Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 29 de abril de 2014

Resumo do Pleno celebrado o 12 de abril de 2014

Para comenzar o resumo deste pleno, primeiramente indicar a nosa extrañeza e desacordo polo día e hora convocado, sin ningúnha explicación previa.

Lembramos que foi celebrado o sábado día 12 (feira na Peroxa) as 13:30 ¡¡¡¡

E dado que era o pleno onde se trataban e aprobaban os orzamentos para o ano 2014 do noso Concello, non compartimos esta decisión unilateral do Sr. Alcalde.

Os asutos tratados neste pleno foron os seguintes:

No punto 1, onde se propoñía a aprobación da acta anterior, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista votaba en contra da mesma por entender que na redacción das actas non se está a reflexar con exactitude as manifestacións que se emiten en cada pleno.

Solicitamos polo tanto, segundo o dereito que nos asite, que se incluira na acta anterior as manifestación feitas nun tenso debate co noso portavoz o que o Sr. Alcalde chegou a acusar de "non pagar os impostos no Concello".

Amosouselle o Sr. Alcalde no pleno todos os recibos que o noso portavoz ten que pagar neste Concello, e pedindo explicacións por tales manifestacións.....onde unha vez màis o Alcalde titubeaba na xustificación desta excusada afirmación. Indicou que se refería "a que non os pagaba porque non os tiña", xa que ten exención, segundo se contempla na ordenanza correspondente, o igual que moitos veciños e veciñas do Concello, según lle indicou o propio portavoz socialista.

Unha vez máis lamentables manifestacións dun Alcalde que o non ter argumentos as nosas propostas e para xustificar os seus erros busca continuamente os ataques persoais, faltando a verdade novamente, como en varios casos recentes, como foi por exemplo o tan polémico asunto dos análisis da auga do colexio onde chegou a manifestar que se extraera auga dun grifo sen uso, manipulando deliberadamente a información e enganando a poboación...... e tamén así mesmo¡¡¡¡


Tamén houbo reproches e debate sobre unhas manifestacións, esta vez si, (que casualidade), reflexadas na acta anterior, onde a pregunta dos concelleiros socialistas sobre unha explicación das millonarias subvencións acadadas para os seus negocios particulares, en vez de contestar e dar unha explicación a veciñanza do Concello, se limitaba a manifestar que falaría deste "asunto", cando o portavoz socialista o fixese sobre as "irregularidades" da súa familia e dos seus votantes ¡¡¡¡¡

PENOSOS E IRRELEVANTES ARGUMENTOS ¡¡¡¡¡¡

En canto a familia...pedimos concreción, que non foi quen de indicar.....coma sempre, TIRANDO A PEDRA E ESCONDENDO A MAN ¡¡¡¡¡ ainda que o portavoz socialista manifestou que se facía responsable das súas actuacións persoais ou políticas, pero non das de ninguén màis.

PREGUNTÁMONOS NESTE PUNTO, SI CANDO MANIFESTA O DE "IRREGULARIDADES" SI O TRAICIONOU O SUBCONSCIENTE OU É REALMENTE O QUE PENSA TAMÉN NO CASO DAS TRATADAS SUBVENCIÓNS OS SEUS NEGOCIOS ????¿¿¿¿

En canto o tema dos votantes, soprenderonnos e preocuparonnos estas afirmacións, xa que entendemos que usa entón algún método ilícito para saber quen vota a cada quen ¡¡¡¡¡

SOLICITAMOS O SR. ALCALDE QUE NON TRAIA O PLENO RENCILLAS PERSOAIS, E MOITO MENOS QUE USE OS MEDIOS E SERVIZOS PÙBLICOS PARA IR CONTRA CERTAS PERSOAS QUE NON SON NIN PENSAN COMA ÉL ¡¡¡¡ E QUE É O ALCALDE DE TOD@S, NON SÓ DOS SEUS VOTANTES....¡¡¡

PREOCÚPESE DOS MOITOS PROBLEMAS E NECESIDADES QUE EXISTEN NO CONCELLO QUE É PARA O QUE FOI ELEXIDO E NON PARA IR EN CONTRA CONTRA AS PERSOAS QUE AFORTUNADAMENTE NON SOMOS COMA VOSTEDE ¡¡¡

No punto 2, sobre o debate e aprobación dos orzamentos, o noso análise e os argumentos que a nosa Agrupación Municipal Socialista expuso no Pleno foron os seguintes:



OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA COMENZAREMOS INDICANDO QUE COMO VECIÑOS E VECIÑAS DESTE CONCELLO, O IGUAL QUE DEBERÍA FACER O RESTO DA VECIÑANZA AMOSAMOS PÚBLICAMENTE A NOSA PREOCUPACIÓN POLA PRESENTACIÓN E MÁIS QUE POSIBLE APROBACION DESTES ORZAMENTOS.

POR COMENZAR POR ALGÚN PUNTO INDICAR QUE CHAMA PODEROSAMENTE A ATENCION QUE NUN ORZAMENTO QUE DISMINUE EN MÁIS DE 42.000€ CON RESPECTO O EXERCICIO ANTERIOR A RECAUDACIÓN POLOS IMPOSTOS DIRECTOS SE INCREMENTE EN MÁIS DE 20.000€, ASÍ COMO MÁIS DE 17.000€ EN TAXAS E PREZOS PÚBLICOS QUE REPERCUTIRAN DIRECTAMENTE NAS MALTREITAS ECONOMÍAS FAMILIARES DA VECIÑANZA DO CONCELLO.

POLA CONTRA CONTRASTA TRISTEMENTE PARA OS INTERESES DOS VECIÑOS E VECIÑOS QUE DISMINUEN DRÁSTICAMENTE O APARTADO DE INVERSIÓNS REAIS, ATA UN RIDÌCULO 4,06% DO ORZAMENTO, TENDO EN CONTA AS MOITAS NECESIDADES QUE AMOSAN AS NOSAS INFRAESTRUCTURAS E SERVIZOS EN CADA POBO E EN CADA PARROQUIA.


