Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 29 de abril de 2011

A nosa especialidade: o lixo

Unha vez máis temos que asociar o nome do noso concello o do LIXO, ou residuos como finamente lle chaman algúns.

Novamente unha infraestructura para recoller e "tratar" residuos se vai a instalar no concello, esta vez o lugar elexido novamente é o mal chamado Parque Empresarial (eu chamaríalle parque residual), porque ata o de agora empresas non apareceron por aquí para instalarse, e con este tipo de "veciños no parque", dubido moito que algunha acepte ningunha proposta.

Esta vez a Xunta de Galicia vai facer unha infraestructura anexa a existente para recoller residuos sólidos urbanos e tamén materiais. A inversion é de 200.000€ pagados totalmente pola nosa benquerida Xunta.

Seremos os encargados de recoller e almacenar os residuos recollidos en Coles, Amoeiro, Vilamarin e por suposto A Peroxa.

Nos seguintes enlaces veredes a noticia na prensa local recentemente publicada:

http://www.laregion.es/noticia/148541/pobra/trives/peroxa/melloraran/recollida/

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/31/trives-peroxa-tendran-lugar-gestion-residuos-urbanos/531476.html

A adxudicacion podédela ver na acta do plena da Xunta do 31/03/2011 na páxina 20 deste enlace:

http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=346869&name=DLFE-10911.pdf

Para que vos fagades idea ahi van unha fotos do lugar, algunha dela "curiosa":




Esta é curiosa que indique no mesmo cartel a dirección o mesmo lugar con 2 nomes distintos: Punto Limpo e Parque Empresarial.

Coñeces os teus dereitos e as taxas sobre a recollida do lixo ?

Publicaronse xa fai tempo no BOP do sabado 26/12/2009, na súa páxina 2 e aquí poder comprobar os requisitos do servizo que se ten que prestar, condicións e sobre todo as tasas dependendo das vivendas, dos negocios, etc.

Botalle un ollo no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=295&fecha=20091226

Seguimos coma xa fai moito tempo informando a todos e todas por igual, sen facer ningún tipo de selección nin favoritismos, para que todos os veciños e veciñas da Peroxa estén o corrente de todo tipo de actividades, convocatorias e novidades.
Sentímonos orgullosos do traballo que estamos a facer, pola cal moita xente nos felicita ,porque despois de moitos anos de oscuridade informativa dende concello a información chega a un maior numero de persoas, e tamén "forzamos" a que outros por fin informen para tod@s.

miércoles, 27 de abril de 2011

Actividades deportivas fin de semana 30 de abril e 1 de maio 2011

A actividade deportiva deste fin de semana céntrase únicamente no partido que disputará o noso equipo da Preferente Autonomica, xa que os outros participantes remataron xa as súas competicións.

ATIOS - A PEROXA C.F.: Domingo 1 de maio as 18:00 en Atios (Porriño). A saida do autobús será da Peroxa, fronte o bar O Agro as 15:15 e de Ourense, na avenida de Santiago fronte o restaurante Novo Milenio Llovizna as 15:45.

Animate e ven animar o teu equipo ¡¡

Festa do San Pedro en Casundila

O vindeiro venres 29 de abril celebrarase a enxebre festa do San Pedro en Casundila (San Xes).

Para manter esta antiga tradición haberá procesión con misa o mediodía na igresa de San Xes.

Pola tarde e noite a festa sera no campo da festa de Casundila cunha importante orquestra.

Disfruta das nosas festas ¡¡

Gran aportación económica para unha celebración que perde forza.

Logo de moitos anos agardando por unha celebración que dise a coñecer o noso producto gastronómico estrela aló polo 2007 e contando coa colaboración dos nosos hostaleiros púxose en marcha a Festa da Carne ó Caldeiro da Peroxa.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/08/15/0003_6061438.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Logo dun bo éxito de organización e de participación, no seguinte ano repetiuse a experiencia:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/06/20/0003_6920830.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Tamén se organizaría no 2009 ainda que xa esta edición con menos hostaleiros na organización, ainda que contando tamén con actividades paralelas como a Mostra da Artesanía para promocionar os productos dos artesáns do concello.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/06/01/0003_7755574.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Nesta edición do 2009 e a modo de exemplo indicamos que a aportación económica  a modo de subvencións para a súa organización chego preto dos 5000 € ¡¡ En 2 aportacións, unha para a festa da carne e outra para a mostra da artesanía. Podedes comprobar as aportacións nos enlaces seguintes:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=026&fecha=20100202
(Na páxina 2)

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=192&fecha=20100821
(Na páxina 3)

Logo destas edicións, deste importante apoio económico, con cambios de datas na súa organización........... no ano 2010......, no 2011.....

lunes, 25 de abril de 2011

Praza de Auxiliar Administrativo para o Concello da Peroxa.

