Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 22 de marzo de 2013

Festa en Carracedo

Este domingo 24 de marzo, día de ramos, celébrase na parroquia de Carracedo, a Festa do Amparo pequeno, no seu recinto habitual.

Haberá misa as 13:00 de ramos, comida popular amenizada por un grupo musical e para rematar pola tarde tamén outra sesión de música.

Participa e disfruta das nosas festas ¡¡

Eventos deportivos na fin de semana do 23 e 24 de marzo de 2013

 A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
A PEROXA C.F - POLIGONO:  Domingo 24 as 16:30 no campo do Marco.
 
C.D. TRIVES - ATL. PEROXA : Sàbado 23 as 17:00 no campo de Trives.

A PEROXA C.F "B" - C.D. CALDELAO : Domingo 24 as 18:30 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F XUVENIL - EMF ARENTEIRO "B":  Sàbado  23 as 18:30 no campo do Marco.

C.F. MONFORTE - A PEROXA C.F. ALEVÍN: Sàbado 23 as 11:00 en Monforte.
 
PABELLÓN C.F. "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN:  Sàbado 23 as 10:00 no campo dos Remedios.

CUNHA OLD BOYS - GADAFFI PEROXA VETERÁNS:  Sàbado 23 as 17:00 no campo de Taboadela.

MUEBLES ANDRADE - OS PEARES FS: Sàbado 23 as 16:00 no pabellón da Carballeira.

CASTRELO FSF - A PEROXA F.S. FEMININO : Sàbado 23 as ...... no pabellón de Astariz.


A estes acontecementos temos que engadir que debido o parón ligueiro en tódalas categorías celèbranse diferentes torneos por toda a provincia. No que organiza a Escola de Fùtbol Arrabaldo participará o dìa 29 de marzo, Venres Santo o equipo Pre-benxamin do A Peroxa C.F, nunha nova experiencia deste xoven equipo.
 
Os encontros que disputarán na primeira fase son os seguintes, encadrados dentro do grupo A:
 
A PEROXA CF - RIBEIRO FC as 10:20 no campo de Santa Cruz.
S.D.C. ARRABALDO - A PEROXA C.F as 12:00 no mesmo recinto.
PABELLÓN C.F - A PEROXA C.F as 12:50 tamén neste campo.
 
 
Haberá pola tarde unha fase final e outra de consolación para todos os equipos participantes, polo que os horarios depende da clasificación matinal.
 
SORTES PEQUES E DIVERTIRSE ¡¡¡¡¡
 
 

APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

miércoles, 20 de marzo de 2013

Abandono do Recinto Feiral da Peroxa.

Nestas semanas pasadas de actividade no Recinto Feiral de A Peroxa, poidemos comprobar e corroborar o estado de total abandono deste recinto por parte do Concello.

Habitualmente e debido as intensas choivas deste inverno sempre presentaba un estado lamentable para o acceso de vehículos (lembramos que se usa como aparcadoiro cando hai algúén no velatorio),  e sobre todo para os viandantes, que resultaba prácticamente imposible o seu acceso.



Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista presentamos no concello un Rogo solicitando a mellora deste Recinto; conseguindo unha resposta afirmativa e o compromiso de arranxo por parte do Sr. Alcalde.





Durante a celebración do Entroido 2013 pasado, celebrouse o Martes de Entroido unha festa onde se comprobou e sufriu o estado lamentable do recinto, cheo de buratos e con un barrizal que o facía impracticable, de feito a xente que asistiu a festa non podía moverse da parte acimentada.

Posteriormente, outro evento como foi o da proba de BTT, onde os participantes tamén sufriron o mal estado do recinto......


Creemos que esta non è a mellor imaxe que pode ofrecer un Concello os nosos visitantes, con unhas instalacións deplorables e impracticables. Se un dos obxetivos (entre outros de máis "peso"), era amosar e dar a coñecer o noso Concello, estas imaxes axudan ben pouco.

Sinalar tamén que por parte dos mandatarios do concello de decidiu o peche deste recinto para o acceso a vehículos, que deterioraban máis o seu penoso estado.