PREOCUPANTE É QUE ENTRE DÚAS PARTIDAS DE GASTOS, COMO SON AS DE PERSOAL E DE GASTOS CORRENTES E SERVIZOS SE LEVEN O 71% DO ORZAMENTO TOTAL DO CONCELLO.

NON EXISTEN PROPOSTAS POLÍTICAS NIN OBRAS PREVISTAS, TAN SÓ PAGAR AS QUE XA SE ESTÁN A FACER SEGUNDO CONSTAN NAS PÍRRICAS PREVISIÓNS DE INVERSIÓNS, SON TODAS PARTIDAS XENÉRICAS….PARECE O BALANCE DUNHA XESTORÍA E NON O ORZAMENTO DUN CONCELLO.


O GASTOS EN PERSOAL UN ANO MÁIS VOLTA A SER O DESTINO DA MAIOR PARTIDA LEVÁNDOSE MÀIS DO 37% DO ORZAMENTO TOTAL.

È CURIOSO QUE MENTRAS TODALAS ADMINISTRACIÓNS, ENTIDADES, ORGANISMOS E MESMO EMPRESAS E FAMILIAS REDUCEN OS SEUS GASTOS PARA PRIORIZAR NECESIDADES, NESTE NOSO CONCELLO HAI UN ELEVADO INCREMENTO NOS GASTOS CORRENTES E SERVIZOS INCREMENTANDO A CANTIDADE ATA UNS ELEVADÍSIMOS 374.000€ ¡¡¡¡


COMO XA INDICAMOS, A PRIORIDADE DOS GASTOS NESTE CONCELLO O IGUAL QUE FAN OUTROS DA NOSA PROVINCIA DEBERÍA CENTRARSE NO PROTECCIÓN SOCIAL E NA CREACIÓN DE EMPREGO….


EN CANTO A PROTECCIÓN SOCIAL, O ORZAMENTO É SEMELLANTE O DO EXERCICIO ANTERIOR, SABENDO DAS DIFICULTADES E SITUACIÓN ECONÓMICAS LÍMITE EN MOITAS FAMILIAS DO CONCELLO.


NON EXISTEN PREVISIÓNS DE AXUDA PARA O PAGO DE RECIBOS DE LUZ, AUGA, ALUGUER, ETC AOS VECIÑOS E VECIÑAS EN SITUACIÓN DE NECESIDADE.


RECAUDANSE MÁIS DE 200.000€ EN IMPOSTOS DIRECTOS PERO CASE UNA CUARTA PARTE DESES IMPOSTOS VAN PARA PAGAR AS RETRIBUCIÓNS DO SR. ALCALDE E O CONCELLEIRO DE URBANISMO.

E EN CANTO A CREACIÓN DE EMPREGO NIN SE NOMEA NIN SE CONTEMPLA NESTES ORZAMENTOS…..A NON SER NOS POSTOS DE TRABALLO CONVOCADOS POLO PROPIO CONCELLO PARA OS PRIVILEXIADOS DE SEMPRE ¡¡¡

NO TOCANTE O REMANENTE DE TESOURERÍA, QUE NON É O MESMO QUE SUPERAVIT COMO VOSTEDE O DEFINE ANO TRAS ANO, CONSIDERAMOS QUE É UNHA CANTIDADE ELEVADA QUE SEGUNDO A NOSA OPINIÓN, NON SON AFORROS, SENÓN CARTOS QUE SE DEIXAN DE INVERTIR NAS MOITAS NECESIDADES QUE TEN O CONCELLO, POLO TANTO, QUÉDASE VOSTEDE SIN O SEU ARGUMENTO MÁIS FAMOSO...."NON HAI CARTOS"....PARA NEGAR AS PETICIÓNS DA VECIÑANZA.


FALANDO DE REMANENTE....GUSTARÍANOS QUE O SR. ALCALDE NOS EXPLICASE COMO SE PROCEDEU A RAÍZ DA MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS QUE SE APROBOU NO PLENO DO 22 DE OUTUBRO DE 2013 ONDE SE ACORDOU DESTINAR A AMORTIZACIÓNS MÀIS DE 343.000€ E AGORA VEMOS QUE OS PRÉSTAMOS E DÉBEDA DO CONCELLO TAN SÓ DISMINUIU EN 42.000€....¿QUE FOI DO RESTO?

EN RELACIÓN AS BASES DE EXECUCIÓN NO SEU PUNTO 6, SOBRE SUBVENCIÓNS VEMOS COMO NOVAMENTE SE LLE ADXUDICAN 2.100€ O MOTOCLUBE A PEROXA, SENDO NOVAMENTE A SUBVENCIÓN MÁIS ELEVADA DE TODAS AS QUE PREVÉ O CONCELLO PARA O EXERCICIO 2014.

CALES FORON SR. ALCALDE AS PROBAS REALIZADAS NO 2013 PARA QUE LEVARAN ESA SUBVENCIÓN O ANO 2013 E REPITAN CANTIDADE  NO 2014?


.......... (so houbo 2, unha de motos e outra de bicis)


SEGUNDO O CALENDARIO DO ANO 2013 DA PROPIA WEB DO MOTOCLUBE DAS 8 PROBAS PREVISTAS (segundo indican todas en colaboración coa Casa Rural Pradio), TAN SÓ FIXERON 2 ¡¡¡¡¡ 


E SEGUNDO NOS RESPOSTOU EN PLENOS PASADOS AS NOSAS PREGUNTAS SOBRE ESAS PROBAS CELEBRADAS O CONCELLO FÍXOSE CARGO DA MAIOR PARTE DOS GASTOS DE ORGANIZACIÓN:


Proba BTT: 9 e 10 de marzo 2013: gastos organización que ascenderon a máis de 600€

Enduro de Motos: 9 de xuño: Gastos de ambulancia e comidas que superaron os 1500€.



