Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 25 de octubre de 2012

Inclusión listas contratación temporal

A empresa pùblica SEAGA ben de abrir o periodo de anotación nas listas de contratación en moitas das súas características.

Unha boa oportunidade para anotarse e optar a postos de emprego.

Màis información, bases e solicitudes no seguinte enlace:

http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php

Plazo ata o 31 de outubro.


EVENTOS DEPORTIVOS FIN DE SEMANA 27 E 28 DE OUTUBRO

Unha semana máis a actividade deportiva no noso concello céntrase nos encontros que disputarán os equipos representativos.

Son os que siguen:

A PEROXA C.F - U.P TABOADELA: Domingo 28 as 16:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F "B" - ATL. PEROXA: Sàbado 27 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F XUVENIL - C.F MONFORTE: Sàbado 27 as 10:00 no campo do Marco.

C.D. VELLE - A PEROXA C.F ALEVIN: Domingo 28 as 10:30 no campo de Velle.

A PEROXA C.F PREBENXAMIN - U.D. BARBADAS: Sàbado 27 as 12:00 no campo do Marco.

OURENSE VETERANOS - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 27 as 18:30 en Cea.

ARRANXAR - OS PEARES FS: Sàbado 27 as 18:30 no pabellón da Carballeira.

PADRENDA - A PEROXA FS: Sàbado 27 en lugar e hora sen publicar


Anima os nosos equipos ¡¡



martes, 23 de octubre de 2012

Analise

Pasadas xa as eleccións autonómicas deste pasado domingo queremos dende esta Agrupación Municipal, como non podía ser doutro xeito, felicitar os membros, votantes e simpatizantes do Partido Popular polos resultados obtidos.

Tamén queremos aproveitar a ocasión para AGRADECER o excelente traballo feito polos membros dos socialistas da Peroxa, tanto na campaña electoral como no longo día de eleccións formando parte das mesas electorais existentes no noso Concello. Unha labor voluntaria e triste polos resultados acadados, pero orgullosos polo bó traballo feito.

Dende agora mesmo estamos xa traballando no seguinte obxetivo que se nos presente, loitando por defender os nosos ideais e axudando os veciños e veciñas da Peroxa a conseguir unha mellor calidade de vida no seu Concello..

Non podemos rematar sen agradecer a colaboración os votantes socialistas do concello de A Peroxa nestas eleccións.

Moitas gracias a todos e todas e lembrade que seguimos traballando por vós ¡¡


jueves, 18 de octubre de 2012

Actividade deportiva na fin de semana do 20 e 21 de outubro de 2012

Neste vindeiro fin de semana a actividade deportiva céntrase unha vez máis nos encontros que disputarán os equipos representativos do noso Concello nas súas competicións respectivas e que enumeramos a continuación:


VELLE - A PEROXA C.F: Domingo 21 as 16:30 no campo de Velle.

ARCOS C.F - A PEROXA C.F "B": Domingo 21 as 16:30 no campo da Uceira (Carballiño).

ATL. A PEROXA - SP. CARBALLIÑO: Domingo 21 as 16:30 no campo do Marco.

C.D BARCO - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado 20 as 17:00 no campo do Barco.

A PEROXA C.F ALEVIN- C.P CALASANCIO "B": Sàbado 20 as 11:00 no campo do Marco.

C.D OURENSE - A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN: Sàbado 20 as 10:00 en Salesianos.

AURIA VELLA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 20 as 16:30 no campo de Melias.

OS PEARES FS - LASIDER: Sàbado 20 as 19:00 no pabellón de Os Peares.

A PEROXA FS - VISTA HERMOSA FS: Sàbado (falta horario) no polideportiva da Peroxa.


Elixe os teus encontros e anima os nosos equipos ¡¡


Por todos estes motivos......vota Pachi Vàzquez ¡¡

O longo destes últimos 4 anos de desgoberno de Feijoo na Xunta sobra motivos para que non teña unha nova oportunidade para castigar a Galicia e tamén para que o Sr. Rajoy vexa freadas as súas nefastas políticas que castigan os máis débiles. Lembra que votar PP en Galicia è votar Rajoy en Madrid.