Recentemente se fixeron algúnhas pequenas actuacións de mellora do recinto para "lavar a cara", ante outro evento celebrado, como foi a Xuntanza de Autocaravanas chegadas de varios puntos de Galicia, e tamén como escaparate do noso Concello.




Neste evento, no que tamén colaborou a climatoloxía o recinto amosaba unha mellor cara, pero sin chegarse a acometer as obras comprometidas, das cales agardamos con impaciencia para poñer de novo este recinto a disposición, uso e disfrute dos veciños e veciñas da Peroxa e de todo o Concello.

Datos da ESTAFA das Preferentes e Subordinadas no Concello de A Peroxa

Tras longos e duros meses de loita para subsanar esta estafa masiva das Preferentes e Subordinadas a moitos dos nosos veciños e veciñas no Concello, participando a través dos diferentes actos de protesta (manifestacións, presencia en institucións públicas, protestas nas propias oficinas, reunións con dirixentes, etc), por fin, temos agora acceso a algúns dos datos de xente afectada.

O listado que amosamos a continuación indica o número de reclamacións vía Arbitraxe que se fixeron por parte de moitos dos nosos veciños estafados e enganados por unha oficina sita na Peroxa, que nunca estivo a altura das circunstancias e poñendo trabas en todo momento os afectados, e tamén o escaso número de resolucións favorables que se dictaron.

Queremos indicar que neste listado non aparecen TOD@S os que son, xa que moitos dos nosos veciños e veciñas, por motivos varios e incomprensibles non quixeron nin queren a día de hoxe amosarse públicamente como afectados e non presentaron ningún tipo de reclamación, guiados tamén por consellos contradictorios dende a propia oficina.


AGORA QUE XA ESTAMOS MOI PRETO DUNHA DATA NEGATIVA, COMO PODE SER ESTE MESMO VENRES, ONDE SE ANUNCIE POR PARTE DO GOBERNO DO PP A QUITA QUE LLE VAI CORRESPONDER OS MILES DE AFECTADOS, SEGUIMOS SOLICITANDO A COLABORACIÓN DE TODOS/AS PARA RECLAMAR O QUE NOS FOI ROUBADO.

A LOITA TEN QUE CONTINUAR ATA QUE POIDAMOS OS NOSOS CARTOS RECUPERAR ¡¡¡

DENDE ESTA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA UNHA VEZ MÀIS, COMO XA FIXEMOS DENDE O PRIMEIRO DÍA, SEGUIREMOS INFORMANDO E PELEXANDO POR LOITAR POR UNHA SOLUCIÓN CONTRA ESTA ESTAFA MASIVA.

ESTAFA DA QUE MOITOS FOMOS VÍCTIMAS E CON PERFILES MOI DIVERSOS PERO CEBÁNDOSE CRUELMENTE EN VARIOS DOS NOSOS MAIORES, VECIÑOS E VECIÑAS DESTE CONCELLO DE A PEROXA, OS QUE UNHA VEZ MÁIS LLE OFRECEMOS A NOSA COLABORACIÓN E AXUDA.



martes, 19 de marzo de 2013

ANULADA a celebración do Pleno Ordinario do 19 de marzo de 2013

Por decisión do Sr. Alcalde, suspendeuse a celebración do pleno ordinario correspondente o mes de marzo.

Anunciarase en breve nova data.


lunes, 18 de marzo de 2013

Aberto plazo de admisión para colexios

No DOG do pasado venres 15 publicouse o procedemento de admisión e reserva de prazas para os colexios públicos da Xunta de Galicia, entre os que se atopa o do noso concello da Peroxa.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_es.pdf


E a noticia reflexada na prensa local:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/03/18/educacion-abre-plazo-reservar-plaza-colegios-provincia/0003_201303O18C3991.htm


Consulta e informate.


Convocado pleno dos orzamentos 2013

Este vindeiro martes 19 de marzo as 20:00 no salón de plenos do Concello de A Peroxa, celebrarase o Pleno Ordinario correspondente o mes de marzo, con varios puntos interesantes na orde do día, entre os que destaca o debate e aprobación dos Orzamentos do Concello 2013, así como, diferentes rogos e preguntas presentados polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello sobre cuestión e problemas que preocupan os veciños e veciñas da Peroxa, e que demandan solucións urxentes.

