Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 31 de octubre de 2013

Ampliacion e mellora de camiños

Realizaronse algunhas actuacións de mellora en meses pasados no que se refire as estradas municipais, que agardemos incluan todo o noso termino municipal, xa que a súa mellora é un clamor veciñal.

Tamén se ampliaron algúns camiños rurais, entre os cales se atopa o que amosamos na seguinte imaxe no pobo de Sas na parroquia de San Ciprián que tivo un orzamento de 9.022,95€ costeados pola Deputación de Ourense, según se publicou nun decreto do segundo trimestre do ano.

Agardamos e desexamos para a mellora das nosas infraestructuras que este tipo de actuacións se sigan realizando nos moitos camiños e estradas do noso Concello, abandoadas durante moitos anos.


SEGUIMOS NA NOSA LABOR INFORMATIVA PARA TODA A VECIÑANZA ¡¡¡



Actividade deportiva no concello na fin de semana do 31 de outubro, 1, 2 e 3 de novembro de 2013

As actividades deportivas nesta longa fin de semana festiva son as seguintes para os representantes do noso Concello da Peroxa:

 C.D. BARRA DE MIÑO - A PEROXA C.F.: COPA DEPUTACIÓN; Venres día 1 as 12:00 no campo do Tato.
C.D.C. STA. TERESITA - A PEROXA C.F.: LIGA; Domingo 3 as 12:00 no campo de Eiroás.
ATL. PEROXA - C.D.C. STA. TERESITA: COPA DEPUTACIÓN; Venres dìa 1 as 16:30 no campo do Marco.
ATL. PEROXA - LEIRO C.F.: Domingo 3 as 16:30 no campo do Marco.
OS CHAOS - A PEROXA C.F "B": Domingo 3 as 16:30 no campo de Amoeiro.
A PEROXA C.F. XUVENIL - E.M.F. ARENTEIRO "B": (aprado da 1ª xornada) hoxe Xoves 31 as 18:30 no campo do Marco.
A PEROXA C.F. XUVENIL - C.D. RUA: Sàbado día 2 as 12:00 no campo do Marco.
C.F. MONFORTE - A PEROXA C.F. ALEVIN: Hoxe Xoves día 31 as 17:30 no campo Luis Bodegas de Monforte.
A PEROXA C.F. ALEVÍN - S.D. NOGUEIRA: Domingo 3 as 11:00 no campo do Marco.
C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 2 as 11:00 no colexio dos Escolapios en Monforte.
C.P. CALASANCIO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 2 as 11:00 no colexio dos Escolapios en Monforte.
GADAFFI PEROXA VETERÁNS - LEGARIA: COPA DEPUTACIÓN; Sàbado 2 as 16:00 no campo do Marco.
OS PEARES FS - CIDADE DAS BURGAS "A": Sàbado 2 as 20:00 no pabellón dos Peares.
CIDADE DAS BURGAS FSF - A PEROXA FS FEMININO: Sàbado 2 as 16:00 no polideportivo de Oira.

Como en semanas anteriores indicar a posible participación no mundo do Atletismo dos nosos representantes do Concello en algunha das moitas probas que esta fin de semana se celebran en varios puntos de Galicia entre as que destacamos as seguintes en Baiona e O Barco de Valdeorras:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2455&date=20131102

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2616&date=20131103



APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡¡



miércoles, 30 de octubre de 2013

Actividades previstas

No vindeiro e xa proximo mes de novembro recuperanse as clases de ximnasia en algúns lugares do noso Concello.

Na seguinte imaxe o cartel anunciador desta actividade:


ANIMAMOS A TÓDOLOS VECIÑOS E VECIÑAS A PARTICIPAR NESTA SAUDABLE PRÁCTICA  QUE BENEFICIA CORPO E MENTE.

Tamén durante este mesmo mes de novembro se celebrarán xornadas e charlas relacionadas coa subvención obtida polo Concello da Peroxa en materia de Igualdade procedente da Xunta de Galicia e que se anuncia deste xeito....