NO QUE SE TRATA DO CALENDARIO 2014 TANTO DE MOTOS COMO DE BICIS NON APARECE O NOSO CONCELLO DA PEROXA COMO SEDE DE NINGUNHA PROBA ¡¡¡¡¡ POLO TANTO.....¿EN BASE A QUÉ SE LLE CONCEDE ESA ELEVADA SUBVENCIÓN DE 2100€???



POLO EXPOSTO,  TENDO EN CONTA QUE NON PARTICIPAMOS NA SÚA ELABORACIÓN, QUE NON ESTÁN PLENAMENTE DESGLOSADOS, QUE NOS HOUBESE GUSTADO UNS ORZAMENTOS MÁIS SOCIAIS E BUSCANDO INICIATIVAS PARA O FOMENTO E CREACIÓN DE EMPREGO, E QUE PARA O ÚNICO QUE SERVEN É PARA MANTER OS POUCOS SERVIZOS QUE TEMOS, OLVIDÁNDOSE POR COMPLETO DE PREVISIÓNS DE ACTUACIÓNS PARA PALIAR AS DEFICIENCIAS QUE EXISTEN NO CONCELLO COMO A FALTA DE SANEAMENTO EN MOITOS DOS NOSOS POBOS E TENDO AS NOSAS VÍAS DE COMUNICACIÓN NUN ESTADO LAMENTABLE DE ABANDONO, NON HAI PREVISIÓN NINGÚNHA PARA ACTIVIDADE CULTURAL, POLO QUE CONSIDERAMOS QUE ESTE PROXECTO DE ORZAMENTOS È NULO DE CARA O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, SOCIAL E CULTURAL DO NOSO CONCELLO, POLO TANTO O NOSO VOTO VAI SER EN CONTRA.


NESTE PUNTO, IMPORTANTE PARA O FUTURO DO DESENROLO DO CONCELLO A RESPOSTA A NOSA EXPOSICIÓN POR PARTE DO SR. ALCALDE FOI QUE "ESTES ORZAMENTOS SON TÉCNICOS E ELABORADOS POLO SECRETARIO. SON SEMELLANTES OS DO EXERCICIO ANTERIOR SALVO "DÚAS PINCELADAS" DADAS POLO GRUPO DE GOBERNO"

UNHA VEZ MÁIS, QUEDA DE MANIFESTO A TRISTE ARGUMENTACIÓN DUN ALCALDE QUE RECOÑECE QUE OS ORZAMENTOS NON SON FEITOS EN BASE A SITUACIÓN ACTUAL E REAL DO CONCELLO, SENÓN COPIA DE ANOS ANTERIORES SIN TER EN CONTA O EMPEORAMENTO EVIDENTE DO CONCELLO EN CANTO A SERVIZOS, INFRAESTRUCTURAS E SOBRE TODO EN CANTO A AUMENTO DE PARO E DIFICULTADES ECONÓMICAS DE MOITAS FAMILIAS.


DESEXARÍAMOS UNS ORZAMENTOS "HUMANOS".....EN LUGAR DE "TÉCNICOS" ¡¡¡¡

A prensa local reflexou as nosas demandas nestes orzamentos....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/04/21/psoe-peroxa-critica-ridiculo-apartado-inversiones-presupuesto-municipal/00031398093829245979723.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/04/22/71-ciento-presupuestos-peroxa-capitulo/1009147.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/04/22_02.htm


No punto 3, elexiuse por un periódo de 4 anos a praza de Xuiz de Paz.

Destacamos a existencia de solicitudes de 7 candidatos¡¡¡ para este posto, o que consideramos un EXITO, tendo en conta a pouca ou nula publicidade que o Concello fixo desta convocatoria, atopando únicamente un Bando Informativo desta información no edificio do Consorcio dos Peares.

Cantos Bandos como éste atopastes polo pobos...???



O grupo de goberno do Partido Popular propuso e votou a favor da continuidade da persoa actual o fronte do Xulgado, porque segundo o Sr. Alcalde...."a xente está contenta coa sua labor".

Os membros da nosa Agrupación abtiveronse na votación, xa que entre os candidatos atopábanse dúas persoas que formaron parte das listas electorais nas anteriores municipais.

No punto 4, aprobouse por unanimidade, delegar a elección dos membros das mesas para as eleccións na Xunta de Goberno Local.

Esta opción foi proposta polo Alcalde, baseada nun acordo da Xunta Electoral Central, e segundo argumentou básicamente como medida de aforro xa que a celebración dun Pleno para esta soa cuestión suporía 600€ de gasto o Concello, cando pola contra agora tan só cobrarán os 3 membros da Xunta de Goberno Local 180€

Neste punto indicar, que dado que agora estas xuntas son públicas, poderemos acceder a ela para comprobar o correcto proceso de elección que se celebrará o Martes 29 de abril as 12:00.

No punto 5, de escritos e comunicacións,  o Sr. Alcalde da lectura a un Decreto para a súa ratificación polo Pleno. Aprobase cos votos do PP e a abstención do noso Grupo Municipal por non ter acceso o expediente citado nin información suficiente sobre esta cuestión, que trataba sobre un proxecto que había que modificar para unha subvención de aforro enerxético que se ía a executar en parte do pobo da Peroxa.

Neste punto reclamamos e preguntamos o Sr. Alcalde cal era o motivo para que ese Decreto(con data do mes de febreiro), así como outros moitos, non estén na correspondiente carpeta de Decretos cando facemos a consulta dos mesmo antes de cada Pleno, xa que este que se traía a este pleno para a súa ratificación era a primeira vez que coñecíamos a súa existencia.

Denunciamos públicamente no Pleno ante o Sr. Secretario e o Sr. Alcalde que esta situación de OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN ,era xa unha práctica habitual, que o Alcalde respostou que "EL NON ERA RESPONSABLE DA MESMA, QUE SERÍA UN PROBLEMA DE TRAMITACIÓN E DE ERRO ADMINISTRATIVO POR PARTE DO FUNCIONARIADO".....

