Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 28 de noviembre de 2014

Axenda deportiva no concello na fin de semana do 29 e 30 de novembro de 2014...e outros asuntos.

No que respecta as competicións deportivas, os nosos equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións:

ATL. ARNOIA - A PEROXA C.F.: Domingo 30 as 16:15 no campo de Arnoia.

ATL. PEROXA - C.D. TRIVES: Domingo 30 as 16:00 no campo do Marco.
 
OS CHAOS C.F. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 30 as 16:15 no campo de Amoeiro.

A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D. CONCELLO BARBADÁS "B": Sàbado 29 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - ARRABALDO S.D."B": Sàbado 29 as 12:00 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - VELLE: Sàbado 29 as 16:00 no campo do Marco.



Os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

No referente as noticias que xeneran os compoñentes deste equipo temos que felicitar a unha das compoñentes polo seu premio a constancia e esforzo na pasada edición da San Martiño, como foi a veciña Laura que recibiu premios en diferentes patrocinadores da proba.

No seguinte enlace, a noticia desta entrega de premios e unha pequena entrevista, na que manifesta públicamente a necesidade que teñen estes veciños e veciñas que levan o nome do noso Concello da Peroxa por toda a xeografía galega para obter unha equipación digna e acorde os seus retos.

Dende este lugar volvemos a reiterar a petición que xa fixemos no seu día os responsables municipais sobre esta necesidade, así como lembrarlle o Sr. Alcalde que o ano 2014 está a tocar o seu fin e segue sen cumprir o seu compromiso de organizar un evento deportivo en calquer modalidade atlética como anuciara no seu día a petición dos nosos concelleiros socialistas, como ferramenta de fomento do deporte e como escaparate das nosas paisaxes e dos nosos productos.

http://www.galiciadeportiva.es/laura-de-matos-mera-la-eterna-sonrisa-de-superar-un-reto


Tampouco queríamos deixar pasar a ocasión para felicitar e presumir de grandes e xóvenes campeóns con orixes no Concello da Peroxa.

Comenzamos polo deporte da Halterofilía onde o noso veciño MANUEL GONZÁLEZ ven de acadar 6 medallas nos Campeonatos de España en dúas categorías.

Foi noticia na prensa local, con un amplo reportaxe que podedes ver na seguinte imaxe:

 NORABOA CAMPEÓN ¡¡¡

Tamén queremos facer unha mención a outro dos deportes chamados minoritarios como é o Kung Fu, onde tamén unha xoven participante do noso Concello como é ZAIDA FERRADAS IGLESIAS está a acadar grandes éxitos a tódolos niveis competitivos. Neste caso conseguindo o seu terceiro tìtulo de Copa Deputación.


NORABOA CAMPEONA ¡¡¡

AGARDEMOS TER QUE SEGUIR INFORMANDO DE NOVAS COMO AS ANTERIORES ONDE A XUVENTUDE ESTÁ A ACADAR GRANDES ÉXITOS DEPORTIVOS. (O mesmo tempo tamén solicitamos a posible colaboración para que nos informen dos eventos e competicións onde participan estas xóvenes promesas para poder difundir e seguir os seus logros)

Finalmente, e unha semana máis temos que anunciar tamén que no apartado cultural, e novamente a iniciativa do BAR1984 hoxe venres haberá un espectáculo que non deberías de perder:



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE.....DOS ÉXITOS DOS NOSOS DEPORTISTAS E NON FALTES OS EVENTOS LÚDICOS-CULTURAIS ORGANIZADOS POLOS EMPRENDEDORES DO NOSO CONCELLO QUE LLE DAN VIDA O NOSO POBO.

jueves, 27 de noviembre de 2014

Compromiso coa información cumprido: Boletin 2014

Un ano máis, e van xa tres que seguimos fieis a nosa cita anual coa información dos asuntos máis relevantes que suceden no noso Concello coa publicación do noso Boletín Informativo.

