Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 28 de febrero de 2012

As peticións veciñais levadas ante o pleno do 28/02/2012

Continuamos trasladando as problemáticas dos nosos veciños e veciñas o lugar público de debate e decisión do goberno municipal, onde agardamos respostas e solucións ¡¡

Na seguintes imaxes podedes comprobar as peticións que se fixeron para solucionar deficiencias nos pobos de Graíces e de Gulfariz, xa demandados polos veciños por outras vías ante o Sr. Alcalde e que nunca foron atendidas:




Debido a claridade do problema exposto na introdución de cada punto, así como, as preguntas claras e concisas sobre cada situación, tan só para "ilustrarvos" da situación poñeremos as imaxes correspondentes:

Referente o punto 3:















Referente o punto 4:





Referente o punto 5:





Finalmente no punto 6:



Agardamos novas iniciativas, propostas e peticións veciñais para seguir dándolle tramitación e solicitude diante dos membros do goberno municipal e que dunha vez por todas, as súas peticións sexan atendidas maioritariamente, pero polo menos contestadas e escoitadas.

A vosa disposición como sempre......

Agrupación Municipal Socialista no Concello de A Peroxa.

lunes, 27 de febrero de 2012

Temas importantes levados o pleno do 28/02/2012

Seguindo na liña de traballo e preocupación pola actividade do concello e ante diversas queixas veciñais e outras iniciativas ou inquedanzas da nosa agrupación municipal presentamos para o seu tratamento plenario as cuestións seguintes que enumeramos e ilustramos:

Estas son as nosas preguntas para solicitar información de algunhas problemáticas que afectan o concello:




Na pregunta 1, solicitamos situación prevista.....a Ponte dos Peares tería que estar en construcción, e o Centro de Saude xa rematado, e està todo PARALIZADO ¡¡

Ver fotos ilustrativas:










Na pregunta 2, mostramos a ubicación do vehículo de "emerxencias" mentras o concello ardía...






 Na pregunta 3, pretendemos que nos informen como declaran urbana unha carretera onde a única construcción cercana é un garaxe....¡¡ :













Na pregunta 4, tras os votos favorables no anterior pleno do PP para subir a taxa do lixo un 10%, agardamos saber si este incremento se fixo efectivo según o acordo plenario de comenzar a data 01/01/2012.

Na pregunta 5, trasladamos a preocupación dos veciños e veciñas de Vilarrubin polo estado das columnas do campo da festa que suxeitan o teito do pendello, todas con gretas visibles, e con risco de rotura total que ocasionaría o derrumbe ¡¡


Finalmente na pregunta 6, solicitamos información de cales son as obras de mellora en infraestructuras municipais que se van acometer coa subvención que lle concedeu o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino o noso concello según publicación no BOE do 09/12/2011, que podedes atopar no seguinte enlace buscando na páxina 10:

http://www.boe.es/boe/dias/2011/12/09/pdfs/BOE-A-2011-19331.pdf

Agardamos en breve poder informarvos destas cuestións plantexadas, e sobre todo informarvos das solucións que se van a tomar nos diferentes temas propostos.






viernes, 24 de febrero de 2012

Pleno no Concello de A Peroxa ó 28/02/2012

Abrimos unha nova sección informativa neste blog importante......os plenos no concello, coas convocatorias, información e resultados dos asuntos tratados.

Convidamosvos a todolos veciños e veciñas que queirades asistir o pleno que se celebrará o Martes 28 de febreiro no salón de plenos do Concello de A Peroxa as 20:00.

Discutiranse temas importantes para a veciñanza, como son os orzamentos municipais 2012 ou varias propostas e preguntas feitas polo noso grupo municipal como poden ser entre outras: Moción contra o maís que posible peche das urxencias nocturnas en Vilarchao, Solicitude de arranxo de carreteras, Preguntas sobre situación de anomalías nos pobos de Graíces, Gulfariz, Vilarrubin.....e outros moitos temas de vital importancia, onde coñeceredes de primeira man cales son as respostas que o equipo de goberno do PP plantexa ante as nosas iniciativas.

