS TÚAS DECISIÓNS¡¡¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

viernes, 6 de febrero de 2015

A nosa Ribeira Sacra

Botadelle un vistazo o video que se fixo para a promoción do Turismo na Ribeira Sacra....simplemente.....ESPECTACULAR ¡¡

http://vimeo.com/117998835

DISFRUTAO..... E VISITA O QUE NOS RODEA ¡¡¡

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 7 e 8 de febreiro de 2015.

No que respecta as competicións deportivas, os nosos equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos:

C.D. TRIVES - A PEROXA C.F.: Sàbado 7 as 16:15 no campo de Trives.

ATL. PEROXA - C.D. CEA: Domingo 8 as 16:15 no campo do Marco.
 
C.D. CENLLE - A PEROXA C.F. "B": Domingo 8 as 16:15 no campo de Cenlle.

A PEROXA C.F. INFANTIL - AA.VV. ARRANXAR: Sàbado 7 as 10:30 no campo do Marco.

S.D. NOGUEIRA - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 7 as 12:00 no campo de Nogueira.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - ESCOLA DEPORTIVA OURENSE "B": Sàbado 7 as 12:00 no campo do Marco.

OS PEARES FS - SPORTING MANZANEDA FS: Sàbado 7 as 17:00 no pabellón de Peares.


Os compoñentes do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar







AGARDEMOS QUE AS INCLEMENCIAS CLIMATOLÓXICAS PERMITAN A CELEBRACIÓN CORRECTA DE TODOS OS ENCONTROS PREVISTOS.



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

jueves, 5 de febrero de 2015

Peticións atendidas......E REALIZADAS ¡¡¡

Novamente volvemos a publicar as actuacións feitas polo Concello logo de reiteradas peticións, feitas tanto pola propia veciñanza como polos nosos concelleiros socialistas.

A pesar de que ò Sr. Alcalde lle incomode e moleste tanto que a oposición realice o seu traballo segundo o compromiso adquirido diante dos veciños e veciñas do concello, seguimos a considerarnos ferramenta ùtil e voz nos órganos de goberno do Concello para dar traslado da súas demandas e necesidades.

A continuación publicamos as actuacións recentemente realizadas e tamén cal foi a nosa aportación as peticións que se cumpriron:

Comenzamos pola que quizáis sexa a máis antigua e pola que levamos anos loitando e pelexando para que se tivera en conta e se realizase.

Tràtase do arranxo da fosa sèptica do pobo do Souto, que durante anos de abandono e falta de limpeza ocasionaba graves trastornos tanto a veciñanza do pobo, como sobre todo medioambientais, xa que os lodos campaban as súas anchas polas cunetas da estrada, con total descontrol.

Foi unha petición feita incluso antes das pasadas eleccións municipais, e sin ser tampouco ningún dos actuais concelleiro.

Daquela presentamos o seguinte escrito diante das oficinas municipais:


ESTE ESCRITO NON FOI ATENDIDO POLO CONCELLO, NIN FORON QUEN DE DARNOS RESPOSTA, POLO TANTO O PROBLEMA FOI TRASLADADO A MEDIO AMBIENTE, QUE COMO XA É DE TODOS COÑECIDO ACTUOU SANCIONANDO E ADVERTINDO DESTA ANOMALÍA O CONCELLO INDICÀNDOLLE QUE DEBÍAN SOLUCIONAR ESTE GRAVE PROBLEMA MEDIOAMBIENTAL QUE PRESENTABA AS SEGUINTES IMAXES....




ESTA NOSA XUSTA PETICIÓN MESMO FOI RECOLLIDA POLA PRENSA LOCAL...



CATRO ANOS DESPOIS.....POR FIN SE RECOÑECE E SE ACTÚA NESTE PROBLEMA CON UNHA OBRA DE REPARACIÓN E MELLORA DO SISTEMA DE RECOLLIDA DE LODOS DA FOSA TAL COMO AMOSAMOS NAS IMAXES SEGUINTES...





Continuamos con outra petición necesaria, como foi a mellora da contorna do lavadoiro do pobo de Goiàs (Toubes), que solicitamos no seu día a través do seguinte rogo número 9:


A NOSA PETICIÓN, TRASLADA POLOS VECIÑOS E VECIÑAS ERA PARA MELLORAR A SITUACIÓN QUE SE ATOPABA COMO SE INDICA NAS IMAXES SEGUINTES:



UNHA VEZ ACOMETIDAS AS OBRAS NECESARIAS E SOLICITADAS AGORA PRESENTA O SEGUINTE ASPECTO MELLORADO....



