Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 30 de junio de 2014

Festas da Peroxa 2014

Este primeiro fin de semana de xullo, celebraranse as festas tradicionais do San Antón no pobo da Peroxa.

Distintos actos relixiosos, deportivos e musicais formarán o programa das festas nos tres días de celebración.

Damos como ano a benvida as nosas xentes que voltan por estas datas a pasar estas festas coas súas familias.

Os carteis que anuncian os actos previstos son os seguintes:




DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡


viernes, 27 de junio de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 28 e 29 de xuño de 2014

Chegamos xa o remate das competicións e actividades oficiais deportivas que afectan o noso Concello, e por este motivo, logo de informar a veciñanza semana tras semana, poñemos fin, para disfrutar dunhas merecidas vacacións informativas, voltando de novo a principios do mes de setembro, salvo que algunha actividade de interès teña lugar ou afecte o noso Concello.

Os ùnicos representantes do Concello con actividade serán os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING que participarán en probas varias como Celanova, A Guarda ou Ourense, todas elas podedes consultalas no calendario para esta fin de semana:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡



miércoles, 25 de junio de 2014

Festas en Graices

Este sábado 28 celebrarase unha festa tradicional na parroquia de Graíces con actos relixiosos, gastronómico con comida popular e festivos.

ACUDE E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡

viernes, 20 de junio de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 21 e 22 de xuño de 2014

A piques xa de rematar esta tempada deportiva para moitos dos nosos equipos representativos, enumeramos a continuación os eventos deportivos que se celebrarán esta fin de semana.

Os equipos do A PEROXA CF, organizan e celebran a fin de tempada con un destacado evento, deportivo, gastronómico e festivo.

Un Torneo que co esforzo voluntario dos membros do clube, e coa colaboración de pais e nais, ademáis de varios establecementos do noso pobo e de outros veciños, levarase a cabo esta actividade que traerá o Campo do Marco màis de 150 xogadores de varios equipos da provincia do fútbol base, e tamén preto de 100 xogadores de outras categorías.

Este é o cartel anunciador do Torneo organizado polo clube:


Os horarios dos torneos matinal son os seguintes:


Os do torneo da tarde son os seguintes:


Os compoñente do equipo de Atletismo do PEROXA RUNNING estarán en algunhas das probas que marca o calendario para este fin de semana, consultando no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Rematamos anunciando tamén un acto histórico e tradicional que transcurrirá por parte do noso termo municipal, como é o Descenso do Miño en piragua, evento encadrado dentro das Festas de Ourense 2014 e que partirá un ano máis dos Peares.

Este é o catel da proba:




APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

 

Anuncio festas e outras actividades


Xa metidos pràcticamente en època estival, comenza o carrusel de festas populares no noso Concello.

Anunciamos neste artigo as seguintes a celebrar.

Este domingo 22 os organizadores das festas patronais de Villarrubin recuperan o tradicional Corpus, con actos relixiosos, gastronómicos e festivos.

Este é o cartel anunciador...



Anunciamos tamén para o vindeiro sábado 28 de xuño en Graices outra festa "recuperada", como é a celebración do Sagrado Corazón con actos diversos que se anuncian no seguinte cartel:


Anunciamos tamén, a pesar de non pertencer o noso Concello, unha festa que por cercanía é celebrada por moitos veciños e veciñas dos pobos da zona dos Peares.

Son as Festas do Sagrado Corazón de Xesún na Granxa.

Serán os días 27, 28 e 29 de xuño con actos importantes:

Venres 27: misa as 20:00 e verbena con CINEMA
Sàbado 28: pasacalle, misa con procesión con charanga. Posterior Xantar Popular por 8€, para o que hai que anotarse ata o día 25 no bar Xugo.
Domingo 29: Pasacalles, misas e procesion co grupo local de Gaitas Augas de Xuntanza.



Tamén anunciamos neste artigo actividades de Apoio Escolar que se van a desenrolar nos meses de xullo, agosto e setembro na Biblioteca do Concello da Peroxa, os sábados de 10 a 14 dirixidas os máis novos.

