Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 28 de febrero de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 1 e 2 de marzo de 2014

Escasa actividade neste fin de semana de Entroido.

Dos representantes do noso Concello tan só terán competición os seguintes:

PAZO DE CANEDO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 1 as 19:00 no campo de Velle


Os representantes do Atletismo terán escasas probas nas que participar segundo indica o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=3&year=2014


Algúns dos compoñentes desprazaranse a proba do Porriño, onde tedes cumprida información no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2875&date=20140302



Para eles sorte e diversión......e para o resto que non terá competición.......BO ENTROIDO ¡¡¡

jueves, 27 de febrero de 2014

Entroido 2014 no Concello da Peroxa

Estamos un ano máis diante dunha das festas máis enxebres e celebradas na nosa provincia, e por suposto, tamén no noso Concello, coa celebración das súas dúas habituais festas, con música, disfraces, premios e outras sorpresas.......a de Corbelle o sábado día 1 e a da Peroxa o martes día 4.

Estes son os carteis que anuncian os citados eventos....




ACUDE, DISFRÀZATE E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡¡


Nos iremos a loitar pola defensa dos nosos dereitos e servizos........e ti?


miércoles, 26 de febrero de 2014

Anomalías que precisan melloras ¡¡¡¡¡

Como ben sendo costume publicamos aquí situacións que afectan os veciños e veciñas do Concello da Peroxa e que necesitan actuacións de mellora e arranxo de deficiencias.

Estas situacións son trasladadas os órganos de goberno municipal para que tomen as medidas oportunas para a súa corrección.

En primer lugar queremos amosar a que consideramos de máis importancia pola perigosidade que supón para a veciñanza, sobre todo na circulación de vehículos.

Desta vez é unha caida de troncos de arbores a carretera a altura do pobo das Lamelas que pola súa perigosidade, e sobre todo por unha sinalización escasa pode ocasionar algún dano material pola circulación de vehículos polo citado lugar. Polo que solicitamos a súa retirada.

As imaxes da situación son as seguintes:






Tamén se precisa o arranxo da cancilla de acceso o recinto Feiral de A Peroxa, xa que se desmotou, por causas que descoñecemos das súas guías e permanece inutilizada, segundo se pode comprobar na imaxen seguinte....


No mesmo pobo da Peroxa tamén existe un cartel indicador das ubicacións do pobo do que se desprenderon algunha das chapas indicadoras, situación que precisa tamén o seu arranxo para evitar que se siga deteriorando....


NA PARTE SUPERIOR FALTAN AS INDICACIÓNS QUE PERMANECEN NO CHAN


Finalmente, solicitamos cando o tempo o permita un repaso as soldaduras da baranda da nova grada do campo de fútbol, recentemente construída e que en algúns dos puntos xa comenzan a soltarse e mesmo desprenderse caendo o chan coa perigosidade que supòn para os seus usuarios, especialmente os moitos nenos e nenas compoñentes dos diversos equipos do clube.




AGARDEMOS POLO TANTO, UNHAS ACTUACIÓNS DE MELLORA NAS SITUACIÓNS EXPOSTAS ¡¡¡¡

 


 

 

martes, 25 de febrero de 2014

Convocatorias interesantes para a veciñanza do concello.

No BOP do sábado 22 de febreiro de 2014 publicouse a convocatoria para a contratación laboral temporal dun traballador para o desempeño no Xulgado de Paz do Concello da Peroxa, con funcións de Secretaría do Xulgado.

Toda a información sobre as bases, requisitos e prazos (ata o mercores 26) no seguinte enlace na súa páxina 7:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=44&fecha=20140222

Por outra parte, tamén se saca a convocatoria pública a elección de Xuiz de Paz Titular do Concello, publicada no bando que amosamos a continuación polo Concello onde se establecen os requisitos solicitados.



No DOG de hoxe martes 25/02/2014 convocaronse cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA), moi necesarios para calquer tipo de convocatoria de acceso a postos de traballo.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140225/AnuncioG0164-180214-0001_gl.pdf


Finalmente, tamen no mesmo DOG de hoxe martes  se convocan axudas para a rehabilitación de vivendas.

No seguinte enlace toda a información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140225/AnuncioCA02-200214-0001_gl.pdf


Coma sempre, tanto nestas convocatorias aquí publicitadas como en calquer outra de carácter público, estamos as vosa disposición para calquer consulta ou necesidade de axuda para a súa tramitación.


SEGUIMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN  ¡¡¡¡



viernes, 21 de febrero de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

  
ATL. PEROXA - CD. COLES: Domingo 23 as 16:30 no campo do Marco.
ARCOS C.F. - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 22 as 18:00 no campo da Uceira (Carballiño).

SDC. ARRABALDO "B" - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 22 as 10:00 no campo de Sta. Cruz de Arrabaldo.

A PEROXA C.F. ALEVIN - PABELLON CF "B": Sàbado 22 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - EMF ARENTEIRO: Sàbado 22 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - CD OURENSE "B"Sàbado 22 as 12:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - NOVO RIBEIRO: Sàbado22 as 17:00  no campo do Marco.

BARBADAS FUTSAL - OS PEARES: Sàbado 22 as 17:00 no pabellón de Oira.



A PEROXA FS FEMENINO - CIDADE DAS BURGAS FSF: Sàbado 22 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.



EDC VERIN - A PEROXA FS INFANTIL: Venres 21 as 18:00 no pabellón da Granxa en Verin.

A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo este fin de semana será entre outras, maioritariamente no Concello de Quiroga (LUGO) o sábado 22.



A información da proba no seguinte enlace:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2820&date=20140222

Estas son  algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


AINDA QUE NON ENTRE NA CATEGORÍA DE DEPORTE (OU SÍ),  DESTACAMOS A ORGANIZACIÓN DUN IMPORTANTE TORNEO DE FUTBOLÍN QUE SE CELEBRARÁ NA TARDE DO SÁBADO 22, CON DESTACADOS PREMIOS NO BAR 1984 NA PEROXA.
APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

martes, 18 de febrero de 2014

Nova petición atendida polo Concello

Fai xa tempo amosamos a situación de abandono na que se atopaban algunhas das infraestructuras e lugares senlleiros do noso Concello, facendo públicamente unha petición de actuacións de mellora os reponsables municipais, como podedes ver no enlace seguinte:

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2012/10/deficiencias-importantes-no-concello.html

A situación do pabellón de Cobelle subsanouse o pouco tempo, pero a demanda de melloras no Campo da Feira Vella da Peroxa non foi atendida.

A situación de abandono e de perigosidade continuaba como amosamos nas imaxes seguintes:




Ante o paso do tempo e a falta de actuacións, trasladamos a situación e as peticións o Pleno do mes de novembro dese mesmo ano 2012 como se pode comprobar na pregunta nùmero 3 feita o Sr. Alcalde:



A resposta feita neste Pleno polo Alcalde foi a seguinte, como podedes ver no extracto da acta correspondente.....(ver resposta pregunta 3):


As obras de mellora, no foron precisamente a principios de ano, pero sí se realizaron as actuacións comprometidas e solicitadas tanto polos veciños e veciñas da zona como trasladadas esas peticións veciñais polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista o órgano plenario do Concello.

As actuacións realizadas melloraron significativamente a situación anterior, con actuación tamén de mellora do asfaltado do contorno do campo....






NESTA ÚLTIMA IMAXE TODAVÍA OBSERVAMOS QUE QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN OU REPARACIÓN DO BANCO EXISTENTE.


Tamén chama a atención a "corrección" que se fixo no cartel anunciador da financiación da obra con modificacións posteriores en canto a cuantía da subvención concedida....

Este è o primer cartel anunciador das obras que foi instalado no lugar....


E posteriormente a cantidade da subvención concedida modificouse ata quedar o cartel seguinte....



Unha diferencia da case 3.000€ que comprobaremos no expediente da citada obra nas oficinas municipais para ver a orixe da citada "modificación".


SEGUIMOS APORTANDO PETICIÓNS DE MELLORA E TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR.....

                   ...................E INFORMANDO A VECIÑANZA ¡¡¡¡



viernes, 14 de febrero de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 15 e 16 de febreiro de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F. - ATL. ARNOIA.: Domingo 16 as 16:30 no campo do Marco.

AMOEIRO C.F. - ATL. PEROXA : Domingo 16 as 16:30 no campo de Amoeiro.

A PEROXA C.F. "B" - C.D. MOREIRAS: Domingo 16 as 18:15 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. XUVENIL - EMF ARENTEIRO "B": Sàbado 15 as 11:30 no campo do Marco.

