Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 28 de septiembre de 2012

Eventos deportivos fin de semana 29 e 30 setembro 2012

A actividade deportiva no concello nesta vindeira fin de semana céntrase nos encontros dos nosos equipos nas súas respectivas competicións, destacando esta semana o comenzo do fùtbol-sala.

Os encontros son os seguintes:

A PEROXA C.F. - OURENSE "B": Domingo 30 as 17:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F "B" - OS CHAOS: Sàbado 29 as 18:30 no campo do Marco.

ATL. RAZAMONDE - ATL. A PEROXA: Domingo 30 as 17:00 no campo de Laias.

A PEROXA C.F. XUVENIL - CHANTADA C.F "B": Sàbado 29 as 11:30 no campo do Marco.

CASA POLLO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 29 as 17:30 no campo de Coles.

MANZANEDA - OS PEARES F.S: Sàbado 29 as 17:00 no pabellón de Manzaneda.

VERIN FS - A PEROXA C.F FS: Sàbado 29 as 18:30 en Verìn.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡


jueves, 27 de septiembre de 2012

A nosa visita a Toubes

Moi interesante a nosa visita aos pobos da parroquia de Toubes este pasado sábado. Visita dentro do noso proxecto Os Sabados coa Veciñanza.
Neste caso a visita foi feita polos 3 concelleiros da Agrupación Municipal Socialista do Concello de A Peroxa: Rocío, Artemio e Toño.
Estivemos en contacto e conversación con varios veciños nalgúns pobos. Non tivemos tempo de pasar por todos, polo que quedan pendentes para outra próxima visita que realizaremos en breve.
Sempre è un pracer poder atender as demandas dos veciños e escoitar as súas inquedanzas, e dentro das nosas posibilidades servir como enlace para levar as súas peticións os organos de goberno municipais.

Estivemos en Goiàs, tomando café e compartindo uns minutos cos veciños que se atopaban no bar do Teleclub.
Continuamos a visita a Outeiro, analizando e vendo algúns problemas que nos trasladaron os seus veciños e veciñas.
Pasamos polo Fontao, observando algúnha deficiencia plantexada por un veciño sobre maleza e residuos nun camiño público.
Xa no pobo de Fiestra comprobamos o estado de deterioro no firme da pista que atravesa o pobo, entre outras situacións sinaladas polos propios veciños do lugar.
Logo desplazàmonos a Vila, onde tamén se necesita arranxar o asfaltado da pista que vai o fondo do pobo, como tamén a limpeza dalgunha reixa para recoller augas que está completamente obstruída.
Aquí tamén poidemos observar e comprobar unha das deficiencias máis graves que atopamos:
Existe un poste do alumeado público caìdo dentro dun tanque de auga, o poste ten corrente o que pode ocasionar un risco para os veciños e veciñas do pobo. O problema xa foi trasladado o concello pero meses despois seguen sen unha solución.





Neste mesmo tanque pùblico demandan a limpeza do mesmo para poder enchelo de auga para o seu servizo ou mesmo como lugar de carga ante posibles emerxencias como pode ser un incendio, como ocorreu o ano pasado por estas datas e onde os camións motobomba non atoparon lugares axeitados para poder cargar auga e así pode actuar con máis dilixencia.


Demandas veciñais coma as anteriores que trasladaremos o concello para o seu arranxo inmediato.

A nosa visita finalizou no pobo de Pacios, onde o igual que os anteriores fomos recibidos amablemente polos seus veciños cos que tivemos unhas largas e productivas conversas sobre a situación do seu pobo e da parroquia en xeral.

Indicar que na chegada a parroquia xa nos atopamos coa primeira anomalìa importante: ausencia (e xa fai tempo) do espello no cruce coa carretera que vai dende Gueral a Peroxa, co peligro que conleva a saida de vehículos neste compricado cruce.