Por estes, e por outros moitos motivos, o domingo 21 vota con responsabilidade:



GALICIA DECIDE ¡¡¡

TÌ DECIDES ¡¡

LOGO NON VALE LAMENTARSE ¡¡


miércoles, 17 de octubre de 2012

Como marchar sen cumprir.....¡¡

Un dos moitos exemplos dos incumprimentos do "veciño" Feijoó co seu pobo e e cos seus veciños e veciñas.

Deixa sen cumprir as súas promesas electorais logo de enganar os seus propios votantes....



FEIJOO & RAJOY & PP = MENTIROSOS ¡¡¡


martes, 16 de octubre de 2012

Mitin do PSdeG-PSOE en Ourense

Hoxe martes 16 de outubro dende as 20:00 no Pabellón dos Remedios o partido socialista en Ourense celebra o seu acto central na campaña destas elecciòns autonómicas 2012, coa presenza de Pachi Vàzquez e Alfonso Guerra.

Agardamoste ¡¡



Festa do Trabazo 2012 en Fontaiño

Este vindeiro sábado 20 de outubro celebrarase en Fontaiño un ano máis outra enxebre festa popular con actos festivos e gastronómicos con comida e cea de encarga, acompañados por unha importante orquestra.

Acude e disfruta das nosas festas ¡¡¡

lunes, 15 de octubre de 2012

Campaña electoral de Jesus Caldera na Peroxa

Este pasado sábado a campaña das eleccións autonómica tivo o seu acto central por parte da Agrupación Municipal Socialista da Peroxa, co reparto de publicidade pola feira do pobo, acompañados por cargos do Partido Socialista de Ourense.


Logo disfrutamos dun estupendo xantar na feira cos productos típicos acompañados coa visita do ex-ministro socialista Jesus Caldera que como non podìa ser doutro xeito quedou impresionado pola calidade dos nosos productos...


Posteriormente, e desexoso de coñecer e visitar o noso concello trasladámonos a Festa do Viño de Gulfariz para seguir amosando a calidade dos nosos productos, así como as nosas fermosas paisaxes e pobos con encanto...


Visitamos as bodegas do pobo e por suposto probando os seus viños....





Coñecendo as inquietudes dos veciños e veciñas nun agradable paseo polas ruas do pobo.....


E para rematar, interesandose polas terras do concello, as súas peculiaridades e a grandeza do noso territorio...


Agradecemos a súa visita e sobre todo a súa amabilidade con todos os membros da nosa agrupación.

Seguiremos de campaña esta semana visitando pobos e parroquias explicando o proxecto socialista para tentar acadar na Xunta unha presidencia para un Ourensàn coñecedor das nosas necesidades como è...


PACHI VAZQUEZ.


Actividade no Concello

Este vindeiro venres día 19 de outubro terá lugar no edificio "multiusos" da praza do concello de A Peroxa a partir das 16:30 unha actividade de Risoterapia + Ioga da Risa.

Interesados anotarse nas oficinas municipais.


jueves, 11 de octubre de 2012

Actos de campaña dos socialistas da Peroxa

Como non podía ser doutro xeito, os Socialistas da Peroxa, a travès da súa Agrupación Municipal, cos nosos concelleiros a cabeza e acompañados polos nosos colaboradores habituais nos pobos e parroquias do concello e tamén con novos membros estamos a levar unha campaña electoral intensa para estas vindeiras e decisivas eleccións autonómicas 2012, onde o 21 de outubro temos que lograr un cambio de goberno na Xunta que nos dé novas esperanzas e sobre todo outro xeito de gobernar sen perxudicar sempre os máis débiles: pensionistas, estudantes, dependentes, mulleres, traballadores pùblicos, etc.

Logo de percorrer os pobos do concello, coa correspondente publicidade do noso candidato, de visitar os veciños e veciñas, de falar con eles e explicarlle os nosos proxectos chegou o acto central no noso concello.

Aproveitando a feira do SABADO DÍA 13 DE OUTUBRO os socialistas percorreremos dende as 11:30 a Feira da Peroxa.

Contaremos coa presencia do Secretario Provincial dos Socialistas Ourensans e número 3 da lista das autonómicas, o compañeiro RAUL FERNANDEZ e do tamén integrante da mesma ELADIO OSORIO.