C.P. CALASANCIO"C" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 15 as 11:00 no campo dos Escolapios de Monforte.

RIBEIRO F.C. - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Domingo 16 as 11:00 no campo de Ribadavia.




C.P. CALSSANCIO "B"- A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 15 as 11:00 no campo dos Escolapios de Monforte.
   
AXOUXEIRIÑOS- GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 15 as 18:00 nos Salesianos..

OS PEARES - CONCELLO DE COLES: Sàbado 15 as 19:00 no Pabellón dos Peares.

XINZO FSF - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 15 as 17:00 no Pabellón de Xinzo.

A participación dos representantes do Concello da Peroxa no deporte do Atletismo deprázanse entre outros lugares a LALIN.

Màis información da proba no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2705&date=20140216




Estas son  algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


SORTE E DIVERSIÓN PARA TOD@S ¡¡





APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

Coa verdade por diante.....¡¡¡¡

Neste artigo non queríamos extendernos moito xa que creo que é de sobra coñecido por todos a triste situación que estamos a vivir estas pasadas semanas tras a publicación dos problemas existentes no Colexio da Peroxa e publicados polos membros da nosa Agrupación con único fin de acadar unhas solucións que parece non chegan nunca.....

Tal e como dí o refrán....o tempo è o mellor xuiz e coloca a cada quen no seu lugar....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/02/12/psoe-confirma-agua-colegio-peroxa/965627.html?utm_medium=rss

Todos recordaredes a polémica sobre o asunto da dudosa potabilidade da auga no Centro Escolar.

Dende o Concello negouse o problema cando xa no mes de novembro trasladamos esta cuestión o Pleno, posteriormente a raiz nunha publicación na prensa local o propio Sr. Alcalde saia negando problema algún. Asimesmo o propio responsable da xestora do servicio publicaba tamén que os rapaces bebían auga dos grifo e que "en ningún momento lles entregaron auga embotellada os rapaces".

Acusabanos de causar "alarma social".

Tamén se manifestou a dirección do centro garantindo e negando problemas de potabilidade, sin embargo si admitía, en contra do manifestado polo responsable da xestora que "los niños siempre llevaron agua embotellada".....polo tanto alguén estaba a faltar a verdade ¡¡¡¡

Quíxose magnificar o problema da auga a todo o Concello, cando nòs centramos o problema únicamente no Colexio.

Mesmamente, solicitamos o Concello resultados das últimas analíticas, que tras ter que solicitalas por escrito..... presentaronnos análisis de dous puntos do concello que nada tiñan que ver co asunto do Colexio.

A raiz destas publicacións feitas polo Concello, polo responsable do servizo de xestión da auga e pola dirección do Centro (que negaba problemas coa potabilidade da auga, pero que lle daban a auga os cativos embotellada, tal e como indicou a anterior directora...."para previr males"), surxiu una marea de opinións e comentarios nas redes sociais apoiando as súas versiónss, recibindo os membros da nosa Agrupación calificativos como mentirosos.......e afirmacións como que eramos creadores de alarma social, de xogar coa saude das persoas para buscar protagonismo.....etc.

Mesmamente por parte da xestora do servizo de aguas se nos ameazou con denunciarnos xudicialmente pola nosa publicación.

Aguantamos as críticas con total tranquilidade por ter a conciencia moi tranquila pola nosa labor na defensa dos servizos da veciñanza.

TRISTEMENTE, e repito, tristemente para o usuarios do Colexio, as nosas manifestacións confirmábanse en todos os seus puntos trala realización de sendos análisis en diferentes datas onde o resultado foi que a auga era NON APTA PARA CONSUMO HUMANO.

Lamentablemente os analisis poñían de manifesto que se estaba a perder un precioso tempo en buscar culpables en lugar de solucións por parte dos responsables.

Por circunstancias relacionados coas normativas sobre a protección de datos non podemos publicar os analisis neste blog, pero quedan a disposición de tódolos aqueles pais e nais que teñan interese en confirmar os resultados, así como tamén calquer outra persoa interesada.

