Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 30 de agosto de 2011

Boletíns semanais de emprego

Pulsando en boletín semanal no seguinte enlace tes acceso as ofertas desta semana en canto a emprego público se refire...

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

En canto as ofertas de emprego privado nesta semana en Ourense atoparalas no seguinte enlace..

http://www.asime.es/empleo/recursos/adjdiarios/712_BIE%2016-08-2011.pdf

Presentación dun interesante libro

Dende este blog recomendamos un libro publicado por un veciño do noso concello, un veciño que merece a pena coñecer, con historias e con sabiduría para unha agradable conversa.

Trátase do escritor, entre outras facetas artísticas, Isauro González Pereira, veciño de Corbelle que presentou o libro "Martina, sólo para Martina".

Unha recomendación literaria interesante e moi entretida.

No seguinte enlace tedes información sobre o mesmo contada por el mesmo nunha recente entrevista...

http://www.laregion.es/noticia/163467/isauro/gonzalez/escritor/ourensano/





miércoles, 24 de agosto de 2011

Festas en Celaguantes.

Este vindeiro sábado 27 a parroquia de Celaguantes celebra as súas festas, con celebración relixiosa e festiva amenizada por unha gran orquestra.

Acude e disfruta das nosas festas ¡¡

martes, 23 de agosto de 2011

Boletíns semanais emprego

No enlace seguinte pulsando en boletín semanal tes acceso as ofertas de emprego público en prazo esta semana....

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Agora no enlace que sigue as ofertas de traballo na provincia de Ourense en vigor esta semana....

http://www.asime.es/empleo/recursos/adjdiarios/712_BIE%2016-08-2011.pdf

viernes, 19 de agosto de 2011

Cursos para titulacións adestradores fútbol e fútbol-sala 2011

Están as bases das convocatorias para os cursos de adestradores 2011 na modalidade de fútbol e fútbol-sala.
Na páxina de Federación Galega de Fútbol no apartado entrenadores, entrando en noticia escola están as bases para todos os niveis (I,II e III) de fútbol e nivel I de fútbol-sala.
Unha boa oportunidade para adentrarse nun mundo apasionante.

No seguinte enlace tedes acceso as convocatoria pinchando nos pdf correspondentes:

http://www.futgal.es/index.php?sec=noticias&del=93

Coma sempre quedamos a vosa disposición para calquer tipo de dúbida ou mesmo para a axuda da tramitación das solicitudes.


miércoles, 17 de agosto de 2011

Boletíns semanais de emprego

Pulsando no enlace seguinte en boletín semanal terás acceso as ofertas de emprego público que están en prazo esta semana:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

No enlace seguinte atoparás as ofertas de emprego público desta semana na provincia de Ourense:

http://www.asime.es/empleo/recursos/adjdiarios/712_BIE%2016-08-2011.pdf

Busca aquí a túa oportunidade ¡¡

martes, 16 de agosto de 2011

Obra de teatro en A Peroxa

Este sábado 20 de Agosto dende as 23:00 no recinto feiral de A Peroxa teremos a ocasión de desfrutar dunha obra de teatro que seguro gustará a todos os que asistamos, onde non faltará o bo humor.....

Obra que leva percorrendo dende xa fai tempo con gran éxito moitas das vilas galegas.

Unha actuación que non deberías perderte ¡¡

Tes máis información no seguinte enlace:

http://www.goon.com.es/

Este é o seu cartel anunciador:


 




Festas en Gueral 2011

O vindeiro domingo 21 celebranse as festas en Gueral coa actuación da orquestra Galaxia xunto con outros actos festivos e relixiosos.
Unha oportunidades de convivencia para os veciños desa parroquia e alrededores.
Ven a disfrutar a Gueral.¡¡

Festas en Besteiros 2011

O vindeiro fin de semana celebraránse en Besteiros o sabado 20 e domingo 21 as súas festas patronais, con actos relixiosos e festivos amenizados por importantes orquestras.
Unha boa oportunidade para a xuntaza dos nosos veciños e veciñas nunha cita festiva.
Disfruta das túas festas ¡¡

ITV vehículos agrícolas

Os vindeiros 5,6 e 7 de setembro pola maña e pola tarde estará no recinto feiral de A Peroxa a unidade móvil da ITV para as oportunas revisións os vehículos agrícolas das persoas interesadas.

jueves, 11 de agosto de 2011

Como adornar unha noticia.....

