Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 24 de septiembre de 2013

Gracias....¡¡

Un ùnica palabra, pero que ten moito significado....

È o sentimento de agradecemento que dende aquí queremos facer chegar os moitos veciños e veciñas, e por suposto os servizos de extinción de incendios que onte pola tarde puxeron todo o seu empeño en acabar con outro dos lumes que puxo en perigo os montes e pobos do noso concello.

Labor básica a dos veciños e veciñas de varios pobos que non dudaron en porse o fronte desta lacra que inunda Galicia, e Ourense en particular.

Todo o mundo colaborou con diferentes medios.......manualmente, con maquinaria de obras, con tractores e cisternas de auga, etc.

O lume localizouse na carretera que vai dende a Peroxa ata a Peroxa Vella, e avanzou ata a marxe do regato do Rial. Cortouse o seu avance en varios puntos pero sobre todo no paseo da ruta que vai a carón do regato dende a Igrexa ata o Castelo, coa axuda das brigadas e veciños que temíamos o avance cara o outro lado que o faría máis perigoso.

Algunha das imaxes do lume visto dende o paseo a caròn do regato....





AGARDEMOS QUE ESTA SITUACIÓN DE RISCO TERMINE PRONTO, XA QUE DÍAS COMA O DE ONTE TANTO NO NOSO CONCELLO, COMO SOBRE TODO NOS VECIÑOS DA MERCA OU PADERNE POÑEN EN EVIDENCIA A FALTA DE PREVENCIÓN E ESCASEZ DE MEDIOS DE EXTINCIÓN.....AINDA QUE NON PODEMOS DEIXAR DE PEDIR A COLABORACIÓN DE TOD@S PARA DENUNCIAR A INTENCIONALIDADE DA MAIOR PARTE DESTES LUMES E IDENTIFICAR E CASTIGAR OS AUTORES.

Esta situación vivida onte, así como outras anteriores está perfectamente resumida nun interesante artigo de prensa recentemente publicado, e que podedes ollar no seguinte enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2013/09/22/politica-ver-chove/0003_201309A22C3993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Publicación que ben resume o que acontece en Galicia co tema da falta de prevención, e que este ano se agravou considerablemente, onde as brigadas municipais non se puxeron a funcionar ata o 8 de agosto ¡¡¡¡ polo tanto tendo os pobos e parroquias do Concello da Peroxa sin as pertinentes limpezas de maleza e os traballos de prevención que se deberían planificar para outros èpocas do ano, e non cando xa temos os lumes enriba.


AGARDEMOS SOLUCIÓNS A PROBLEMAS QUE SE REPITEN CADA VERÁN ¡¡¡


lunes, 23 de septiembre de 2013

Curiosidades...¡¡

Afortunadamente, a semana pasada poidemos circular por outro treito aberto da "nova" carretera cara Vilarchao.

Un treito que novamente reduce o tempo do traxecto entre o noso Concello e a capital.

Observamos a publicación que se fixo no xornal local "La Región" onde se anunciaba a citada apertura dese novo treito e chaman a atención as explicacións que da o Sr. Alcalde da Peroxa sobre os orzamentos desta infraestructura, ademáis de augurar un novo prazo de apertura, que por sorte para os cidadáns parece que vai ser factible, xa que leva anos anunciando a apertura desta vía e nunca se facía realidade.

A nova na prensa é a que sigue:


O enlace a esta nova pinchando a continuación...

http://www.laregion.es/noticia/265347/nuevo/tramo/carretera/peroxa-vilarchao/


REPETIMOS QUE NOS CHAMA A ATENCIÓN O TEMA DOS ORZAMENTOS DO QUE O SR. SEOANE DA DATOS, XA QUE UNHA VEZ MÁIS, OU SE TRABUCA, OU MINTE, OU REALMENTE O ORZAMENTO DESTA OBRA SE INCREMENTOU "SOSPEITOSAMENTE" EN MÁIS DE 1.200.000€¡¡¡¡ OU O QUE É O MESMO 200 MILLÓNS DE PESETAS ¡¡¡

DA DATOS DO ORZAMENTO DESTA OBRA DE 4.300.000€ CANDO O CONVENIO ASINADO E APROBADO NO SEU DÍA E PUBLICITADO EN VARIOS PUNTOS DO PERCORRIDO A TRAVÉS DOS CARTEIS DE LICITACIÓN DA OBRA DABAN UNS DATOS DE.....3.131.000€ ¡¡¡

PODEDES COMPROBALO VOS MESMOS.....





