Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 31 de enero de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 1 e 2 de febreiro de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F. - RIBEIRO F.C.: Domingo 2 as 16:30 no campo do Marco.

FRANCELOS F.C. - ATL. PEROXA : Domingo 2 as 16:30 no campo de Francelos.

A PEROXA C.F. "B" - AT. RAZAMONDE: Domingo 2 as 18:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. XUVENIL - RIBEIRO F.C.: Sàbado 1 as 11:30 no campo do Marco.

S.D. NOGUEIRA - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 1 as 12:00 no campo de Luintra.

RIBEIRO F.C. "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 1 as 12:00 no campo de Ribadavia.

OURENSE VETERANOS - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 1 as 18:30 en Cea.

OS PEARES - PUB O2: Sàbado 1 as 19:00 no Pabellón dos Peares.

CASTRELO FSF - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 1 as 18:00 no Pabellón de Astariz.

A PEROXA FS INFANTIL - EMD CEA: Viernes 31 as 19:00 no Polideportivo da Peroxa.

Escasa participación esta fin de semana no mundo do Atletismo.

Estas son  algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=02&year=2014


SORTE E DIVERSIÓN PARA TOD@S ¡¡




APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

jueves, 30 de enero de 2014

Festas en Carracedo

Continuando xa coas festas deste 2014, onde a do San Vicente en Graíces da semana pasada temos que engadir o San Blas de Carracedo, onde unha vez máis esta xoven comisión de festas nos presenta un espectacular programa festivo, como se amosa no cartel anunciador.

Para disfrute de veciños e visitantes:



VÈMONOS EN CARRACEDO ¡¡¡


Resumo do Pleno Ordinario do Concello do 21 de xaneiro de 2014

LAMENTABLE ¡¡¡

Este é un dos calificativos máis suaves que se nos ocurre para expresar o que foi o pasado Pleno do Concello onde a actitude do Sr. Alcalde deixou moito que desexar en canto o respeto e dereitos democràticos do traballo dos nosos concelleiros socialistas.

Desenrolouse nun estado de nerviosismo e tensión impropia dunha persoa que leva máis de 33 anos nesta "profesión".

No punto 1 da orde do día aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No punto 2 expuxose tanto por parte do Sr. Alcalde como do Secretario do Concello as modificacións que se solicitaron para os estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, onde se suprimen dúas entidades que formaban parte do Consorcio e se fusionan agora nunha soa. As modificacións foron aprobadas por unanimidade.

No punto 3 informousenos de que os decretos da Alcaldía estaban a nosa disposición. Asunto que xa foi revisado polos nosos concelleiros con anterioridade a celebración deste pleno.

No punto 4 non houbo escritos nin comunicacións.

No punto 5 de Rogos e Preguntas, coma sempre, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista aportaron as sùas demandas de mellora e preguntas relacionadas coa actividade municipal.

No apartado de Rogos, presentamos as seguintes demandas de mellora para actuacións en diferentes puntos do Concello:


As imaxes que xustifican a petición no noso Rogo nº 1 son as que siguen, e poucas explicacións se precisan:


CARRETERA ENTRE A PEROXA VELLA E GRAÍCES


CARRETERA ENTRE A PEROXA VELLA E GRAÍCES


 CARRETERA ENTRE A PEROXA VELLA E GRAÍCES
 
 No Rogo nº 2, amosamos a perigosidade evidente na que está a zona onde se solicita o seu urxente arranxo, mesmo con unha deficiente sinalización.



CARRETERA CARA GULFARIZ NO POBO DAS LAMELAS


CARRETERA CARA GULFARIZ NO POBO DAS LAMELAS

No Rogo nº 3 lamentamos a tardanza dunha solución a esta deplorable imaxe que os nosos mandatarios ven cada mañan dende as oficinas municipais.


BANCO ROTO NA PRAZA DO CONCELLO DA PEROXA


BANCO ROTO NA PRAZA DO CONCELLO DA PEROXA

No Rogo nº 4, trasladamos unha vella petición veciñal de mellora nun espazo público que todavía segue sen ser atendida.


CAMIÑO E ESPAZO PÚBLICO NO POBO DA VILA (TOUBES)

No Rogo nº 5, demandamos actuacións diante dos organismos responsables do arranxo urxente destes desperfectos xa coñecidos polos responsables do Concello e que resultan un grave perigo.


