Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de marzo de 2012

PRIMEIRO NON, LOGO TAL VEZ E AGORA SÍ ¡¡

Asì foi o tema da subida da luz....primeiro criticaron esta medida na oposición, logo na campaña prometeron non subila, e agora por fín VAI SUBIR ¡¡

Así funcionan as políticas do PP, vanse adaptando o momento segun lles interesa para coma sempre perxudicar os mesmos bolsillos de sempre....os cidadáns ¡¡

Na seguinte imaxe lembramos as declaracións que facían fai ben pouco e que parece que xa esqueceron...:



No seguinte enlace a confirmación da subida para o mes de ABRIL:

http://www.expansion.com/2012/03/27/empresas/energia/1332833605.html?a=a13ec3dafe0e17d3cda2e04b7f16a7a8&t=1333097467


NON MÁIS ENGANOS ¡¡

NON MÁIS MENTIRAS ¡¡

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril de 2012

A actividade desta fin de semana no concello céntrase novamente nos encontros que disputarán os nosos equipos, ainda que cunha importante e destacada novidade:

O equipo de futbol-sala dos Peares disputará por primeira vez como locatario un partido oficial, dando así "VIDA" o novo polideportivo construído para este motivo....Noraboa ¡¡

A PEROXA C.F - COVADONGA: Domingo 1 as 17:00 no campo do Marco.

CENLLE - ATL. PEROXA: Domingo 1 as 17:00 no campo de Cenlle.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - PABELLÓN "C": Sàbado 31 as 11:30 no campo do Marco.

OS PEARES F.S - CONCELLO DE COLES F.S: Sàbado 31 as 20:00 no pavillón dos Peares ¡¡

Anima os nosos equipos ¡¡

miércoles, 28 de marzo de 2012

PECHAMOS POR FOLGA ¡¡

POR MOTIVOS MÀIS QUE XUSTIFICADOS MAÑA XOVES NON ACTUALIZAREMOS INFORMACIÓN NESTE BLOG.

APOIAREMOS A FOLGA PARA DEFENDER OS MEUS DEREITOS, OS TEUS, E OS DE TODOS ¡¡


GRACIAS.







VOLTAMOS O VENRES ¡¡

CINISMO NA FALSA AUSTERIDADE DO PP ¡¡

Nas imaxes seguintes vamos amosar os datos e declaracións de como "funciona" o PP, predicando unha cousa e facendo xusto o contrario.......
ESTES SON OS QUE ÍAN VIXIAR CADA EURO QUE SE GASTE ¡¡
POIS AQUÍ ALGÚEN TAPOU OS OLLOS ¡¡

¿Cómo se poden despilfarrar 7 millóns de Euros en anunciar os pensionistas mediante carta o pírrico aumento das súas pensións, e días máis tarde comunicarlle que coa subida do IRPF van a quitarlle aínda máis cartos?

Esta è a historia dunha gran mentira acompañada de como se tirán os cartos dos españois....





UN EXEMPLO MÁIS DO TIMO DO GOBERNO DO PP OS SEUS VOTANTES ¡¡

martes, 27 de marzo de 2012

CURSO DE INTERNET

No concello de A Peroxa vaise celebrar un Curso de "INICIACIÓN A INTERNET" de 30 horas de duración.

Para máis información e para apuntarse consulta nas oficinas municipais ou no seu TF: 988-206614

lunes, 26 de marzo de 2012

PORQUÈ DIN QUE NON CANDO EN REALIDADE QUEREN DECIR QUE SÍ ¡¡

Na seguinte imaxe recollemos as manifestacións que se levan feito con respecto o tema do Copago Sanitario que ....por fin ¡¡ e co "apoio" do PP, xa está en vigor e que pronto teremos aquí en Galicia coa aceptación desta medida por parte da Sr. Conselleira de Sanidade e o propio presidente Feijoo nun arrebato de cinismo:

LEEDE, ANALIZADE E QUE CADA UN ENTENDA O QUE QUEIRA ¡¡


ESTAS SON AS MEDIDAS DO PP.....¡¡

ASÍ É COMO DEFENDE E APOIA OS CIDADÁNS ¡¡


UNHA NOVA PROPOSTA PARA MELLORAR SERVIZOS NO CONCELLO.

Como indica o titular do artigo,  unha vez máis pensando e traballando para mellorar os servizos dos veciños e veciñas do noso concello.

