Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 27 de julio de 2011

Boletins semanais de emprego

No seguinte enlace pulsando en boletín semanal teredes acceso o boletín de emprego público:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Neste teredes acceso as ofertas de emprego privadas:

http://www.asime.es/empleo/recursos/adjdiarios/692_BIE%2026-07-2011.pdf

Nula aportación a un interasante proxecto

Lembradesvos cando publicamos a nova de que o noso concello participaba nun plan de rehabilitación de vivendas no rural con múltiples axudas....
Pois ben, tempo despois estes son os tristes datos.....non se fixo nin unha soa actuación, unha vez máis nula colaboración dun concello apático e que para nada se preocupa polos veciños.
No seguinte enlace a esta noticia veredes os tristes datos unha vez máis do noso concello:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/07/27/sector-inmobiliario-insta-concellos-implicarse-rehabilitacion-rural/566253.html

Agardemos que para o proximo proxectos sexamos un concello colaborador e participativo.

martes, 19 de julio de 2011

lunes, 18 de julio de 2011

Festas do Santiago 2011 en Toubes

Este vindeiro fin de semana os veciños e veciñas de Toubes celebrarán as súas festas patronais, con actos relixiosos e festivos con 2 días de celebración e con afamadas orquestas para disfrutar do baile.

Boas festas ¡¡

Admitidos e excluídos praza auxiliar administrativo no Concello da Peroxa

No BOP do luns 11 de xullo publicouse a lista de admitidos e excluídos para o concurso-oposición da praza de auxiliar administrativo do concello de A Peroxa. Podedes vela no seguinte enlace na páxina 12:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=154&fecha=20110711

Asimesmo, informamos que o exame realizarase o vindeiro 4 de outubro as 11:00 no propio concello.

Desexamos sorte a todos os aspirantes o mesmo tempo que pedimos transparencia e igualdade de oportunidades para todos eles.

sábado, 16 de julio de 2011

Festas en Armental

Este fin de semana do 16 de 17 de xullo celebranse en Armental as súas festas patronais, coma sempre cunha mezcla entre o festivo e o relixioso, ademáis de ser data de xuntanza de moitos familiares e amigos que aproveitan o periodo vacacional para voltar visitar a súa terra.
Haberá actuación o sábado e o domingo de dúas afamadas orquestras.

Disfruta das nosas festas ¡¡

viernes, 8 de julio de 2011

Un bonito recordo para os máis nostálxicos

Hoxe inauguramos outra sección interesante no noso blog. Unha sección emotiva e importante para dar a coñecer pouco a pouco a historia dos socialistas na Peroxa.

Coma sempre pedimos a colaboración de todos para completar con artigos e fotos esta importante sección, onde queremos facer participes a todos da historia dunha persoas que loitaron por defender os seus ideais.

Agradecemos todo tipo de información e incluso artigos de opinión e anécdotas que os máis veteráns nos poidan facilitar polos medios habituais.

Para comenzar unha foto da campaña do 87....¡ Que caras de boa xente e de ilusión ¡...Algúns deles todavía hoxe seguen tendo esas mesmas caras de boas persoas, o que si aumentaron co tempo, ademáis dos anos e as canas, foi tamén a ilusión que hoxe seguen para manter as súas ideas e o seu traballo polos veciños.

Se alguén quere algún cartel orixinal todavía conservamos algúns que podedes solicitarnos.


jueves, 7 de julio de 2011

Festas do San Benito en San Xés 2011

Os vindeiros 10 e 11 de xullo celebrarase un ano máis as festas na honra o San Benito, con celebracións relixiosas o día 11 pola mañan e con orquestras importantes para os dous días de celebración.

martes, 5 de julio de 2011

Boletín semanais de emprego

No seguinte enlace tes a información das convocatorias de emprego público desta semana, pulsa en boletin semanal:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop/page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

En canto as ofertas de traballo no seguinte enlace, pulsa en boletin:



http://www.asime.es/empleo/ourense/OfertaEmpregoC.php

Aproveita as oportunidades desta semana.

Festas en Turbisquedo e en Mirallos

Este vindeiro fin de semana celebrarase a festa en Turbisquedo con dous días de festa, o sabado e o domingo, coas suas correspondente orquestras e celebracións relixiosas.

Asimesmo informamos tamén que o vindeiro día 19 se celebrará o San Antón en Miralllos coa festa amenizada pola orquestra Arabia.

Seguiremos informando dentro do noso coñecemento das distintas festas que se celebren no concello, unha vez máis solicitamos a vosa colaboración e informacióno respecto.

A disfrutar das festas ¡¡

Pleno no Concello

Maña mércores dende as 12:00 no salón de plenos do concello terá lugar o pleno da corporación onde se propoñerán e discutirán as areas organizativas e de funcionamento do concello: peridodicidade do pleno, nomeamento dos membros das comisións, SOLDO DO ALCALDE, e indemnizacións por asistencia dos concelleiros......

Asiste e coñece o funcionamento do teu concello ¡¡

Sede electrónica para o concello

Tras unha longa espera, por fin podemos anunciar a chegada das novas tecnoloxía o Concello da Peroxa coa implantación da sede electrónica para a realización de trámites e consultas. Unha actuación demandada xa dende fai moito tempo e que nos mesmos incluimos no noso programa electoral, por entender que é unha necesidade urxente, para evitar esperas e desplazamentos innecesarios.
A pesares de que xa se colocou na páxina do Concello fai un tempo todavía está pouco operativa, agardamos e solicitaremos a pronta posta en funcionamento.
Asimesmo solicitamos dende esta páxina unhas xornadas de formación e información para o seu correcto uso os nosos veciños.

Podedes acceder no seguinte enlace:

http://aperoxa.sedeelectronica.es/info.8

Tamén informamos da existencia dunha instancia xenérica que xa podedes cubrir e entregar nas oficinas do concello para múltiples trámites e tamén para informar de anomalías en moitos temas...botadelle un vistazo ¡¡




No seguinte enlace o BOP na súa páxina 10 atoparedes a normativa que lle da vida e valor a esta sede electrónica:


Agora tan so queda usar e aproveitar as moitas vantaxas das novas tecnoloxías.