CARRETERA A PEROXA-PEARES NO POBO DO FONTAO



CARRETERA A PEROXA-PEARES NO POBO DO FONTAO

CARRETERA A PEROXA-PEARES NO POBO DO FONTAO

En canto o Rogo nº 6 as nosas demandas están máis que xustificadas polo que amosan as imaxes seguintes:


EXPLANADA TRASEIRA DA ESTACIÓN DOS PEARES



EXPLANADA TRASEIRA DA ESTACIÓN DOS PEARES

PONTE SOBRE O BUBAL NOS PEARES

CAMIÑO DE ACCESO A IGREXA DOS PEARES

Esta última imaxe é claro exemplo do abandono o que está sometido este pobo dos Peares, onde o perigo real e visible, e agardemos non haxa unha desgraza persoal para actuar.

Sirvenos tamén de exemplo esta imaxe para comparar o que algúns gobernantes do PP noutros concellos da provincia se preocupan por situacións semellantes a que os seus compañeiros nos teñen nos Peares, así como noutros moitos pobos do Concello.

No seguinte enlace unha noticia semellante a nosa petición....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/15/pp-pide-concello-carballeda-vallas/947938.html

Apliquemonos pois aquí a petición que o propio PP fai noutros lugares semellantes de perigo ¡¡¡

O Rogo nº 7 está fundamentado no estado de abandono e deterioro da sinalización existente:

SINALIZACIÓN NO CRUCE DE BESTEIROS

O mesmo ocorre coa petición do noso Rogo nº 8, onde falta a sinalización do pobo de Vilasusá:

AUSENCIA DE CARTEL INDICADOR DO POBO DE VILASUSÁ

Finalizamos co Rogo nº 9 onde a veciñanza demanda unha mellora do estado deficiente no que se atopa o lavadoiro de Goiàs, de moi difícil acceso nos moitos días de choiva...

LAVADORIO DE GOIÁS

AS RESPOSTAS A ESTAS PETICIÓNS DE MELLORA SOLICITADAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS A TRAVÉS DOS ROGOS EXPOSTOS FOI EXPRESADA POLO SR. ALCALDE "QUE NOS DABAN AS GRACIAS POR TRANSMITIR ESTAS DEFICIENCIAS, PERO QUE ELES NON VIVÍAN NO POLO NORTE E XA SABÍAN DELAS", TAMÉN ENGADIU QUE "ALGÚNS DELES XA ESTÁN REALIZADOS, OUTROS EN VÍAS DE SOLUCIÓN E ALGÚN NON CORRESPONDÍA O CONCELLO".

TAMÉN MANIFESTOU QUE SE IRÁN ARRANXANDO CANDO HAXA CARTOS ¡¡¡¡¡


Aquí preguntamos por cal non correspondía o Concello, e respostou que "os que afectaba o pobo dos Peares que eran competencia do Consorcio". 
Lembramoslle que o noso Concello formaba parte e tiña representación no citado Consorcio polo tanto debe dar traslado das citadas deficiencias o òrgano competente.


No apartado de Preguntas, a nosa Agrupación Socialista formulou as seguintes:



A RESPOSTA A PRIMEIRA PREGUNTA NON TEN DESPERDICIO........MANIFESTOU TEXTUALMENTE O SR. ALCALDE QUE "O QUE TIÑAMOS QUE FACER É MONTAR NÒS UNHA EMPRESA PARA CREAR POSTOS DE TRABALLO E DEIXAR EN PAZ AS QUE ESTÁN XA MONTADAS"...........E QUE SÓ ESTABAMOS PARA TOCAR O CARALLO ¡¡¡¡¡

ESTE É O ESPIRITU DEMOCRÁTICO E A FALTA DE RESPETO POLA NOSA LABOR DE REPRESENTANTES DA VECIÑANZA QUE AMOSA O SR. ALCALDE, UN TEMA PARA REFLEXIONAR SERIAMENTE.....

A nosa pregunta estaba relacionada con esta noticia de prensa recentemente publicada e da que descoñecíamos cales ían ser os obxetivos....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/12/05/doce-concellos-presentan-planes-impulsar/926884.html

Na resposta a segunda pregunta o Sr, Alcalde manifestou "que unha persoa contratada polo Concello arranxa os espacios naturais, pistas e o que haxa que facer".

Referíamonos a este cartel colocado na praza do Concello...