Os "actos" previstos estan relacionados segundo as bases da convocatoria seguinte:


E no seguinte enlace as cantidades adxudicadas o noso Concello para a realizacións destas xornadas:


Na paxina 39566 adxudicanse 3.195,32€ os que hai que engadir 1.152,43€ que se reflexan na páxina 39570

Preto de 4.500€ de custe nesta actividade da que agardemos estén a altura do elevado orzamento e cumplan os obxetivos reais para o que foron concedidas ¡¡¡


Engadimos unha nova actividade que se corresponde co orzamento publicado no día de onte neste blog nunha segunda actividade da que no día de hoxe se fixo público o cartel anunciador por parte do concello, por certo, este sí cumprindo a normativa exposta nas bases onde se debe indicar a financiación por parte da Secretaría Xeral de Igualdade.

Este acto indicado para a poboación infantil e xuvenil:



E agora tamén se anuncian os seguintes actos dentro desta campaña de IGUALDADE:




PARTICIPA DESTAS XORNADAS ¡¡






lunes, 28 de octubre de 2013

Orzamentos da Xunta no noso concello

AUSENTES ¡¡¡

 Esta é a situación do Concello da Peroxa nos Orzamentos da Xunta para o 2014.

A espera do debate e aprobación destes orzamentos vemos con tristura que nas inversións previstas e publicadas para a provincia de Ourense o noso concello non aparece "beneficiado" con ningunha dotación económica.





Diante desta triste situación, expuxemos no pasado pleno a nosa disconformidade coa falta de inversión prevista para o noso concello, a pesar de ter varias infraestructuras sen executar mesmo de anos anteriores ou orzamentos do pasado ano 2013 previstos para o noso Concello que non se realizaron, manifestando o Sr. Alcalde que o concello "obtería outro tipo de compensacións"¡¡¡¡

Agardemos que así sexa e as obras importantes para o noso concello como son a Ponte nos Peares, o remate do paseo fluvial, ou unha desexada e necesaria na Peroxa como é o remate do Auditorio na praza do Concello parece que caeron no olvido.

Poñemos como exemplo de falta de execución do previsto as cantidades que no pasado ano 2013 se tiñan prevista investir no noso concello e que non  se realizaron como eran importantes cantidades para "actuacións e equipamentos" nos Centros de Saúde da Peroxa, os que non só non se executaron senón que ainda por encima nos sacaron servizos como foi a praza de médico no da Peroxa ¡¡


35.000€ de inversión que caeron no olvido ¡¡¡

Ante esta nova inxustiza os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello fixemos balance dos proxectos paralizados e inversións sen executar para trasladar a través dos nosos representantes no Parlamento de Galicia estas demandas os mandatarios da Xunta para que as teñan en conta no vinderio debate de orzamentos 2014 e sexan por fin unha realidade para o Concello e non queden un ano máis en falsa promesas ¡¡¡¡

 

SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO SOBRE ESTA SITUACION DO NOSO CONCELLO DA PEROXA



 

viernes, 25 de octubre de 2013

Xa temos resposta "oficial"

Voltamos a tratar unha situación da que xa lle adicamos información neste blog, pero que dado a gravidade do asunto e non tendo ata o de agora solucións voltamos a publicar a situación actual, que por certo, as novas non son moi esperanzadoras, pero dende a nosa Agrupación Municipal seguiremos loitando por recuperar un servizo básico necesario no noso Concello, diante do pasotismo que parecen amosar os responsables municipais, desentendendose dos problemas reais dos veciños e veciñas.

Sendo un tema de total actualidade e ainda que foi un asunto tratado intensamente no pleno ordinario celebrado no Concello o pasado martes 22 de outubro por mor da nosa preocupación e defensa dos servizos dos veciños e veciñas da Peroxa, creemos que merece un artigo exclusivo para dar respostas a veciñanza.

Como de todos é coñecido, dende o 1 de Agosto o Centro de Saùde da Peroxa quedou tan só con un médico para a atención da nosa poboación, xa que primeiramente polas súas vacacións e posteriormente con data do 1 de setembro xubilouse, deixando claramente o servizo moi mermado para unha correcta atención sanitaria.

Ante este grave deterioro dos servizos no noso Concello, amparado polas moitas queixas veciñais, dende a nosa Agrupación Municipal Socialista decidimos poñer en mans dos nosos representantes no Parlamento de Galicia a situación de deterioro dos servizos sanitarios.

