Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 30 de abril de 2012

Preguntas para o Pleno do Concello do 30/04/2012

Seguindo coa nosa labor de información e de preocupación polas queixas manifestadas polos veciños e veciñas do concello, traladamos o pleno ordinario que se celebra hoxe 30 de abril as 20:00 no Concello de A Peroxa as seguintes preguntas o señor Alcalde para a súa resposta e búsqueda de solucións as deficiencias ou anomalías preguntadas sobre temas variados.

Sendo de interese para todos pregamos e animamos a veciñanza a que acudan o pleno, de acceso público para que coñezan de primeira man o funcionamento do mesmo, así como, as decisións adoptadas.

Nos seguintes documentos tedes as preguntas feitas dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello.....



COÑECE O FUNCIONAMENTO DO TEU CONCELLO, DOS PROBLEMAS E SOLUCIÓNS QUE SE TOMAN NOS PLENOS, ETC.

ACOMPAÑANOS ¡¡


XA BASTA DE MENTIRAS ¡¡

O goberno de Rajoy converteuse nestes meses nun goberno que está a facer xustamente o contrario do que anunciaba na campaña electoral, un goberno que minte e engana sistemáticamente os españois, condenándonos a un castigo para os nosos bolsillos de e de privación de dereitos sociales nunca visto na historia de España.

Agora anuncian a subida do IVA cando foi unha das súas màis enerxicas protestas cando así o fixo o anterior goberno, con campañas desorbitadas que agora vos queremos recordar nas seguintes imaxes onde recollen as declaracións sobre este tema.....



ESTE NON É O GOBERNO QUE OS CIDADÁNS ELEXIRON, UN GOBERNO QUE ARRUINA A ESPAÑA COAS SÚAS MEDIDAS ANTISOCIAIS E CUN DESMANTELAMENTO CONTÍNUO DA ECONOMÍA DOS CIDADÁNS ¡¡

BASTA XA DE MENTIRAS E ENGANOS ¡¡
 

domingo, 29 de abril de 2012

As nosas propostas na prensa ¡¡

A raíz da presentación da nosa moción no Concello para o seu debate e aprobación no vinderio pleno, a prensa local reflexou nas súas publicacións a nosa iniciativa.
Noticias sobre a nosa labor no Concello onde unha vez máis nos preocupamos polos problemas dos veciños e veciñas, propoñendo e solicitando soluciòns as súas necesidades.

Nas seguintes imaxes tedes os recortes publicados nos diferentes medios locais de información:





A NOSA LABOR DE DEFENSA DOS SERVIZOS CONTÍNUA ¡¡

 


sábado, 28 de abril de 2012

Nos tamén vamos ¡¡

Como non podía ser doutro xeito os membros da nosa agrupación participarán na manifestación do domingo 29 de abril as 12 da maña dende o Pabellón dos Remedios en Ourense na DEFENSA DA NOSA EDUACIÓN E SANIDADE ¡¡


jueves, 26 de abril de 2012

PLENO NO CONCELLO DA PEROXA

O vindeiro luns día 30 de abril as 20:00 celebrarase no Concello de A Peroxa, o pleno ordinario correspondente con puntos na orde do día interesantes....

---Elixeremos o Xuíz de Paz sustituto.
---Liquidación do orzamento do 2011
---Modificación dos Estatutos Consorcio Turismo Ribeira Sacra.
---Debatiremos e agardamos sexan aprobadas as mocións presentadas pola nosa Agrupación.
---Decretos da Alcaldía
---Rogos e preguntas......

Unha boa ocasión para que coñezas como funciona o teu Concello, con interesantes propostas que levaremos o pleno para mellorar a calidade de vida e os servizos dos nosos veciños e veciñas.

AGARDAMOSTE ¡¡


miércoles, 25 de abril de 2012

Actividade deportiva fin de semana 28 e 29 de abril de 2012

Os encontros que disputaran os equipos do Concello son os seguintes:

A PEROXA C.F - TABOADELA: Domingo 29 as 17:00 no campo do Marco.

ATL. PEROXA - PARADA DE SIL: Domingo 29 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. CADETE - VELLE: Sábado 28 as 10:30 no campo do Marco (Amigable).

A PEROXA C.F. BENXAMIN - CLUB LEMOS: Sábado 28 as 12:00 no campo do Marco.