Hoxe sorprendeunos ver na prensa local unha nova sobre o noso concello que o noso entender falta bastante a realidade.
Admiramos e aplaudimos a labor que fai Aspanas na provincia de Ourense e no centro de A Peroxa, pero para nada estamos de acordo coa noticia que a continuación veredes no seguinte enlace....(supoñemos que a información sería facilitada polo concello):

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/08/11/discapacidad-superar/570608.html

A noticia fala de que na Peroxa os empregados de Aspanas encarganse do mantemento de jardines, parques e areas naturais.....¿?......¡¡

Si é certo, repetimos unha vez máis que fan unha labor excepcional, pero a limpeza centrase máis nas beirarúas e cunetas, así como durante a pasada campaña das municipais para "lavar a cara" e limpar a moita maleza que estaba a invadir os nosos pobos. As instruccions dende o concello foron ben claras, limpeza dos pobos con fins meramente electorais.

Unha vez máis reiteramos o agradecemento a sua labor, pero solicitamos os responsables do concello que non se faga uso desta asociación para outros fins que non sexan os sinalados.

Aproveitamos tamén para solicitar do concello que pasen a ser realidade eses xardins, parques e areas naturais virtuais que empregan para adornar unha nova que non se axusta a realidade.


miércoles, 10 de agosto de 2011

Un capítulo máis da historia interminable....¡¡

No BOP de hoxe mércores 10 de agosto na páxina 2 somos testigos unha vez máis doutro capitulo da historia da nosa famosa "carretera nova". Outro paripé legal que non fai máis que confirmar que as expectativas falsas que creou o noso alcalde en canto a prazos unha vez máis non se van a cumprir.....senón para recordar mirade esta noticia........

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/26/0003_8131557.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Mentira tras mentira van pasando os anos e cada vez buscan un culpable diferente do retraso, pero creemos que tras máis de 20 anos de enganos alguén terá asumir as súas responsabilidades e deixar de enganar os veciños e sobre todo ser honrado o non seguir alimentando unha historia "interminable".....para comenzar pode explicar os veciños porqué a parte do presuposto que aportaba a Deputación parece que comenza a esvaecerse outra vez máis, porqué segue dando prazos irreais cando sabe que a situación está bloqueada nas expropiacións no Concello de Coles debido o pasotismo e a falta de compromiso e de palabra do propio presidente da Deputación......o milagreiro Sr. Baltar que leva anos ríndose de nos.

A nosa opinión sobre esta obra é que unha vez xa resignados polos continuos enganos que fixeron do noso Concello un lugar inaccesible e que truncou o noso futuro e desenrolo, estamos dispostos a afirmar que seguro chegará (a pesares das cambadelas e trabas da Xunta) o AVE a Ourense que a carretera A Peroxa....esta é a nosa reflexión e o tempo dará ou quitará razóns ¡¡

NON MÁIS ENGANOS ¡¡

No seguinte enlace podedes comprobar a publicación antes comentada do listado de expropiacións pendentes:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=179&fecha=20110810

Boletins semanais de emprego

No seguinte enlace pulsando en boletín semanal tes acceso as ofertas de emprego público:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Asimesmo, no enlace que sigue accedes as ofertas de emprego privado na provincia de ourense:

http://www.asime.es/empleo/recursos/adjdiarios/703_BIE%2009-08-2011.pdf

viernes, 5 de agosto de 2011

¿ Somos un concello de primeira ?

Esta semana atopamonos cunha noticia sorprendente na prensa, unha vez máis apelando a hipocresía dos señores do PP, no seguinte enlace mirade a noticia.......

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/08/03/pp-denuncia-milia-cobra-1800-euros-mes-dedicacion-parcial-concello/568230.html

Por suposto que é moi criticable os excesivos soldos que cobran os alcaldes dos nosos pequenos concellos, e sobre todo nesta época de recortes e de falta de cartos para obras básicas, pero o que nos sorprende e que sexan unha vez máis os hipócritas do PP os que denuncien esto cando os seus alcaldes están a hipotecar a economía de moitos concellos dos que gobernan.

Fixemos o azar unha comparativa dos soldos de varios concellos desta nosa provincia que podedes analizar agora.....

Unha vez vistos os datos oficiais e publicados no BOP e analizados lévanos a conclusión de que noticias coma a anterior están fora de todo lugar.

É sorprendente que o noso alcalde cunha dedicación parcial (20h), leve do concello máis de 2.400€, e se aproxime no soldo a dedicacións exclusivas de concellos tan importantes coma San Cibrao das Viñas ou mesmo Allariz, que nos doblan e triplican e poboación.