Como resumen desta xornada destacar que nos sorprendeu moi negativamente, que toda a súa parroquia carece do servizo de alcantarillado e saneamento nos pobos, unha necesidade para os veciños e unha obriga para o Concello. Non podemos esquecer que nesta parroquia hai màis de 120 personas censadas e pagando os seus impostos como en calquer outra parte do concello.

O mesmo tempo tamén queremos destacar positivamente as moitas vivendas novas ou restauradas que lle dan vida aos pobos mencionados, e que agardemos teña continuidade no futuro para manter ou aumentar o número de veciños e veciñas.

Agardamos volver axiña os pobos que nos quedaron sen visitar.


SEGUIMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR O NOSO CONCELLO.





miércoles, 26 de septiembre de 2012

As nosas propostas reflexadas na prensa local

Unha vez máis a prensa local reflexa a nosa labor de aportación de ideas de mellora a través dos órganos de goberno do concello.

Desta vez trátase da aprobación da moción presentada pola nosa Agrupación onde solicitamos a colaboración do concello a través da súa pàxina web como ferramenta de promoción das vivendas e terreos existentes en venda ou aluguer existentes no concello e que ben poden ser solicitados por algún interesado que poida recalar no noso concello e fomentar así o aumento de poboación.

Nos elaboramos a seguinte nota de prensa interna:



E a prensa local, neste caso o diario La Región publicou a noticia deste xeito:



SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡


martes, 25 de septiembre de 2012

Resumo do pleno celebrado o 24 de setembro de 2012

Pouca materia importante na celebración deste pleno extraordinario, onde a orde do día so reflexaba 3 puntos:

No primeiro en canto a aprobación da acta anterior, a nosa Agrupación a través do portavoz manifestou o noso voto en contra por primeira vez dunha acta no que vai de lexislatura.
Os motivos son ben sinxelos, con anterioridade tiñamos advertido o señor secretario que non estabamos dacordo coa redacción das actas dos plenos, xa que carecendo en moitos casos da imparcialidade que se lle presupón, céntrabase en reflexar todo tipo de argumentarios e comentarios que o señor Alcalde expoñía e manifestaba nas súas intervencións......non facendo o mesmo cos nosos argumentarios nen respostas as súas manifestacións, sentíndonos ninguneados nese aspecto. As nosas matizacións nunca están reflexadas nas citadas actas e polo tanto consideramos un agravio que nos fixo votar en contra.

Agardamos que nas vindeiras redaccións recibamos a atención igual que o grupo de goberno.

No segundo punto sortearonse os membros das mesas electorais para as eleccións autonómicas do vindeiro domingo 21 de outubro.

No terceiro de escritos e comunicacións non houbo materia.

SEGUIREMOS INFORMANDO OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS ¡¡


Resumo dos "èxitos" de Feijoo & Rajoy

Na seguinte imaxe un breve resumo da gran xestión que nos deixa en Galicia o "austero" Feijoo e o seu cómplice en Madrid, o "salvador" Rajoy....


DATOS REAIS E CONTRASTADOS.....

AGORA TÒCACHE A TÍ DECIDIR O NOSO FUTURO........¡¡


viernes, 21 de septiembre de 2012

Axudas para internet no rural

Despois de múltiples anuncios por parte da Xunta dunha liña de axudas para internet en zonas rurais, agora abrese o prazo para solicitar estas axudas para instalar internet por satèlite.

Informate no seguinte enlace:

http://imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2012_09_19_axudas.html


Propostas do noso candidato a Xunta

Estamos xa metidos de cheo en època pre-electoral e para comenzar amosamos un documento onde o noso candidato a Xunta, o ourensán Pachi Vàzquez enumera as súas primeiras propostas reais para o seu futuro goberno.
Iremos informando puntualmente desta decisiva campaña electoral onde necesitamos un cambio de goberno na Xunta que poña freo o desmans de Feijoo contra todo o público e para frear dende Galicia os ataques contínuos do seu compañeiro do PP Rajoy os nosos dereitos, acadados durante anos, e que vemos como cada semana se merman por unha política de recortes inxustificados cara os cidadáns que para nada son culpables desta crise.



DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL COLABORAREMOS CON TODAS AS NOSAS FORZAS E MEDIOS PARA ACADAR QUE O NOSO CANDIDATO SEXA PRESIDENTE DUNHA XUNTA INXUSTA E QUE CASTIGOU O NOSO CONCELLO DE A PEROXA CON FALSAS PROMESAS.

 

jueves, 20 de septiembre de 2012

Eventos deportivos fin de semana 22 e 23 de setembro

Os eventos deportivos nesta fin de semana céntranse nos partidos que celebrarán os nosos equipos nas súas respectivas competicións, que son os que siguen:


MONTERREY - A PEROXA C.F: Domingo 23 as 18:00 en Monterrey.

PARADA DE SIL C.F - A PEROXA "B" C.F: Sàbado 22 as 17:00 en Parada de Sil.

ATL. A PEROXA - RIBADAVIA AT: Domingo 23 as 17:00 no campo do Marco.

PABELLÒN C.F "C" - A PEROXA C.F. XUVENÍL: Sàbado 22 as 10:00 no campo dos Remedios.

GADAFFI PEROXA VETERANOS - MACEDA: Sàbado 22 as 17:00 no campo do Marco.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

Pleno extraordinario no concello o luns 24 de setembro

O vindeiro luns día 24 as 11:30 horas celebrase no concello un pleno extraordinario onde o único tema será o sorteo para membros das mesas electorais do proceso de eleccións autonòmicas que se celebrará o domingo 21 de outubro.


martes, 18 de septiembre de 2012

A TVG "fala" da carretera dende Vilarchao

Lamentable información e cobertura por parte da TVG sobre o estado de parálise nas obras da construcción da nova carretera ata A Peroxa dende Vilarchao.

As obras certamente levan un retraso de máis de 20 anos e de varios cambios nos proxectos e de cartos "desaparecidos" cando xa estaban orzamentados.

Non podemos permitir que a Televisión "PUBLICA" Galega faga unha reportaxe sen contrastar certas informacións.....escoitamos decir o comentarista da noticia......"estase a gastar cartos nunha obra que nadie solicitou"...PERO QUE SE CRE ESTE TIPO, DE ONDE SACOU ESA INFORMACIÓN.....Pode ser que algúns veciños limítrofes non teñan interés nesta obra pero un concello enteiro coma o noso leva sufrido un retroceso na súa evolución por culpa de non ter uns accesos DIGNOS.

Esta data nos seus inicios sobre o ano 1997 e no seu día se optou pola súa construcción pola necesidade de mellora das vías de comunicación. Neste longos anos de espera a pasividade e falta de interese dos políticos responsable fixo que se metese nuns litixios que ainda hoxe non están resoltos....lembramos que por moitas obras que se fagan "en campaña electoral", parte importante das expropiación están todavía sen resolver.

No seguinte enlace tedes acceso a "reportaxe" que se emitiu o martes pasado 11 de setembro nos informativos locais da TVG, e a partires do minuto 25:15 tratan o asunto indicado.

Botadelle un ollo e comprobade a falta de transparencia e manipulación a que nos acostuma cada día a nosa Televisión Galega, pagada cos nosos impostos.


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-mediodia-416059


INFORME QUE INFORME, DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SEGUIMOS NUNHA CONTÍNUA LOITA PARA O REMATE DESTA NECESARIA INFRAESTRUCTURA, QUE BEN PODERÍA SER REMATADA CUN NOVO GOBERNO NA XUNTA QUE MIRE POLOS NOSOS INTERESES COMO CONCELLO, PORQUE O QUE SE CONSIDERABA "VECIÑO", O ACTUAL PRESIDENTE NUÑEZ FEIJOO MIROU PARA OUTRO LADO.......COMO FIXO TAMÉN CO ENGANO NA PONTE SOBRE O MIÑO DOS PEARES.





lunes, 17 de septiembre de 2012

O sábado 22 visitamos TOUBES

Este vindeiro sábado 22 pola tarde voltamos o plan de visitas os pobos e parroquias do concello dentro do noso programa "Os sàbados coa Veciñanza", pera recoller e atender de primeira man as súas inquedanzas e necesidades.

