Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 29 de junio de 2012

UNHA TRISTE DATA PARA OS GALEGOS ¡¡

O vindeiro domingo 1 de xullo vai ser recordado históricamente na memoria dos galegos por ser un dos días máis nefastos en canto a dereitos saqueados por parte dos goberno nacional e autonómico do PP.

Entra en vigor o decreto publicado no DOG do venres 22 de xuño que desenvolve a Lei de Augas e onde os veciños e veciñas de Galicia terán un novo imposto, regalado con cariño polo Sr. Feijoo que unha e outra vez segue mentindonos con falsas expectativas, cando sabe que o prezo da auga aumentará e pasaremos a pagar por servizos que antes eran gratuítos, moitos deles froito do esforzo veciñal feito nos nosos pobos e vilas.

Nas seguintes imaxes-resumen tedes os datos e as cuestións que deberedes coñecer en canto o decreto que a partires do domingo nos quitará un pouco máis da nosa maltreita economía:






A esta "desagradable" noticia engadimos o MEDICAMENTAZO, que fará que os nosos maiores teñan que pagar os medicamentos, ata 8€ mensuais como mínimo, con unhas pensions que xa non dan màis de sí. Esta è unha noticia que ainda parece que a xente non è consciente da situación gravísima e de atentado contra os seus dereitos que se lles ven enriba.
Ademàis unha vez máis o Sr. Feijoo segue MENTINDO DESCARADAMENTE os galegos o manifestar que non terán que adiantar os cartos..........BASTA XA DE ENGANOS.

Este è o presidente da historia de Galicia que màis dano lle esta a facer a esta Comunidade, con traicións históricas que perxudicarán os bolsillos dos galegos e ademáis predicando xusto o contrario do que está a facer.....LEVA GOBERNANDO MÁIS DE 3 ANOS A BASE DE BOTARLLE A CULPA DA SÚA NEGLIXENCIA OS DEMÁIS E MENTINDO DÍA SÍ E DÍA TAMÉN ¡¡

No seguinte enlace poñemos a noticia publicada na Web da propia Xunta onde aseguran que os galegos e galegas non adiantarán os cartos dos medicamentos........veremos cal vai ser despois a situación:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/1547/galicia-garante-que-seus-pensionistas-non-adiantaran-dineiro-para-seus-medicamentos


POR TODO O EXPOSTO.....LEMBRAREMOS O 1 DE XULLO COMO UN DOS DÍAS NEGROS DE GALICIA ¡¡


jueves, 28 de junio de 2012

APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL

O sàbado día 30 de xuño è a data fixada polo Concello para a apertura da piscina municipal de A Peroxa, cun horario de 13:00 a 21:00.


miércoles, 27 de junio de 2012

A pagar....¡¡

O tìtulo do artigo està a orde do día nos goberno do PP, que sangran os seus cidadáns ata límites insostibles e por situacións onde fai ben pouco tempo parecía impensable que se tivese que chegar a pagar.

No noso concello aplicase xa a tasa por expedición de documentos adminsitrativos, outra tasa inxusta e innecesaria onde os perxudicados son sempre os mesmo....OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA ¡¡

Na seguinte documentación tódos os detalles da ordenanza destas taxas que podedes atopar na pàxina web do Concello de A Peroxa.





O GOBERNO MUNICIPAL DO PP NO CONCELLO DA PEROXA, SEGUE NA SÙA LIÑA DE SUPRIMIR SERVIZOS (XIMNASIO, ACTIVIDADES NOS POBOS, CLASES NO COLEXIO, MENOS ASISTENCIA MÉDICA.......), E AUMENTAR AS TAXAS E OS IMPOSTOS ¡¡


martes, 26 de junio de 2012

Convocatorias interesantes ¡¡

Anunciamos aquí no blog dùas interesantes convocatorias publicadas recentemente e as cales poderían interesar a varios dos nosos veciños e veciñas así como tamén as Asociacións e Entidades Culturais existentes no Concello.

