Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 25 de noviembre de 2011

ENDURO NA PEROXA

Outra vez se celebrará no noso concello unha proba de enduro, esta vez será o campionato galego de resistencia.

Será o vindeiro domingo 4 de decembro.

Este é o cartel anunciador...





Sigue as novidades desta proba no seu Facebook....

http://www.facebook.com/#!/pages/MotoClub-A-Peroxa/117939078218725

jueves, 24 de noviembre de 2011

Actividade deportiva fin de semana do 26 e 27 de novembro de 2011.

A actividade deportiva desta fin de semana céntrase nos seguintes encontros para os nosos equipos:
A PEROXA C.F - VALENZA: Domingo 27 as 16:15 no campo do Marco.

OS CHAOS - ATL. PEROXA: Domingo 27 as 16:00 no campo de Amoeiro.

A PEROXA CADETE - ARRABALDO: Sábado 26 as 11:00 no campo do Marco.
NOGUEIRA - A PEROXA BENXAMIN: Sábado 26 as 11:00 no campo de Luintra.
OS PEARES - ARRANXAR: Sábado 26 as 20:30 no pabellón da Carballeira.



Non deixes de animar os equipos do noso concello ¡¡

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Seguimos loitando e defendendo os nosos servizos

Novamente a agrupación municipal socialista de A Peroxa loita por defender os dereitos dos nosos veciños e veciñas do concello diante dos continuos ataques que a Xunta do "veciño" Feijoo acomete día tras día.

A nosa agrupación no concello ven de presentar duas mocións importantes para mostrar o noso rexeitamento os recortes que afectan o noso concello.

A primeira delas mostra o noso rotundo rexeitamento o posible peche das urxencias sanitarias no PAC de Coles. Os nosos veciños e veciñas non poden quedar sen este servizo imprescindible para unha atención sanitaria digna e acorde coa situación xeográfica. O seu peche conlevaría que todas as urxencias terían que desprazarse a Ourense, así como tamén o servicio urxente no domicilio por parte do médico a enfermeiro que hoxe están en Vilarchao. Sería un trastorno e un recorte imcomprensible para o noso Concello e os limítrofes.
Defenderemos esta moción no seguinte pleno o que quedades todos convidados e que anunciaremos oportunamente, así como, solicitamos tamén o apoio do grupo de goberno no concello do PP (que por certo, en Coles rexeitaron e estaría dacordo co máis que posible peche).

Esta é a moción presentada e as nosas peticións para que esto non ocurra:



A outra moción presentada refírese o recorte que tamén a Xunta fixo no noso concello da aportación do Plan Concertado para a atención dos servizos sociais.
Esto fai que este servizo que atende os nosos veciños, especialmente os maiores, se vexa recortado nunha moi importante cantidade que fai que se vexan privados deste servizo nunhas condicións mínimas de garantía.
O recorte pode afectar tamén as persoas contratadas para levalo a cabo posto que o concello tería serías dificultades económicas para poder asumir con fondos propios este "estacazo" as nosas arca municipais.
Dende a agrupación socialista de A Peroxa, como fixeron outros concellos de Galicia, reclamamos a Xunta a restitución destes cartos o noso concello para garantir estes servizos.
Novamente solicitaremos o apoio do grupo do PP como xa se fixo no pleno da Deputación onde o propio Baltar criticou duramente estes recortes da Xunta de Feijoo.

En relación con este tema ilustramos con varias noticias esta situación; primeiramente o cinismo e a hipocresía con que trata esta situación o propio Feijoo na propia paxina da Xunta onde falta completamente a verdade nunhas tristes e fora da realidade declaracións:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/17063/feijoo-afirma-que-goberno-galego-segue-cumprir-cos-concellos-avanza-elaboracion

Os alcaldes do PP nun primeiro momento debido a campaña electoral non se manifestaron contra esta medida pùblicamente (ainda que si privadamente mostrando o seu claro descontento e rexeitamento). Pero pasadas as eleccións xa comenzan a manifestarse....

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/11/22/0003_201111A22C5993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

jueves, 17 de noviembre de 2011

Actividade deportiva para o 19 e 20 de novembro de 2011

A actividade deportiva desta fin de semana céntrase nos seguintes encontros para os nosos equipos:

COVADONGA - A PEROXA C.F: Domingo 20 as 16:30 no campo de Oira.

ATL. PEROXA - CENLLE: Domingo 20 as 16:00 no campo do Marco.

LEMOS - A PEROXA CADETE: Sábado 19 as 11:30 no campo Luis Bodegas de Monforte.

A PEROXA BENXAMIN - SANTA TERESITA: Sábado 19 as 12:00 no campo do Marco.

CONCELLO DE COLES - OS PEARES: Sábado 19 as 19:30 no pabellón da Carballeira.


