Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de agosto de 2013

Convocatoria interesante para Obradoiros de Emprego

Por parte da Xunta de Galicia no DOG do 16 de maio de 2013 convocaronse varios obradoiros de emprego en Galicia para desempregados nos concellos de Galicia.

Os requisitos e información da convocatoria no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130516/AnuncioCA05-100513-0001_gl.pdf

A través dalgún artículo na prensa local, atopámonos que o noso Concello de A Peroxa tamén participa na celebración de Obradoiros para desempregados.....

Leer a noticia publicada na Voz de Galicia do pasado 16/08/2013:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/08/05/ourense-mancomuna-tener-obradoiros-empleo/00031375717174061669132.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Entendemos polo tanto que dende o Concello se están a levar os trámites para participar nestes interesante Obradoiros aos moitos parados existentes no noso concello da Peroxa.

Informate, ainda estás a tempo de participar ¡¡¡

Lamentamos e denunciamos unha vez máis a nula publicidade e difusión desta convocatoria por parte dos responsables do Concello da Peroxa para que tódolos interesados poidan ter opción de participar.

SEGUIREMOS INFORMANDO......... a todos por igual ¡¡¡¡¡


jueves, 29 de agosto de 2013

Volta a actividade deportiva o Concello na fin de semana do 31 de agosto e 1 de setembro de 2013

Voltan as competicións deportivas o noso Concello, centrados inicialmente no deporte do fútbol co comenzo da competición para algún dos nosos equipos.

Os encontros desta fin de semana son os que siguen:

A PEROXA C.F. - LEIRO C.F: Domingo 1 as 17:30 no campo do Marco.

BARRA DE MIÑO - ATL. PEROXA: Domingo 1 as 17:30 no campo do Tato en Barra de Miño.


Este ano teremos interesantes encontros dentro desta competición da segunda autonómica, xa que haberá enfrontamentos cercanos e mesmo varios derbis con equipos dos mesmos concellos.

Desexamos a tódolos nosos representantes do concello, nas súas respectivas categorias moita sorte e diversión na disputa dos seus encontros, e que se cumplan os obxetivos marcados por cada equipo.



Non queríamos deixar pasar a ocasión para opinar sobre as actividades deportivas e lúdicas que se celebraron durante os meses estivais de verán no que o noso Concello da Peroxa se refire.

Pouco tempo nos ocuparía, xa que foron prácticamente inexistentes, tanto para os mais peques, para a xuventude ou para os nosos maiores, seguindo a liña de actuación do concello de abandono das súas funcións e sumidos na total deixadez e pasotismo diante da sùa poboación.

Non se celebrou como en algún ano anterior ningunha excursión, como si fixeron concellos limítrofes, a algúns lugares sinalados na epoca de veràn como podía ser o Parque Acuàtico de Cerceda, nin se celebraron actividades como eran a Festa da Auga na piscina, e no tocante a actividade cultural foi completamente inexistente.....non houbo representacións teatrais, de cine, nin musicais.

A iniciativa do Concello quedou outra vez de manifesto que non están a altura da demanda dos veciños e veciñas do Concello, máis pendentes unha vez maís dos seus asuntos particulares.

Amosamos como sempre facemos, para argumentar as nosas demandas, un recorte dunha noticia publicada a finais do ano anterior onde se anunciaba na prensa por onde iba xirar a actividade lúdica e cultural a desenrolar no noso concello a través dun convenio xunto co veciño de Vilamarín:


NON SABEMOS SE O CONCELLO DE VILAMARIN CUMPRIU CO PROMETIDO, PERO DENDE LOGO NO DA PEROXA NADA DO ANUNCIADO SE REALIZOU ¡¡¡

ESTA È A TRISTE REALIDADE QUE SE VIVE CADA DÍA NO NOSO CONCELLO, FALTO DE COMPROMISO E INCUMPRINDO SEMPRE O PREVISTO E ACORDADO.

NON LLE BUSQUEDES MÁIS EXPLICACIÓNS.....ESTA È A REALIDADE DO CONCELLO DA PEROXA: INCUMPRIMENTO CONSTANTE DAS SÚAS OBRIGAS E COS SEUS MANDATARIOS DESAPARECIDOS E SEN ATENDER AS DEMANDAS QUE A POBOACIÓN PRECISA, ESPECIALMENTE OS MAIS NOVOS NA SÚA ÈPOCA VACACIONAL.

 FALASE NO ARTIGO ANTERIOR DE "DINAMIZACIÓN DOS AMBITOS DE POBOACIÓN".....

NO NOSO CONCELLO NIN HAI DINAMIZACIÓN, NIN A ESTE PASO VAI HABER POBOACIÓN ANTE A FALTA DE PREVISIÓN, DE PROXECTOS E DE INICIATIVAS POR PARTE DUN GOBERNO MUNICIPAL AUSENTE E ESGOTADO PARA ATENDER AS NECESIDADES DA VECIÑANZA.




miércoles, 28 de agosto de 2013

Para cando unha solución?

