Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 28 de febrero de 2011

SI,SI,SI....A INCINERADORA DE LIXO XA ESTÁ AQUÍ ¡¡

Con esta frase do ámbito deportivo recibimos a mala noticia de que o noso concello ten todas as papeletas para a colocación do VERTEDOIRO DE LIXO que nos quere "regalar" o noso alcalde.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/27/peroxa-convierte-alternativa-limia-ubicar-planta-incineradora/522310.html

A unión veciñal e a oposición frontal dos grupos políticos, incluído a última hora tamén o PP fixo que a opción de Xinzo de Limia se descartara.

http://www.laregion.es/noticia/144728/rechaza/diputacion/ubicar/planta/basura/xinzo/

Logo de tentar "colocar" o LIXO no Ribeiro e na Limia e ante a oposición veciñal, social e política desistiron da súa idea, e serviu para facerlle ver a estos do PP que o futuro da nosa provincia e das nosas xentes non se "compra" cunha oferta duns poucos postos de traballo a cambio de aturar un castigo medioambiental nos vindeiros 50 anos.

Ante estas presións o "xefe" foi rebaixando o tono e agora xa pensa doutro xeito diferente a fai uns días....¿?

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/26/baltar-pumar-asegura-incineradora-ubicara-ourense-rechazan-concellos/522034.html

E ante esta situación de rechazo unánime de toda a provincia sae o "iluminado" do noso alcalde e ofrecese voluntario para recibir o VERTEDOIRO no noso concello...........¿?

A nosa reflexión é moi dubidosa.....¿que oscuros intereses pode ter neste tema para ir a contracorrente de todo o mundo? ¿realmente merece a pena castigar así os seus veciños? ¿cal é realmente a razón deste ofrecemento?.....

Logo de moitos anos de nefasta xestión para o concello (aislándonos por completo do futuro en canto a infraestructuras, industria, turismo, oportunidades para que os xovenes non tiveran que marchar a cidade, etc, etc), facendo unha xestión basada únicamente nos intereses partidistas e de actuacións totalmente clientelares onde todo ten que "pasar pola súa mán"; pretende agora como remate final hipotecar de por vida o futuro destas preciosas terras e xentes traendo algo que nadie quere alegando que o fai por uns míseros 100 ou 150 postos de traballo. Postos de traballo que seguramente traeran en nefastas condicións, cuns riscos para a saúde enormes e que a máis ou menos prazo traerán tristes consecuencias.

O mesmo tempo aproveita o Sr. Alcalde para xustificar coa chegada do VERTEDOIRO un enlace a futura autovía de Lugo que agora mesmo non temos previsto, o igual que tampouco temos nin teremos a futura autovía de Ponferrada por terras de Carracedo.....outro exemplo máis da súa xestión.

E falando de infraestructuras, non podía deixar de nomear a súa grande aportación a CARRETERA NOVA DENDE VILARCHAO ATA A PEROXA; toda unha vida política con este tema e cun único resultado a día de hoxe: carteis de inicio de obras un ano tras outro e colocación de sinais de madeira pintadas de roxo.... ¿para qué? ¿para seguir enganando a quén?

O final farase a carretera no século XXI cun proxexto caduco do século pasado.....¿e esto o que merecemos?.

Para rematar e voltando o tema que nos ocupa hoxe, recordar os veciños e veciñas da Peroxa e tamén dos concellos limítrofes que non podemos facer oídos xordos nin quedar de brazos cruzados o castigo que se nos ven enriba.

Chegou o momento de movilizarse, dende a nosa forza política faremos o que humanamente sexa necesario pero necesitamos a vosa colaboración para para esto.

Unha vez máis temos que decir ben clariño........


                                  VERTEDOIRO DE LIXO NA PEROXA NON ¡¡

Interesantes convocatorias.