Esta é a convocatoria:


Un ano máis temos que lamentar a nula colaboración por parte dos gobernantes do noso concello xa que todavía, neste momento non nos facilitaron a documentación OBRIGATORIA que deben entregar sobre o proxecto de orzamentos os grupos da oposición, facendo unha vez máis uso da súa preocupante falta de transparencia e ocultación da información.

En canto a apartado de Rogos, para mellora de situacións e servizos, presentamos os que seguen:



E no que respecta as preguntas.....son estas:




Unha vez celebrado o citado Pleno, o cal vos invitamos a participar, teredes cumplida información sobre os acordos e solucións a estas nosas propostas.

SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡

 

viernes, 15 de marzo de 2013

Resumo do Pleno Urxente Extraordinario do 28 de febreiro de 2013

INCOMPRENSIBLE¡¡¡¡¡

Este é o noso calificativo a este Pleno que foi convocado no mesmo día da súa celebración, e mesmo nos chegou a preocupar moito, xa que  un pleno desta denominación......URXENTE E EXTRAORDINARIO, en raras ocasión se convoca, e normalmente sempre cando ocorre algún accidente ou desgraza no termino municipal.

Observamos con asomo que o único punto da orde do día era para tratar sobre o Punto de Atención a Infancia (P.A.I.) ou tamén coñecida como a Gardería.

Na seguinte imaxe a citada convocatoria:



Sendo o derradeiro día do mes, e tendo en conta que era o día de remate do contrato das traballadoras do centro pensamos que o obxetivo sería o peche da Gardería, como xa se leva rumoreado dende fai tempo.


O pleno comenzou coa aprobación por unanimidade da urxencia da sesión, requisito imprescindible.

O Sr. Alcalde expuxo a situación actual na que se atopa o P.A.I, que nestes momentos conta con tan só 3 nenos e 2 traballadoras, con un horario de apertura reducido de 5 horas.

Referiuse o Sr. Alcalde a un informe emitido polo secretario do Concello, onde se indicaba que o servizo era "DIFICITARIO",  e polo tanto afectaba negativamente as contas do concello.

Expuxo unha serie de cantidades de ingresos e gastos que no derradeiro ano foron de 1.071€ de ingresos e duns gastos de mantemento de 33.807. Sen obter ningún tipo de subvención doutra institución.

Prevese para este ano 2013 uns gastos de 22.000€ e unha aportación de preto de 10.000€ por parte da Xunta de Galicia.


Unha vez expostos os motivos do Sr. Alcalde alegando a cuestións econòmicas e facendo referencia ao citado informe do Secretario do Concello, confirmabase a nosa preocupación de que o motivo deste pleno non era outro que o peche deste servizo.

Comenzaba a nosa intervención informando  o Sr. Alcalde que o citado informe do Secretario do Concello tiña data do 15 de xaneiro de 2013, polo tanto, e facendo referencia a súa queixa polo Pleno Ordinario anterior (obrigatorio segundo indica a lei), onde nos reprochaba que se celebraba pola nosa insistencia, ainda que a orde do día tivese poucos puntos a tratar e que lle costaba as arcas municipais 600€, preguntamos se este asunto non se podería ter tratado no pleno anterior celebrado a finais de xaneiro e "aforrarlle" así o concello os 600€ dos que o Sr. Alcalde tanto se queixou, e que finalmente polo tratado neste pleno non era nin necesario nin urxente si se tivese tomado este asunto coa importancia que debía no seu día, e non deixar todo para o derradeiro día (lembremos que o motivo era que precisamente hoxe 28 de febreiro era o remate do contrato das traballadoras).

Continuamos por manifestar que como era posible que sendo as 9 da noite todavía nin as traballadoras nin os pais dos nenos e nenas do P.A.I. souperan o que ía pasar maña co seu futuro.