Seguimos denunciando públicamente a desidia, abandono e falta de preocupación dos mandatarios e responsables do Concello da Peroxa, por situación cotíáns e diarias de fácil solución que parecen non querer ver.

Desta vez amosamos como unha fuga de auga (que pagamos todos cos nosos impostos), leva meses sen arranxarse pola falta de interese e preocupación por mellorar as anomalías que día tras día observamos en calquer punto do noso termo municipal.

A situación prodúcese nunha das beirarrúas das novas vivendas situadas na Peroxa, fronte a vivenda nº 15, e como xa dixemos, leva varios meses sen que ningún responsable do Concello lle poña solución, vertendo auga o alcantarillado.

Unha situación de despilfarro dos bens públicos que contrasta coas recomendacións de aforro de auga nas épocas estivais, así como tamén o apagado de parte do alumeado público como medida de aforro.

A situación denunciada e da que solicitamos o urxente arranxo e a seguinte:




SEGUIREMOS INFORMANDO E PROPOÑENDO ACTUACIÓNS PARA MELLORAR O NOSO CONCELLO ¡¡¡


Seguimos con festas....

Xa tocando o seu fin a época estival, todavía quedan pendentes no noso concello a celebración de importantes festas patronais nos nosos pobos e parroquias.

Esta sábado 31  de Agosto celebránse as festas en Celaguantes con actos festivos e relixiosos para o disfrute dos veciños e veciñas, así como tódolos que queiran acompañalos nestas festas.

PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡


jueves, 22 de agosto de 2013

Oferta de postos de traballo no Concello de A Peroxa

O tìtulo do artigo parece interesante......¡¡¡ pero seguindo a liña de actuación dos responsables municipais unha vez máis en materia de persoal, foi de todos menos interesante, tan só para os "escollidos".

Desta vez os postos que se "ofertaron" foron os seguintes:

4 conductores/as para o vehículo motobomba de incendios.
2 traballadores/as da limpeza para o Colexio e para o Concello e o Centro de Saùde.

Como è habitual esta información para o posible acceso de tòdolos veciños e veciñas do Concello interesados non se lle deu a publicidade necesaria para a súa correcta difusión....

¿Porqué non se publicitou na Web do Concello?

¿Porquè non se informou a través das redes sociais do Concello (facebook), onde pola contra si se coloca información de outros àmbitos?

ATA CANDO VAN A SEGUIR CON ESTA ESCURIDADE INFORMATIVA E PRIVANDO A VECIÑANZA DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA ACCEDER A ESTES POSTOS?

A ùnica publicidade que se fixo (obrigrados legalmente) destes postos foi a través dun pequeno anuncio na prensa local, que casualmente non foi a de maior difusión como pode ser os xornais La Región ou La Voz de Galicia, que se poden atopar en calquer lugar ou mesmo nos locais de hosteleria do Concello, senón que se fixo no xornal.....Faro de Vigo.

O anuncio unha vez máis non cumpría coa LEGALIDADE, que parece xa unha costume nas actuacións nesta materia dende o Concello, xa que se daba de prazo para presentar as solicitudes tan só 3 DÍAS NATURAIS, QUE A PESARES DO QUE INDICA O ANUNCIO, LEGALMENTE CONTABILIZA OS SÁBADOS, FESTIVOS E DOMINGOS. POLO QUE O PRAZO QUEDABA AINDA MÁIS REDUCIDO XA QUE SE PUBLICOU UN XOVES, POLO TANTO O ÚNICO DÍA "EFECTIVO" PARA PRESENTAR INSTANCIAS SERÍA TAN SÓ O VENRES DÍA 5 DE XULLO ¡¡¡¡¡

 Deste xeito o anuncio non cumpría coa legalidade, nin coincidía coas bases de selección publicadas para estes 6 postos de traballo, xa que nas mesmas o prazo indicado e REAL era de 3 días hàbiles, polo que remataba o martes 9.

UN ESCONDIDO ANUNCIO NA PRENSA E AINDA POR ENCIMA CON DATOS ERRÓNEOS, UNHA VEZ MÁIS PARA CONFUNDIR E ENGANAR A POUCA VECIÑANZA DO CONCELLO QUE SE POIDERA ENTERAR.

O anuncio o que nos referimos foi o seguinte:



OUTRA ACTUACIÓN CACIQUIL DOS RESPONSABLES MUNICIPAIS CO SEU ALCALDE O FRONTE, ASINANTE DO ANUNCIO E DAS CITADAS BASES, PARA COARTAR OS DEREITOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS A ACCEDER A ESTES POSTOS EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES QUE OS CANDIDATOS SELECCIONADOS.

ESTA É A TRISTE REALIDADE DO TEU CONCELLO....¡¡¡

CON UNHAS PORCENTAXES DE PARO SUPERIORES O 40% SEGUEN ACTUANDO DE ESPALDAS AS NECESIDADES DA VECIÑANZA, NON RESPETANDO A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ¡¡¡

ANALIZA A SITUACIÓN E DECIDE SI REALMENTE È O QUE ESTE CONCELLO SE MERECE ¡¡

DE TÍ DEPENDE QUE ESTAS SITUACIÓNS CONTINÚEN ANO TRAS ANO....