Ademáis deste percorrido pola feira, as 13:00 teremos un xantar coa presenza de varios cargos provincias do partido, coa presenza dos compañeiros e compañeiras de Coles e Amoeiro, cos seus alcaldes a cabeza e cunha visita estelar que será para nos un placer e unha honra ter no noso concello a.........


JESÚS CALDERA



Este compañeiro socialista è un dos políticos máis queridos e apreciados pola súa labor na etapa socialista no goberno da nación.

Foi Ministro de Traballo e Asuntos Sociais dende o ano 2004 e na lembranza de todos está a sua gran xestión o fronte deste ministerio.

Foi Jesus Caldera que subio o salario mínimo, aprobou unha reforma laboral consensuada, reformou a Seguridade Social, foi impulsor e creador do Estatuto de Autónomos, aumentou o permiso de paternidade de 4 a 15 días, creou o cheque nacemento de 2.500 euros que millòns de españois cobramos, puxo en marcha a Lei de Igualdade, a Lei Integral contra a Violencia de Xènero, etc.

Pero a súa maior conquista social e de benestar foi a posta en marcha da ASISTENCIA A TRAVÈS DA LEI DE DEPENDENCIA, da que millóns de persoas se beneficiarion e melloraron a súa calidade de vida, entre eles moitos dos nosos veciños e veciñas do concello de A Peroxa, hoxe tristemente olvidada e recortada por Rajoy e Feijoo.

Polo tanto, un auténtico luxo que este salmantino visite o noso concello.


TODAS AS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR NESTES ACTOS DO SÁBADO 13, BEN SEXA NA VISITA A FEIRA OU NO XANTAR POSTERIOR COA PRESENZA DAS ILUSTRES PERSOAS NOMEADAS PODEN POÑERSE EN CONTACTO A TRAVÈS DAS CANLES HABITUAIS, E-MAIL, TF, OU CON CALQUER MEMBRO DA AGRUPACIÓN.

DISFRUTA DO DÍA DOS SOCIALISTAS DA PEROXA ¡¡

ACOMPAÑANOS.....

O 21 DE OUTUBRO......È O MOMENTO.....O MOMENTO DUN PRESIDENTE SOCIALISTA, DUN OURENSÁN COÑECEDOR E AMANTE DO NOSO CONCELLO.....È O MOMENTO DE VOTAR PSdeG-PSOE........È MOMENTO DE.......

PACHI VÀZQUEZ


Eventos deportivos no concello na fin de semana do 12, 13 e 14 de outubro de 2012

Intensa e moi variada actividade dos equipos do concello nesta longa fin de semana con festivo incluído:

Os encontros nas respectivas competición dos nosos equipos son os que siguen:

A PEROXA "B" - C.D BARRA DE MIÑO: Copa Deput. Venres 12 as 18:00 no campo do Marco.

ATL. A PEROXA - ATL. VILARIÑO: Copa Deputación o Venres 12 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F - BARBANTES: Domingo 14 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F "B" - LOUREIRO: Domingo 14 as 18:00 no campo do Marco.

A.D CASTRELO DE MIÑO - ATL. A PEROXA: Domingo 14 as 16:30 no campo de Macendo.

GADAFFI PEROXA VETERANS - O IRIXO: Sàbado 13 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F XUVENIL - PONTE OURENSE "B": Sàbado 13 as 11:30 no campo do Marco.

U.D BARBADAS "C" - A PEROXA C.F ALEVÍN: Sàbado 13 as 10:15 no campo da Valenzà.

A PEROXA C.F PREBENXAMIN - C.D. VELLE: Sàbado 13 as 10:30 no campo do Marco.

F.S. BEARIZ - OS PEARES F.S: Sàbado 13 as 19:30 no polideportivo de Beariz.

REGUENGA F.S - A PEROXA FS: Sàbado 13 as 17:00 no pabellón de Cea.


ELIXE OS TEUS ENCONTROS E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡¡

Clases de inglés

O vindeiro venres 19 de outubro comenzarán no Colexio Blanco Torres de A Peroxa unhas clases de inglés dirixidas os nosos nenos e nenas dentro do plan de actividades extraescolares subvencionado pola Xunta de Galicia.