Creemos que como parte dun Servizo Social que é débese manter e tratar de quitar cartos doutros lugares onde se gastan innecesariamente. Un servizo que xa chegou o noso concello con moitos anos de retraso, mesmo incluso con reparacións do edificio antes de ser inaugurado, debido o seu deterioro e abandono.

Argumentamos tamèn que os pais e nais fixeran un forte desembolso económico en material para este curso, mesmo recentemente nas datas do nadal, en fichas, ceras, etc, superando incluso os 100€ por familia. Neste punto o Sr. Alcalde "preguntou" que quen lle mandara mercar este material, lóxicamente serían as traballadoras para o desenrolo normal da actividade, o que unha vez máis, facendo uso das súas respostas inexplicables espetou......."SE ME PREGUNTARAN A MIN OS PAIS, XA NON HOUBERAN GASTADO UN CAN".......

LAMENTABLE E TRISTE RESPOSTA¡¡¡¡¡¡¡ 

Lembramos que èl è o responsable deste centro e polo tanto das sùas traballadoras, e debería coñecer un pouco máis e preocuparse polo funcionamento deste SERVIZO MUNICIPAL.
 Pero coma sempre está só "as súas cousas", a preocupación polos problemas dos veciños e veciñas está nun segundo plano.

Tamén lle refrescamos a memoria o Sr. Alcalde cando informamos de que os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista xa se tiñan preocupado pola situación da Gardería facía moito tempo, con varias preguntas sobre a situación real e económica de sustento deste centro, o que pasa, e que como moitas veces non quere nin escoitarnos nin atende as nosas propostas nin preocupacións.....que o fin llo cabo son as dos veciños e veciñas da Peroxa.

De feito con data 27 de abril de 2012, xa preguntamos no Pleno Ordinario correspondente sobre este asunto e amosamos a nosa preocupación pola negativa por parte da Xunta de Galicia a conceder a subvención coa que se facía cargo dos soldos das traballadoras, advertindo das consecuencias negativas que esto podería ocasionar, e que lamentablemente nos derón a razón un ano despois ¡¡¡¡¡


Na seguinte imaxe un extracto do Pleno (09/07/2012) onde se preguntou por este asunto e as respostas do Sr. Alcalde no seu día:



No debate sobre estas preguntas no Pleno citado, cando preguntamos o porqué da NON concesión da Subvención anual que concede a Xunta para os gastos destes servizos,, o Sr. Alcalde noutro habitual arrebato de "colgarse medallas", respostaba con certa chulería que non se acadara por "problemas na tramitación", pero que él persoalmente ¿? acadara por "outra vía" 12.000€ ¡¡¡¡ para o mantemento deste servizo.......

No seguinte enlace tedes acceso as concesións destas axudas as outras Garderías Municipais da provincia, onde non se atopa a da Peroxa, pero si concellos como: Barbadás, O Barco, Celanova, San Cibrao, Avión, Boborás, Carballeda Valdeorras, Maceda, A Merca, Ramirás, Sandias, Vilariño Conso.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120203/AnuncioCA05-270112-11538_gl.pdf

Un ano despois resulta que a medalla parece que lle caeu e os 12.000€ non apareceron polo noso Concello, xa que como sempre, foron promesas "verbales", que finalmente non se concretaron.
Respostaba tamèn este día a nosa pregunta sobre a continuidade da Gardería, "que faría o mellor para o Concello". ¡¡¡¡¡

Lòxicamente, vostede debe facer o mellor para o Concello, sen dúbida, pero non antepoñendo e aniquilando os SERVIZOS BÁSICOS PÚBLICOS, como está a facer continuamente, e obrigando a pagar os veciños e veciñas MÀIS  por MENOS.........

