Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 30 de diciembre de 2013

Actividade deportiva para rematar 2013 e comenzar 2014 ¡¡¡¡

Adiantamos a publicación do calendario de actividade deportiva dos equipos e representantes do Concello xa que esta é unha semana atípica, xa que comenza mañá mesmo a súa actividade.

Os encontros da vindeira fin de semana tan só terán en competición "oficial" o equipo de veteráns, xunto con algún destacado torneo na base e amigables:

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - FRANCELOS: Sàbado 4 as 16:00 no campo do Marco.
A PEROXA CF BENXAMIN - A PEROXA CF PREBENXAMIN: Amigable o Venres día 3 as 17:00 no campo do Marco.

Participación en Oira no Torneo Patelo 2014 do equipo Alevin cos seguintes partidos:

SDD. ARRABALDO - A PEROXA CF ALEVIN: Venres 3 as 18:20
A PEROXA CF ALEVIN - PONTEOURENSE "B": Venres 3 as 19:40
VILA DO CORPUS - A PEROXA CF ALEVIN: Sàbado 4 as 11:20

Os seguintes encontros e horarios dependerá da clasificación dentro do seu Grupo A.

Os nosos valentes representantes do Concello no deporte do Atletismo, teñen mañà un intenso calendario de participación con numerosas probas como podedes ver no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

A pesar da gran diversidade de probas, a maioría dos participantes da Peroxa acudiràn a proba de Allariz, con toda a información desta xa emblemática proba no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2729&date=20131231


PARA TOD@S ELES....MOITA SORTE E MÁIS DIVERSIÓN......
 E A TODOS OS DEMÁIS VÈMONOS XA NO 2014 ¡¡¡


FELIZ ANINOVO ¡¡¡¡


sábado, 28 de diciembre de 2013

"INOCENTADA" no Concello da Peroxa ¡¡¡

Seguindo fieis a nosa tradicion anual por esta emblemática data, publicamos o que consideramos para nós unha das inocentadas feitas polo Concello da Peroxa cara a súa veciñanza neste ano 2013.....

Nas dúas imaxes seguintes tedes que atopar as diferencias.....

O PROXECTADO.....





O EXECUTADO...




..............¿QUEN LLE LEVOU O TEITO?..........
...................................O VENTO??????




 Seguiremos informando ¡¡¡¡¡¡





viernes, 27 de diciembre de 2013

Anomalías no servizo de recollida de lixo ¡¡

Estando no debate na rúa hoxe máis que nunca o gran incremento que a Xunta e Sogama a través dos concellos pretende impor nos recibos do lixo (en torno o 34%), e que lembremos que será efectiva se nada cambia, a pesar da oposición frontal de moitos concellos de Galicia dende o mes de xullo vindeiro.

Un desproporcionado incremento que foi apoiado e defendido polo Alcalde e os concelleiros do PP da Peroxa no Pleno anterior, o rexeitar a moción presentada polos nosos concelleiros socialistas para que ese incremento non se levase a cabo e repercutise directamente nos petos dos veciños e veciñas do Concello da Peroxa.

Lembramos que a moción presentada foi a seguinte....



Estas son as noticias que parecen definitivas ao respecto:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/11/30/xunta-aplaza-julio-tasazo-basura-rebajar-importe/0003_201311G30P4996.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

O Alcalde como argumentario o seu voto e o dos seus concelleiros do PP negativo a apoiar esta moción da defensa dos intereses da veciñanza do Concello, indicou como xa expuxemos no resumo do citado pleno..."que os servizos hai que pagalos", e tamén garantiu que este ano vindeiro non aplicará a suba os recibos do lixo no concello.

Estamos de acordo que hai que pagar os servizos, pero tamén estamos de acordo que os prezos deben ser en relación a calidade coa que se prestan.....e lembramos que hai moitos concellos da provincia similares en poboación e territorio o noso que pagan aproximadamente 30€ no recibo do lixo, moi lonxe dos nosos 55€ ¡¡

Amosamos tamén algunha das anomalías das que xa demandamos unha solución nas oficinas municipais, e das que informamos os veciños e veciñas que transmitan calquer anomalía ou incidencia neste servizo como en calquer outro.

