Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 29 de septiembre de 2014

Excursión a Lugo

Organizada polo Concello unha excursión a Lugo, as festas do San Froilán o mèrcores 8 de outubro.

O prazo de remate para anotarse será esta semana.

O cartel que anuncia esta actividade é este....



Festas do Rosario en Vilarrubin 2014

Este vindeiro fin de semana, primeiro do mes de outubro celebranse na parroquia de Vilarrubin as festas patronais con diferentes actos musicais, culturais e relixiosos, con un cartel cheo de actividades de moi diversa índole para diversión dende os màis cativos ata os máis veteráns.

O cartel desta importante festa é o seguinte....



PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡¡

VÉMONOS EN VILARRUBIN ¡¡

jueves, 25 de septiembre de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 27 e 28 de setembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións de deportes:


ATL. PEROXA - A PEROXA C.F.: Domingo 28 as 18:00 no campo do Marco.

A.D. CASTRELO DE MIÑO - A PEROXA C.F. "B": Domingo 28 as 17:00 no campo de Macendo (posible aprazamento polas vendimias na zona do Ribeiro).

S.D. NOGUEIRA - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 27 as 11:30 no campo de Luintra.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - PABELLÓN C.F. (amigable): Sàbado 27 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. LA PURISIMA(amigable): Sàbado 27 as 11:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CASA POLLO: Sàbado 27 as 18:30 no campo do Marco.


Os compoñente do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING, terán a oportunidade de participar nalgúna das múltiples probas que se celebrarán en toda a xeografía galega, con algunha delas na propia cidade de Ourense, como é outra proba do calendario CORRENDO POR OURENSE.

No seguinte enlace o calendario de probas para esta fin de semana final de setembro:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar 
 
E aquí a descripción da citada proba ourensá...

 http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=3274&date=20140928



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡


Actuacións realizadas....e algunha outra petición ¡¡¡

Son moitas as peticións de mellora que os nosos Concelleiros Socialistas levan feito nos Plenos celebrados no Concello da Peroxa, con respostas de todo tipo por parte do Sr. Alcalde e do seu grupo de goberno.

Quedan todavía pendentes moitas actuacións comprometidas e moi necesarias por acometer.

Polo momento, dentro das escasas actuacións realizadas....incrementadas nestes últimos meses, e seguramente nos vindeiros pola proximidade dunhas novas eleccións municipais onde a veciñanza terá que volver a elexir os responsables que deben xestionar o Concello e os cartos dos seus impostos para invertir realmente nas necesidades que cada pobo e cada parroquia necesita.

Entre as actuacións realizadas recentemente, e sendo peticións feitas polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista, amosamos en imaxes as melloras feitas.

NO PLENO DO PASADO MES DE XANEIRO SOLICITAMOS O ARRANXO DO MURO CAÍDO NA ESTRADA QUE BAIXA A GULFARIZ A ALTURA DO POBO DAS LAMELAS, POLA SÚA EXTREMADA PERIGOSIDADE COMO SE AMOSAN AS IMAXES SEGUINTES....





AS NOSAS PETICIÓNS SOBRE ESTA ACTUACIÓN FORON SOLICITADAS NO PLENO DO 21 DE XANEIRO DE 2014 A TRAVÈS, DA PRESENTACIÓN, DE ENTRE OUTRAS PETICIÓNS, NOS SEGUINTES ROGOS (PUNTO 2)...


AS ACTUACIÓNS REALIZADAS SEGUNDO A NOSA PETICIÓN SON AS QUE AMOSAN A IMAXE SEGUINTE....


Continuando con outras actuacións realizadas e solicitadas en varias ocasións polos nosos concelleiros, destacamos tamén, e felicitamos a veciñanza dos pobos de Vilar e Abertesga, así como os moitos usuarios desta vía cara Redondelle que estaba nun estado lamentable, ocasionado, como xa indicamos no seu día danos graves e cuantiosos económicamente en vehículos.....

O estado lamentable e denunciado en moitas ocasións diante dos responsables do Concello era o seguinte....





INSISTIMOS EN QUE AS PETICIÓNS FEITAS NO CONCELLO PARA ESTE ARRANXO URXENTE FORON MULTIPLES E POR DIFERENTES VÍAS.....SEN TER RESPOSTA NIN ACTUACIÓN ATA FAI BEN POUCO.....