---PECHOU O XIMNASIO.
---SUBIDA DA BASURA UN 10%
---TRABALLADORES DE ASPANAS NA RÚA
---INCREMENTO DESPROPORCIONADO NO RECIBO DA AUGA
---INCREMENTO DAS TASAS DA AXUDA NO FOGAR
---SUPRESIÓN DAS CLASES DE XIMNASIA EN VARIAS PARROQUIAS
---AUSENCIA TOTAL DE OBRAS DE MELLORA NOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS
---ESTADO LAMENTABLE DAS VIAS DE COMUNICACIÓN EN TODO O CONCELLO CUNS ACCESOS QUE MESMO PARECEN DOUTRO SÉCULO.
---AMEAZA DE PECHE DA GARDERÍA.........E PRÓXIMAMENTE SEGURO QUE TAMÉN SE FALARÁ DO NEGRO FUTURO QUE CERNE SOBRE O COLEXIO PÚBLICO.......
....................................., etc.



Non acabamos de entender este tipo de política onde hai que acabar con todo¡¡¡¡¡ e para canto máis cando dende o goberno municipal do PP se lle ofrecen os veciños e veciñas da Peroxa unhas contas "saneadas" e cun superávit de máis de 300.000€ con respecto o exercicio 2011 (que é o derradeiro do que temos datos económicos).

Seguindo co tema central do pleno, informouse de que 2 dos nenos actuais en setembro pasarán o colexio ¿?, agardemos que sexa o da Peroxa, para garantir o seu futuro.
Tamèn que existe a posibilidade de que haxa 2 ou 3 novos usuarios desta Gardería.

Unha vez valoradas as exposicións e ante a nosa proposta de continuidade do Servizo de Atención a Infancia acordouse por unanimidade continuar ata o final do mes de Xullo.

Unha vez chegados a esa data se volvería a tratar o tema da súa continuidade.

Polo tanto, temos Gardería ata esas datas, e tamén aproveitamos para fomentar e animar os pais e nais con cativos/as que fagan uso dos servizos pùblicos dispoñibles para evitar así o seu desmantelamento.




 SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡



 





Eventos deportivos na fin de semana do 16 e 17 de marzo de 2013

A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
U. P. TABOADELA  - A PEROXA C.F  Domingo 17 as 16:30 no campo de Taboadela.
 
ATL. PEROXA - A PEROXA C.F "B" : Domingo 17 as 17:00 no campo do Marco.

CIDADE DE OURENSE C.F - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado  16 as 18:00 no campo de Oira.

A PEROXA C.F ALEVIN - MARISTAS OURENSE "B": Sàbado 16 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - MONFORTE "B": Sàbado 16 as 12:00 no campo do Marco

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - GOMESENDE PROL : Sàbado 6 as 18:30 no campo do Marco.

OS PEARES F.S - A CORNA F.S:  Sàbado 16 as 19:00 no pabellón dos Peares.

A PEROXA F.S. MASCULINO - OURENSE F.S. : Sàbado 16 as 16:00 no pabellón dos Remedios.  

A PEROXA F.S. FEMININO - AMOEIRO FSF : Sàbado 16 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.





APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

miércoles, 13 de marzo de 2013

AREA DE CARAVANAS NA PEROXA

Este vindeiro fin de semana, os días 15,16 e 17 inaugurase a Area de Autocaravanas no Recinto Feiral de A Peroxa.

Asì o anuncian na súa web oficial:



http://www.web-aga.org/index.php/es/actividades-3/noticias-de-la-asociacion/1574-inauguracion-area-de-a-peroxa



TUREXPO GALICIA 2013

Seguindo coa nosa información sobre temas que son noticia sobre asuntos do Concello, e vendo que dende a "fonte oficial" non se publica nada o respecto, nos si temos noticias e fotos sobre un evento recentemente publicado onde participou o noso Concello de A Peroxa.

Referímonos a feira galego de Turismo: TUREXPO GALICIA 2013, onde o noso Concello ía participar para amosar as nosas bondades como concello, como destino turísco paisaxístico, artesanal e gastronómico.

Os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello desprazaronse o citado evento para disfrutar deste evento e fomentar este tipo de actuacións por parte do Concello, das cales levamos tempo reclamando se realicen,  pero non lonxe, senón no propio concello, como xa solicitamos a través de diferentes actividades que divulguen o noso patrimonio: Carreira Popular, Andaina, Festa da Carne, publicidade e actividades relacionadas co Sendeirismo.....entre outras.