OS PEARES F.S. - RESTAURANTE SAN MARCOS: Sábado 28 as 20:00 na central dos Remedios.


NON DEIXES DE ANIMAR OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

INFORMACIÓN FUNDAMENTAL ¡¡


A pagar ¡¡

Tristes noticias as que se publicaron no BOE de onte onte se confirmaron os presaxios de pasar "por caixa" en temas farmaceúticos e sanitarios.

Agochados tras unha cortina de fume social como é a prohibición da asistencia os inmigrantes irregulares, medida socialmente aplaudida, e que temén podemos compartir con algún matiz, aproveitaron para "colarnos" o copago farmaceutico e sanitario ao resto da poboación. Como se dí vulgarmente....un gol por toda  a escadra.

A PARTIRES DE AGOSTO LEMBRA......NUN BOLSILLO A TARXETA SANITARIA E NO OUTRO A DO BANCO ¡¡

Resumen da situación na seguinte imaxe:



martes, 24 de abril de 2012

Festas en San Xes 2012

O vindeiro fin de semana 28 e 29 de abril celebraranse un ano máis as festas en San Xes, coma sempre coa sua parte relixiosa e festiva con dúas importantes orquestras no campo de Casundila,

Lembrade que quedades todos convidados a desfrutar das nosas tradicionais festas populares ¡¡

Petición de "esforzos" de Rajoy...

Unha vez máis e continuando coa súa politica de engano e mentiras, na seguinte imaxe tedes un resumo das "tristes" e indecentes declaracións dos seus colaboradores en canto o RE-COPAGO sanitario que tanto se fartaron de asegurar que nunca o levarían adiante.......

Interesante convocatoria

No BOE de hoxe martes 24 de abril, na súa páxina 31540 aparece unha convocatoria de "Axudas a transportistas autónomos por carretera que abandonen a actividade".

Unha concesión económica importante para o cese da actividade.

Os interesados teñen a información máis completa no seguinte enlace:

http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/24/pdfs/BOE-A-2012-5448.pdf

lunes, 23 de abril de 2012

Navallada a Educación ¡¡

O Sr. Rajoy e o seu goberno da un "novo paso" cara a aniquilación dos dereitos iguais para todos neste noso país.
Con estas medidas moitos xovenes vanse ver privados das suas opcións de estudos universitarios....

Nos seguintes gráficos, o resumo da situación...



Hoxe máis ca nunca......NON DEIXAN NADA¡¡

viernes, 20 de abril de 2012

NON DEIXAN NADA ¡¡

Aplicando as políticas de referencia de Rajoy e de Feijoo onde os recortes e a supresión de servicios é a súa principal característica, o noso concello segue a liña marcada polos seus referentes.

Van quitando servizos e actividades paulatinamente e deixándonos nunha situación de desamparo e soledade no concello que fai que a única actividade que nos quede sexa tomar o sol e contemplar a paixase.

Esta vez foi o servizo de ximnasia que se prestaba nos pobos, tan demandado polos veciños e veciñas, así como o peche do Ximnasio Municipal os poucos meses de inauguralo logo de gastar unha millonada na súa apertura.

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no concello solicitamos os responsables municipais que restablezan esa actividade, que non se escusen coma sempre na falta de cartos cando son servizos municipais básicos e necesarios para a veciñanza.

Cada día suben máis os impostos e temos menos servizos ¡¡

Tal vez con algunha rebaixa do desproporcionado soldo do Alcalde e algún concelleiro máis se podería manter este servizo. Trátase de pensar un pouco máis na vida dos veciños e veciñas e non tanto nas ambicións económicas e persoais.

Na seguinte imaxe a nosa Moción para restablecer o servizo entregada no rexistro do Concello para ser debatida e votada no seguinte pleno......


NO VINDEIRO PLENO COMPROBAREMOS O INTERÉS QUE TEÑEN OS NOSOS MANDATARIOS POLO PROBLEMAS E NECESIDADES DOS VECIÑOS ¡¡

SEGUIREMOS DEFENDENDO OS NOSOS SERVIZOS ¡¡



jueves, 19 de abril de 2012

ACTIVIDADE DEPORTIVA NO CONCELLO FIN DE SEMANA 21 E 22 DE ABRIL DE 2012

A actividade deportiva céntrase nos encontros seguintes que disputarán os equipos representativos do noso concello nas súas competicións respectivas:

A PEROXA C.F. - RAMIRAS: Domingo 22 as 17:00 no campo do Marco.