O Sr. Alcade respostounos na terceira pregunta, "que si nos referíamos os pinos e as distancias as estradas, que lle indicaramos quen era o que estaba a cumprir esta normativa".....o noso portavoz puxo o exemplo do Concello tamén popular de Cenlle, amosandolle un recorte da prensa local, o que nos respostou "que esas noticias de La Región tiñan pouca credibilidade".....indicamoslle se eso mesmo o aplicaba para a súa versión do tema da calefacción do Colexio que él publicou neste xornal....o que non respostou. Indicamoslle tamén da ordenanza que dispuña o citado Concello de Cenlle o respecto, cuestión que manifestou...."mirareino".

O bando que se colocou por todo o Concello era o seguinte....



A nova de prensa a que nos referimos era a seguinte.....

http://www.laregion.es/noticia/272883/cenlle/obliga/talar/pinos/proximos/carreteras/

Todo un exemplo a seguir ¡¡¡


Na pregunta cuarta respostou que o número actual de empadroados no Concello é de 2009 persoas.

Na pregunta quinta, indicou que o Concello editara 1000 exemplares dos calendarios, pagados con cargo as arcas municipais e onde o seu custe fora de 1700€, non sabía se con iva ou sen iva incluído ¿? ¡¡¡¡

Opinamos que este é un gasto totalmente innecesario nos tempos que corren, onde día tras día  e como podedes comprobar nas respostas os Rogos, os veciños e veciñas do Concello ven como se lle negan obras fundamentais e necesarias por falta de cartos......¿?

En cambio permítense o despilfarro desta cantidade de cartos na edición duns calendarios para repartir entre a veciñanza como lavado de cara, e como disculpa para "aparecer" polo pobos do Concello.

Os calendarios supoño que serán xa coñecidos por todos....



A resposta a pregunta sexta, foi realmente decepcionante: manifestando "que a campaña non foi moi positiva, houbo pouca colaboración. Respostanos que todavía está todo AMONTOADO sen repartir porque neste momento non temos traballadora social e ainda non se fixo o reparto ¡¡¡¡
Remata indicando que o Concello da Peroxa non aportou nada.....tamén se permite preguntarnos si nòs como oposición sí o fixéramos, o que respostamos que a nivel político NON pero sí a título individual, tanto de alimentos como de xoguetes.

Este era o cartel que anunciaba a campaña....




TRISTE RESPOSTA A ESTA PREGUNTA, E TODAVÍA MÁIS TRISTES OS ARGUMENTOS, O RECOÑECER QUE TODAVÍA ESTÁN TANTO ALIMENTOS COMO XOGUETES A DATA DO PLENO SEN REPARTIR ENTRE OS MÁIS NECESITADOS (calificativo tal como indicaba o anuncio das redes sociais do Concello).

CONTRASTA CLARAMENTE ESTA RESPOSTA A ESTA PREGUNTA COA ANTERIOR, ONDE CHOCA FRONTALMENTE E PON DE MANIFESTO AS PRIORIDADES DO CONCELLO......GASTAN DO DIÑEIRO DE TODOS E TODAS PRETO DE 2.000€ NUNS CALENDARIOS E POLA CONTRA NON HAI APORTACIÓN ALGÚNHA A UNHA SOLIDARIA CAMPAÑA, QUE POR CERTO NON É DE RECIBO QUE TODAVÍA ESTÉN AS COLABORACIÓNS DA VECIÑANZA SEN ENTREGAR OS SEUS DESTINATARIOS.......LAMENTABLE ¡¡¡¡

Finalmente, en resposta a pregunta sèptima, unha vez máis facendo uso da sùa demagoxía, culpou a o goberno anterior da Xunta de Galicia, e máis concretamente o PSOE de que esta obra non se vaia a acometer, xa que foron eles quen se quedaron cos cartos dela ¿??¿?.......

Lembramoslle que en xaneiro do 2012 presentaramos un Rogo solicitando a mellora desta vía, moi castigada polo paso dos anos e que precisa urxentemente unha mellora no asfaltado, na sinalización e na seguridade vial.....

O citado rogo fora o seguinte:


Tamén lle recordamos como indicamos na propia pregunta a súa resposta emitida no Pleno Ordinario do 28/02/2012 onde se tratara o asunto....e que podedes comprobar na seguinte imaxe sacada literalmente da acta do pleno indicado....



UNHA VEZ MÁIS QUEDA DE MANIFESTO QUE PARECE NON DARSE CONTA QUE ALGÚNS TEMOS MEMORIA......., E AS DECLARACIÓNS DOS PLENOS PODEN SER DOCUMENTOS QUE SE VOLVAN NA SÚA CONTRA......