Informovos de 3 interesantes convocatorias recentes:

A primeira saiu no DOG do venres 25/02/2011 na sua páxina 3154 e que se refire a axudas para a rehabilitación de vivendas:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e5c3433c9fa6f1a2c12578410054ebea/$FILE/03900D014P038.PDF

A segunda e na mesma publicación pero na páxina 3164 refirese a axudas para compra de vivenda:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e5c3433c9fa6f1a2c12578410054ebea/$FILE/03900D016P048.PDF

E a terceira e cambiando de tema, tratase de unha convocatoria para axudas individuais para a promoción da autornomía persoal e accesibilidade, ou o que é o mesmo, axudas para merca de instrumentos ou para obras  encamiñadas a mellora da mobilidade das persoas afectadas.
Esta publicada no DOG do luns 28/02/2011 na paxina 3276.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9fe12b8ac40b2c9dc1257842004c5aee/$FILE/04000D005P031.PDF


Unha vez máis ofrecemos a nosa colaboración para información ou tramitación destas ou de outras axudas convocadas por calquer administración.

Neste punto "agradecer" o concello da Peroxa, non sabemos se por iniciativa propia, ou por sentirse "presionado" porque dende un lugar tan humilde coma este blog se publiciten axudas que podan ter dereito os nosos veciños e veciñas, decidiran comunicar neste caso a axuda por fillos menores de 3 anos as persoas afectadas.
Tamén é destacable que logo dun montón de anos sen publicidade de ningún tipo das múltiples convocatorias e axudas, por fin, nas últimas datas se fagan chegar os nosos pobos a través dos "bandos" a publicidade dos DEREITOS da ciudadanía.


Seguindo co tema de convocatorias, e dado o interés de moita xente polo emprego público ( de feito o anuncio sobre a praza para o xulgado do noso concello que aquí publicitamos bateu recórds de visitas no blog chegando ata as 77 ¡¡), a partires desta semana e tentaremos que sexan todas vamos a poñervos un enlace directo a un boletín semanal que saca o Goberno de España coas convocatorias públicas de todo o país onde podedes consultar por titulación, por Comunidade Autónoma, etc.


http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Tan so tedes que pulsar en boletín semanal

viernes, 25 de febrero de 2011

Dúas novas preocupantes.

Para rematar esta semana e continuando coas noticias que centraron a nosa información, deixovos dous artigos interesantes que merece a pena leades, non teñen desperdicio.

O primeiro fala de como "recicla" Sogama; esto é o que se non ven enriba co vertedoiro do LIXO para a Peroxa:

http://www.xornal.com/artigo/2011/02/24/galicia/sogama-queima-enterra-plasticos-latas-debe-reciclar/2011022423562700174.html

A seguinte é sobre o "escandalo" Baltar e a sua politica de persoal, onde o Sr. Feijoo por fin nos deu a súa "opinión" o respecto: .........PASA TOTALMENTE DO TEMA ¡¡

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Feijoo/politica/personal/Baltar/Ahora/voy/Xinzo/Celanova/elpepuespgal/20110225elpgal_6/Tes

Esto é realmente o que nos merecemos ?

Axudas para a compra de vivendas 2011

No DOG do venres 25/02/2011 na sua paxina 3164 aparece a convocatoria para axuda a compra de vivendas, o prazo sera de un mes e os requisitos veñen especificados na propia convocatoria.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e5c3433c9fa6f1a2c12578410054ebea/$FILE/03900D016P048.PDF

Unha vez máis estamos a vosa disposición para calquer duda sobre a tramitación desta subvención.

Eventos deportivos fin de semana 26 e 27 de febreiro de 2011.

Os partidos dos equipos do noso concello para este fin de semana son os seguintes:

A PEROXA CF - CD PONTELLAS: Domingo 27 as 17:00 no campo do Marco

SALAMONDE - ATL. PEROXA: Domingo 27 as 16:30 en Salamonde

CONCELLO DE COLES - OS PEARES: Sábado 26 as 21:00 no pabellón de Coles


Ven e anima os teus equipos ¡¡

Outro risco para a nosa saude ¡¡

Por si xa tiñamos pouco co LIXO agora resulta que os gobernantes do noso concello non son capaces nin de ofrecernos garantías saudables no consumo da auga.