ACTÚA ¡¡¡

 


domingo, 18 de agosto de 2013

Resumo do Pleno no Concello de A Peroxa do 1 de agosto de 2013

Neste artigo trataremos de resumir o que aconteceu no recentemente pleno celebrado no Concello, onde unha vez máis os membros da nosa Agrupación Municipal trasladaron as demandas da veciñanza, así como outras interesantes propostas para a mellora dos servizos.

Coñece polo tanto o que se tratou: os acordos, as respostas dos membros do goberno do PP,  e a nosa labor na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do Concello da Peroxa.

O pasado xoves 1 de agosto celebrouse o Pleno Ordinario do Concello de A Peroxa correspondente, cos seguintes puntos da orde do día tratados e debatidos.

1.- Aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

2.- Aprobouse por unimidade a ratificación deste pleno como ordinario.

3.- Neste punto tratouse e aprobouse por unanimidade o asunto da modificación puntual do PXOM do Concello da Peroxa, referida o terreo do "futuro" Parque Empresarial, para poder LEGALIZALO. Requisitos burocráticos exixidos legalmente que o Concello ten que cumprir.

4.- Novamente se tratou, como se decidira nun pleno anterior, a continuidade do Punto de Atención a Infancia existente no Concello. O Sr. Alcalde manifestou que agora mesmo hai 4 nenos anotados para o inicio do curso, que mesmo se podería incrementar en algún máis. Este ano SÎ, agardase unha subvención para gastos de persoal e mantemento de aproximadamente 8.000€.
Por este motivo e manifestando os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista o interès por seguir mantendo este servizo no Concello, aprobouse por unanimidade a súa continuidade este curso 2013-2014.

5.- Neste punto poñense a nosa disposición dos Decretos da Alcaldía dictados neste periodo bimensual que xa foron revisados e analizados polos membros do noso grupo municipal.

6.- Neste punto do Mocións, unha vez máis o noso grupo municipal, na súa labor de preocupación e mellora dos servizos existentes no concello presenta a seguinte MOCIÓN:



As nosas demandas de mellora desta infraestructura están máis que xustificadas e a vista de todolos veciños e veciñas que xa nos amosaron as súas queixas e demandas, e que nos trasladamos deste xeito o Concello.

As imaxes seguintes corroboran a situación exposta:


ARBORES SECAS



ESTADO DE EVIDENTE ABANDONO EN CANTO OS CUIDADOS BASICOS SE REFIRE


MALEZA POR ACÀ E POR ALÁ

A MALEZA INVADE XA BOA PARTE DO PARQUE INFANTIL E A SÚA CONTORNA


A PAPELEIRA PERMANECE DURANTE SEMANAS SEN VACIAR, SENDO OS PROPIOS PAIS OS ENCARGADOS DE FACER ESTA LABOR DE LIMPEZA, APORTANDO AS SÚAS PROPIAS BOLSAS DE BASURA PARA MANTER O PARQUE EN CONDICIÓNS DIGNAS.


OS BURATOS DAS FAROLAS ESTÁN BALEIROS

AUSENCIA DE ALUMEADO PÚBLICO NESTA RÚA A CARÓN DO PARQUE INFANTIL.


O VALADO RESULTA PERIGOSO POLOS SEUS REMATES EN PINCHOS.

Estes foron os nosos argumentos no debate da moción, mentras tanto, o Sr. Alcalde manifestaba que "as herbas medran" e que "xa lle gustaría que o xardín da súa casa estivese así de ben". ¡¡¡¡¡¡¡ALUCINANTE¡¡¡. Unha vez máis amosa o seu nulo interès pola mellora das infraestructuras existentes e a súa paralise a fronte dun goberno municipal máis pendente dos seus "asuntos" particulares.

Continuou manifestando que as "arbores claro que están secas" (sorprende esta manifestación, cando fai ben pouco indicaba que eran de "distintas cores"), e mesmo hai que cambiar a ubicación de algúnha que pode molestar no futuro, no cal manifestamos a nosa aceptación. Indicou que tería que agardar a poñer unhas novas "cando fose o tempo axeitado".

Aceptou tamén a nosa proposta de poñer os puntos de luz que faltaban, como tamén indicou que se instalarían algúns máis, a través dunha nova subvención que tramitou o Concello.

En canto o valado, indicou que "a èl xa lle parecera raro a súa colocación cando estaban construíndo", pero que segundo os tècnicos é a colocación correcta. Manifestou tamén "que os rapaces tamén suben as àrbores e por iso non hai que arrancalas, algo de vixiancia terán que facer os pais". Outra vez máis, lamentables manifestacións, máis propias dunha cantina que do Pleno dun Concello onde se tratan asuntos serios, ainda que para èl parece non o son.
De todas formas comprometeuse a consultar de novo esta nosa petición para mellorar a seguridade dos usuarios.