Esta é a convocatoria oficial coa orde do día:


ACUDE E COÑECE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡


CONSORCIO DOS PEARES.....E agora qué?

Interesante pregunta a do titular deste artigo.

Logo dos "movimentos" recentes, onde logo de 16 anos lograron despegar da presidencia o alcalde da Peroxa, deixando un triste bagaxe na súa xestión onde declarou ter investidos máis de 1.000 millóns das antigas pesetas a través do Consorcio....¿? nos Peares, onde realmente non se aprecian; a Deputación de Ourense certificou no seu pleno ordinario do 16/12/2011 o seu desexo de abandoar o Consorcio, e a súa correspondente aportación económica, deixando a situación moi complicada para ter continuidade.

Houbo moitas declaracións "de prensa" onde un día anunciaban a súa continuidade, outro día negándoa, pero en definitiva o único oficial é a súa renuncia que se fará efectiva o 01/01/2013.

Nas seguintes imaxes tedes o extracto da sesión onde se tratou este tema, que tamén podedes obter ìntegro da web da Deputación de Ourense, no apartado de plenos:



Agardamos polo ben do futuro do Consorcio e dos servizos os veciños e veciñas da zona unha rectificación "oficial" desta decisión, e agardamos que o novo presidente non volte usar o Consorcio como escaparate e promoción electoralista esquecéndose das funcións reais para o que foi constituido......DAR SERVIZOS E SOLUCIÓNS OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ZONA DOS PEARES ¡¡

jueves, 23 de febrero de 2012

Actividade deportiva para o 25 e 26 de Febreiro de 2012

Os partidos dos equipos representativos do concello son os seguintes:

CORTEGADA - A PEROXA C.F: Domingo 26 as 16:15 en Cortegada.

ATL. PEROXA - RAZAMONDE: Domingo 26 as 16:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - S.D. ARRABALDO "B": Sàbado 25 as 11:30 no campo do Marco.

DIABLOS VERMELLOS - OS PEARES F.S: Sábado 25 as 19:00 no polideportivo de Oira.


Anima os teus equipos ¡¡



Aproveitamos a ocasión para poñer o enlace o programa de Telemiño onde os membros do equipo A Peroxa C.F da primeira autonómica foron invitados para charlar da marcha do equipo e do clube en xeral durante esta tempada:




http://www.teleminho.com/



Pinchar na columna dereita no apartado "televisión a la carta", logo pinchar no menú da esquerda no programa "la prórroga", finalmente escoller no menu desplegable a data do 23/01/2012, pinchar en "ver" e pulsar "play", logo do comenzo do programa e da batería de resultado e clasificacións........"reportaxe sobre o Peroxa C.F".

miércoles, 22 de febrero de 2012

Non nos esquecemos ¡¡

Non nos esquecemos, nin ningún veciño do concello debería olvidarse da xestión que se fixo nos terribles incendios que asolaron as nosas terras.

Con uns medios insuficientes por parte da Xunta foi como se combateron os lumes pasados, uns lumes tan só freados pola man desinteresada e voluntaria de moitos veciños e veciñas do concello e de concellos limítrofes que loitaron noite e día contra esta lacra.

A día de hoxe seguimos na mesma situación de desamparo, non se levou a cabo nin unha soa medida para previr esta situación no futuro. Ninguén no concello deu unha explicación nin resposta os veciños.......onde están os medios do concello? o vehículo de emerxencias?.....algunhas destas respostas agardamos telas 4 meses despois de ser presentadas por nós. Será no vindeiro pleno.

Cales son as medidas que vai tomar o concello para paliar os efectos devastadores do lume? Vai plantexar a algunha administración a colaboración para reforestar as zonas afectadas? Que vai facer a Xunta o respecto, responsable dos lumes en Galicia?.....

