Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 31 de mayo de 2011

Convocatoria de axudas para libros de texto

No DOG de hoxe martes 31/05/2011 sae publicada a convocatoria de axudas para libros de texto nos cursos correspondentes.
Información e solicitudes no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-300511-2090_gl.pdf

A esta convocatoria engadimos unha noticia xa coñecida por todas, pero que cada ano que pasa se fai máis relevante.....os continuos recortes da Xunta do Sr. Feijoo nos nosos servizos básicos, esta vez, e van xa moitas novamente na educación......ESTA É A AUSTERIDADE DA QUE PRESUME ¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/05/31/0003_201105G31P5991.htm

Segue coa súa política de "predicar" unha cousa a facer xusto o contrario.

Boletín semanal de emprego público

O boletín desta semana con acceso dende o seguinte enlace e logo pulsando en boletín semanal:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome


Ademáis engadimos aquí tamén a convocatoria da Xunta de Galicia para obter os carnés profesionais en varios sectores.
Botalle un vistazo que é moi interesante ¡¡

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-240511-2077_gl.pdf

jueves, 26 de mayo de 2011

Boletin semanal de Emprego Público

Accede o boletín desta semana pinchando en Boletin Semanal no seguinte enlace.


http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome
 
Esta semana aparecen tamén convocados os procesos selectivos para a oferta de emprego ano 2011.

viernes, 20 de mayo de 2011

Fin de campaña electoral

Hoxe remata a campaña electoral, logo deste 15 días dun traballo constante por todo o concello ofrecendo a todos os veciños a nosa proposta electoral tan só nos queda pedir o teu apoio e o teu voto para un grupo de veciños traballadores, honrados, claros e transparentes que farán do noso concello un lugar mellor para vivir.

VOTA SOCIALISTAS DA PEROXA

VOTA TOÑO GONZÁLEZ.

NON TE ARREPENTIRÁS.



Boletín semanal de emprego público.

Accede o boletín desta semana pinchando en Boletin Semanal no seguinte enlace.


http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Eventos deportivos fin de semana 21 e 22 de Maio de 2011

O único representante do concello que queda en competición oficial disputará o seguinte encontro:

BARBADAS - A PEROXA C.F: Domingo 22 as 18:00 en Barbadas

Derradeiro encontro de liga, onde se despedirá desta bonita categoría.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Eventos deportivos fin de semana 14 e 15 de Maio de 2011

A única actividade deportiva neste fin de semana no concello céntrase no partido da Preferente Autonómica.

A PEROXA C.F. - CAMBADOS: Domingo 15 as 18:00 no campo do Marco.

Derradeiro partido do noso equipo como local nesta difícil tempada, deportivamente frouxa en canto a resultados, pero socialmente e de experiencia altamente positiva onde o nome do noso concello viaxou por parte da xeografía galega, e onde o noso pobo foi visitado por unha gran cantidade de xiareiros de outros equipos. Todos debemos sentirnos orgullosos do traballo destes rapaces que foron felicitados en tódolos campos polo seu exquisito e deportivo comportamento. Competindo con limpeza e con dignidade a pesares da súa complicada situación deportiva.

Aproveita a oportunidade para acompañar o teu equipo e despedir esta espectacular competición no campo do Marco, agardando nun futuro poder voltar con máis experiencia e máis forza.

Gracias a todos polo voso incondicional apoio ¡¡

Boletín semanal de emprego público.

No seguinte enlace pulsando en boletin semanal terás acceso as convoctorias de emprego público para esta semana:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

domingo, 8 de mayo de 2011

MITIN DOS SOCIALISTAS DA PEROXA

O vindeiro martes 17 de maio, día das Letras Galegas, celebraremos un mitín no noso concello dos Socialistas da Peroxa.

Será as 12 da maña, na antigua Sala de Festas da Peroxa.

O remate despediremonos cuns pinchos.

Intervirán neste acto:

Alberto Fidalgo: Deputado no Congreso

Pablo López Vidal: Deputado no Parlamento de Galicia


Antonio González Fiuza: Candidato socialista a alcaldía do concello de A Peroxa.