Este vez propoñemos o concello de A Peroxa para que se sume ao resto de concellos da provincia na colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico para a realización de trámites dende as propias oficinas municipais, para evitar así, os moitos desprazamentos que os nosos habitantes teñen que realizar a Xefatura de Ourense para a realización de sinxelos trámites que ben poderían evitar e que en moitos casos obrigan os veciños e veciñas do concello a realizar custos económicos para os seus desprazamentos, así como dispoñer de mañas enteiras para poder desprazarse.

Esta é a moción que presentamos nas oficinas municipais solicitando este servizo:




 LOITAREMOS PARA QUE ESTA PROPOSTA SE FAGA REALIDADE AXIÑA ¡¡

No enlace seguinte a web da DGT, mostramos os concellos da provincia que colaboran, onde coma sempre o noso de A Peroxa non aparece:


Asimesmo no enlace seguinte tedes acceso a información publicada na prensa local onde se facía referencia a este servizo que a maioría do concellos ofrecen os seus veciños e veciñas:


Seguiremos informando desta nova proposta da Agrupación Municipal Socialista no concello de A Peroxa.


viernes, 23 de marzo de 2012

OFERTA DE PRAZA PARA O CONCELLO DE A PEROXA ¡¡

No BOP do 21/03/2012 publicouse a convocatoria para unha praza de XUIZ DE PAZ substituto para o noso concello.
No seguinte enlace tedes a publicación integra na páxina 11:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=67&fecha=20120321

Asimesmo na seguinte imaxe tedes a noticia destacada e cos datos máis claros e destacados:


ANIMATE E PARTICIPA NO PROCESO ¡¡

SEGUIMOS CUMPRINDO COA NOSA LABOR DE TRANSPARENCIA E INFORMACIÓN DAS NOVIDADES QUE SE VAN PRODUCIONDO NO NOSO CONCELLO.



Duas novas destacadas.

Hoxe 23 de marzo de 2012 no Boletin Oficial da Provincia aparecen publicadas duas noticias importantes que fan referencia o nosos concello.

A primeira fai referencia a CESIÓN DO NOSO CENTRO DE SAUDE DE A PEROXA a Xunta de Galicia. Alegando motivos de excesivos gastos de mantemento tomaron a decisión de cedelo a Xunta. Agardemos logo un mellor servizo a partires desta cesión......e tamén agardamos que agora que a Xunta è o dono do Centro non se lle ocurra "pasarlle a chave" definitivamente....¡



A segunda nova tamén na mesma publicación, son os Orzamentos 2012 para o Consorcio do Peares, que como ben sabedes logo de 16 de "goberno" do Sr. Seoane, trocou a presidencia.
Unhos orzamentos escasos para as necesidades existentes, pero que agardemos sexan mellor xestionados que os anos anteriores, onde se usaron case na súa totalidade para "fin electorais".
Unhas oficinas do Consorcio que vixiaremos de preto para que se cumpran dunha vez por todas os obxetivos e fins para o que foron creadas.





jueves, 22 de marzo de 2012

Que valiente era...¡¡

Así era de valente o Sr. Rajoy na oposición, na campaña electoral......e agora é un coitadiño que vai a "europa" a pedir clemencia.....

LOITAMOS POLOS NOSOS DEREITOS ¡¡

Como ben indica o titular, loitamos por defender os nosos dereitos diante do concello.

Ante a vulneración dos acordos tomados polo Pleno do Concello onde se acordou como ben indican as normativas legais que o regulan, a celebración dos Plenos Ordinarios nas datas periodicamente sinaladas, e ante a ausencia do cumplimento deste acordo por non ter celebrado ningún nas datas previstas, e informado o Sr. Secretario e o Sr. Alcalde desta situación presentamos o a solicitude por escrito nas oficinas municipais.
Sirva como exemplo que o anterior pleno celebrouse en Outubro e o último a finais de Febreiro, polo que o prazo legal de 2 meses non se cumpriu, privandonos así do noso dereito a propoñer, debatir e preguntar polos temas de interese para os veciños e veciñas da Peroxa.
Agardamos que estes incumplimentos cesen e se cumplan as normativas e acordos vixentes; de non ser así veríamonos obligados a tomar medidas legais.

Este é o escrito presentado no rexistro do Concello:



LOITAMOS POR UN CONCELLO TRANSPARENTE, XUSTO E ABERTO A TODOS ¡¡


Actividade deportiva para o fin de semana do 24 e 25 de marzo de 2012.