A primeira è a convocatoria de subvencions a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ànimo de lucro para o equipamento e a mellora dos seus locais.

Toda a información e as bases no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120622/AnuncioG0164-140612-0006_gl.pdf

A seguinte fai referencia os moitos aficionados os deportes do fútbol e fútbol sala que poden agora sacar os correspondentes títulos de adestradores nas 3 categorías existentes.

No seguinte enlace información e instruccións:

http://www.futgal.es/index.php?sec=escuelaEntrenadores

A que engadimos a publicada no DOG:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120607/AnuncioG0164-050612-0002_gl.pdf


Como en convocatorias anteriores quedamos a vosa enteira disposición para calquer dúbida ou axuda na tramitación.


lunes, 25 de junio de 2012

Festas do San Antón na Peroxa 2012

O vindeiro fin de semana, sàbado, domingo e luns celebraranse as festas da Peroxa cos correspondentes actos festivos e relixiosos que se anuncian no cartel seguinte.
A estes actos hai que engadir o torneo de futbol 7 que se celebrará o sabado pola tarde no campo de fútbol do Marco.
Damos dende aquí a benvida os moitos veciños e veciñas que retornan os seus pobos para celebrar estas festas coas súa familias e que o longo do ano están desprazados por toda a xeografía.



BOAS FESTAS ¡¡
 

As nosas propostas de mellora para o concello na prensa local

A raíz da presentación da solicitude de mellora na situación no saneamento en pobos e parroquias do noso Concello, estas son as noticias sobre o asunto publicadas na prensa local de Ourense....




SEGUIMOS CUMPRINDO OS NOSOS COMPROMISOS DE FACER PROPOSTAS E SOLICITAR SOLUCIÓNS PARA OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO NOSO CONCELLO.

 

viernes, 22 de junio de 2012

Agardando respostas sobre cuestións que nos ocupan e preocupan..¡¡

Para cumplimentar a información sobre os temas que a nosa Agrupación Municipal levarà e debatirá no vindeiro pleno, publicamos as preguntas que se presentaron nas oficinas municipais por escrito para resposta do Sr. Alcalde

Preguntas sobre temas e cuestións que preocupan a moitos dos nosos veciños e veciñas do concello:



COÑECE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO....¡¡

ACUDE OS PLENOS E ACOMPÀÑANOS ¡¡

PRESENTAMOS, ANALIZAMOS E DEFENDEMOS AS TÚAS DEMANDAS ¡¡



Coherencia ou hipocresía ?

Flaco favor lle están a facer as hemerotecas o goberno do PP....o goberno "do cambio"........DO CAMBIO DE CRITERIO ¡¡

Analizemos e reflexionemos sobre estas declaracións anteriores e as actuais.....



jueves, 21 de junio de 2012

Proposta para o concello moi necesaria ¡¡

Analizando a situación que se ven producindo de "irregularidades" nos últimos anos en canto as ofertas de emprego que se "xestionan" dendo o Concello da Peroxa, tanto público como privado, e tendo en conta a situación grave de desemprego na que se atopan moitos dos nosos veciños e veciñas e ante a necesidade de que todos teñan as mesmas oportunidades, propoñemos para a súa aprobación no vindeiro pleno a seguinte moción, que por "limpeza democrática" e igualdade de trato e de oportunidades para toda a veciñanza agardemos sexa aprobada por unanimidade.



 Creemos firmemente que sería unha boa solución as graves situacións de "trato de favor" que se veñen producindo dende o goberno municipal do PP, onde non respetan os dereitos de igualdade de oportunidades para todolos veciños e veciñas do Concello, actuando dun xeito discriminatorio para a maior parte da poboación.

Os datos da primeira páxina non se ven con claridade, por tanto aquí tedes a tabla ampliada, onde vedes que no ultimo ano o paro aumentou un 40% no noso Concello.





