Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 28 de mayo de 2013

Pleno Ordinario no Concello o xoves 30 de maio de 2013

Este vindeiro xoves 30 as 20:30 celebrarase no Concello de A Peroxa o Pleno Ordinario correspondente o mes de maio de 2013 con tema de importancia para os veciños e veciñas da Peroxa.

A nosa Agrupación Municipal Socialista presentará varias propostas, mocións, rogos e preguntas.

Destacamos a moción onde agardamos o apoio do goberno municipal do PP para REXEITAR e solicitar a Xunta que non estableza o elevado copago nos comedores escolares, que tamén afectarà os alumnos/as do Colexio da Peroxa.

Pola contra, a proposta que leva o Sr. Alcalde e os seus concelleiros municipais a este pleno è NOVAMENTE, a proposta de soldo fixo e mensual para o Concelleiro de Urbanismo, Jose M. Rguez. Blanco, xa que tras a nosa petición de nulidade do acordo do pasado pleno alegando unha vulneración das leis parece que nos dan a razón e rectifican.....ainda que lamentablemente seguen insistindo nesta burla os veciños incrementando os gastos nos mandatarios do Concello, cando por outro lado se negan a execución de obras demandadas e necesarias en varios pobos da parroquia.

NOS PROPOÑEMOS ACTUACIÓNS DE MELLORA E ELES SOLDOS PARA CONCELLEIROS ¡¡¡¡


Asiste e coñece as decisións que afectan a veciñanza ¡¡



viernes, 24 de mayo de 2013

DESIGUALDADES INEXPLICABLES.....¡¡¡

Levamos xa varios plenos reclamando dentro do apartado de Rogos unhas melloras, reposición e arranxos moi necesarios na sinalización do moitos dos nosos pobos existentes no Concello.

Unhas solicitudes que surxen a travès das peticións dos propios veciños ou veciñas do Concello que nos fan chegar as súas demandas, e tamén observadas as anomalías existentes nas visitas que os nosos Concelleiros Socialistas fan periódicamente os pobos e parroquias.

Algún dos exemplos de Rogos coas peticións sinaladas......


En tódalas peticións de mellora que temos feito o Sr. Alcalde non considera prioritario nin necesario ese arranxo ou reposición de carteis, alegando unha vez máis o tema económico, que reiteramos unha vez máis è unha falsa desculpa, se comparamos as cantidades desorbitadas que se empregan noutras partidas econòmicas en obras non necesarias nin urxentes como as que se van acometer no campo de fùtbol, no futuro Catamarán polo Miño (do que adicaremos un espacio amplo próximamente, e que será o colmo da humillación os veciños/as do concello), ou en probas ciclisticas, de motos, ou no Rallye de Ourense.....Ou tamén nos "novos" soldos a Concelleiros do seu equipo de Goberno do PP ¡¡¡¡

As imaxes son significativas como exemplo da situación......







Esta situación de petición de melloras que insistimos continuamente e non atendidas poido ocasionar fai uns días unha situación dramática, na que mesmo estivo en perigo a vida dun veciño do noso Concello xa que a ambulancia de emerxencias sanitarias chegada dende Ourense non era capaz de atopar o pobo do Souto pola ausencia de sinalización.

O que era unha situación instranscendente e sen prioridade convertese por este motivo nunha necesidade para que esta situación non volva a suceder en ningún pobo ou parroquia do Concello.

A situación real e actual na que se atopa a sinalización para o pobo do Souto para os vehículos que veñen dende Ourense è a seguinte....


Ausencia de indicador para o pobo, así como ausencia do cartel que prohibe o xiro a esquerda pola falta de visibilidade e que calquera día vai ocasionar un accidente..........o que tamén temos que engadir a ausencia do STOP correspondente para os poucos conductores que realizan a manobra correctamente uns metros máis arriba....e que xa foi solicitado fai ano e medio polos membros da nosa Agrupación Socialista e que ainda hoxe non foi atendida:



Titulamos este artigo como "Desigualdades inexplicables....." polo seguinte motivo:

¿Porquè os nosos pobos e parroquias carecen dunha sinalización axeitada mentras os negocios particulares do propio Sr. Alcalde están sinalados por tódalas carreteras de acceso o Concello, mesmo ubicados en outros concellos limítrofes inundando de cartelería nova, actual e recente cada cruce?????








INEXPLICABLE..................E...........
EXEMPLO DE DESIGUALDADE ¡¡¡¡

ESTA È A REALIDADE DO CONCELLO ¡¡¡

 


jueves, 23 de mayo de 2013

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 25 e 26 de maio de 2013

Unha vez rematadas a maior parte das competicións dos nosos equipos, con sorte dispar para cada un deles, tan só nos queda actividade en competicións de base e fútbol sala, cos encontros que vos indicamos a continuación:



POLIGONO - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado 25 no campo do Polígono a hora por determinar.

RIBEIRO F.C. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 25 as 10:30 no campo do Xestal.


A PEROXA FSF - CDC SANTA TERESITA:  Sàbado 25 as 12:00 no polideportivo da Peroxa.



Indicar tamén que a pesares de non levar o nome representativo do Concello ou dalgún outro pobo, ainda que si estar composta a plantilla por varios veciños do concello e moitos ex-xogadores de equipos da Peroxa, e co único fin de informar de algún acto deportivo a maiores comunicamos o seguinte encontro da Copa de veteráns:


LLOVIZNA/NOVO MILENIO - FOUCELLAS: Sàbado 25 as 17:30 no campo do Marco.




Disfruta do deporte e apoia os nosos equipos ¡¡¡


miércoles, 22 de mayo de 2013

Festas en Vilarrubin 2013

Este vindeiro sábado 25 de maio celèbrase en Vilarrubin as festas das "Fillas de María", unha tradicional celebración festiva e relixiosa onde destaca a actuación dos cativos da parroquia cos seus versos a Virxe.

Este é o cartel anunciador da festa:


DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡


 

martes, 21 de mayo de 2013

Por qué nos seguen mentindo ???

Dende o Concello da Peroxa, ainda que sexa para anunciar (indirectamente) unha nova positiva nos seguen enganando.

Positivo è que se retomaran as obras da carretera dende Vilarchao, haber si desta vez conseguimos que sexan definitivas para o seu remate, logo de anos de espera por esta necesaria infraestructura e que foi motivo de mentiras e enganos continuados a unha veciñanza que xa perdera ata as esperanzas de vela algún día rematada.