Trasladamos a problemática para que se tratara diante do Sergas, para buscar respostas a este novo castigo os nosos servizos e presentouse por escrito diante do Parlamento o seguinte escrito para buscar solucións:



A nosa bùsqueda de solución a este novo atentado contra os dereitos da veciñanza da Peroxa, tivo repercusión nos medios de prensa local tanto escrita como radiofónica:





Algúns exemplos máis....

http://www.mundourense.com/index.php?option=com_content&view=article&id=6897:reordenan-o-persoal-sanitario-de-a-peroxa&catid=31:provincia&Itemid=42

Lembramos que esta situación de empeoramento da asistencia sanitaria no noso concello xa è repetitiva, basta con recordar a non cobertura de mèdico sustituto en periodo vacacional, do cal xa fixemos tamén daquela a nosa reclamación de mellora do servizo....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/07/06/psoe-denuncia-peroxa-cuenta-medico-atiende-dias-alternos/662981.html

Polo tanto, recordando estas novas hai que indicar que ....."chove sobre mollado", e a actuación por parte do Concello volta a ser a mesma.....mirar para outro lado e acatar as "ordes políticas", da familia Nuñez, co Presidente Feijoo como executor destes recortes e tamén coa complicidade da Xerente de Atención Primaria en Ourense (a súa prima Eloina Nuñez), que parece teñen unha fixación contra o noso Concello.

Como xa dixemos o principio o tema foi tratado no pleno do pasado martes, a raíz novamente, dunha pregunta do noso Grupo Municipal, preocupandose por este situación que xa está durando moito nesta precaria situación.

A nosa pregunta entre outras presentadas foi a seguinte....(pregunta numero 1):



A triste resposta que o Sr. Alcalde ofreceu a nosa pregunta foi exactamente a mesma da Sr. Eloina Nuñez......"que no Concello temos 2 médicos e 2 enfermeiros" e que o servizo esta garantizado..


HAI QUE TER CARA¡¡¡¡¡ CLARO QUE ESA É TRISTEMENTE A SITUACIÓN ACTUAL, PERO LEMBRAMOSLLE UNHA VEZ MÁIS QUE ANTES TIÑAMOS OUTRO MÉDICO MÁIS NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA QUE AGORA NON TEMOS, OBRIGANDO A FACULTATIVA QUE ESTÁ A ATENDER ESES PACIENTES QUE QUEDARON SEN O SEU MÉDICO. 
NON SE PODEN MEZCLAR DATOS DO CENTRO DE SAUDE DA PEROXA CO DE PEARES, CADANSEU TEN A SÚA ZONA DE INFLUENCIA, E OS PEARES VAN TAN SÓ POUCO MÁIS DE 100 VECIÑOS DO NOSO CONCELLO, QUE FAI QUE OS RESTANTES TEÑAN QUE SER ATENDIDOS NO DA PEROXA, SUPERANDO AS 1.400 TARXETAS SANITARIAS PARA UNHA SOA MÉDICA.....¡¡¡¡¡¡

ESTA È A REALIDADE AINDA QUE QUEIRAN ESCONDELA E CONFUNDIR A POBOACIÓN QUE ESTÁ A SUFRIR A MERMA DO SERVIZO, CON SITUACIÓNS DE ESPERA PROLONGADAS OU MESMO QUEDANDO SEN ATENDER NA PROPIA CONSULTA......E XA NON DIGAMOS NOS DOMICILIOS PARTICULARES ONDE A DOUTORA ESTÁ ATENDENDO ATA MEDIA TARDE (EN ALGÚNS CASOS E DÍAS, MESMO SEN A PARADA PARA COMER).

De todas formas, logo do debate sobre este tema no Pleno, o Sr. Alcalde manifestou que o "asunto non caeu no olvido" e dende o concello buscarán solucións.

ALEGRÁMONOS DESTA COHERENTE RESPOSTA, PERO CREO QUE AS SOLUCIÓNS QUE SE ESTÁN A BUSCAR NON SON AS IDÓNEAS, XA QUE PRETENDEN DESPRAZAR O MÉDICO DO CENTRO DE SAÚDE DOS PEARES EN DÍAS ALTERNOS O DA PEROXA, POLO QUE CREEMOS QUE SERÍA "DESVESTIR UN SANTO PARA VESTIR OUTROS", XA QUE DESTE XEITO OS PERXUDICADOS SERÍAN OS USUARIOS DO CENTRO DE SAÚDE DE PEARES.