Acompáñanos neste acto e coñece as propostas da nosa candidatura para unha nova etapa necesaria no concello da Peroxa.

Vémonos na campaña.

martes, 3 de mayo de 2011

Eventos deportivos fin de semana 7 e 8 de Maio de 2011

O único equipo do concello que queda en competición oficial e o da Preferente Autonómica.

PORRIÑO - A PEROXA C.F. : Domingo 8 de maio en Porriño as 17:30

A saída de bus será as 14:45 da Peroxa fronte o Bar O Agro, de Ourense da Avenida de Santiago as 15:15 fronte o restaurante Novo Milenio Llovizna.

Anima o teu equipo ata o final ¡¡

Boletín semanal de emprego público.

No seguinte enlace terás acceso o boletín desta semana, pulsa en Boletïn Semanal e busca a túa mellor convocatoria para un emprego fixo e de futuro:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

lunes, 2 de mayo de 2011

Datos preocupantes de como se gastan os nosos cartos ¡¡

Neste última época falamos moito cos nosos veciños e veciñas e unha das cousas que máis nos chamou a atención é a falta de información e de coñecemento de como funciona e como se xestionan os cartos do noso Concello.

Todavía quedan veciños que pensan que o posto e as funcións do Sr. Alcalde son gratuitas para as nosas arcas, pensaban que o facía "porque lle gustaba". Logo de case 33 anos no "goberno" creemos sinceiramente que o motivo que o levan a non "deixar paso" son maioritariamente económicos, ainda que tamén pode influir que nestes anos todos non foi capaz de rematar un proxecto que leva 25 anos no caixón; un proxecto que promete cada època electoral....a mal chamada "Carretera Nova", e que creo que xa non é motivación senón obsesión, e mentras tanto o concello anclado no pasado, máis de 20 anos esperando unha infraestructura que nos deixe evolucionar en todos os sectores.

Descoñecían que os gastos e movementos de cartos no concello son públicos e visibles, por este motivo realizamos o seguinte estudo:

No seguinte cadro comparativo e imaxenes analizamos a información de como se gastaron os cartos no noso concello nos últimos 5 anos: 2007-2011. (Pulsa nas imaxes se queres ampliar)










Os datos da comparativa son verdadeiramente preocupantes, destacando que canto menos orzamento ten o Concello, lóxicamente menos cartos para obras e servizos, pero o escandaloso e que se aumenten tanto o número (de 6 a 15) como o gasto en persoal (aumento de 54.000€) e tamén aumento do soldo do alcalde (aumento de 200€).

Mención aparte nos merece este apartado do soldo do Sr. Alcalde; tendo en conta que neste 2011 o soldo ascende a 2415, se dividimos esto entre os 22 días hábiles dun mes normal supoñen 110€ día, o que equivale a 550€ por semana. Si consideramos que a súa presenza no concello se limita os martes e a algún xoves de 9 a 2 (5h), supón que cada un deste día sae a 225€ ou o que é o mesmo 45€ por hora de traballo cando a maioría dos traballadores non gañamos eso en todo o día. Aquí faltaría por recoller "outros ingresos", por asistencia a plenos, etc...

Ante estes datos facémonos uhnha pregunta...se a dedicación fose exclusiva, cal sería o seu soldo?
A modo de información indicamos que en concellos veciños como o de Coles (con maior poboación, maior orzamento, máis persoal...) o soldo do alcalde é de 783 € ¡¡

Temos que engadir outro gasto escandaloso para as nosas arcas, pagamos 30€ diarios o noso concelleiro de urbanismo ¡¡ , precisamente unha área que neste concello non é o punto forte da súa xestión....senón comprobade unha noticia de prensa recente onde reflexan que en todo o 2010 non houbo unha licencia de obra nova no nosos concello.


¡¡ DATOS REALMENTE PREOCUPANTES E DESCOÑECIDOS POLA VECIÑANZA ¡¡