Interesante oferta de emprego público a que se ven de convocar para unha praza de Auxiliar Administrativo no noso concello.

A convocatoria "oficial" fíxose no BOE do sabado 23/04/2011 na súa páxina 41266, onde o prazo é de 20 días naturais, polo tanto tedes ata o vindeiro 13 de maio para votar a correspondente instancia.

Neste enlace podedes ver a convocatoria:

http://www.boe.es/boe/dias/2011/04/23/pdfs/BOE-A-2011-7279.pdf

As bases que rexiran esta convocatoria sairon publicadas o 07/04/2011 no BOP, na páxina 17. Aquí tedes o enlace onde vos explica os requisitos e condicións para o acceso a un posto de traballo público e fixo no teu concello:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=079&fecha=20110407

As solicitude dirixiranse o Sr. Alcalde do concello da Peroxa no prazo establecido, indicando os datos completos do solicitante, así como fotocopia compulsada do DNI.

Agardemos que esta oportunidade que se presenta para acceder a un posto de traballo no noso concello , respetando os requisitos legais de igualdade, mérito e capacidade, sirva para darlle a oportunidade a tódolas persoas que poidan estar interesados nesta convocatoria.

Coma sempre quedamos a vosa disposición para calquer dúbida ou consulta.

Boletín semanal de emprego público.

No seguinte enlace pulsando en boletin semanal tes acceso as ofertas de emprego público desta semana:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

miércoles, 20 de abril de 2011

Candidaturas oficiais Municipais 2011 concello A Peroxa.

No BOP de hoxe mércores na súa páxina 47 saen publicadas as candidaturas e os seus compoñentes para o concello de A Peroxa.

Podedelas consultar no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=90&fecha=20110420

Unha vez feitas públicas vamos a dar o noso punto de vista:

En canto a nosa candidatura socialista comentar que as súas características máis salientables  son.....RENOVACIÓN E CONFIANZA NA XUVENTUDE, apoiados e animados por xente veterana e con experiencia.
Os primeiros postos da candidatura están ocupados por xente moza, con forza, gañas, ideas e compromiso por facer do noso concello un lugar mellor, sen ningún tipo de atadura.

A candidatura nacionalista unha vez máis segue a confiar na xente con máis experiencia desta formación e a súa característica principal e a aposta decidida polas mulleres, contando nesta ocasión con oito, con mezcla de veteranía e xuventude.

A gran decepción chega unha vez máis dende as filas do PP, onde a CONTINUIDADE é a súa gran característica, cos "pesos pesados" nas primeiras posicións, dispostos a seguir con esa política caduca e obsoleta. Outra característica é DECEPCIÓN porque por uns intres pensamos que a xente que renovaron (por motivos que non é momento comentar), ía ser sustituida por xente nova, fresca e en postos de relevancia pero vemos que as súas posicións son testimoniais e irrelevantes o ir case todos o final da lista e os postos de suplencia. Comentar tamén que é a formación que menos mulleres inclue na lista, indicando claramente cales son as súas intencións en canto as políticas de igualdade tan necesarias nos tempos que vivimos.

Este é o EQUIPO da Agrupación Municipal Socialista da Peroxa...fixádevos nas súas caras e veredes xente con gañas de traballar, ambiciosa e con aportacións novidosas para facer da Peroxa un concello moderno, con igualdade de oportunidades, transparente e de cara os veciños e veciñas.



martes, 19 de abril de 2011

A nosa preocupación pola INCINERADORA chega o Parlamento.

Seguimos preocupándonos pola probable ubicación do Vertedoiro de Lixo no noso Concello e iso fixo que no Parlamento de Galicia se volvese a preguntar por esta situación, obtendo coma sempre a mesma resposta.....UN SILENCIO PREOCUPANTE, que creemos que se vai romper unha vez pasen as eleccións cando xa sexa tarde para reaccionar.





Nos vindeiros días emprenderemos novas medidas de presión e para esto necesitamos a colaboración de todos os veciños e veciñas da Peroxa para que mostremos o noso rechazo a esta iniciativa perigosa.