SEGUIMOS LOITANDO POR UN CONCELLO MELLOR E DEFENDENDO OS DEREITOS DOS VECIÑOS APORTANDO INICIATIVAS QUE TERÍAN UNHA REPERCUSIÓN POSITIVA EN MOITAS FAMILIAS DO CONCELLO DE A PEROXA.

A SITUACIÓN ACTUAL NON SE PODE SEGUIR MANTENDO E POR RESPETO A VECIÑANZA DO CONCELLO PEDIMOS UN XIRO NA POLÍTICA CACIQUIL DOS MANDATARIOS ACTUAIS.



miércoles, 20 de junio de 2012

Aprazamento do pleno do luns 25 de xuño

Este vindeiro luns 25 de xuño estaba previsto o correspondente pleno ordinario, o cal se aprazará uns días para que na orde do día se poida incluír algún tema pendente según nos solicitaron dende o concello para non ter que convocar outro exclusivo para esta cuestión e non facer así un dobre gasto.

A nova data convocada será anunciada convintemente por este mesmo medio.


martes, 19 de junio de 2012

Nova proposta para o Concello

Continuando co noso traballo e esforzo para tentar mellorar os servicios exsitentes no Concello, presentamos a seguinte Moción para tratar no vindeiro pleno, onde trasladamos unha das peticións máis demandadas polos veciños e veciñas da Peroxa, como è unha actuación de mellora urxente nos servizos contra incendios en tódolos pobos.

A moción presentada expón e solicita o seguinte:


Os argumentos que expomos son evidentes en tódolos pobos onde nos atopamos en lamentable estado as Bocas de Incendios, ubicadas no cadro de contadores da auga:

Basta con ver os exemplos nas seguintes imaxes:

 


O mesmo ocorre co que serían os posibles puntos de carga de auga en situación de emerxencia, as propias fontes e lavadoiros existentes en case tódolos pobos e que se atopan como se ve nas imaxes seguintes:




AGARDEMOS QUE ESTA MOCIÓN SEXA APROBADA POLO GOBERNO MUNICIPAL DO PP PARA EVITAR RISCOS GRAVES MATERIAIS E MESMO PERSOAIS NO NOSO CONCELLO, ACTUANDO PARA MELLORAR AS GRAVES DEFICIENCIAS EXISTENTES E EVITAR SITUACIÓNS DE PERIGO COMO SE VIVIRON EN VARIOS POBOS DO CONCELLO DA PEROXA NO PASADO ANO 2011 E NON SE REPITAN IMAXES COMO A QUE SIGUE....



PRECISAMOS QUE O CONCELLO COMENCE XA A PENSAR POR FIN NA SÚA VECIÑANZA ¡¡


lunes, 18 de junio de 2012

Peticións veciñais a tratar no vindeiro pleno

Continuando coa nosa labor de propostas de mellora o concello para solucionar e garantir os servizos básicos os veciños e veciñas do noso concello, solicitamos actuacións en varios pobos en canto a graves deficiencias observadas no que se refire a ausencias de saneamento, e que se poderían solicitar a travès dunha liña de axudas que ven de convocar a Xunta de Galicia.

A nosa proposta é a seguinte, e que se tratará no vindeiro pleno do luns 25 de xuño as 20:00 que é cando corresponde ter o Pleno Ordinario, ainda que a data de hoxe todavía está sen convocar.


Agora unhas imaxes como mostra da situación plantexada...

Este é o forno público do Val con augas residuais e lodos baixando por unha das súas paredes...

Aquí imaxen da fosa do saneamento procedente de Casundila e ubicada na Costa da Cabra, que recentemente, e según testimonio dos veciños, logo de varios anos construída é a primeira vez que o concello pasa por aquí para a súa "limpeza". Destacamos a palabra limpeza porque o que se fixo foi vaciar algúns restos que tiña no seu interior e se "tiraron" no mesmo lugar, incluso encima das tapas da fosa ou nos terreos cercanos, deixando unha situción lamentable......¡¡   Estas son as medidas de control que ten o concello sobre as fosas.