Moitas preguntas que nos gustaría ter resposta.

O grupo socialista no parlamento ven de facer esas mesma preguntas os responsables da situación para ver que medidas se van a tomar para paliar o desastre do pasado verán.....e o que é tamén importante.....¿Que medidas de prevención van levar a cabo para que esta situación non volte a repetirse??

Este é o escrito presentado:




Agardemos respostas e accións contundentes por parte dos responsables dos incendios en Galicia ¡¡


Esta é a triste situación que viviu o noso concello......





Os posible medios que podía empregar o noso concello, estiveron "DESAPARECIDOS" ¡¡



NON PODEMOS VOLTAR A VIVIR OUTRA SITUACIÓN SEMELLANTE ¡¡

HAI QUE TOMAR MEDIDAS XA DENDE HOXE, NON SE PODE AGARDAR MÁIS ¡¡

SEGUIREMOS LOITANDO POR ESAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN.

lunes, 20 de febrero de 2012

UN EXEMPLO DE AUSTERIDADE DO SR. RAJOY ¡¡

Mentras o goberno nos está a recortar dereitos os cidadáns e traballadores deste país tódolos días, así xestiona o postos no seu goberno.....

Aquí tedes un nombramento ben curioso......

"Directora do Gabinete do Director do Gabinete......."

AUSTERIDADE DO PP = CINISMO SEN LÍMITES ¡¡

´

Estas son as accións do goberno que os españois elexiron para xestionar a crise.....a crise dos demáis ¡¡ 
que as dos seus amigos ben vemos como os "colocan".

Por si alguén dubida da súa autenticidade aquí tedes o enlace o BOE:


Parece unha broma....pero é real ¡¡



Martes de entroido na Peroxa ¡¡

Este martes 21 de febreiro celebrarase a tradicional festa do entroido no recinto feiral de A Peroxa.

Actuación da orquestra Hirosima pola tarde noite.

Desfile de comparsas e disfraces con importantes premios en metálico.

Regalos para os máis cativos que vaian disfrazados.


Disfruta do entroido ¡¡

Disfruta das nosas festas ¡¡

viernes, 17 de febrero de 2012

Importante convocatoria de axuda económica ¡¡

A Xunta de Galicia convocou no DOG do mercores 15 de febreiro (pàxina 5948) as axudas de prestacións económicas por fillos e fillas menores de 3 anos (nacidos entre o 02/01/2009 e o 01/01/2012).

A tramitación e a documentación a presentar é sinxela, pero igual que en anos anteriores nesta mesma convocatoria como en outras, ofrecemos a nosa colaboración para aqueles pais e nais que teñen dúbidas ou precisen axuda para tramitar e solicitar esta axuda (360€). Lembramos que esta axuda pódese solicitar durante os tres primeiros anos dos peques, é decir, pódese voltar a pedir este ano si xa o fixestes con anterioridade sempre que o peque este nas datas comprendidas na convocatoria.

No seguinte enlace a publicación do DOG tedes as bases e requisitos completos así como a solicitude e outros documentos para presentar:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120215/AnuncioCA05-090212-12033_gl.pdf

Se tes dereito a esta axuda, non o dubides.......SOLICITAA ¡¡

miércoles, 15 de febrero de 2012

Actividade deportiva fin de semana 18 e 19 de febreiro de 2012

Na fin de semana do entroido a actividade deportiva no concello céntrase nos partidos que disputarán os nosos equipos:

A PEROXA C.F. - MONTERREY C.F: Domingo 19 as 16:15 no campo do Marco.

S.D. PIÑOR - ATL. PEROXA: Domingo 19 as 16:30 no campo do Irixo.

PONTE OURENSE "D" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Domingo 19 as 12:15 en Oira.

OS PEARES F.S. - MIRAMIÑO: Sábado 18 as 19:00 no Anexo dos Remedios.



ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

martes, 14 de febrero de 2012

CHEGOU O ENTROIDO 2012 ¡¡

Este vindeiro fin de semana viviremos unha das festas máis bulideiras do ano......o entroido. En toda a provincia haberá diversos actos e celebracións importantes, e tamén no noso concello co xa tradicional Entroido de Corbelle, unha celebración xa habitual que cada ano xunta máis xente con gañas de troula.

Será o sábado 18 cunha boa festa e cun baile e desfile de disfraces con premios para os mellores.

Aquí tedes o cartel anunciador:


DISFRUTA DO ENTROIDO EN CORBELLE ¡¡

Un pouco de memoria ¡¡

Nas seguintes 2 imaxes que vos deixamos aquí veredes a evolución da hipocresía e do cinismo que o Sr. Rajoy e capaz de expresar en tan pouco tempo.....

Especialista en decir e facer xusto o contrario segundo a situación na que se atope.

Estes son os que ían arranxar todos os problemas nuns meses........pois ben, non só arranxaron os problemas senón que os empeoraron e crearon outros novos.

Os traballadores debenlle estar agradecidos Sr. Rajoy ¡¡

Ollade e analizade as evolucións do seu discurso:




A esta imaxen de recortes tamén poderíamos engadir moitos vídeos onde falaban e aseguraban de que non ían subir os impostos.......JA,JA,JA ¡¡

ESTO É O QUE ELEXIMOS E ESTO É O QUE TEMOS ¡¡

UNHA LÁSTIMA.


lunes, 13 de febrero de 2012

A 3ª será a vencida ??

A pregunta do titulo do artigo é ben concreta, porque no enlace seguinte deixovos a publicacion no BOP do martes 7 de febreiro na súa paxina 2 das expropiacións correspondentes a carretera Vilarchao-A Peroxa.

Lembramos que é a terceira vez que se publican estas expropiación e agardemos que dunha vez por todas sexa a definitiva e non se volten a paralizar.

Informamos tamén que o proceso será de 6 meses e logo as obras, polo que como ben xa denunciamos e reclamamos o prazo de fin da OBRA para maio de 2012 antoxase imposible.

De todas maneiras, desexamos que non haxa novos impedimentos e logo de máis de 20 anos agardando vexamos por fin este proxecto rematado.

Aquí vos deixo o enlace a publicación:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=31&fecha=20120207


NON MAIS ENGANOS SR. ALCALDE ¡¡

NON MÁIS MENTIRAS ¡¡

LOITE POLOS INTERESES DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS E DEIXE DE AGOCHARSE ¡¡

UNHA VEZ REMATADA ESTA FARAÓNICA OBRA XA PODERÁ VOSTEDE RETIRARSE "TRANQUILO", POSTO QUE O DANO QUE LLE FIXO O CONCELLO TODOS ESTES ANOS FOI E SERÁ IRREPARABLE ¡¡

viernes, 10 de febrero de 2012

Informando das nosas iniciativas ¡¡

Continuando co cumprimento dos nosos compromisos adquiridos de trasladar os órganos necesarios as peticións dos nosos veciños e veciñas, e tras presentar a pertinente iniciativa sobre a petición de mellora dunha das nosas vías principais de comunicación, agora tamén executamos a segunda parte destas actuacións:  INFORMAR os veciños das accións realizadas a cabo dende a nosa Agrupación Municipal.

Por este motivo publicamos este artigo onde reflexamos a repercusión que a noticia tivo na prensa local.

No seguinte enlace tedes acceso a un dos artigos publicados:

http://www.ourensedixital.com/_novas/12/02/09_04.htm

Asimesmo tamén vos deixamos imaxes da noticia noutros medios informativos de prensa escrita:





TRABALLANDO POR MELLORAR AS NECESIDADES DO CONCELLO ¡¡

INFORMANDOTE DAS NOSAS INICIATIVAS ¡¡

CUMPRINDO OS COMPROMISOS ADQUIRIDOS ¡¡

jueves, 9 de febrero de 2012

Un concello sumido na apatía e sen actividade.