AGORA BEN O SORPRENDENTE DESTA MOCIÓN......LOGO DE ACEPTAR TÓDALAS NOSAS PROPOSTAS DECIDEN VOTAR EN CONTRA DA MOCIÓN OS 8 CONCELLEIROS DO PP¡¡¡¡¡
NON ENTENDEMOS ESTA POSTURA....SERÀ PORQUE NON VAN CUMPRIR COS COMPROMISOS DEMANDADOS OU QUE SEGUEN SEN RECOÑECER E ADMITIR AS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡¡¡¡

UNHA VEZ MÁIS AMOSAN A SÚA INCOHERENCIA E FALTA DE RIGOR NA XESTIÓN DOS ASUNTOS DO CONCELLO, MÀIS PENDENTES DAS CRÍTICAS A OPOSICIÓN (o mundo o revés), QUE DE COLABORAR E ATENDER AS DEMANDAS QUE SOLICITAMOS.

7.- Non hai escritos nin comunicacións neste punto.

8.- Pasamos agora ao turno de rogos e preguntas:

Os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista presentan o seguinte ROGO na búsqueda da mellora e seguridade dos veciños e veciñas do Concello da Peroxa:


 Como en tódalas propostas e demandas que facemos, debatimos e argumentamos esta situación de perigo con imaxes reais:


UBICACIÓN DE POZOS A CARÓN DAS CARRETERAS DO CONCELLO

 ESCASAS SINALIZACIÓN DE POZOS QUE RESULTAN UN PERIGO EVIDENTE

A LAMENTABLE RESPOSTA QUE EXPUSO O SR. ALCALDE A ESTA NOSA PROPOSTA FOI INDICAR QUE "ESTAS ACCIÓNS AS TRASLADABA O NOSO PORTAVOZ, PARA QUE "DENUNCIARA" AS SITUACIÓS QUE EXPOÑÍA, CON UBICACIÓN, NOME E APELIDOS DOS DONOS"......¡¡¡¡¡¡ 

UNHA VEZ MÁIS A SÚA ACTITUDE E RESPOSTA RESULTA UN INSULTO A NOSA LABOR, ASÍ COMO UNHA FALTA DE RESPETO POLA SEGURIDADE DA VECIÑANZA DO CONCELLO E UNHA GRAVE IRRESPONSABILIDADE NA SUA XESTIÓN E LABOR O FRONTE DO CONCELLO, INCAPAZ DE ASUMIR AS SÚAS RESPONSABILIDADES E APLICAR AS LEIS SOBRE AS MATERIAS SINALADAS PARA EVITAR, COMO XA LLE AMOSAMOS SITUACIÓNS DE GRAVIDADE COMO XA SE TEÑEN PRODUCIDO NO NOSO CONCELLO NO PASADO, NON SÓ CON PERSOAS, SENÓN TAMÉN CON ANIMAIS.

Xustamente, poucos días despois de presentar este Rogo para evitar riscos innecesarios no noso termo municipal atopábamonos con estas tristes novas na prensa....

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/08/06/rescatan-fallecido-septuagenario-pozo-mos/856893.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2013/08/10/localizan-cadaver-joven-pozo-lalin/00031376128868218587660.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Algunha outras noticias deste mesmo ano....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/04/13/localizan-pozo-cadaver-joven-asturiana-desaparecida-11-dias/00031365871783361496452.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Poderíamos seguir amosando noticias con estas mesmas situacións pero parecenos que son suficientes para entender a gravidade do exposto, así como para indicar que...DESEXAMOS E AGARDAMOS NON SE PRODUZAN NUNCA NOTICIAS SEMELLANTES NO NOSO CONCELLO, PERO DE SUCEDER O SR. ALCALDE O O SEU EQUIPO DE GOBERNO TERÍAN UNHA IMPORTANTE RESPONSABILIDADE POR NON TER ACTUADO PARA EVITAR ESTAS SITUACIÓNS.

Neste mesmo apartado de ROGOS, presentamos outras propostas de melloras sobre anomalías existentes no Concello e demandadas polos veciños e veciñas, e outras indicadas directamente polos propios membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello, así como por outros colaboradores da nosa candidatura nas súas respectivas zonas:


Con respecto a proposta nº1, como xa indicamos, xa negara a súa necesidade fai tempo, pero creemos que agora a situación empeorou e debería subsanarse. Por parte do Sr. Alcalde manifestou que leva 4 ou 5 meses sin pasar polo lugar, e que tendo en conta que "a ribeira è a ribera, e as casas e accesos están como están.....". Indicou que "irá ver a pista, as súas necesidades e xa mirarei o que se pode facer".


DESPRENDEMENTO NA PISTA DE FORXÀN QUE DIFICULTA O PASO DE VEHÍCULOS


SITUACIÓN DE DETERIORO DA PISTA QUE BAIXA O POBO DE FORXAN E RISCO DE DESPRENDEMENTO DO MURO DA CARRETERA DA PARTE SUPERIOR.