Os horarios son os seguintes: as 15:15 para a unidade de infantil e as 16:15 para os de primaria.


miércoles, 10 de octubre de 2012

Excursión a Lugo

Dende o Concello e unha vez rematadas as populares festas do San Froilán 2012 organiza unha excursión a Lugo onde se visitará o espectacular parque-zooloxico de Marcelle.

Farase parada en Lugo para comer nas tìpicas casetas que estiveron durante os días de festa do San Froilán, para de volta visitar o castelo de Palas de Rei.

A data da viaxe è o vindeiro mércores 17 de outubro, saíndo dende a praza do Concello as 09:00

O prezo da viaxe è de 12€

Os veciños e veciñas interesadas poden anotarse nas oficinas municipais.

Este é o cartel anunciador desta actividade:


martes, 9 de octubre de 2012

Festa do viño na Rebadaira 2012

Xa estamos un ano máis diante da tradicional festa na honra o viño novo na festa da Rebadaira 2012 de Gulfariz. Este ano celebrase os vindeiros días venres 12 (festivo) e sabado 13 coas tradicionais visitas as bodegas, comidas populares e festa con charanga e orquestra.

Disfruta dunha da festas máis senlleiras que se celebran no concello.


VÈMONOS EN GULFARIZ


lunes, 8 de octubre de 2012

Importante manifestación en Ourense

Hoxe luns as 20:00 con saida dendeo o Pabellón dos Remedios celebrarase unha nova manifestación popular onde os cidadáns de Ourense temos que amosar o noso descontento e protestar polas inxustas medidas e recortes os que nos castiga e someten os gobernos do PP de Rajoy e Feijoo.

Participa.....


viernes, 5 de octubre de 2012

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 6 e 7 de outubro

A actividade deportiva dos equipos representativos do Concello è a seguinte:

S.D VALENZÁ - A PEROXA C.F: Domingo 7 as 16:30 no campo dos Carris na Valenzá.

BORULFE VILAMARIN - A PEROXA C.F "B": Sàbado 6 as 18:30 no campo de Vilamarín.

ATL. A PEROXA - ATL. PONTEDEVA: Domingo 7 as 17:00 no campo do Marco.

RIBEIRO F.C - A PEROXA XUVENIL: Sàbado 6 as 16:00 en Ribadavia.

A PEROXA C.F ALEVÍN F-8 - C.F. MONFORTE: Sàbado 6 as 11:00 no campo do Marco.

C.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F PREBENXAMIN F-8: Sàbado 6 as 11:00 en Salesianos.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - AURIANET RAIRO: Sàbado 6 as 16:30 no campo do Marco.

OS PEARES FS - BAR BARELA AVIÓN FS: Sàbado 6 as 19:00 no pabellón dos Peares.

A PEROXA FS - OUTOMURO FS: Sàbado 6 as 18:30 no polideportivo da Peroxa.


Cantidade e variedade.......escolle os teus........e a ANIMAR ¡¡¡


Información importante

No Boletìn Oficial da Provincia de Ourense de hoxe venres 5 de outubro publicouse a lista de candidatos a xurado popular na provincia de Ourense.

Xente escollida o azar en tòdolos concellos da provincia, por suposto no noso concello tamén, con 17 persoas.

Màis información no seguinte enlace nas páxina 27 e 28 onde están os elexidos do Concello de A Peroxa:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=230&fecha=20121005


miércoles, 3 de octubre de 2012

Deficiencias importantes no Concello

Continuamos amosando neste blog exemplos de como é a realidade a diario do noso concello, con situacións onde se reflexa o abandono ò que este goberno municipal somete os nosos veciños e veciñas.

Levamos xa tempo sufrindo a ausencia total de actuacións municipais en canto a arranxo de problemas plantexados polos propios veciños ou mesmo pola nosa Agrupación Municipal.

Actuacións na maior parte dos casos sinxelas e onde o tema económico non pode ser a escusa para que non se arranxen para mellorar os servizos e as condicións de vida dos habitantes do concello.