Poden poñerse en contacto connosco nos medios habituais se precisan ou desexan algúnha visita puntual sobre algún tema de interese. De todas formas pasaremos por tódolos pobos da parroquia.

Este é o cartel anunciador:


viernes, 14 de septiembre de 2012

Actividade deportiva no concello fin de semana 15 e 16 de setembro

Os eventos deportivos centranse nos encontros que disputarán os equipos representativos do concello nas súas respectivas competicións:

A PEROXA C.F. - CELANOVA: Domingo 16 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA "B" C.F. - CENLLE: Sàbado 15 as 19:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. XUVENIL - CALASANCIO "B": Sàbado 15 as 11:00 no campo do Marco.

SALAMONDE C.F - ATL. A PEROXA: Domingo 16 as 17:00 en Salamonde.

CAFE NOVO RIBEIRO - GADAFFI-PEROXA VETERANOS: Sàbado 15 as 17:00 en Maside.


A estes acontecementos engadimos a chegada na tarde do sabado sobre as 17:00 na Peroxa da segunda etapa da Volta a Galicia 2012.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡



jueves, 13 de septiembre de 2012

Resumo do interesante pleno do 10 setembro de 2012

No seguinte artigo resumimos os aspectos máis importantes do interesante pleno ordinario celebrado onte luns no Concello de A Peroxa.

Informar da ausencia por diferentes motivos de 2 concelleiros do PP.

Seguindo a orde establecida na orde do día enumeramos por puntos os aspectos máis destacados:

1) Aprobada a acta anterior por unanimidade, matizando polo portavoz do Grupo Municipal Socialista un dato erróneo na transcripción dunha cantidade correspondente a modificación de créditos aprobada no anterior pleno.

2) Ratificamos por unanimidade a condición de Pleno Ordinario.

3) Comprobamos e analizamos os decretos da Alcaldía emitidos dende o anterior pleno, sen atopar nada salientable.

4) Neste punto, novamente o grupo do PP propuxo a subida das tasas da basura os domicilios particulares nun 10%, pasando de 50 a 55€, que se fará efectiva a partires do 1 de xaneiro de 2013. Aprobado tan só cos votos favorables dos concelleiros do PP. 

Non entendemos como segundo os datos que facilita o Sr. Alcalde fai uns meses dispoñemos de superávit nas contas do concello nunha cantidade tan elevada como son o redor de 300.000 euros, que son cartos que se deixaron de investir no ano 2011, coas moitas necesidades que conta o noso concello, e cando en moitas das nosas propostas de mellora a negativa viña sempre pola ausencia de orzamento para realizalas, e agora "castiga" os veciños e veciñas do concello cunha desproporcionada suba dun 10% neste recibo. A nosa pregunta è porqué se seguen a subir os impostos nestas porcentaxes tan elevadas cando o concello ten unhas contas, sempre segundo o Alcalde, saneadas ?? Non ten lóxica ¡¡

5) Neste punto temos que felicitarnos porque por fin ¡¡ o grupo de goberno do PP aproba unha das nosas propostas para a mellora dos servizos que presta o concello. Aprobouse por unanimidade, matizando que só se anunciarán casos estudiados e analizados e que sexan coherentes coa realidade.
Agardemos que neste caso non só quede no aprobado da moción, senón que se leve a cabo porque lembramos que todavía están algúnhas do ano anterior e deste mesmo sen realizar: Tràmites tráfico no concello, mellora campo Villarrubin, mellora local social de Graìces, etc, etc.....