....UNHA VEZ MÁIS ......BOTANDOLLE A CULPA A TODOS MENOS A ÉL ¡¡¡

PREGUNTAMOS SI XA QUE SE NOS TIÑA INDICADO POLA SÚA PARTE QUE ÈL NON TIÑA NADA DE OCULTAR......PORQUÉ SE NOS ESTABA A OCULTAR INFORMACIÓN, COA GRAVE RESPONSABILIDADE QUE ESTAS ACTUACIÓNS PODERÍAN TER¡¡¡¡

COMPROMETEUSE A QUE ESTA SITUACIÓN NON SE VOLVERÍA A REPETIR ¡¡¡¡


DESEXAMOS E SOLICITAMOS TAMÉN QUE ESTA CUESTIÓN TRATADA, SEXA REFLEXADA NA CORRESPONDENTE REDACCIÓN DA ACTA DESTE PLENO, E NON SEXA NOVAMENTE OCULTADA NA SÚA REDACCIÓN POR PARTE DO SR. SECRETARIO QUE NESTE PUNTO, ACTUANDO DUN XEITO POUCO IMPARCIAL FIXO COMENTARIOS IMPROPIOS DO SEU POSTO E DAS SÚAS FUNCIONS NO PLENO ¡¡¡¡

Tamén se aprobou neste punto os datos do Padrón Municipal con data de xaneiro de 2014, cifrando a poboación do Concello en 2000 habitantes.

Antes de rematar o Pleno intentamos propoñer a presentación polo trámite de Urxencia da seguinte moción, que foi rexeitada polo Sr. Alcalde, non deixando nin dar lectura a mesma.




PARECE NON INTERESARLLE ESTA SITUACIÓN NIN PROBLEMÁTICA, E QUE BEN PODERÍA, O IGUAL QUE FIXERON EN OUTROS MOITOS CONCELLOS, RECUPERAR CARTOS DE IMPOSTOS PAGADOS POLO CONCELLO IRREGULARMENTE.


ESTE FOI O RESUMO DUN CORTO PERO INTENSO PLENO.


NOS TRASLADAMOS A INFORMACIÓN.........

...............A LECTURA, O ÁNALISE, A REFLEXIÓN E AS CONCLUSIONS........

................SON DA VECIÑANZA DO CONCELLO ¡¡¡¡





lunes, 28 de abril de 2014

Información

O vindeiro venres día 2 de maio abrese o periodo de cobro de dous impostos correspondentes o exercicio 2014.

Anunciase a travès do seguinte Bando Informativo:


Tamén informamos que xa está aberto o prazo para solicitar o voto por correo para as vindeiros eleccións europeas a celebrar o domingo 25 de maio.


Finalmente, comunicamos, hoxe máis que nunca, a información sobre a manifestación do xoves 1 de maio para defender e loitar polos nosos dereitos laborais, seriamente atacados e recortados polo goberno do PP.



Anunciase con este cartel:



NOS IREMOS.......E TI??


viernes, 25 de abril de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 26 e 27 de abril de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

AMOEIRO C.F - A PEROXA C.F.: Domingo 27 as 17:15 no campo do Marco.

CRESPOS C.F. - ATL. PEROXA : Domingo 27 as 17:15 no campo de Padrenda.

SP CARBALLIÑO - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 26 as 20:00 no campo da Uceira no Carballiño.

A PEROXA CF XUVENIL - RIBEIRO F.C: Sàbado 26 as 10:30 no campo do Marco.

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 26 as 16:00 no campo de Velle.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - RIBEIRO F.C.: Sàbado 26 as 12:30 no campo do Marco.

PABELLÓN C.F. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sábado 26 as 12:00 no campo do Pabellón.

GOMESENDE PROL - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Domingo 27 as 11:30 no campo da Universidade.

SPRINTER FS - OS PEARES: Sàbado 26 as 23:30 no Pabellón dos Remedios.

A PEROXA FS FEMENINO - MACEDA FSF: Sàbado 26as 20:00 no Polideportivo da Peroxa.


A PEROXA FS INFANTIL - EMD CEA: Xogaron onte xoves 24 as 19:30 no Polideportiva da Peroxa.

A participación dos representantes do Concello da Peroxa no deporte do Atletismo deprázanse a varias probas esta fin de semana: CHANTADA, O VINTEÚN (OURENSE) E A CORUÑA.

Màis información das probas nos seguintes enlaces:

A de Chantada....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2928&date=20140426

A do Vinteún en Ourense....

 http://www.deportesourense.com/novas/correndo-x-ourense-2014/

A da Coruña....

 http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2946&date=20140427

O resto de probas que marca o calendario para este fin de semana son as que podes ver no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡


Ainda que non está relacionado co deporte, sí está coa vida social e de lecer no noso Concello, onde unha vez máis a actividade e iniciativa de actos parte das empresas e locais particulares, a espera dun Concello nulo en programación de ningún tipo, eso sí......publicita os actos organizados polos demáis para "adornar" as súas redes sociais ¡¡¡¡

O acto e cartel è o seguinte...


miércoles, 23 de abril de 2014

Festas na fin de semana do 25, 26 e 27 de abril de 2014

Este vindeiro fin de semana do venres 25, sábado 26 e domingo 27 teremos en parroquias do noso concello festas tradicionais como serán a do San Marcos en Beacán o venres 25 e o sábado 26, con actuacións musicais, gastronómicas ademáis das celebracións relixiosas.

Tamèn o domingo 27 en Graìces celebrarán festa con programa relixioso, gastronómico el musical.

O cartel que anuncia a festa en Beacán é o seguinte:


 


DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡


martes, 22 de abril de 2014

Petición atendida

Publicamos novamente, outro dos arranxos solicitados polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello.

Consideramos que todavía falta por rematar e asegurar este arranxo para que non volva a producirse neste punto ningunha incidencia.