Segundo indicamos no titulo desta noticia, recibimos a resposta por escrito por parte da Consellería de Sanidade as nosas preocupacións coa situación, que lamentablemente confirmanse na mesma liña de datos para xustificar este grave recorte.

Comprobade por vos mesmos a resposta, cuns datos que segundo a nosa opinión, non se corresponden coa realidade nen son actuales:


Asì está o asunto.......as tristes decisións políticas de continuos recortes caen novamente sobre as espaldas dos veciños e veciñas da Peroxa, que ven como cada día os seus servizos empeoran, ou mesmo se suprimen.


Queremos o mesmo tempo aproveitar a ocasión deste artigo, xa que ten relación directa co tema, e tamén se trata da supresión doutro servizo que actualmente está na prensa local pola súa grave repercusión para os nosos nenos e nenas, diante do traslado a Vigo do servizo de Ciruxía Pediátrica que todos coñecedes.

De non ser así, na seguinte noticia explica a situación de desamparo actual:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/23/galicia/1382557176_892402.html


Hai unha grande movilización social ante esta inxustiza, con recollida de firmas para pedir o mantemento deste servizo en Ourense, e como non podía ser doutro xeito, dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello da Peroxa, tamén dispomos das follas pertinentes para a recollida de firmas dos que estedes a favor de manter este servizo, e que non fai falta xa nin lembrar, afecta directamente os nenos e nenas tamén do noso Concello.

Aqueles interesados que desexen asinar esta petición, podedes poñervos en contacto con calquer membro da Agrupación a través das canles habituais.


SEGUIREMOS NA LOITA E NA DEFENSA NOS SERVIZOS ESENCIAIS É PÚBLICOS NO NOSO CONCELLO ¡¡¡¡¡

jueves, 24 de octubre de 2013

Eventos deportivos na fin de semana do 26 e 27 de outubro de 2013

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F - C.D. BARRA DE MIÑO: Domingo 27 as 16:30 no campo do Marco.

  MASIDE C.F. - ATL. PEROXA: Domingo 27 as 16:30 no campo de Maside.

A PEROXA C.F. "B" - ARCOS C.F-: Domingo 27 as 18:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVÍN - E.D. CHANTADA:  Sàbado 26 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN - S.D.C. ARRABALDO: Sàbado 26 as 12:00 no campo do Marco.


ARABICA TABOADELA - GADAFFI PEROXA VETERANS: Sábado 26 as 16:30 no campo de Taboadela.


OS PEARES FS - LUVI FS: Sábado 26 as 16:00 no pabellón dos Peares.


A PEROXA FS FEMININO - XINZO FSF: Sàbado 26 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.


Novamente tamén no apartado do atletismo os nosos representantes do concello desprazaranse esta fin de semana a Carreira Pedrestre de Santiago de Compostela e a do Circuito Correndo por Ourense da Carballeira.


Màis información destas probas nos seguintes enlaces:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2640&date=20131027


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2411&date=20131027




Anima os equipos do teu concello ¡¡¡



martes, 22 de octubre de 2013

Festa na Ribeira de Vilarrubin

Estamos tocando o seu fin no que se refire as festas tradicionais dos nosos pobos e parroquias no que o ano 2013 se refire, a falta da celebracións dos magostos populares.

Unha das derradeiras, e tamén con magosto incluído, e que ano tras ano incrementa a asistencia de veciños e veciñas do concello que se acercan o pobo da Orde para celebrar esta festa e pasar un bo momento de música e comida.

Celebrase este vindeiro sàbado 26.


VEMONOS NA FESTA DA RIBEIRA NA ORDE ¡¡¡


Curso de Informática no concello

Está aberto no concello o prazo para anotarse para un curso de informática que comenzará o vindeiro 9 de novembro, e será os sábados pola tarde.