 
Esta última imaxe corresponde a entrada do pobo da Costa da Cabra, con imaxes da rede de saneamento procedente de Casundila.
Aquí neste punto prodúcese outra grave anomalía, posto que por este camiño procedente de Casundila cando chove con intensidade as augas baixan con forza polo camiño e métese nas bodegas e baixos dos veciños e veciñas do pobo, polo que se fai necesaria unha obra de recollida de aguas que desvíe estas mesmo para as fincas colindantes para evitar esta grave problemática que estan a sufrir os veciños.


AGARDAMOS QUE ESTAS PROPOSTAS DE MELLORAS SEXAN ATENDIDAS POLO CONCELLO ¡¡


O MESMO TEMPO INVITAMOS OS VECIÑOS E VECIÑAS AFECTADAS A ASISITIR O CITADO PLENO PARA COMPROBAR CALES SON AS MEDIDAS QUE SE VAN A LEVAR A CABO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL.

TRABALLANO POLO NOSO CONCELLO ¡¡

 



Consulta o Plan de Urbanismo do teu Concello.

Vense de dar de alta na páxina web da Deputación unha ferramenta para consultar os plans de urbanismo de varios concello da provincia, entre os cales se atopa o noso de A Peroxa.
Pode resultar ùtil para consultas puntuais sobre aspectos e características do plan.

Acceso directo dende o seguinte enlace:

http://urbanismoenred.depourense.es/peroxa/

A noticia deste novo servizo polo cal estabamos agardando reflexouse na prensa local:

http://www.laregion.es/noticia/213137/urbanismo/municipal/exhibe/internet



jueves, 14 de junio de 2012

Exemplos gráficos do abandono do noso Concello

As imaxes son fiel reflexo da inactividade e abandono do grupo de goberno do PP no Concello de A Peroxa.....

As nosas vías de comunicación, tanto municipais como provincias precisan urxentemente unha limpeza de maleza para evitar perigos que poden ocasionar as situación perigosas de abandono para os conductores e peóns que as transitan a diario....



A imaxe seguinte poderíase ter arranxado xa fai moito tempo polos anos que leva nesa situación de perigo para os veciños e veciñas da Peroxa, principalmente perigosa para os nosos maiores e os nosos cativos. Ademáis esta é unha das imaxes que se levan os nosos visitantes por exemplo cando nos acompañan nos días de feira....


Continuamos cunha imaxe das deficiencias que van aparecendo nas obras millonarias e incompletas do campo de fùtbol dous anos despois de realizadas.....

 Finalmente unha imaxe que deixa mostras dunha das polémicas actuais na provincia, e que se refire a posibles anomalías nas obras realizadas e subvencionadas nas estacións da provincia feitas pola Deputación de Ourense e na que atopamos a dos Peares dentro deste proxecto investigado.......


DEFICIENCIAS QUE CON UN POUCO DE INTERESE POR PARTE DO CONCELLO SE PODERÍAN SUBSANAR ¡¡


Actividade deportiva no concello na fin de semana do 16 e 17 de xuño de 2012

A actividade deportiva en canto a competicións se refire vai tocando o seu fin, e xa tan só nos queda un representante en competición oficial:

OS PEARES FS - KARLASCA: Copa Deputación o sàbado 16 as 19:00 no pabellón dos Peares.

Lembramos o xa publicado anuncio da competición de bicis na Peroxa na maña do domingo.

Tamén a entidade do A PEROXA CF celebra na tarde do sábado no campo do Marco e no recinto feiral da Peroxa actos de peche de tempada e presentación do novo proxecto deportivo.


miércoles, 13 de junio de 2012

Competición deportiva no Concello

O vindeiro domingo 17 celebrase nas pistas e vías do Concello unha competición do Campeonato Galego de BTT.
Agardase unha gran participación en canto a número e tamén un gran nivel nesta modalidade do deporte das bicis.