Para rematar este pleno, solicitamos facerlle dúas preguntas orais, o que respostou...."QUE NON ACEPTABA MÁIS PREGUNTAS PORQUE TEÑO A BOCA SECA   ¡¡¡

Precisamente unha das preguntas sí a fixemos igualmente, sin obter resposta algunha, onde lle preguntamos si se retractaba das súas palabras os nosos concelleiros onde se nos faltaba claramente o respeto. O non dar resposta indicamos o Secretario que exixiamos que as palabras empregadas constaran literalmente na acta do pleno.


SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO DO QUE OCORRE NO TEU CONCELLO ¡¡¡






martes, 28 de enero de 2014

Para tomar nota..., e exemplo ¡¡¡

Na semana pasada atopamos na prensa unha nova que no produce certa e sana envidia de como a loita da veciñanza, unha vez máis acada os seus propósitos na defensa dos seus dereitos...

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/18/sergas-cubre-plaza-centro-salud/950159.html


Noticia agradable despois das demandas veciñais....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/19/vecinos-o-irixo-preocupados-plaza/950700.html

Un exemplo que ben poderíamos tomar no noso Concello da Peroxa onde a situación de desamparo por parte do Sergas e coa complicidade do Concello mantèn o noso Centro de Saùde da Peroxa nunha máis que precaria situación, xa exposta para a busca de solucións por parte dos nosos concelleiros...

Trasladamos o problema o Parlamento de Galicia...



A resposta foi a seguinte:


A prensa local fíxose eco da nosa demanda...



No Pleno Ordinario do mes de setembro de 2013 tratamos o asunto que preocupa a veciñanza...


A resposta do Sr. Alcalde foi "que se están a facer negociacións"...

As solucións e as respostas non chegaban e novamente no Pleno de Novembro preguntamos como "andaban as negociacións", o que o Sr. Alcalde respostou......"seguimos niso" ¡¡¡

A situación real e actual é de todos coñecida.....seguimos cun só médico ¡¡¡

Polo exposto, e vendo que noutros concellos se atopan e dan solucións as demandas da veciñanza, preguntámonos se non vai sendo hora de despertar e loitar polos servizos que nos corresponden para unha atención sanitaria digna.







Para cando....?

A principios do mes de outubro de 2013 publicouse na web da Deputación de Ourense, a adxudicación da obra de arranxo da carretera cara Barra de Miño dende o cruce de Lamagrande.

O prazo de execución fixado no citado decreto era de 4 meses, prazo que se está a incumprir xa que está a piques de rematar e as obras previstas cun orzamento de 58.000, a travès dos Plans Provinciais todavía non deron comenzo.

Este é o decreto da adxudicación:


No Pleno Ordinario do mes de marzo de 2013 os membros da nosa Agrupacion Municipal xa levamos o asunto a tratar para acadar a mellora definitiva desta vía, como tamén buscar solucións pendentes o resto do seu trazado como indicamos na pregunta nº 4 que amosamos a continuación:



A situación e demandas de mellora que solicitabamos atendían as imaxes seguintes...


 

 AGARDEMOS POLO TANTO, UN COMENZO DAS OBRAS TAN NECESARIAS NESTA DETERIORADA VÍA, TANTO NO SEU TREITO SEN REMATAR, COMO NAS ANOMALÍAS DO TRAZADO ACTUAL ¡¡¡


 

viernes, 24 de enero de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 25 e 26 de xaneiro de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:


 C.D. CEA - A PEROXA C.F.: Domingo 26 as 16:15 no campo de Cea.

ATL. PEROXA - LOÑOA : Domingo 26 as 16:15 no campo do Marco.

RIBADAVIA AT. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 26 as 11:45 no campo de Ribadavia.

SOUTOPENEDO C.F.- A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 25 as 11:00 no campo de Soutopenedo.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.F. MONFORTE: Sàbado 25 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. VELLE "C": Sàbado 25 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.P. CALASANCIO: Sàbado 25 as 12:00 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - LEGARIA: Sàbado 25 as 16:00  no campo do Marco.

ABEDES FSF - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 25 as 16:30 no pabellón de Verin.

CIDADE DAS BURGAS "A" - OS PEARES: Sàbado 25 as 21:00 no anexo dos Remedios.

A PEROXA FS INFANTIL - EDC VERIN: Sàbado 25 as 17:30 no polideportivo da Peroxa.


A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo este fin de semana será escasa, salvo algunha actuación individual en algunha das probas que indica o calendario para este fin de semana.