EXEMPLOS DALGÚNHAS DAS NOSAS PETICIÓNS FEITAS...

ESTA FEITA FAI MÁIS DUN ANO......E NUNCA FOI ATENDIDA ¡¡¡¡


EN MAIO DESTE ANO REITERAMOS A NOSA PETICIÓN NO ROGO Nº 4....


O SR. ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS PARECÍAN FACER CASO OMISO AS NOSAS PETICIÓNS, E TAMÉN DOS VECIÑOS E VECIÑAS DA ZONA, QUE SE ESTABA A FACER COMPLETAMENTE INTRANSITABLE....

FINALMENTE, PARECE QUE ESTA OBRA SOLICITADA SE ARRANXOU, E O ESTADO ACTUAL QUE PRESENTE È O SEGUINTE....





COMO INDICA O TÍTULO DESTE ARTIGO.....REMATAMOS FACENDO UNHA PETICIÓN PARA A LIMPEZA DA MALEZA, QUE XA DE NOVO VOLVE INVADIR PARTE DAS NOSAS ESTRADAS DIFICULTANDO GRAVEMENTE A VISIBILIDADE E POLO TANTO A CIRCULACIÓN E SEGURIDADE PARA OS VEHÍCULOS E PEÓNS....

NESTE CASO, A DEMANDA È PARA A ESTRADA DEBAIXO DO POBO DA PEROXA VELLE, ONDE COMO AMOSAN AS IMAXES, A MALEZA INVADE XA PARTE DA ESTRADA, OCASIONANDO UN PERIGO PARA O TRÁNSITO DE VEHÍCULOS.




SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO.....E SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE O TEU CARÓN.




miércoles, 24 de septiembre de 2014

Esto sucede no teu Concello....¡¡¡

Cada vez que visitamos algún pobo ou parroquia do noso Concello, e van xa tres anos de continuas visitas, sempre atopamos cousas e situacións que non deixan de sorprendernos, ainda que por resignación ou por cansancio a veciñanza tristemente xa comenza a asumilas como normais....

Desta vez, amosamos a continuación da situación na que se atopa o contenedor da recollida do lixo no pobo de Couselo....



A SITUACIÓN COMO SE VE NA IMAXEN É TRISTE POLO SEU ESTADO.....PERO MÁIS TRISTE SON AINDA AS MANIFESTACIÓNS DOS VECIÑOS CANDO ASEGURARON...."QUE NON LEMBRABAN A ÚLTIMA VEZ QUE PASOU O CAMIÓN DA RECOLLIDA POLO SEU POBO".

Esto son situacións que se dan o teu carón, no teu Concello, e que as solucións non creemos que sexan difíciles de executar.....tal vez o único que falta dende os nosos gobernantes é gañas de querer atender as demandas da poboación e solucionar os seus pequenos problemas de cada día ¡¡¡¡


Tamén nos chamou a atención, na presentación e saída da etapa da Volta Ciclista a España que partiu de Luintra, que mentras algúns están moi preocupados por saír na foto e enganar a veciñanza publicando que este evento pasaría polo seu concello, non sexan capaces de verificar as campañas de publicidade e fomento do turismo do noso Concello a través do Consorcio da Ribeira Sacra e se permita que nos mapas aparezan nomes das nosas parroquias incorrectamente publicitados, como ocorre na imaxe seguinte que tiña exposta a denominación de orixa Ribeira Sacra onde nomeaba unha das nosas parroquias como Beatán ¡¡¡¡¡

Seguramente a indicación e nome dalgúns negocios de turismo rural e de bodegas sí estaban ven sinalizados.

Temos que cuidar os detallese mirar polo interès xeral de todo o Concello ¡¡¡


miércoles, 17 de septiembre de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 20 e 21 de setembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións de deportes:

A PEROXA C.F.- ATL. VELLE: Domingo 21 as 17:00 no campo do Marco.

FRANCELOS C.F. - ATL. PEROXA: Domingo 21 as 17:30 no campo de Francelos

A PEROXA C.F. "B" - U.D. OURENSE: Domingo 21 as 19:00 no campo do Marco..

A PEROXA C.F. INFANTIL - PONTEOURENSE "B" : Sàbado 20 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. PURISIMA(amigable): Sàbado 20 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D. OURENSE "B"(amigable): Venres 19 as 18:00 no campo do Marco.

GREMIO MONTEALEGRE - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Domingo 21 as 11:00 no campo do colexio Miraflores en Pereiro de Aguiar.