A situación de anomalía que no seu día solicitamos era o arranxo dun burato que se produciu por derrumbe na carretera que une os pobos do Amido e Diarada e que xa provocara danos en algún vehículo pola súa perigosidade e falta de sinalización.

As imaxes da nosa petición eran as seguintes....






COMO FACEMOS HABITUALMENTE NESTE TIPO DE SITUACIÓN TRASLADAMOS A NOSA PETICIÓN O PLENO DO CONCELLO PARA SOLICITAR O SEU ARRANXO A TRAVÉS DO CORRESPONDENTE ROGO......


Entre outras.....esta petición aparece solicitada no punto 9

Fai unhas semanas procedeuse por fin, a mellorar e subsanar esta deficiencia viaria, quedando o seu estado como amosan as imaxes seguintes....




COMO INDICAMOS CON ANTERIORIDADE, CREEMOS NECESARIO O REFORZO DESTA REPARACIÓN CON HORMIGÒN OU CO REASFALTADO DESTA PARTE DA VÍA, PARA QUE NON SE REPITA A SITUACIÓN ANTERIOR.

FELICITAMOS O CONCELLO POR ATENDER ESTA NOSA DEMANDA E SOBRE TODO OS VECIÑOS E VECIÑAS QUE TRANSITAN POR ESTA ESTRADA.



SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA A MELLORA DOS NOSOS SERVIZOS ¡¡¡¡




miércoles, 16 de abril de 2014

Actividade deportiva no Concello na Semana Santa 2014

A actividade deportiva por mor dos festivos da Semana Santa redúcese, o non haber competicións oficiais, pero sí teremos participación dos representantes dos equipos base.

A participación será no Torneo de Santa Cruz de Arrabaldo cos seguintes días, rivais e horarios:

O equipo ALEVIN terá os seguintes horarios e rivais o Xoves 17:

A PEROXA CF - BARBADAS as 09:55
EF SILLEDA - A PEROXA CF as 11:35
A PEROXA CF - PONTE OURENSE as 13:15
Os horarios da tarde dependerán da clasificación e serán na fase Final ou na fase de Consolación.

O equipo PREBENXAMIN terá os seguintes horarios e rivaris o Venres 18:

A PEROXA CF - CALLOBRE as 10:45
STA. TERESITA - A PEROXA CF as 12:25
OURENSE "A" - A PEROXA CF as 13:15
Os horarios da tarde dependerán da clasificación e serán na fase Final ou na fase de Consolación.

O equipo BENXAMIN terá os seguinte horarios e rivais o Sàbado 19:

ARRABALDO "A" - A PEROXA CF as 09:30
A PEROXA CF - IMPERATOR as 12:00
CD VELLE - A PEROXA CF as 13:40
Os horarios da tarde dependerán da clasificación e serán na fase Final ou na fase de Consolación.


Tamén terán actividade deportiva os compoñentes do equipo de Atletismo que representa o Concello na proba de QUIROGA o Venres 18.

A información da proba no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2841&date=20140418

 O cartel anunciador desta proba é o seguinte:


O calendario tamén propón outras probas...



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

martes, 15 de abril de 2014

Resumo do interesante Pleno celebrado no Concello o 27 de marzo de 2014

Interesante non sería o calificativo que define o vivido no Pleno celebrado no Concello da Peroxa o pasado 27 de marzo....quizáis o máis axeitado sería INDIGNANTE ¡¡¡¡¡

Indignante, porque os veciños e veciñas que presenciaron en directo a celebración deste pleno poideron contemplar de primeira man unhas actitudes por parte do Sr. Alcalde e o seu grupo de goberno que sinceiramente non son merecedoras para  a veciñanza do Concello da Peroxa....EXCUSAS, DESCOÑECEMENTO DA REALIDADE, E UNHA PREOCUPANTE FALTA DE INTERÉS POLOS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS DO CONCELLO, que mesmo chega a rozar o ridículo ¡¡¡¡

Tamén queremos sinalar nos detalles "curiosos" deste pleno que o igual que outros anteriormente, son xa varios os concelleiros populares, que mentras se celebran os debates e os argumentarios entre os portavoces de cada Agrupación están moi preocupados polo seu mòvil e ocupan o tempo do pleno no seu uso.....evidenciando un total desinterés e falta de respecto polo posto de representación veciñal que ocupan.

A continuación resumimos os debates e acordos deste pleno segundo a orde do día:

No Punto 1, aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No Punto 2, para sorpresa dos nosos concelleiros socialistas, o asunto a tratar era o percorrido da A-76 (Autovía Ponferrada-Ourense), que moitos meses despois parece que POR FIN ¡¡¡ o grupo de goberno municipal do PP se enterou e admite que transcurre polo noso Concello.

O Sr. Alcalde deu neste punto lectura a unhas "alegacións" feitas en nome do Concello, onde se solicitaban unha serie de actuacións relacionadas coa construccións desta infraestructura, que atravesará e afectará a parte da parroquia de San Vicente de Graíces, concretamente, aos pobos de Santa Ouxea, Andelo, a Barrosiña e Fontaíño.

O noso portavoz socialista preguntou ante que se ían a presentar xa que o periodo de alegacións está rematado, e a única vía e a xustiza ordinaria a través dun recurso contencioso, coas suas correspondentes taxas. Ante que xulgado ìa presentalas???

Esta é a INDEFENSIÓN que a irresponsabilidade do noso Alcalde e o seu grupo de goberno deixa a veciñanza do Concello, negando durante meses as informacións e preocupacións que os nosos concelleiros socialistas trasladaron en reiteradas ocasións o Concello e os seus plenos.