Estas son  algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡


Que gran "visionario"....¡¡¡¡

Lamentablemente para o mundo da política, e afortunadamente para loitar contra os abusos e malas prácticas dalgúns, atopámonos no día de onte con unha noticia interesante, e tamén previsible:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/23/funcionario-diputacion-imputado-irregularidades-fondos-europeos/00031390481745274390239.htm

Curiosamente, o nome desta persoa foi protagonista nun dos recentes debates dun Pleno do Concello da Peroxa onde a nosa Agrupación Municipal Socialista presenteu a seguinte moción onde REXEITÀBAMOS a inminente privatización dos servizo de recollida de lixo por parte da Deputación, que ocasionará un empeoramento do servizo, así como un inxustificado incremento no recibo de cada veciño e veciña do noso Concello.

A Moción presentada foi a seguinte:


Dentro do debate da citada moción, entre outros argumentos o Sr. Alcalde calificaba a este funcionario, agora imputado por irregularidades, como......"SERIO E TRABALLADOR" ¡¡¡¡¡
Unha gran manifestación e pouco afortunada visto o visto no día de onte.

Na seguinte imaxe o extracto literal sacada da acta do pleno en cuestión sobre a resposta e argumentos do Sr. Alcalde para non votar a favor desta moción, e votar en contra dos intereses da veciñanza:



UNHAS AFIRMACIÓNS QUE LÓXICAMENTE PERDEN TODO O SEU VALOR E FUNDAMENTO, POLO QUE PON DE MANIFESTO QUE OS ÚNICOS INTERESES QUE TEÑEN NESTE INTENTO DE PRIVATIZACIÓN ESTÀ NA DE FAVORECER ALGÚNHA EMPRESA "AMIGA" E NON NO DE FAVORECER OS INTERESES PÚBLICOS DA VECIÑANZA, TANTO DA PEROXA COMO DOUTROS CONCELLOS DA PROVINCIA.




miércoles, 22 de enero de 2014

Arranxo de anomalías

Unha vez máis publicamos o arranxo das deficiencias e solicitudes de mellora solicitadas pola nosa Agrupación e que dende o Concello da Peroxa atenderon e repararon ou están a reparar....

Pouco a pouco e segundo as disponibilidades do Concello vanse atendendo as nosas demandas que o mesmo tempo moitas delas nos foron transmitidas pola veciñanza e que foron trasladadas os òrganos de goberno a través dos Plenos municipais.

Hoxe destacamos as seguintes....

RECUPEROUSE O CONTENEDOR DE PAPEL NA PEROXA FRONTE O MESÓN FABAS:


A SITUACIÓN ANTERIOR ERA A SEGUINTE....



SOLICITAMOS O TAPADO DUN PERIGOSO BURATO A ENTRADA DO POLIDEPORTIVO DA PEROXA SEGUNDO INDICA O ROGO 7....


ESTA ERA A SITUACIÓN ANTERIOR....


E AGORA, SEN SER UNHA GRAN NIN DEFINITIVA SOLUCIÓN ESTÁ ASÍ....

 
TAMÉN SE DEMANDOU UNHA SOLUCIÓN A UN BURATO NA PISTA QUE VAI DENDE O AMIDO A DIARADA E QUE XA OCASIONOU ALGÚN PERCANCE A VEHÍCULOS QUE CIRCULAN POR ESA VÍA, COMO ASÍ DE EXPRESA NO ROGO 9.....





ESTA ERA A SITUACIÓN DEMANDADA....


E AGORA COMENZARON XA AS OBRAS DE REPARACIÓN...



AGARDAMOS PODER SEGUIR PUBLICANDO ACTUACIÓNS DE MELLORA FEITAS POR PARTE DO CONCELLO DA PEROXA DIANTE DAS ANOMALÍAS ENUMERADAS E EXISTENTES NOS POBOS E PARROQUIAS DO CONCELLO.


martes, 21 de enero de 2014

O NOSO Colexio

Destacamos en maiúsculas e reiteramos a palabra "noso" porque tristemente parece que dende algún grupo reducido e achegado o "poder" se está esquecendo de que este è o Colexio Pùblico do Concello da Peroxa, para uso e disfrute de toda a veciñanza que así o considere, no cual moitas xeracións nos formamos nese centro, ou como se denominaba antes....Grupo Escolar.., e non é un centro particular duns poucos.

Insistimos, que cando usamos a palabra "noso", os membros da Agrupación Municipal Socialista, responsables deste blog e deste artigo, traballamos e loitamos para garantir o seu futuro, non só para o alumnado actual, senón para o que poida matricularse en vindeiros cursos.