Os representantes do atletismo no equipo PEROXA RUNNING, logo da excelente participación que tiveron na fin de semana pasado en Manzaneda na dura proba de Penedos do Lobo, teràn de novo ocasión de disfrutar deste deporte en algúnha das probas que marca o calendario para este fin de semana e que podedes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar 
 
Temos que engadir tamén como complemento o paso polo noso Concello da proba de coches clásicos e motocicletas dentro dos "Encontros Termais", e que nos visitarán entrando o seu percorrido pola zona dos Peares.

A noticia deste evento foi publicada pola prensa local esta semana....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/09/13/concentracion-clasicos-motos/1093021.html 


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

martes, 16 de septiembre de 2014

Cambio de ubicación do servizo de ITV

Con motivo das obras que se están realizando no campo da Festa da Peroxa, o servizo de ITV para vehículos agrícolas trasládase o Polideportivo.

Asì o anuncia o Concello, a través deste Bando informativo:


lunes, 15 de septiembre de 2014

Tomannos por tontos...???

Gran pregunta......e de difícil resposta, pero lamentablemente creemos que sì visto o que está a ocorrer coas actuacións de asfaltado dalgunha das estradas principais do noso Concello. 

O denominado "plan Chapuza" típico e que chega como é de costume meses antes dunhas importantes e decisivas, esta vez máis que nunca, eleccións municipais.

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista levamos traballando e facendo propostas continuamente de mellora dos nosos servizos e das nosas infraestructuras.

Sempre apoiamos e apoiaremos as obras de mellora que se fagan......pero é dificil de non reprimirse a amosar a nosa opinión e o noso descontento, que por certo, é o do gran parte da maioría da poboación, ante algunha das actuacións recentes como foi o "RE-ASFALTADO"  da carretera dende a Ponte da Barra ata a rotonda de Lamagrande, onde creemos que a actuación realizada DEIXOU ESTA VÍA NUN ESTADO PEOR DO QUE ESTABA ¡¡¡

A situaciòn na que deixaron esta vía è do todos coñecida, pero como sempre, as imaxes están para corroborar o exposto...





O perigo no que quedou o estado desta estrada quedou demostrado xa con varios accidentes causados polo exceso de grava, por sorte, tan só con danos materiais.

A actuación non está para nada en concordancia cos servizos que un Concello necesita....

¿Còmo é posible que logo dunha millonaria inversión no treito que faltaba por rematar, agora nos atopemos con esta chapuza e esta superficie doutro século?

¿Porquè non se fixo unha actuación digna desta vía, sacando o piso antigo e deteriorado e asfaltando con un material como o que tiña, de aglomerado que durou máis de 20 anos?

¿Foi realmente esta actuación acorde en canto a custes e calidade?

CREEMOS QUE FOI UN ENGANO MÁIS A VECIÑANZA DO NOSO CONCELLO, SEMPRE VÍCTIMA DAS CHAPUZAS E DOS PEORES SERVIZOS E ACTUACIÓN POSIBLES.

AGORA QUE A GRAVA SE APARTANDO AS BEIRAS DA VÍA, VEMOS QUE O ASFALTO FOI MÁIS QUE ESCASO E OS DEFECTOS QUE TIÑA O ANTERIOR PISO SÉGUEOS A TER, CON MULTITUDE DE GRETAS, BADÉNS, ETC.

POR TAPAR NON TAPARON NIN OS BACHES NOS ENLACES CON OUTRAS VÍAS COMO AMOSAMOS NA IMAXE SEGUINTE DA CARRETERA CARA O POBO DO SOUTO...


Estas actuacións foron demandas polos nosos Concelleiros Socialistas a través de múltiples medios e peticións os òrganos de goberno municipal.

A principios deste ano 2014, no Pleno Ordinario celebrado o 21 de xaneiro de 2014 a través do turno de Rogos e Preguntas, realizábamos o Sr. Alcalde a seguinte pregunta (número 7), onde a resposta pode ser leída e analizada por vos mesmos segundo amosamos na seguinte imaxe extraída da acta do citado Pleno.




ANALIZEMOS A RESPOSTA DADA POLO SR. ALCALDE:

INCOHERENCIA.....DEMAGOXIA.....ou simplemente IGNORANCIA ¡¡¡¡¡  

Como pode responder as demandas urxentes de mellora desta estrada botandolle  a culpa os responsables da Xunta de Galicia, sexan do PSOE, do BNG ou do PP, cando ESTA ESTRADA È PROVINCIAL E POLO TANTO DA DEPUTACION DE OURENSE ¡¡¡¡ que de feito foron os que actuaron sobre ela.

