Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 19 de julio de 2012

Convocatoria para curso ¿?

Totalmente sorprendidos polos bandos recentemente colocados en algúns puntos do concello informando da convocatoria dun curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais".

Sorprendidos pola información que reflexa o bando en cuestión......fai referencia a premura na realización do curso ¡¡

Lembramos que os cursos, lugares e datas publícanse con antelación suficiente na pàxina web da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia facendo un planing anual das súas actuacións do ano 2012 nos concello de Galicia.

Polo tanto  non entendemos (ou sí), como se pode asinar un bando polo Sr. Alcalde un xoves 12 de xullo, colocar os bandos a partir desa data, e por como data límite de solicitude UNS LUNS 16 ¡¡ cando as oficinas municipais pechan sàbados e domingos.

Será outra acción encamiñada a convocar persoalmente as personas que dende o concello máis lles interesa para que o soliciten, unha pràctica moi habitual que se leva a cabo con frecuencia dende as oficinas municipais, actuando cunha total falta de transparencia, de igualdade de oportunidades e de falta de información que non è acorde coa legalidade.




miércoles, 18 de julio de 2012

Axudas para o sector vitivinicola galego

No DOG de hoxe mércores 18 de xullo publicouse a convocatoria para axudas de restruturación e reconversión de viñedos.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120718/AnuncioG0165-100712-0011_gl.pdf


Nos tamén ¡¡

Os membros da Agrupación Municipal Socialista do Concello de A Peroxa, como non podía ser doutro xeito, estarán na manifestación de Ourense, pola defensa dos nosos dereitos, diante da maquinaria lesiva para os cidadáns do goberno do PP.



NON FALTES ¡¡


martes, 17 de julio de 2012

BOLETIN INFORMATIVO DO NOSO CONCELLO

SATISFEITOS ¡¡

Este è o calificativo que atopamos para definir a sensación que temos os compañeiros da Agrupaciòn Municipal Socialista, logo de darlle forma e saída a un dos proxectos máis ambiciosos que nos propuxemos cando nos comprometimos a informar os veciños e veciñas do Concello de A Peroxa.

Unha ferramenta útil para a vida cotià do noso concello, onde durante moitos anos a escuridade e falta de información foi e pretenden algúns que siga sendo a característica principal.

A información è un dereito a que tod@s deben ter acceso......dereito a coñecer como funciona o seu concello e principalmente saber en qué se gastan os seus impostos.

Neste boletín repasamos os datos e novas que se produciron neste primeiro ano de lexislatura, onde nos propuxemos traballar por un concello mellor, levando o pleno propostas, iniciativas e demandas que os veciños da Peroxa nos foron trasladando.

A información aquí recollida è o noso punto de vista de cómo está a situación no Concello, toda ela demostrable e a disposición da veciñanza que a queira consultar por ser pública.

Logo do esforzo realizado para sacar adiante este proxecto que terá continuidade periódicamente, agardamos que sexa do agrado da poboación, e coma sempre quedamos a vosa disposición para resolver e colaborar nas necesidades que calquer cidadán do noso concello precise, e sobre todo queremos manifestar e lembrar a tod@os que....

UN CONCELLO INFORMADO È UN CONCELLO LIBRE ¡¡


Pulsando no seguinte enlace tedes acceso o boletín:


https://skydrive.live.com/#cid=E12247072FDD01A5&id=E12247072FDD01A5!111


Coma xa moitos coñecedes, este boletín estase a repartir por tódolos pobos e parroquias que conforman o Concello de A Peroxa.

Tan só solicitamos que lle adiquedes uns minutos a súa lectura, non vos habedes de arrepentir.



GRACIAS A TODOS POR RECIBIRNOS, E LEMBRADE....

SEGUIMOS LOITANDO E TRABALLANDO PARA FACER UN CONCELLO MELLOR ¡¡






Festas en Toubes 2012

Os vindeiros 25 e 26 de xullo celebranse en Toubes as festas patronais na honra o Santiago de Toubes.

Festas con diversos actos relixiosos e festivos para o disfrute dos veciños e visitantes.

Contarán coas importantes orquestras: Novo Milenio e Nevada.

Benvidos tamén os que visitán a súa terra neste periodo vacacional para compartir momentos de ledicia cos seus familiares.