Posteriormente, noutro arrebato de "autoridade" e importandolle ben pouco o que nos lle propoñìamos na mellora de servizos manifestou con respecto os puntos 2,3,4,5,6,7,8 e 9....."que coñecemos algúns dos casos expostos, unhos están en vías de solución, e que como os que "gobernamos somos nós" consideramos que non son prioritarios".

Faltaría máis¡¡¡ por suposto que son os que gobernan, dito sea de paso, con pouco acerto e sin atender as demandas e necesidades reais do concello, máis pendentes de obras para beneficios persoais como a inminente construcción dun embarcadoiro para un catamarán polo Miño que fará "parada" preto dos seus viñedos, para iso sí é prioritario gastar os cartos dos nosos impostos, pola contra nègase a asfaltar, limpar e tapar baches das carreteras do concello que están nun estado lamentable.

CREEMOS SINCEIRAMENTE QUE ESTES ANOS DE GOBERNO MUNICIPAL LLE ESTÁN SOBRANDO E O ESTÁN SUPERANDO POLITÍCAMENTE, ONDE NON È CAPAZ DE DAR RESPOSTA NEN A OPOSIÓN, E O QUE É MÁIS PREOCUPANTE, NIN OS PROPIOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO.

Lembramoslle que eles estarán para gobernar, pero nos estamos para que gobernen ben e con criterio, facendo propostas e trasladando as necesidades dos pobos e parroquias para a súa mellora.

Como è habitual, tódalas nosas propostas estan argumentadas con imaxes da situación real e actual, e comprobadas "in situ", polos nosos concelleiros que habitualmente se desprazan os pobos onde son reclamados e tamén dentro do seu programa periódico de visitas dentro da súa iniciativa "Sabados coa veciñanza", e adicàndolle tempo (gratuitamente), a nosa labor para a que fomos elexidos na oposición e que facemos con agrado para tentar mellorar a calidade de vida e os servizos dos veciños e veciñas do noso Concello.

Polo tanto as nosas peticións en imaxes foron as seguintes:

Polo que respecta a petición do punto 2:


ESTADO DETERIORADO DA CARRETERA DE CINCONOGUEIRAS A OUTEIRO

CARRETERA DE CINCONOGUEIRAS A OUTEIRO, LIMPIOUSE A MALEZA PERO NON SE TAPARON OS MOITOS BACHES EXISTENTES.

Na petición do punto 3, as imaxes falan por sí soas:


BACHES NA CARRETERA DE MELLE


 MALEZA NA CARRETERA A MELLE


A situaciòn demanda no punto 4 xa è reiterativa, incluso con sanción económica o Concello por parte da Confederación do Miño por verquidos ilegais e contaminantes, da que o Concello parece non ter pensado facer nada para subsanar:


LODOS QUE BAIXAN POLA CUNETA DIRECCIÓN O RÌO DA BARRA


VERQUIDOS E LODOS DA FOSA SÉPTICA DO SOUTO 


Na petición do punto 5, atopamos as seguintes anomalías:


ESTE BANCO NECESITA UN RELEVO PARA O DESCANDO DOS VECIÑOS E VECIÑAS DA ORDEN.


CAMIÑO PÚBLICO SEN ASFALTAR CARA UNHA NOVA VIVENDA DUN VECIÑO 




NECESIDADE DE LIMPEZA E ASFALTADO NAS CANELLAS DA ORDEN


A proposta nº 6 tamén amosan as imaxes seguintes a súa "prioridade":


ESTADO DA CARRETERA NO POBO DA ALENDE


BACHES E DETERIORO NA PISTA DENDE CASDEGUISTOLA A ALENDE

O da proposta nº 7 xa é máis preocupante, xa que recentemente se acometeu unha obra dentro dos Plans Provinciais 2012 da Deputación, que non contentou aos veciños e veciñas do pobo, xa que fixeron unha actuación escasa para as moitas necesidades que tiña o pobo e que os nosos concelleiros socialistas xa teñen reclamado en varias ocasións, lamentando que esta elevado inversión non se vexa reflexada na mellora das súas infraestructuras.

A actuación que se fixo acometeuse tan só nun pequeno tramo duns 300 metros a entrada do pobo:






¿PORQUÈ TAN SÓ SE ACOMETEU ESTE PEQUENO TRAMO CANDO AS NECESIDADES EXISTÍAN EN TODO O TRAXECTO DA PISTA QUE UNE O POBO COA CARRETERA DA PEROXA?
ESTE È O SEU ESTADO ACTUAL.....



TANTAS OU MÁIS NECESARIAS TAMÉN ERAN PRECISAS ACTUACIÓNS NAS RÚAS DO INTERIOR DO POBO QUE PRESENTAN ESTE LAMENTABLE ESTADO.....