Informarse e anotarse nas oficinas municipais.

Data de comenzo o 5 de xullo.
 
As actividades a realizar son as que se anuncian, en días e horas, no seguinte cartel:


PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS......E ASISTE AS ACTIVIDADES PROPOSTAS ¡¡¡




jueves, 19 de junio de 2014

Convocatoria Pleno

POR FIN ¡¡¡

Logo do retraso, como xa está sendo habitual lamentablemente, temos a convocatoria para o Pleno Ordinario que correspondería o pasado mes de maio.

A celebración será o vindeiro luns 23 as 20:30 coa seguinte orde do día:



Como levamos feito, nos xa máis de 3 anos de lexislatura os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista presentará, entre outros asuntos a tratar, a seguinte documentación sobre diversos asuntos de interès para a veciñanza.

As nosas propostas, serán as seguintes reflexadas a través das dúas seguintes mocións, que polo ben da veciñanza e solicitando a coherencia dos mandatarios do goberno municipal, agardemos sexan aprobadas:





As nosas demandas de mellora sobre os servizos e infraestructuras do noso Concello trasladánse o pleno para o seu debate e aprobación a través dos seguintes Rogos:



Finalmente, preguntamos o Sr. Alcalde sobre situacións que ocupan e preocupan a veciñanza do Concello a través das seguintes Preguntas:



POLOS ASUNTOS DE IMPORTANCIA A TRATAR, CONVIDÁMOSTE A QUE ASISTAS A CELEBRACIÓN DESTE PLENO E COÑEZAS DE PRIMEIRA MAN OS ASUNTOS QUE SE TRATAN, DEBATEN E APROBAN NO TEU CONCELLO, E CAL É A POSTURA DE CADA QUEN NA DEFENSA DOS INTERESES DOS VECIÑOS E VECIÑAS.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO POR A PARA A VECIÑANZA DO CONCELLO DA PEROXA.


miércoles, 18 de junio de 2014

EN BOCA PECHADA......¡¡¡¡¡

INCOHERENCIA??.....

FALTA DE MEMORIA??....

NULA PREOCUPACIÓN POLA VECIÑANZA??....

PREOCUPACIÓN SÓ POR INTERESES PERSOAIS??....

ESTAS SON VARIAS DAS PREGUNTAS QUE NON SURXEN LOGO DE LEER CON ABSOLUTO ASOMBRO AS MANIFESTACIÓNS FEITAS POR UNHA CONCELLEIRA DO PP QUE FORMA PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL DO NOSO CONCELLO DA PEROXA.

ASOMBRO EN CANTO A FALTA TOTAL DE CRITERIO SOBRE O EXPOSTO, XA QUE NON NOS CAUSAN NINGÚN TIPO DE SORPRESA ESTE TIPO DE MANIFESTACIÒNS POR SEREN TRISTEMENTE HABITUAIS, AMOSANDO UNHA VEZ MÁIS A SÚA FALTA DE CRITERIO E APORTACIÓNS APROVEITABLES PARA O BENESTAR DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO.

As manifestacións son en relación co paso da edición do Rallye de Ourense 2014 polo noso Concello, onde a concelleira se expresaba a través das súas redes sociais (facebook), nos seguintes términos:



OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL NO CONCELLO DA PEROXA XA FIXEMOS COMO EN ANOS ANTERIORES ADVERTENCIAS A VECIÑANZA DO CONCELLO DA PERIGOSIDADE DESTA SITUACIÓN, SOLICITANDO PRUDENCIA E PRECAUCIÓN A TRAVÉS DA PUBLICACIÓN DESTE ARTIGO NESTE MESMO BLOG:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2014/06/informacion-sobre-o-outro-rallye.html

UN ANO MÁIS QUEN NON TOMOU NINGUNHA MEDIDA DE ADVERTENCIA, FOI O CONCELLO DA PEROXA, QUE BEN PODERÍA TER COLOCADO UNS BANDOS INFORMATIVOS PARA QUE A VECIÑANZA EXTREMASE A PRECAUCIÓN, TANTO COMO PEÓNS, COS SEUS VEHÍCULOS OU MESMO COS ANIMAIS DOMÉSTICOS E O GANDO, XA QUE PODERÍAN TER CONSECUENCIAS DESAGRADABLES E NON DESEXADAS POR NINGUÉN.