Temos que conseguir que os visitantes e posibles inversores veñan o Concello e o coñezan de primeira man, e non en folletos obsoletos.

Ata o de agora nada de nada, nin unha soa actividade proposta.

Temos que recoñecer que nos sorprendeu grata e positivamente nun principio esta participación nesta feira, onde dende o principio pensamos que estaríamos no Stand da Ribeira Sacra, do cal formamos parte do seu Consorcio de Turimo.

A nosa sorpresa foi que estabamos na da Mancomunidade de Concellos Santa Àgueda¡¡¡¡¡¡
Observamos tamén que o resto de Concellos da Mancomunidade non participaron nin con persoal, nin con case ningún tipo de publicidade dos seus concellos, tan só algúns folletos de casas rurais.....

Consultados varios artesáns do noso Concello, así como outro tipo de empresarios da hostelería ou gastronomía, descubrimos que so algúns deles foran "invitado" a participar en tal evento.....SORPRENDENTE E LAMENTABLE¡¡¡

PODEMOS AFIRMAR POLO TANTO, QUE CREEMOS QUE SE ESTÁ A USAR O NOME DO CONCELLO DA PEROXA PARA CERTOS "USOS" PERSOAIS PARA PUBLICITAR NEGOCIOS PARTICULARES, TANTO EN EVENTOS DESTE TIPO COMO NA REITERACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS ENCAMIÑADOS A BENEFICIAR SEMPRE AOS MESMOS.

As imaxes dos productos do noso concello expostos neste evento parecen confirmar esta afirmación...




O stand onde participou o noso Concello è o seguinte:


No seguinte enlace, información completa desta feira do Turismo Galego:

http://www.turexpogalicia.com/index.php?lang=gl



SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡


martes, 12 de marzo de 2013

Precisamos colaborar todos ¡¡¡

Neste días de recordos e nostalxias por parte dalgúns "canais" informativos que surxen dendo o noso Concello de A Peroxa, onde, con razón, se amosan lugares destacados e senlleiros do noso concello con unhas fotos tan paradisíacas como antigas, tamén dende o noso punto de vista crítico, e para que non se agoche a triste realidade amosamos fotos do estado REAL no que se atopan varios puntos do territorio municipal e que URXE porlle unha solución a graves problemas medioambientais como o que denunciamos a continuación.

Nas seguintes imaxes amosamos un vertedoiro ilegal que se está a crear preto do cruce da carretera que sube cara Toubes.

Unha lamentable situación que os responsables deben erradicar, e para canto máis, contando no noso concello con medios axeitados e mesmo un Punto Limpo que xestiona este tipo de residuos para evitar precisamente a proliferación destas lamentables imaxes:







UNHA VEZ MÀIS E COMO XA FIXEMOS EN OCASIÓNS ANTERIORES TAN SO NOS QUEDA PEDIR RESPONSABILIDADE OS VECIÑOS E VECIÑAS PARA EVITAR ESTES DETERIOROS NAS NOSAS PAISAXES, E SOLICITAR A SÚA COLABORACIÓN.

OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO DE A PEROXA TAMÉN OFRECEMOS OS RESPONSABLES MUNICIPAIS A NOSA COLABORACIÓN, PARTICIPACIÓN E AXUDA PARA TRATAR DE TRABALLAR NUN FRENTE COMÚN POLA ERRADICACIÓN DESTAS PROBLEMÀTICAS PROPIAS DOUTRO SÉCULO.


AGARDEMOS QUE ESTO SEXA SOLICIONADO CON URXENCIA E ESPERAMOS NON TER QUE SER TESTIGOS DOUTRA SITUACIÓN SIMILAR.

A LABOR DE LIMPEZA E BOA IMAXE DO NOSO CONCELLO È LABOR DE TOD@S ¡¡¡



COLABOREMOS TODOS ¡¡¡


viernes, 8 de marzo de 2013

Eventos deportivos na fin de semana do 9 e 10 de marzo de 2013

Os eventos deportivos deste fin de semana no noso concello, ademáis dos encontros dos nosos equipos representativos increméntase coa celebración dunha nova proba de BTT, desta vez o 1ª Enduro BTT A Peroxa que terá lugar o sábado 9 e domingo 10 polos territorios do concello, tendo o seu centro neurálxico, unha vez máis no pobo da Peroxa.