Non deixes de animar os equipos do noso concello ¡¡

miércoles, 16 de noviembre de 2011

O AVE PASARÁ POLO NOSO CONCELLO

Unha noticia destacada que afecta o noso Concello.

No BOE do martes 15/11/2011 na sua paxina 97202 aparece o anuncio de información publica do Estudio Informativo do proyecto la liña do AVE Ourense-Lugo no seu tramo de Ourense-Monforte que pasa no seu recorrido polo noso concello nun proxecto de futuro.

http://www.boe.es/boe/dias/2011/11/15/pdfs/BOE-B-2011-36959.pdf

Durante 30 habiles poderase ver o proxecto nas oficinas do concello para facer as alegacións que se estimen oportunas.

Novamente unha infraestructura importante terá percorrido polas nosas terras. Loitaremos porque está obra beneficie o noso concello, sobre todo no que se refire a mellora das infraestructuras por donde teña previsto o seu percorrido unha vez rematadas as seguramente longas e molestas obras.

Unha vez máis un goberno socialista é o que pon sobre a mesa unha obra importante para a provincia e para Galicia, unha vez máis tivo que modificar un proxecto inicial deficiente para facer un novo proxecto con un novo recorrido e diseño que permita a dobre vía e o máis importante, a eliminación dos pasos a niveis existentes e un trazado que realmente permita un tren de ALTA velocidade.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/11/16/fomento-disena-nuevo-trazado-alta-velocidad-tramo-ourense-monforte/598072.html

martes, 15 de noviembre de 2011

A campaña socialista na Peroxa

Este sábado día 12 tivo lugar o acto central da campaña das xerais no noso concello; desta vez a presenza de cargos do partido de apoio no noso concello pódese calificar de espectacular: Rosa Conde (ex-portavoz do Goberno), Pablo Garcia (secretario de organización galego), Laura Seara (candidata ao Congreso), Miguel Fidalgo (candidato ao Senado), Raul Fernandez (secretario provincial), Jose Arcos (candidato ao Congreso), Maria Quintas (deputada galega e secretaria provincial de organización), Eladio Osorio, Teté........acompañando os membros da agrupación local de A Peroxa e os nosos militantes.

Un acto centrado na visita o noso concello e unha comida na feira onde degustaron os nosos típicos productos, que por certo, quedaron maravillados coa nosa gastronomía.

Dende a nosa agrupación foi todo unha honra recibir apoio de persoas tan importantes dentro do PSOE o que sirve de impulso para seguir pelexando polas nosas ideas e principios para o noso concello.

Esta foi a foto de familia....



VOTA PSOE ¡¡

jueves, 10 de noviembre de 2011

Actividade deportiva para o 12 e 13 de novembro de 2011

Unha semana máis a actividade deportiva no concello céntrase nos partidos que disputarán os nosos equipos nas diferentes categorías, e que son os seguintes:

A PEROXA CF - CD ARENTEIRO: Domingo 13 as 16:15 no campo do Marco.

LOUREIRO - ATL. PEROXA: Sábado 12 as 16:15 no campo do Loureiro.

A PEROXA CADETE - CD BARCO: Sábado 12 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA BENXAMIN - RIBEIRO FC: Sàbado 12 as 12:00 no campo do Marco.

OS PEARES - FONTANERIA25ANOS.COM: Sàbado 12 as 20:30 na Carballeira.


Anima, apoia e disfruta dos nosos equipos ¡¡

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Festa do San Martiño en Villarrubin

Para rematar a tempada de festas populares, cerraremos este ano 2011 co tradicional e popular magosto de Vilarrubin, este ano amenizado por 2 espectaculares orquestras, ademáis de outras actuacións, así como o tradicional e saboroso chourizo, as castañas e o viño da zona.

Esta tradicional celebración celebrarase coma sempre o día 11 Venres festivo a partires das 19:00, contarán ademáis co campo cuberto por unha carpa ante o posible mal tempo.

Acude a divertirte o magosto ¡¡

martes, 8 de noviembre de 2011

A Peroxa no concurso da TVG "Polo Chán"

Este sábado pasado emitiuse na TVG a participación dos nosos veciños que representron o concello no concurso POLO CHAN, un divertido e difícil concurso no que acadaron un resultado espectacular logo de loitar contra os "elementos" do programa.

No seguinte enlace pulsando no programa da data 05/11/2011 tedes acceso o video emitido.