Unha ferramente vital de información para que chegue a tódolos fogares do Concello da Peroxa, de acceso a toda a veciñanza do concello para que coñeza a nosa versión da situación, os asuntos e propostas que se tratan e aproban nos plenos e outros asuntos de importancia para coñecer mellor a nosa labor e a dos mandatarios actuais, agochados sempre baixo a escuridade informativa.

Este Boletín é un complemento a toda a información que proporcionamos polas canles habituais que son a través deste blog, nas redes sociais e por suposto, presencialmente falando con cada veciño e veciña do Concello para que coñeza todo o que acontece o seu redor......para que analice e saque as súas propias conclusións ¡¡¡¡ que vexa e comprobe as cousas por sí mesmo e que decida e opine libremente cos datos na man e non por mandato de ninguén ¡¡¡¡

O citado Boletín foi xa repartido polos nosos concelleiros socialistas, e coa colaboración de todos os membros da Agrupación Municipal Socialista da Peroxa en cada fogar do noso Concello.

Si alguén por calquer motivo, non o recibiu e esté interesado en dispoñer del pode, coma sempre poñerse en contacto connosco e seralle facilitado.

Asimesmo, como xa fixemos outros anos e para obter o acceso electrónico o Boletín podedes consultalo a continuación: 

As pàxinas aparecen en dúas columnas, sendo a primeira imaxe a páxina 1, a carón a súa dereita a páxina 2, a pàxina 3 debaixo da 1 e así continuamente ata completar as 8 páxinas de que consta.


https://docs.google.com/document/d/1ITgUugbPrkpj9lgPS_ME_fja2d2hNsfrt6GmGuAnxZc/pub




AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.....E LEMBRADE QUE A INFORMACIÓN É UN DEREITO QUE TOD@S TEMOS.


SEGUIMOS A CUMPRIR POLO TANTO, DE NOVO, CO NOSO COMETIDO E CO NOSO COMPROMISO COA VECIÑANZA DO CONCELLO DE INFORMAR PUNTUALMENTE DE TODO O QUE SUCEDE O SEU CARÓN E POÑEMOS NA SÚA MAN ESTA FERRAMENTA ÚTIL PARA ANALIZAR, REFLEXIONAR E OBRAR EN CONSECUENCIA.


miércoles, 26 de noviembre de 2014

E nós para cando...???

Unha vez máis vemos como noticias interesantes e beneficiosas para a veciñanza se producen en Concellos limítrofes, como a que se publica no seguinte enlace:

http://www.laregion.es/articulo/ourense/coles-logra-devolucion-cobrado-mas-luz/20141120072709505467.html

Seguimos, tristemente, agardando que esas mesmas boas novas se produzan tamén no noso da Peroxa.

Este mesmo asunto, tratouse no pasado Pleno Ordinario do pasado 23 de xuño de 2014 onde a través dunha pregunta presentada polos nosos concelleiros socialistas, nos interesamos por esta situación tal como se amosa, na pregunta 1, deste listado presentado para o citado pleno:


A resposta dada polo Sr. Alcalde era que "estaban a mirar o tema, pero que de todas formas o noso Concello iba a recibir pouco diñeiro nesta posible devolución xa que o pago da enerxía reactiva era escaso".

MESES DESPOIS DESTA PETICIÓN TODAVÍA SEGUIMOS AGARDANDO ALGUNHA NOTICIA O RESPECTO DESTA PETICIÓN.

SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡¡


viernes, 21 de noviembre de 2014

Eventos deportivos....e outras actividades no Concello na fin de semana do 22 e 23 de novembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións de deportes:

FRANCELOS F.C. - A PEROXA C.F.: Domingo 23 as 16:15 no campo de Francelos.

ATL. PEROXA - ATL. ARNOIA: Domingo 23 as 16:15 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F. "B" - RIBADAVIA ATL.: Sàbado 22 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - S.D.C. ARRABALDO "B": Sàbado 22 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - ESCOLA DEPORTIVA OURENSE "B": Sàbado 22 as 12:00 no campo do Marco.