O motivo da publicación deste artigo sobre este asunto, e sobre estas declaracións é principalmente porque no ano 2013 e previo o paso do Rally tamén polo noso Concello, os nosos concelleiros socialistas trasladaron a cuestión ao Pleno celebrado no mes da maio, onde entre outras cuestións e preguntas interesamonos por esta perigosa situación.

Ver a pregunta número 4 das seguinte imaxes:




COMO PODEDES COMPROBAR ADEMÁIS DE PREOCUPARNOS POLA SEGURIDADE DA VECIÑANZA, TAMÉN SOLICITÁBAMOS UN PLAN DE MELLORA DOS DESPERFECTOS QUE ESTA PROBA DO 2013 IBA DEIXAR NAS XA DETERIORADAS ESTRADA DO CONCELLO. 

COMO MOITOS POIDESTES COMPROBAR, AS ACTUACIÓN DE REPARACIÓN FORON MÍNIMAS......

ESTA MESMA PETICIÓN DE ARRANXO PÓDEMOLA TRASLADAR E SOLICITAR TAMÉN PARA ESTA ANO 2014 ONDE XA MOITOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO SOLICITARON O ARRANXO DOS MOITOS DESPERFECTOS QUE ESTA PROBA DEIXOU NAS NOSAS ESTRADAS.

Para continuar co asunto central deste artigo, que son as declaracións da Sra. Concelleira poñemos na seguinte imaxe o extracto da acta dese Pleno celebrado do 30 de maio de 2013, onde como podedes comprobar manifestaba....." A SRA. FERNANDEZ PEREZ ASEVERA O DITO POLO SR. ALCALDE POIS COMPROBOU QUE CIRCULAN CON PRUDENCIA" ¡¡¡¡¡¡¡¡



QUE CAMBIU ENTÓN DUN ANO PARA O OUTRO??

TAL VEZ QUE O ANO PASADO NON TIVO PROBLEMAS CON ELES E ENTÓN ENTENDÍA QUE TAMPOUCO OS TERÍA NINGUÉN......E ESTE ANO COMO LLE AFECTOU DIRECTAMENTE XA LLE PREOCUPABA A SITUACIÓN E NOS DABA A RAZÓN DA PERIGOSIDADE QUE ANTES NEGOU.

TEMOS QUE DEFENDER E PREOCUPARNOS POR TODA A VECIÑANZA POR IGUAL E NON CAMBIAR OS CRITERIOS SEGÚN OS INTERESES PERSOAIS DE CADA UN.


Aproveitamos tamén para poñer unha curiosa imaxe da publicación que fixo o xornal La Región sobre o Rally no seu especial, onde a pesar de estar pagado e patrocinado esta reportaxe polo propio Concello, non estiveron precisamente moi afortunados (ainda que sí contaron a realidade), xa que cando se refire o estado das nosas carreteras as define como....PISO DESGASTADO E CHEO DE BACHES ¡¡¡¡ E OS PARTICIPANTES TERÁN QUE ESQUIVAR A MALEZA NOS LATERAIS E NO MEDIO DAS ESTRADAS ¡¡¡



A PESAR DE ESTAR PAGADO COS NOSOS CARTOS A TRAVÉS DO CONCELLO DA PEROXA, NON NOS FAN PRECISAMENTE UNHA BOA PUBLICIDADE DO NOSO TERRITORIO......

NON SABEMOS QUE PODERÍAN POÑER SE NON CHEGAN A COBRAR ¡¡¡¡


Interesante convocatoria formativa

A Xunta de Galicia ven de publicar e abrir o prazo de presentación de solicitudes para os cursos formativos en ciclos FP para o vindeiro curso.