Os encontros que disputarán os equipos representativos do noso concello son os seguintes:

ARENTEIRO - A PEROXA C.F: Domingo 25 as 17:00 no estadio de Espiñedo (Carballiño).

ATL. PEROXA - LOUREIRO: Domingo 25 as 17:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. CADETE - PABELLÓN PROMESAS: Sàbado 24 as 11:30 no campo do Marco.

FONTANERIA 25ANOS - OS PEARES F.S: Sàbado 24 as 17:00 no polideportivo de Oira.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

miércoles, 21 de marzo de 2012

NOVA EDICIÓN DOS "SABADOS COA VECIÑANZA"

Continuando co compromiso adquirido neste proxecto, informamos que este vindeiro sábado 24 pola tarde volvemos a celebrar outra edición dos sàbados coa veciñanza, visitando esta vez os pobos das parroquias de Mirallos e San Cristovo, para ver e escoitar de primeira man cos veciños e veciñas as moitas inquedanzas, preocupacións e problemas que queren transmitir.
Unhas necesidades que trasladaremos os organos de goberno municipais para porlle solucións.

Este è o cartel anunciador:



Coma sempre podedes facernos chegar as vosas consultas, suxerencias e aportacións polas canles habituais: persoalmente, neste blog a través dos comentarios, no enderezo electrónico ou mesmo no facebook.

VÉMONOS O SÁBADO ¡¡

CONVOCATORIA INTERESANTE

No DOG de onte martes 20 de marzo, na súa páxina 9639 publicouse unha convocatoria para "obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos", para abril e setembro de 2012.

Unha oportunidade para obter esta titulación aquelas persoas que por diferentes causas non poideron obtelo no seu momento.

Màis información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120320/AnuncioG0164-150312-13581_gl.pdf


SI ESTÁS INTERESADO....NON O DUBIDES..È O TEU MOMENTO ¡¡

martes, 20 de marzo de 2012

SEGUIMOS LOITANDO POLO NOSO ¡¡

Unha vez màis, e xa van unhas cantas, traemos novamente a este artigo no blog a situación de PARALISE TOTAL  da obra da carretera dende Vilarchao.

Como ben xa levamos informado nas últimas semanas, as obras paralizanse de novo a espera da tramitación das expropiacions, todavía pendentes de facer, a pesares das moitas mentiras que o noso Alcalde nos ten dito sobre isto.

O prazo de remate das obras de Maio de 2012 que nos exixiamos no ano anterior que se cumprise, invitando incluso os membros de goberno do PP no concello que se sumasen a nosa petición e ante a súa negativa a participar nas reivindicacións manifestando unha o outra vez que se ían cumplir os prazos....e chegados agora a este momento onde as obras están paradas como xa adiantamos no seu momento.....
AGORA QUE?? Seguirá mantendo a súa mentira ano tras ano o Sr. Alcalde ou dunha vez por todas vaise deixar de dar largas os veciños e pelexar polo remate desta obra?

Non sei cal vai ser a súa postura, porque a súa palabra xa fai moito tempo que perdeu crédito diante dos seus veciños e veciñas os que engana sistemáticamente......O que sí sabemos cal é e a nosa postura.....

UNHA VEZ MÀIS LOITANDO POLO REMATE DESTA OBRA E AGORA NOVAMENTE PREGUNTANDO NO PARLAMENTO POR UNHA NOVA "MODIFICACIÓN" DO CONVENIO EXISTENTE ENTRE A XUNTA E A DEPUTACIÓN ¡¡

Cal è a nova situación que se plantexa para esta obra?
Hai previsión dun novo prazo de execución das obras, xa que o previsto de maio de 2012 non é posible?

ESIXIMOS DIANTE DA XUNTA E DA DEPUTACIÓN QUE NON NOS ENGANEN MÁIS, QUEREMOS O REMATE INMEDIATO DESTA VÍA QUE LASTROU O FUTURO DO NOSO CONCELLO NOS ULTIMOS 20 ANOS DE ENGANOS ¡¡

No DOG do luns 12 de marzo na súa páxina 8789 aparece unha "novidade" en canto o convenio subscrito....Novidade que o único que fai é retrasar NOVAMENTE esta obra....mirade o enlace seguinte:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120312/AnuncioCA02-010312-12850_gl.pdf

Inmediatamente vimos esta publicación nos puxemos en contacto cos nosos representantes na Xunta para que nos informaran desta "nova" situación, porque non podemos quedar de brazos cruzados e este é o escrito presentado 2 días depois no Pleno do Parlamento de Galicia.