Disfruta das nosas festas ¡¡


jueves, 12 de julio de 2012

Resumo do interesante pleno no concello do 09/07/2012

Seguindo co noso compromiso de información os veciños e veciñas de A Peroxa, das situacións que se producen no noso Concello, pasamos a resumir o acordado no pleno do pasado luns 9 de xullo.

Seguiremos o mesmo orde que reflexaba a orde do día, punto por punto:

1) Aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

2) Aprobouse por unanimidade a consideración de pleno ordinario, xa que por algún punto do día e por non corresponder na data sinalada ( retraso o que nos accedimos tras petición por parte do Concello por ter algún tema pendente e evitar así ter que celebrar 2 no mesmo mes, co dobre gasto que eso suporía) podía considerarse extraordinario.

3) Aprobouse por unanimidade a Conta Xeral do Orzamento do exercicio 2011.
Aquí temos que indicar que nos datos que nos informou o Concello o ano rematou con máis de 300.000€ de superavit. Unha boa cantidade según a opinión dos mandatarios do PP, na que nos opinamos tamén que economicamente è un bo dato, pero botamos en falta que non se tiveran empregado nas moitas necesidades que ten o Concello nos seus servizos básicos: infraestructuras e arranxo de anomalía e de vías de comunicación principalmente.
Este dato confirma que cando o Sr. Alcalade nega as nosas propostas para obras de mellora no concello alegando a falta de cartos, este dato non avala as súas respostas.
Neste punto indicar tamén que segundo os datos publicados polo Ministerio de Administracións Pùblicas con respecto a débeda dos concellos informamos que agora mesmo a débeda do Concello de A Peroxa a data 31/12/2011 è de 401.000€ ¡¡

4) Aprobouse por unanimidade a cesión por parte do Concello ao Sergas o Centro de Saùde de A Peroxa, para que así se faga cargo dos elevados custos de mantemento.

5) No tema da investigación da existencia dun camiño público en litixio na parroquia de Carracedo, acordouse cos votos do PP e a abstención do PSOE (por falta de máis información) o arquivo das actuacións.

6) No punto referente a modificación de crèdito 1/2012 aprobouse cos votos do PP a citada modificación que básicamente repartía en diferentes partidas os orzamentos o superavit sinalado no punto 3. Sinalar aquí que unha das partidos orzamentarias que recibe máis aportación volta a ser a dos 33.000€ para dietas que se incrementa en 8.000€ máis ¡¡  IMCOMPRENSIBLE.

7) Neste punto informouse que os decretos dictados pola Alcaldía está a nosa disposición. Pola nosa parte indicar que xa foron analizados con anterioridade a este pleno.

8) As nosas mocións presentadas para este pleno foron as dúas denegadas cos votos en contra dos membros do PP.
Na moción sobre un plan de actuacións de mellora sobre o estado deficiente das bocas de emerxencia contra incendios nos pobos indicar que o Sr. Alcalde negou que estiveran en mal estado, afirmou que estaban en perfecto estado, visibles e listas para facer uso delas. Indicou que en todas elas hai (ou debería haber) un precinto de seguridade que garantiza o seu funcionamento. Nos nunca tal precinto vimos. Manifestou que o concello non ìa asumir un coste en material contraincendios como poderían ser as mangueiras porque sería elevado e inasumible, ademáis que dudaba do uso e estado de conservación que se podería facer delas, sinalando que en varias pobos os propios veciños xa a mercaran eles para estes casos.
En canto a súa sinalización expuso que os servizos contraincendios que veñen "por aquì" xa saben delas. Nos preguntamos porqué en algúns pobos estàn pechadas con candado e quen tiña a chave en caso de emerxencia, o que respostou que se facía falta rompíase.
No tema de ter accesibles puntos de carga de auga nos pobos a través da limpieza dos lavadoiros e similares tampouco o aceptou.
Para rematar manifestamos que lamentabamos o pouco interese por parte do Concello en garantir seguridade dos veciños en canto a bens materiais e persoais e que unha moción similar a que nos presentamos foi presentada tamén por membros do sur partido do PP na oposición noutro concello ourensán e sí foi aceptada polo respectivo goberno socialista.