Non o perdades ¡¡

Disfrutaredes da súa actuación e botaredes unhas boas risas ¡¡

Noraboa ¡¡

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/mais-de-a-carta

lunes, 7 de noviembre de 2011

Comenzou a campaña para as eleccións Xerais 2011

Xa estamos novamente diante dunha campaña importante e decisiva para o país. Unha campaña dura e difícil onde teremos que decidir entre a política dos recortes do PP, ou a loita para manter os servizos e prestacións sociais básicas do PSOE, entre abaratar a contratación do PSOE ou abaratar o despido do PP, entre manter a sanidade e a educación pública e gratuita do PSOE ou a privatización e o copago do PP, entre "premiar" o aforro do PP ou que as entidades financieiras paguen máis polos seus beneficios multimillonarios do PSOE, entre manter e ampliar as prestacións de desemprego do PSOE ou "revisar" estas prestacións do PP, entre rematar o AVE a Galicia do PSOE ou o "depende" do remate desta obra vital para a nosa comunidade do PP, entre que paguen máis os que máis teñen do PSOE ou impostos iguais para todos do PP.......resumindo.......entre o home e o partido que rematou coa violencia de ETA ou o partido que usou o terrorismo como arma política para chegar o poder...., entre o futuro do PSOE ou a volta e retroceso o pasado en canto a leis importantes para os nosos dereitos que quere abolir o PP..............

TÍ ELIXES O FUTURO QUE QUERES ¡¡

Aquí tedes a foto da candidatura da provincia de Ourense a estas eleccións xerais onde teremos representación do noso concello coa inclusión nesta lista do portavoz dos socialistas na Peroxa en recoñecemento o bo traballo que se está a facer dende a nosa agrupación na loita por un concello mellor e defendendo día a día os dereitos iguais para todos dos nosos veciños e pobos.



No seguinte enlace de prensa teredes información completa da lista de candidatos por Ourense:

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/09/25_01.htm


Dende a nosa agrupación municipal solicitamos o teu apoio e o teu voto a esta candidatura ¡¡


VOTA RUBALCABA.......VOTA PSOE ¡¡

jueves, 3 de noviembre de 2011

Seguimos pelexando polo noso.

Recentemente trasladamoslle o noso grupo socialista na Xunta de Galicia o estado de abandono das nosas grandes "obras" pendentes por facer da Xunta de Galicia no Concello de A Peroxa, para a pertinente petición o goberno para que as leve a cabo nos prazos comprometidos.

O estado de abandono que denunciamos os socialistas da Peroxa das nosas infraestructuras son os seguintes:


A nosa preocupación e a dos veciños é palpable polos continuos anuncios de recortes que fai a Xunta semana tras semana, un dos derradeiros foi o seguinte...:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/licitacion/obra/Xunta/cae/44/respecto/2010/elpepiautgal/20111031elpgal_6/Tes

Estas son as noticias que saen do goberno da Xunta: recortes sociais, recortes sanitarios, recortes en educación, paralización obras.....etc.

Seguimos traballando polo noso concello ¡¡

Actividade deportiva para o fin de semana do 5 e 6 de novembro de 2011

Esta semana queremos facer referencia en primeiro lugar a unha actividade deportiva popular onde participarán moitos dos nosos veciños. Será o domingo pola maña a Carreira do San Martiño en Ourense.

Os encontros que disputarán os equipos do noso concello serán os seguintes:

MELIAS - A PEROXA CF : Domingo 6 as 16:30 no campo de Melias.

ATL. PEROXA - LODAIRO:  Domingo 6 as 16:30 no campo do Marco.

RÚA - A PEROXA CADETE: Sábado 5 as 18:00 no campo da Rúa.
A PEROXA BENXAMIN - ARRABALDO: Sábado 5 as 12:00 no campo do Marco.
OPTICA CALDAS - OS PEARES: Sábado 5 as 18:00 no Polideportivo da Carballeira.


Acude apoiar os teus equipos ¡¡

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Resposta da Deputación sobre a paralización da carretera dende Vilarchao

Seguindo na liña de preocupación pola paralización das obras da carretera de acceso o noso concello, unha vez máis os socialistas a través do noso grupo na ´Deputación preguntou sobre a situación actual e a resposta foi a seguinte....


Estamos agardando o mesmo tempo a correspondente pregunta sobre esta mesma situación que os nosos representantes no parlamento de Galicia lle fixeron o Conselleiro responsable das obras públicas. Todavía non hai resposta o respecto, pero moito nos tememos que será ambigua e para sair do paso, a mesma que fixo o noso alcalde no último pleno onde non foi capaz de asegurar a sua finalización no prazo previsto...."se non é no 2012 será no 2013", resposta que unha vez máis non fai máis que enganar os veciños.

Seguiremos informando e presionando para o seu remate definitivo ¡¡

Contra a mentira e a demagoxía do PP......datos ¡¡

Como ven reza o titular, e atendendo as múltiples mentiras vertidas sobre a xente o PP cun dos temas que sempre aparece en campañas electorais, xunto co terrorismo (este agardamos ver que postura toman), deixamosvos un cadro publicado pola seguridade social cos datos dende o 2004 (remate goberno PP) ata 2011.
Os datos son irrefutables e as mentiras do PP teñen coma sempre poucos argumentos...