Lémbrate:

ALCALDE DO PP = VERTEDOIRO DE LIXO NA PEROXA.

NON O PERMITAS ¡¡



lunes, 18 de abril de 2011

Festas para o fin de semana do 23 e 24 de abril de 2011

Comenzamos agora na primaveira co calendario de festas que se celebrarán no noso Concello.

Este fin de semana celebraránse en Beacán as festas do San Marcos, con festas o sabado 23 e domingo 24 con espectaculares orquestas e actuación estelar dun dos homes do "momento"....Manolito "El Pescador".

Asimesmo, o domingo 24 en Graices tamén haberá celebración festiva e gastronómica cun xantar popular no campo da festa o que poderedes asistir todos a disfrutar dun menu espectacular (necesario encargar previamente).

Boletin semanal de Emprego Público

Acceso no seguinte enlace pulsando en Boletín Semanal:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Programa deportivo para a Semana Santa 2011

A actividade deportiva comenzará o Xoves 21 cun Torneo 3x3 no Polideportivo da Peroxa con premios en metálico para os gañadores.

No que atingue os nosos equipos sinalar que remataron as competicións salvo na Preferente Autonómica:



A PEROXA C.F. - C.D. RIBADUMIA: Domingo 24 as 18:00 no campo do Marco.

jueves, 14 de abril de 2011

Programa deportivo para o fin de semana do 16 e 17 de abril de 2011.

Os partidos a disputar polos nosos equipos son os seguintes:

VERIN - A PEROXA C.F.: Domingo 17 as 18:00 en Verín (saída do autobús da Peroxa fronte o bar O Agro as 15:30 e de Ourense as 16:00 da Avenida de Santiago, fronto o restaurante Novo Milenio).

ATL. PEROXA - TRIVES: Domingo 17 as 17:30 no campo do Marco (último partido de liga, boa ocasión apoiar e felicitar a este novel equipo pola excelente tempada onde quedou as portas dun merecido ascenso)


Non deixes de animar os equipos do noso concello ¡¡

martes, 12 de abril de 2011

5.000 GRACIAS ¡¡

Gracias polas máis de 5.000 páxinas visitadas neste blog no curto periodo de tempo que levamos funcionando.

Gracias a todos e desexamos que a cada un de vos que nos visitastes vos fóramos útiles en algún momento.

Esta é a liña na que vamos a continuar.

Unha forte aperta a todos/as.

Boletín semanal de emprego público.

Acceso o boletín semanal no seguinte enlace (pulsar en boletin semanal):

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Esta semana a maiores deixovos o enlace a unha convocatoria de 9 prazas para bombeiro no Concello de Ourense, que sae publicada no BOE do hoxe martes 12 de abril na súa páxina 37695.

http://www.boe.es/boe/dias/2011/04/12/pdfs/BOE-A-2011-6595.pdf

Unha gran oportunidade de futuro na túa cidade nun momento onde as convocatorias de emprego público están algo escasas.....(excepto na Deputación de Ourense onde hai longas colas hoxe para peticións de prazas para os membros las listas do PP destas próximas municipais, para esa xente que dí que traballa cuns ideais e por e para os seus veciños....JA,JA,JA ¡¡).

lunes, 11 de abril de 2011

Subvención para a xuventude.

No DOG do pasado luns 4 de abril na súa páxina 5988 podedes comprobar a nova aportáción que chega o noso concello para "realizacion de actividades dirixidas a xuventude e para a súa incorporación as novas tecnoloxías".

A achega neste caso é de 5.000€, unha cantidade importante si se emprega eficientemente e coa posibilidade de que chege a todos os interesados, dándolle a publicidade que se merece.

Agardamos por parte do concello impacientemente saber cal vai ser o destino e as actividades que se van a desenrolar con estes cartos.

Podes comprobar a subvención outorgada no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9f4f797e79484d6dc125786500563a1a/$FILE/06600D008P059.PDF

Informate no teu concello das actividades propostas.

Charla informativa interesante para o mercado laboral.

Como xa informamos neste blog o pasado 26 de marzo, onde se facía referencia a convocatoria de recoñocemento de competencias profesionais, agora informamos dunha charlas informativas o respecto sobre o tema "Atención sociosanitario a persoas dependentes no domicilio e en institucións".

Entre outras localidades da provincia teremos unha charla no concello da Peroxa o vindeiro mércores 13 de abril (feira na Peroxa) as 13:00.