COMO SEMPRE CANDO EXPOÑEMOS UN CASO DESTE APORTAMOS AS PROBAS CONFIRMATORIAS DA NOSA VERSION.......de feito esta mesma semana atopamónos con esta noticia na prensa local onde indica ven claro que foi a Deputación que executou a obras ¡¡¡


SR. ALCALDE DEIXE XA DE MENTIR E ENGANAR A VECIÑANZA ¡¡¡¡¡

Tampouco podemos deixar de comentar esta noticia, xa que nos parece unha burla os usuarios desta vía, cando se indica na noticia que "SE MEJORA DE FORMA NOTABLE LA SEGURIDAD EN ESTA CARRETERA"..........¿Porqué non lle preguntan isto os donos dos tres vehículos accidentados por culpa da grava excesiva nesta actuación e a escasa sinalización?

Claro Sr. Alcalde, que se necesita nova sinalización....pero non sò horizontal, senón tamén vertical, e claro que podemos agardar 15 dìas cando levamos anos sin elas ¡¡¡

A SITUACION NA QUE QUEDOU ESTA ESTRADA DESPOIS DAS "ACTUACIONS" DA DEPUTACION ESTADES A COMPROBALA OS QUE A USADES ASIDUAMENTE......AGORA QUE XA MARCHOU PARTE DA GRAVA VEMOS COMO SEGUEN QUEDANDO AS MESMAS GRETAS NO CENTRO DA ESTRADA, OS MESMOS BADÊNS QUE EXISTÎAN.......CREEMOS SINCERAMENTE QUE ERA DIFICIL DEIXAR UNHA OBRA PEOR DO QUE ESTABA......POIS NESTE CASO CONSEGUIUSE ¡¡¡¡


Como xa indicamos, a mellora desta estrada foi das primeiras peticións que fixeron os nosos Concelleiros Socialistas despois da súa chegada o Concello.

Lembramos as nosas peticións feitas....

No Pleno do 28 de febreiro de 2012 presentamos o seguinte Rogo solicitando as necesarias actuacións de mellora nesta estrada....



A resposta por parte do Sr. Alcalde foi a seguinte, extraída da acta do Pleno citado...


As nosas actuacións solicitadas para unha mellor seguridade nesta vía eran ben claras, solicitando un asfaltado de garantías e acorde as características e o moito tráfico desta vía.

Vemos como anos despois, o que se fixo foi un "parche" que para nada cumple coas necesidades que esta estrada demanda como vía principal de acceso o noso Concello.

O único que acadamos no seu día foi a colocación do valado a entrada da Ponte, que sí foi atendido polos mandatarios do Concello.

A situación da petición do valado era a seguinte....


Atendida a nosa petición a imaxe actual, de máis seguridade é a que coñecedes...


En canto o estado do asfalto deteriorado, este era o aspecto que xa presentaba no 2012...



Despois do asfaltado recente, observaredes como estas mesmas gretas seguen a notarse...LAMENTABLE ¡¡¡

No seu día, as nosas demandas sobre este arranxo tiveron repercusión na prensa local....






Volvemos o principio desta situación e preguntàmonos se as actuacións acometidas están en consonancia a calidade do executado co valor orzamentado.....cuestión que estamos a investigar e próximamente informaremos a veciñanza de cal foi o custe desta obra.

Moitos veciños e veciñas dos pobos do noso Concello, cuestionanse si esta triste actuación satisface o que realmente esta estrada necesitaba, cando sobre todo ben dia a día, e en cada pobo e cada parroquia situacións de urxencia de mellora das súas estradas que levan décadas sin un mísero asfaltado que facilite o acceso as súas vivendas...

Que opinarán deste derroche a veciñanza da Pedreira tendo os acceso o seu pobo así....


Que opinarán deste derroche a veciñanza de Rivas e Reza tendo os acceso o seu pobo así....


A situación no pobo de Reza todavía é máis preocupante cando hai accesos a vivendas todavía en terra....


 Tamén algo poden decir os veciños e veciñas da Paleira e Enfesta tendo así a súa estrada o pobo....