Atreverónse mesmo a manifestar en algún pleno pasado, poñendo en boca do Sr. Diputado do PP Celso Delgado, que lle aseguraba que a autovía non transcurría polo Concello da Peroxa, que ìa polo outro lado do río e atravesaba na zona de Rivela ¡¡¡

LEMBREMOS QUE ESTAS MANIFESTACIÓNS FORON FEITAS E RECOLLIDAS NAS ACTAS DOS PLENOS POLA PERSOA QUE PRESIDE A COMISIÓN DE FOMENTO, E QUE CON UNHA PREOCUPANTE FALTA DE INFORMACIÓN E DE PROFESIONALIDADE DESCOÑECÍA O TRAZADO DA AUTOVÍA POLA PROVINCIA A QUE REPRESENTA.....LAMENTABLE ¡¡¡

O Alcalde a preguntas do noso portavoz negouse a contestar  nada máis sobre este asunto, remitíndonos a posterior moción que presenta o noso grupo sobre este mesmo asunto...... 
GARDA SILENCIO PORQUE NON TEN NADA QUE DECIR OU PORQUE COMO QUEDOU DEMOSTRADO NON LLE IMPORTOU NIN PREOCUPOU O MÁIS MÍNIMO POR ESTE ASUNTO????

Lembramos que  nos 125 Km de percorrido dende Ponferrada a Ourense e logo de atravesar 18 concellos.....VAI SER O NOSO DA PEROXA O ÚNICO QUE NON CONTE CON ENLACE A ESTA VÍA DE ALTA CAPACIDADE......ESO SÍ.....AS OBRAS SUFRIREMOLAS COMO CALQUER OUTRO.

"EXCELENTE" XESTIÓN POR PARTE DUN ALCALDE QUE LEVAN MÁIS DE 30 ANOS O FRONTE DO GOBERNO MUNICIPAL E QUE NOS MOMENTOS IMPORTANTES PARA O SEU CONCELLO.......NON SABE DO ASUNTO......E O MÁIS PREOCUPANTE......NON REACCIONA ¡¡¡

O ÚNICO ARGUMENTO QUE MANIFESTA PARA SORPRESA DE TODOS É QUE DUDA DE QUE SE CHEGA A FACER ALGÚN DÍA ESTA OBRA........INDIGNANTE ¡¡¡

Rematamos indicando que estamos de acordo co contido e coas demandas feitas nas alegacións, pero lamentando que cheguen fora de prazo por non ter escoitado as nosas propostas.

Este tema do percorrido da Autovía A-76 pola importancia do asunto completaremola con un artigo "especial" neste mesmo blog nas vindeiras datas, con todos os datos e probas de que o Concello da Peroxa e o seu Alcalde cometeron unha grave NEGLIXENCIA ¡¡¡¡¡

SERÀ ENTÓN CANDO OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA DEBERÀN TER CONTA ESTA ACTITUDE DO GRUPO DE GOBERNO E ACTUAR EN CONSECUENCIA.


No punto 3, presentanse por parte do Sr. Secretario unha serie de documentos para adaptalos as normativas recentes e vixentes sobre comunicacións previas o concello para axilizar os trámites burocráticos para a apertura de negocios ou certas licencias urbanísticas.
Sometese a aprobación os seguintes modelos:
Comunicación previa de obra menor, de inicio ou apertura de actividade, de cambio de titularidade e de cambio de titularidade de licenza de obra.

Aprobanse por unanimidade.

O portavoz socialista indica que unha vez aprobados e sendo definitivos se coloquen na web do concello para facilitar a súa consulta e tramitación. Tamén se interesa se o procedemento vai ser eficaz, xa que critica que o modelo da web do concello para comunicación de incidencias varias non está correctamente xestionado, xa que con data de xuño de 2012 presentou ese modelo no rexistro do Concello, sobre a petición de arranxo dunha anomalía viaria e case 2 anos despois está todavía sen resposta. 

A contestación do Sr. Alcalde foi que igual se "traspapelou" a súa petición, o que lle responde o portavoz socialista que igual non se lle dá igual trato as solicitudes de unhas persoas que de outras...¡¡¡¡

No punto 4, ponse de manifesto por parte do Sr. Alcalde os contínuos problemas que orixinan algúns cans soltos polo Concello. Indica que hai unha proposta de unirse os servizos que presta a da Deputación de Ourense para este servizo e que costará 1€ por habitante, polo tanto uns 2.000€ anuais.
Aprobase esta  proposta por unanimidade.

Nos puntos 5 e 6, exponse por parte do Sr. Secretario e polo Sr. Alcalde as modificación feitas na ordenanza do Servizo de Axuda no Fogar, para adaptalas a nova normativa da Xunta de Galicia, modificando varios puntos.
Aprobase por unanimidade.

No punto 8, púxeronse a disposición do grupo socialista os decretos da Alcaldía.

No punto 9 ,de Mocións, a nosa Agrupación presenta dúas:

A primeira relacionada co trazado da xa tratada anteriormente autovía A-76, e que foi a seguinte:


O Sr. Alcalde noutro arrebato de amnesia indica que èl nunca dixera que o diputado Celso Delgado lle negara que pasaba polo noso Concello, que poido ser un erro del ao expresarse ou unha mala transcripción da acta redactada polo Secretario.

O portavoz socialista para refrescarlle a súa fráxil memoria leeulle textualmente as declaracións recollida na acta do pleno onde se tratou ese asunto.

O Alcalde indica que as alegación que presentou o Concello non acabaran no Xulgado (xa que o prazo legal rematou). Manifesta o Sr. Alcalde que HAI QUE PEDIR COUSAS RAZOABLES ¡¡¡¡ o que o enlace de Santa Ouxea custará moitos cartos (di él que 8 ou 10 millóns de euros) e que beneficiaría a poucos veciños.

O portavoz socialista replìcalle e preguntalle se agora lle preocupa máis os cartos que poida valer, xogando a ministro de economía, ou o futuro e desenrolo do seu concello..¿?.
Lembralle novamente que seremos o único concello en todo o percorrido sen enlace, deixando así mostras das súas nulas xestións e preocupacións polo ben do Concello que preside.