BANDE - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 22 as 16:00 no campo de Bande.

PUB AREA 12 - OS PEARES FS: Sàbado 22 as 19:00 no pabellón de Xinzo.

Os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡
Outra actividade destacada na fin de semana é a seguinte, unha vez máis no Bar1984:

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Obxetivo cumprido...¡¡¡

Unha nova actuación realizada logo da insistencia, tanto oral, como por escrito dunha petición de arranxo de anomalías na estrada entre Alende e Casdeguístola por parte dos nosos concelleiros socialistas que se consigue.

O Sr. Alcalde nunha nova mostra de falta de respeto pola nosa labor e do noso traballo de oposición, referiuse as nosas peticións de mellora dos servizos do concello a través dos Rogos presentados en cada pleno como....."peticións para vender a moto".

NOS FACEMOS PETICIÓNS QUE A VECIÑANZA NOS DEMANDA E TAMÉN DAS QUE VEMOS NAS HABITUAIS VISITAS OS POBOS E PARROQUIAS DO CONCELLO.....

O ÚNICO QUE LEVA VENDENDO A MOTO DURANTE MOITOS ANOS É EL MESMO, INCAPAZ DE CUMPRIR COAS SÙAS OBRIGAS DE FACER AS MELLORAS NECESARIAS E SOLICITADAS POLA VECIÑANZA, QUE LEMBREMOS UNHA VEZ MÁIS SON FEITAS COS CARTOS DOS IMPOSTOS DE TODOS.....AINDA QUE PARECE QUE PRETENDE VENDELO COMO FAVORES PERSONAIS E CON FINS ELECTORAIS ¡¡¡¡

No caso que nos ocupa neste artigo, as nosas insistentes peticións sobre esta actuación urxente nesta estrada foron moitas......que como sempre demostramos con documentos:

No pleno do 1 de Agosto de 2013 presentamos esta petición a través dos Rogos seguintes, nos cales no punto 6 aparece xa esta petición por primeira vez:



A LAMENTABLE RESPOSTA QUE NAQUEL PLENO NOS DEU O SR. ALCALDE, SEGÚN SE RECOLLE NA ACTA, INDICOU QUE...."ALGÚNS DOS ROGOS ESTÁN EN VÍAS DE SOLUCIÓN, OUTROS CONSIDERA QUE NON SON PRIORITARIOS, E RECALCA QUE QUEN GOBERNA NO CONCELLO DA PEROXA E ÈL E OS SEUS CONCELLEIROS" ¡¡¡

A situación da cal solicitábamos melloras estaba no estado que unha vez máis publicamos en imaxes:




No pasado pleno do 23 de xuño de 2014, reiteramos a nosa petición, xa que a situación cada día empeora gravemente, a través da petición do punto 6:


As imaxes deste empeoramente son claramente visibles e nas que coincidiredes connosco en que eran unha necesidade URXENTE:



A resposta que o Sr. Alcalde nos deu neste pleno sobre este asunto foi que "hai unha cantidade orzamentada para o arranxo desa estrada".

O noso portavoz indicalle que a mellora ten que sen total en todo o seu percorrido, non un bacheado provisional e escaso como se acostuma a facer.

COMO XA AMOSAMOS E DEMOSTRAMOS NOS DOCUMENTOS ANTERIORES LOGO DE VARIAS PETICIÓNS TANTO VECIÑAIS COMO POR PARTE DOS NOSOS CONCELLEIROS ESTA SITUACIÓN PENOSA FOI POR FIN ARRANXADA DEIXANDONOS AS SEGUINTES IMAXES:





A situación mellorou considerablemente, pero tamén temos que indicar que ben se poderían ter limpiado previamente as cunetas como se fixo en varias estradas do concello, para evitar que as intensas choivas dos invernos non circulen polo asfaltado deteriorandoo de novo, xa que existiu por parte do Sr. Alcalde un compromiso de que se iba a facer un plan de actuación de limpeza das cunetas en todas as estradas do noso concello, tanto municipais como provincias, cuestiòn que todavía està se rematar.