O asunto que nos ocupa neste artigo é o anuncio do peche provisional por obras da carretera dende Vilarchao polo Ponte da Barra.

Dende este fin de semana pasado teremos que usar vías alternativas para desprazarnos:


Os medios "virtuais" de información nas redes sociais do propio Concello tamén anunciaban esta situación coa seguinte información que ante a demandas de varios veciños sobre a duración da "temporalidade", manifestaron que sería o peche....."ENTRE MES E MEDIO E DOUS MESES".

Na seguinte imaxe a noticia do exposto:


Unha vez máis e facendo uso do refraneiro popular......"PILLASE ANTES A UN MENTIRÁN QUE A UN COXO", lamentamos que se engane unha vez máis a veciñanza dado que a información non è veraz, posto que a propia Deputación Provincial de Ourense anunciaba no xornal local "La Región" o xoves 16 de maio o seguinte.......


ESTA INFORMACIÓN DOS 3 MESES¡¡¡¡¡¡¡ DE DURACIÓN È A MESMA QUE SE COMUNICOU O CONCELLO DE A PEROXA, QUE POR "DECISIÓN" PROPIA DECIDIU "REBAIXAR" A METADE.

O peche será entre o 17/05/2013 e ata o 19/08/2013, ainda que normalmente estas situacións tenden a alongarse no tempo. Desta vez esperemos equivocarnos nos pronósticos e que rematen antes do prazo previsto e por fin teñamos unhas comunicacións dignas e propias do século XXI.

Os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista solicitamos do Concello de A Peroxa unha limpeza da moita maleza existente nas vías que nos propuxeron como alternativas a este corte nos accesos o concello. Son vias que incrementarán considerablemente un aumento de paso de vehículos polo que se necesitar garantir a seguridade vial dos propios vehículos e tamén de peóns.

Imaxes como a seguinte amosan o estado de excesiva vexetación que dificulta a visibilidade e que temos que soportar en todas as carreteras do Concello, sexan de titularidade municipal ou provincial:


A incapacidade e abandono que amosan os mandatarios do PP no Concello chegan ata límites moi preocupantes como son a falta de interès e de realización dos trámites oportunos para susbsanar as deficiencias que se suceden nas nosas vías de comunicación como pode ser o exemplo que vos amosamos a continuación onde leva xa varios meses a vista de todos ¡¡

Produciuse na carretera de Gueral na época de fortes choivas un derrumbe que todavía hoxe está sen reparar e tendo en conta agora o incremento de tráfico desa vía non estaría de máis que dunha vez por todas se puxeran a solucionar este grave problema:

 
Moitas destas evidencias son expostas diante dos òrganos municipais de goberno polos nosos concelleiros socialistas a través dos Plenos, desprestixiando unha e outra vez a nosa labor de interès pola mellora dos servizos do Concello, manifestando en numerosas ocasións o Sr. Alcalde que coñece destas deficiencias pero será èl que decida como e cando se arranxen.

Dende logo o como deixamolo a súa decisión, agora ben o cando debería ser inmediato porque os veciños e veciñas do Concello da Peroxa non merecen este castigo o que se somenten.

Mesmamente, as nosas carreteras e o noso Concello xa se está a bautizar en moitos pobos, parroquias e tamén polos que nos visitan como a......


CAPITAL DO BACHE ¡¡¡¡¡


NON LLES FALTA RAZÓN, TAN SÓ HAI QUE ABRIR OS OLLOS E OBSERVAR O ESTADO LAMENTABLE NO QUE SE ATOPAN EN CALQUER PARTE DO CONCELLO..

Para mostra, as seguintes imaxes, coñecidas xa por tod@s¡¡





Finalmente, e non menos importante a nosa Agrupación propuxo o Concello no seguinte escrito unha solución "provisional" para evitar perxuizos a economía local e as posibles adversidades que poidan xurdir o vindeiro día 15 de xuño coa celebración polo noso concello dunha edición máis do Rally de Ourense:


SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO DAS NOTICIAS QUE PREOCUPAN NO CONCELLO, DESMONTANDO E ARGUMENTANDO AS MENTIRAS E FALTA DE TRANSPARENCIA QUE DENDE O CONCELLO SE PRODUZAN, AS QUE PARECE QUE LEVAN ANOS ACOSTUMADOS, PERO QUE DUNHA VEZ POR TODAS TEÑEN QUE DESAPARECER ¡¡¡

 


jueves, 16 de mayo de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 17, 18 e 19 de maio de 2013.

A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
S.D. MELIAS  - A PEROXA C.F:  Domingo 19 as 17:00 no campo de Melias.
 
ATL. PEROXA - ARCOS C.F.: Domingo 19 as 17:30 no campo do Marco.
 
C.D. COLES - A PEROXA C.F "B" : Venres 17 as 17:30 no campo de Coles.
 
A PEROXA C.F XUVENIL - E.M.F. ARENTEIRO: Sàbado 18 as 10:00 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F ALEVIN - CALASANCIO "C":  Sàbado 18 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - SDC ARRABALDO: Sàbado 18 as 12:00 no campo do Marco

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - LEGARIA : Sàbado 18 as 17:00 no campo do Marco.

CARBALLEDO FS - OS PEARES F.S  :  Sàbado 18 as 18:00 no pabellón de Carballiño





NESTA DERRADERIA XORNADA DE COMPETICIÓN PARA VARIOS DOS NOSOS EQUIPOS QUEREMOS APROVEITAR PARA FELICITAR MOI ESPECIALMENTE O EQUIPO DO ATL. PEROXA POLO SEU MERECIDO E TRABALLADO TÍTULO DE LIGA E O SEU CORRESPONDENTE ASCENSO.

FELICITAR POLA SÚA TEMPADA O A PEROXA "B" E DESEXARLLE ANIMO E SORTE NA CONTINUIDADE DA SUA LABOR DE PREPARAR AOS XOVENES XOGADORES PARA O PRIMEIRO EQUIPO.


POR ÚLTIMO, E NON MENOS IMPORTANTE, DESEXARLLE TODA A SORTE DO MUNDO AO EQUIPO DO A PEROXA C.F, NESTA DERRADEIRA XORNADA ONDE XOGA UN DOS PARTIDOS MÁIS IMPORTANTES DA SÚA LONGA HISTORIA, PARA TRATAR DE MANTER A "SÙA" CATEGORÍA.