Na moción que presentamos para a creación dunha bolsa municipal de emprego, onde tódolos veciños e veciñas que o desexaran, e especialmente os 149 parados do concello, que por certo neste último ano aumentaron un 40% tiveran acceso a información sobre as ofertas de emprego que propòn o concello ou mesmo de empresas da zona en igualdade de condicións e non avisando a quen a eles tan só lles interesa.
Aquí logo de debater e explicarlle varias veces, que parecía que non quería entender, a nosa proposta negouse por completo indicando con dureza e con tono fora de lugar que " QUEN GOBERNAMOS SOMOS NÒS, E NON ADMITIMOS QUE NOS DIGADES O QUE TEMOS QUE FACER..."
Triste manifestación e con pouco argumento, xa que nos tan só propoñemos non impoñemos (cousa que por certo a él dáselle bastante ben).
Con estas manifestacións propias doutra època está todo dito ¡¡

9) Presentamos un rogo no que solicitàbamos se invertirán as axudas convocadas pola Xunta de Galicia en obras de saneamento en algún dos pobos da parroquía de San Cristovo de Souto, onde non hai en ningún ou na parroquia de San Xès, concretamento no pobo do Val, onde a situación è grave polos verquidos a propia rúa, logo de terlle os propios veciños solicitado este servicio con recollida de sinaturas incluídas.
Neste rogo continuando cos malos modos e tono desafiante do punto anterior manifestou que nunca ningún veciño da parroquía de San Cristovo lle solicitara tal servicio, que pensa que estamos inventando nós esas peticións sen motivo algún. No pobo da Costa da Cabra que tamén nomeamos indicou que non teñen o servizo porque non queren, que paguen e enganchen.
En canto o do Val recoñeceu a petición e sería atendida no futuro, eso sí , despois de criticar actitudes incívicas de algùn veciño no que respecta os verquidos. Tamén se comprometeu a vixiar os verquidos das fosas da Peroxa que chegan ata preto deste pobo do Val.

En canto as preguntas temos que comenzar por indicar unha situación dantesca: advertiunos o Sr. Alcalde de que non podía estar respostando as nosas preguntas en cada pleno 20 ou 30 (cando tan só presentamos para este pleno 6 as que engadimos as do anterior porque non as quixo contestar que eran outras 7). Indicamos que non eran preguntas para nós senón para as preocupación de moitos veciños e veciñas dos que é Alcalde, e que ademáis è un DEREITO que temos como oposición e unha OBRIGACIÓN que ten él de respostalas. Nòtase que está bastante falto de lectura das leis ¡¡

As respostas do Sr. Alcalde foron as seguintes, moitas delas ambigüas e sen contido ou con respostas "simpáticas" e "cínicas" que os seus membros de goberno do PP tamén consideraban así polas risas que expresaron no pleno.......ESTA É A SERIEDADE E O QUE LLE IMPORTAN OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS OS NOSOS MANDATARIOS ¡¡ ademáis dunha falta de respeto total polo traballo da xente que non pensa coma eles:

 1) Nas preguntas polas obras que se van acometer polas actuación de Desenvolvemento Rural indicounos que se emplearán básicamente na construccións duns vestiarios no campo de fùtbol e outras actuacións, que non tiña datos das cantidades nin dos prazos.
Nos facilitamos os veciños máis información nas paxinas 42332 e 42334 do seguinte enlace do BOP:
http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/11/pdfs/BOE-A-2012-7791.pdf

2) Nas preguntas polas inversión coas subvencións para infraestructuras no rural da Xunta, respostou que se irá por fin facer o tan demandado Parque Infantil, desoñecendo o orzamento, a ubicación e o prazo previsto.

3) Nas preguntas polos Plans de Cooperación polos cales o concello podía contratar 7 persoas en situación de desemprego respostou que xa estaban publicados con recortes significativos, pero que o servizo de socorrismo da piscina xa estaba en funcionamento.

4) En canto os recortes educativos do PP que suporán supresión de aulas no centro de Cambeo, e na que hai afectados do noso concello sinalou que eso era unha alarma social creada polos socialistas  e que non tiña sustento, que era únicamente con fins electorais.