Con esta publicación queríamos por fin a este sin sentido da polémica que por fin parece vaiselle por solución.....e para chegar a este punto porquè perdemos máis de 3 meses ¡¡¡¡

Antes de rematar queríamos comentar unha recente publicación na prensa de hoxe mesmo onde novamente o Sr. Alcalde confirma a potabilidade da auga do Colexio, buscando novamente culpables....desta vez pondo en duda o traballo dos profesionais do laboratorio (que lembramos son os mesmos que analizan a auga do concello habitualmente), manifestando que colleron as mostras nun grifo que levaba meses sin abrir. A extracción realizouse en presencia da directora actual, e onde indicamos que para recoller as mostras sí se deixou correr a auga un bo pedazo por cuestións que os técnicos calificaron como "clorificación".

Permítese a licencia de indicarlle os técnicos do laboratorio como deben facer o seu traballo, criticando que colleron a auga sin deixar sair a agua estancada.....curiosamente, e sendo o mesmo laboratorio....... que diferencia na súa profesionalidade pode haber en recoller mostras a peticións de uns ou de outros ????

Confirma tamén o Sr. Alcalde que dous analiticas realizadas os días 10 e 12 deste mesmo mes confirman a potabilidade da auga.....situación da  nos alegramos polo ben dos usuarios do Colexio, pero as actucións para chegar a este resultado ben se poderían ter tomado fai tempo.

Con estas aclaracións pola nosa parte cerramos este tema agardando que non volten a producirse incidencias neste asunto.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E INFORMANDO A VECIÑANZA DO QUE ACONTECE NO SEU CONCELLO......AS CONCLUSIÓNS DÈBENAS SACAR OS VECIÑOS E VECIÑAS ¡¡¡¡¡


martes, 11 de febrero de 2014

Incidencias previsibles

Levamos xa dous invernos onde a situación parece non ter solución definitiva; falamos agora da agua que se encharca no cruce de Lamagrande. Certo é que a cantidade de auga que leva chovido é destacable pero as solucións non chegan.

Este é un resultado de cando as obras de planifican e fan sin pensar no futuro, orixinadas de cando non se tomaron as medidas pertinentes o pechar o antigo vertedoiro. Agora parece que o problema ten difícil solución, por cuestións diversas, entre elas "problemas" coa adxudicación das obras desta mellora a empresa encargada da realización das obras, que por certo xa comenzara as actuacións e.....que parece ser foi "sustituída" por outra.

Sexa como sexa, o problema persiste e dificulta a circulación de vehículos e especialmente dos peóns que non dan pasado por ese enorme charcho sen empaparse.

As imaxes da situación son de sobra coñecidas....





Tamén lamentamos a situación que se produce no pobo de Lentomil, onde despois de terse acometido moi recentemente melloras no asfaltado e limpeza de cunetas, parece que non foron de todo efectivas, xa que a situación na que se atopa parte do recorrido de acceso o pobo está moi deteriorado...



viernes, 7 de febrero de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 8 e 9 de febreiro de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

  
ATL. PEROXA - A PEROXA C.F.: Domingo 9 as 16:30 no campo do Marco.

LOUREIRO C.F. - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 8 as 16:30 no campo de Loureiro.

C.F. MONFORTE - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 8 as 16:00 no campo de Monforte.

A PEROXA C.F. ALEVIN - S.D.C. ARRABALDO "B": Sàbado 8 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.P. CALASANCIO "B": Sàbado 8 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.F. MONFORTE: Sàbado 8 as 12:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - ANTELA: Sàbado 8 as 16:30  no campo do Marco.

ALB. Y PINT. RAMON SAETA - OS PEARES: Sàbado 8 as 19:00 no pabellón de Celanova.

CARMELITAS - A PEROXA FS INFANTIL: Sàbado 8 as 11:15 no polideportivo de Carmelitas.


A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo este fin de semana será escasa, salvo algunha actuación individual en algunha das probas que indica o calendario para este fin de semana.

Estas son  algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



AGARDEMOS QUE OS FORTES TEMPORAIS VAIAN REMITINDO E NON PERXUDIQUEN A FIN DE SEMANA DEPORTIVA
 
 
APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

Interesante convocatoria

No DOG de hoxe venres día 7 convocaronse as probas para a OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, para maiores de 18 anos.

Unha interesante convocatoria para completar e rematar os estudos básicos de moitos dos xóvenes que entre outros temos no noso Concello da Peroxa, como requisito básico e imprescindible hoxe en día para o acceso a calquer posto de traballo.