Animate e participa para aumentar coñecementos ¡¡


viernes, 18 de octubre de 2013

PLENO ORDINARIO NO CONCELLO DA PEROXA

O vindeiro martes 22 de outubro as 20:00 celebrarase no Concello da Peroxa o Pleno Ordinario que correspondería o mes pasado de setembro.

Ainda que con case un mes de retraso, por motivos que descoñecemos, levaremos a este pleno, como sempre, asuntos de importancia para a veciñanza do concello.

Lembramos que o acceso aos plenos no concello è libre, polo tanto, unha vez màis quedades convidados.

A convocatoria e orde do día e a seguinte:


AGARDAMOSTE ¡¡¡¡

Tamén comunicarvos, que como en plenos anteriores, faremos un resumo das propostas, debates e acordos que se realicen.


jueves, 17 de octubre de 2013

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 19 e 20 de outubro de 2013

Os eventos deportivos nos que participarán os representantes do noso Concello da Peroxa nesta fin de semana son os seguintes:

C.D. RÚA  - A PEROXA C.F: Sábado 19 as 16:30 no campo da Rúa..

ATL. PEROXA - C.D. TRIVES: Sábado 19 as 16:30 no campo do Marco.

MOREIRAS - A PEROXA C.F. "B": Domingo 20 as 17:00 no campo de Moreiras.

S.D.C. ARRABALDO - A PEROXA C.F. XUVENIL: Domingo 20 as 12:00 no campo de Sta. Cruz.

C.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. ALEVÍN: Sábado 19 as 10:15 no campo de Salesianos.

C.D. VELLE "C" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 19 as 16:00 no campo de Velle.

PABELLÓN C.F. - A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN: Domingo 20 as 11:00 no campo dos Remedios.

 GADAFFI PEROXA VETERÁNS - PAZO DE CANEDO: Sàbado 19 as 18:30 no campo do Marco.


NOGUEIRA FSF - A PEROXA F.S. FEMININO: Sàbado 19 en Nogueira (todavía sen horario).


Os nosos atletas do concello esta fin de semana tamén terán actividade en diversas probas da xeografía ourensá e mesmo galega.
A falta de confirmación de outras participacións algún representante desprazarase a cidade de Pontevedra:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2303&date=20131020

Como xa indicamos en ocasións anteriores, agardamos a súa colaboración para indicarnos as probas a donde van a levar o nome do noso concello.

Non podíamos pasar por alto outro importante éxito a fin de semana pasada dos nosos atletas en Riós, onde novamente Adrían acadaba unha loitada e merecida victoria que o coloca xa como un corredor a ter en conta nas vindeiras probas nas que participe.



NORABOA A TOD@S POLA PARTICIPACIÓN E POLOS ÉXITOS ACADADOS ¡¡¡¡


Interesante acto infantil

Logo de meses de inactividade parece que dende o concello de desperezaron e agora aparecen algunhas actividades para a veciñanza.

Desta vez tócalle os máis cativos, con unha representación teatral este sábado 19 as 18:00 no Salón de Actos do Colexio da Peroxa titulada...."Un agasallo para papá".

Animamos a tódolos peques e os seus pais a disfrutar destes espectáculos ¡¡¡


martes, 15 de octubre de 2013

Festa do Trabazo en Fontaiño 2013

Este vindeiro sábado 19 de outubro celebrase en Fontaiño outra das importantes e tradicionais festas que teñen lugar no noso Concello.

Festa con acto principal gastronómico e festivo coa actuación dunha importante orquestra.



DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡

Proposta realizada

Ainda que falta parte importante da nosa proposta por executar, xa se instalou o alumeado público na rúa onde se ubica o parque infantil na Peroxa, demandada pola veciñanza e trasladada os organos municipais no anterior pleno polos nosos concelleiros socialistas.

Esta foi a nosa petición, que por certo, lembramos que nun acto unha vez máis de incoherencia os 8 concelleiros do PP votaron en contra da súa execución¡¡¡¡, a pesares de que o Sr. Alcalde recoñeceu as deficiencias indicadas e se comprometeu a melloralas.


Agora xa os veciños e veciñas dispoñen do correspondente alumeado público como amosamos na seguinte imaxe.


SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR O NOSO CONCELLO ¡¡¡



lunes, 14 de octubre de 2013

SOLUCIÓN A ESTA GRAVE ANOMALÍA ¡¡¡

SOLICITAMOS dende este lugar e tamén o faremos no vindeiro pleno unha SOLUCIÓN URXENTE, o grave problema medioambiental e de limpeza que está a ocasionar a fosa sèptica situada debaixo da gasolineria da Peroxa.

Unha fosa, como outras tantas, xa denunciadas por nos diante do Concello e das administracións responsables, que está a verter o exterior os lodos que xa chegaron fai días a carretera que baixa cara Barra de Miño e que fai o tránsito por este lugar insoportable de cheiros e mesmo de contaminación a poza próxima de auga que usan varios pobos para regas dos seus cultivos.

UNHA SITUACIÓN VERGOÑENTA E QUE OS RESPONSABLES MUNICIPAIS XA ESTÁN TARDANDO EN SUBSANAR, SEXA DO XEITO QUE SEXA E CON URXENCIA.
XA PROPUXEMOS EN VARIAS OCASIÓNS UN PLAN DE VIXIANCIA, CONTROL E VACIADO DAS FOSAS DO CONCELLO (propostas todas elas rechazadas) A TRAVÉS DO SERVIZO QUE INSTAUROU A PROPIA DEPUTACIÓN DE OURENSE, PERO QUE UNHA VEZ MÁIS DENDE O CONCELLO NON PARECE IMPORTARLLE ESTE TIPO DE PROBLEMAS, XA QUE AS ACTUACIÓNS SON TARDÍAS OU MESMO NULAS COMA NESTE CASO URXENTE.


Nas seguintes imaxes o lamentable estado no que os lodos e verquidos da fosa están a causar na zona:






SEGUIREMOS INFORMANDO DESTAS E DOUTRAS PETICIÓNS DE MELLORA PROPOSTAS O NOSO CONCELLO DA PEROXA.........E AGARDANDO SOLUCIÓNS ¡¡¡¡


Ocupándonos polos problemas que teñen os nosos veciños/as

Xa tratamos con anterioridade esta problemática da supresión do médico no Centro Saùde da Peroxa, pero a noticia polo noso traballo e preocupación pola defensa dos servizos no concello segue a ser noticia na prensa especializada médica:

http://www.saludymedicinahoy.es/os-socialistas-da-peroxa-denuncian-a-supresion-dun-medico-no-centro-de-saude/

Seguindo coa mesma temática da sanidade o Grupo Municipal Socialista da Peroxa estivo na reunión que o Partido Socialista organizou en Ourense para tratar con tódolos colectivos veciñais e profesionais o grave problema o que novamente o goberno de Feijoo volve a acometer na nosa provincia, coa supresiòn e deterioro de parte do servizo de ciruxía pediatrica existente na nosa cidade para toda a unha provincia, que levará os nosos cativos a ter que desprazarse a Vigo para facer intervencións.

Lembramos que este problema grave xa o padeceu un xove veciño do noso Concello que tivo que desprazarse xunto a súa familia a Vigo para ser operado un domingo no mes de Agosto.

A raíz desta e doutras actuacións è cando os profesionaís e sobre todo a cidadanía puxo en alerta este atentado contra os dereitos e servizos da poboación en Ourense.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/10/11/psoe-alerta-area-pediatrica-unica/893729.html


Na seguinte imaxe a foto da participación nesta charla informativa coa presenza do noso portavoz municipal, escoitando e decidindo medidas de presión para parar esta inxustiza, así como tamén o RE-PAGO inxusto e cruel que o Sr. Feijoo pretende facer os enfermos crónicos na súa medicación hospitalaria, que ocasionará ademáis da gravidade da propia enfermidade un grave problema económico para moitas familias afectadas.



XUNTOS PODEMOS, E TEMOS QUE PARAR ESTAS INXUSTIZAS ¡¡¡¡¡


viernes, 11 de octubre de 2013

Actividade deportiva na fin de semana do 12 e 13 de outubro de 2013

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F - CORTEGADA: Sàbado 12 as 16:30 no campo do Marco.

COLES - ATL. PEROXA: Domingo 13 as 16:30 no campo de Albán.