O titular é ben elocuente do que sucede coa actividade que emerxe do noso concello....nestas últimas datas as noticias son desoladoras: peche e supresión de actividades, ausencia total de iniciativas, nula actividade cultural....etc, etc.

Todavía nos lembramos aló por finais do 2009 cando nun arrebato de cinismo o señor alcalde enviaba a tódolos mozos e mozas do concello unha enquisa para que solicitasen e propuxeran actividades para levar a cabo......

¿QUE FOI DAQUELA INICIATIVA?
¿QUE RESULTADO AMOSOU AQUELA ENQUISA?
¿QUÉ ACTIVIDADES SE LEVARON A CABO?
AS POUCAS QUE SE EXECUTARON......QUÈ PARTICIPACIÓN TIVERON.?

Un montón de preguntas sen resposta que o final a única conclusión que se chega e que temos un concello con escasa ou nula actividade para os nosos nenos, os nosos mozos e os nosos maiores.

A disculpa de sempre será...."que non hai cartos"......cando practicamente na súa totalidade as actividades son subvencionadas por outras administracións.

A resposta é que non se queren organizar actividades, naide quere adicarlle tempo as necesidades dos veciños....

Un exemplo ben claro está en que hai moitos veciños e veciñas do concello que participan en actividades de concellos limítrofes como Coles ou Vilamarin......PAGANDO ¡¡

AQUÍ NA PEROXA O QUE NON HAI E VONTADE NEN GAÑAS DE TRABALLAR¡¡

TAN SÓ SE ACORDAN DOS VECIÑOS E VECIÑAS NAS ELECCIÓNS PARA VISITALOS E PEDIRLLES O VOTO, E DESPOIS......4 ANOS DE PASOTISMO ABSOLUTO ¡¡

Lembradesvos da famosa enquisa? :



 
CHEGOU O MOMENTO DE QUE ALGUÉN SE PREOCUPE POLAS TÚAS NECESIDADES.....FAINOS CHEGAR AS TÚAS PROPOSTAS E NECESIDADES E LOITAREMOS POR QUE SE LEVEN A CABO.

NON PODEMOS CAER NA RESIGNACIÓN.....HAI QUE PELEXAR POLO QUE NOS IMPORTA ¡¡

Actividade deportiva fin de semana 11 e 12 e febreiro de 2012

Os encontros que disputarán os equipos do concello centrarán a actividade deportiva desta fin de semana:

C.D. ALLARIZ - A PEROXA C.F: Domingo 12 as 16:30 en Allariz.

ATL. PEROXA - SP. BORULFE: Domingo 12 as 16:30  no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - NOGUEIRA: Sábado 11 as 11:30 no campo do Marco.

SEIXALVO - OS PEARES F.S: Sábado 11 as 16:30 en Oira.


Anima os teus equipos ¡¡ 

martes, 7 de febrero de 2012

Trasladando as peticións veciñais ¡¡

Continuando coa nosa labor de porlle voz as reclamacións e peticións dos veciños e veciñas do noso concello, presentamos recentemente nas oficinas do concello novamente dirixido o Sr. Alcalde unha proposta que no seu día foi tratada cos veciños e veciñas da parroquia de Graíces  onde solicitaban o arranxo da vía de comunicación que une a súa parroquia e os seus pobos co pobo da Peroxa.

Tras formalizar no seu día esta petición acompañada de sinaturas dos veciños e a través dun acordo "verbal" co propio Alcalde, éste comprometíase a levala a cabo no momento de dispoñer dos fondos necesarios.

Pois ben, tras a negativa nos anteriores plans provinciais 2010 e 2011 (na que foi ofrecida como obra no plan "complementario), novamente poñen sobre a súa mesa esta proposta para que sexa executada.
En canto a este plan provincial 2011 destacar que a día de hoxe todavía non se comenzou a obra de arranxo de pistas no pobo da Abertesga.