ANIMEMOS TODOS OS NOSOS EQUIPOS '¡¡¡



miércoles, 15 de mayo de 2013

GRACIAS ¡¡¡¡

GRACIAS ¡¡¡¡¡ ou mellor dito......20.000 GRACIAS¡¡¡¡

Unha ledicia inmensa a que temos os membros, afiliados, simpatizantes e colaboradores da Agrupación Municipal Socialista no día de hoxe, onde a curta vida deste humilde blog.....lugar de información è cada día que pasa, nos seus xa máis de 2 anos de existencia, máis visitado e consultado pola veciñanza e seguidores da vida municipal do Concello de A Peroxa.

Unha ferramenta moi ùtil para que os veciños e veciñas da Peroxa, coñezan e teñan outro punto de vista da situción real do Concello, mergullado durante tantos anos na total escuridade informativa, privilexio só duns poucos.

Un blog aberto a tod@s, que pon imaxes, nomes e sobre todo VOZ os problemas e necesidades REAIS do noso Concello.

Seguiremos con esta satisfactoria labor que facemos con agrado e que vemos con esperanza e ilusión como cada día somos mellor recibidos nas vosas vidas.......¡¡

Podemos constatar que a información sobre a nosa labor de oposición no Concello chega e interesa a moitos veciños e veciñas da Peroxa, onde artigos "destacados" como o resumo do derradeiro Pleno celebrado o 27/03/2013 tivo máis de 100 visitas ¡¡¡¡ e sobre todo a nosa "denuncia" pública das irregularidades en materia de persoal superou con moitos as 200 visitas ¡¡¡¡

Novamente Gracias ¡¡¡¡


Unha aperta.

martes, 14 de mayo de 2013

Facemos un pouco de memoria....??

Neste artigo vamos a lembrar outro dos "proxectos" previstos que se ìan a realizar no Concello, e que unha vez máis se voltaron nun engano os veciños e veciñas.

Un proxecto no que o Concello da Peroxa participou económicamente e na que se prometían entre 6 e 7 postos de traballo, tendo ubicación en Armental.
Mesmo se chegou a crear unha sociedade para este cometido, que todavía hoxe está "activa".

Nas seguintes imaxes a noticia...........do ano 2004¡¡¡¡




A INSTALACIÓN DESTA PLANTA DE BIOMASA TAMÉN FACILITABA A INSTALACIÓN DOUTRO PROXECTO PARA UN INVERNADOIRO A CARÓN DA PLANTA APROVEITANDO A INSTALACIÓN E CARACTERÍSTICAS DA EMPRESA DE BIOMASA.....



NON SABEMOS A INVERSIÓN ECONÓMICA QUE O CONCELLO CHEGOU A APORTAR A ESTE PROXECTO NIN OS GASTOS DE TRAMITACIÓN OCASIONADOS.
O QUE SI SE CONSTITUIU FOI UNHA SOCIEDADE LIMITADA PARA A XESTIÓN DESTE FUTURO PROXECTO QUE TODAVÍA HOXE ESTÀ EN VIGOR, E CON SEDE SOCIAL EN ARMENTAL.


POSTERIORMENTE, E LOGO DA PARALIZACIÓN DO PROXECTO ATOPÁMONOS UNS ANOS MÁIS TARDE QUE ESTÁ PREVISTA A SÚA UBICACIÓN NOUTRO CONCELLO.....

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/01/23/0003_8245448.htm




PARA REMATAR FINALMENTE UBICANDO ESTA CENTRAL, E CO APOIO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE NOUTRO CONCELLO DA NOSA PROVINCIA, OLVIDANDO POR COMPLETO E SEN NINGÚNHA OUTRA EXPLICACIÓN DA NEGATIVA O PROXECTO DO NOSO CONCELLO DE A PEROXA.....


UNHA VEZ MÁIS A VECIÑANZA DA PEROXA QUEDA SIN OUTRO PROXECTO PROMETIDO E XA INICIADO QUE PODERÍA DAR TRABALLO NA ZONA, UN PROXECTO DO QUE HAI UN "PREOCUPANTE" SILENCIO E CON POUCAS EXPLICACIÓNS SOBRE A SÚA PARALIZACIÓN.

UNHA VEZ MÁIS NOS ATOPAMOS DIANTE DOUTRO EXEMPLO DAS POLÍTICAS DO SR. ALCALDE E O SEU GRUPO DE GOBERNO, ENGANO E FALSAS EXPECTATIVAS LABORAIS AOS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA.



domingo, 12 de mayo de 2013

Axuda económica para obter o permiso de conducir à mocidade

No DOG de hoxe luns convocaronse as axudas económicas (250€) para a obtención do permiso de conducción clase B para a xuventude galega (18 a 30 anos), con prazo de solicitudes ata o 01/10/2013.

Toda a información completa no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130513/AnuncioCA05-070513-0003_gl.pdf


Contacta connosco si precisas máis información ou axudas para a súa tramitación.

viernes, 10 de mayo de 2013

Eventos deportivos no concello na fin de semana do 11 e 12 de maio de 2013

 A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
A PEROXA C.F - MUIÑOS:  Sàbado 11 as 19:00 no campo do Marco.
 
LOUREIRO C.F - ATL. PEROXA : Domingo 12 as 17:15 no campo de Loureiro.

A PEROXA C.F "B" - SP. CARBALLIÑO : Domingo 12 as 17:15 no campo do Marco.
 
C.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. ALEVÍN: Sàbado 11 as 19:45 no campo dos Salesianos.
 
CEA- GADAFFI PEROXA VETERÁNS:  Sàbado 11 as 17:30 no campo de Cea.
ANIMA E DISFRUTA DOS NOSOS EQUIPOS ¡¡

jueves, 9 de mayo de 2013

Asì recibimos os que nos visitan.....

Imaxes como as que lle amosamos a continuación son precisamente as que non deixan en bo lugar a imaxe do Concello.

Os moitos deportistas que semanalmente visitan as nosas instalacións deportivas atopan situacións de abandono total que para nada axudan a causar unha boa impresión do noso Concello.

Imaxe fiel reflexo do estado de todo o Concello, abandoado a única colaboración dos veciños e veciñas que en moitos casos coa súa labor participativa fan labores de limpeza e conservación nos nosos pobos e parroquias ante a neglixencia do Concello.