Aquì vos deixamos 3 imaxes que son fiel reflexo da realidade exposta:


EXTERIORES DO POLIDEPORTIVO DE CORBELLE.
CREEMOS QUE NON È A MELLOR SITUACIÓN DESTA INSTALACIÓN ONDE O LIXO E MALEZA INVADE XA PARTE DOS TERREOS QUE DENDE O CONCELLO DE A PEROXA CONSIDERAN COMO UNHA "INSTALACIÓN DEPORTIVA".


ESTADO NO QUE SE ATOPA UN BANCO NO CAMPO DA FEIRA VELLO DA PEROXA, INUTILIZABLE E OXIDADO DENDE XA FAI MOITOS ANOS.

ESTA FOTO COMPLETAMOLA COA SEGUINTE NO MESMO LUGAR ONDE O VALADO ESTÁ DETERIORADO CO PERIGO CONSTANTE PARA OS VECIÑOS DO POBO, ESPECIALMENTE PARA NENOS E MAIORES, CUN PERIGO DE CAÍDA EVIDENTE.

SITUACIÓN NA QUE O CONCELLO PARECE MIRAR PARA OUTRO LADO, NON SABEMOS SI AGARDANDO ALGÚNHA DESGRACIA PERSOAL.

NESTE MESMO LUGAR CADA DÍA DE FEIRA APARCAN MOITOS DOS VISITANTES QUE VEÑEN DISFRUTAR DA NOSA GASTRONOMÍA E NON CREEMOS QUE SEXA A MELLOR IMAXE QUE SE PODEN LEVAR DO NOSO POBO.

POR ESTE E POR OUTROS MOTIVOS E POLOS QUE SOLICITAMOS O ARRANXO URXENTE DESTA E DOUTRA ANOMALÍAS. ASÍ LLO FAREMOS CHEGAR POR ESCRITO O SR. ALCALDE.



SEGUIMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡


martes, 2 de octubre de 2012

È momento de recordar......¡¡

Nestes días de precampaña electoral è convinte botar unha ollada atrás e lembrarse do que este presidente da Xunta prometía os galegos e galegas.

Pasado o seu tempo de goberno os resultados son os que son, e os incumplimentos son a característica principal do seu mandato.

Asì se presentaba diante dos galegos na súa toma de posesión....



Esto foi o que asinaba e se comprometía a facer durante esta lexislatura perdida...


Un presidente que enganou sistemáticamente......, mentindo e botándolle sempre a culpa aos antecesores no cargo.......INCOMPETENTE E MENTIRÁN ¡¡

Todas as explicacións a este puntos dos seus 14 mandamentos e do seu contrato con Galicia están perfectamente explicados na súa pàxina web creada para esta situación.


Non podíamos tampouco deixar pasar a ocasión de enumerar os 14 "logros" que este presidente Feijoo (o noso presidente como o califican algúns) deixou no Concello de A Peroxa:

 1) PERDEMOS CALIDADE NO ENSINO O DEIXAR O NOSO COLEXIO CON TAN SÓ 2 PROFESORES PARA AS DÚAS UNIDADES.

2) NON FOI QUE DE IMPULSAR, FACER CUMPRIR O CONVENIO (con data de fin en maio 2012) E REMATAR A TANTAS VECES PROMETIDA E NECESARIA CARRETERA DENDE VILARCHAO.

3) VIMOS COMO NON SE MATERIALIZABA A SÚA PROMESA ESTRELA COMO PRESIDENTE NO SEU POBO NATAL COMO È A PONTE SOBRE O MIÑO E TAMPOUCO REMATOU O PASEO FLUVIAL.

4) SUFRIMOS OS DUROS RECORTES NOS PLANS DE COOPERACIÓN LOCAL ONDE A TRAVÉS DESTES SE CONTRATABAN NO CONCELLO ENTRE 7 OU 8 VECIÑOS SEN TRABALLO POR TEMPO DETERMINADO.

5) PADECEMOS POR CAUSA DA REDUCCIÓN DOS MEDIOS DE EXTINCIÓN OS INCENDIOS MÁIS DEVASTADORES E GRAVES DAS ÚLTIMA DÈCADAS.

6) O NOSO CONCELLO FOI SERIO CANDIDATO A PROPOSTA DO NOSO ALCALDE COMO UBICACIÓN DA INCINERADORA DE LIXO QUE AMEAZABA AS NOSAS TERRAS E OS NOSOS RÍOS.