A nosa moción presentada foi a seguinte:



Argumentamos do seguinte xeito a nosa proposta:

Puxemos exemplos de outros concellos que levan a cabo estas iniciativas.....

http://www.castrelo.org/gl/vivenda/listado-de-inmobles/

Mostrámoslle exemplos de anuncios existentes no noso propio concello:


Fixemos referencia a gran cantidade de anuncios que se poden atopar a través de portais especializados:




Sobre esta proposta o noso concello xa formou parte dalgún convenio que nunca se executou....


Màis sobre o supuesto "acordo".....


Neste caso se buscamos resultados deste convenio de colaboración e buscamos no noso concello....



Seguiremos e verificaremos o cumprimento deste acordo plenario.

6) Presentamos as seguintes preguntas no pleno:




Resposta a pregunta 1:

Segue na súa liña demagóxia o sr. Alcalde de xustificar o seu excesivo soldo decindo que él se adica o concello as 24horas (pois na oficina è complicado atopalo a diario). 
Voltou a compararse co alcalde de Amoeiro no soldo (lembramos que este é profesor universitario e o noso creemos que non chega de "momento" a esa titulación). Podía compararse co de Coles que coa súa mesma dedicación cobra 800€ (que por certo rebaixa para solidarizarse cos seus traballadores), fronte os 2.400 que cobra o noso rexidor.
Esta pregunta veu a colación das recentes noticias saidas na prensa onde aparece como un dos 30 alcaldes mellor pagados dos 315 concello galegos en canto a porcentaxe do orzamento, por encima dos de vilas como Celanova, Ribadumia, Fisterra, A Cañiza, Muxía, etc, segundo os datos publicados na prensa:


  Os seus propios mandatarios e "compañeiros" de partido solicitan unha rebaixa salarial....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/08/09/pp-insta-alcaldes-renuncien-paga-navidad/0003_201208G9P4991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz


O seu "xefe" provincial tamén llo propón, ainda que como en outros temas....ignórano completamente:


O goberno coma sempre "deixa" as medidas importante para despois dos procesos electorais nun exercicio de cobardía e oscurantismo como nos ten acostumado o goberno de Rajoy en moitos temas....


Amosamoslle o sr. Alcalde a hipocresía e cinismo do seu partido, o PP, nun concello "denuncia" o que o noso Alcalde considera xusto......."CADA UN FALA SEGÚN LLE VAI NO MERCADO....":



Resposta a pregunta 2:

 O sr. Alcalde manifestou que os veciños e veciñas da parroquia de San Xes, e especialmente os do pobo de Casundila pódense considerar uns priviliexiados por ter recibido fai pouco tempo unha inversión millonaria para o seu Local Social (cos cartos do tan criticado Plan E de Zapatero precisamente).
Polo tanto esta petición non se vai atender porque segundo o Alcalde polo momento están servidos e teñen o mellor local do Concello. O mesmo tempo tivo un acordo no seu día con eles de que non ían usar os baixos e por ese "simple" motivo non considera prioritario o seu arranxo.

Fotos que ilustran e xustifican a actuación...




 Na nosa rutinaria visita os pobos poidemos comprobar o deterioro nos baixos e a existencia de cubos para recolle a auga das múltiples goteiras, o estado é como podedes observas lamentable.


A petición da mellora do estado da terraza tampouco estaría fora de lugar, e voltando os datos económicos antes sinalados, a desculpa de non ter cartos está fora de lugar por dispoñer o concello de màis de 300.000 euros que deixou de invertir no exercicio pasado, que non é o mesmo que aforralos como quere vendernos o sr. Alcalde.

Resposta pregunta 3:

Nun primeiro momento e seguindo a súa respota negativa a tódalas nosas propostas que nos fan chegar os veciños dixo que non era necesario nin baranda nin luz, máis tarde explicamoslle que non era onde el pensaba (no campo da festas), e dixo que no Local Social el non apagou ningunha luz pùblica, que estaría fundida e que a arranxaría. A baranda non a cree necesaria e tamèn nos reprochou que ningún veciño lla teña pedido a èl persoalmente. Lembramoslle que nos somos respresentantes do pobo e dos veciños elexidos lexítimante e podemos trasladarlle as peticiòns veciñais. 