Nesta imaxe non poden alegar que non o coñecen, xa que è no mesmo centro do pobo da Peroxa, na entrada do polideportivo fronte o propio edificio municipal onde os nosos mandatarios pasan diariamente e que parecen pechar os ollos ¡¡


martes, 7 de mayo de 2013

Resumo do "accidentado" Pleno Ordinario do mes de marzo no Concello

Con algo de retraso, pero unha vez máis por motivos alleos, xa que estivemos a espera de obter a acta correspondente do Pleno Ordinario celebrado o pasado 27 de marzo de 2013 as 09:30 no Concello de A Peroxa.

Calificamos no título deste artigo como "accidentado" (por non poñerlle outro calificativo máis ofensivo) a celebración deste pleno xa que estivo caracterizado dende un principio por "movementos" extranos e algúns deles ILEGAIS.

Nunha primeira convocatoria fixabase como data o 19 de marzo as 20:00 cos puntos da orde do día que veredes na imaxe seguinte.......entre as que destacaba o debate de Orzamentos 2013, de vital importancia para a xestión económica do Concello:


Esta convocatoria foi transmitida os membros da Agrupación Municipal Socialista de A Peroxa o venres 15 de marzo pasadas as 14 horas.
Segundo a normativa vixente (artigo 80.4 da Lei de Bases de Rèxime Local) incumpría a legalidade xa que teñen que transcurrir 2 días hábiles completos e efectivos (apertura de oficinas municipais en sàbado, que como ben coñecedes non é o caso). Polo que se vían coartados os nosos dereitos de acceso a información da documentación do pleno, especialmente o proxecto de Orzamentos 2013 que non se nos facilitou (como è obrigatorio), coa convocatoria da sesión.

Trasladamos persoalmente as nosas queixas o Sr. Alcalde, o cal, unha vez máis, manifestou descoñecer esa normativa, que tampouco era a súa función, e remitiunos o secretario do concello.

Trasladámoslle o Sr. Alcalde que nós sí coñecíamos a normativa e que íamos facer uso dela para impugnar a celebración do pleno e os seus acordos no caso de que se celebrase, e solicitándolle unha vez máis transparencia e a documentación necesaria para exercer a nosa labor de control e oposición, que constantemente está a porlle trabas e dificultades.

Finalmente, e unha vez máis.....DÁNDONOS A RAZÓN AS NOSAS QUEIXAS E PETICIÓN DE LEGALIDADE DOS PROCEDEMENTOS, o luns 18 de marzo a última hora da mañà remítesenos un escrito de ANULACIÓN DO PLENO, ata nova data ¡¡

Non alegan os motivos pero este é o escrito de anulación:


Unha vez reclamados os nosos dereitos e o cumprimento da legalidade das normas existentes, facemos tamén uso correcto das nosas obrigas que a Lei marca os concelleiros, a cal consiste segundo o previsto no artigo 12 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Rèxime Xurídico das Entidades Locales en comunicar calquer ausencia do termo municipal por un periodo igual ou superior a 8 dìas para que dende a Presidencia do Concello se teña en conta para PROGRAMAR a correspondente celebración dos Plenos ou Comisións existentes.

Os Concelleiros da nosa Agrupación Municipal Socialista Dona Rocío Moreiras Pavòn e D. Antonio González Fiuza, por cuestións personais e familiares teñen desprazamentos fòra do termo municipal no período sinalado pola lei, e así llo comunicamos os responsables do Concello, os cales parecen sorprenderse destas situacións tan "raras" para eles, xa que despois de levar tantos anos o fronte dunha institución descoñecen por completo os DEBERES e DEREITOS dos membros dunha corporación.




 Unha vez cumprido os requisitos legais establecidos......atopámonos coa DESAGRADABLE SORPRESA, de que finalmente establecen como data para o Pleno Ordinario o mèrcores 27 de marzo de 2013 as 09:30 ¡¡¡¡¡¡ facendo caso omiso a nosa comunicación e nun exercicio de moi mala fé e nula colaboración e falta de respeto polo traballo da nosa Agrupación Municipal.




O Sr. Alcalde vía telefónica e para "quedar ben" transmitenos que están obrigados a celebrar o Pleno nesa data por ser o derradeiro día hàbil do mes de marzo, e por cuestións "legais??" que o Ministerio de Hacienda establece ese requisito por cuestión dos Orzamentos ¿?.

Unha desculpa moi pouco creíble, cando hai concellos que todavía ainda hoxe non celebraron ese debate de Orzamentos e que están rexidos polo mesmo ministerio de Hacienda que o noso Concello de A Peroxa.

Ademáis se nos ceñimos a estricta legalidade, a Lei indica que os Orzamentos deben ser aprobados entre o mes de outubro e decembro de cada ano, cousa que no concello de A Peroxa dudamos que se fixera algúnha vez. Sì o fixeron concellos limítrofres o noso, ademáis de outros de toda a provincia.

Unha vez enumeradas as incidencias previas a este Pleno e que lamentamos unha vez máis pasamos a resumir o que se debateu e acordou.

Indicar que a nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello estivo moi ben representada e defendendo as nosas ideas e proxectos na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do Concello de A Peroxa na persoa do concelleiro Jose Artemio Iglesias Amorin.

Tamén queremos indicar que o grupo municipal de concelliros do PP tivo tamén 3 ausencias, polo que tan só asistiron o número mínimo de concelleiros para poder celebrarse este Pleno Ordinario que foi de 6 (a metade máis un), dos 11 que compoñen a corporación municipal, e onde mesmo algún do PP tiña presa por marchar, parecendo importarlle ben pouco o que alí se trataba, sendo advertido polo secretario e mesmo polo propio Alcalde que non podía ausentarse do mesmo para non deixar o Pleno con menos dos membros legais previstos para a celebración e toma de acordos do Pleno.


No primeiro punto aprobaronse por unanimidade as actas dos plenos anteriores.