QUEREMOS RESPOSTAS, QUEREMOS SOLUCIÓNS, QUEREMOS DEFENDER OS NOSOS INTERESES....QUEREMOS O REMATE DA OBRA ¡¡

NON MÁIS MENTIRAS ¡¡

SEGUIREMOS INFORMANDO



viernes, 16 de marzo de 2012

Así actúa o novo Goberno diante dos problemas do país ¡¡

Nas seguinte imaxes tedes información da gran preocupación do PP polos problemas reais do españoles.....primeiro salvar e colocar o seu cú e logo si queda algo, miraran pos nós ¡¡




DENDE O GOBERNO CENTRAL, PASANDO POLAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS, SEGUINDO POLAS DEPUTACIÓNS E REMATANDO NOS CONCELLOS......ASÍ GOBERNA O PP ¡¡

NON È UN GOBERNO PARA TODOS ¡¡

È UN GOBERNO PARA ELES E OS SEUS FAMILIARES E AMIGOS ¡¡

jueves, 15 de marzo de 2012

Convocatoria de subvencións vivenda ¡¡

No DOG do mércores 14 de marzo de 2012 na súa pàxina 9157 que poderedes acceder dende o enlace seguinte, publicouse unha convocatoria interesante para axudas a vivenda arrendada dentro do Programa Aluga para o ano 2012.

Botadelle un vistazo por si pode ser do voso interese:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120314/AnuncioC3Q2-060312-13049_gl.pdf

Coma sempre dispostos a colaboración a través das canles habituais se algúen precisa información ou axuda para a súa tramitación .

Actividade deportiva no concello para o fin de semana do 17 e 18 de marzo de 2012

Unha semana máis e como complemento o anterior artigo publicado neste blog onde fxemos unha reflexión sobre a nula actividade deportiva que se oferta dende o Concello nas instalacións municipais, pasamos a informarvos dos encontros que disputarán os equipos representativos do noso concello, agardando en vindeiras datas poder "engadir" a estes encontros algunha outra actividade destacable:

A PEROXA C.F - MELIAS: Domingo 18 as 17:00 no campo do Marco.

LODAIRO - ATL. PEROXA: Domingo 18 as 17:00 no campo de Carballeda de Avia.

PABELLÓN PROMESAS - A PEROXA C.F CADETE: Sábado 17 as 18:15 no campo dos Remedios.

LEMOS - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 17 as 11:00 no campo Luis Bodegas de Monforte.

OS PEARES F.S - OPTICA CALDAS: Sábado 17 as 20:00 no polideportivo de Oira.


ACUDE ANIMAR OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

miércoles, 14 de marzo de 2012

Outro exemplo da mala xestión municipal ¡¡


A foto e o contido da mensaxe é ben expresivo do funcionamento do noso concello.

Unha obra millonaria recentemente aberta para use e disfrute dos veciños que pronto pechou as súas portas pola neglixencia das xestións da xente que goberna e administra o concello.

O peche alega "escasa afluencia", unha afluencia que está seguramente en proporción a poboación que necesitaba este servizo.

Escasa afluencia tamén motivada polo horario restrictivo e adaptado os caprichos persoais duns privelixiados. Influenciada tamén pola retirada da persoa encargada do bo funcionamente deste servizo. A xente participa e usa os servizos ben xestionados, non se trata de facer unha obra, enchela de aparatos e darlle as chaves a calquera. Necesítase dotar de "vida" e actividade, mantendo o monitor axeitado para un bo aproveitamento das instalacións.

Xa referente o tema do peche o tratamos no pleno anterior, onde expuxemos que hai varios veciños e veciñas do concello que sí lles interesa este tipo de servizos, pero ben xestionados, de feito hai xente do noso concello que vai o de concellos limítrofes, ainda pagando.