5) No tema da ausencia de alumnos no colexio do noso concello voltou as malas formas acusando persoalmente o noso portavoz socialista de ser parte da culpa por non traeren os seus fillos a este centro, o que lle respostou que cada un mira pola educación dos seus fillos según lle interesa e que tería casos ainda peores dos seus propios colaboradores que ainda lle afectarían máis. Indicou que o nùmero de alumnos quedaría entre 14 e 15 garantindo así o seu futuro neste curso.
Aproveitou aquí tamén como en algúnhas outras respostas para acusar desta situación a herdanza socialista no goberno de Zapatero........triste e demagóxico argumento o non saber asumir as súas responsabilidades como Alcade dos ùltimos 33 anos, ùnico responsable do deterioro poboacional, económico, industrial e de infrastructuras do seu Concello.

6) A pregunta sobre as medidas preventivas do concello contra incendios xa nos quedaron "explicadas" na nosa moción presentada: NINGUNHA
Si colocaron os bandos informativos nos pobos para exixir os veciños o cumprimento da norma para limpar os terreos en franxas inferiores a 50 metros preto das vivendas. Tamén poderìa asumir o concello as súas de limpar as cunetas e accesos os pobos que ben parecen propios dunha selva, e tamèn son riscos de incendios ter tanta maleza nas vìas municipales.

Nas respostas pendentes do anterior pleno contestou o seguinte:

A) En canto o servizo gratuito da deputación para a limpeza de fosas indicou que o coñecía e que o tiña solicitado pero que na maioría dos accesos as fosas non entraban os camións ¡¡

B) No tema da gardería informou de que o número de usuarios è de 8 ¿?, capacidade para 20, custo de mantemento anual de 38.000€. Non respostou a porqué non se lle concedeu a subvencion da Xunta para mantemento pero "colgouse" a medalla de acadar por outra vía 12:000€

C) Na pregunta sobre a deuda do concello pedimos a anulación desta pregunta por estar xa tratada no punto 3 do pleno.

D) En canto a pregunta sobre a obra de Berdelle indicou que hai unha fosa sèptica no pobo, que se recolleron os residuos da rúa e augas pluviais a citada fosa; que hai un veciño enganchado a rede de saneamento e que os demáis que o desexen o poden facer pagando o canón estipulado.

E) Na solicitude de arranxo das vías de Vilasusá manifestou que él non a atopara deteriorada; en bouzasvedras que coñece o problema e cando "pase por alí" o servizo de reparación de arranxará e finalmente o acceso a Besteiros que descoñecía o seu estado.

F) No tema dos plans de aforro indicou que éramos un concello piloto en Galicia pero que non resultaba beneficioso para o Concello e que se anulou. Èl mesmo asumiu a responsabilidade de apagar parte do alumeado público como medida de aforro e que leva apagado máis de 180 farolas con tan só 4 queixas por parte dos veciños.

G) Na complicada pregunta sobre os procesos selectivos que se fixeron no concello recentemente e concretamente nunha praza de auxiliar administrativo e logo de querer esquivar a pregunta saíndose "polas ramas", manifestou que houbera erros nas bases e que a raíz da nosa reclamación se anulara antes do seu nombramento.......Neste punto manifestamos a nosa disconformidade porque nos non presentamos reclamación algúnha (ratificado polo secretario) e tamén indicamos que sí houbera nomeamento (recoñecido tamén polo secretario). Dixo que non se publicitara porque non o considerara oportuno e que a información non ía chegar a xente que lle poidera interesar.
So se presentou unha persoa co agravante e a misteriosa situación de que xa estaba traballando antes de celebrarse o proceso selectivo....CASUALIDADE OU ILEGALIDADE ¿?
Estas son as típicas actuacións do noso Alcalde, actua de espaldas a legalidade e despois aparenta non saber nada do tema.
Esta situación seguirá os trámites pertinentes ata depurar as responsabilidades que cada un tivera.

Fora das preguntas por escrito solicitamos información da situación da carretera dende Vilarchao e novamente tentou enganar os veciños botàndolle agora a culpa da paralización os veciños de Coles que reclaman os seus dereitos. Nos indicamos que non tiña as cousas tan "atadas" como nos contara e os seus propios membros do PP na Deputación acordaron non tramitar as expropiacións como urxentes co retraso e paralización das obras por tempo longo. Estamos no mesmo punto de partida 6 meses despois ¡¡

Finalmente preguntamos se fixera algo para subsanar a ausencia tódolos días do médico sustituto do Centro de Saude de A Peroxa e tan só se limitou a decir que a nosa queixa trasladada a Santiago para unha solución xa a podíamos parar.......Claro que a paramos, pero porque xa volta a estar tódolos días, e non precisamente polas súas actuacións, senón polas nosas queixas e reivindicacións.

