Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de octubre de 2011

Actividade deportiva fin de semana 29 e 30 de outubro 2011

En primerio lugar facemos referencia o cambio de hora (atrasar), que se producirá a madrugada do sábado cara o domingo.

Logo a actividade deportiva céntrase unha vez máis nos partidos dos equipos do Concello.

A PEROXA CF - MACEDA: Domingo 30 as 16:30 no campo do Marco

CASTRELO DE MIÑO - ATL. PEROXA: Domingo 30 as 16:30 no campo de Macendo.

A PEROXA CADETE- CALASANCIO "B": Sábado 29 as 10:00 no campo do Marco.

LEMOS - A PEROXA BENXAMIN: Sábado 29 as 17:00 no campo Luis Bodegas de Monforte.

OS PEARES - CHISPAS: Sábado 29 as 20:45 no anexo do Pabellón dos Remedios.




O mesmo tempo para este domingo estaba prevista a proba do galego de Enduro no noso Concello, pero por motivos alleos a organización creemos que se aprazou para o día 4 de decembro.

Sorte a todos os nosos equipos ¡¡

martes, 25 de octubre de 2011

Celebracion pleno no Concello da Peroxa

O mércores 26 de outubro as 20:00 celebrarase un importante pleno no concello onde entre outros temas trataremos varias cuestións importantes para a cidadanía, como poden ser as mocións presentadas pola nosa agrupación para analizar a situación actual do estado de paralización nos que se atopan as obras da "carretera nova", onde agardamos unha postural oficial e real por parte do equipo de goberno. Tamén agardamos resposta sobre a situación dos expedientes sancionadores que se abriron contra o concello polo estado lamentable e sen autorización de vertidos nos que se atopan as fosas sépticas.
Agardamos tamén opter resposta sobre outros temas que serán preguntados de vital importante e de triste actualidade para o noso concello.

Agardamos a vosa presencia.

Aquí tedes as mocións presentadas pola nosa agrupación municipal:



lunes, 24 de octubre de 2011

Festas en Carracedo

Este vindeiro sabado 29 teremos unha nova celebración festiva, esta vez en Carracedo (no campo do San Blas), con 2 espectaculares orquestras que animaran esta festa, unha das derradeiras deste 2011 no noso concello.

Ven a disfrutar das nosas festas ¡¡

jueves, 20 de octubre de 2011

Actividade deportiva para o fin de semana 22 e 23 de Outubro 2011

Os encontros dos nosos equipos son os seguintes:

POLÍGONO - A PEROXA :  Domingo 23 as 16:30 no campo do Polígono de San Cibrao.

ATL. PEROXA - SALAMONDE: Domingo 23 as 17:00 no campo do Marco.

RIBEIRO CF - A PEROXA CADETE:  Domingo 23 as 11:30 no Xestal de Ribadavia.

CP CALASANCIO - A PEROXA BENXAMIN: Domingo 23 as 11:00 nos Escolapios de Monforte.

CAFE BAR SAMUEL - OS PEARES FS : Sábado 22 as 18:30 no polideportivo da Carballeira.


Acude animar os teus equipos ¡¡

A Xunta segue a meter a navalla os nosos dereitos

Esta semana atopamos no DOG duas noticias que nos deixan novamente sen unhas axudas que xa estaban convocadas e a piques de ser concedidas.

O martes 18/10/2011 a navallada da Xunta foi as axudas para fundacións, asociacións e institucións culturais:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111018/AnuncioCA03-061011-7256_gl.pdf

Esta nova tuvo a súa repercusión nos medios de comunicación:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cultura/cancela/300000/euros/ayudas/pequenas/entidades/elpepiautgal/20111019elpgal_14/Tes


O xoves 20/10/2011 liquidaron as axudas aos concellos para actividades e promoción do cooperativismo, afundindo así as esperanzas de futuro de moita xente:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111020/AnuncioCA05-131011-7426_gl.pdf

Estas situacións ocorren cada semana no desgoberno da Xunta. Sempre a mesma teoría, botarlle a culpa os demáis da súa mala xestión e o mesmo tempo recortar dun lago e de outro nas axudas os cidadáns.

Estas non son políticas de austeridade, son de incompetencia total.