Por isto solicitamos unha xestión eficiente dos nosos recursos, non seguir na liña destes moitos anos atrás de facer por facer e logo non darlle "vida", por pasotismo e falta de interese dende os responsable municipais.
Exemplos varios: Polideportivo da Peroxa, sen nengún tipo de actividade deportiva, o igual que o recen estreado dos Peares, so utilizado para as paperotadas dos membros do PP ¡¡

Nesta obra do ximnasio invertíronse preto de 9 millóns de pesetas ¡¡




Nos seguintes enlaces tedes acceso os custes desta obra:

Pinchando aquí e xa na primeira páxina o custo total da obra 44.224€ e a subvención obtida:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100812/Anuncio2CB06_gl.pdf

E neste na paxina 4 o final outros 9000€ para adquisición de equipamento.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20101019/Anuncio34FEE_gl.pdf



POLO TANTO NECESITAMOS OUTRO XEITO DE FACER AS COUSAS ¡¡

NON PODEMOS PERMITIRNOS O LUXO DE TIRAR COS CARTOS ¡¡

NECESITAMOS ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS NAS INFRAESTRUCTURAS EXISTENTES ¡¡

ROGAMOS O EQUIPO DE GOBERNO QUE DESPERTE DO SEU PASOTISMO E SE POÑA A TRABALLAR POLA MELLORA DE VIDA DOS SEUS VECIÑOS ¡¡

viernes, 9 de marzo de 2012

As obras no noso Concello dentro dos Plans Provincias 2012 ¡¡

Veñen de publicarse o pasado sábado 3 de marzo no BOP, os Plans Provincias 2012, que incluen as obras que se van a realizar en cada concello da provincia de Ourense. Acceso a publicación no enlace seguinte:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=52&fecha=20120303

No que atingue o Concello de A Peroxa, as obras que se van a realizar son a pavimentación dos accesos a Valdomar e o Conchouso, así como, xa ven indicamos en outro artigo anterior, o abastecemento de agua o pobo de Gulfariz, obra esta última reclamada polos veciños e veciñas en varias ocasións e petición levada a pleno polos membros da nosa agrupación municipal.

Para a realización desta obra o Sr. Alcalde comprometeuse a executala antes do verán do 2012. Unha boa nova para a xente deste pobo se cumple o seu compromiso, ainda que nos entran dúbidas, xa que informamos que as obras do plan do 2011 ainda están sen comenzar. Son o acceso a Abertesga e Outeiro.

Seguiremos este procedemento de adxudicación e execución para que se realice en plazo, e o mesmo tempo invitamos as empresas do concello que esten interesadas na realización deste proxecto que consulten nas oficinas do concello a súa tramitación. Queremos e defendemos que todos teñan opción nestas épocas de dificultade a poder obter os traballos que ofrece a administración local, e tentar cambiar a liña de "monopolio" en canto a realización das obras no noso concello pola empresa que todos coñecedes.

Sirva para mostra o exemplo da publicación feita no BOP de hoxe mesmo 9 de marzo de 2012 na súa paxina 22 do seguinte enlace, onde se devolven a empresa en cuestión os avais das últimas grandes obras realizadas no noso Concello e que tiveron uns custos globais de preto de 700.000 € ¡¡

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=57&fecha=20120309

Enlace para os incrédulos ¡¡

Como parece que o tema do copago sanitario en Galicia, según din os do PP, é un invento dos socialistas para meter medo, deixamosvos no seguinte enlace a publicación feita no Diario Oficial de Galicia cos "LISTADOS DE PREZOS DOS SERVIZOS DO SERGAS" do día 8 de novembro de 2011.

Logo haberá que interprete a publicación o seu xeito, como a propia Conselleira de Sanidade que manifestou que so era para os que facían un mal uso da sanidade ¡¡ 

Pero unha cousa está clara......cada actuación xa ten prezo......haber agora canto tardan en poñelo a funcionar ¡¡

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111108/AnuncioC3K1-041111-8283_gl.pdf

ESTAS SON AS POLÍTICAS AUSTERAS DO PP ¡¡


jueves, 8 de marzo de 2012

Actividade deportiva do fin de semana do 10 e 11 de marzo de 2012.

Os eventos deportivos no concello, unha semana máis céntrase nos encontros dos nosos equipos:

MACEDA - A PEROXA C.F: Domingo 11 as 16:30 no Cardenal Quiroga de Maceda.

ATL. PEROXA - CASTRELO DE MIÑO: Domingo 11 as 16:45 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. CADETE - CLUB LEMOS: Sábado 10 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - PABELLÓN "B": Sábado 10 as 10:00 no campo do Marco.