ESTA Ê A REALIDADE DO TEU CONCELLO.......AS IMAXES NON SON DO SÈCULO PASADO....SON DA PASADA SEMANA ¡¡¡¡

COMO SEMPRE DECIMOS.....

NOS INFORMAMOSTE DAS SITUACIÔNS QUE SE PRODUCEN NO CONCELLO DA PEROXA, O ANALISE E AS CONCLUSIÔNS SON TÙAS ¡¡¡

CREEMOS SINCERAMENTE QUE O GOBERNO MUNICIPAL ESTÀ SUPERADO POLA SITUACIÒN E MÀIS PREOCUPADO DE "OUTROS ASUNTOS" QUE DAS SÙAS FUNCIÒNS DE MELLORAR OS SERVIZOS E A VIDA DA VECIÑANZA......LEMBRA QUE DENTRO DE POUCOS MESES TÌ DECIDIRÀS O QUE QUERES PARA O TEU CONCELLO......

O QUE VÈS A DIARIO DURANTE XA CASE 36 ANOS DE GOBERNO OU OUTRO XEITO DE FACER AS COUSAS CON AMBICIÔN E GAÑAS DE TRABALLAR ¡¡¡¡


SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO¡¡

domingo, 14 de septiembre de 2014

As nosas festas continúan...¡¡¡

Este vindeiro fin de semana seguimos coa celebración das nosas festas tradicionais, o pobo de Corbelle terá o seguinte programa festivo:


Tamén a parroquia de Mirallos disfrutará dunha das Romería máis importantes, non só do Concello, senón de toda a comarca onde se agarda a presencia de moita xente tanto nos actos relixiosos como nos festivos.....e sobre todo no gastronómico.

Este é o cartel desta festa:


PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡


viernes, 12 de septiembre de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 13 e 14 de setembro de 2014

Os representantes no eido deportivo do noso Concello da Peroxa terán a participación seguinte, nos seus respectivos deportes e competicións, asì como tamén algún evento importante cercano o noso Concello.

LEIRO C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 14 as 17:30 no campo de Leiro.

ATL. PEROXA - C.D. COLES: Domingo 14 as 18:30 no campo do Marco.

C.D. BARRA DE MIÑO - A PEROXA C.F. "B": Domingo 14 as 11:30 no campo de Barra de Miño.

E.D. CONCELLO DE BARBADAS "C" - A PEROXA C.F INFANTIL: Sàbado 13 as 12:00 no campo da Valenzá.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - E.D. OURENSE: Venres 12 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - STA. TERESITA: Sàbado 13 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. VELLE: Sàbado 13 as 11:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERANOS - VETERANOS OURENSE: Sàbado 13 as 16:30 no campo do Marco.



No deporte do Atletismo os respresentantes do PEROXA RUNNING participaràn en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, destacando a carreira de Penedos do Lobo en Esgos.

Consulta o calendario de probas:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Finalmente, informar tamén que teremos o paso da Volta Ciclista a España por preto do noso Concello, concretamente pola zona dos Peares, ainda que non polo noso concello como se indicou erróneamente dende o propio Concello.

O mapa que elaborou a Deputación sobre este evento è o seguinte....



Incomprensiblemente na web oficial da propia carreira o mapa do percorrido non reflexa este recorrido pola nosa provincia, como podedes comprobar no mapa seguinte, dando lugar a erros de interpretación e non recollendo a información correctamente, perxudicando o noso territorio ante a importancia deste evento polas carreteras da nosa provincia.

http://www.lavuelta.com/14/es/recorrido/index.html?e=20


Animamos a todos a disfrutar deste bonito e emocionante evento, ainda que reiteramos que non se debe enganar a poboación con informacións erróneas para "sair na foto", como fixo o noso Alcalde na presentación deste evento no pasado mes, como amosa a imaxe seguinte...


Os concellos afectados polo paso deste evento informaron correctamente a súa veciñanza a través de diferentes medios como tamén se recolle na prensa local....



Tristemente a información que se deu nas Redes Sociais do noso Concello da Peroxa sobre o paso dos ciclistas foi enganosa para a poboación, xa que en ningún momento esta proba transcurre polas nosas carreteras, o máis cercano é o paso polo viaducto dos Peares cara Monforte.

Así daban a enganosa noticia dende o Concello....



Presentación de la 20ª etapa de la “Vuelta a España” en los “Balcones de Madrid.