As imaxes seguinte corresponden o contenedor amarelo do pobo do Amido, que leva máis de 2 meses sin ser baleirado....




Aproveitamos tamén a publicación desta queixa para extendela a preguntar que foi do contenedor de papel que había diante do Mesón Fabas na Peroxa, a carón da Farmacia..¿? xa que fai varias semanas que foi retirado e todavía non foi reposto, sendo un lugar onde por mor dos negocios existentes tiña un uso frecuente...


Noutros puntos do pobo da Peroxa seguen estando na súa ubicación habitual e necesaria, incluso en algúns lugares de gran uso hai ata 2 como na zona da Ferreteria e do Supermercado...


Aproveitamos este artigo para facer un chamamento os responsables municipais, dos que sabemos son asiduos seguidores das nosas publicacións deste blog, para verificar a correcta ubicación e vaciado dos distintos contenedores nos pobos e parroquias do Concello, así como un fomento e campaña de sensibilización do gran valor económico e medioambiental que ten unha reciclaxe correcta.

Solicitamos tamén, polo tanto, a colaboración da veciñanza do Concello, xa que unha correcta reciclaxe repercute na economía do propio concello, o que se lle desconta na factura anual o valor dos distintos e correctos reciclaxes de plásticos, cartóns e vidros....por iso, canto mellor reciclemos menor será a factura que o Concello debe aboar. Aforro que polo tanto debería repercutir nuns mellores servizos.


SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO ¡¡



jueves, 26 de diciembre de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 28 e 29 de decembro de 2013

A actividade deportiva nestas datas de nadal é escasa, xa que as competicións oficiais están de parón para disfrutar das festas e do aninovo.

De todas formas, algúns dos nosos equipos si terá competición oficial, será o equipo dos veteráns co seguinte encontro de liga:

BAR A TERRAZA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 28 as 16:00 en Coles

Tamèn o equipo Alevin do A PEROXA CF disputará un Torneo Benéfico en Velle, denominado "Operación Quilo", onde polo tanto todos os que se despracen a este torneo deberán colaborar coa aportación dun kilo de alimentos non perecedeiros....GRACIAS.

Os horarios do noso representante son os que se indican na seguinte imaxe:



Tamén no deporte do Atletismo os nosos representante teñen marcados para os vindeiros días un montón de probas emblemáticas para cerrar o ano deportivo 2013.

As probas as que varios dos nosos representantes acudiràn son as que marca o calendario seguinte nestas datas finais do ano, nas que sen dúbida as do día 31 serán as de máis participación, destacando afluencia masiva de corredores do Concello a proba de Allariz.

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


SORTE E DIVERSIÓN PARA TOD@S ¡¡¡¡  e voltamos xa con màis información xa no 2014 ¡¡¡¡

sábado, 21 de diciembre de 2013

Boas Festas ¡¡¡¡

Os membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello da Peroxa, así como todos os demáis compoñentes, afiliados, simpatizantes e colaboradores desexámosvos a tod@s unhas moi Boas Festas de Nadal e un Feliz 2014 ¡¡

Aproveitamos especialmente a ocasión para dar a benvida de novo a súa terra os moitos veciños  e veciñas por cuestións laborais ou familiares se atopan lonxe da súa xente o resto do ano. Desexamoslle que disfruten deste días coas súas familias e veciñanza.





Tamén aproveitamos a ocasión para informar o grupo que formamos os Socialistas da Peroxa, que un ano máis voltamos a tentar a sorte na Lotería de Nadal, desta vez, como xa fixemos en anos anteriores con un número directamente relacionado coa nosa labor política no Concello.......desta vez o número escollido foi o 22511......data na que se celebraron as últimas elecciòns municipais, punto de partida da actividade e compromiso que adquirimos coa veciñanza do Concello na nosa labor e traballo diario para defender e loitar por uns mellores servizos municipais.



SORTE ¡¡¡





Dìa e hora de Pazolandia ¡¡¡

Para completar a información que proporcionamos no día de onte sobre as actividades, e unha vez obtida xa a información sobre a viaxe a Pazolandia comunicamos que o día que irán os nenos e nenas dos Concello da Peroxa será o vindeiro XOVES día 2 de Xaneiro as 16:00.