ESTA ACTUACIÓN REALIZADA NESTE POBO NOS PARECE UN INSULTO A INTELIXENCIA DOS VECIÑOS E VECIÑAS E UN GRAN ENGANO POR PARTE DO CONCELLO, QUE VEN COMO DESPOIS DE MOITOS ANOS AGARDANDO POR UNHA NECESARIA ACTUACIÓN NO SEU POBO, SEGUEN A TER DEFICIENCIAS MÁIS QUE EVIDENTES COMO AMOSAN AS IMAXES EXPOSTAS.


Na proposta do punto 8 expoñemos en imaxes as necesidades de mellora reclamadas:



BURATOS EXISTENTES NAS RÚAS DA POUSA


ASFALTO DETERIORADO NA POUSA


 RUAS INVADIDAS POLA MALEZA EXISTENTE NA POUSA


Finalmente na proposta de mellora do punto 9, indicar que este burato xa produciu algunha incidencia, vivida en primeira persoa pola persoa que lles escribe este artigo e que xunto con outos membros da familia e con axuda do tractor tivemos que "rescatar" unha noite un vehículo dunha veciña visitante de Diarada que quedou o seu vehículo metido neste burato e coas rodas traseiras no aire. Indicar que por sorte non houbo danos persoais nin materiais, estes ultimos, como indicamos no caso de existir sería o Concello directamente responsable do arranxo dos desperfectos existentes por ser o propietario da carretera e non ter mellorado esta situción solicitada, que por certo, 2 meses despois segue na mesma situación.....agardando supoño por outro vehículo ou mesmo pola perna de algunha persoa que circule por esa carretera.

POLO TANTO CANDO O SR. ALCALDE O CONSIDERE "PRIORITARIO" DEBERÍA ARRANXALO PARA QUE NON SE REPITA A SITUACIÓN VIVIDA.

Imaxes do burato existente.....





A continuación pasamos o turno de PREGUNTAS mediante as cales os nosos concelleiros se interesan por asuntos varios do funcionamento do concello, e que por escrito presentaron as seguintes para a súa resposta por parte do Sr. Alcalde:




Na resposta a pregunta 1;, no seu primeiro apartado, o Alcalde manifestou "que estamos traballando no tema, pero as cousas de palacio van despacio". 

Lòxicamente, comprendemos que as cousas levan o seu tempo, pero tamén adquiriu o compromiso nun pleno anterior de arranxar "de urxencia" os posible deterioros que deixase nas nosas vías de comunicación o paso do Rally de Ourense, cousa que non cumpriu, coma case sempre. Pola contra, se comparamos a obra da que xa falamos, do "famoso" Catamarán polo Miño (o que adicaremos un artigo "especial"), aquí ten toda a maquinaria traballando a tope para rematar con urxencia, cousa que non sucede o mesmo coas necesidades expostas e demandas polos veciños e veciñas das zonas afectadas para non "reventar" os seus vehículos.

Imaxes das anomalías indicadas:


CARRETERA HACIA GULFARIZ


 BAIXADA DE CORNEDA A SESTELO


 CARRETERA HACIA BERDELLE


 CARRETERA DENDE TOUBES A BERDELLE

 



AS ULTIMAS 4 IMAXES CORRESPONDEN A CARRETERA HACIA BEACÁN POLA PARROQUIA DE CELAGUANTES AFECTANDO A VARIOS POBOS: POIN, LAMIÑA, LAMAS....

No apartado 2º desta primeira pregunta, logo de divagar argumento sen sentido algún, mesmo acusando os membros da nosa Agrupación de publicar cantidades irreais, cando non fixemos ningún tipo de publicación o respecto, acabou por decir que lle costara o Concello sobre uns 1.500€, sen especificar se foi suma total, por cada tramo, por cada pasada, etc......VOLTANDO A ESCURIDADE INFORMATIVA UNHA VEZ MÁIS ¡¡¡¡


En resposta a pregunta nº 2, argumentando cuestións que non viñan o caso para xustificar a súa celebración, indicou con axuda dalgúns concelleiro que pagaran o uso de 3 ambulancias (250€ cada unha), xunto con unha comida para 15 personas a 12 ou 15€ (fráxil memoria).

En resposta a pregunta 3, manifestou que se actuará nas que sexa necesario no seu momento e que o Concello aportará o orzamento necesario segunto os metros cuadrados de logos que se saquen.
Unha boa nova se realmente cumpre o prometido de limpiar as fosas para subsanar o total estado de abandono e contaminación na que se atopan.
Parece que por fin recoñece a necesidade que os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello levan reclamando dende o primeiro día que chegaron o Concello, con múltiples propostas e demandas para o arranxo desta situación:

Sirvase como exemplo a MOCION presentada en outubro de 2011:



No seu día xa foi noticia na prensa local a nosa iniciativa para a mellora destes servizos:

http://www.laregion.es/noticia/148369/

Ademàis atopamonos con unha contradición.....a publicación no Boletin da Provincia de Ourense pon prezo a estas actuacións nos Concellos, cando fai ben pouco a noticia publicabase na prensa local deste xeito:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/03/19/diputacion-lleva-servicio-gratuito-saneamiento-47-concellos-provincia/633553.html

OUTRA MENTIRA MÁIS........AGORA TEMOS QUE PAGAR POLO QUE FAI UNS DÍAS SE ANUNCIABA COMO GRATUITO¡¡¡¡

Na resposta a pregunta nº 4, noutra "actuación" de falta de respeto do Sr. Alcalde hacia o pleno manifesta "que a èl non lle importa que poña o que sexa, Coles, Esgos ou mesmo Valladolid", que xa está comprometida e vaise acometer.

