Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de junio de 2013

Oportunidades de traballo na Peroxa.......¿para todos?

Confiabamos e desexabamos non ter que escribir este artigo sobre este asunto, pero unha vez dende o Concello de A Peroxa continúase a facer a mesma política caciquil e de favoritismos en perxuizo dos dereitos e oportunidades en igualdade de condicións de toda a veciñanza.

Sobre todo nos tempos que vivimos, onde as oportunidades laborais escasean, denunciamos que cando existe algunha oportunidade laboral a través do Concello sexa coñecida por tod@s.

Esta moi ben a labor que se está a facer a través das redes sociais do propio Concello, ainda que con anos de retraso, cando xa outros levábamos tempo INFORMANDO PARA TOD@S, en igualdade de condicións a toda a veciñanza, sen ocultar información importante.

Pero temos que criticar e denunciar públicamente que dentro dos anuncios de actos, actividades e actuacións que acomete o Concello, TAMÉN SE PUBLICITEN AS OFERTAS DE TRABALLO QUE SURXAN DENDE AS OFICINAS MUNICIPAIS, para que todos os veciños e veciñas do Concello interesadas poidan participar en igualdade de oportunidades e non ESCOLLER entre tan só uns privilexiados, que teñen o mesmo dereito que todos, pero non MÁIS ¡¡¡¡

Estas manifestacións veñen a conto xa que este ano, voltando a sistemas antigamente empregados, volveranse a ter Brigadas Municipais contra incendios, coa creación dende os Concellos das mesmas, coa elección dos seus integrantes dende as oficinas municipais.

Sería bo que poideran ter opción a traballar os meses que correspondan todalas persoas interesadas, e dentro das peticións, crear un sistema de selección o máis xusto posible, como se está a facer noutros concellos limítrofes.

Seguramente a resposta a este artigo por parte do Sr. Alcalde para eludir as súas responsabilidades e como responsable directo desta decisión de elexir " a dedo", sexa que se disculpe argumentando que a elección se fará dende a Mancomunidade, certo, pero onde cada concello propón os seus "candidatos".

Unhas políticas que no noso Concello da Peroxa xa son coñecidas dende fai moitos anos, onde uns teñen máis "mèritos" que outros, polo tanto calquer desculpa pola sua parte serà xa inútil, carente de credibilidade.

Sirvase como exemplo tamén.........¿a cantos veciños da Peroxa se lles ofreceu ou diu a oportunidade de traballar como socorrista na piscina municipal nos meses de verán que permanecerá aberta??

Habería uns cantos candidatos que tamén reunirian as condicións e máis non terán esa oportunidade ¡¡¡

RESUMINDO...¿ ALGÚN USUARIO HABITUAL E SEGUIDOR DAS REDES SOCIAIS DO CONCELLO DE A PEROXA VIU PUBLICADAS ESTAS OFERTAS DE TRABALLO???

¡¡¡¡¡¡ NON  ¡¡¡¡¡¡

 .....È REALMENTE O TIPO DE ACTUACIÓNS QUE AGARDAS DO TEU CONCELLO??

 ¡¡¡ TÌ DECIDES ¡¡¡ TES NA TÚA MÁN A POSIBILIDADE DE CAMBIALAS ¡¡¡¡


Voltando o tema das Brigadas de Incendios Municipais, indicar que  gran parte dos Concellos de Galicia se opoñen a esta medida, dado a grande responsabilidade que se deixa non Concellos polas eleccións duns traballadores en moitos casos con pouca ou nula preparación ou experiencia.
Agardemos que non suceda ningún incidente de gravidade por non ter previsto con antelación suficiente por parte da Xunta e dos Concellos esta situación e poder ter formado os candidatos durante un tempo prudencial.


Unha nova da prensa que reflexa o exposto no final do artigo....

http://www.eldiario.es/galicia/brigadas-municipales-prende-alarmas-incendios_0_140336360.html


SEGUIREMOS INFORMANDO E DENUNCIANDO AS ACTUACIÓNS DO CONCELLO DE A PEROXA E DOS SEUS MANDATARIOS ¡¡¡¡¡¡

E lembra.......

O ùnico noso interese e que toda a poboación teña información e igualdade de oportunidades.





miércoles, 26 de junio de 2013

Petición atendida e realizada.

Con màis retraso do previsto, pero finalmente se arranxou o desprendemento que se producira no inverno diante da entrada do Pabellón dos Peares, e que os membros da nosa Agrupación Socialista da Peroxa solicitaran a súa urxente reparación polo perigo que ocasionaba os usuarios desa instalación.