S.D. ARRABALDO - ATL. PEROXA: Domingo 22 as 17:30 no campo de Santa Cruz.

PABELLÓN "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sábado 21 as 09:45 no campo dos Remedios.

VISTAHERMOSA - OS PEARES F.S: Sábado 21 as 17:00 no polideportivo de Oira.

ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

martes, 17 de abril de 2012

E agora qué señor Rajoy?

No gráfico das seguintes imaxes facemos referencia as opinións de prensa sobre a situación actual do país gobernado polo PP e o remate dunha etapa onde Zapatero era o culpable de todo...



AS CONTÍNUAS TRABAS QUE PUXO DURANTE ANOS O GOBERNO SOCIALISTA PARECE QUE SE VOLVEN AGORA NA SÚA CONTRA ¡¡

lunes, 16 de abril de 2012

Sorprendente decisión....¡¡

No Boletín da Provincia do pasado venres 13 de abril na sua paxina 15 sorprendianos un anuncio sobre o noso concello.

Un edicto que anuncia a exposición pública o expediente de declaración de PRESCRIPCIÓN das facturas pendentes de pago dende o ano 1991 ata o 2007.

Un anuncio que sorprende polo seu contido, FACTURAS PENDENTES DENDE O ANO 91?

Os interesados poderán comprobar o listado das facturas que se van ANULAR por si teñen algo pendente co concello. Teñen 15 día hábiles para presentar as pertinentes reclamacións.

Na seguinte imaxe a "noticia" sobre esta situación....




TRATAREMOS O "ASUNTO" POLO MIÚDO, DADO QUE UNHA VEZ QUE O CONCELLO NON SOLICITOU O PLAN DE AXUSTE POR NON TER RECOÑECIDAS DÉBEDAS A PROVEEDORES, SORPRENDE ESTA DECISIÓN DA "APARICIÓN" DESTES DATOS.

SEGUIREMOS INFORMANDO.


Ofrecendo propostas...

Na seguinte imaxe algunha das propostas feitas o goberno do PP para evitar os terribles recortes os que nos castigan cada día, sempre os que menos teñen....


viernes, 13 de abril de 2012

Este è o plan de aforro no Concello de A Peroxa ?

No Concello de A Peroxa como ben saben e poden comprobar tódolos veciños e veciñas estase a levar a cabo o corte en parte do alumeado público dos pobos, estanse a apagar por orde do Sr. Alcalde farolas do alumeado non sabemos moi ben con qué criterio. Si sabemos o motivo, que non é outro que a débeda existente coa compañía eléctrica e búscase con este "método" abaratar o gasto.

Agora estamos a pagar os "excesos" cometidos anos atrás para acadar uns votos a cambio de luces.

Todavía hoxe son visibles varias luces do alumeado PÙBLICO en patios e zonas particulares.

O descontento xeral entre a veciñanza é palpable pola supresión deste servizo, xa que os veciños "afectados" manifestan que pagan os seus impostos cando lle son requeridos e non teñen a culpa do "despoboamento dos nosos pobos" .

O Concello de A Peroxa está participando e algún programa piloto de aforro enerxético que obtivo poucos resultados a vista da decisión UNILATERAL tomada polo Alcalde.

http://elpais.com/diario/2011/03/13/galicia/1300015094_850215.html

Logo destas accións levadas a cabo e tendo en conta que.....

" HAI QUE PREDICAR CO EXEMPLO...."

¿Cómo pode ser que durante a Semana Santa permanecese encendida día e noite a farola existente no recinto do Colexio de A Peroxa?

Comprobao na seguinte foto:




UNHA VEZ MÁIS...NEGLIXENTE ACTUACIÓN DO CONCELLO ¡¡


Hai alternativas o que impón o PP ¡¡

Nos seguintes gráficos amosamos as alternativas que ofrecemos as imposicións sen consenso e sen dialogo que fai Rajoy.
Diferentes xeito de facer oposición.....ofrecendo alternativas.




jueves, 12 de abril de 2012

SEGUIMOS INFORMANDO....