Si estàs interesado dispós de información completa no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-formativa-fp-para-curso-2014-2015



martes, 17 de junio de 2014

Algo é algo....

A raìz do noso artigo publicado neste blog sobre a situación na que íamos recibir o paso do Rallye de Ourense 2014, parece que algunhas pequenas actuacións foron realizadas, ainda que non era o desexado, sí polo menos foron atendidas......no último minuto.

Lembrade o artigo que publicamos sobre o tema....

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2014/06/informacion-sobre-o-outro-rallye.html

As únicas actuacións das solicitadas polos membros desta Agrupación Municipal Socialista que o Concello atendeou foi a colocación dunha tapa, nun perigoso burato a carón da igresa da Peroxa......agora só falta que tapen os profundos e abundantes baches neste mesmo punto, antes de que alguén revente unha roda dun vehículo.

A situación que denunciamos aquí pùblicamente era a seguinte....




As actuacións executadas deixaron a situación deste outro xeito....


Tamén solicitamos a limpeza de maleza en varios puntos do Concello, entre eles o de posiblemente máis asistencia de pùblico como é o cruce da Peroxa, e a recta cara a igrexa da Peroxa que presentaba este penoso estado de abandono...


A maleza abundante e verde en toda a zona......

As "actuacións" que se levaron a cabo non foron as desexadas nin con metodos axeitados, deixando esta pobre imaxe.....


A maleza segue existindo ainda que parece que con outra cor.......e seca.......e non precisamente polos efectos do calor, senón como en boa parte do Concello despois dos efectos de actuacións "sospeitosas" e non exentas de perigo, sobre todo para o gando que transita polas zonas onde se actuou con herbicida sobre as cunetas.

A seguinte imaxe, que hai en moitos dos pobos do noso Concello, é clarificadora de como se actúa este ano sobre a maleza das cunetas, e mesmo perigosamente, en lugares preto de pozas ou fontes onde beben os animais ¡¡¡¡



E MOI CURISO O CARTEL QUE INDICA QUE "NON HAI PRAZO DE SEGURIDADE PARA O GANDO"...

ESTE É OUTRO EXEMPLO DE COMO A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE COA COMPLICIDADE DO CONCELLO DA PEROXA, ACTÚA E "COLABORA" COA POUCA GANDERÍA QUE QUEDA NOS POBOS E QUE EN MOITOS CASOS É O ÚNICO MEDIO DE VIDA DE PARTE DA NOSA POBOACIÓN....


LAMENTABLE ¡¡¡¡

 

jueves, 12 de junio de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 14 e 15 de xuño de 2014

Dentro da actividade deportiva neste fin de semana no Concello destaca o paso do rallye de Ourense polas carreteras.

Toda a información relacionada na sua web, no seguinte enlace:

http://www.rallyeourense.es/47edicion/

E con especial atencions os tramos de Os Peares e A Peroxa nos enlaces seguintes:

http://www.rallyeourense.es/47edicion/?seccion=tramo_a

http://www.rallyeourense.es/47edicion/?seccion=tramo_b

Màxima precaución e disfrutar deste evento.


Tamén terá competicion oficial o equipo femenino de fùtbol sala:

A PEROXA FS FEMENINO - CIDADE DE OURENSE: Sàbado 14 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.

Tamén o equipo Benxamin do Peroxa CF disputará un destacado torneo en Eiroàs, o sábado maña e tarde  cos seguintes horarios na primeira fase:

SDC ARRABALDO - A PEROXA CF BENXAMIN: Sàbado as 12:30 no campo de Eiroás.

E.D. OURENSE - A PEROXA CF BENXAMIN: Sàbado as 14:30 no campo de Eiroás.