CHISPAS F.S. - OS PEARES F.S: Sábado 10 as 21:00 no polideportivo de Oira.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

miércoles, 7 de marzo de 2012

Extracto das decisións adoptadas no Pleno do 28/02/2012

Brevemente, e a espera da acta definitiva do pleno do 28/02/2012, informamosvos dos acordos que se tomaron e debatiron nesta sesión plenaria:

Eran moitas as cuestións plantexadas polo noso grupo municipal e para comenzar por algo destacable, pasamos a indicarvos cales das nosas peticións foron atendidas:

..Destacamos a aceptación da petición feita no seu día polos veciños e veciñas de Gulfariz para a instalación do suministro da auga, e levada a pleno novamente polos membros da nosa agrupación, que foi aceptada polos òrganos de goberno municipal, e foi incluída dentro dos Plans Provinciais 2012 para ser executada "antes do verán", según manifestou o Sr. Alcalde.

..Seguimos coa petición trasladada polo noso grupo feita polos veciños e veciñas de Vilarrubin para arranxar o deficiente estado das columnas que suxeitan o teito dos pendellos do campo da festa. Tamén foi aceptada esta petición polo Sr. Alcalde que se comprometeu a reforzalas con unha base de formigón ata a altura das visibles e perigosas fendas.

..A seguinte proposta aceptada polo Sr. Alcalde foi a de colocar unha valla de protección nas traseiras do local social de Graíces, para evitar caídas no desnivel existente. Petición feita no pleno polos nosos membros trasladando tamén unha vella reivindicación dos veciños da parroquia.

.. Aceptouse tamén neste mesmo pobo, estudiar unha solución definitiva e eficaz contra a perda de auga no lavadoiro de Graíces, para garantir este servizo reclamado tamén con anterioridade polos veciños e veciñas do pobo e que ate o de agora non fora atendido polo concello.

..Acordouse estudar tamén a petición dos veciños e veciñas de Gulfariz para crear un "espazo público" a entrada do pobo para poder usar os vehículos para xirar e non ter que voltar marcha atrás.

..Na petición de rogo de mellora da estrada dende a Ponte da Barra ata Lamagrande comprometeuse a solicitar axiña unha valla de protección a entrada da ponte para resgardar o desnivel perigoso existente.


Trasladamos por tanto os veciños das zonas "beneficiadas" os nosos parabéns e lembramos que estaremos pendentes da correcta execución das peticións aceptadas.

Vamos agora a dar un pequeno repaso os acordos segundo a orde do día do pleno:

1. Aprobouse a acta do pleno anterior por unanimidade.

2. Acordouse a cesión do centro de saude da Peroxa a consellería de sanidade co voto favorable do grupo popular e coa nosas abstención.

3. En canto o orzamento 2012 logo dun longo debate onde preguntamos por moitas partidas que o noso entender son excesivas (gastos persoal, gastos mantemento oficina do concello, gastos de mantemento xerais, dietas, custos dos membros do goberno municipal, abusivo soldo do Alcalde....), que creemos se deberían rebaixar igual que se lles pide "esforzos" a tódolos cidadáns. Destacamos tamén a escasa partida económica que se vai dedicar as obras de mantemento e mellora no concello. Manifestamos que se debería manter ou incluso aumentar o gasto en servizos sociais básicos no concello como son a atención os nosos maiores, fomento de actividades para a nosa mocidade, etc.

4. Acordo para investigación reclamación "camiño" na parroquia de Carracedo: Aquí manifestamos o desexo que o "proceso" sexa dilixente e claro, non como recentemente ocurriu nun caso semellante en Gueral, onde a inda hoxe anda o "tema" nos tribunais.

5. Cambio titularidade estrada Besteiros-Turzavella: aquí según manifestou o Alcalde asumimos esta vía e os custos de mantemento a cambio de actuacións de asfaltado que fixo a Deputación de Ourense en vias municipais.

6. Acordouse establecer as bases para a elección do xuíz de paz substituto: onde manifestamos que estas fosen publicitadas para que calquer persoa que cumpra os requisitos dentro do concello poida optar a este posto.

