Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 26 de enero de 2012

Actividade deportiva fin de semana 28 e 29 de xaneiro de 2012

Os encontros que disputarán os equipos do noso concello serán os seguintes:

PONTE OURENSE - A PEROXA C.F: Domingo 29 as 12:00 en Oira.

ATL. PEROXA - CIDADE DAS PONTES: Domingo 29 as 16:15 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. CADETE - C.D. RÚA: Sábado 28 as 11:30 no campo do Marco.

RIBEIRO F.C - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sábado 28 as 12 no campo do Lodairo (Carballeda de Avia).

CHUPITAZO - OS PEARES F.S: Sábado 28 as 20:00 no Anexo do Pabellón dos Remedios.


NON DEIXES DE ANIMAR OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

miércoles, 25 de enero de 2012

Presentación do proxecto: "OS SÁBADOS COA VECIÑANZA"

Hoxe presentamos aquí neste Blog o que vai ser un dos proxectos máis importantes do que resta de lexislatura municipal; o proxecto do contacto coa xente.

Un proxecto que adquirimos con tódolos veciños e veciñas no momento que tomamos a decisión de presentarnos como alternativa nas pasadas eleccións municipais de maio. Alternativa coa vista posta no futuro, un futuro que queremos conquistar a base de traballo e adicación. O noso compromiso de sair a rúa e ver as necesidades día a día. As xentes do concello da Peroxa teñen problemas que arranxar a diario e non só en épocas electorais, como nos teñen acostumados os que levan xa máis de 30 anos no poder.

Transmitir os nosos veciños e veciñas a información de primeira man e persoalmente sobre as iniciativas, propostas e actividades que realizamos dende esta Agrupación Municipal Socialista, a través dos seus tres representantes no Concello, así como, de todos aqueles membros da candidatura e outros colaboradores que nos están axudando a levar a cabo esta iniciativa.

Os veciños precisan estar informados do que ocorre no seu concello e sobre todo precisan a alguén que recolla as súas preocupacións e problemas nos pobos do concello e os traslade os órganos de goberno municipais que son os que teñen que porlle solucións.

Levamos xa tempo usando este Blog como lugar de información municipal sobre o que acontece no noso concello, pero agora este Blog bótase a rúa, onde está o verdadeiro punto de información; cara a cara coa xente, que nos coñeza, que nos vexa traballar e sobre todo que sepa que estamos para axudalos.

Os veciños e veciñas da Peroxa que pagan impostos queren saber en qué se gastan os seus cartos, onde e porqué.

A través desta iniciativa percorreremos todos e cada un dos pobos do concello para analizar os seus problemas e necesidades e tentar buscarlle solucións. Elaboramos un plan de visitas anual que realizaremos preferentemente os sábados pola tarde os pobos e parroquias que iremos anunciando previamente. Estas visitas serán modificadas segundo as necesidades máis urxentes que os veciños e veciñas nos vaian plantexando e acudiremos alí onde sexa reclamada a nosa presencia. As súas propostas e queixas serán trasladadas a través das canles legais (mocións, preguntas, rogos, solicitudes de información....) o Sr. Alcalde e os membros do goberno os cales exixiremos solucións.

Queremos que o noso Concello "teña VIDA", non podemos quedar adormecidos ante a paralización a que nos someteron nestes xa moitos anos de inactividade.

As canles de contacto son as xa habituais e coñecidas por todos, a traves deste blog, do enderezo electrónico: socialistasdaperoxa@gmail.com, ou ben persoalmente a calquer membro da agrupación ou da candidatura socialista.

A través da presentación deste ilusionante proxecto para nós, aproveitamos para invitar a todos aqueles que se queiran unir a esta iniciativa que contamos con todos os que o desexen; un proxecto por e para o Concello da Peroxa.

Aproveitamos a presentación deste proxecto para anunciar a nosa primeira visita este sábado 28:


Subvención concedida o noso concello

Un ano máis a Xunta de Galicia publica a concesión de 17.000€ para o noso concello para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Unha subvención empregada para pagar os servizos dunha persoa ubicada no concello e que segundo as bases da convocatoria o seu obxetivo será:

.. "Promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no ámbito local"  ¿?

As súas funcións.....

1) Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados...
2) Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividades os desempregados...
3) Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais....
4) Apoio os promotores das empresas....
5) Promoción e implantación de políticas activas de emprego....