POR MOITO QUE O SR. ALCALDE LLE PAREZCA QUE FACEMOS AS NOSAS PETICIÓNS E O NOSO TRABALLO COMO OPOSICIÓN PARA A MELLORA DOS NOSOS SERVIZOS COMO UNHAS ACTUACIÓNS "PARA VENDER A MOTO", REITERAMOS QUE È A NOSA LABOR E O NOSO COMPROMISO COA VECIÑANZA, AINDA QUE CADA DÍA PARECE MOLESTARLLE MÁIS QUE NOS PREOCUPEMOS POLO QUE ÉL LEVA ANOS SEN PREOCUPARSE, TAN SÓ COMO É HABITUAL ACTUANDO E APARECENDO POLOS POBOS NAS ÉPOCAS PRE-ELECTORAIS ¡¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO DE TODO O QUE ACONTECE O TEU CARÓN.....O ANALISE E AS POSTERIORES CONCLUSIÓNS.......SON TÚAS ¡¡¡¡

jueves, 13 de noviembre de 2014

Actividade deportiva..e outras, no concello na fin de semana do 15 e 16 de novembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións deportivas:

A PEROXA C.F. - C.D. COLES: Domingo 16 as 16:15 no campo do Marco.

ATL. VELLE - ATL. PEROXA: Sàbado 15 as 16:00 no campo do Colexio Miraflores en Monterrey. 

E.D. CONCELLO DE VERIN "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 15 as 16:15 no campo da Granxa en Verín.

C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 15 as 10:30 no campo do Colexio dos Escolapios en Monforte.

PABELLÓN PROMESAS. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 15 as 10:00 no campo dos Remedios.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CAFÈ J E XXIII: Sàbado 15 as 18:00 no campo do Marco.

GESTAMP FS - OS PEARES FS: Sàbado 15 as 20:30 no pabellón de Carballiño (Anexo).


Os compoñentes do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING, na súa mairía este fin de semana participarán na carreira por excelencia da nosa provincia para os miles de seguidores deste deporte.....A POPULAR DO SAN MARTIÑO 2014.

O enlace a información desta carreira aquí:

http://www.deportesourense.com/novas/xxxviii-carreira-pedestre-san-martino-2014/ 

No enlace seguinte o calendario para este fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Anunciamos tamén outro tipo de actos e actividades:

O Concello da Peroxa tamén participa e colabora na organización dunha excursión pola Ribeira Sacra que anuncia do seguinte xeito....





Magostos en distintos locais de hostelería do pobo da Peroxa, como serán hoxe Venres dìa 14 a partir das 21:00 no Bar Ivari.



Tamén, unha vez máis o sábado dia 15 o Bar 1984 celebra o seu 1º aniversario con actos diversos toda a tarde e noite que se anuncian no cartel seguinte:


Finalmente, e tamén no veciño Concello de Coles temos que anunciar a súa intensa actividade para os vindeiros fins de semana no seu Auditorio de Cambeo, xa que son moitos os veciños e veciñas do noso Concello que se desprazan os eventos alí organizados, ante a nula actividade cultural que o noso concello lle ofrece a súa veciñanza:



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE E DAS NOSAS ACTIVIDADES......E COÑECE AS QUE ESTÁN PRETO DE NÓS ¡¡¡






Situación de agravio subsanada...¡¡¡¡

Por fin parece que chegou a coherencia, e se subsanou por petición veciñal unha anomalía que deixaba nunha situación de agravio e de incomodidade os veciños e veciñas dos pobos do Souto e de toda a zona da parroquia de Vilarrubin que fan uso da estrada que comunica a "Carretera nova" con esa parte da parroquia a través do cruce cara o pobo do Souto.