A nosa labor na defensa deste centro é para garantir os dereitos e unhas comodidades dignas os seus usuarios, tanto profesorado como alumnado. Misión, entre outras moitas, para as que fomos escollidos, lembramos, libre e democráticamente nas pasadas eleccións municipais por 400 veciños e veciñas do Concello, pero a diferencia de outros grupos de goberno, tratamos de ocuparnos e preocuparnos pola cidadanía en xeral, sen mirar nin marxinar a ninguén pola súa cor política, labor que por certo, nos sentimos orgullosos e útiles a veciñanza do Concello que cada día son máis os que estan a recoñecernos o noso traballo.

Como ben é sabido por todos, levamos tempo denunciando e solicitando solucións as moitas e graves problemáticas que ten este Centro Escolar, por moito que se intente impor a "lei do silencio", por parte dos responsables municipais, non moi acostumados a que ninguén lle airee e denuncie públicamente a súa incompetencia.

Lamentablemente, a través e baixo o amparo dunha rede social do Concello da Peroxa (recordemos, o Concello tamén é de todos, ainda que pareza polo xeito de gobernalo un cortixo particular), atopamonos con comentarios fora da lugar, mesmo permitíndose críticas a vida persoal das persoas (e agora falo a título individual como Toño do Amido), onde estou aberto, como non podía ser doutro xeito, a crítica sobre a xestión dos asuntos como cargo pùblico do Concello, pero non a miña vida privada onde manifesto que EU PERSOALMENTE O QUE FAGA COA EDUCACIÓN DA MIÑA FILLA E UN PROBLEMA EXCLUSIVAMENTE MEU E DA MIÑA PARELLA, E POR SUPOSTO QUE A LEVAREI O CENTRO ESCOLAR QUE DECIDAMOS.

Seguramente decisións particulares de cada pai e cada nai, o igual que outros moitos casos do Concello escolleron libremente outros centros polos motivos que fosen....particularmente no meu caso por cuestións e responsabilidades laborais do pai e da nai, que afortunadamente, non como outros, non quixemos agardar a que os responsables municipais nos tivesen que "colocar".

Sinceiramente, creo que deberían "preocuparlle" máis outros casos de sobra coñecidos onde incluso fillos e fillas dos propios traballadores municipais ou cercanos colaboradores elexiran outos centros diferentes o NOSO da Peroxa, traballos por certo, acadados con respecto o resto da veciñanza por "mèritos superiores" que descoñecemos e moitos dos veciños e veciñas da Peroxa hoxe tamén nas largas lista de desemprego se preguntan o porqué dos privilexiós dalgúns.

A pregunta que moitos nos facemos é.....¿opinan como pais e nais.....ou como empregados municipais?

Como ben dixen con anterioridade, acepto e trato de tomar nota das crìticas como o cargo que represento, e en canto a varias opinións que se nos tilda de faltos de información temos que respostar o seguinte:

Como xa indicamos en ocasións anteriores todas as noticias que publicamos na prensa teñen o seu fundamento e xustificación documental a disposición de todos aqueles que a queiran consultar. As información son completamente "oficiais" das que non temos motivo algún polo que dubidar.

A información da falta de calefacción no centro tanto agora como no mes de novembro obtivemola tanto de pais e nais que nos voltaron a dar as súas queixas na busca dunha solución, como tamén contrastada con sendas reunións coa dirección do Centro Escolar, así como coa inspectora de Educación, coa cal nos reunimos os 3 concelleiros socialistas. Creo que neste punto ninguén discrepará sobre a súa falta xa que è o propio Concello que recoñece esta carencia facéndose cargo da factura do gasoil ata en dúas ocasións, así como os propios pais mercando estufas.

O asunto da supresión da profesora de apoio tamén é consultada tanto a dirección do centro escolar como a Inspectora de Educación que nos confirman esa situación.

Finalmente, e sobre o asunto que màis revuelo causou como foi o da dudosa potabilidade da auga, tamén è proporcionada por varios pais que confirman esa situación, onde están a facilitar o centro auga embotellada. Como nos casos anteriores tamén fomos a consultarllo a dirección do centro que o ratificou e mesmo nos poidemos comprobar esta situación nun dos grifos. Así como tomando as pertinentes mostras para facer os nosos propios analises da auga.