As bases pódense consultar no DOG nº178 do mércores 15 de setembro de 2010:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100915/Anuncio30A4A_gl.pdf


A contía económica concedida o concello aparece publicada no DOG nº247 do 28 de decembro de 2011 na súa pàxina 7:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111228/AnuncioCA05-281111-9218_gl.pdf


A lectura un ano máis desta axuda é ben clara.....persoa "amiga" contratada polo concello a capricho do señor Alcalde para "tramitar" asuntos que para nada se axustan as bases da convocatoria e moito menos esta información chega a totalidade dos veciños. Está para os intereses particulares dos de sempre.

Ou algúns dos moitos parados censados no Concello coñece, se lle ofreceu este servizo ou fixo uso del ??

viernes, 20 de enero de 2012

"MOVEMENTOS" NO CONSORCIO DOS PEARES ¡¡

Logo de moitos anos de peticións e agardando unha renovación no sillón da presidencia do Consorcio, por fin nestes últimos días, esta fixose efectiva, non sen antes diversos problemas.


Os titulares que reflicte a prensa desta noticia coma sempre son negativos en canto se trata do noso alcalde da Peroxa que se agarrou o sillón presidencial con forza todos estos anos, ate que por fin (con ameazas de acudir a xustiza por medio) deixou o seu posto o alcalde de Carballedo.


A este triste noticia dunha liorta por un sillón presidencial que para nada beneficiou os sempre castigados veciños dos Peares engadeselle outra noticia que fai referencia a pésima xestión que fixo deste Consorcio o Alcalde da Peroxa:


Relacionadas con estas noticias lembramos unha de finais do ano pasado cando sairon os orzamentos da Deputación de Ourense onde se solicitaba por parte da oposición o peche de organismos provinciais que continuamente estar a ocasionar pérdidas millonarias as arcas e o mesmo tempo que se mantuveran ou subisen aportacións a entidades importantes e con servicio para os cidadáns como podían ser Expourense ou o propio Consorcio dos Peares, ao que por suposto non se lle fixo caso por parte da Deputación.



Acompañamos tamén nese artigo os Estatutos do Consorcio dos Peares publicados no ano 1999 onde queda BEN CLARIÑO NO SEU ARTIGO 9 QUE A PRESIDENCIA DA ENTIDADE SERÁ BIANUAL E ROTATORIA ENTRE OS ALCALDES DOS 4 CONCELLOS QUE O INTEGRAN a pesares da interpretación normativa que coma sempre fai o seu antoxo persoal o Sr. Manuel Seoane:


e modificado no ano 2004:


Agardamos polo ben dos veciños e veciñas do Peares que este cambio da presidencia sexa para mellorar a situación de desamparo que ata o de agora os tiña sometido o Alcalde da Peroxa e poidan loitar polos seus dereitos e servizos. Para este cometido estaremos para vixiar as suas actuacións e para colaborar cos veciños no traslado das suas necesidades.

Ven podería o novo presidente por solicitar a execución das obras pendentes que levamos reclamado en múltiples ocasións e ante as diferentes administracións afectadas, como ben pode verificarse a través das preguntas pendentes para o vindeiro pleno do Concello da Peroxa sobre estas infraestructuras, como son a ponte sobre o Miño e o centro de saúde.

Agardamos respostas e solucións ¡¡


Hoxe día 26 de xaneiro completamos este artigo cunha noticia recente da prensa de Lugo onde o novo presidente ben cargado de boas intencións e proponse loitar polos proxectos pendentes importantes e prometidos para o pobo do Peares e o seu contorno......Desexamos que as súas declaración se fagan pronto efectivas e poidamos ver os resultados da súa xestión, o tempo dará e quitará razóns ¡¡
Podedes ver os seus compromisos no seguinte enlace:





jueves, 19 de enero de 2012

Actividade deportiva no concello o fin de semana do 21 e 22 de xaneiro de 2012

A actividade deportiva céntrase nos partidos que disputarán os nosos equipos nas súas respectivas competicións:

A PEROXA C.F - MASIDE F.C: Domingo 22 as 16:00 no campo do Marco.

PONTEDEVA - ATL. PEROXA: Domingo 22 as 16:15 no campo de Pontedeva.

CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. CADETE: Domingo 22 as 12:00 en Monforte no campo dos Escolapios.

ARRABALDO - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sábado 21 as 12:30 no campo de Santa Cruz.

OS PEARES F.S - REC. SAÍZ - MUNDOURENSE: Sábado 21 as 21:00 na central dos Remedios.

Acude animar os nosos equipos e sorte para todos ¡¡

Festas en Graíces

Un ano máis o ano de festas no noso concello comenza pola que se celebrará este domingo 22 en Graíces.