O PRAZO PARA ANOTARSE NAS OFICINAS MUNICIPAIS É ATA O LUNS 30 DE DECEMBRO.

Participa ¡¡¡


viernes, 20 de diciembre de 2013

Actividades nas Festas do Nadal 2013

Celebraránse durante varios días das vacacións de nadal 2013 para os nosos peques do Concello actividades para compartir e desfrutar destas festas especiales para eles.

As actividades que ofrece o Concello da Peroxa serán nos días e horas que se publican no cartel anunciador elaborado polo propio Concello, e que é o seguinte:

Celebraránse actividades de lecer, deportivas, etc.

Tamén un ano máis estamos a piques de poder disfrutar dun dos eventos por excelencia na nosa provincia en canto a diversión para os máis cativos se refire.......chega Pazolandia.


Un gran parque de atraccións que en horarios de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e por un prezo na entrada de 4€ calquer cativo ou cativa poder desfrutar das súas atraccions favoritas.

Os días dispoñibles de apertura son os que se amosan no cartel anunciador....


Como en anos anteriores, estamos a espera de que o Concello da Peroxa, comunique o día e hora na que levará os nenos e nenas do concello a disfrutar deste evento, e no que participaran en convenio coa Deputación máis de 65 concellos de toda a provincia.

Finalmente, e seguramente o de máis importancia, è o anuncio que se fai por parte do Concello dunha nova campaña de recollida de alimentos non perecedeiros e xoguetes para COMPARTIR coas persoas e cativos que estàn a pasar dificultades, para que igual que o resto dos seus compañeiros disfruten como se merecen as "suas festas" de Nadal, da que son os verdadeiros protagonistas.

Por este motivo e iniciativa, solicitamos a colaboración de toda a veciñanza do Concello para que participe nesta acción gratificante, e unha vez máis, felicitamos públicamente o Concello da Peroxa pola iniciativa e colaboración coas parroquias do Concello.

O cartel que anuncia esta campaña.....


PARTICIPA DAS ACTIVIDADES E COLABORA COAS  INICIATIVAS PROPOSTAS NO NOSO CONCELLO.

 



jueves, 19 de diciembre de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 21 e 22 de decembro de 2013

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

MASIDE C.F - A PEROXA C.F: Domingo 22 as 16:00 no campo de Maside.
ATL. PEROXA - C.D. RUA: Domingo 22 as 16:00 no campo do Marco.
SALAMONDE C.F.  - A PEROXA C.F. "B": Domingo22 as 16:00 no campo de Salamonde.
A PEROXA C.F. XUVENIL - C.D. VELLE "B": Sábado 21 as 12:00 no campo do Marco.
PONTE OURENSE "B" - A PEROXA C.F. ALEVÍN:  Sàbado 21 as 12:00 no campo de Oira.  
GADAFFI PEROXA VETERANS - GOMESENDE Sàbado 21 as 16:00 no campo do Marco.
CAFE ESPOLÓN - OS PEARES FS: Sàbado 21 as 19:00 no Pabellón das Triguerizas en Celanova.
A PEROXA FS FEMININO - EDC VERIN: Sàbado 21 as 20:00 no Polideportiva da Peroxa.





A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo será en algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Ainda que a confirmación da maior parte dos nosos representantes será na que se celebre en San Cibrao das Viñas, onde tedes completa información no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2691&date=20131222



APOIA E ANIMA OS NOSOS REPRESENTANTES NO EIDO DEPORTIVO ¡¡¡





miércoles, 18 de diciembre de 2013

Melloras necesarias realizadas

Certamente...unhas máis que outras, pero finalmente as obras pendentes de asfaltado de vías existentes no noso Concello executaronse.

Unhas actuacións xa analizadas nun artigo anterior neste mesmo blog:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2012/07/obras-que-se-van-realizar-no-concello.html

Unha vez reiteramos a nosa ledicia polas melloras acometidas, ainda que tamén botamos en falta algunhas outras que ven se podían ter incluído neste plan debido a súa urxencia de mellora e solicitadas polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista en reiteradas ocasións. Onde se amosa unha vez máis, e sempre dentro do respeto polo traballo feito a prol da mellora do Concello, que discrepamos na necesidade dalgunha das obras que se acometeron, xa que consideramos que había outras prioritarias.