A PEROXA C.F. "B" - LOUREIRO: Sàbado 12 as 18:30 no campo do Marco.
 A PEROXA C.F. XUVENIL - VELLE:  Sàbado 12 as 11:30no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVÍN - PONTE OURENSE "B":  Sàbado 12 as 10:30 no campo do Marco.

MONFORTE - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 12 as 10:30 no campo de Monforte.

SANTA TERESITA - A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN: Sàbado 12 as 12:00 no campo de Eiroás.


Engadimos a estes eventos a participación de compoñentes do equipo de atletismo e veciños do Concello que esta fin de semana se desprazan o Concello de Riós para participar na proba alí organizada:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2500&date=20131013

Destacar nesta apartado que a fin de semana novamente se acadaron resultados meritorios en Parada de Sil, resaltando o 4º posto de Ana Soutullo en categorìa feminina dentro da modalidade Scracht Mulleres Open.


APOIA E DISFRUTA DOS NOSOS EQUIPOS ¡¡



miércoles, 9 de octubre de 2013

Festa enxebre e tradicional ¡¡¡¡

Esta vindeira fin de semana celebranse en Gulfariz, na parroquia de Graíces, unha das festas máis enxebres e tradicionais do noso Concello, e que ano tras ano vai a máis en canto a asistencia e diversión.

Un ano máis a festa xirará entorno o viño, producto estrela desta zona do concello, acompañado cos bos productos gastronómicos que nesta festa se poden degustar.

Polo tanto, non hai desculpa para non acudir e pasar uns bos momentos neste fermoso pobo.

Este é o cartel que anuncia as festas:




VÈMONOS EN GULFARIZ ¡¡¡


lunes, 7 de octubre de 2013

Hai movementos.....¡¡¡¡

Xa chegando o remate do verán, parece que dende o Concello se decidiron mover para executar algunha actividade no noso termo municipal, ausente totalmente nos meses pasados.

Ùnicamente podemos nomear este ano algunha pequena actividade para os máis peques nas mañas do mes de Agosto, pero pola contra.....¿Què foi do resto de actividade cultural que un Concello coma o noso precisa?

Non houbo representacións teatrais, nin musicais, nin de cine o aire libre, nin culturais de ningún tipo, nin viaxes de éxito participativo coma no verán pasada ao Complexo de Cerceda por nomear algún, ou mesmo a festa da auga na piscina.

Todo esto a pesares de que na prensa se anunciaron grandes eventos e actividades compatidas neste caso co concello limítrofe de Vilamarin onde si houbo actividades e participación, o igual que noutros concellos da nosa contorna coma o de Coles onde os veciños e veciñas poden escoller entre multitude de actividades dirixidas a todos e  para tódalas idades.

Referímonos a este artigo de prensa publicado a finais do ano pasado onde se anunciaba a programación que o noso Concello da Peroxa podería disfrutar.....:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/11/01/rogelio-martinez-recepciona-vilamarin-plaza-parque-infantil/705563.html

Lamentamos unha vez máis que caeran no olvido e nas falsas expectativas creadas de novo ante a poboación da Peroxa, sometida a outro engano máis por parte dos responsables do Concello, incapaces de xestionar a actividade cultural do noso Concello, limitándose ùnicamente a "arrimarse para sair na foto" a eventos organizados por outras entidades como a Xuntaza de Corais e Rondallas que se celebrou recentemente, por certo, nun local que foi un "castigo" para os participantes e que segue sen rematar tras como xa indicamos, investidos miles de euros na súa construcción.

Agora, rematando o ano e tratando de paliar a súa incompetencia organizan un par de viaxes para un sector da poboación, os que por certo ainda estades en prazo para apuntarvos os que estedes interesados:



Como sempre facemos, a nosa intención maior e a de informar das situaciòns que se producen no noso Concello, e queremos dar a coñecer a veciñanza do concello da Peroxa as nosas actuacións e demandas diante dos órganos de goberno do Concello.

Polo tanto, e informando en primeiro lugar que por parte do Sr. Alcalde da Peroxa se cometeu a ilegalidade de non convocar no pasado mes de setembro o correspondente e OBLIGATORIO Pleno Ordinario, privándonos así, o igual que os veciños e veciñas, dun dereito de participación nos òrganos de goberno municipais.