Continuamos ocupados e preocupados pola situación na que se atopan as obras da carretera dende Vilarchao. Logo das inciativas presentadas e defendidas pola nosa agrupación municipal para impulsar esta obra necesaria e "interminable", veñen de surxir novas sobre a situación actual.

Como ben informamos no seu momento, as obras paralizanse pola falta de tramitación das expropiacións a pesares das continuas informacións enganosas por parte do noso Alcalde onde manifestaba que as expropiacións non eran un problema e a obra continuaba.....pois parece que unha vez máis voltouse a equivocar nas súas previsións. Incluso se atreveu a manifestar que as fixera él persoalmente cos veciños e veciñas de Coles en reunións particulares e "privadas". LAMENTABLE ¡¡

Na seguinte información que vos deixamos a continuación veredes no estado que está actualmente.....a Deputación todavía na sesión do 24 de febreiro acordaba pedir a Urxencia do procedemento a Xunta de Galicia para realizar as expropiacións que o Sr. Alcalde afirmou estaban acordadas cos veciños e veciñas de Coles.

Na citada información comprobaredes o apoio do Grupo Socialista na Deputación así como a súa petición de axilidade no procedemento para dunha vez por todas acabar esta obra retrasada anos e anos polo pasotismo dos nosos mandatarios no Concello e na Deputación.

Asimesmo, sorprende a falta de apoio a esta inciativa por parte do grupo do BNG.

Destacamos tamén o "novo" prazo de execución marcado.....ANTES DO ANO 2013 ¡¡

PELEXAREMOS E INSISTIREMOS PARA QUE ASÍ SEXA.



SEGUIREMOS INFORMANDO...


Actividade deportiva na fin de semana do 14 e 15 de abril de 2012

A actividade deportiva no concello nesta fin de semana céntrase na disputa dos encontros nas súas respectivas competicións dos equipos representativos do concello que son os que siguen:

VALENZÁ - A PEROXA C.F: Domingo 15 as 12:00 no campo dos Carrís (A Valenzá).

ATL. PEROXA - OS CHAOS: Domingo 15 as 17:00 no campo do Marco.

LEMOS - A PEROXA C.F. CADETE: Sábado 14 as 12:00 no campo do Luis Bodegas (Monforte).

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.P. CALASANCIO "B": Sábado 14 as 10:15 no campo do Marco.

ARRANXAR - OS PEARES F.S: Sábado 14 as 21:00 na cancha central do pabellón dos Remedios.



ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡




Ademáis ainda que nos sexa estrictamente centrada no noso concello, informamos que na mañá do sabado discurrirá polas estradas do noso concello o recorrido que forma parte do "IV Ralli do Lacón de Históricos". Unha boa ocasión para disfrutar do paso de vehículos que marcaron historia nas nosas carreteras.

No enlace seguinte tedes información máis completa da proba publicada na prensa local:

http://www.laregion.es/noticia/205103/autos/clasicos/

miércoles, 11 de abril de 2012

ESTAS AFECTADOS POLAS "PREFERENTES" ?

A pregunta feita así para moita xente resulta descoñecida, pero para outros moitos afectados soanos moi cercana. As "preferentes" e outros productos similares afectan a miles de galegos, moitos todavía o descoñecen. Son productos que ofreceron as entidades bancarias para depositar os aforros da xente. Uns productos que ofrecían como solventes e seguros, como "plazos fixos" , que hoxe nos atopamos que non podemos dispoñer dos nosos cartos. Unha situación preocupante para moitas familias que precisan dos cartos para superar esta difícil e longa crise.

As entidades bancarias, entre as que destaca en Galicia Novagaliciabanco, anteriormente Caixanova colocou infinidade deste productos, e os clientes non son conscientes todavía da gravidade da situación porque ainda non foron a pedir os seus cartos. Agora a situación agravouse porque deixaron de ingresar os intereses que producían periódicamente eses cartos.

En comarcas doutras provincias como poder ser na zona de Vigo os afectados están unidos para defender os seus intereses, pero en zonas como en Ourense, principalmente no rural a movilización é nula.

Por este motivo e a modo informativo comunicamosvos que HOXE MÉRCORES DÍA 11 AS 20:00 NA AULA DE NOVAGALICIABANCO NA SEDE DA ALAMEDA, os directivos do Banco ofreceran unha charla informativa os afectados.