Sempre perxudicando os colectivos máis vulnerables.

BASTA XA ¡¡

miércoles, 19 de octubre de 2011

Festas enxebres para esta fin de semana

Este sábado 22 de outubro celebraránse novamente 2 das nosas festas tradicionais e enxebres.

Serán a da Riberira de Vilarrubin no pobo da Orden, con celebración festiva e gastronòmica na que será o preludio das celebracións do magosto.

A outra destacada e tamén habitual nestas datas será en Fontaiño a festa do Trabazo con celebración de cea popular e coma nos derradeiros anos a parte musical será para a orquestra FANIA.

Dous exemplos de festas levadas a cabo coa importante colaboración e traballo dos veciños.

Disfruta das nosas festas ¡¡

lunes, 17 de octubre de 2011

Interesante oportunidade laboral

No BOP do pasado venres 14 de octubre aparece a convocatoria de 8 prazas de Policia Local para o concello de Ourense.

Mira as bases da convocatoria no seguinte enlace e anímate diante dunha oportunidade laboral interesante:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=233&fecha=20111014

A partires da páxina 9

jueves, 13 de octubre de 2011

Actividade deportiva no concello fin de semana 15 e 16 de outubro.

Os encontros deste fin de semana que disputarán os equipos do concello serán os seguintes:

A PEROXA C.F- CORTEGADA:   Domingo 16 as 17:00 no campo do Marco.


ATL. RAZAMONDE - ATL. PEROXA:   Domingo 16 as 17:00 en Laias.


A PEROXA BENXAMIN - PABELLÓN C.F. "C": Sábado 15 as 12:00 no campo do Marco.


OS PEARES F.S - DIABLOS VERMELLOS:  Sábado 15 as 17:00 na Carballeira.


O equipo Cadetes do Peroxa CF este fin de semana non ten competición por tocarlle descansar segundo o calendario.


Anima os teus equipos ¡¡

Opinando, debatindo, decidindo e votando ¡¡

Como ben indica o titular da noticia, catro adxetivos dos que dende a agrupación municipal socialista da Peroxa nos sentimos orgullosos de que se respeten dentro dun partido democrático e onde todos temos voz e voto.
Tras unhas semanas de noticias fóra de lugar e cheas de manipulación dende a prensa local onde se informaba dun proceso de listas o Congreso e o Senado turbulento, queremos indicar que dende a nosa agrupación fóron totalmente transparente e respetando a opinión da maioría da provincia, por suposto, con opinións e apoio diversos como ben debe ser nun partido democrático onde se conta coa opinión dos militantes e afiliados.
Partimos dunha asamblea local onde os afiliados da nosa agrupación decidimos e votamos as persoas que queríamos que nos representaran nas citadas listas, libremente e sen condicionantes de ningún tipo (outras formacións non poden decir o mesmo, porque ou ben xa non lle interesan as súas opinións ou directamente se nombran polo dedo do XEFE).
Posteriormente, os nosos representantes debatiron, opinaron e votaron noutra asamblea provincial de onde sairon uns resultados que posteriormente foron ratificados polos órganos do partido.
Ademáis creemos que o debate e a votación era elexir a orde nas listas entre dúas candidatas que xa demostraron sobradamente a súa valía e traballo por esta provincia. Seguro que serán duas diputadas moi traballadoras polas suas xentes.

Queremos indicar tamén o apoio do partido na provincia para a nosa comarca e concello, facéndose notar a boa liña de traballo que estamos a realizar dende a agrupación municipal na defensa dos intereses dos veciños e por tal motivo comunicamos que o portavoz da nosa agrupación integrará tamén as listas o Congresos dos Deputados. Unha grande noticia para unha agrupación municipal renovada, xoven e con gañas de seguir traballando, unha boa motivación e un recoñecemento a un traballo dun grupo ambicioso.

Foto da presentación das candidaturas no mitin de Rubalcaba en Ourense onde acudimos en grande número dende a nosa agrupación no apoio do noso candidato.




A foto seguinte corresponde a asamblea provincial onde se acordou e aprobaron as listas.



Na noticia seguinte indican o acordo do partido para as lista, así como os candidatos definitivos:


A Voz de Galicia coma sempre enredando e manipulando a información....