O cadro completo de partidos deste torneo é o seguinte:



Os representantes do equipo de Atletismo do Peroxa Running participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que consultades no enlace seguinte:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡


miércoles, 11 de junio de 2014

Información sobre o "outro" Rallye

Como xa todos ben sabedes, este sábado día 14 unha nova edición do Rallye de Ourense discurrirá por boa parte das carreteras do noso concello.

Estamos seguros que é unha boa ocasión de negocio para a hostelería e outros negocios do noso concello, pero tamén é certo que ocasionará algún que outro perxuicio.

O sábado día 14 dende primeira hora da maña os vehículos participantes percorreràn varios pobos e parroquias do Concello, polo que pregamos se extreme a precaución a veciñanza para evitar calquer tipo de problema ou incidencia. As carreteras afectadas xa están perfectamente indicadas dende fai uns días.

Outra das peticións importante que facemos a poboación do Concello, é que tamén este xoves día 12 circulen con extrema precaución, xa que durante todo o día, os pilotos participantes recoñecerán os tramos a disputar o sábado. Sabemos da súa profesionalidade e bo facer, respetando as normas que esta proba contempla, pero tamén é certo que sempre aparecen "os locos de sempre" facendo das súas, tratando de emular os participantes no rallye e causando verdadeiros problemas a poboación por onde transcurren os tramos.

A información que proporciona a organización do Rally sobre esta situación è a seguinte:

http://www.rallyeourense.es/47edicion/descargas/reconocimientos.pdf


Tampouco querìamos deixar pasar a ocasión a solicitar, por anticipado, de novo o compromiso...e cumplimento (cousa que non fixo no ano anterior na maior parte das zonas afectadas) por parte do Sr. Alcalde de reparar os posibles deterioros que esta proba deixa nas nosas estradas.

Este ano, a diferencia do anterior, atopamos boa parte das estradas limpas de maleza nas súas cunetas, e tamén parece que logo de solicitar por parte dos nosos concelleiros reparacións urxentes no firme polo seu penoso estado, onde dificultaba a circulación de vehículos para os veciños e veciñas usuarias desta vía, e sen seren atendidas.....parece que o evento do Rallye sí é prioritario para que se executen esas actuacións como é o claro exemplo dos baches na zona "das zarras", preto do pobo da Peroxa Vella, que amosou durante moitos meses esta triste imaxe...


Estanse levando a cabo actuacións neste punto para mellora esta situación.....



Como noutras edicións o pobo da Peroxa será sin dúbida o de maior afluencia de aficionados chegados dende moitas parte de Ourense, de Galicia e de outros lugares diversos.

Lamentablemente a imaxe que se leven do noso Concello é a que levamos tempo denunciando de abandono e falta de preocupación pola mellora da súa imaxe e servizos.

As seguintes imaxes son exemplos de situacións que ben se poderían ter evitado con unha simple limpeza de maleza ou recollida de lixo. 
Pertencen a recta da Igrexa na Peroxa, onde se acumularan centos de persoas. 
Presencia de buratos perigosos que calquera persoa pode ter danos persoais pola pouca prevención e nula sinalización de situacións de perigo. 
Tamèn lixo tirado en cuneta preto do pobo do Mato en Graíces.....










HAI OUTRA SITUACIÓN QUE TAMPOUCO QUERÍAMOS DEIXAR DE INDICAR NOVAMENTE, XA QUE LEVAMOS MESES SOLICITANDO MELLORAS E QUE XA OCASIONARON GRAVES CONSECUENCIAS.

TRÁTASE DA ESTRADA QUE ACCESO OS POBOS DA ABERTESGA, QUE ATRAVESA O DE VILAR E SAE EN REDONDELLE.
ESTE ACCESO SERÁ USADO O DÍA DO RALLYE POR MOITOS VEHÍCULOS QUE COÑECEN ESTE ATALLO PARA CHEGAR ATA O CRUCE DE GRAICES.