Curiosamente, e seguindo co tema de actividades, è destacable que se organicen estas viaxes no mes de outubro cando precisamente unha das preguntas que lle fixemos por escrito o Sr. Alcalde para o correspondente pleno que non celebrou en setembro e presentada pola nosa Agrupación Municipal Socialista o día 17/09/2013 entre outras, era unha explicación pola súa parte da non realización por parte do Concello de ningún tipo das actividades previstas e prometidas a poboación.

No seguinte documento a proba do exposto na pregunta segunda:





 AGARDAMOS POLO TANTO UNHA RESPOSTA POR PARTE DO RESPONSABLE DO CONCELLO DIANTE DUN NOVO INCUMPRIMENTO ANTE OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS, E INVITAMOS A PARTICIPACIÓN DE TOD@S NAS ESCASAS ACTIVIDADES OFERTADAS E DESEXAMOS QUE SEXAN DE DISFRUTE  E DIVERSIÓN PARA AQUELES "AFORTUNADOS" QUE ASITAN AS MESMAS.

SEGUIREMOS RECLAMANDO E SOLICITANDO PARA O NOSO CONCELLO UNHA PROGRAMACION DE ACTIVIDADES DIGNA PARA UNHA POBOACIÓN PARTICIPATIVA EN TODO O QUE SE ORGANIZA E O MESMO TEMPO VARIEDADE DE TEMÁTICA E QUE SE ADAPTE A TODO TIPO DE IDADES.

Seguiremos traballando por un concello mellor ¡¡




viernes, 4 de octubre de 2013

Festas en Vilarrubin 2013

Este fin de semana celebranse as festas tradicionais da parroquia de Vilarrubin.

Diversidade de actividades festivas, gastronómicas, deportivas e relixiosas compoñen un excelente fin de semana de festas onde agardamos a presencia de tod@s¡¡¡¡

Este è a cartel anunciador....


VEN A VILARRUBIN E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡

 

Actividade deportiva na fin de semana do 5 e 6 de outubro de 2013

Os eventos deportivos no que se refire os representantes do noso Concello da Peroxa nesta fin de semana son os seguintes:

ATL. ARNOIA - A PEROXA C.F: Domingo 6 as 12:00 no campo de Arnoia.

ATL. PEROXA - AMOEIRO C.F: Domingo 6 as 17:00 no campo do Marco.

RAZAMONDE - A PEROXA C.F. "B": Domingo 6 as 12:00 no campo de Laias.

MONFORTE - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 5 as 11:00 en Monforte.

VELLE "B" - A PEROXA C.F. ALEVÍN: Domingo 6 as 10:00 no campo de Velle.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - PABELLÓN PROMESAS: Sàbado 5 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN - VELLE: Sàbado 5 as 12:00 no campo do Marco.

NOVO RIBEIRO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 5 as 16:30 en Maside.

OS PEARES F.S. - ERMIDA F8: Sàbado 5 as 18:30 no polideportivo de Peares.

A PEROXA F.S. FEMININO - CASTRELO F.S: Sàbado 5 as 20:00 no polideportiva da Peroxa.



Como vedes, xa temos todas as competicións en marcha coa incorporación do fùtbol base e o fútbol sala.

Ademàis, a partires desta semana tentaremos conseguir información das participacións do grupo de deportistas e veciños/as da Peroxa que percorren a provincia de Ourense, ou mesmo fóra dela no mundo do atletismo, dentro das diferentes modalidades de carreiras populares, cross, maratón, etc.

Participacións cada días màis numerosas por parte dun grupo humano e deportivo que xa comenza a obter resultados destacados nas clasificacións como os recentes obtidos por Ana Soutullo ou Adriàn Dìaz.

Esta fin de semana sabemos da participación dalgún compoñente do equipo en Parada de Sil, o cal lle desexamos sorte e sobre todo.......diversión.

No seguinte enlace información da proba:

http://www.finixer.com/7-carrera-canon-do-sil-2013

Agardemos, como xa indicamos, poder seguir informando desta concurrida participación dos nosos atletas nas diferentes probas.



ANIMA E DISFRUTA DOS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡¡