Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de diciembre de 2012

Visita do Reis Magos

Desta vez non será para visitar os nosos nenos e nenas, como tampouco fixo Papa Noel, pero sí os nosos maiores.
Será na tarde do 6 visitando as Residencias de maiores do Concello (agardemos que sexa en todas), acompañados do coro que cantarán villancicos.
A ùnica actividade, como xa anunciamos, para os nosos peques será a visita a Pazolandia o día 2 de xaneiro.
Este è o anuncio sacado da prensa local sobre as actividades que o noso concello organiza nas festas navideñas:


AGARDEMOS QUE OS NOSOS MAIORES DISFRUTEN DESTA ILUSTRE VISITA ¡¡


viernes, 21 de diciembre de 2012

Diversión en Pazolandia¡¡

Un ano máis celebráse dende o 26 de decembro o 4 de xaneiro un dos actos màis agardados polos nosos peques......PAZOLANDIA.

Como todos os anos será no pabellón Paco Paz en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 cunha entrada o recinto de 4€ e logo poderase disfrutar tòdalas atraccions alí instaladas.

Dende o concello da Peroxa organizase unha viaxe para que os rapaces disfruten deste evento.

DÌA: 2 de xaneiro
SAÍDA: As 4 da tarde dende a praza do Concello.

Os menores de 6 anos acompañados dun adulto.

Anotarse nas oficinas ou telefono do concello ata o 28 de decembro.

PARTICIPA ¡¡¡


jueves, 20 de diciembre de 2012

Actividade deportiva no concello na ultima fin de semana do 2012

Para rematar o ano 2012 para a maioría dos equipos que todavía teñen actividade informamos dos encontros dos nosos equipos, que son os seguintes:

A PEROXA C.F - MELIAS: Domingo 23 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F "B" - C.D. COLES: Domingo 23 as 18:00 no campo do Marco.

ARCOS C.F - ATL. PEROXA: Domingo 23 as 16:00 na Uceira en Carballiño.

A PEROXA C.F. ALEVIN - PONTEOURENSE C.F. "C": Sàbado 22 as 12:00 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CALDARIA: Sàbado 22 as 16:00 no campo do Marco.


Os equipos de xuvenis, prebenxamins, futbolsala masculino e femenino do Peroxa CF non teñen competición, así como tampouco Peares futbolsala.


A TODOS OS NOSOS DEPORTISTAS TAMÉN LLES DESEXAMOS BOAS FESTAS E UN 2013 CHEO DE ÉXITOS PERSOAIS E DEPORTIVOS.




miércoles, 19 de diciembre de 2012

BO NADAL E FELIZ ANO 2013 ¡¡

Un ano máis e chegados a estas datas, os compañeiros da Agrupación Municipal Socialista no Concello de A Peroxa queremos desexar unhas moi Boas Festas e un próspero ano 2013 a tódolos nosos veciños e veciñas do concello, así como a todas as suas respectivas familias.

Tamén dar a benvida nestas datas de xuntanza os nosos moitos veciños e veciñas que están lonxe da súa terra e estes días volven para celebrar cos seus estas datas de ledicia en familia.

A TOD@S.........¡¡¡¡ FELICES FESTAS ¡¡¡¡


martes, 18 de diciembre de 2012

As nosas iniciativas fanse realidade

Neste días estase a publicitar os trámites de tráfico que se poden facer dende o concello de A Peroxa, sen necesidade de desprazarse a Ourense, co conseguinte aforro de tempo e cartos.

A raíz dunha moción presentada pola nosa Agrupación Municipal Socialista no concello e aprobada en pleno, este trámites pódendese realizar dende as oficinas municipais dende fai unhas semanas como nos confirmou o Alcalde no anterior pleno, no cal tamén lle solicitamos que publicitase a través de bandos polo concello esta novidade, que recentemente aceptou e levou a cabo.

Este è o bando que anuncia os novos trámites coa DGT:


Outra proposta da nosa agrupación que facilita e mellora as condicións dos nosos veciños e veciñas.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡

viernes, 14 de diciembre de 2012

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 15 e 16 de decembro de 2012



A fin de semana deportiva cèntrase nos encontros que disputarán os nosos equipos representativos, así como tamén unha proba relacionada co deporte das motos, e concretamente co enduro:

Os encontros dos nosos equipos en competición son os que seguen:


MUIÑOS - A PEROXA C.F: Sàbado 15 as 16:30 en Muiños.

ATL. PEROXA - LOUREIRO C.F: Domingo 16 as 16:00 no campo do Marco.

SP. CARBALLIÑO  - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 15 as 20:00 no campo da Uceira (Carballiño).

 S.D.C. ARRABALDO - A PEROXA C.F. XUVENIL: Domingo 16 as 12:00 no campo de Sta. Cruz.

C.D.C. SANTA TERESITA - A PEROXA C.F. ALEVIN.: Sábado 15 as 16:15 en Eiroàs.

 PABELLÓN C.F "B"- A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Domingo 16 as 12:30 no campo dos Remedios.

VETERÀNS POLÍGONO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 15 as 16:00 no campo do Poligono.

OS PEARES FS - LA BULL 2.0: Sàbado 15 as 18:30 no pabellón de Peares.

SD. OS ESCORNABOYS - A PEROXA FS. MASCULINO: Sàbado 15 as 18:00 no pabellón de Taboadela.

 A PEROXA FS FEMININO - CASTRELO FSF.: Sàbado 15 as 20:00 no Polideportivo da Peroxa.




Anima os nosos equipos ¡¡¡
 
 
Como indicamos anteriormente este domingo 16 nas terras da Peroxa celébrase o evento ENDUROllada, para os amantes das motos.
 
No seguinte enlace tedes información completa:
 
 
Asimesmo, este è o cartel anunciador da proba:
 
 

jueves, 13 de diciembre de 2012

Acto solidario en Ourense

Este vindeiro venres 14 de decembro, a Agrupación Municipal Socialista do Concello de A Peroxa estará representada nun acto solidario que se celebrará no campo da Universidade.

Commemorando o "Dìa dos dereitos humanos", celebraremos un partido de fùtbol7 entre membros do PSdG-PSOE da provincia de Ourense dende as 20:30

A participación custará 5€ que serán donados a Solidariedade Internacional de Galicia.

A entrada solidaria e participativa no evento è a seguinte, que xa obra en poder da nosa Agrupación:



Posteriormente a este acto, terá lugar unha cea-xuntanza para despedir o 2012 conxuntamente ¡¡¡


ACOMPÀÑANOS E COLABORA NUNHA BOA CAUSA ¡¡¡


miércoles, 12 de diciembre de 2012

LOTERÍA DE NADAL

Dende este blog queremos comunicar os membros e colaboradores da Agrupación Socialista da Peroxa que xogaremos este ano a Lotería de Nadal para o vindeiro sorteo do 22 de decembro de 2012.

Queremos facer partícipes a tod@s desta ilusión común e agardemos que a sorte nos acompañe.

O nùmero o que xoga 20€  a nosa Agrupación será o seguinte:



O nùmero escollido para algúns pode ser considerados dos "feos", pero foi escollido por un motivo ben especial e importante para a nosa Agrupación.....

Foi o número de votos que os nosos veciños e veciñas do concello nos confiaron nas pasadas eleccións municipais de maio de 2011, votos que nos deron forza, gañas e impulso para traballar na oposición deste Concello. 

391 persoas os que novamente lle agradecemos esa confianza, e polas que xunto coas do resto do Concello estamos a traballar con responsabilidade e segundo o compromiso adquirido.

SORTE E BO NADAL XA POR ANTICIPADO A TOD@S ¡¡¡


Actuaciòns pasadas

Lembramos no día hoxe outra das actuacións que dende a nosa Agrupación Municipal Socialista se fixo no seu día para axilizar o remate dos proxectos paralizados polo concello. Non se publicou no seu día porque todavía non tiñamos operativo este blog.

Trasladamos os nosos representantes no parlamento as anomalías que se estaban a producir na paralización da instalación do Circuito Biosaludable que hoxe se atopa instalado no campo da Feira novo da Peroxa.

A subvención levaba xa adxudicada varios meses e os aparellos permaneceron durante moito tempo "aparcados" no poliderportivo da Peroxa co conseguinte perigo para os seus usuarios xa que estaban na grada.

A nosa inquedanza trasladouse a través das preguntas que siguen os responsables da Xunta a través do seguinte escrito:



"CASUALMENTE" ........3 días despois da presentación do presente escrito instalouse o citado Circuito para use e desfrute dos veciños e veciñas do concello que queiran facer uso del.

Con estas accións as nosas inquedanzas e preocupacións pola mellora dos servizos do concello quedou unha vez máis de manifesto.

SEGUIREMOS TRABALLANDO ¡¡¡

viernes, 7 de diciembre de 2012

Resumo do pleno celebrado no Concello de A Peroxa o 29/11/2012.

A continuación e seguindo a liña informativa da nosa Agrupación Municipal sobre os asuntos tratados no Concello de A Peroxa, resumimos o que foi o interesante pleno recentemente celebrado, onde se abordaron cuestións importantes para a veciñanza.

Seguindo o esquema segundo a orde do día os asuntos tratados e os acordos foron os que siguen:

No Punto 1 aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No Punto 2, como è preceptivo se nos informou da disponibilidade dos decretos da Alcaldía dictados dende o pleno anterior, os cales examinamos nas oficinas municipales o mesmo día 29 pola maña, sen atopar nada interesante que reseñar.

No Punto 3, aprobouse tamèn por unanimidade a continuidade no Convenio Marco de Cooperación coa Deputación Provincial para a Recollida de  Residuos Sòlidos Urbanos.

No Punto 4, que trataba de modificacións de ordenanzas fiscais, logo de debater sobre as cuestións plantexadas e tras informarnos por parte do Alcalde da súa intención de subir as tasas correspondentes os Servizo de Axuda a Domicilio, argumentando que un dos motivos da elevada suba era para incluir a 5 persoas máis que había en lista de espera, os membros da nosa Agrupación cuestionaron a medida xa que novamente se bota sobre os veciños e veciñas uns incrementos de tasas sobre un servizo esencial básico, con subas que segundo o baremos de ingresos se situán en porcentaxes moi elevadas. O Alcalde manifestou que a suba por hora non era cuantiosa xa que os que agora pagaban 2,69 euros por hora de servizo agora pasaràn a pagar...4,5. Os que pagaban 3,17 agora pagarán 6€.....Nos elevamos estes custos por hora a meses e os que pagaban mensualmente 17,75 agora incrementase a tasa ata os 29,70€ (12€ máis cada mes) e os que aboaban 29,70 agora pasan a 52,80 (23€ màis cada mes). Tendo en conta a baixa cuantía das pensións e agora agravado co COPAGO farmaceútico.....temos un novo exemplo de castigo os petos dos máis necesitados.
Novamente expuxemos que como è posible que se propoña esta suba cando nos acaban de presentar uns datos econòmicos do 2011 onde manifestaron que se cerrou o exercicion cun "sobrante" de màis de 300.000€, e este incremento que soportaran as familias da Peroxa tan só suporía para o Concello 4.000€ que serán os que teñan que pagar os usuarios deste servizo.

Neste punto tamén se propuxo a suba de tasas para o servizo municipal de gardería, cunha subas tamén moi significativas tamén segundo os ingresos familiares. Aquí novamente o Sr. Alcalde voltou a manifestar o negro futuro deste servizo municipal, unha vez máis amparado na escasez de nenos que usan este servizo e alegando que è un custo moi elevado para o concello. Non se contempla nunca o fomento de uso destes servizos, sempre se escudan na falta de usuarios para argumentar un desexado peche.

A nosa Agrupación neste punto non emitiu o voto favorable por todo o exposto.

Para máis información sobre estes temas no seguinte enlace a paxina do concello podedes comprobar as ordenanzas actuais tanto no Servizo de Atención no Fogar como  no Punto de Atención a Infancia:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=4UarxbImIExSkiJiFIiYhg

Este punto da orde do día tamén tivo a súa repercusión na prensa local:

http://www.laregion.es/noticia/233761/peroxa/precio/servicios/ayuda/domicilio/

No Punto 5, aprobouse publicar segundo o procedemento legal establecido as ordenanzas que aprobaron os membros do Partido Popular sobre as suba das Tasas nos servizos tratados no punto anterior.

No Punto 6, por unanimidade aprobouse a declaración de crédito "non dispoñible" o correspondente a eliminación da Paga extra dos traballadores municipais, segundo o dictaminou o goberno de España do Sr. Rajoy. Unha partido orzamentaria que queda " a espera" de novas instruccións.

No Punto 7 estaba previsto segundo a orde do dìa o turno de rogos e preguntas, pero aquí segundo a proposta do portavoz socialista indicando que segundo a normativa vixente (punto 4 do artigo 91 do ROF), este punto debe pechar os puntos da orde do día, acordouse facelo así.

No Punto 8, presentamos a seguinte moción por parte da nosa Agrupación Municipal Socialista:


Acordamos solicitar a aprobación desta moción para a supresión da paga extra do Sr. Alcalde, e empregala en axudas para os escolares do Colexio por ser unha actuación sobre un dos considerados servizos sociais do concello, como ben podería ser invertida en calquer outro servizo de axuda ou mellora municipal.

Amparamonos no tema econòmica, unha vez máis segundo os datos que nos presentan do estado de contas do concello, manifestado en varias ocasión, nunha delas recollida na acta dun pleno anterior como amosamos:


Tamén sobre o debate desta moción argumentamos que compañeiros seus de partido seguiran unha actuación similar nos seus concellos.....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/11/08/alcalde-concejala-san-cibrao-donan-paga-extra-libros-texto/0003_201211G8P14993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Tamèn lembramos que outros que él critica habitualmente como son o de Amoeiro ou de Coles (do PSOE), tamén actuaron nese sentido.

O noso Concello tamén ten para estes fins, unha ordenanza para establecer subvencións, que podedes consultar picando no enlace correspondente na sede electrónica do concello:

 http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=0xRPqRucE4ttMD4-fDSlQw

Neste punto o Sr. Alcalde manifestou que SÌ RENUNCIA A SÚA PAGA EXTRA, pero que a invertirá no que èl decida, non en axudas os escolares do noso colexio o non consideralo necesario. Tampouco quixo manifestar cal será o seu destino, unha vez máis facendo uso do seu OCULTISMO informativo e falta de TRANSPARENCIA. Agardemos ter noticias o respecto pronto.
A nosa Agrupación Municipal aceptou as condicións, indicandolle que agardamos que a inversión da súa paga sexa en servizos necesarios para o Concello e non en CAPRICHOS persoais.

 No Punto 9, tratouse unha proposta feita pola nosa Agrupación Municipal Socialista:



Nesta proposta argumentamos que formando parte do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, onde nos Puntos b) e e) do artigo 5 dos seus estatutos indica que unha das súas funcións e "Potenciar e desenvolver actuación e actividade en materia turística e por en valor o sector turísco das zonas de cada concello".


Amosamos o Cartel do citado Circuito de Probas:


Reitermos a grande afición por parte de moitos dos nosos veciños e veciñas neste tipo de probas desprazándos incluso a varios puntos da propia provincia a competir.

O Sr. Alcalde alegou inicialmente que estas probas eran moi custosas na súa organización, pero que de todas formas consultaría esta posibilidade cos responsables das organizacións.

Neste mesmo punto de escritos e comunicación aprobouse por unanimidade un escrito dirixido a Subdelegación do Goberno de Ourense solicitando máis presencia de forzas de orden público no noso concello debido ao gran aumento de actos delictivos recentes, como son os moitos roubos en vivendas e negocios do Concello.

Este acordo tamén tivo repercusión na prensa local:


Finalmente e como xa ben indicamos anteriormente rematamos co punto de Rogos e Preguntas:

Comenzamos con 2 rogos:

-Rogamos a subsanación do apagado dunha farola de alumeado público na entrada do pobo de Gulfariz onde afecta a varios veciños, quedando a zona a escuras completamente.
Neste rogo o Sr. Alcalde manifestou que fora un erro do electrecísta e que se reporá en breve.

-Tamén neste servizo de alumeado rogamos un cambio no apagado da farola de Gueral que se atopa na carretera, fronte as escaleiras, usadas polos veciños principalmente cando van ou veñen da parada o bus. Solicitan se volva repoñer e apagar a seguinte por ese camiño de acceso o pobo.
O Sr. Alcalde aquí manifestou que o mellor sería apagalas todas nese camiño xa que NINGUÉN transita por èl.......
Triste comentario por certo¡¡¡¡¡


Esta è a farola cuestionada.

 
No tocante as preguntas, as feitas por escrito foron as seguintes:



Como resposta a pregunta 1 sobre a proba de BTT:

O Sr. Alcalde logo de "divagar" e argumentarse con datos sobre as visitas feitas a pàxina da proba, o número de visitas e algúns datos máis que expuso e que nin él mesmo sabía do que falaba, respostou que o orzamento total foi de 2800 Euros, dos cales o Concello aportou 2.200€ e recibiuse unha subvención da Deputación de Ourense de 600€ ¡¡
Comparativamente resulta curioso que aquí o Concello nun só día gastou máis de 2000€ mentras non quere afrontar 4000€ que lle custa o Servizo de Atención no Fogar os nosos veciños e veciñas.

Lembramos imaxes relativas a esta proba:





Como resposta a pregunta 2 sobre deficiencias en Toubes:

 O Sr. Alcalde manifestou que o problema está arranxado, certo é que sí pero non como dí èl por xestión suas senòn pola insistencia dos veciños tras varias chamadas as oficinas municipais sen serén atendidas ata que os membros da nosa Agrupación se interesaron xunto cos veciños polo problema.




Non se contempla a limpeza do tanque.





 Como resposta a pregunta 3 sobre deficiencias Campo Feira Vello da Peroxa:


O Sr. Alcalde recoñece as deficiencias enumeradas e comprometeuse a buscar a principios do ano vindeiro unha mellora ampla desta zona a través dalgunha subvención.







Como resposta a pregunta 4 sobre deficiencias camiño Pousada:


O Sr. Alcalde manifestou non ter constancia desa anomalía, cando segundo testimonio dos veciños xa foi avisado (en epoca electoral) o concelleiro responsable desa zona, con chamada "in situ" directamente o Sr. Alcalde supoñemos que facendo o típico paripé, pero o fin e o cabo, peticiòn nunca atendida.
Situación que se comprometeu a arranxar rápidamente para evitar males maiores.


Como resposta a pregunta 5 sobre alegacions non respondidas:

Nesta pregunta o Sr. Alcalde manifestou e informou o noso compañeiro de agrupación de Gulfariz que terán próximente unha xuntanza para tratar o tema e tentar de arranxar as demandas.
Aquí prodúciuse un debate sobre a normativa existente que os veciños reclaman para que os contadores sexan colocados en cada vivenda e non centralizados nun punto alonxado como se acostumaba a facer no noso Concello. O Sr. Alcalde manifestou en nome do Concello que faría o máis interesante para o concello e non o que os veciños quixesen.
Lembramos que en obras recentes noutos puntos do concello sí se instalaron nas fachadas das vivendas individualmente como marca a normativa o respecto:



Como resposta a pregunta 6 sobre espello en Toubes:



O Sr. Alcalde queixase do continuo deterioro deste espellos e o gran gastos que ocasiona para o concello, pero que tentará de buscarlle unha solución.


Como resposta a pregunta 7 sobre acordos non realizados:

O Sr. Alcalde manifestou que non sabía porqué todavía está si colocar a baranda de Graíces, nin o tema da auga da fonte.
Sobre o das vivendas explicou que seguen traballando no tema.
Sobre os trámites de tráfico indicou que xa funciona, e nos lembramoslle que debería publicitar este servizo no concello polos pobos a través dos bandos correspondentes e mesmo na Web do concello e dixo que así se faría.

Finalmente rematamos con algúnha pregunta oral:

Preguntamos sobre o asfaltado pendente da obra do Conchouso e manifestou que están agardando a que mellore o tempo para que sexa máis efectiva e duradeira.



A mesma resposta sobre a nosa pregunta de cando se inician os traballos de mellora e asfaltado de varias vias de comunicación do Concello segundo as axudas do plan de Infraestructuras de Medio Rural.



Ata aquí o resumo deste interesante pleno.

Seguimos cumprindo os obxetivos adquiridos de traballar para a mellora do concello a traves das nosas propostas, mocións, preguntas, etc, e de facerlle chegar os nosos veciños e veciñas a información e acordos tomados no Concello.


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 8 e 9 de decembro de 2012.

 A actividade unha semana máis céntrase nos encontros que disputarán os equipos representativos do concello nas súas respectivas competicións, e que son os que indicamos:

 
A PEROXA C.F - BARBADÁS "B": Domingo 9 as 16:00 no campo do Marco.

SP. BORULFE - ATL. PEROX Domingo 9 as 16:00 no campo de Vilamarín.

A PEROXA C.F. "B" - CASTRELO DE MIÑO:  Sàbado 8 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. XUVENIL - PONTE OURENSE "B": Sàbado 8 as 12:00 no campo do Marco.

PABELLÓN C.F. "B" -A PEROXA C.F. ALEVIN.: Sábado 8 as 19:45 nos Remedios.
 
A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - CALASANCIO: Sàbado 8 as 11:00 no campo do Marco.
 
A PEROXA FS MASCULINIO - VISTAHERMOSA FS:Sàbado as 19:00 no polideportivo da Peroxa.






ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡



Artigo para a memoria

No xornal La Voz de Galicia do xoves 6 de decembro poidemos atopar un artigo de opinión bastante ilustrativo do recente pasado do presidente da Xunta de Galicia.

Ese que se considera, "bo xestor" non è máis que un auténtico depredador dos servizos públicos.....por onde foi pasando foi privatizando e pechando servizos e cortando dereitos os cidadáns.

Compartimos na súa totalidade a opinión do seguinte artigo:


ESTE È O VERDADEIRO FEIJOO ¡¡¡¡


miércoles, 5 de diciembre de 2012

Resumo da visita a parroquia de Gueral.

O pasado sábado 24 de novembro os membros da nosa Agrupación Municipal Socilista de A Peroxa visitaron a parroquia de Gueral dentro da actividade periódica de visitas os nosos pobos e parroquias denominados "SABADOS COA VECIÑANZA".

Comenzamos a visita a parroquia no pobo de Corbelle, un pobo onde están empadroadas 41 persoas. Reunimonos con varios veciños e veciñas no local social onde nos expuxeron a situación actual do pobo, demandas non atendidas, e necesidades en xeral.

Posteriormente percorremos o pobo, un pobo grande pero que por desgraza, e como outros tantos do concello comenza a estar deserto de veciños e veciñas, pois poucas persoas residen a diario.

Unha da demandas plantexadas foi a petición de arranxo da pista que vai cara San Ciprián e que parte xunto a Capela. Xa teñen trasladado esta petición o Sr. Alcalde pero ata agora non foi atendida. Pista transitada para o acceso tamén a moitas fincas.


Tamén se solicita a mellora dalgúns baches existentes na carretera que une o pobo coa nacional de Lugo, onde nos podemos atopar con buratos diante mesmo do local social...


Tamén hai deterioros nesta mesma vía preto da nacional, e ademáis existe un punto onde as augas das choivas fan que se arrastre terra cara a via ocasionando inconvenientes os conductores, que se poderían solucionar coa mellora das cunetas.

A situación do parque infantil do centro do pobo tamén é mellorable....


Interesamonos tamén pola recente obra de abastecemento de auga feita polo concello, onde poidemos comprobar a correcta ubicación dos contadores nas vivendas.


O cercano pobo de Vilar de Corbelle onde hai 4 veciños empadroados non nos desprazamos xa que recentemente estivemos nel durante a campaña pasada de autonómicas e xa tivemos conversa con algúns dos veciños que alí residen, demandando un arranxo no asfaltado da deteriorada via de acceso o centro do pobo, así como da limpeza das beirarúas.

Finalmente visitamos Gueral, donde temos empadroadas a 29 persoas, onde tamén percorremos o pobo acompañados de algúns veciños que nos fixeron chegar demandas que enumeramos seguidamente:

Solicitan o cambio no apagado do alumeado público, solicitase que se encenda de novo a da carretera diante das escaleiras que suben cara o pobo e se apague a seguinte neste mesmo camiño, dado que polas escaleiras e por onde acceden por exemplo dende a parada cercana de autobús.


Neste mesmo camiño que vai cara o pobo solicitase un arranxo dado que os veciños indican que agora coas xeadas e humidades existentes faise resbaladizo e moi perigoso para unha caída, mesmo algunha veciña tivo que deixar de usalo e rodear pola outra entrada do pobo por ese medo a unha caída onde poida facerse dano.


Nesta mesma zona amosamos o estado mellorable do lavadoiro...


Tamén se solicita o arranxo da marquiña da parada do autobús que ten un dos cristais rotos e está no chan co perigo que eso supón.

Estas necesidades son en liñas xeraís as demandas polos veciños desta parroquia, demandas asumibles polos responsables municipais, os cales llas faremos chegar a través das canles axeitadas.

Agardamos pois, solucións a estes problemas expostos.

GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN ¡¡

SEGUIMOS A VOSA DISPOSICIÓN E TRABALLANDO PARA A VECIÑANZA ¡¡