Repetimos e indicamos que agradecemos a oportunidade que nos da o Partido Socialista de Galicia de poder opinar e decidir libremente.

A mesma noticia reflexada noutro medio de comunicación local...


Finalmente lembramos que tras este proceso todos os membros do partido na provincia traballaremos arreo e conxuntamente para obter os mellores resultados posibles nunha eleccións decisivas para o futuro do país.

lunes, 10 de octubre de 2011

Festa do viño novo en Gulfariz

A piques de rematar coas festas polo que o ano 2011 respecta no concello, chega este fin de semana do 14 e 15 de outubro unha das festas máis senlleiras e tradicionais. A festa na honra do viño novo, onde coma todos os anos celebrarase na noite do venres unha espectacular cea con precios populares e de menú máis que coñecido por todos, regado con bos viños das novas colleitas da zona.

O sábado haberá celebración tamén con orquestra para bailar o redor dos vasos de viño....

Para a cea hai que encargar previamente nos telefonos da organización.

Este é o cartel deste ano.



Non deixedes de visitar e disfrutar da festa da REBADAIRA 2011

miércoles, 5 de octubre de 2011

Actividade deportiva fin de semana 8 e 9 de outubre e día 12

Os encontros deste fin de semana que disputarán os equipos do concello serán os seguintes:

MONTERREY - A PEROXA C.F:                        Domingo 9 as 17:00 en Monterrey.

ATL. PEROXA - PIÑOR:                                     Domingo 9 as 17:00 no Marco.

ARENTEIRO "B" - A PEROXA CADETE:            Sábado 8 as 10:00 en Carballiño (campo da Uceira).

OS PEARES F.S - SEIXALBO:                             Sábado 8 as 20:30 nos Remedios.


Asimesmo engadimos os encontros do mércores 12 festivo (día do Pilar):

ATL. PEROXA - BARRA DE MIÑO:                   Mércores 12 as 17:00 no campo do Marco.

MIRAMIÑO - OS PEARES F.S:                           Mércoes 12 as 11:00 no Anexo dos Remedios.




Acude a animar os nosos equipos........SORTE A TODOS ¡¡

Bonito reportaxe televisivo do noso Concello

Recentemente emitiuse na TVG unha reportaxe sobre o noso Concello no histórico programa "Galicia para el mundo", onde sairon uns bonitos vídeos con unhas imaxes espectaculares sobre a natureza e patrimonio do Concello.

Aqui vos deixamos os videos emitidos nos seguintes enlaces:

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=5114

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=5115

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=5116

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=5117

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=5118

martes, 4 de octubre de 2011

RUBALCABA en Ourense

Este vindeiro domingo desde as 11:00 no recinto de Expourense teremos o acto que marcará o pistoletazo de saída para a pre-campaña do 20N.
Temos o privilexio de contar con noso candidato aquí na cidade para expor os cidadáns un programa de goberno axeitado as necesidades que agora mesmo necesita o país, lonxe de recortes sociais e de privilexios para os máis poderosos.
Agardamos a túa presenza neste importante acto onde se farán as presentacións oficiais das candidaturas respectivas ao Congreso e Senado.
Se algún veciño desexa asistir e non conta con medios pode poñerse en contacto con calquer membro do partido socialista da Peroxa, que pasaremos a recollelo no seu domicilio.

Aquí tedes o cartel anunciador do acto:


Perigoso incendio

Cando parecía que un verán máis volvíamos a librarnos da grande lacra dos incencios, onte de madrugada declarabase un importante foco na zona de Mirallos-Casarizas-Gulfar.....que arrasou unha boa extensión no monte, así como fixo perigar unha fábrica de madeira. Orixinouse de madrugada e con varios focos que nos fai pensar na sua autoría intencionada como outros tantos.
Lamentamos e condenamos actuacións deste tipo e agardemos nos se volte a producir no noso concello nin ningún outro, para erradicar dunha vez por todas este perigo que nos ronda cada verán.

A noticia reflexada na prensa no seguinte enlace:

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=948605

Animamos a tódolos veciños a denunciar calquer tipo de acción sospeitosa neste senso.