Continuamos con  outra petición moi necesaria, como era o asfaltado da estrada que une os pobos de Vilar de Corbelle e Moure (Coles), por atoparse nun estado que a facía intransitable, así o solicitamos no Rogo nº 5 do seguinte escrito presentado no Concello:


A mellora que solicitábamos era para subsanar o estado de deterioro que se comproba na imaxe seguinte...


Despois das melloras atendidas e realizadas presenta un aspecto aceptable....

 
Finalizamos con outra sinxela petición que nun principio foi negada rotundamente polo Sr. Alcalde no pleno ordinario celebrado o 28 de novembro de 2013, no turno de preguntas orais, onde solicitamos a petición da veciñanza afectada do pobo un troco no apagado de parte do alumeado público no pobo de Gueral.
Solicitabase a reposición da farola existente na carretera a carón das escaleiras que suben o núcleo de Gueral xa que foi apagada inxustificadamente deixando toda a zona nunca escuridade perigosa, e sustituíla por outra existente varios metros máis arriba que quedou encendida e que facía unha función menos importante.

Como dixemos, nun dos caprichos habituais de negación de todas as propostas que surxen dos nosos concelleiros negouse incomprensiblemente a facer esta actuación.

Varios meses despois, supoñemos despois de recapacitar, e sobre todo pola cercanía das eleccións atendeu a nosa demanda, e a dos veciños e veciñas deixando a situación bastante mellor e moito máis coherente.

Esta era a farola en cuestión que solicitabamos de novo a súa posta en funcionamento....


Agora a situación permite unha mellor visibilidade para os usuarios que transitan por esta zona....






APROVEITAMOS ESTA ARTIGO E SOBRE TODO ESTA ÚLTIMA CUESTIÓN SOBRE O APAGADO DO ALUMEADO PÚBLICO POR PARTE DO SR. ALCALDE (SEGUNDO ÉL POR CUESTIÓNS DE AFORRO......AINDA QUE CREEMOS QUE PRIMARON TAMÉN CUESTIÓNS POLÍTICAS E MARXINANDO OS NON EMPADROADOS, CANDO TAMÉN PAGAN OS SEUS IMPOSTOS NESTE CONCELLO)M PARA LEMBRAR E COMPARAR O AGRAVIO QUE SE ESTÁ A FACER CON ESTE TEMA DO ALUMEADO PÚBLICO.

NO SEU DÍA PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN PARA MELLORAR O SISTEMA DE ALUMEADO NO POLIDEPORTIVO DA PEROXA, XA QUE POLA SÚA ESTRUCTURA FAI NECESARIA QUE A CALQUERA HORA DO DÍA SEXA NECESARIO E PRECISO UTILIZAR AS LUCES DA PISTA, CUESTIÓN INCOMPRENSIBLE E INTOLERABLE, CANDO HAI OPCIÓNS PARA SUBSANAR ESTA GRAVE CUESTIÓN E DESPILFARRO ECONÓMICO.

A NOSA MOCIÓN ERA A SEGUINTE....


COMO ERA DE ESPERAR, O SR. ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS NEGARONSE A APROBAR ESTA NOSA PROPOSTA, INDICANDO QUE NUN FUTURO CERCANO SE BUSCARÍAN OUTRAS SOLUCIÓNS A TRAVÉS DE NOVAS SUBVENCIÓNS.

A NOSA PROPOSTA ESTABA ENCAMIÑADA A EVITAR SITUACIÓNS COMO AS QUE REFLEXAN AS IMAXES SEGUINTES, CON TODAS AS LUCES ENCENDIDAS A PLENA LUZ DO DÍA, NO MES DE XULLO DE ANOS ANTERIORES DURANTE A CELEBRACIÓN DO TORNEO DE FUTBOL SALA QUE SE CELEBRABA POLAS FESTAS DO SAN ANTÓN DA PEROXA.....OBSERVAMOS OS FOCOS ENCENDIDAS MENTRAS O SOL ENTRA CON FORZA POLAS ESCASAS VENTÁS E ÚNICOS PUNTOS DE LUZ NATURAL.....