REMATAMOS ASÍ UN PLENO COMPLICADO QUE COMO DIXEMOS O PRINCIPIO DESTACOU POLA POUCA COLABORACIÓN POR PARTE DO SR. ALCALDE TANTO AS NOSAS INICIATIVAS COMO POLOS SEUS MALOS MODOS NUNHA SESIÓN PLENARIA ONDE TAN SÓ DEFENDEMOS E LOITAMOS POR UN CONCELLO MELLOR, COUSA QUE PARECE CADA DÍA LLE MOLESTA MÁIS.  ¡¡

Logo de unha vez máis cumprir co noso compromiso e deber de información agardamos que fose esta información importante para que todos coñezades como funciona o voso Concello.

ATA A PRÓXIMA QUEDANDO A VOSA DISPOSICIÓN ¡¡

 
 









miércoles, 11 de julio de 2012

Participa no programa da TVG "Bamboleo"

Organizase dende o Concello unha viaxe para asistir o programa da Televisión de Galicia "Bamboleo", programa musical presentado polo popular Xosè Manuel Piñeiro.

A viaxe será o vindeiro xoves 26 de xullo a Santiago.

Sairase da praza do concello de A Peroxa as 18:15

Tòdolos interesados en asisitir deben anotarse antes do 22 de xullo nas oficinas do propio concello ou no telefono 988206614

Actividade gratuíta para todos, e os menores de 18 anos precisan a sinatura dunha autorización.


martes, 10 de julio de 2012

Festas en Armental 2012

A vindeira fin de semana celebranse na parroquia de Armental as tradicionais festas.
Durante o sabado 14 e o domingo 15 os veciños e visitantes terán actos relixiosos, festivos e musicais para disfrutar da popular festa.

Participa e disfruta das nosas festas ¡¡

lunes, 9 de julio de 2012

A nosa defensa dos servizos públicos ten repercusión na prensa local.

A raiz da denuncia pública feita pola Agrupación Socialista de A Peroxa diante do Sergas para por fin a unha situación inxusta e de falta de servizos os nosos veciños ante a ausencia diaria dun médico que cubra a baixa da nosa médica titular, a prensa local reflexou nas súas páxinas a nosa petición.

Non podemos permitir que nos sigan recortando os nosos servizos, polos cales xa pagamos uns elevados impostos e defenderemos e loitaremos contra os recortes indiscriminados do Sr. Feijoo, dado que dos mandatarios do concello non podemos agardar actuacións por estaren sometidos a unha "disciplina" de partido que antepoñen os intereses dos seus veciños e veciñas, escondèndose diante de situacións coma esta.

Nas seguintes imaxes, os diferentes enfoques da prensa local:





 Finalmente, as nosas peticións tiveron resposta por parte do Sergas onde se recoñece esa falta de sustituto tódolos días e a pesares diso non poñerán solucións a esta situación inxusta. O propio Colexio Oficial de Mèdicos se une a esta nosa demanda e recoñecen que mermará a calidade na asistencia os pacientes.

Esta è a noticia coa "resposta" do Sergas:


DENDE A NOSA AGRUPACIÓN SEGUIREMOS CON ESTA LOITA POR ACADAR E MANTER OS SERVIZOS INICIAIS DOS QUE DISPOÑÍAN OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS, REALIZANDO AS ACTIVIDADES E PROTESTAS QUE SEXAN NECESARIAS ATA RECUPERAR O QUE NOS "RECORTARON".

HOXE MESMO SERÁ UN DOS TEMAS A TRATAR EN PROFUNDIDADE NO PLENO QUE SE CELEBRARÁ NO CONCELLO A PARTIRES DAS 20:30.

AGARDAMOS SABER CAL È A POSTURA DO SR. ALCALDE.....VAISE POR A DEFENDER OS SEUS VECIÑOS OU SEGUIRÁ AXEONLLADO DIANTE DAS "NAVALLADAS" DA XUNTA O NOSO CONCELLO?