Este é o cartel do evento:


Toda a información da proba na súa web:

http://bttaperoxa.singletrackgalicia.com/


Agardamos a túa presencia e colaboración con este evento deportivo.


martes, 12 de junio de 2012

Informandote dos teus dereitos ¡¡

Incidindo na nosa labor de información a veciñanza para que coñezan e usen os dereitos dos que son partícipes, hoxe tócanos informarvos das posibles exencións que hai no IMPOSTOS DE BENS INMOBLES no Concello de A Peroxa.

A continuación nas seguintes imaxes, a normativa reguladora e posteriormente a lei que reflexa as posibles exencións.




Coma sempre, quedamos a túa enteira disposición para calquer dúbida....

COÑECE E RECLAMA OS TEUS DEREITOS ¡¡


"Un pobo informado è un pobo libre"






lunes, 11 de junio de 2012

Festas do San Antonio en Mirallos

Este vindeiro sábado 16 celebraránse as festas patronais na parroquia de Mirallos con actos relixiosos e festivos para o disfrute dos veciños e visitantes.

En canto a parte musical a festa e verbena estará amenizada pola orquestra NEBRASKA.

Disfruta das nosas festas ¡¡


Convocatoria para obter o bacharelato

No DOG do xoves 7 de xuño na súa páxina 21999 convocaronse as probas para obter o título de bacharel para maiores de vinte anos, así como as instruccións correspondentes.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120607/AnuncioG0164-300512-0001_gl.pdf


Si è do teu interès informate e consultanos.


viernes, 8 de junio de 2012

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 9 e 10 de xuño de 2012

A actividade deportiva no noso Concello para este fin de semana é a que sigue:

XUVENTUDE IRIXO - OS PEARES FS: Sàbado 9 as 17:00 na Central do Carballiño (Copa Deputacion)

OS PEARES FS BENXAMIN - A PEROXA CF. BENXAMIN: Partido amigable dentro do programa das festas da Granxa, no polideportivo de Os Peares as 18:00

A PEROXA CF "B" - PEÑA VETERANOS LLOVIZNA: Amigable sabado 9 as 19:00 no campo do Marco.


Disfruta e anima dos nosos equipos ¡¡

jueves, 7 de junio de 2012

Exenciòn imposto municipal para vehículos ¡¡

Informamos a tódolos veciños e veciñas que segundo a Ordenanza Reguladora do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica do Concello de A Peroxa, existe no seu artigo 2 unha bonificación do 100% (gratuidade) para os vehículos motorizados históricos de 25 anos ou máis.

Os que teñades vehículos destas características deberedes solicitalo para obter a bonificación.

Esta ordenanza entre outras pòdese atopar na Sede Electrónica do Concello de A Peroxa ou a través do seguinte enlace:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?wicket:interface=:9::::

Se tedes algunha dificultade para atopala tamén vos facilitamos unha imaxe da citada normativa:


Seguimos traballando para tí, para informarte de como funciona o teu concello e para que coñezas e fagas uso dos teus dereitos ¡¡



miércoles, 6 de junio de 2012

Màis mentiras.....¡¡

O titular non pode ser máis expresivo....

A raìz das múltiples accións que dende a nosa Agrupación levamos a cabo para solicitar a cantas administracións estaban "implicadas" na responsabilidade para rematar coa obra do "gran engano" que se lles leva feito os veciños e veciñas do noso concello como é a Carretera dende Vilarchao; presentando mocións no propio concello, solicitudes de cumprimento do convenio asinado tanto na Deputación como na Xunta e obtendo sempre a resposta negativa coa complicidade do goberno municipal do Concello de A Peroxa co seu Alcalde o fronte, onde pleno tras pleno aseguraba ter o asunto "baixo control", alardeando incluso de realizar él persoalmente parte das expropiacións agora resulta que nos voltamos a atopar coas obras PARADAS, porque todavía están a expropiaciòns en tramitación.