A ùnica negativa a información que buscabamos para contrastar este punto veu por parte do Concello da Peroxa onde a este portavoz que lles escribe se lle negou o acceso ao último analise existente nas oficinas municipais, motivo polo cal fixemos a petición por escrito para poder ter acceso a él como representantes públicos da veciñanza que somos, e que como indicamos sempre xustificamos documentalmente:


Lembramos tamén por si alguén non coñecía esta problemática do Colexio que xa foi tratada por este mesmo blog no artigo seguinte:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/12/irregularidades-no-colexio-da-peroxa.html

No día que publicamos esta nova non tiñamos a resposta "oficial" plasmada na acta do Pleno polo que agora si dispoñemos dela e a publicamos para lectura e coñecemento da veciñanza....



Para continuar argumentando as nosas noticias contrastadas e publicadas na prensa invitamosvos a que leades o que se publicou esta semana na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-calefaccion-agua-potable/949427.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/01/20_03.htm

Ata a prensa nacional faise eco da nosa información...

http://www.europapress.es/galicia/noticia-psoe-denuncia-colegio-peroxa-ourense-vuelve-estar-calefaccion-sigue-agua-potable-20140116150911.html

http://www.20minutos.es/noticia/2031135/0/

A voz de Galicia xa lle deu o seu toque "persoal":

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/16/alertan-abandono-colegio-blanco-torres-peroxa/00031389870726808675392.htm

A que lle engadiu outra nova relacionada....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-tendra-remodelado-poder-asumir-gastos/0003_201401O17C10992.htm

Aquí parece que a nosa información sobre o problema da calefacción está confirmado polo propio Alcalde, onde indicaba, como tamén fixemos nós que fora o Concello o que correra cos gastos, cando é unha incompetencia do Servizo Territorial de Educación en Ourense, e que está a repercutir nos petos dos veciños e veciñas da Peroxa que pagamos dos nosos impostos o que debería estar pagando a Xunta, o que temos que engadir o aumento no gasto de enerxía electrica de cando se teñen que encender as estufas, xa que o gasto eléctrico si lle corresponde o Concello, polo tanto dobre gasto, ainda que sexa neste caso xustificado polo benestar dos usuarios do Colexio, pero agardemos a que sexa reintegrado pola Consellería.

Tamén fala o Alcalde dunha reunión cos representantes de Educación, máis preocupados de buscar responsables desta grave situación económica que de buscar solucións ¡¡¡¡¡ por certo reunión a que asistiu como non, o propio Alcalde e algún pai escollido por él mesmo....¿porqué non se lle permitiu asisitir a todos os pais e nais que así o desexaban?....

Nesta noticia tamén se fala de obras de remodelación para poder asumir os gastos. A este argumento temos que recordar porquè non se aceptou no seu día a proposta de ubicar a gardería dentro deste recinto escolar, para aforrar e compartir gastos??? que outros intereses o levaron a negar esa proposta???? Agora igual se bota de menos non ter tomado esa decisión.

O periódico La Región dalle o total protagonismo o Concello e a réplica do Sr. Alcalde....

http://www.laregion.es/pdf.php?idnoticia=275206

Falase dunha dèbeda do curso anterior....polo tanto o problema non é novo, e tempo para buscarlle solución tiveron. Lembramos tamén que as contas aprobanse no Consello Escolar onde hai representantes dos pais e nais e tamén unha concelleira do Concello da Peroxa, que por certo, cobra 60€ por cada asistencia as citadas reunións, e por estes motivos polos que reiteramos que o problema é antigo e coñecido por todos.

O Alcalde indica que non están sen calefacción.....agora NON, pero estiveron dende o comenzo do curso en setembro ata novembro sin ela, e agora varios días antes da nova carga do gasoill

Tamén informa o Alcalde de que están facendo "xestións" coa Xefa Territorial....xestións eternas parecen porque reiteramos que o problema xa ben do curso pasado, unhas solucións que non chegan nunca e os perxudicados son sempre os mesmos.....docentes e alumnado.
O ùnico que se está a facer e tapar a neglixencia dos responsables de Educaciòn da Xunta en Ourense.

Matiza e nega sobre o tema da auga o Sr. Alcalde que se esté a consumir auga embotellada no Centro.
Tamén informa de que se realizan periódicamente todos os analisis por parte de Sanidade........PERO NON ERA A FARMACEÚTICA COMO INDICA NA ACTA DO PLENO ONDE SE TRATOU ESTA PROBLEMÀTICA ???
Neste punto tamén temos que matizar que nòs mesmos solicitamos os servizos de Sanidade en Ourense para realizar as nosas propias analises pero tristemente este servizo foi outros dos perxudicados polos recortes do Sr. Feijoo, presidente da Xunta, polo que deixou de existir na nosa cidade.