NON DEBE ESTAR MOI ACOSTUMADO A ESTA FORMA DE TRABALLAR, E MOLESTALLE QUE OS MEMBROS DA OPOSICIÓN VISITEN, FALEN E ESCOITEN E ATENDAN AS SUAS DEMANDAS. QUERE TER TODO "POLA MAN".

Estado do lugar...


 
Resposta pregunta 4:

Tras varias manifestacións do Sr. Alcalde descoñecendo a tramitación dunha nova lei de bases, tentamos centrar o tema no que realmente afectaría o noso concello.....a reducción do numero de concelleiros o que respostou que lle daba igual 11 que 9 que 7, que non era o seu problema.
Por desgraza neste punto posiblemente si esta reducción è finalmente aprobada veremos como o noso concello quedaría con só 9 concelleiros en lugar dos 11 actuais. Pero tamén estamos seguros de que o nùmero baixará ata os 7 nas vindeiras municipais do 2015 pola gravísima perda de poboación que fai que estemos xa moi preto de baixar dos 2.000 habitantes, limite que suporá graves pérdidas tamén económicas nos ingresos do concello (esto sí debería importarlle), e isto non è máis que o resultado dunhas nefastas políticas pola parte do Sr. Alcalde nestes ultimos 30 anos de mandato onde o concello se desangra poboacionalmente a pasos axigantados e con falta de medidas axeitadas. Os ùnicos movementos poboacionais foron dos pobos e parroquias do concello cara a capitalidade, cara A Peroxa.

No tema referente a supresión das Mancomunidades manifestou a súa negativa por ser un servizo que está a funcionar correctamente.
En canto o Consorcio dos Peares indicou que descoñece o seu futuro pero que a súa situación actual non é a máis axeitada para unha boa xestión dos seus servizos.

Noticias relacionadas con esta situación plantexada....

http://www.20minutos.es/noticia/1523347/0/antonio-beteta/suprimir/mancomunidades/

http://www.farodevigo.es/galicia/2012/06/28/gobierno-eliminara-mancomunidades-dara-protagonismo-diputaciones/660563.html

http://www.laregion.es/noticia/215468/suprimirmancomunidades/rechazan/disolucion/

Resposta pregunta 5:

No tocante o espinoso tema do alumnado no noso colexio, o Sr.Alcalde indicou que finalmente o numero de alumnos será de 15 e que o servizo de comedor será no propio colexio. Falta ainda por decidir que grupo de alumnos irá en cada unidade, e que idades abarcarán.

Voltou a molestarse neste punto cando lle preguntamos por ser un tema que lle fixo moito dano pola "fuga" de varios alumnos cara outros centros. Voltou a personificar no noso portavoz o exemplo de porqué non leva a súa propia filla o centro do concello, respostandolle que no pleno estase como concelleiro e as decisións na vida privada de cada ún son decisións propias e cada un è libre de elexir o que queira para a educación dos seus fillos. Manifestándolle que habería outras situación que lle resultarían máis dolorosas como podían ser as dos seus colaboradores máis cercanos que optaron por sacar os seus rapaces e rapazas do noso colexio. Debate sen sentido por parte do Sr. Alcalde ante a súa impotencia por non ter tomado con antelación outras medidas que eviten estas desagradables situacións.

Agardemos que para o vindeiro curso non se repitan estas situacións que para nada benefician o futuro dos nosos nenos e nenas.

Noticias relacionadas....

 



7) Neste punto o Sr. Alcalde con informe favorable do secretario propòn máis flexibilidade na celebración  dos plenos ordinarios. Respetando a legalidade e periodicidade dos 2 meses, quere anular o día e hora previstos (por certo, propostos por èl mesmo sen consultarnos no seu día).
Agarda convocalos no mes correspondente pero segundo as necesidades do concello si ten algún tema pendente que levar o pleno, polo tanto agora tan só sabemos que en novembro teremos o seguinte pleno ordinario, tan só falta que o Sr. Alcalde poña o día e hora que el estime ¡¡¡¡¡

8) Neste punto acordouse por unanimidade reducir nun 50% as tasas da licencia de obra que solicitou a residencia Los Olivos para unha importante ampliación que creará novas prazas e máis postos de traballo no concello.