Tamén amosamos o noso interès para o control e seguimento pola execución destas actuacións a través da petición da información correspondente do expediente das obras que se iban acometer:


Fixemos como función que nos corresponde como oposición o noso seguimento as actuacións previstas velando polo seu estricto cumprimento....

O CARTEL QUE ANUNCIABA ESTE PROXECTO ERA O SEGUINTE:



As actuacións realizadas foron as seguintes, onde amosamos o estado inicial e a situación actual despois das melloras realizadas....

 ACCESOS O POBO DE PIÑEIRON E VILABOA ANTES

  ACCESOS O POBO DE PIÑEIRON E VILABOA AGORA



   ACCESOS OS POBOS DE BEACAN E AIROA ANTES


 ACCESOS OS POBOS DE BEACAN E AIROA AGORA
Nesta actuación lamentamos non se tivera limpiado a maleza previamente para un mellor asfaltado aproveitando todo o ancho da carretera.

  ACCESOS O POBO DO SOUTO ANTES


ACCESOS O POBO DO SOUTO AGORA


 CARRETERA ENTRE O SOUTO E O FORO ANTES


 CARRETERA ENTRE O SOUTO E O FORO AGORA
Nesta actuación a veciñanza e conductores habituais que usan esta carretera botaron de menos que o asfaltado non chegase ata o cruce de Cinconogueiras, xa que o seu estado está moi deteriorado.


RUA NO POBO DO SOUTO ANTES


RUA NO POBO DO SOUTO AGORA


CARRETERA ENTRE OUTEIRO DE GRAICES E A PEROXA VELLA ANTES


CARRETERA ENTRE OUTEIRO DE GRAICES E A PEROXA VELLA AGORA
Esta actuación "vendeuselle" como un gran favor os veciños de Outeiro tras o paso do Rally de Ourense por este lugar, cando a obra xa estaba prevista con moitos meses de antelación a dito evento, no que por certo, os propios pilotos participantes criticaron pùblicamente o lamentable estado desta vía, onde recordemos provocaron o abandono de varios vehículos, entre eles uns dos favoritos a victoria e "Ourensán de adopción" Serxio Vallejo por reventar unha roda nun pinchazo.


RUA NO POBO DAS CUARTAS ANTES


 
 RUA NO POBO DAS CUARTAS AGORA


 ACCESO O POBO DE FERRADAL ANTES



 ACCESO O POBO DE FERRADAL AGORA
Nesta actuación creemos que pesaron máis outros "criterios" que a propia necesidade polo seu mal estado.



 AS FOTOS ANTERIORES CORRESPONDEN OS ACCESOS O POBO DE LENTOMIL


 
 ASFALTADO CARRETERA CARA LENTOMIL, GAIOSO E VILANOVA
 Novamente esta actuación non estivo acertado totalmente, xa que tampouco se limpiou a maleza previamente dificultando as labores de asfaltado correcto de toda a vía. Con respecto as actuacións das dúas imaxes anteriores, quizáis das màis necesarias non se executaron na súa totalidade.


RUAS NO POBO DE LENTOMIL AGORA


Na seguinte imaxe que amosaremos ilustra perfectamente outra das "chapuzas" efectuadas pola empresa encargada das obras. No seu día, debido as excesivas choivas do inverno pasado, nese punto, a carón da ponte sobre o regato produciuse un desprendemento perigoso de parte da vía, que os nosos Concelleiros Socialistas no Concello solicitaron o Sr. Alcalde o seu arranxo, o cal respostou no Pleno que se incluiría a reparación dentro desta actuación de asfaltado que estaba pendente de facer neste punto, pero o que fixo a empresa foi botar terra sobre o regato para tapar o burato e non foron capaces nin de asfaltar ata o borde da estrada, polo que seeguramente coas primeiras choivas se volva a derrumbar sobre o regato.

A imaxe da situación actual é a seguinte:



A petición que os nosos concelleiros fixeron a través dos Rogos de mellora no Pleno do Concello foi o seguinte no punto numero 4, onde unha vez máis amosamos e nos preocupamos polas actuacións que a veciñanza demanda:






AS TRES IMAXES ANTERIORES CORRESPONDEN A ESTRADA QUE VAI DENDE O CRUCE DO RIAL ATA OS ACCESOS OS POBOS DE DIARADA, LENTOMIL E GAIOSO ANTES DO ARRANXO.