7) TEMOS NO CONCELLO MOITOS VECIÑOS E VECIÑAS COS SEUS AFORROS DE TODA UNHA VIDA DE TRABALLO ATRAPADOS E ROUBADOS POLAS PREFERENTES COLOCADAS POR UNHAS CAIXAS QUE O PRESIDENTE FEIJOO OBRIGOU A FUSIONAR EN CONDICIÓNS DE RISCO E INSEGURIDADE.

8) OS NOSOS MAIORES E DEPENDENTES SUFRIRON UN DESPROPORCIONADO RECORTE NOS SEUS SERVIZOS SOCIAIS E NA SÚA ATENCIÓN DIARIO A TRAVÉS DOS PLANS DE AXUDA NO FOGAR.

9) A ATENCIÓN MÉDICA OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS VIUSE MERMADA POLA NON SUSTITUCIÓN DIARIA DA MÉDICA TITULAR.

10) O PARO, O MESMO QUE NO RESTO DE GALICIA MEDROU DUN XEITO PREOCUPANTE PARA MOITOS DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS (UNS 80 A MAIORES DOS QUE XA ESTABAN) QUE VIRON COMO PERDÍAN O SEU POSTO DE TRABALLO.

 11) DEIXA OS NOSOS MAIORES E ENFERMOS COA NECESIDADE DE ACUDIR A FARMACIA CON CARTOS PARA REPAGAR OS MEDICAMENTOS.

 12) OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE COIDABAN A ALGÚN DEPENDENTE QUEDAN SEN A COTIZACIÓN A SEGURIDADE SOCIAL POR UNHAS MEDIDAS INXUSTAS PARA CASTIGAR OS MÁIS DÉBILES.

13) OS NOSOS MOZOS E MOZAS DO CONCELLO QUE QUEREN SEGUIR ESTUDANDO E FORMÁNDOSE VEN COMO LLE RETIRAN A MAIOR PARTE DAS BECAS, POLO QUE DEIXAN O ENSINO SÓ PARA OS RICOS.

14) OS NOSOS PENSIONISTAS VERÁN COMO O SR. RAJOY E O SR. FEIJOO SE NON CONSEGUIMOS BOTALO DA XUNTA RECORTARÁN AS PENSIÓNS, QUE LEMBRAMOS SON AS MÁIS BAIXAS DE TODA ESPAÑA NA NOSA PROVINCIA.

ESTE È O LEGADO QUE NOS DEIXA O QUE DECÍA SER...."NOSO VECIÑO"....UN CONCELLO CUNHAS CONDICIÓNS DE VIDA MÁIS DIFÍCILES, CON MENOS DEREITOS, CON MENOS SERVIZOS E CON MENOS INGRESOS ¡¡¡¡


GRACIAS SR. FEIJOO ¡¡ e......

ATA NUNCA ¡¡¡¡



 
 







 





lunes, 1 de octubre de 2012

Por fín ¡¡¡

Nestes días estanse a executar as obras correspondentes a outra das propostas de mellora que a nosa Agrupación Municipal levou o pleno do concello.

Trasladamos as peticións veciñais da parroquia de Villarrubìn e trasladamos os órganos de goberno municipais a necesidade de arranxo das columnas dos pendellos do campo da festa, gretadas e con grave perigo de derrumbe.

Con certo retraso, e ante a inminente celebración un ano máis da festa da parroquia o concello atendeu a nosa demanda e está a levar a cabo as actuacións para subsanar esta grave deficiencia.




CONTINUAMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR ¡¡¡


Festas en Villarrubín 2012

O ano de festas populares no noso concello toca o seu fin, pero todavía restan celebracións importantes nos nosos pobos.
Un exemplo è a que se celebra este fin de semana do 6,7 e 8 de outubro na parroquia de Villarrubin, as festas do Rosario. Unha das festas con máis afluencia de xente a unhas celebracións festivas e relixiosas na que os veciños e veciñas desfrutarán un ano máis.

Na parte festiva destacar a presencia de 5 importantes orquestras.

Damos tamén a benvida os moitos veciños da parroquia que regresan estes días a súa terra para celebrar esta festa cos seus familiares.

Vèmonos en Villarrubín.


Disfruta das nosas festas ¡¡