A sùa resposta unha vez máis está moi desacertada, sobre todo tendo en conta os antecedentes deste Alcalde con "promesas" que logo se esvaeceron e non voltou dar explicacións da situación. Ten pouca memoria, e manifestacións como as que fixo no pleno recordan vellos tempos.......



Lembramoslle unha vez máis que a nosa labor està tamén para colaborar e evitar "erros administrativos", como os moitos que se producen no concello, e mesmo nos deixan sen subvencions, e tamén para subsanar e informar deses posible erros que no futuro sempre sae perxudicado o Concello, polo tanto debe medir as súas palabras porque xa lle teñen dado nos "fuciños" máis dunha vez.


Na resposta a pregunta 5ª, manifestou que xa se solicitara no pasado pero que non había fondos.

Creemos que se debería voltar a intentar facer esta petición e mesmamente dende a nosa Agrupación faremos todo o posible para que esta petición se faga novamente, xa que noutros concellos si se estàn realizando:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/07/17/confederacion-limpia-anoia-evitar-riadas/846701.html

A situación actual de necesidade de limpeza en imaxes é a seguinte:




Finalmente a resposta a pregunta nº 6, informou o Sr. Alcalde "que no Concello da Peroxa non ten constancia de ningunha petición, nin da necesidade de ningún banco nin marquesiña".

VAIA POR DIOS¡¡¡¡ POIS DÀMOSLLE DÚAS SOLUCIÓNS:
1) QUE PASE ALGO POLOS POBOS PARA VER AS SÚAS NECESIDADES.
2) QUE ABRA OS OLLOS ¡¡¡

Exemplos unha vez máis llos traemos nòs ¡¡¡¡

POLO QUE RESPECTA OS BANCOS......TEN PARA ESCOLLER¡¡¡

 CONCHOUSO
 

PEROXA

ORDEN


E NO TEMA DA MARQUESIÑAS OU PARADAS PARA O BUS.......HAI PARA DAR E TOMAR ¡¡


RABACIDO



 GUERAL



 CINCONOGUEIRAS


CASAR



Como remate do Pleno fixemos 2 preguntas orais sobre cuestión importantes:


Preguntamos o Sr. Alcalde si vai actuar, aplicando a normativa vixente que recentemente colocou nos Bandos Informativos polos pobos do Concello en canto a limpeza de àrbores, arbustos, etc, preto do borde das carreteras.
Concretamente nun caso que os veciños e veciñas do pobo de Gulfariz levan tempo reclamando para facilitar o paso polo pobo de Andelo cos seus vehículos para evitar que rocen coa vexetación dunha vivenda particular que invade parte da vía.

A esta cuestión, unha vez máis escapando das súas responsabilidade, comentou que so actuaría en caso de recibir no Concello a denuncia por escrito........RESPOSTA INCOMPATIBLE COA NORMATIVA A QUE SE REFIRE NOS SEUS BANDOS ONDE O CONCELLO È O RESPONSABLE DE VELAR POR QUE SE CUMPRAN AS NORMAS EN CANTO O TEMA EN CUESTIÓN.....DE LIMPEZA DE MONTES, DE CARRETERAS, DE UBICACIÓN DE ÁRBORES, ETC.
¿PORQUÈ INFORMA A VECIÑANZA DUNHA NORMATIVA QUE O PROPIO CONCELLO NON ESIXE O SEU CUMPRIMENTO?

UNHA VEZ MÁIS NULA XESTIÓN POR PARTE DOS RESPONSABLES DO CONCELLO QUE DIANTE DOS PROBLEMAS DA VECIÑANZA PREFIREN MIRAR PARA OUTRO LADO.

Por suposto, e coma sempre, temos imaxes das situacións expostas, para argumentar as nosas peticións:


Finalmente fixemos unha pregunta que levamos tempo traballando e investigando a súa legalidade en canto a como se gastan os cartos dos teus impostos.

Preguntamos literalmente o Sr. Alcalde, ¿Càl è a finalidade e o motivo polo que se concede, segundo se publica nos Orzamentos do Concello para o ano 2013, unha subvención de 2.100€ o Moto Clube A Peroxa?

A resposta do Sr. Alcalde, unha vez máis, seguindo os seus pobres argumentos, manifestou "que era unha grupo que leva moitos anos realizando actividades no Concello, con todo tipo de probas e con gran participación nas súas respectivas modalidades".