No punto segundo, dase conta a Corporación da liquidación do Orzamento de 2012, que un ano màis presenta un superávit superior os 300.000€, amosando unha vez máis a incapacidade do Concello para xestionar e investir os impostos recaudados. Ausencia total de obras, de melloras das infraestructuras e necesidades que os noso concello precisa e a veciñanza demanda. Indicar neste senso que existe superávit anual pero a débeda total do concello é de 354.000€, a maior de tódolos concellos da mancomunidade ¡¡

O punto terceiro centrouse no debate e aprobación dos Orzamentos Municipais 2013, a que adicaremos un analise polo miúdo:

Comenzou o Sr. Alcalde con unha proposta, baseándose en "razóns de especial interés do servizo", en establecer UNHA DEDICACIÓN PARCIAL (20 HORAS) O CONCELLEIRO DE URBANISMO D. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ BLANCO, CUNHA CANTIDADE DE 10.500€ ¡¡¡¡¡¡

Esta proposta aprobouse cos votos favorables dos Concelleiros do PP e o voto en contra do Concelleiro socialista Jose Artemio Iglesias Amorín, por consideralo un INSULTO OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO, QUE MENTRAS OBSERVAN COMO DÍA A DÍA SE LLE SUPRIMEN SERVIZOS, SE LLE SUBEN IMPOSTOS E ESTABLECEN COPAGOS, DENDE O CONCELLO NON SÓ SE TOMAN MEDIDAS DE AFORRO SENÓN SE ESTABLECEN NOVOS SOLDOS OS SEUS MANDATARIOS QUE SUMADOS OS DO SR. ALCALDE FIXAN UNHA CONTÍA ANUAL DE MÁIS DE 40.000€ ¡¡¡¡¡ SACADOS DOS IMPOSTOS QUE OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA PAGAN RELIXIOSAMENTE.....

Denunciamos públicamente, e por suposto nos òrganos que correspondan, este acordo tomado neste punto da convocatoria, con un expresión moi coloquial que se usa cando se queren OCULTAR DECISIÓNS QUE NON SON BENEFICIOSAS PARA A VECIÑANZA......como sería "pola porta de atrás". Un acordo "camuflado" no debate dos orzamentos que entendemos carece da legalidade estipulada para estas decisións.
Un acordo perxudicial para a economía do Concello que reduce as partidas previstas para obras e actuacións de melloras dos pobos e parroquias e aumenta os gastos en soldos para os mandatarios.

Un acordo que consideramos ILEGAL, por non aparecer nos puntos da orde do día como legalmente requiren este tipo de decisións, así como tampouco como moción de urxencia, que sería a outra vía prevista.

Polo tanto, a nosa Agrupación Municipal Socialista solicitará diante da Xustiza a anulación deste acordo que consideremos ILEGAL ¡¡¡¡¡.

ESTE È OUTRO EXEMPLO MÁIS DE COMO SE GOBERNA O CONCELLO DE A PEROXA, CON ACORDOS "PRESUNTAMENTE ILEGAIS", E TENTANDO DE OCULTAR A VECIÑANZA CAL È O VERDADEIRO FUNDAMENTO DO EQUIPO DE GOBERNO E CONCELLEIROS DO PP........OS INTERESES PERSOAIS E ECONÓMICOS ¡¡¡¡


O Orzamento que presenta o Sr. Alcalde para o Concello durante o exercicio 2013 è de 1.110.221€¡¡¡¡

Incrementa o orzamento en preto de 140.000€ con respecto o ano anterior, dos cales 50.000€ van parar o capìtulo de persoal ¡¡¡¡¡ e màis de 50.000€ a gastos correntes, así como un incremento tamén nas inversións reais que van parar na súa totalidade a obra dos NOVOS VESTIARIOS NO CAMPO DE FÙTBOL, (que a data de hoxe, xa temos fundadas dúbidas de que por "erros burocráticos" e por cuestión de prazos se vaia a executar), coa gravidade que suporía ter que devolver unha subvención de màis de 100.000€. Unha obra que non consideramos prioritaria vendo as necesidades básicas das que carecen os nosos pobos e parroquias: saneamento, abandono das vías de comunicación, ausencia de limpeza dos lugares públicos, etc.

Detallamos agora os argumentos que o noso concelleiro expuxo no citado pleno para emitir un voto en contra a estes orzamentos, e que unha vez máis, lamentamos que por parte da secretaría do Concello non se reflexen con exactitude na acta correspondente:


-- PARA COMENZAR LAMENTOU A CELEBRACIÓN DESTE PLENO COA AUSENCIA DOS SEUS COMPAÑEIROS DE AGRUPACIÓN CANDO COMUNICARON A SÚA PREVIA AUSENCIA SEGUNDO A NORMATIVO VIXENTE.

ü  -- INDICAR QUE UN ANO MÁIS ESTE PROXECTO DE ORZAMENTOS E A SÚA PRESENTACIÓN PARA APROBACIÓN NESTE PLENO CHEGAN CON MOITOS MESES DE RETRASO, A LEI INDICA QUE DEBEN APROBARSE NO DERRADEIRO TRIMESTRE DO ANO, VOSTEDES XA FIXERON DO RETRASO….UNHA LEI PROPIA ¡¡¡


ü  -- TAMÉN LLES SOLICITAMOS UNHA VEZ MÁIS UN RESPETO PARA A LABOR DE CONTROL DA OPOSICIÓN E DEBEN ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN DESTE PROXECTO DE ORZAMENTOS COMPLETA E DENTRO DO PLAZO LEGAL ESTABLECIDO, E COMO VOSTEDES SEMPRE SE COMPARAN CON CONCELLOS LIMÍTROFES PARA O QUE LLES INTERESA, LLES INFORMAMOS QUE ESTA DOCUMENTACIÓN O IGUAL QUE OUTRA SEGUNDO O PLENO QUE CORRESPONDA, È ENVIADA OS GRUPOS DA OPOSICIÓN NO MESMO INTRE QUE SON CONVOCADOS A CADA PLENO,,,,,,PODEN TOMAR VOSTEDES EXEMPLO DE BO PROCEDER ¡¡¡¡
 

ü  -- AS PORCENTAXES DO GASTO EN PERSOAL SOBRE O TOTAL DO ORZAMENTO È DUN 36%, A PORCENTAXE EN GASTO EN BENS CORRENTES PARA MANTEMENTO DOS GASTOS DO EDIFICIO MUNICIPAL E OUTROS SERVIZOS È DO 32%,  MENTRAS TANTO, TAN SÓ UN 11% SE ADICA AS INVERSIÓNS REAIS , UNHA "PÌRRICA" PORCENTAXE XA QUE MAIORITARIAMENTE SON OBRAS PROCEDENTES DE SUBVENCIÓNS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS ¡¡


ü  -- INCREMENTOUSE EN MÀIS DUN 28% (PRETO DE 30.000), OS INGRESOS PROCEDENTES DOS IMPOSTOS , POR SUBA DE TAXAS ÒS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO……INCREMENTARONSE OS IMPOSTOS SOBRE A BASURA, A AXUDA NO FOGAR, A GARDERÍA, ETC…….

    RESUMINDO: OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA CADA DÍA PAGAN MÁIS POR MENOS.