Para máis información deste evento:

www.bttaperoxa.singletrackgalicia.com 

Este è o cartel anunciador da proba:

 

 Unha vez máis, e como xa ben sendo habitual ultimamente, contando coa colaboración económica do Concello de A Peroxa para este tipo de especialidades, onde agardamos que a gran inversión económica que fai o Concello neste tipo de probas se vexa reflectida na economía local.


A continuación o calendario de partidos:



A PEROXA C.F - C.D. VELLE:  Domingo 10 as 16:30 no campo do Marco.

 S.P. CARBALLIÑO - ATL. PEROXA : Domingo 10 as 17:00 no campo da Uceira.

A PEROXA C.F "B" - ARCOS C.F : Domingo 10 as 18:30 no campo do Marco.

AA.VV. ARRANXAR - A PEROXA C.F. ALEVÍN: Sàbado 9 as 16:00 no campo de Oira.

C.DC. SANTA TERESITA - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN:  Domingo 10 as 11:00 no campo de Eiroas.

BUCEFALO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS:  Sàbado 9 as 17:00 no campo de Maside.

SEIXALBO F.S - OS PEARES F.S: Sàbado 9 as 20:30 no pabellón de Paderne.  

C.D MACEDA - A PEROXA F.S. FEMININO : Venres 8 as 20:30 no pabellón de Maceda.





APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

Esta è a nosa triste realidade.....

Na prensa local refréxase a triste situación laboral na que se atopa o noso Concello de A Peroxa, debido a falta de iniciativas empresariais que fixo que nos últimos anos os datos de incremento do paro forán tremendos.....un 30% ¡¡

Os datos que se publican refírense a comarca de Ourense, onde unha vez máis o noso concello ocupa o derradeiro lugar, sempre sendo noticia por datos negativos.

A realidade está a vista de todos.......PARQUE EMPRESARIAL PARADO, INICIATIVAS PARA FOMENTO DO EMPREGO NULAS, APOIO OS EMPRENDEDORES E EMPRESARIOS LOCAIS INEXISTENTES..........




Periodo de cobro de impostos

Segundo se ven de publicar o pasado luns 4 de marzo no BOP a Mancomunidade de Concellos de "Santa Àgueda" anunciou o periodo de cobro voluntario para os impostos de Vehìculos e da Recollida do Lixo, que comprenderá entre o 1 de MARZO ATA O 30 DE ABRIL.

O pago pódese realizar a través das oficinas de Novagalicia Banco ou o Banco de Santander, así como, tamén presencialmente de luns a venres en horario de 08:30 a 14:00 nas súas oficinas de Recadación no lugar de A PENA (VILAMARIN).


viernes, 1 de marzo de 2013

Eventos deportivos na fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2013

 A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguinte:

 
S.A. BARBANTES  - A PEROXA C.F  Domingo 3 as 16:30 no campo de Barbantes.
 
ATL. PEROXA - A.D. CASTRELO DE MIÑO : Domingo 3 as 16:30 no campo do Marco.

LOUREIRO C.F. - A PEROXA C.F "B" : Domingo 3 as 16:30 no campo de Loureiro.

A PEROXA C.F XUVENIL - S.D.C. ARRABALDO "B": Sàbado  2 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F ALEVIN - PABELLÒN C.F."C": Sàbado 2 as 10:30 no campo do Marco.

ANTELA C.F - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 2 as 11:15 no campo de Xinzo de Limia.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - OURENSE VET. : Sàbado 2 as 16:30 no campo do Marco.

A VEIGA F.S. - OS PEARES F.S: Sàbado 2 as 19:30 no pabellón da Rùa.

A PEROXA F.S. MASCULINO - NOGUERIA DE RAMUIN F.S. : Sàbado 2 as 18:30 no polideportivo da Peroxa  

A PEROXA F.S. FEMININO - NOGUEIRA DE RAMUIN F.S : Sàbado 2 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.




APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