Na súa resposta podemos estar en parte de acordo, pero non é o que preguntábamos. Xa que esta entidade è a que maior subvención leva dos orzamentos do concello, moi por encima na súa cantidade por exemplo dos equipos de fútbol do concello, algún con longa traxectoria e realizando a súa labor íntegramente no concello durante moitos meses do ano, e non esporádicamente como o Moto Clube, onde durante algúns anos realizaba as probas noutros concellos da provincia, ou mesmo fora dela.
Argumentamos tamén que en algún pleno anterior preguntamos polo custe dunha proba de bicis celebrada o 9 e 10 de marzo de 2013 e organizada por esta entidade, onde o Alcalde asegurou que non lle costara nada o Concello ¡¡¡¡¡¡ Onde agora observamos que MENTÌA xa que levan esta elevada subvención dos nosos impostos.
Preguntamos si coñecía o calendario da probas que o Moto Clube da Peroxa ten previsto celebrar no noso Concello, o que respostou que NON. Invitamolo a que o consultara e tamén se fixara na mensaxe que aparece na web desta entidade na súa páxina principal:

"TODAS NUESTRAS RUTAS EN A PEROXA SON EN COLABORACIÓN CON LA CASA DE TURISMO RURAL PRADIO"...... Curiosa coincidencia¡¡¡¡¡

Ademáis desta curiosa coincidencia........tamén ten segundo a nosa opinión unha posible ILEGALIDADE na concesión desta subvención, xa que na Ordenanza de Subvencións do Concello de A Peroxa (que podedes consultar na sua paxina de internet), no seu Artigo nº 7, no apartado de beneficiarios, ESIXE QUE A SEDE SOCIAL SE ATOPE NA PEROXA, DESENVOLVÈNDOSE, O EXERCICIO DA ACTIVIDADE NESTE CONCELLO.

Pois ben, dudamos desta condición xa que no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do venres 29 de abril de 2011, na súa páxina 3 esta mesma entidade quedou excluída das subvencións que ofrece a Deputación de Ourense polo seguinte motivo: "NON CUMPRE CO ESTABLECIDO NA BASE SEGUNDA DA CONVOCATORÍA, Ò NON TER O SEU ENDEREZO SOCIAL NA PROVINCIA DE OURENSE".
POLO TANTO SE NON ESTÁ NA PROVINCIA, DUDAMOS QUE ESTÉ NA PEROXA¡¡¡¡

Podes consultalo no seguinte enlace, na páxina 3:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=96&fecha=20110429 

Outra curiosidade.......

Esta entidade está presidida por Alberto Airas Quintairos, a moitos este nome non vos dirá nada, pero para refrescarvos a memoria podedes botarlle un ollo a unha reportaxe de investigación que publicou a revista Interviu, na que se trataba o dudoso cobro de subvencións en Ourense do "socio" do presidente do Moto Clube, un político do PP coñecido na cidade: Jorge Pumar, agora mesmo un dos mandatarios do PP na provincia de Ourense, e man dereita do actual presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

No seguinte enlace nas páxinas 11 a 16 tedes a información sobre o reportaxe:

http://es.scribd.com/doc/137711761/Interviu-8-Abril-2013-karpin100


AGARDAMOS POLO TANTO UNHA RESPOSTA POR PARTE DO CONCELLO PARA ACLARAR ESTA SITUACIÓN E VER SI SE ESTÁ A CUMPRIR A LEGALIDADE NA CONCESIÓN DESTA ELEVADA E INXUSTIFICADA SUBVENCIÓN.

TEREDES INFORMACIÓN SOBRE A RESPOSTA OFICIAL QUE SE NOS DÉ DENDE O CONCELLO.


ESTE FOI O RESUMO DO INTERESANTE PLENO CELEBRADO E ONDE PODEDES COTEXAR E INFORMARVOS DAS NOSAS INICIATIVAS, PROPOSTAS E CUESTIÓNS QUE NOS OCUPAN E PREOCUPAN A VECIÑANZA, E QUE SEGUIMOS POÑENDOLLE VOZ NOS ÓRGANOS DE DECISIÓN DO CONCELLO, A PESARES DAS DIFICULTADES E CONTINUAS TRABAS QUE O GOBERNO ACTUAL DO PP NOS ESTÁ A POR A NOSA LABOR, QUE PARCE MOLESTARLLES QUE ALGUÈN POR FIN, SE PREOCUPE POLOS PROBLEMAS REAIS.

UNHA VEZ MÁIS INFORMÁNDOVOS A TODOS/AS POR IGUAL DO FUNCIONAMENTO E ACORDOS QUE NO CONCELLO SE TOMAN, LIBERANDO A INFORMACIÓN QUE DURANTE TANTOS ANOS PARECÍA AGOCHARSE PARA QUE A VECIÑANZA NON FOSE CONSCIENTE E POIDESE OPINAR DO FUNCIONAMENTO DO SEU CONCELLO.

SEGUIMOS, E SEGUIREMOS TRABALLANDO POR MELLORAR O NOSO CONCELLO ¡¡¡¡