Por comparar con outra dedicación parcial e denunciable que cobre máis do dobre que por exemplo o seu homónimo e colega de partido no concello de Leiro, un concello cun sector vitivinícola forte e cunha aposta por sectores coma o turismo que nos fan estar a anos luz deles.......

Voltando a noticia que orixinou este analisis pediría os mesmos que fixeron a denuncia que fixeran tamén extensiva esta denuncia o seu colega de A Peroxa......QUE LÁSTIMA QUE SO TEÑAMOS OLLOS PARA VER A PALLA NO OLLO DO VECIÑO ¡¡ BASTA XA DE ENGANOS E DE HIPOCRESÍA ¡¡

Como sabemos que non van a denunciar isto, seremos nos quen o fagamos público e de feito o noso primeiro rechazo xa foi no pleno onde se aprobou pero cos votos negativos dos concelleiros do partido socialista de A Peroxa, por consideralo unha burla os veciños.

Para rematar e contestando a pregunta que pon título o artigo......parece que sí xogamos na primeira división dos concellos se comparamos o abusivo soldo do noso alcalde, que este sí é dos mellores pagados da provincia nun concello que a nivel industria, servizos, infraestructuras, emprego e outras sectores básicos está no furgón de cola provincial....

UNHA NOVA MOSTRA DA AUSTERIDADE QUE PREDICAN ¡¡   (Pura hipocresía)....vai sendo hora de que abramos os ollos e digamos basta, que non sigan ríndose de nos.

jueves, 4 de agosto de 2011

Os traidores tamén entran na historia

Unha nova para recordar, e sobre todo para escoitar a opinión dos veteranos que a viviron en primeira persoa......

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/03/16/0003_8358268.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Duas noticias para a reflexión.

No día de onte atopamos no mesmo xornal duas novas completamente diferenciadas e que poñen en relevancia os dous xeitos tan distintos (por sorte para nos) que teñen de entender e de facer política o PP e o PSOE;

Por un lado unha nova que reflexa outro atentando o noso medio ambiente e a nosa paisaxe, atacada unha e outra vez sen principios e sen escrúpulos, todo isto para ir "preparando" o que será o maior ataque medioambiental a nosa castigada provincia......(incineradora):

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/abre/puerta/construir/plantas/basura/zonas/ecologicas/elpepuespgal/20110803elpgal_3/Tes


Asimesmo atopamos no mesmo día esta outra nova que fai unha vez máis a Galicia destinataria dunha inversión millonaria para mellorar as nosas infraestructuras, inversión que unida a outras moitas do ministerio de Fomento do Goberno de España fará que no futuro poidamos botar un ollo atrás e acordarnos de quen realmente impulsou as grandes obras desta comunidade, sempre ligadas a gobernos socialistas.....o tempo é o mellor xuiz; lástima que hoxe teñamos outras situacións que deixen estas actuacións nun segundo plano, unidas a un goberno galego profesional da manipulación e da mentira.....

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Fomento/costeara/enlace/AP-9/Gaias/elpepuespgal/20110803elpgal_4/Tes

miércoles, 3 de agosto de 2011

Festival Independiente de Os Peares (FIP)

O vindeiro venres 5 e o sábado 6 teremos nos Peares un espectacular evento musical que seguro congregará a moitos aficionados a boa música en 2 estilos musicais importantes.
A partires das 22:00 ambolos dous días poderemos disfrutar dun evento musical exitoso nun paraxe espectacular.
Este e o seu cartel anunciador:


Máis información e noticias no seu Facebook:

http://www.facebook.com/pages/FIP-Festival-Independente-de-Os-Peares/124656030896871?sk=wall#!/pages/FIP-Festival-Independente-de-Os-Peares/124656030896871

Tamén hai outros enlaces dende outras páxinas de relevancia:

http://www.salirdefiestas.com/fiesta/fip-festival-independiente-peares-816.html


Dende este blog so nos queda convidarvos a que vos pasedes polos Peares a disfrutar da boa música e animar a esta organización a que siga  realizando este tipo de eventos que dan a coñecer os nosos lugares a moita xente.

Festa da Virxe das Neves en Graices 2011

Este vindeiro fin de semana celebranse unhas das festas mais senlleiras do noso concello. Serán en Graíces na honra a Virxe das Neves e terán un programa amplo e variado que combinará os actos relixiosos cos festivos e musicais con tres espectaculares orquestras:

Sábado 6:      CHARLESTON
Domingo 7:   JERUSALÉN
Luns 8:          CINEMA

Animamos a todos a participar nunha das festas máis familiares e concurridas do verán.