Preguntado o Sr. Alcalde por esta situación de paràlise sempre respostaba que tiña a "palabra" dos membros da Deputación e que él mesmo se desprazara a reunirse co conselleiro para asegurar a "urxente" tramitación dos expedientes, pero tristemente, e unha vez máis estas expectativas non se están a cumprir.

Para mostra indicamos que recentemente se publicou no DOG a ampliación do convenio para executar as obras que tiña como data límite Maio de 2012, logo finais de 2012.....para agora ter unha NOVA data para finais de 2013 ¡¡¡¡ Nefastas xestións do Sr. Alcalde onde o noso concello volta a quedar RELEGADO a unha espera interminable e chea de ENGANOS E MENTIRAS.

Para lembrar as memorias dos veciños e veciñas do concello publicamos a continuación uns recortes de prensa para que comprobedes o nivel de cinismo e hipocresìa dos nosos mandatarios, as súas declaracións deberán ser valoradas hoxe en día por todos vos e cada un que saque as súas propias conclusións.

 Nesta noticia pregúntàmonos quen se quedou cos cartos dese convenio que rematou a finais do 1999 ¡¡


Asentar poboación ??   Ano e medio ??

Se tiñas os obxetivos tan claros non sabemos porque despois de 8 anos desta noticia estamos na mesma situación.


En algo coincidimos.....¡¡ Está claro que as nosas vías de comunicación son do século pasado ¡¡


Manejar, manejar....non maneja moito ¡¡ Màis ben.......: engana, engana.
E manifesta que leva 5 anos de retraso cando o primeiro convenio (na primeira imaxe) fala do ano 1999. Parece que se nos está facendo maior que xa lle falla a memoria.


AGARDEMOS QUE ESTA SERIE DE MENTIRAS CONTINUADAS TEÑA UN FINAL PRONTO PORQUE O CASTIGO HISTÓRICO O QUE SOMETEU O CONCELLO NESTES ANOS PASADOS È HUMILLANTE. 

VEMOS COMO CONCELLOS LIMITROFES CRECEN E GAÑAN SERVIZOS  PAULATINAMENTE E AQUÌ NA PEROXA TAN SÓ AUMENTAN OS PATRIMONIOS PERSOAIS ¡¡

UNHA LÁSTIMA ¡¡ 

OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA NON SE MERECEN ESTO ¡¡





lunes, 4 de junio de 2012

Axudas para libros de texto.

Publicouse no DOG do venres 1 de xuño na súa páxina 21193 a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto.

No seguinte enlace tedes toda a información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120601/AnuncioG0164-300512-0004_gl.pdf

Podes poñerte en contacto connosco se tes dúbida ou precisas axuda para a tramitacións desta solicitude.


viernes, 1 de junio de 2012

Actividade deportiva no concello fin de semana do 2 e 3 de xuño de 2012

Escasa actividade deportiva a que vai quedando no concello, dado que as competición oficiais dos nosos equipos vai rematando, esto é o que nos depara a fin de semana:

A PEROXA C.F. CADETE - C.D ALLARIZ: Sàbado 2 as 11:00 no campo do Marca.

OS PEARES FS - SPORT'S CAFE: Sàbado 2 as 20:00 no polideportivo de Oira.

A PEROXA C.F. "B" - PEÑA VETERANOS GADAFFI: Sàbado 2 as 19:00 no campo do Marco.

Anima os nosos equipos ¡¡


Un pouco de humor ¡¡

No BOP do 31 de maio de 2012 aparece unha "nova" convocatoria de prazas para a Deputación de Ourense.
Se estades interesados no seguinte enlace as bases da convocatoria na paxina 4:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=123&fecha=20120531

Sorte e paciencia para os interesados ¡¡