A anomalía producíase a raíz do novo pintado da estrada OU-0502 dende a Ponte da Barra ata A Peroxa, que deixaba os vehículos que procedían pola estrada que viña dende o Souto sen posibilidade de facer a incorporación a esta citada vía en dirección A Peroxa, e os obrigaba a desprazarse no mellor dos casos o cruce da Ponte da Barra para facer o cambio de sentido, no caso de vehículos pequenos e mesmo a rotonda de Mira si se trataba de camións.

As imaxes novas que nos deixa o pintado desta estrada dende a Ponte da Barra ata A Peroxa, parece que son froito de que sobraba a pintura e agora temos unha "sobredose" de liña contínua xa que se suprimiron dúas zonas onde antes se permitían os adiantamentos como era o pasar a Ponte da Barra e a recta de acceso a rotonda de Lamagrande, agora prohibidos e provocando importantes retencións e desfiles de vehículos si nos toca circular detrás dalgún vehículo pesado ou excesivamente lento.

As imaxes que amparan a nosa versión, (motivo de crítica e incomprensión por parte dos usuarios habituais), da nova situación son as seguintes:


ZONA DE PROHIBICIÓN DE ADIANTAMENTO NAS DÚAS DIRECCIÓNS O PASAR A PONTE DA BARRA


ZONA DE PROHIBICIÓN EN ÀMBALDAS DÙAS DIRECCIÓNS NA ZONA DE ACCESO A ROTONDA DE LAMAGRANDE.


A ÙNICA ZONA NA QUE SE PERMITE O ADIANTAMENTO E A ALTURA DO POBO DE VILAR E ABERTESGA, COMO AMOSAMOS NA IMAXEN SEGUINTE...



TAL E COMO COMENZAMOS ESTE ARTIGO INDICAMOS QUE NO DÍA DE ONTE SE PROCEDEU A REPINTAR A LIÑA DISCONTÍNUA QUE AGORA SÍ PERMITE A INCORPORACIÓN A ESTA VÍA EN DIRECCIÓN A PEROXA NO CRUCE DO SOUTO, ASÍ COMO TAMÉN SE RETIROU A SINAL QUE OBRIGABA A CIRCULACIÓN EN DIRECCIÓN A OURENSE, TAL COMO AMOSA A RECENTE FOTO.....


POLO TANTO, UNHA VEZ MÀIS FELICITAMOS A VECIÑANZA AFECTADA POR ESTE LOGRO E POLA ATENCIÓN E MELLORAS REALIZADAS SOBRE AS SÚAS DEMANDAS.


A situación que se denunciou e pola cal se solicitaba unha solución era a que describimos a continuación, orixe de queixas e críticas.

Nun primeiro momento a situación era a das imaxes seguintes, prohibindo a través dunha liña contínua a incorporación en dirección A Peroxa, e con unha sinal que obrigaba a circular dirección Ourense:



Para facer a incorporación en dirección o pobo do Souto neste punto, "agora" novamente hai que facer o cambio de sentido correctamente......REITERAMOS O DE AGORA, XA QUE COMO TODOS SODES COÑECEDORES, ESTA POSIBILIDADE QUEDOU DURANTE MOITOS MESES SUPRIMIDA POLA BRILLANTE IDEA DE ALGUN MANDATARIO QUE PERMITIU QUE A EMPRESA DESCARGARA E USASE COMO ALMACÉN DE GRAVA ESTE LUGAR, IMPEDINDO E PONDO EN PERIGO OS USUARIOS DESTE CRUCE XA QUE POUCAS ALTERNATIVAS LLE QUEDABAN SALVO A DE SALTARSE A LIÑA CONTINUA PARA ACCEDER A ESTRADA DO SOUTO.