A MALEZA FAI IMPOSIBLE A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS SIN QUE ESTA VAI ROZANDO E RAIANDO OS MESMOS, ASÍ COMO UN SINFÍN DE BACHES E BURATOS QUE AGARDEMOS NON CAUSEN DE NOVO DESPERFECTOS A NINGÚN VEHÍCULO E QUE POIDAN FACER O CONCELLO DA PEROXA RESPONSABLES DA SITUACIÓN E CORRER COS GASTOS...

CREO QUE AINDA ESTARÍAMOS A TEMPO DE CORREXIR ESTAS GRAVES ANOMALÍAS PARA EVITAR CIRCUNSTANCIAS DESAGRADABLES.

ESPERAMOS POIS, QUE OS NOSOS MANDATARIOS TOMEN NOTA DESTA SITUACIÓN.


POLO DEMÁIS SÓ NOS QUEDA DESEXAR PRUDENCIA E DIVERSIÓN NESTE EVENTO DEPORTIVO COMO É O RALLYE DE OURENSE 2014


martes, 10 de junio de 2014

AVISO DE SERVIZO INTERESANTE ¡¡¡

O vindeiro xoves día 12 nos Peares, haberá unha oficina móvil da ITV para motocicletas.

Esta útil actividade para a veciñanza, anúnciase a través do seguinte Bando:



SI ESTÁS INTERESADO....APROVEITA ESTA OCASIÓN ¡¡


FESTAS EN MIRALLOS 2014

Continuamos coas celebracións das nosas festas tradicionais, desta vez tócalle a parroquia de Mirallos que celebra as súas este Sàbado 14, anunciadas co seguinte cartel:





DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡

VÉMONOS EN MIRALLOS.


viernes, 6 de junio de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 7 e 8 de xuño de 2014

Van chegando xa o remate as competicións oficiais para os poucos equipos do clube que todavía teñen encontros:

Destacamos esta semana a participación do equipo Prebenxamin do clube nas semifinais, e agardemos que na final do Torneo Semecor.

Anunciamos os seus encontros no cartel preparado para este evento, que se celebra no noso campo do Marco:



Este mesmo equipo Prebenxamin, repetirá actuación o día seguinte, domingo día 8 no Torneo "Memorial Manolo Carrera", organizado polo CD VELLE.

Os encontros o domingo pola maña na fase previa serán:

11:00  C.P. CALASANCIO - A PEROXA C.F
11:30  INDEPENDIENTE C.F. - A PEROXA C.F.
13:00  PONTE OURENSE C.F. - A PEROXA C.F.

Os horarios da xornada de tarde dependerán do seu posto clasificatorio, pero comenzarán a partires das 16:00, ben sexa pola loita polo título ou na fase de consolación.

Toda a información deste torneo no enlace seguinte:

http://www.cdvelle.es/inicio/manolo-carrera/

Continuando co futbol base, ainda que neste caso non afecta a ningún equipo do clube, teremos tamén o domingo no campo do Marco a Final da Copa Deputación na súa categoría 2ª Alevin.

O cartel dos encontros é o seguinte:


O outro equipo do clube con competición oficial é o femenino, dentro da Copa Deputación:

PONTE OURENSE FSF - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 7 as 20:30 no pabellón da Carballeira.


Teremos tamén un amigable do equipo de veteráns:

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - BAR A TERRAZA: Sàbado 7 as 16:30 no campo do Marco.


Os compoñentes do equipo de Atletismo do PEROXA RUNNING estarán presentes en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podedes ver no enlace seguinte:


Neste apartado non podíamos deixar a oportunidade de felicitar públicamente o noso atleta e veciño ADRIÁN RODRIGUEZ DÍAZ, pola súa magnífica actuación coa seleccion galega de montaña no Campeonato de España en Navarra, onde acadou un meritorio posto clasificatorio na xeral, asi como segundo galego na proba.....NORABOA ¡¡¡

Finalmente, informamos que tamén o domingo día 8 pola maña o Rally de Ourense de Clasicos discurrirá polo noso concello.

O percorrido no seguinte mapa:



Toda a información desta proba na súa web, no enlace seguinte:




APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