ü 

    -- UN ANO MÁIS HAI PARTIDAS ORZAMENTARIAS QUE SON UN DOLOR PARA OS PETOS DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS, COMO SON AS QUE ENUMERAMOS A CONTINUACIÓN:


o   NO APARTADO DE PRODUCTIVIDADE, O IGUAL QUE O ANO PASADO NOS ATOPAMOS COA DESPROPORCIONADA CANTIDADE DE  17.900€¡¡¡¡¡ 

SEGUNDO O ARTIGO 5 DO Real Decreto 861/1986, de 25 de abril, por el que se establece el Régimen de las Retribuciones de los Funcionarios de Administración Local, A DEFINICIÓN DE PRODUCTIVIDADE È A SEGUINTE:

1. El complemento de productividad esta destinado a retribuir el especial rendimiento, la actividad extraordinaria y el interés e iniciativa con que el funcionario desempeña su trabajo.

E NO PUNTO 4 DESTE MESMO ARTIGO INDÍCASE QUE….

4. Las cantidades que perciba cada funcionario por este concepto serán de conocimiento público, tanto de los demás funcionarios de la Corporación como de los representantes sindicales.

FUNDAMENTO LEGAL POLO QUE SOLICITAMOS TAL COÑECEMENTO PÚBLICO ¡¡

TAMÉN O PUNTO 5 INDICA QUE….

5. Corresponde al Pleno de cada Corporación determinar en el presupuesto la cantidad global destinada a la asignación de complemento de productividad a los funcionarios dentro de los límites máximos señalados en el artículo 7.2.b) de esta norma. (UN 30%).



POLO TANTO ATENDENDO A ESTES CRITERIOS NORMATIVOS E SABENDO QUE MESMO NON SE ESTÁN NIN A CUMPRIR O HORARIO OBRIGATORIO NAS OFICINAS MUNICIPAIS, PARÈCENOS UNHA BURLA OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO E SOLICITAMOS A ANULACIÓN DESTA PARTIDA ORZAMENTARIA QUE BEN SE PODERÍA EMPREGAR COMO XA SOLICITAMOS NO SEU DÍA NUNHA AXUDA ECONÓMICA OU MESMO MATERIAL OS PAIS E NAIS DO S NENOS E NENAS DO COLEXIO PÚBLICO EXISTENTE NO CONCELLO.


o   NO APARTADO DE DIETAS E INDEMNIZACIÓNS ATOPAMOS OUTRO DESPILFARRO DOS CARTOS PÚBLICOS, XA QUE UNHA CANTIDADE COMO SON OS 20.000€¡¡ NOS PARECE UN DESPROPÓSITO E UN GASTO DESORBITADO. 


o   NO ANEXO DE PERSOAL OBSERVAMOS QUE SE SEGUEN MANTENDO DENTRO DA RPT DO CONCELLO A PRAZA DE TÉCNICO LOCAL DE EMPREGO NA QUE O CONCELLO SE GASTA MÁIS DE 16.000€¡¡. NESTA PRAZA NO ÚNICO QUE ESTAMOS DACORDO E NA PALABRA EMPREGO, PERO EMPREGO PARA OS AMIGOS ¡¡¡ XA QUE RECENTEMENTE SE VEÑEN DE PUBLICAR OS DATOS DO PARO E OBSERVAMOS TRISTEMENTE COMO O INCREMENTO NO NOSO CONCELLO NO ÚLTIMO ANO FOI DO 30%¡¡¡¡¡ POLO QUE ENTENDEMOS QUE NON TEN OBXETO ESTA PRAZA CANDO OS SEUS OBXETIVOS E FUNCIÓNS ESTIVERON MOI LONXES DE SER ACADADOS.

POLO TANTO SOLICITAMOS A SUPRESIÓN DESTA PRAZA E EMPREGAR ESTES CARTOS MESMO EN CONTRATAR A ALGÚN TRABALLADOR OU TRABALLADORA, VECIÑO OU VECIÑA DO NOSO CONCELLO PARA ALGÚN SERVIZO QUE REALMENTE BENEFICIE O CONCELLO E NON PRECISAMENTE PARA ATENDER STANDS PUBLICITARIOS NAS FINS DE SEMANA ¡¡¡¡¡



NOS CASOS ENUMERADOS CON ANTERIORIDADE ESTAMOS A FALAR DUN AFORRO AS ARCAS MUNICIPAIS DUNS 50.000€¡¡¡¡ OU TRADUCINDO  A CANTIDADES MÁIS FAMILIARES……..CASE 8 MILLÓNS DAS ANTIGAS PESETAS QUE BEN SE PODERÍAN EMPREGAR NA MELLORA DAS CARRETERAS EN ESTADO DE ABANDONO EXISTENTES NO NOSO CONCELLO.



CONTINUANDO CON ESTA LIÑA DE AFORRO NON PODEMOS DEIXAR DE UNHA VEZ MÁIS, SOLICITAR UNHA REBAIXA NO  ELEVADO SOLDO DO SR. ALCALDE DE CASE 30.000EN RELACIÓN A SÚA DEDICACIÓN PARCIAL E A POBOACIÓN QUE COMPRENDE O NOSO CONCELLO. 

AGORA QUE ESTÀ DE ACTUALIDADE O DEBATE SOBRE ESTE PUNTO NA REFORMA DA LEI DE RÈXIME LOCAL, APROVEITAMOS PARA MANIFESTARNOS O RESPECTO, E INDICAR QUE POR SUPOSTO ESTAMOS DE ACORDO COAS RETRIBUCIÓNS DOS ALCALDES, PERO QUE SEXAN PROPORCIONAIS E EN RELACIÓN A POBOACIÓN DE CADA CONCELLO, E LEMBRAMOSLLE QUE NO ÚLTIMO RANKING PUBLICADO DE SOLDOS DOS ALCALDES DE GALICIA ESTÁ VOSTEDE NUN “MERITORIO” POSTO 35 DOS 315 CONCELLOS DE GALICIA, E LAMENTABLEMENTE AS NOSAS INFRAESTRUCTURAS, COMUNICACIÓNS E SERVIZOS NON ESTÀN NESE POSTO, SENÓN PRETO DAS ÚLTIMAS POSICIÓNS ¡¡¡¡

A ESTO TEMOS AGORA QUE ENGADIR TAMÉN OUTRO NOVO SOLDO PARA UN CONCELLEIRO QUE INGRESARÁ OUTROS 10.500€



ü  

ü  

ü  -- PREGUNTÁMONOS TAMÉN EN BASE A NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS DO MINISTERIO DE HACIENDA, ONDE SE EXIXE UNHA PREVISIÓN DOS VINDEIROS 3 ANOS DA INVERSIÓNS QUE SE PREVÉ EXECUTAR NO CONCELLO NOS EXERCICIOS 2014-2015 E 2016, SEGUNDO SE INDICA NO ARTIGO 15.2 DA ORDE DE HACIENDA/2015 DO 1 DE OUTUBRO DE 2012……¿ONDE ESTÁ?