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡
 


Festas en San Xes 2012

Xa temos enriba outra tradicional festa no noso Concello. Serà o día 11 de xullo a festa do San Bieito en San Xes.
Festa eminentemente relixiosa pola mañan con misas entre as 8 e as 12 para logo ter a muiñeira, festa e verbena amenizada cunha importante orquestra.

Non faltes, e disfruta das nosas festas ¡¡


viernes, 6 de julio de 2012

Pleno no Concello de A Peroxa

O vindeiro luns día 9 de xullo as 20:30 celebrase no Concello de A Peroxa o pleno ordinario correspondente.
Trataranse temas importantes para o presente e futuro do concello.
Presentaremos e defenderemos as nosas mocións e rogos presentados.
Agardamos respostas as nosas preguntas por parte do Sr. Alcalde sobre temas que interesan e preocupan os nosos veciños e veciñas.

Se che preocupa a situación de abandono do teu Concello os problemas veciñais; a grave situación na que queda o colexio; a situación de incertidumbre da gardería; a problemática coa sustitución do mèdico do Centro de Saude; o abandono e a situación incomprensible da maleza nas nosas vías de comunicación; onde se invirten as subvencións doutras administracións......, se tes interés por todo o que nos preocupa........

ASISTE O PLENO E COÑECE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡

AGARDAMOSTE ¡¡


jueves, 5 de julio de 2012

Aviso importante ¡¡

Dende o concello editouse un bando informativo que se está a colocar en todos os pobo informando da obligatoriedade de ter limpas as fincas de maleza e àrbores cercanas os nùcleos poboacionais para previr incidencias graves en caso de incendio.
Solicitamos tamén dende aquí a colaboración de toda a veciñanza do concello para loitar contra os posibles incendios que se poidan producir.
Para calquer dúbida o respecto poden poñerse en contacto connosco nos medios de comunicación habituais.

GRACIAS A TODOS POLA COLABORACIÓN ¡¡


miércoles, 4 de julio de 2012

Obras que se van realizar no Concello

A través dunha aportación de 64.523,92€ que aporta o antigo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, a través dos Plans Estratéxicos de Infraestructuras no Medio Rural (PEIMS) vanse realizar obras de mellora en varias carreteras do noso término municipal, e tralo acordo tomado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 20/01/2012 o  listado de obras e pobos beneficiados serán os seguintes:

ACCESOS A PIÑEIRON (CARRACEDO)

ACCESOS AIROÀ E BEACÁN (BEACÁN)

 CAMPO DE GRA`CES (GRAÌCES)

 ACCESOS A OUTEIRO DE GRAÌCES (GRAÌCES)

ACCESOS A CARRETERA DA PEROXA DENDE O SOUTO (VILLARRUBÍN)
ACCESOS FERRADAL - VERDELLE (MIRALLOS)

ACCESOS A LENTOMIL (PEROXA)

PRAZA DO CONCELLO (PEROXA)

ACCESOS A GAIOSO E VILANOVA (PEROXA)

ACCESOS A LENTOMIL

ACCESO AS CUARTAS (ARMENTAL)

ACCESOS RIAL - DIARADA (PEROXA)

RUAS NO SOUTO (VILARRUBIN)

ACCESOS SOUTO - FORO (VILLARRUBIN)


A estas obras agardadas e tremendamente necesarias para subsanar as deficiencias nas nosas vías de comunicación temos que engadir as que se realizarán a través dos Plans Provinciais 2012 que serán a mellora dos accesos a Valdomar (Peares) e Conchouso (Vilarrubin).

ESTAREMOS VIXIANTES PARA QUE ESTAS OBRAS SE REALICEN SEGUNDO OS EXPEDIENTES E CARACTERÍSTICAS CORRESPONDENTES, ASÍ COMO, SOLICITANDO PERMANENTEMENTE A SÚA URXENCIA E INICIO DAS MESMAS.