CREEMOS QUE ALGÚEN TERÁ QUE EXPLICAR PÚBLICAMENTE O INCREMENTO DESORBITADO DO ORZAMENTO, XA QUE ESTAMOS A FALAR DE CARTOS SAÍDOS DOS NOSOS IMPOSTOS ¡¡¡¡


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡


viernes, 20 de septiembre de 2013

Actividade deportiva na fin de semana do 21 e 22 de setembro de 2013


 Os encontros que disputarán os nosos equipos representativos do concello son os que siguen:


RIBEIRO F.C. - A PEROXA C.F : Domingo 22 as 17:30 no campo de San Cristrobal (Ribadavia).

ATL. PEROXA - FRANCELOS F.C.: Domingo 22 as 17:30 no campo do Marco.

A.D. CASTRELO DE MIÑO - A PEROXA C.F. "B": Domingo 22 as 17:30 no campo de Macendo.


RIBEIRO F.C. - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 21 as 19:00 no camo do Xestal (Ribadavia).

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. ALEVÍN: (AMIGABLE): Sábado 21 as 11:00 no campo de Velle.

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: (AMIGABLE): Sábado 21 as 11:00 no campo de Velle.

 C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. PRE-BENXAMÍN: (AMIGABLE): Sábado 21 as 12:00 no campo de Velle.

ANTELA VETERÁNS - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 21 as 16:00 no campo da Moreira (Xinzo de Limia).


 Sorte e diversión para todos ¡¡¡

DISFRUTA E APOIA OS  NOSOS EQUIPOS ¡¡¡

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Sobre o tema do médico no Centro de Saúde da Peroxa

A nosa labor de preocupación polos problemas reais que preocupan a veciñanza do Concello tiveron repercusión na prensa recentemente.

O tema tratado foi o xa explicadocon anterioridade neste blog sobre a situación actual de deterioro do servizo diante da xubilación dun dos facultativos o que o Sergas non vai a sustiutir, repercutindo negativamente no servizo de atención os pacientes.

Por moitas novas que dende o Sergas se queiran transmitir, onde garanten o servizo na Peroxa, A REALIDADE É QUE ANTES TÍÑAMOS NO CONCELLO 3 MÉDICOS (2 NA PEROXA E 1 NOS PEARES) E AGORA SÓ QUEDAN DOUS ¡¡¡¡¡¡¡

Poder a Sra. Eloina Nuñez (prima do Sr. Feijoo) explicalo como queira pero o caso è que os veciños e veciñas da Peroxa se lles quitou un médico......DEIXE DE ENGANAR A XENTE ¡¡¡¡

Trasladamos o Parlamento de Galicia, ante o organo responsable esta problemática no noso Concello para porlle solución ante a paralización e deixadez que unha vez maís se amosa dende o propio Concello da Peroxa, co seu Alcalde unha vez máis "ausente".

Os artigos publicados nos diferentes medios foron os seguintes:










SEGUIREMOS TRABALLANDO SOBRE ESTE GRAVE PROBLEMA E INFORMANDO A POBOACIÓN DAS ACTUACIÓN REALIZADAS E OS RESULTADOS OBTIDOS ¡¡¡


ITV VEHICULOS AGRÍCOLAS NA PEROXA

A unidade móbil da inspección técnica de vehículos estará no Recinto Feiral de A Peroxa entre o día 20 e o 24 de setembro, con horario de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00, salvo o día 24 que só estará no turno de mañá.

Solicítase cita previa no telèfono: 902309000 e tamén na web: www.sycitv.com


Aproveita a ocasión ¡¡¡

martes, 17 de septiembre de 2013

Continuamos de festa en festa....¡¡¡

Neste vindeiro fin de semana celebrase no campo de San Nicolao unha das festas máis tradicionais e multitudinarias do noso Concello, a festa da Virxe da Saùde, con claro carácter relixioso, pero tamén con numerosas actividades festivas e musicais.