ü  -- REFERÍNDONOS AGORA AS INFORMACIÓNS DO SR. ALCALDE ONDE NOS PRESENTA UNHA SITUACIÓN MOI FAVORABLE E SANEADA DAS CONTAS DO CONCELLO, COLGÀNDOSE PERMANENTEMENTE UNHAS MEDALLAS QUE NON LLE CORRESPONDEN, XA QUE OS PROTAGONISTAS DESTAS CONTAS SON OS PETOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO, QUE COMO XA INDICAMOS, CADA VEZ PAGAN MÁIS POR MENOS ¡¡





-- PARA REMATAR, E TENDO EN CONTA O EXPOSTO CONSIDERAMOS QUE ESTE PROXECTO DE ORZAMENTOS È NULO DE CARA O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, SOCIAL E CULTURAL DO CONCELLO.


LIMÍTANSE A MANTER ALGÚN DOS POUCOS SERVIZOS QUE TEMOS, NON SE PREVEN NINGÚN TIPO DE ACTUACIÓNS EN NINGUNHA DAS GRANDES DEFICIENCIAS QUE EXISTEN NO CONCELLO E QUE OS VECIÑOS E VECIÑAS DEMANDA A DIARIO:


n              -- VIAS DE COMUNICACIÓN EN ESTADO DE TOTAL ABANDONO, E…

n              -- SANEAMENTO INEXISTENTE EN GRAN PARTE DOS POBOS E PARROQUIAS.


A ESTO HAI QUE ENGADIR QUE TENDO EN CONTA A SÚA REDUCCIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS, NA NULA INVERSIÓN REAL, A POBOACIÓN DO CONCELLO SIGUE SIN PODER CHEGAR A OURENSE POLA NOVA CARRETERA, NON EXISTEN ACTIVIDADES PARA A XUVENTUDE NIN PARA OS NOSOS MAIORES, MANTÈN VOSTEDE UN SOLDO DE IMPRESIÓN, O IGUAL QUE PARTE DO SEU EQUIPO DE GOBERNO, OS VECIÑOS MANTEÑENSELLE UNS ALTOS IMPOSTOS E OS GASTOS DE OFICINA BEN CHEGARÍAN PARA CONTRATAR A MOITOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DESEMPREGADAS, POLO QUE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL CREE QUE SE TRATA DUNHA MOI MALA XESTIÓN E POR ESTO É POLO QUE VOTAMOS EN CONTRA DESTES ORZAMENTOS ¡¡¡¡

No punto cuarto pòñense a nosa disposición os decretos dictados pola Alcaldía.

No quinto punto, dentro de apartado de escritos e comunicacións tratánse os seguintes asuntos:

-- Acordase por unanimidade solicitar a Consellería de Traballo e Benestar o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal.

-- Acordase por unanimidade nomear como sustitutos dos vogais da Comisión Especial de Contas Odilo Lòpez Alvarez e Jose Manuel Rodriguez Feijoo, a Jose Manuel Rodriguez Blanco e Jose Omar Bouzo Fernandez.

-- Acordase por unanimidade por a disposición da Secretaria Xeral para o Turismo os terreos da zona do Castelo de A Peroxa, para o seu Acondicionamento e onde o Concello de A Peroxa se compromete a súa conservación e mantemento durando un período mìnimo de 5 anos.

Importante este acordo, para subsanar as graves deficiencias que os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista xa denunciaron no seu día e solicitaron o arranxo e mellora deste precioso lugar.

No seguinte enlace podedes comprobar as nosas demandas xa feitas fai tempo, e que por fin, parecen ser atendidas:


http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html

Pasamos agora o punto final, de rogos e preguntas, e que o Sr. Alcalde e como xa dixemos algún dos seus concelleiros parecían ter moita presa e prácticamente non atenderon nin respostaron as demandas dos veciños e veciñas do concello que nos como habitualmente facemos en cada pleno lles trasladamos....

Estes foron os Rogos de mellora que presentamos para este pleno:




No apartado nº1, o Alcalde contesta literalmente...."xa está adxudicada a obra. Non se pode facer polo mal tempo, polo tanto hai que esperar".
Non sabemos prazos pero os veciños e veciñas da Peroxa pagan o imposto municipal ANUALMENTE, polo que teñen dereito a un estado digno das vìas de comunicación.
Algún exemplo desta petición de mellora que trasladamos o Sr. Alcalde:





No apartado nº 2, o Alcalde contesta ......"pódese mellorar".
Non se pode.....dèbese mellorar¡¡
Imaxe da situación:


No apartado 3º, o Alcalde resposta....."cando veñan as brigadas limpiarase".
As brigadas xa viñeron moitos anos e para esto nin miraron ¡¡
Imaxe do deterioro denunciado:


 
No apartado 4º, o Alcalde resposta...."coñecemos o caso".
Normal que o coñeza, posto que os veciños e veciñas xa demandaron o seu arranxo en moitas ocasións facendo caso omiso das súas peticións, como habitualmente ¡¡
Imaxe da situación de deterioro:


No apartado 5º, o Sr. Alcalde resposta...."está pendente de que veña unha máquina".
Esta è unha das mellores desculpas que nos ten dando o Sr. Alcalde xa que a petición dos veciños e veciñas incluso por escrito lle fixo a principios do 2011¡¡....màis que agardar polo paso da màquina creemos que están ainda agardando que se fabrique.
Imaxe da situación:


No apartado 6º, o Sr. Alcalde manifesta "unha boa oposición debería dar datos de quen tíra a basura para poder sancionalos", en canto a petición dos carteis indicadores non quixo respostar¡¡¡

Unha boa oposición coma a que estamos a facer está para trasladar o Concello e concretamente o seu RESPONSABLE, que é o Alcalde as anomalías existentes, cousa que estamos a facer continuamente, e a súa obriga è a de mellorar e arranxar as deficiencias existentes para unha mellor calidade de vida dos veciños e veciñas do Concello. A oposición non ten asignadas funcions de detectives¡¡¡¡
Tristes argumentos por parte do Sr. Alcalde, máis preocupado dos seus asuntos persoais que dos propios do Concello do cal cobra elevados emolumentos por unhas funcions e responsabilidades que non exerce¡¡¡¡

Imaxes das deficiencias sinaladas neste punto:


"Desaparición do cartel de Toubes"


"Indicador do pobo de Fontao deteriorado"


"Cartel que precisa unha mellora"




No apartado 7º, o Sr. Alcalde resposta......"tomamos nota".
Pois deberían porque esta situación está mesmo diante da entrada do Concello e se abren os ollos ou teñen un mínimo interès xa deberían estar arranxada por supoñemos que a ven a diario.
Imaxe da situación:



Para rematar presentamos as seguinte preguntas.....