7. Presentamos unha moción para instar a Xunta de Galicia a que non contemple entre os seus "recortes" o peche das urxencias nocturnas do PAC de Vilarchao. Tralo debate onde nun primeiro instante os membros do PP non estaban dispostos por considerar un "rumor noso para asustar a xente", e tras varias intervencións resultou que este "tema" xa se tratara no pleno da Mancomunidade (polo tanto non é un "rumor", senón unha realidade). Acordouse agardar a decisión do pleno da Mancomunidade para tomar unha decisión. A nosa única intención é garantir este servizo para os veciños e veciñas de A Peroxa e concellos limítrofes. Non queremos alarmar a ninguén, pero o Goberno da Xunta dá un día tras outro noticias de peches de consultorios médicos noutros lugares de Galicia, e loitaremos para que este non chegue a esta situación.

8. Non houbo nen escritos nen comunicacións.

9. Rogos e preguntas.
Aquí presentamos o rogo de arranxo da carretera dende a Ponte da Barra a Lamagrande: asfaltado, sinalización, vallas de protección....etc. Aqui o Sr. Alcalde manifestou que no su día tiña un acordo "verbal" coa Deputación para levala a cabo, pero non sabe hoxe como está ese acordo, de todas formas agardará a que se execute a parte "en obras", para ver que ocorre con este tramo.


Nas moitas preguntas feitas obtivemos as seguintes respostas:

--Sobre o estado das obras do Centro de Saude dos Peares: "iniciaránse en breve xa que a empresa tivo diversos problemas e o prazo previsto para Xullo 2011 xa venceu".
--Sobre as obras da Ponte dos Peares sobre o Miño: "sen data, dudou incluso que se chegue a facer".
--Sobre o vehículo de emerxencias do Concello: "averiado dende fai moito tempo, falta unha peza e a empresa pechou. No vindeiro pleno acordarase a que se dedicará agora o vehículo".
--Sobre a suba do 10% da tasa do lixo: "por un erro de tramitación e publicación dende a Deputación non se fixo efectivo este ano, será para o vindeiro" (agardarmos que para o ano non sexa do 20%).
--Sobre as obras que se acometerán cos cartos do Ministerio de Medio Ambiente: ´"según se acordou na xunta de goberno local arranxaranse vias municiapais na Peroxa, Diarada, Cinconogueiras, Souto..."
--Sobre a petición de arranxo da carretera de Graíces: "incluída como obra complementaria nos Plans Provinciais 2012 (ainda que non se chegará a facer)".
--Sobre o deterioro da estrada Gulfariz-Andelo: "está o corrente das anomalías, pero non hai cartos para acometela, agarda que aguante e non se derrumbe definitivamente".
--Sobre o arranxo do teito do lavadoiro de Gulfariz: "non se vai acometer por non dispoñer de cartos para esta actuación".


Continuamos co noso obxetivo de información os veciños e veciñas do concello das actuacións levadas a cabo polos membros da Agrupación Municipal Socialista no concello de A Peroxa, onde se converten na voz dos veciños nos órganos de goberno municipal.


Seguiremos informando e traballando pola mellora do Concello de A Peroxa ¡¡

jueves, 1 de marzo de 2012

Actividade deportiva no Concello fin de semana do 3 e 4 de marzo.

Nesta primeira fin de semana de marzo a actividade deportiva no concello, unha vez máis cèntrase soamente nos partidos que disputarán os nosos equipos nas súas respectivas competicións:

A PEROXA C.F - POLIGONO SAN CIBRAO: Domingo 4 as 16:30 no campo do Marco.

SALAMONDE - ATL. PEROXA: Domingo 4 as 16:45 no campo de Salamonde.

CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Día e hora pendente de confirmar ¡¡

OS PEARES - CAFE BAR SAMUEL: Sábado 3 as 20:00 na cancha central do pavillón dos Remedios.

Anima os teus equipos ¡¡

INSCRIPCIÓN PARA ESCOLAS INFANTÍS E GALIÑA AZUL ABERTA ¡¡

No DOG de onte mércores 29 de febreiro publicaronse as convocatorias para a preinscripción na rede de escolas infantis do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e as das Escolas Infantis de 0 a 3 anos dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:

En canto as do Consorcio, tedes información no seguintes enlaces a nova publicada na web do Consorcio e tamén a publicación da convocatoria no DOG:

http://www.igualdadebenestar.org/novas/nova.php?id=653&lg=gal

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120229/AnuncioG1342-100212-12124_gl.pdf

As bases e solicitudes para as escolas infantis de 0 a 3, no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120229/AnuncioCA05-270212-12699_gl.pdf

Unha boa oportunidade que afecta a moitos veciños e veciñas do Concello, que poden beneficiarse destes servizos.