O cartel da festa é o seguinte:



COMA NOUTAS FESTAS XA CELEBRADAS AGRADECER E ANIMAR A COMISIÓN DE FESTAS POLO BO TRABALLO REALIZADO E AGARDEMOS UNHA CELEBRACIÓN ESPECTACULAR COMO NOS TEÑEN ACOSTUMADOS EN ANOS PRECEDENTES.

NON PODEMOS TAMPOUCO OLVIDARNOS DE DARLLE A BENVIDA OS MOITOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO QUE POR ESTAS FESTAS VOLTAN A TERRA PARA CELEBRAR COS SEUS ESTAS FESTAS.


PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡

lunes, 16 de septiembre de 2013

INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE ¡¡¡¡

Neste artigo queremos informar os posibles "afectados/as" do Concello da Peroxa sobre unha situación que se está a producir coa problemática das pensión procedentes de países do extranxeiro, sobre todo que afecta os emigrantes que viviron e cobraron doutros paises en anos pasados.

A pasada semana o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposicíon no de Lei do Grupo Socialista para regularizar a situación dos pensionistas emigrantes retornados e EXIMILOS DO PAGO DE SANCIÓNS.

Os Socialistas lamentan que se trate aos pensionistas "como delicuentes fiscais", mentres o Sr. Rajoy lles ofrece unas Amnistía Fiscal aos verdadeiros delincuentes e defraudadores deste país.

Non entendemos que o goberno teña amparado unha inpección masiva aproveitando unha EVIDENTE FALTA DE INFORMACIÓN dos pensionistas para requerirlles os pagos a facenda por non ter declarado as pensións dende o ano 2008.

È a primeira vez en que se lles require aos pensionistas que tributen polas pensións que están percibindo de países estranxeiros, esixindo ademáis o pago de intereses de demora, sancións, e establecendo un prazo de 18 meses para os pagos, que para moitas familias supoñen uns grandes desembolsos económicos xusto nun momento crìtico das economías galegas por mor da crisi e o paro.

O documento presentado e aprobado para garantir e defender os dereitos dos galegos e galegas é o seguinte:




POLO TANTO, E CONTINUANDO COA NOSA LABOR DE INFORMAR E DAR A COÑECER A NOSA VECIÑANZA DO CONCELLO AS SITUACIÓNS E PROBLEMÁTICAS QUE LLES INTERESAN, FACENDO UNHA LABOR QUE DEBERÍA TAMÉN PARTIR DENDE AS OFICINAS MUNICIPAIS COMO COLABORADORES PARA ARRANXAR E INFORMAR OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA DOS SEUS DEREITOS, PERO QUE UNHA VEZ MÁIS DEBEN DE ESTAR OCUPADOS EN OUTROS ASUNTOS DE INTERÉS PROPIO.

AVISAMOS E ACONSELLAMOS A VECIÑANZA AFECTADA DO NOSO CONCELLO DA PEROXA QUE PARA QUE LLE DEVOLVAN O DIÑEIRO DAS SANCIÓNS É IMPRESCINDIBLE PRESENTAR UN RECURSO AÍNDA QUE OS PRAZOS ADMINISTRATIVOS XA ESTÉN AGOTADOS.

COMA SEMPRE, POÑEMOS A DISPOSICIÓN DOS POSIBLES VECIÑOS/AS AFECTADOS DO CONCELLO A NOSA COLABORACIÓN PARA AXUDARLLE E INFORMARLLE DOS TRÁMITE E LUGARES A ONDE ACUDIR A RECLAMAR OS SEUS CARTOS, INXUSTAMENTE COBRADOS POLA FACENDA ESTATAL.


Seguimos informando e traballando por un Concello mellor ¡¡¡





viernes, 13 de septiembre de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 14 e 15 de setembro de 2013

Os nosos equipos representativos do concello disputarán os seguintes encontros nas súas respectivas competicións:


A PEROXA C.F - C.D. CEA: Domingo 15 as 17:30 no campo do Marco.

LOÑOA C.F. - ATL. PEROXA: Domingo 15 as 17:30 no campo de Loñoa (Pereiro de Aguiar).