 AS 5 IMAXES ANTERIORES SON ACTUACIÓNS QUE SE ACOMETERON PARA A MELLORA DESTA VIA, ATA DIARADA E ATA GAIOSO, E AS PROPIAS IMAXES FALAN POR SÍ SOAS DA LAMENTABLE ACTUACIÓN, ONDE SE VE COMO SE TIRAN COS CARTOS DOS NOSOS IMPOSTOS EN OBRAS INCOMPLETAS OU FALTAS TOTALMENTE DE CRITERIO, CUNETAS SEN ARRANXAR, BACHES NAS BEIRAS DA CARRETERA, ASFALTADO ESCASO......UNHAS ACTUACIÓNS QUE SEGURAMENTE TARDARÁN ANOS EN VOLVER A REALIZARSE NESTAS VÍAS E QUE POLO TANTO, NUN BREVE PRAZO OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ZONA VOLTARAN A SUFRIR NOVAMENTE O DETERIORO DESTA VÍA ANTE ESTA NEGLIXENTE ACTUACIÓN QUE DENDE O CONCELLO DA PEROXA DEBERÍAN PEDIR RESPONSABILIDADES E GARANTÍAS NA SÚA EXECUCIÓN.


ESTA SITUACIÓN DA IMAXE QUE AMOSAMOS DASE A ESCASOS 5 METROS DE ONDE FINALIZARON O ASFALTADO DA CARRETERA QUE SUBE CARA GAIOSO E A VILANOVA......OU ACABOUSE O ASFALTO .....OU OS CARTOS.....PERO É LAMENTABLE DEIXAR A CARRETERA NESTE DEPLORABLE ESTADO.

Unha vez executadas estas actuacións no verán pasado, os nosos Concelleiros solicitaron no Concello información sobre un par de actuacións que quedaban pendentes todavía das previstas incialmente. No Concello non foron quen de respostar os motivos polos que non se acometeran.
Acudimos as oficinas en Ourense de Medio Rural, responsable e organo financiador das obras, e tivemos acceso o expediente, onde vemos como por motivos dunha modificación que aumentaba actuacións, fixo que se suprimiran outras dúas previstas como eran o asfaltado do Campo da Festa de Graíces e a Praza do Concello da Peroxa.


CAMPO DA FESTA DE GRAÍCES


PRAZA CONCELLO DA PEROXA

Como amosamos nas seguintes imaxes dos Planos da obra, estaban inicialmente previstos:



Una vez obtida a resposta "oficial" na Delegación Territorial de Medio Rural, trasladamos a mesma pregunta o Pleno do Concello do pasado mes de novembro....como podedes ver na pregunta numero 6.


 
O Sr. Alcalde respostou "que debido a unha modificación das outras actuacións, decidira suprimir estas dúas previstas, xa que dende un principio dudaba deste proxecto pola pouca fiabilidade que lle daba o tecnico da Xunta que o redactou".


ESTA É A INFORMACIÓN QUE DESTA ACTUACIÓN FACILITAMOS A VECIÑANZA DO CONCELLO DA PEROXA, PARA O SEU ANALISE.

REITERAMOS, O MESMO TEMPO, A NOSA PETICIÓN DE MELLORA DE ACTUACIÓNS URXENTES EN MOITAS ESTRADAS DO NOSO CONCELLO COMO XA SOLICITAMOS NOS PLENOS A TRAVÉS DOS CORRESPONDENTES ROGOS....

-- Nas rúas de Bouzasvedras....
-- Na pista que atravesa os pobos de Abertesga e Vilar.
-- Accesos o pobo de Besteiros....
---Carretera entre Casdeguìstola e Alende....
---Estrada dende o Conchouso ata a carretera Peroxa-Gueral....
---Rùas na Recheda.....
---Etc, etc.

As cales ben se poderían incluir nas vindeiras actuacións que se van acometer a través dos distintos Plans Provinciais, Plans de mellora de viais do Concello.....etc.

A imaxes das nosas peticións a través de iniciativas propias ou por demandas da veciñanza amosan esa necesidade:






SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA A MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