Esta era a anomalía existente:


No mes de xaneiro transmitimos por escrito os responsables do Concello a necesidade, entre outras, de arranxar este desperfecto.....


Neste documento anterior no seu punto 4, facíamos a petición o Sr. Alcalde que respostou que "se arranxaría con urxencia esta anomalía".....

Certamente con urxencia non foi, pero finalmente subsanouse a situación recentemente polo que amosamos a nosa gratitude por esta petición atendida polo ben dos veciños e veciñas dos Peares, así como dos deportistas que fan uso desta instalación.

Este è agora o seu estado actual...




SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


martes, 25 de junio de 2013

Este sàbado 29 estaremos na parroquia de Vilarrubin

Continuando co noso compromiso de visita os pobos e parroquias do Concello dentro do programa...."Sàbados coa veciñanza", este vindeiro sábado 29 de xuño pola tarde estaremos nos pobos que nos faltaron pendentes da visita anterior a parroquia de Vilarrubin.

Visitaremos e escoitaremos as inquedanzas e necesidades dos veciños e veciñas de: Alende, Amedo, Casdeguistola, Cinconogueiras, Conchouso, Melle, Orde, Outeiro, Pousa e Souto.

Os membros e representantes no concello de A Peroxa da Agrupación Municipal Socialista estaremos acompañados de outros compañeiros membros do noso grupo representantes nesa parroquia.






Outro xeito de traballar e preocuparse polos problemas reais da veciñanza ¡¡¡


AGARDAMOSTE¡¡¡¡¡¡¡

...................ACOMPÀÑANOS¡¡¡¡¡¡


viernes, 21 de junio de 2013

Axudas para libros e material escolar para o curso vindeiro

Interesante a convocatoria de axudas para libros e material escolar que ven de publicar a Xunta de Galicia.

No seguinte enlace tedes a convocatoria con todos os plazos, requisitos, etc:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130531/AnuncioG0164-280513-0006_gl.pdf

Coma en ocasións anteriores podedes consultarnos calquer dúbida ou mesmo, como xa fixemos en varias ocasións con outros veciños/as que no lo solicitaron soliticar axuda para a súa tramitación e presentación.

Botadelle un vistazo e se estades dentro dos requisitos, non o dubides........SOLICITA¡¡¡


Seguiremos informando a tod@s das axudas, subvencións ou calquer outro tipo de convocatorias que beneficien os nosos veciños e veciñas da Peroxa.


Actividade deportiva no concello na fin de semana do 22 e 23 de xuño de 2013

Como remate a actividade deportiva "oficial" que se desenrola no noso Concello, e que o longo de toda a tempada fomo informando puntualmente, indicarvos que este sábado dende as 17:00 horas terá a saída nos Peares outra edición máis do Descenso do Miño en piragua.

Un xa tradicional acontecemento con moitos anos de historia e formando case sempre parte do programa das festas do Corpus de Ourense.

A noticia na prensa:

http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2013/06/21/participan-38-clubes-500-deportistas/833035.html


Agardamoste nos Peares para disfrutar dun deporte espectacular e de moito arraigo e tradición nese pobo ¡¡


jueves, 6 de junio de 2013

Actividades deportiva no Concello na fin de semana do 8 e 9 de xuño de 2013

Antes de comenzar de novo coa información actualizada dos diferentes asuntos que tratamos neste blog tras este pequeno parón, gustaríame agradecer enormemente o interese e preocupación de toda a xente polo meu estado de saúde tras este susto desagradable. Un orgullo sentir o apoio e ánimo de familiares, amigos, compañeiros, coñecidos, veciños e veciñas e outras moitas persoas que se interesaron pola situación e dos que me sinto tremendamente feliz por poder voltar a estar xa a punto de seguir coa rutina habitual.

MOITAS GRACIAS A TOD@s ¡¡¡¡¡¡

Agora para retomar a situación comenzamos por anunciar a actividade deportiva que se vai celebrar no noso Concello, onde xa remataron as competicións por equipos.

O plato forte deste mes de xuño parece situarse non mundo do motor onde este sábado dìa 8 comenzaremos co paso polas nosas carreteras dunha nova edición do Rallie Clásicos de Ourense, que percorrerà zonas de Toubes sobre as 13:00 para rematar nos Peares as 13:45.

Màis información no seguinte enlace:

http://www.clasicosourense.com/


O domingo día 9 voltan as motos a percorrer gran parte do Concello dende primeira hora da maña, nunha probla do Campionato Galego.

Este è o cartel da proba:


Información completa da proba no enlace seguinte:

http://motodecampogalega.blogspot.com.es/p/blog-page_14.html