Respecto a pregunta nº1, o Alcalde manifesta que "as actuacións e os tempos marcanas os membros do seu grupo municipal" e que non pretendamos decirlle nin como nin cando deben actuar.
Lembramos que esta petición se fixo xa fai máis dun ano e respostara daquela que se ía solucionar PRONTO ¡¡¡¡¡¡  nos non pretendemos marcar tempos senón obter solucións os problemas.

Esta fóra a nosa petición no seu día:


 E este segue sendo o estado actual da nosa demanda...


Na pregunta 2ª, o Alcalde resposta que o vehículo de emerxencias....."está agora para uso das brigadas".
Supoñemos que cando se refire a brigadas será de obras, non as brigadas contraincencios.
Un vehículo que podería atender moitas emerxencias urxentes e graves nos noso pobos e parroquias que agora está INUTILIZADO para o fin que foi adquirido por único capricho da Alcaldía.

Na pregunta 3ª, o Alcalde volta a manifestar que "son eles que marcan os tempos dos arranxos, e que hai pouco orzamento e hai que buscar recursos fora"..

Esta resposta è un insulto os veciños e veciñas do Concello, que unha vez máis lembramos que o Alcalde manifestou terlle sobrado máis de 300.000€ que ben se poderían ter empregado en arranxos coma estes ou tamén chegarían cos 10.500€ que lle impuxo de soldo o seu Concelleiro de Urbanismo.

Imaxes das situacións solicitadas pola nosa Agrupación Municipal Socialista:


Deterioro na carretera que atravesa o pobo de Bouzasvedras


ESTA IMAXE NON NECESITA COMENTARIO, CREO QUE È ILUSTRATIVA POR SÍ SOA DO EXEMPLO DE COMO SE ATOPAN OS NOSOS SERVIZOS MUNICIPAIS.....ABANDOADOS ¡¡


Na pregunta 4ª, o Alcalde manifesta que "está a facer xestións coa Deputación".

Aquí temos que indicar que xa podemos adiantar que esta obra foi admitida e realizarase a mellora que dende a nosa Agrupación Municipal Socialista se demandouen varias ocasións.

Esta è a situaciòn actual:



En resposta a pregunta 5ª, o Sr. Alcalde manifesta que "se coñecerán as obras cando se publiquen".
 
Neste punto non quixo nin falar da nosa proposta de arranxo da carretera a Graìces, prometida e comprometida xa dende fai anos os veciños e veciñas da zona, e un ano máis podemos adiantar que nos Plans Provinciais 2013 tampouco se executará xa que a obra solicitada polo Concello de A Peroxa (da que o Alcalde non quixo informarnos), será a de "Asafaltado da rede viaria do Concello".Agardemos que se realice e execute nos lugares que realmente o necesitan, que agora mesmo son moitos.

Asì está a situación que demandamos a súa mellora e arranxo definitivo:



Na pregunta 6ª, o Alcalde manifesta que "non coñece o orzamento da proba" e que o único gasto para o Concello "foi pagarlle a comida a organización".

Non facilitou datos dos gastos desa "comida".

Neste apartado indicar que nos Orzamentos 2013 está prevista unha subvención de 2.100€¡¡¡ ao Moto Clube A Peroxa, polo tanto decir que estas probas nos lle costan cartos o Concello è ter unha cara máis dura co cemento ¡¡¡

Finalmente na pregunta 7ª, o Alcalde resposta, noutro alarde de falta de criterio por opinar unha cousa na Mancomunidade e outro no seu Concello, "que eso son problemas doutros concellos, e que por suposto non lle vai a cobrar os recibos do IBI a Igrexa", como si se fai co resto de veciños e veciñas do concello.

Para ilustrar e refrescar a memoria das actuación do noso Alcalde fóra do seu Concello amosamos as noticias da prensa relacionadas nos seguintes enlaces:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/02/25/galicia/1361794851_563001.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/31/actualidad/1338484669_930919.html

E este è o màis curioso.....un tirón de orelllas:

http://infocatolica.com/?t=noticia&cod=11959



ESTE FOI UN EXTENSO E INTERESANTE RESUMO DO PLENO CELEBRADO NO CONCELLO, ONDE UNHA VEZ MÁIS A VECIÑANZA DA PEROXA PODE COMPROBAR DE PRIMEIRA MAN O PASOTISMO E FALTA DE INTERÉS E RESPETO QUE TEÑEN OS GOBERNANTE DO GRUPO MUNICIPAL DO PP, CO ALCALDE MANUEL SEOANE A CABEZA POLOS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO.

PRIORIZAN GASTAR OS CARTOS DOS SEUS IMPOSTOS EN SOLDOS OS CONCELLEIROS ANTES QUE NA REALIZACIÓN DE OBRAS E MELLORAS DE SERVIZOS.

UNHA VEZ MÁIS AS PROPOSTAS DA NOSAS AGRUPACIÓN MUNICIPAL FÓRON LEVADAS A PLENO PARA DEBATER E DEFENDER OS INTERESES E AS DEMANDAS QUE NOS PIDE A VECIÑANZA.

SEGUIMOS FIRMES NO NOSO COMPROMISO DE INFORMAR DAS SITUACIÓNS E ACORDOS QUE SE TOMAN NO CONCELLO, ONDE AGORA CADA VECIÑO E VECIÑA TEN QUE ANALIZAR E VALORAR AS MEDIDAS E SITUACIÓNS QUE SE DAN.


UNHA VEZ MÁIS, GRAZAS POLO VOSA ATENCIÓN E LEMBRA.....


SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