E tamén certifica que a auga da Peroxa é das mellores da Provincia. Con respecto a esta última manifestación, recordaremoslle a súa fráxil memoria a seguinte noticia....


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/24/sanidade-investiga-cinco-concellos-ourense-incumplir-normativa-abastecimiento/521386.html

A noticia anterior é do 24 de febreiro de 2011, polo que pretende vendernos que nestes dous anos pasamos dos últimos postos os primeiros....????¿¿¿¿ TODO UN RÈCORD ¡¡
Algúns temos memoria Sr. Alcalde ¡¡¡
Según se indica na noticia a propia Consellería INVESTIGABA  o noso Concello da Peroxa por "INCUMPLIR LA NORMATIVA VIGENTE SOBRE ABASTECIMIENTO DE AGUA, AL NO HACER LOS ANÁLISIS REGLAMENTARIOS¡¡¡¡¡¡¡

Para rematar co tema da auga e as noticias relacionadas publicamos a seguinte onde se negan as nosas informacións......

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/19/gestora-servicio-agua-peroxa-aclara/950707.html

Agradecemos esta nova onde o xestor da agua manifesta ter analíticas que demostran a potabilidade da auga, da cal nos alegramos polo ben de todos.
 Pero quédanos a dùbida que tamén indica que "o luns se dirixirá a Sanidade a facer outros análisis". ¿Para garantir as sùas manifestacións ou porque realmente tamén dubida?

Acùsanos de causar "alarma social", pois recordamoslle que non fomos nos quen publicamos que èramos un dos 5 concellos INVESTIGADOS por Sanidade.

Nega que se beba auga embotellada no Colexio....terá que cambiar de fontes informativas ¡¡¡¡

Tamén hai outra noticia para refrescar memorias....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/01/o-irixo-calvos-porqueira-pontedeva-admiten-problemas-abastecimiento/522783.html

Aquí nesta noticia ponse de manifesto que en algún momento "se olvidou" das súas obrigas.

Esta noticia entre outras pon de manifesto e argumenta, como sempre facemos, os seus incumplimentos e onde curiosamente o Sr. Alcalde sae sempre na defensa da empresa PRIVADA diante dos intereses pùblicos da veciñanza.

Un exemplo desta posición "sospeitosa" e recente do Alcalde podemola atopar no pobo de Gulfariz, onde se poñía de parte da empresa diante dos dereitos dos veciños, xa que pretendía unificar tódolos contadores da auga na entrada do pobo, como por certo, fixo en case todo o Concello, incumprindo a normativa legal sobre ese asunto, e chegando a argumentar nun pleno o plantexar nós esta situación "QUE NON ÌA ANDAR LENDO OS CONTADORES POR CADA CASA POLO MOITO TEMPO QUE LLE ÍA LEVAR......" ,,,,,lamentable¡¡¡¡¡ de parte de quen está?....¿dos dereitos da veciñanza? ou ¿dos intereses dunha empresa particular?

Finalmente, e diante da loita da defensa dos seus dereito da veciñanza deste pobo os contadores puxeronse individuais en cada domicilio segundo marca a lei...


E non a chapuza e incumprimento de normativa que fixo por todo o Concello....


Como remate a este interesante artigo indicamos e comunicamos as moitas accións que dende esta Agrupación Municipal se levan feito na defensa do Colexio, para garantir o seu futuro e na búsqueda de iniciativas para fomentar o incremento de alumnos.

Presentamos unha Moción para axudas de material escolar...

REXEITADA COS VOTOS EN CONTRA DOS 8 CONCELLEIROS DO PP


Outra contra o copago do Comedor...

REXEITADA COS VOTOS EN CONTRA DOS 8 CONCELLEIROS DO PP

Argumentaba o Sr. Alcalde que votaban en contra porque no Colexio da Peroxa "ninguén ía pagar un can", cuestión que todavía non verificamos, pero o que sí perdemos foi a cociña no centro escolar e agora a comida é servida por un servizo de catering, coa correspondente pérdida de calidade do servizo.

Estas mocións entre outros rogos e preguntas sobre o tema e situación do Colexio Pùblico da Peroxa, engadidas a outras que faremos próximamente para fomentar e aumentar a matriculación de novos alumnos/as no Colexio son motivo e xustificación máis que suficiente para amosar o noso interese polo futuro e polos problemas existentes no NOSO Centro Escolar, independentemente de onde teña cada un os seus fillos e fillas escolarizados ¡¡¡


SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO¡¡