Ante o sospeitoso silencio do Sr. Alcalde a todo tipo de peticións e recollendo as demandas dos veciños e veciñas, voltamos a propor o arranxo desta vía.

Novamente, como en outros moitos temas, estamos a espera de respostas, e do que é máis importante.....Solucións ¡¡ as demandas veciñais.

Presentamos a seguinte petición nas oficinas municipais....no vindeiro (e xa moi agardado pleno), esperemos ter algo positivo que comunicarlle os veciños e veciñas da parroquia de Graíces:



Fotos dalgunha das zonas onde se solicitaron e se precisan as obra de arranxo da vía:


viernes, 3 de febrero de 2012

FESTAS DO SAN BLAS 2012 EN CARRACEDO.

Fiel a súa tradición anual, estamos diante doutra das festas iniciais da tempada. O San Blas en Carracedo, un ano máis caracterizado polo frío destas épocas que os veciños e veciñas tratarán de converter en calor cunha espectacular festa.

Os actos relixiosos e festivos comenzarán o venres 3 coa misa para celebrar o patrón no seu día orixinal, seguirá o sábado coa espectacular orquestra JERUSALÉN, para rematar o domingo día 5 coa orquestra TRIUNFO.

Disfruta das nosas festas ¡¡

Disfruta do San Blas ¡¡

Actividade deportiva do 4 e 5 de febreiro de 2012

A actividade deportiva no concello para este frío fin de semana céntrase nos partidos dos nosos equipos:

A PEROXA C.F - BARBADAS "B": Domingo 5 as 16:30 no campo do Marco.

RIBADAVIA - ATL. PEROXA: Domingo 5 as 16:30 en Ribadavia

O BARCO - A PEROXA C.F CADETE: Sábado 4 as 16:30 no  Barco de Valdeorras.

SANTA TERESITA - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Domingo 5 as 11:00 no campo de Vilar de Astrés.

OS PEARES F.S - LOTERIAS ANTA: Sábado 4 as 19:00 en Oira.


Anima os teus equipos ¡¡

jueves, 2 de febrero de 2012

CUESTIÓN DE SEGURIDADE ¡¡

Continuando coa liña de preocupacións polos problemas e atendendo as demandas dos veciños e veciñas do concello, plantexamos e solicitamos unha mellora para a carretera principal que une o núcleo de A Peroxa coa capital.
Unha carretera moi utilizada a diario por moitos vehículos que están vendo como co paso do tempo surxen cada vez máis deficiencias que ninguén se propón mellorar, pondo en risco a seguridade da xente que a usa habitualmente.
Non podemos agardar a que surxa algunha desgracia para porlle solucións a unha vía abandoada fai xa moitos anos.
Téñennos enganado estes últimos anos coa famosa "carretera nova", que unha vez maís reivindicamos e que cada vez acumula máis retraso sin que ningúen dé unha explicación creíble.
Mentras agardamos por ese tan prometido vial e tantas veces paralizado, solicitamos unha mellora para o tramo xa rematado ante a súa peligrosidade, sobre todo en épocas invernais.

Esta foi a nosa petición rexistrada nas oficinas municipais para ser tratada no vindeiro pleno:



Para completar toda esta nosa exposición de deficiencias que todos e todas podedes comprobar cada día, ilustramos esta petición con imaxes que falan por sí soas.

AGARDEMOS SEXA ACEPTADA A NOSA PETICIÓN E SE ARRANXEN AS PERIGOSAS DEFICIENCIAS INDICADAS ¡¡

IMPORTARALLE O SR. ALCALDE A SEGURIDADE DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS?

SERÁ CAPAZ DE PREOCUPARSE POLAS PETICIÓNS FEITAS O SEU CONCELLO?

NUNS DÍAS A RESPOSTA.........