Atoparedes tamén cumprida información no seu Facebook.

Boas festas ¡¡

Importante para o sector vitivinícola

No DOG de hoxe 03/08/2011 publicaronse as normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de productos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas:

Toda esta información tes acceso no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110803/AnuncioC3H1-280711-4902_gl.pdf

martes, 2 de agosto de 2011

Boletins semanais de emprego

No seguinte enlace pulsando en boletín semanal terás acceso as ofertas de emprego público:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome


No seguinte enlace acceso as ofertas desta semana no sector privado:

http://www.asime.es/empleo/recursos/adjdiarios/698_BIE%2001-08-2011.pdf

Cursos de informática e de inglés.

Está o prazo aberto no concello para anotarse para a realización de 2 cursos que comenzan este fin de semana e se celebrarán no Colexio de A Peroxa.

Un curso será de informática os venres pola tarde e o outro de inglés os sábados pola tarde.

Anótate e participa nestas accións formativas.

lunes, 1 de agosto de 2011

Acordos pleno do 06/07/2011

O pasado 6 de xullo celebrouse o pleno no Concello da Peroxa cos seguintes acordos e as nosas posturas:

1) Creación da Xunta de Goberno Local: abtención por considerar que non é un órgano necesario en Concello de menos de 5000 habitantes e que conleva un gasto prescindible en canto o pagamento das xuntanzas dos seus membros; o pleno é un órgano máis que suficiente para debatir e tomar os acordos pertinentes.
2) Indemnización os membros da corporación por asistencia o pleno, xunta de goberno, comisión de contas, consello escolar: todas elas fixadas en 60€: aprobadas por ser unha cantidade razoable e sobre todo cando xa se tivo rebaixado en ocasións anteriores por petición dos membros da oposición.
3) Asiganación económica de 30€ diarios os concelleiros de Urbanismo e Servizos Sociais: abstención por considerar que non son necesarios nun concello como o noso pola súa pouca carga de traballo e competencias.
4) Soldo do alcalde: 28.979€ anuais por unha dedicación parcial (asistencia de 20h semanais). Voto en contra por parecernos unha cantidade desproporcionada para as funcions dun alcalde dun concello de pouco máis de 2000 habitantes.

Queremos indicar tamén que neste pleno o Sr Alcalde foi preguntado pola situación de emerxencia sanitaria pola cal pasan as nosas fosas sépticas, xa denunciadas en reiteradas ocasións por este grupo e obtivemos a resposta negativa o respecto en canto o seu vaciado e limpiado por falta de presuposto (indicamos neste punto que para engadir outro soldo a outro concelleiro sí hai cartos). Propuxo que para ter un plan de vixiancia e limpeza habitual habería que facelo a través dos costes oportunos para os bolsillos dos veciños.

Algún acordo máis se reflexou neste pleno pero teredes cumprida información en canto teñamos a acta oficial do mesmo.
Este datos que analizamos son os que por obriga legal se publicaron no BOP do 30/07/2011 nas súas páxinas 15-18, que poderedes consultar no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=170&fecha=20110730

Con esta nova iniciamos unha nova categoría neste blog onde vos teremos informados das nosas actuacións e peticións no concello e as respostas do mesmo as demandas veciñais que vaian surxindo, dando así cumprimento a unha das nosas promesas de transparencia e información a veciñanza.
Dende este blog teredes cumplida información das actuacións que acometeremos no control e fiscalización das actuacións do grupo de goberno municipal do PP, así como das nosas propostas e solicitudes para a mellorar do benestar dos nosos veciños e veciñas.

Seguiremos informando.

Unha vez máis reiteramos a nosa disposición para calquer dúbida ou problema que xurda en calquer lugar e a calquer veciño deste noso concello a través dos nosos medios habituais e agora máis personalizados nos 3 representantes no concello: Toño, Rocío e Artemio, así como calquer outro membro da candidatura socialista que estará pendente das necesidades dos veciños.

Interesante artigo

No seguinte enlace podedes ver un interesante artigo que publicou no seu blog Miguel Fidalgo para mostrarnos as miseras actuacións que fai o PP cada vez que toca falar de Ourense en canto a Sanidade:

http://notasdemiguelfidalgo.blogspot.com/2011/07/milagro-en-ourense.html

Non ten desperdicio, esta é a verdadeira cara dos políticos do PP ¡¡