Contarán con actos relixiosos e musicais amenizados pola orquestra FIN DE SIGLO.

Pásate por Graíces e disfruta das nosas festas ¡¡

jueves, 12 de enero de 2012

Actividade deportiva para o 14 e 15 de Xaneiro de 2012

Os equipos do concello disputarán os seguintes encontros:

ATL VILARIÑO - A PEROXA C.F: Domingo 15 as 16:00 en Vilariño.

ATL. PEROXA - MOREIRAS: Domingo 15 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. CADETE - RIBERIO C.F: Sábado 14 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - LEMOS: Sábado 14 as 12:15 no campo do Marco.

OS PEARES F.S - 5 PONTES: Sábado 14 as 20:00 no anexo do Remedio.s


Anima os nosos equipos ¡¡

viernes, 6 de enero de 2012

Actividade deportiva para o 7 e 8 de Xaneiro de 2012

Benvidos ao ano 2012 ¡¡
A actividade deportiva no noso concello segue centrada nos encontros que disputarán os equipos nas súas ligas respectivas:

VELLE -A PEROXA C.F: Domingo 8 as 16:00 no campo de Velle.

ATL. PEROXA - TOÉN: Domingo 8 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA CADETE - LEMOS: Sábado 7 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA BENXAMÍN - CALASANCIO "B": Sábado 7 as 12:15 no campo do Marco.


Non deixes de animar os teus equipos ¡¡

jueves, 5 de enero de 2012

REGALO DE REIS ¡¡

Nesta data especial para todos e especialmente para os máis cativos onde a ilusión que desprenden as súas caras cura calquer pena que poidamos ter, agradecemos a tódolos nosos "visitantes" o agasallo que nos fixeron......XA CUMPRIMOS AS 10.000 VISITAS A ESTE BLOG.

Gracias por compartir uns minutos connosco e ser partícipes do noso punto de vista dos moitos e diferentes temas que aquí temos tratado, nestes meses de vida xa creamos máis de 300 entradas.

Seguiremos traballando por e para os veciños e veciñas do concello e adicando tempo e gañas para mellorar as súas condicións de vida, defendendo os seus dereitos.

Novamente....Gracias e unha aperta para todos.

Agardamos seguir aumentando os nosos seguidores.

martes, 3 de enero de 2012

Gracias Sr. Alcalde polo seu desprezo ¡¡

Seguindo pola liña habitual do noso Sr. Alcalde de desprezo hacia os que non pensamos e opinamos coma él, queremos manifestar o nosa queixa pola ausencia de invitación aos membros da nosa Agrupación Municipal no Concello, que tamén representamos a moitos dos veciños e veciñas do concello durante os actos que celebrou polo Nadal.

Con data do 22 de decembro de 2011 na reportaxe sacada no periódico local "La Región", sobre as celebracións no Concello citábase como único acto a realizar unha visita as Residencias de Maiores para o martes 27 de decembro na que se indicaba que "O Sr. Alcalde e parte da corporación visitarán os maiores acompañados dunha coral para facerlle entrega de un agasallo...".

Como xa indicamos, sentímonos e somos parte da corporación municipal, e polo tanto, consideramos na nosa opinión, que nos actos conxuntos onde se use a palabra "corporación" deberíamos como mínimo ser comunicados e convidados a participar, sobre todo cando os "agasallos" se fan cos cartos de todos.

Lamentamos unha vez máis actitudes nesta liña, que para nada fan reflexo das súas palabras do acto de toma de posesión en xuño pasado onde mostraba a súa colaboración e nos convidaba a participación da vida do concello.....como sempre, as palabras moi bonitas..... pero os actos..... o seu antollo persoal ¡¡

Aproveitamos tamén a ocasión para solicitar para o concello nestas datas actividades de lecer para tódolos veciños e veciñas, en todos os tramos de idade, pero facendo fincapé nos nenos, que son os que viven dun xeito especial estas datas......

....¿Que foi da Cabalgata de Reis?
....¿Para cando algún concerto musical de Nadal?
....¿Porqué non un concurso de postais con premios para os cativos?
.........?????

Actividades que por certo non suporían (xa anticipandonos a súa resposta de que non hai fondos ¡¡) ningún gasto para as arcas municipais.

lunes, 2 de enero de 2012

PAZOLANDIA 2012

Este vindeiro martes 3 de xaneiro os nenos e nenas do concello da Peroxa teñen a oportunidade pola tarde de asistir un ano máis o parque de atraccións de Pazolandia, no pabellón Paco Paz de Ourense.

Acompaña os teus peques a pasar un bo rato ¡¡