En el mirador de los "Balcones de Madrid" (Parada de Sil) tuvo lugar esta mañana la presentación de la 20ª etapa de la "Vuelta Ciclista a España" (Santo Estevo de Ribas de Sil-Porto de Ancares, de 185 kilómetros).
Esta 20ª etapa del Vuelta Ciclista a España será la que previsiblemente decida la carrera y contará con la presencia de 22 equipos y de las máximas figuras nacionales e internacionales en el ámbito del ciclismo, entre las las cuales figuran Alejandro Valverde, Nairo Quintana, Purito Rodríguez, Wiggins o Horner.
Los organizadores estiman que el impacto de una etapa de la Vuelta se sitúa alrededor de 300.000 euros, contando los ingresos directos en hostelería y combustible, entre otros, a los que hay que añadir el impacto mediático y promocional en todo el mundo (llega a 178 países). La 20ª etapa se correrá el sábado 13 de septiembre, será la penúltima de la Vuelta 2014 y recorrerá los ayuntamientos de Nogueira de Ramuín (salida en Luíntra), Esgos, Pereiro de Aguiar y A Peroxa (en la zona de Os Peares).
Las personas acreditadas para seguir la Vuelta, incluyendo a los periodistas nacionales e internacionales, son alrededor de unas mil, aunque la caravana completa, que incluye equipos, seguridad, organización y prensa, está formada por unas 2.500 personas.
En cuanto a los datos de audiencia, teniendo en cuenta los años anteriores, el seguimiento de la Vuelta está en torno al 17 % de share, el que supone una cifra próxima a los de los millones de espectadores sólo en España.


Un organismo oficial e responsable como debería ser un Concello debe transmitir a veciñanza información veraz. Ainda que non houbera estado mal que transcurrira polas nosas carreteras, pero desta vez non vai poder ser....


SEGUIMOS INFORMANDO A VECIÑANZA CLARA E TRANSPARENTEMENTE ¡¡¡

 

jueves, 11 de septiembre de 2014

Preocupándonos pola situación dos servizos básicos...¡¡

Volvemos, unha vez máis a atender as demandas e queixas veciñais sobre as posibles anomalías que se poden estar producindo no suministro do servizo municipal de augas.

Fomos requeridos pola veciñanza do pobo de Corbelle para comprobar o estado no que sae a auga nos domicilios, xa que consideran que non está  en condicións normais de uso.....xa que segundo nos informaron deixan marcas nos wc, baños, etc....así como tamén colle un color verdoso si se deixa uns días embotellada.

Por este motivo, solicitamos por escrito o Concello os derradeiros análisis que se fixeron desta auga que segundo indica a normativa debe ser de 4 anuais, para comprobar tanto a realización periódica dos análises obrigatorios como dos seus resultados favorables, estando a espera de contestación e agardando que si hai que facer algunha actuación se faga con urxencia.

O escrito presentado foi o seguinte....



Continuando con este tema, tamén observamos como despois de varios meses, segundo nos comunicaron os veciños e veciñas, e sendo xa informados tanto o Sr. Alcalde como o responsable do Servizo dunha anomalía grave no pobo da Pedreira, xa que existe unha fuga da caseta de contadores que debe ser arranxada polo gasto que se está a ocasionar e polo derroche incontrolado da auga. Por este motivo solicitamos dos responsables deste arranxo unha actuación urxente para poñer fin a esta situación.

A imaxe seguinte reflexa a situación denunciada...




SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


Aviso importante ¡¡

OS DIAS 17 E 18 DE SETEMBRO DE 09:00 AS 13:30 E DE 15:15 A 18:00, E O DÍA 19 DE 09:00 A 13:00 NO CAMPO DA FESTA DA PEROXA ESTARÁ UNHA UNIDADE MÓVIL PARA REALIZAR A INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS.


SI ESTÁS INTERESADO PODES SOLICITAR CITA PREVIA NO TF: 902309000 OU A TRAVÉS DA SÚA PÁXINA WEB: www. sycitv.com



miércoles, 10 de septiembre de 2014

Fin de semana de festas ¡¡¡

Este vindeiro fin de semana continuan as festas parroquias no noso concello.

Desta vez tocalle as parroquias de Carracedo e San Ciprián, onde disfrutarán dunhas boas festas e onde unha vez màis as familias volverán xuntarse para estas celebracións.

O cartel das festas de Carracedo é o seguinte:



E o de San Ciprián este...




PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