ESTO SÍ È UN DESPILFARRO E UNHA MEDIDA NECESARIA DE AFORRO E NON APAGARLLE AS FAROLAS OS VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS DO CONCELLO ¡¡¡




 
CO PASO DOS MESES..... A SITUACIÓN REPETÍASE CON ASIDUIDADE E POR ISTE MOTIVO E ANTE A FALTA DE PREVISIÓN E SOBRE TODO DE ACCIÓNS PARA PORLLE SOLUCIÓN A ESTA GASTO INNECESARIO NO PLENO DO 23 DE XUÑO DE 2014 VOLVEMOS A PREGUNTAR SOBRE ESTA PREOCUPANTE SITUACIÓN A TRAVÉS DA PREGUNTA Nº 6 DO DOCUMENTO SEGUINTE:



A RESPOSTA EVASIVA DADA POLO ALCALDE" ERA QUE TIÑA PENDENTE UNHA REUNIÓN CO DIRECTOR DO INEGA PARA UNHA POSIBLE SUBVENCIÓN" QUE SOLUCIONASE ESTA SITUACIÓN.

OS DIAS PASAN.....OS MESES TAMÉN....E AS SOLUCIÓNS NUNCA APARECEN.....PERO OS PROBLEMAS CON ESTA SITUACIÓN E AS IMAXES REPÍTENSE UNHA E OUTRA VEZ. 
SIRVA COMO EXEMPLO AS IMAXES QUE SE DERON NA RECENTEMENTE CELEBRADA FESTA DE NADAL NO POLIDEPORTIVO, ONDE PODEDES VER A CONTINUACIÓN COMO A PESARES DE SER COMPLETAMENTE DE DÍA, SEGUNDO A LUZ QUE ENTRA POLAS VENTÀS, OS FOCOS UNHA VEZ MÁIS ESTIVERON VARIAS HORAS FUNCIONANDO....




UNHA VEZ MÁIS POÑEMOS NAS VOSAS MÁNS A REALIDADE E AS SITUACIÓN QUE SE PRODUCEN NO TEU CONCELLO. 

E IMPOSIBLE DE XUSTIFICAR E ARGUMENTAR UN APAGADO INDISCRIMINADO DE GRAN PARTE DO ALUMEADO PÚBLICO, EN MOITOS CASOS CON CRITERIOS MOI LEXOS DO TAN MALINTERPRETADO AFORRO, MENTRAS POR OUTRO LADO NON SON QUEN DE PORLLE SOLUCIÓN A UN PROBLEMA TAN REAL COMO O QUE AS IMAXEN AMOSAN.

CREEMOS QUE FALTA COHERENCIA.....E SOBRE TODO MOITO SENTIDO COMÚN ¡¡¡

ESTA É A INFORMACIÓN QUE NOVAMENTE POÑEMOS A VOSA DISPOSICIÓN.......E COMO SEMPRE DECIMOS........O ANALISE E SOBRE TODO AS CONCLUSIÓNS SON VOSAS ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

miércoles, 4 de febrero de 2015

Eventos e actividades de interès ¡¡¡

Està o prazo aberto para anotarse a excursión a neve en Manzaneda o vindeiro sábado 21 de febreiro.

A excursión organizada polo Concello inclúe a comida e o transporte.

As personas non empadroadas aboaràn 15€

O prazo de inscripción remata o 18 de febreiro.

Este evento anunciase a través do seguinte cartel:




TAMÉN ESTÁN PRETO A COMENZAR DE NOVO AS CLASES DE XIMNASIA EN VARIOS DOS POBOS E PARROQUIAS DO CONCELLO.

DENDE O CONCELLO ANUNCIASE ESTA ACTIVIDADE CO SEGUINTE CARTEL:




PARTICIPA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS ¡¡¡















































martes, 3 de febrero de 2015

Comenzan as festas populares do 2015.....e seguen os eventos culturais ¡¡¡

Recén comenzado o novo ano 2015 estamos xa diante dun fin de semana festivo nunha das nosas parroquias. Celebrase a festa do San Blas en Carracedo.

O cartel e as actividades previstas son as seguintes:



Seguen tamén as actividades diversas no Bar 1984, con nova actuación estelar este vindeiro sábado, anunciado a través do seguinte cartel:

ASISTE E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS E DOS EVENTOS CULTURAIS ¡¡¡