UNHA VEZ MÁIS CUMPRINDO OS NOSOS OBXETIVOS DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA DAS ACTUACIÓNS QUE AFECTAN O NOSO CONCELLO.
 


martes, 3 de julio de 2012

Asì está o noso Concello....¡¡

Outra vez máis aportamos imaxes do estado de abandono e deterioro de moitas situacións que se dan habitualmente no noso Concello:

OS VECIÑOS LEVAN XA TEMPO RECLAMANDO UNHA SOLUCIÓN AS GRAVES DEFICIENCIAS COMO O VACIADO DO LAVADOIRO, A FALTA DE ACCESO A FONTE E A LIMPEZA.

NOVAMENTE, E XA VAN VARIAS, AS LUCES ENCENDIDAS TODA UNHA MAÑÀ, DURANTE A CELEBRACIÓN DA CARREIRA DE BICIS. NON SE PODE ENTENDER DESPOIS COMO SE APAGAN AS FAROLAS DO ALUMEADO PÚBLICO NOS POBOS SE NON SE VIXÍAN ESTAS SITUACIÓNS DE DERROCHE.

BANCO PÚBLICO NO ANTIGO CAMPO DA FEIRA VELLO DA PEROXA PARA QUE SE SENTEN OS VECIÑOS.....¡¡

MALEZA NA CARRETERA DE ARMENTAL ¡¡

 MALEZA NA CARRETERA DO SOUTO ¡¡

 MALEZA NA CARRETERA DE GUERAL ¡¡

MALEZA NA CARRETERA DA VILANOVA ¡¡

Solicitamos solucións a problemas que como o da maleza que invade tódalas nosas vías de comunicación poden ocasionar graves problemas pola dificultade e perigo para conductores e peóns.

PRECISAMOS QUE DUNHA VEZ POR TODAS OS MANDATARIOS DO CONCELLO SE FIXEN NAS DEFICIENCIAS E NECESIDADES QUE OS VECIÑOS E VECIÑAS PRECISAN.

 


Festas en Turbisquedo

O vindeiro fin de semana 7 e 8 de xullo celèbranse en Turbisquedo as suas festas patronais, con actos relixiosos e festivos con orquestras importantes.
Unha nova oportunidade para que os veciños que están lonxe da súa terra volten para visitar os seus e disfrutar das suas festas.

BOAS FESTAS A TODOS ¡¡

lunes, 2 de julio de 2012

Un pouco de cordura ¡¡

Titular desta vez moi suave para a sensación de malestar que sentimos os socialistas da Peroxa pola neglixencia e pola falta de compromiso do noso Alcalde nun tema tan crucial para o futuro do Concello como è o dos recortes en educación que está a levar a cabo o PP e que afecta moi negativamente ao noso Colexio.
Antepón claramente os intereses do seu partido antes que os dos seus veciños, que sufren unha vez máis unha navallada nos seus servizos bàsicos, como è a da ensinanza dos nosos nenos e nenas.
O problema non surxe agora mesmo, agora tan só se acentúa por unha nefasta política na fixación de poboación e de mellora dos servizos e vias de comunicación nestes 30 anos onde ano tras ano os nosos mozos e mozas marchaban do concello en busca de traballo, vivenda e servizos que o noso Concello nunca foi quen de darllos. Unhas vías de comunicación que nestes todos anos non sò non foron quen de mellorar, senón que empeoraron sensiblemente e dende o ano 1999 estamos agardando pola moitas veces prometida carretera nova que unise dun xeito digno as comunicacións coa capital.
Nestas semanas pasada lévanse producindo actuacións negativas en canto os recortes educativos que pasamos a resumir cronolóxicamente.

Comenzamos por indicar que o Sr. Alcalde era plenamente consciente da situación na que se atopa o Colexio da Peroxa, cunha falta de alumnos preocupante por todos coñecida. Ainda sabendo os riscos que podian levar o desmantelamento de profesores, de comedor...ou incluso a ameaza e proposta de peche seguiu agardando sen tomar as medidas oportunas no seu momento, non contandolle toda a verdade da situación os pais.

Recentemente produciuse unha xuntanza no Auditorio de Coles, onde os pais, profesores, veciños, e representantes políticos dos catro concellos afectados: Coles, Amoeiro, Vilamarin e A Peroxa (entre os que nos atopamos nós, desprazando a dita reunión 2 dos 3 concelleiros), onde se informou da ameaza de supresión dun curso da ESO (que ven poderían ser os tres de confirmarse os peores presaxios). Nesta reunión os profesores e membros da asociación de país expuxeron a situación e as medidas propostas para loitar todos no mesmo frente para evitar esta situación.
Tras unha multitudinaria asistencia, acordouse seguir coa recollida de firmas manifestando a postura contraria a estas medidas da Xunta por parte de tódolos afectados.

A continuación tedes o comunicado:



E tamén a folla de recollida de firmas, das cales temos exemplares na nosa Agrupación Municipal Socialista por se alguén quere sumarse a este rexeitamento:


A esta reunión repetimos estaban convidados os catro Alcaldes da Mancomunidade afectados, asistiron os de Coles e Amoeiro, faltando os de Vilamarin e o noso de A Peroxa, a pesares de ter varios veciños do concello afectados alí presentes.
Manifestaron na prensa a súa ausencia do seguinte xeito:

 O Sr. Alcalde da Peroxa según as súas "desafortunadas" manifestación fala de "alarma social" e que todavía non existe unha lei que ampare estes recortes....., pois ben unha vez máis como non sabe por donde anda, deixamos no seguinte enlace o decreto que ampara este recorte previsto:

http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/21/pdfs/BOE-A-2012-5337.pdf

Como pode ser que o  noso Alcalde descoñecese a citada normativa cando o seu "compañeiro" do PP de Coles e portavoz si a coñecese e mesmo apoiase esta xuntanza e as medidas alí tomadas comprometendose a apoiar os pais e veciños diante deste recorte inxustificado.

A prensa recolleu esta noticia do seguinte xeito:

http://www.laregion.es/noticia/212609/coles/perdida/instituto/

http://www.laregion.es/noticia/212789/padres/docentes/coles/recogen/firmas/conservar/

Pois para continuar con esta situación agora tócalle tamén os efectos dos terribles recortes da falsa austeridade do Sr. Feijoo o colexio de A Peroxa onde suprimen aulas e profesores e pasaremos a ter unha soa clase de infantil e outra de primaria, todo isto diante das narices dos nosos mandatarios que non son que de reaccionar e protestar contra estes recortes como se fai en case todos os concellos afectados da provincia, sexa de quen sexa o goberno municipal, PSOE ou PP.
Nos propuxemos a nosa colaboración para presentar escritos de disconformidade con esta situación ante as administracións competentes así como para facer as movilización que fosen necesarias, pero algùns consultados estaban todavía agardando as "respostas" por parte do Sr. Alcalde, e polo de agora non queren pronunciarse. Unha lástima ¡¡

A prensa reflexa estas novas sobre o asunto:

http://www.laregion.es/noticia/212950/posible/reduccion/aulas/agita/educacion/ourensana/

Nesta noticia aparecen os recortes do colexio de A Peroxa:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/06/29/supresion-39-aulas-escuela-70-profesores-deja-rural-tocado-muerte/660899.html

Aquí tamèn:

http://www.ourensedixital.com/_novas/12/06/14_05.htm

En moitos concellos afectados presentaronse mocións contra esta situación e foron aprobadas por unanimidade por tódolos grupos polìticos, como por exemplo en Rubià.

http://www.laregion.es/noticia/213596/pleno/rechaza/reduccion/aulas/colegio/rubia/

Este recortes, no que está o noso colexio provocará que agruparán os nenos de 6 ata 12 anos na mesma clase, coa perda evidente de calidade educativa e de progresión.

Unhos recortes que nos levan a situacións dos anos 40.

Esta situación de incertidumbre e de falta de claridade sobre un futuro pouco esperanzador fixo que varios dos nenos e nenas do colexio da Peroxa, abandoaran o centro para o vindeiro curso buscando outros centros proximos para garantir a súa escolarización situando agora mesmo o colexio nunha gravísima situación de futuro.

Unha situación a que nunca se debeu chegar, dado que recentemente moitas familias xovenes chegaron a capitalidade do Concello pero poucas optaron pola formación educativa no colexio da Peroxa, unha situación que alguén terá que explicar algún día e deixarse de enganar unha e outra vez os seus veciños e tentar defender os seus intereses antes que os seus partidistas e particulares.

Seguiremos informando desta situación, e por suposto a trataremos no vindeiro pleno o cal vos convidamos dende aquí.