ESTE É O RESUMO DUN PLENO INTERESANTE E ONDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL VOLVEU A INTERESARSE E PREOCUPARSE POLOS PROBLEMAS REAIS DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS E QUE TENTA BUSCAR SOLUCIÓNS DENDE OS ORGANOS DE GOBERNO COMO È O PLENO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR O NOSO CONCELLO E A CALIDADE DE VIDA DOS SEUS HABITANTES ¡¡

 






Proxección da película "VILAMOR".

Este venres 14 de setembro as 22:00 no recinto feiral de A Peroxa proxectarase o interesante e destacado filme galego "VILAMOR", unha destacada película que recorreu moitos paìses cun notable èxito.

Participa e disfruta desta proxección ¡¡


15000 GRACIAS ¡¡

Nesta semana superamos neste blog as 15000 visitas ¡¡

Un feito impensable cando comenzamos esta andadura para poñerlle voz e datos a escuridade dun concello sumido na falta de información e transparencia.

Sentìmonos orgullosos de ter sido útiles a moitos dos veciños e veciñas que nos trasladaron as súas inquedanzas e os que poidemos darlle solución......esta é a ùnica nosa aspiración.

Un humilde lugar de información polo que recibimos os parabéns por parte de moitos seguidores habituais que atoparon aquí unha ferramente para coñecer máis o funcionamento do seu concello e o seu contorno.

Recentemente recibimos a grata "sorpresa" de que POR FIN ¡¡¡ o noso Concello saltou as redes sociais e ofrece información PARA TODOS ¡¡¡ publicitando  diferentes actividades que realiza. Algo polo que levamos loitando neste ano de lexislatura dende as sesións do pleno onde reiteradamente solicitamos igualdade para todos, que a información e oportunidades cheguen a toda a poboación e non so os "escollidos" por capricho do Sr. Alcalde e o equipo de goberno do PP.

Neste senso botamos de menos nesa publicidade que se ofrece do Concello que inclúan tamén as datas dos plenos para os veciños e veciñas que queiran participar e abrir así definitivamente a política que alí se fai para todos.

O mesmo tempo agardamos e solicitamos en reiteradas ocasións que non se "oculten" as diversas ofertas de traballo que surxen dende as oficinas municipais como ocorreu recentemente, ou tamèn os procesos selectivos que se están a levar a cabo dendo o Consorcio dos Peares.

UNHA POBOACIÓN INFORMADA   =   UNHA POBOACIÓN LIBRE ¡¡¡¡

Moitas gracias a todos por seguirnos, seguiremos traballando para vos ¡¡

 


martes, 11 de septiembre de 2012

Volta ciclista a Galicia 2012

Este sábado día 15 a segunda etapa da XI Volta Ciclista a Galicia terá a chegada no noso concello, concretamente na capitalidade, na Peroxa, fronte a casa do Concello.

Os ciclistas tomaràn a saída dende Marin e logo de percorrer moitos concellos galegos, entre eles, os outros 3 da Mancomunidade Santa Agueda chegarán o noso concello, subindo dende A Barra pola carretera "nova", ata Lamagrande, onde se poderá disfrutar da dificultade desta proba, xirarán cara o pobo, subirán polo centro, fronte o bar O Agro xiran a esquerda para rematar na meta pasada a rotonda.

Os ciclistas chegarán sobre as cinco da tarde, motivo polo cal dende aquí solicitamos a máxima colaboración de todos para facilitar a celebración deste evento, e no que invitamos a tòdolos veciños e veciñas do concello se acerquen a calquer parte do percorrido para apoiar os corredores.