A PEROXA C.F. "B" - C.D. PALMÉS: Domingo 15 as 19:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - OURENSE VETERÁNS: Sàbado 14 as 17:30 no campo do Marco.




ANIMA E DISFRUTA DOS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡


Informate sobre as actuacións do Catastro

Relacionado coas recentes medicións que se fixeron nas vivendas do concello publícase no Boletín Oficial da Provincia de hoxe venres 13 de setembro o prazo de 10 días habíles (ata o 25 de setembro) para o trámite de audiencia e alegacións.

Este è a anuncio que se publica:



Se precisas información e verificar a túa situción, fai a túa consulta.


Agardamos que esta información, como en ocasións anteriores, chegue a maior parte da poboación.


lunes, 9 de septiembre de 2013

Seguimos coas nosas festas.....¡¡¡

Avanzado xa o mes de setembro chegan as nosas parroquias festas importantes e tradicionais, como as que se celebrarán este fin de semana en San Ciprián de Pitón con actuación "estelar" e televisiva, así como tamén unha das festas máis multitudinarias e importantes do Concello como é a da romería da Virxe do Amparo en Carracedo, un ano máis con actuacións das mellores orquestras de Galicia entre outros actos.

A continuación o cartel das dúas festas que coinciden nesta fin de semana de setembro:



COMO NOUTRAS OCASIÓNS DAMOS A BENVIDA OS VECIÑOS E VECIÑAS DAS PARROQUIAS QUE NOS VISITAN E VOLTAN NESTAS DATAS DE FESTA PARA VISITAR A SÚA TERRA E AS SÚAS XENTES, ASÍ COMO A NORABOA E O ÁNIMO AS COMISIÓNS DE FESTAS PARA LEVAR A CABO ESTAS IMPORTANTES FESTAS PARA DISFRUTE DA VECIÑANZA.



VEN E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡

jueves, 5 de septiembre de 2013

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 7 e 8 de setembro de 2013

Continúan as competicións oficiais dos equipos representativos do Concello, que cada semana van incorporando novos equipos que comenzan as súas respectivas ligas.

Os encontros desta fin de semana son os seguintes:

QUINS - A PEROXA C.F: Sàbado 7 as 17:30 no campo de Quins.

ATL. PEROXA - STA. TERESITA: Domingo 8 as 17:30 no campo do Marco.

LEGARIA - GADAFFI PEROXA VETERANOS: Domingo 8 as 11:00 no campo de Miraflores (Pereiro de Aguiar).


ÀNIMO, SORTE E DIVERSIÓN PARA TOD@S ¡¡¡


Petición atendida parcialmente.....

Unha das nosas propostas de mellora feita no seu día os responsables do Concello da Peroxa, realizouse nestes pasados días.

Tràtase da mellora do aparcamento do campo de fùtbol. Non è a solución definitiva nin a solicitada polos membros da nosa Agrupación que pedìamos que se reparase e se lle botase unha capa de asfalto para facer definitiva a reparación, porque a que se fixo, è certo que solucionou o problema, pero creemos que serà so temporalmente, porque as choivas e o uso dos moitos vehículos que o usan pronto o volverán deteriorar.

Asì estaba ata fai uns días dende facía anos.....





POR ESTE MOTIVO OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN SOCIALISTA NO CONCELLO PRESENTARON NA DATA DO 22 DE MARZO DO 2012 UNHA PETICIÓN DE MELLORA DESTA SITUACIÓN.


Tratouse o asunto no Pleno Ordinario do 30 de abril de 2012 respostando a esta demanda por parte do Sr. Alcalde que "taparán os buratos e arranxarase pronto".


Pronto, pronto non foi, pero máis vale tarde que nunca.

A situación mellorou moito con respecto a como estaba.......




Agardamos que se solucionen algunha pequena anomalía nesta obra como è a de facilitar o acceso as fincas existentes.....

Reiteramos a nosa ledicia por esta mellora, para un mellor servizo desta instalación deportiva, que como ben se indica nas redes sociais do Concello para anunciar esta actuación se fai ante o inicio das competicións dos nosos equipos nesta tempada..........ainda que na pasada tempada 2012/2013 tamén houbo competición e non se acometera esta mellora.

SEGUIMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡


lunes, 2 de septiembre de 2013

Outro servizo básico que se suprime....¡¡

As malas noticias chegan de novo o noso Concello da Peroxa....

UNHA VEZ MÁIS, OUTRO SERVIZO BÁSICO SE SUPRIME NO NOSO CONCELLO. DESTA VEZ TOCOU A UN DOS SERVIZOS MÁIS USADOS, NECESARIOS E DEMANDADOS POLA VECIÑANZA COMO É O SANITARIO.

SUPRIMIUSE UNHA DAS PRAZAS DE MÉDICO DO CENTRO DE SAÙDE DA PEROXA. O MÉDICO EXISTENTE ATA AGORA XUBILOUSE E NON SE VAI CUBRIR CON OUTRO O NON CONSIDERALO O SERGAS NECESARIO COA COMPLICIDADE DOS MANDATARIOS DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP NO CONCELLO DA PEROXA.

Un servizo mèdico que atendía a boa parte dos veciños e veciñas da Peroxa, que ven agora como pasan a súa atención sanitaria o ÙNICO MÉDICO EXISTENTE QUE QUEDARÁ NA PEROXA, para atender os máis de 1.300 posibles pacientes, mermando claramente o servizo e a súa atención sanitaria que ocasionará graves perxuizos no servizo.

Non coñecemos ata o de agora ningunha actuación por parte dos responsables do Concello para tratar de parar este novo recorte por parte da Xunta de Galicia, nun novo ataque a poboación rural, que día tras día se ve privada dos seus dereitos fundamentais.

A única información que teñen os veciños e veciñas do Concello da Peroxa sobre esta situación está resumida no cartel que se colocou na porta do médico, xa que a persoa que da as citas no propio Centro de Saúde da Peroxa, manifesta que non dispón de información da situación.

Este é o cartel que indica a "nova" situación........è pouco explicativo¡¡¡¡


A política sanitaria da Xunta de Galicia é totalmente abusiva e recortadora de dereitos adquiridos e consolidados durante moitos anos e agora está seriamente ameazada coa inclusión do PAGAMENTO DE MEDICAMENTOS, PAGAMENTOS DE PRÒTESIS, PAGAMENTO DE AMBULANCIAS, SUPRESIÓN DA ATENCIÓN SANITARIA A INMIGRANTES E MESMO A PARADOS DE LONGA DURACIÓN, ETC. ETC.

No seguinte artigo de prensa resume a política actual no tema sanitario:


COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO, NON SE QUEDARON DE BRAZOS CRUZADOS E TRASLADARON A GRAVE PROBLEMATICA QUE SURXE NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA OS RESPONSABLES DO SERGAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, EXPONDO A SITUACIÓN NA QUE QUEDAN OS NOSOS SERVIZOS SANITARIOS E SOLICITANDO UN ARRANXO DESTA GRAVE SITUACIÓN QUE PERXUDICA SERIAMENTE OS SERVIZOS BÁSICOS SANITARIOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA.

Nas seguintes imaxes o escrito presentado diante dos responsables do Parlamento de Galicia, expondo e solicitando a reposición do médico suprimido:



Tamén preguntaremos no vindeiro Pleno do Concello, o Sr. Alcalde e os concelleiros do goberno municipal do PP se van a loitar por unha solución para defender os servizos do concello para os seus veciños e veciñas ou van axeonllarse diante dos dictados do Sergas que perxudican gravemente o noso Concello.

AGARDEMOS RESPOSTAS A ESTA PROBLEMÁTICA E SOBRE TODO UNHA SOLUCIÓN, XA QUE A SITUACIÓN QUEDARÍA NUN ESTADO PRECARIO DE ATENCIÒN SANITARIA PARA A NOSA VECIÑANZA.

LOITAREMOS POR DEFENDER ESTA INXUSTA DECISIÓN E INFORMAREMOS DAS RESPOSTAS QUE VAIAMOS OBTENDO POR PARTE DOS RESPONSABLES, TANTO DA XUNTA DE GALICIA, COMO DO PROPIO CONCELLO DA PEROXA.