Agardemos que logo desta reunión nos poñamos todos a loitar pola devolución dos nosos cartos para superar esta grave situación. Así como unirnos a asociación de afectados que se creou en Ourense e que aquel que esté interesado lle facilitaremos os datos de contacto.

A repercusión desta situación que se fixo na prensa, podedela visualizar nos seguintes enlaces que vos deixo a continuación onde escollemos algúns significativos entre outos moitos que se publican e se publicaron:

http://www.abc.es/20120320/economia/abci-participaciones-preferentes-bancos-201203161325.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/07/galicia/1333829140_987541.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/03/22/banca-llego-colocar-preferentes-clientes-analfabetos/0003_201203G22P35991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/04/10/novagalicia-pone-servicio-centralita-apoyo-clientes-preferentes/0003_201204G10P319910.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Logo de "analizar" a situación.....INFORMATE, ÚNETE E DEFENDE O QUE É TEU ¡¡

Moitos afectados descoñecen a súa situación e outros moitos ainda coñecéndoa non se queren dar a ver por vergoña da situación.....pero a miña opinión é que non hai máis vergoña que non loitar polos teus dereitos ¡¡

Recordade que non somos delincuentes......SOMOS VÍCTIMAS ¡¡

PONTE EN CONTACTO CONNOSCO PARA MÁIS INFORMACIÓN.

HAI OUTRAS ALTERNATIVAS OS RECORTES DE RAJOY

Na seguinte imaxe ofrecemos a actual situación a que nos levou o Sr. Rajoy e as súas mentiras, así como as alternativas que propón o PSOE os terribles recortes que somete os cidadáns deste país:



martes, 10 de abril de 2012

SERVIZO MOI NECESARIO

Atopamos unha interesante noticia de colaboración do Concello de Ourense co Colexio de Avogados para asesorar e informar os veciños que por desgraza sufren a triste situación de amenaza da perda da súa vivenda.

Informate no seguinte enlace:

http://www.ourense.es/portalOurense/fnot_d4_v1.jsp?contenido=11209&tipo=8&nivel=1400&language=gl&play=0

Agora a noticia na prensa local:

 http://www.laregion.es/noticia/204744/oficina/apoyara/vecinos/problemas/hipoteca/
 
Unha boa iniciativa por parte do Concello de Ourense, unha vez máis pensando no mellor para os seus cidadáns e veciños ¡¡

miércoles, 4 de abril de 2012

Analise dos orzamentos estatais 2012

Nas seguintes imaxes transmitimos un breve resumo da situación de desamparo e de inxustizas os que nos levan os "presupuestos 2012" que presentou o goberno e dos cales o propio Rajoy manifestou que "non lle gustan", pois si eso opina o presidente......que opinaremos os cidadàns ¡¡




martes, 3 de abril de 2012

Nova solicitude de mellora

Continuamos aportando propostas para subsanar deficiencias existentes no noso concello.

Esta vez trátase do aparcamento do campo de fútbol que se atopa nun estado de conservación lamentable, sobre todo a raíz do remate das obras do ano pasado.

Está cheo de desniveis, baches, con restos das obras, etc, e en algún caso xa ocasionou desperfectos en algún vehículo.

A nosa petición é a seguinte:


ESTAS SON AS IMAXES QUE SUSTENTAN A NOSA PETICIÓN:




AGARDEMOS UNHA SATISFACTORIA SOLUCIÓN A ESTA DEFICIENCIA ¡¡

lunes, 2 de abril de 2012

Toca evaluarse ¡¡

Logo de preto dun ano exercendo na posición de oposición que nos encomendaron os veciños e veciñas da Peroxa, pedimos a túa opinión pola actividade desenvolvida ata o momento.

Vota na enquisa que atopas no menú da esquerda.

A tùa opinión è importante para nós ¡¡

Gracias por participar.

As nosas propostas reflexadas na prensa local

Nas seguintes imaxes tedes os recortes publicados na prensa local sobre a nosa proposta presentada no concello para mellorar as condicións dos nosos veciños e veciñas.



SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡

A NOSA LIÑA DE TRABALLO MARCADA POR........PROPOSTAS EN LUGAR DE PROTESTAS ¡¡