No seguinte enlace tedes a información completa desta proba, na pàxina 4 a correspondente a etapa que remata na Peroxa:

http://www.fgalegaciclismo.es/historico/galicia2012/previa.pdf




COLABORA E DISFRUTA DESTE EVENTO ¡¡


lunes, 10 de septiembre de 2012

Fin de semana con festas variadas

O vindeiro fin de semana  do 14,15,16 e 17 de setembro coinciden varias festas en distintas parroquias do noso concello.

En Corbelle celebrarán as súas tradicionais festas con orquestas importantes e actos lúdicos e relixiosos.

En San Ciprián terán tamèn as suas festas, este ano cun importante e destacado cartel musical onde destaca a actuación do sábado 15 durante a verbena da coñecida Pili Pampìn.

Tamén se celebrará a nosa romaría máis destacada na honra a Virxe da Saùde. Importante cita relixiosa, festiva e gastronómica para os veciños e veciñas da parroquia, así como para os moitos visitantes que pasaràn polo campo de San Nicolao.

DISFRUTA A PARTICIPA DAS NOSAS FESTAS ¡¡





Interesantes actividades no concello veciño de Coles

Os compañeiros e veciños do concello de Coles facilitaronnos informacións sobre interesantes actividades que van a realizar.

A información precisa sobre cada actividade nas oficinas do concello ou no TF: 988-205134



viernes, 7 de septiembre de 2012

Pleno no concello

O vindeiro luns día 10 de setembro as 20:30 celebrase o Pleno Ordinario correspondente no concello de A Peroxa, onde se tratarán cuestións importantes para a veciñanza.

A nosa Agrupación Municipal seguindo coa sua liña de traballo e de iniciativas presenta unha mociòn interesante, así como diversas preguntas sobre situacións plantexadas polos veciños e veciñas o Sr. Alcalde.

Acompàñanos e coñece o funcionamente e as decisión do teu Concello ¡¡


Actividade deportiva no concello 8 e 9 de setembro

A actividade deportiva nesta fin de semana a que nos achegamos céntrase nos encontros que xogaran os equipos representativos do concello nas súas respectivas competicións, e son os que seguen:

C.D. ALLARIZ - A PEROXA C.F: Domingo 9 as 18:30 no campo de Allariz.

CRESPOS C.F. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 9 as 17:30 no campo de Padrenda.

ATL. A PEROXA - C.D. CALDELAO: Domingo 9 as 18:00 no campo do Marco.

RIBADAVIA AT. - A PEROXA C.F. XUVENIL: Pendente de confirmar día, hora e campo.

GADAFFI PEROXA VETERANS - COSTELA: Na tarde do sábado no Marco. Pendentes da hora.



ANIMO E SORTE OS NOSOS ¡¡¡

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Con estilo propio.....¡¡

Unha noticia interesante e moi cercana a realidade. Un membro do PP "explicando" o seu xeito de "facer política".

Esta è a triste realidade.....


Estes son os nosos mandatarios.......

Agora que teremos oportunidade de "falar" o vindeiro 21 de outubro non esquezades que temos a oportunidade de parar a Rajoy e os seus dende Galicia.


martes, 4 de septiembre de 2012

Festas do Amparo 2012 en Carracedo

Novamente nos atopamos diante dun fin de semana festivo no noso concello onde se celebra unha das festas máis multitudinarias e tradicionais, a festa da Virxe do Amparo en Carracedo.

Serà esta fin de semana 7,8 e 9 de setembro con actos relixiosos e festivos contando coa participación de orquestas de renome.

Benvida os veciños que nestas festas voltan a terra para disfrutar destes días de lecer e para visitar as súas familias.

Disfruta das nosas festas ¡¡


lunes, 3 de septiembre de 2012

Exposición censo no concello

Ante a inminete celebración das eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro, estamos xa metidos en pleno proceso pre-electoral, e polo tanto un dos primeiros pasos è a exposición no taboleiro do concello dos correspondentes censos electorais.

Consulta a túa situación ata o 10 de setembro.