O RAZOABLE SERÍA INTERESARSE MÀIS POLOS ASUNTOS DO CONCELLO E MENOS POLOS SEUS PARTICULARES ¡¡¡

O Alcalde noutro argumento totalmente "ridículo" manifesta que se presentaron no ano 2008 alegacións do concello ao trazado, solicitando daquela un enlace....Entón daquela sí e agora non?? 
Mesmo chegou a manifestar, como era de esperar, que se non foron atendidas daquelas sería porque o daquelas ministro socialista José Blanco as metería no caixón...... 

QUE TRISTE E QUE PENA OIR ESE ARGUMENTO DUN ALCALDE QUE LEVA MÀIS DE TRINTA ANOS AO FRONTE DUN CONCELLO QUE TEN SUMIDO NO MÁIS ABSOLUTO DOS ABANDONOS ¡¡¡

Contestándolle o portavoz socialista que daquela era un trazado que para nada ten que ver co que agora xa é definitivo e que no prazo de alegacións pertinente no verán pasado nen èl nen o Concello actuaran na defensa dos intereses da veciñanza e sen información, deixando a moitos veciños e veciñas agora afectados na máis absoluta das INDEFENSIÓNS ¡¡¡¡ polo que consideraba unha neglixencia na súa labor, deixando en evidencia unha dudosa falta de capacidade para dirixir e xestionar o Concello.

Logo deste intenso debate acórdase por unanimidade aprobar esta moción, engadindo un segundo punto a proposta tamén do grupo socialista onde se solicitase unha nova apertura do prazo de alegacións na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do noso Concello que están afectados por esta obra.


A segunda moción que presentamos é a seguinte, para solicitar unha mellora nos nosos servizos municipais:


O Alcalde excusàndose unha vez máis nos medios económicos, cree convinte solicitar este servizo soamente unha vez ao ano.

O portavoz socialista acepta esta proposta pero indica que este servizo unha vez instaurado sexa convintemente publicitado por todo o concello para que os veciños e veciñas o coñezan e poida facer uso del. Que se anuncie coa suficiente antelación a data prevista anual para este servizo.

A moción apróbase por unanimidade.

Os argumentos e petición do grupo socialista baseánse na seguinte noticia:

http://www.dnielectronico.es/obtencion_del_dnie/

Finalmente, no punto 9, chegan os rogos e preguntas:

No apartado de ROGOS, o noso Grupo Municipal Socialista presenta os seguintes:


O primeiro rogo solicitado xa è o igual que outras petición non atendidas unha reiteración da nosa petición feita no pasado pleno de 29 de novembro de 2011:


Daquela a resposta foi que "era moi cara"....

Non creemos que sexa máis cara que gastarse máis de 2.000€ en calendarios ¡¡¡¡

Desta vez a resposta a nosa petición foi "que se fará a proba, ainda que agarda que sexa subvencionada por outras administracións, aportando algo o Concello".

As subvencións doutra administración ben se poderían obter desta liña de axudas que publicou Deputación de Ourense para eventos deportivos no 2014 e que amosamos no enlace seguinte na súa páxina 2:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=65&fecha=20140320

En resposta o rogo segundo indicou "que non hai equipo de atletismo na Peroxa, e polo tanto non vai subvencionar a particulares".

Polo tanto, despois desta resposta animamos os compoñentes do "grupo de aficionados" que leva o nome do noso Concello a constituirse legalmente como equipo ou asociación para obter esa posible subvenciòn, o igual que se lle concede a outras neste concello.


A resposta o terceiro rogo è unha vez màis negativa, indicando "que os veciños non ceden os seus terreos". Tamén manifesta que "o pobo ten outro acceso máis axeitado para este tipo de situacións".
Agarda que "na previsión do Plan Xeral de Ordenación Municipal se contemple a ampliación dese acceso".

A imaxe que publicamos a continuación indica claramente o dificultoso acceso co que conta este pobo do Val, tanto para vehículos particulares e sobre todo de emerxencías.

 ESTE ACCESO É O QUE CONSIDERA O SR. ALCALDE IDÓNEO PARA ACCEDER OS VEHÍCULOS DE EMERXENCIAS A ESTE POBO.....LAMENTABLE ¡¡¡

Finalmente, en resposta o cuarto rogo solicitado o Sr. Alcalde manifesta que "toma nota e xa están a traballar no tema, ainda que manifesta que o igual que outros cursos e actividades realizados no Concello, témese que teña pouca participación".

A nosa petición fíxose para equiparse en servizos e dereitos dos que sí dispoñen outros concellos limítrofes e que gozan deste tipo de axuda ou colaboración:

Nas seguintes imaxes o anuncio desta actividade no Concello de Piñor:



No seguinte enlace a mesma preparación no veciño de Coles:

http://www.concellodecoles.com/noticias.asp?sec=5&id=37

TOMEMOS EXEMPLO DAS BOAS INICIATIVAS TAMÉN PARA MELLORAR OS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡


No apartado de Preguntas, a nosa Agrupación Municipal Socialista presentou as seguintes:




En resposta a primerira pregunta, o Sr. Alcalde informou que "hai algúns veciños (tres ou catro) que propoñen se faga un Centro de Dìa, pero opina que non sería rentable nin sostible. De momento non hai nada previsto ainda que se ofertou no seu día un Velorio, pero que os veciños e veciñas rexeitaron".

A imaxe do edifició actualmente é a seguinte...





Na segunda pregunta o Sr. Alcalde manifestou que "o Concello pon os medios e os particulares son os que teñen que montar empresas".

Medios? ....qué medios?
...cando non foi capaz en màis 30 anos de goberno a fronte do Concello de poñer en marcha o Parque Empresarial ¡¡¡¡

A nosa pregunta foi feita en relación a esta noticia publicada na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/12/05/doce-concellos-presentan-planes-impulsar/926884.html

Como resposta a pregunta número 3, o Sr. Alcalde indica que "non sabe a que traballador afectou con anterioridade o asunto dos contratos entrelazados, que xa pasaron polo concello 3 ou 4 ADL e que non quedou ningùn no concello, que podemos estar tranquilos".
En canto as funcións que "realiza as que veñen reguladas na orde de concesión de subvención e relacionadas co seu posto de traballo".
Finalmente, indica que "presta os seus servizos no Concello os dìas que lle corresponde e que realiza o mesmo horario que o resto do persoal".