Debido a gran demanda de postos neste sector recomendamos as persoas interesadas e que xa esten traballando nesta rama que deberían acudir a escoitar o asesoramento que sexa necesario para obter a titulación oficial.

jueves, 7 de abril de 2011

Eventos deportivos fin de semana 09 e 10 de abril de 2011

Os partidos dos equipos do noso concello para este vindeiro fin de semana son os seguintes:

A PEROXA C.F. - MARIN C.F.: Domingo 10 as 17:30 no campo do Marco.

ATL. VELLE - ATL. PEROXA: Domingo 10 as 17:30 en Velle.

Acude animar os teus equipos ¡¡

miércoles, 6 de abril de 2011

Inscripción para o ximnasio

Segúndo o Bando do Concello da Peroxa (que sorte que ultimamente teñamos tantos bandos e tanta información, cando ata fai ben pouco os avisos so chegaban a uns poucos "privilexiados" e o resto dos veciños estaban no oscurantismo máis absoluto), ábrese o prazo para inscribirse no ximnasio ata o vindeiro 13 de abril.

Pois agora tan só falta que sexa dotado como tal, co seu persoal axeitado para controlar a actividades física sen riscos para a saúde, con actividades periódicas, e cun horario que se adapte as necesidades dos veciños, así como, da apertura dos vestiarios para facer uso das correspondentes duchas.

Con esta nova inversión desexamos de novo e pedimos que realmente se rentabilice a obra, non como outras  millonarias que por non ter a capacidade de xestión suficiente, nen a vontade de facelo dende o concello están nun estado lamentable de deterioro e abandono como o propio polideportivo da Peroxa, con lixo no exterior, as ventás cos cristais rotos, as portas dos vestiarios e baños inutilizados, etc.

Reclamamos polo tanto, que esta obra sexa para fomentar realmente a práctica deportiva a traves, como dixemos antes de diferentes actuacións e actividades e non como case sempre para colgarse as medallas (e máis en época electoral ) dunhas obras millonarias no seu momento e que logo dende o Concello tan só se limitan a abrir e pechar ou en moitos casos a deixarche as chaves sen máis responsabilidade que esa.

martes, 5 de abril de 2011

Exposición pública dos listados do censo electoral municipais 2011

Dende o luns 4 de abril ata o luns 11 de abril están expostos o público para a súa consulta os listados do censo electoral que se usará para as vindeiras eleccións muncipais do 22 de maio.

Podedes comprobar co DNI a correcta inscripción dos vosos datos: nome e apelidos, numero de DNI e data de nacemento.

Se non recibiches no teu domicilio a carta do INE da inscripción censal non te quedes coa dúbida e consulta a túa correcta inscripción para evitarse "sorpresas" no día das eleccións.

A esta noticia temos que engadir outra interesante en canto a adecuación dos locais electorais para que sexan accesibles a persoas con discapacidade.
Os concellos son os responsables de comunicar as Delegacións Provincias das Oficinas do Censo Electoral os locais accesibles a este colectivo de persoas e de non estar adecuados e advertido esto polos concellos a Xunta Electoral adoptará as medidas necesarias.

Un Real Decreto do Goberno que se publicou no BOE do mercores 30/03/2011, onde recoñece estes dereitos no seu reglamento no capitulo II seccion 1ª, artigos 1 e 2.

Podedes acceder no seguinte enlace:

http://www.boe.es/boe/dias/2011/03/30/pdfs/BOE-A-2011-5714.pdf

Esperemos que o noso concello tome as medidas axeitadas e que lle corresponden.

Ofertas de emprego público.

Enlace o boletín semanal...(pulsar en boletín semanal):

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

viernes, 1 de abril de 2011

Por fin ¡¡ Apertura da Gardería Municipal

Logo de moitos anos de espera desesperante, o venres 1 de abril ponse en funcionamento o chamada Punto de Atención a Infancia, ou o que é o mesmo, a Gardería.

A información sobre o acceso e requisitos pódese consultar no Concello.

Un dos requisitos esenciais é que estará dispoñible para nenos entre os 3 meses e os 4 anos.

Agardemos que teña un horario e unhas condicións que se adapten as necesidades dos usuarios, e non os usuarios as necesidades do Concello.

Coñece as condicións e os teus dereitos como usuario no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=246&fecha=20101025

Nas páxinas 25 ata 31