Polo tanto, animamos os interesados a consultar a completa información e requisitos no seguinte enlace a citada convocatoria:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0164-300114-0001_gl.pdf


Asimesmo, como sempre, e en cada convocatoria quedamos a vosa disposición para calquer dúbida ou axuda na tramitación da mesma.


jueves, 6 de febrero de 2014

De visita a parroquia de Armental

Novo ano e mesmos compromisos ¡¡¡¡

Recentemente comenzado este novo ano 2014 os membros da Agrupación Municipal Socialista voltan a ter unha nova edición dos Sàbado coa Veciñanza.

Serà este sábado día 8 pola tarde na parroquia de Armental.

Asì o anunciamos con este cartel....



SEGUIMOS EN CONTACTO COA VECIÑANZA TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

PARTICIPA   ¡¡

martes, 4 de febrero de 2014

Orzamentos da Xunta de Galicia 2014 no Concello da Peroxa

0 € ¡¡¡

Esta é a cantidade que a nosa querida Xunta de Galicia, presidida polo "veciño" Feijoo orzamenta para o noso Concello da Peroxa neste ano 2014.

Os datos son públicos e de consulta para a veciñanza, como podedes comprobar nas seguintes imaxes non atoparedes o nome do noso Concello:







No periodo legal de alegacións os membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello elaboraron un cadro comparativo das grandes infraestructuras prometidas e sen orzamento económico neste 2014, así como as inversións que estaban previstas no 2013 e tampouco se executaron....


Estas alegacións foron trasladadas o debate do Parlamento de Galicia sobre os orzamentos, solicitando as seguintes partidas económicas para estas infraestructuras paralizadas, así como para os investimentos non realizados....

No seguinte documento solicitamos o seguinte orzamento para o remate das obras da marxe do rio Miño nos Peares:


A petición para dotar de orzamento o inicio das obras da Ponte sobre o Miño nos Peares fíxoxe a través dos seguintes documentos:



Finalmente, reclamamos tamén que se executaran as inversións previstas nos Centros de Saúde tanto da Peroxa, como dos Peares, pendentes de exercicios anteriores, a través desta petición:



Unhas peticións que xa no seu día foran tratadas nos correspondentes Plenos do Concello da Peroxa, onde solicitamos en varias ocasións a execución das obras pendentes e o remate das xa comenzadas...

Como exemplo as preguntas feitas o Alcalde no pasado Pleno de Setembro 2013....


Respostando ao respecto que "a obra se fará cando remate a crisis, tanto a Ponte como o Paseo".

 As nosas demandas estaban máis que xutificadas pola situación que toda a veciñanza do Concello coñece...



 

As noticias no seu día foran moi ilusionantes para as xentes da zona, pero que anos despois de incumprimentos ven como as súas esperanzas cada día se ven mermadas pola falta de compromiso dos seus veciños políticos.

Algún exemplo do que se publicou sobre esta desexada infraestructura:

No seguinte video a partir do minuto...1'30:

http://www.youtube.com/watch?v=1qxqW4hs7YM

Na prensa escrita correron rìos de tinta...

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/puente-feijoo-ospeares/idEdicion-2011-05-27/idNoticia-673067/


 Na seguinte noticia os veciños falaban dunha obra que era...."un soño"....pois parece un pesadelo ¡¡¡

http://elprogreso.galiciae.com/nova/70004.html?lang=es


Na seguinte falase de "gran futuro".....pois nos vemos triste presente ¡¡

http://elprogreso.galiciae.com/nova/145180.html


A propia prensa local calificaba como "El puente de Feijoo".....¡¡¡¡¡

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/el-puente-de-feijoo-en-os-peares/idEdicion-2011-05-27/idNoticia-673067/


Polo que podestes leer e analizar os "responsables" deste gran incumprimento coa súa propia veciñanza teñen nome e apelidos.....o propio presidente Feijoo, coa complicidade dos seus alcaldes, entre os que se atopa o noso da Peroxa.

Para finalizar sobre a cuestión que nos tocaba, que era sobre a petición dos nosos Concelleiros e dos nosos Parlamentarios socialista na Xunta de orzamentos para estas obras foron totalmente REXEITADOS polo Goberno do Partido Popular:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/17/galicia/1387309618_145756.html


A imaxe desta noticia é ven clarificadora.....o Sr. Presidente aclamado polos seus deputados tras rexeitar entre outras enmendas para executar a súa gran promesa feita os veciños e veciñas dos Peares.



ESTA É A TRISTE REALIDADE.....TÚAS SON AS CONCLUSIÓNS ¡¡¡