Informamos que esta persoa forma parte do Anexo da relación de postos de traballo do Concello da Peroxa, con asignación de soldo o igual que o resto de traballadores.

O seu contrato laboral indica que será de 40 horas semanais ¡¡¡¡

Entre as súas funcións están as de fomento do emprego, iniciativas para a xeración de emprego, actividades entre os desempregados, proxectos empresariais, apoio as empresas, etc, etc.

¿Son realmente estas as que realiza? ¿A cantos desempregados chamou para facer actividades?¿Que proxectos empresariais realizou?....etc......moitas preguntas as que debe responder a propia veciñanza.

En canto o dos días e horas de traballo, non dudamos do seu cumplimento, pero tamén nos preguntamos si ten algún tipo de "funcións" en Ourense, onde non é difícil atopala en horarios e días laborais....¡¡¡

Nas respostas a cuarta pregunta o Alcalde indica "que o Colexio xa recibiu a cantidade prevista para este curso por parte da Consellería de Educación, pero que o Concello todavía non cobrou os gastos adiantados para o suministro do Gasoil".

Noticia na prensa local publicada en relación con esta pregunta...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/concello-peroxa-tiene-pagar-calefaccion-colegio/20140117074008433645.html#

Finalizamos coas respostas e debate ocasionados sobre a pregunta sobre as publicación na prensa das subvencións millonarias obtidas para os negocios familiares.

Nun primeiro momento indicou que "NON TIÑA PORQUÈ CONTESTAR A ESTA PREGUNTA"....pero nos amosamos e preguntamos pola famosa noticia publicada sobre este asunto....

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/02/galicia/1386009835_382635.html



O Sr. Alcalde manifestaba que non había nada ilegal nesa noticia.....SOLO FALTARÍA ¡¡¡¡ 
O que o noso portavoz socialista lle reprochou foi que os "ruxe ruxe" sobre esta noticia emitido polos seus concelleiros e colaboradores atrevíanse a manifestar que fora publicación feita pola nosa Agrupación.....cuestión que negamos rotundamente. Terá que buscar o enemigo noutro lugar.....e seguramente más pròximo o seu propio partido que nos membros da Agrupación Socialista da Peroxa. Recoñeceu este punto, manifestando que os seus concelleiros podían falar o que queiran......POR SUPOSTO, O QUE QUEIRAN ¡¡¡¡¡ PERO SEN MENTIR CONSTANTEMENTE SOBRE ESTA PUBLICACIÓN ¡¡¡

O noso portavoz indicoulle que estas mentiras súmanse as publicadas polo Alcalde na prensa recentemente sobre o asunto da potabiliade da auga do colexio.

A esta publicación amosamoslle algúnha màis neste sentido como a seguinte...

http://www.adercou.com/gfx/Blog/File/P201221_rutaaperoxa.pdf

Hai outras subvencións obtidas no noso concello tamén nesta liña de axudas europeas a través da Xunta de Galicia que foron parar tamén os negocios dalgúns concelleiros do seu grupo de goberno......que curioso ¡¡¡¡

QUEREMOS DESTACAR QUE A PESAR DA TENSIÓN NOS DEBATES QUE XENERARON CERTOS PUNTOS DA ORDE DO DÍA, E AMOSANDO UNHA COLABORACIÓN PROPIA DUNHA OPOSICIÓN RESPONSABLE, TODAS AS PROPOSTAS TANTO FEITAS POLO GRUPO DE GOBERNO COMO POLA OPOSICIÓN A TRAVÉS DAS MOCIÓNS PRESENTADAS SE APROBARON POR UNANIMIDADE, PENSANDO NO BENESTAR DA VECIÑANZA E NA MELLORA DOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO.


ESTE É O RESUMO E A INFORMACIÓN QUE PODEMOS EXTRAER DA CELEBRACIÓN DESTE INTERESANTE PLENO, ONDE SE PUXO DE MANIFESTO UNHA VEZ MÁIS QUE A PREOCUPACIÓN POLOS PROBLEMAS E SITUACIÓNS DO CONCELLO PARA ESTE ALCALDE ESTÁN NUN SEGUNDO PLANO.


SEGUIREMOS INFORMANDO A VECIÑANZA DO QUE SUCEDE NO SEU CONCELLO ¡¡¡








Convocatoria intersante

No DOG de hoxe martes 15 publicase a convocatoria de subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas e agrupación deportivas escolares de Galicia.

O prazo será ata o 16 de maio.

No seguinte enlace toda a información e documentación:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140415/AnuncioG0244-070414-0001_gl.pdf


Para calquer dúbida para solicitar e tramitar non dudes.....contacta connosco ¡¡¡

viernes, 11 de abril de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 12 e 13 de abril de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F. - CRESPOS F.C.: Domingo 13 as 18:30 no campo do Marco.

ATL. PEROXA - RIBEIRO C.F.: Domingo 13 as 16:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - S.D. PIÑOR: Sàbado 12 as 16:00 no campo do Marco.

C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA CF XUVENIL: Domingo 13 as 11:45 no campo dos Escolapios de Monforte.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - PABELLÓN C.F.: Sábado 12 as 12:00 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - PARADA PIÑOR: Sàbado 12 as 18:00 no campo do Marco.

OS PEARES FS- PUB NIGHT FS: Sàbado 12 as 19:00 no Pabellón de Oira.

E.D.C. VERIN - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 12 as 17:00 no pabellón da Granxa en Verín.


A participación dos representantes do Concello da Peroxa no deporte do Atletismo será en algunha das seguintes probas que marca o calendario para este fin de semana:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar





APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