Agora as imaxes que nosa atopamos neste punto para realizar o cambio de sentido son as seguintes....recuperando por fin tamén a sinalización vertical do STOP, "ausente" durante anos ¡¡¡


Volvendo o tema principal da prohibición que estivo durante semanas de acceder a esta vía en dirección A Peroxa, indicar que había situacións que eran incongruentes totalmente.....xa que mentras se prohibía mediante a sinalización tanto vertical como horizontal este xiro en dirección A Peroxa, uns metros antes do citado cruce podíamos atopar esta sinal que nos informaba de que HABÍA UNHA INCORPORACIÓN DE VEHÍCULOS POLA ESQUERDA, situación que non era real ¡¡¡


COMO XA INDICAMOS, ESTA INCÓMODA E PERXUDICIAL SITUACIÓN DESTE CRUCE, A PARTE DE SER INCONGRUENTE, TAMÉN ERA UN AGRAVIO COMPARATIVO XA QUE METROS MÁIS ARRIBA NESTA MESMA VÍA, SÍ O CONCEPTO INICIAL ERA A POSIBLE PERIGOSIDADE POR FALTA DE VISIBILIDADE, ATOPAMOS O CRUCE DE ACCESO OS POBOS DE VILAR E ABERTESGA QUE CONSIDERAMOS DE MÀIS PERIGOSIDADE, XA QUE AQUÍ SI SE PERMITÍA TANTO O ACCESO E SAÍDA DENDE ESTA VÍA CON UNHA VISIBILIDADE NOTABLEMENTE MENOR COMO INDICAMOS NAS IMAXES SEGUINTES:




A VISIBILIDADE NO CRUCE DO SOUTO EN DIRECCIÓN OURENSE PÓDESE VER NA SEGUINTE IMAXE QUE É SUFICIENTE.....


E EN DIRECCIÓN A PEROXA, TAMÉN É O SUFICIENTEMENTE AMPLA COMO PARA PERMITIR O SEU ACCESO NESA DIRECCIÓN...


FINALIZAMOS, POLO TANTO, REITERANDO UNHA VEZ MÁIS ESTA RECTIFICACIÓN A UNHA SITUACIÓN QUE NON ERA ENTENDIBLE NIN COMPRENSIBLE, E NOVAMENTE FELICITANDO OS USUARIOS POR ESTA NOVA E COHERENTE SITUACIÓN.


SEGUIREMOS INFORMANDO DE TODO O QUE SUCEDE NO TEU CONCELLO E TRABALLANDO POLA MELLORA DOS NOSOS SERVIZOS E POLA SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS DA VECIÑANZA ¡¡¡

viernes, 7 de noviembre de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 8 e 9 de novembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións de deportes:

C.D. MOREIRAS - A PEROXA C.F.: Sàbado 8 as 16:15 no campo de Moreiras.

ATL. PEROXA - LEIRO C.F.: Domingo 9 as 16:00 no campo do Marco.
 
ATL. RAZAMONDE - A PEROXA C.F. "B": Domingo 9 as 16:15 no campo de Laias.

A PEROXA C.F. INFANTIL - AA.VV. ARRANXAR "B": Sàbado 8 as 10:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. ALLARIZ "B": Sàbado 8 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D. CONCELLO BARBADAS: Sàbado 8 as 12:30 no campo do Marco.

ARRABALDO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 8 as 16:00 no campo de Sta. Cruz.

OS PEARES FS - RESTAURANTE VERACRUZ/REGUENGA: Sàbado 8 as 19:00 no pabellón dos Peares.

Os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡


miércoles, 5 de noviembre de 2014

Festas do San Martiño en Vilarrubin 2014

Novamente, estamos diante doutras das festas tradicionais e enxebres que se celebra no noso Concello.

O magosto de Villarrubin, como cada ano con invitación gastronómica e con eventos musicais importantes. Celebrase como cada ano o 11 de novembro.

O cartel desta festa é o seguinte....



VÈMONOS NO MAGOSTO DE VILARRUBIN ¡¡¡