A imcompetencia desta xente non ten limites, non cumpren nin coas máis básicas normas para garantir os analisis regulamentarios para o abastecemento de auga a poboación. A cousa é moi preocupante cando se está a falar de cuestións de SANIDADE.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/24/sanidade-investiga-cinco-concellos-ourense-incumplir-normativa-abastecimiento/521386.html

Logo queren asumir a "irresponsabilidade" de traer un vertedoiro de basura para o concello cando non son capaces de cumprir con trámites básicos para a protección da saúde dos veciños.

LAMENTABLE A SÚA XESTIÓN ¡¡


Para continuar (por desgracia) con esta negativa nova para a nosa saude, e logo da nefasta xestión exercida polo concello da Peroxa, onde acaparamos sempre titulares de prensa por novas desagradables coma esta, añadimos o seguinte:

Na prensa galego do 1 de marzo de 2011 volvemos a facer o ridículo fora das nosas terras cunhas manifestacións do noso Alcalde onde xustifica as súas neglixencias con desculpas que son pouco creíbles, de feito así o trata a prensa, coma un "pitorreo".

É capaz de afirmar que os problemas de saude que teñen as nosas augas por falta de controis son desculpables porque "un fontanero da zona" se esqueceu de enviar mostras da auga para o analise.......VAIA RESPOSTA ¡¡

Mentras os outros concellos afectados asumen responsabilidades e dan pasos para mellorar a situación aquí botamoslle a culpa a "outros", con declaracións que son mofa de todo o mundo.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/01/o-irixo-calvos-porqueira-pontedeva-admiten-problemas-abastecimiento/522783.html

ESTA É A XENTE QUE GOBERNA O NOSO FUTURO.

miércoles, 23 de febrero de 2011

A sombra da mala noticia para A Peroxa hoxe é máis escura ¡¡

Un novo sobresalto o vivido hoxe tras ver os titulares da prensa local. Trala visita de onte do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta recolle a prensa a noticia de que Xinzo, debido o apoio político, social e da veciñanza non será a sede do LIXO de Galicia a través da incineradora.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/23/0003_201102O23C5992.htm?idioma=galego

Unha vez declarado esto, supoñemos que, tristemente para nós, a segunda opción que barallaban pasará a ter todavía máis forza e máis posibilidades. E decir, que tentarán "colocala" na Peroxa.

Ademáis temos na nosa contra de que o noso ALCALDE ofreceuse voluntario a recibila para envenenar as nosas terras coa triste desculpa duns postos de traballo a costa da saúde e futuro dos nosos veciños e territorios.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/23/xunta-muestra-preferencia-ubicar-ourense-planta-incineradora-sur-galicia/521003.html

Pero si a noticia en sí é preocupante, todavía é máis o escurantismo e a falta de transparencia con que están a levar o tema. Seguramente o lugar da súa ubicación xa esté decidido a estas alturas, pero a súa política de enganos e mentiras os veciños non ten límite e din que non a farán pública ata pasar as eleccións municipais.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/anunciara/nueva/Sogama/elecciones/elpepuespgal/20110223elpgal_8/Tes

Queren tirar a pedra e esconder a man. Non son valentes nin queren dar a cara ante os veciños. Unha vez máis demostrase que o único que pretenden e seguir no poder a costa do que sexa, ainda que se leven por diante a saúde dos seus.

XA COÑECES AS SÚAS INTENCIÓNS; AGORA DECIDES TÍ O FUTURO DO TEU POBO ¡¡

           UN ALCALDE DO PP =VERTEDOIRO DE LIXO
                                     PARA A PEROXA




                                   NON O PERMITAS, ESTÁ NAS TÚAS MÁNS ¡¡

martes, 22 de febrero de 2011

Oferta de emprego para o concello da Peroxa

O titular da noticia é esperanzador para moitos veciños e veciñas, pero coma sempre se lemos a "letra pequena" deducimos que unha vez máis é un requisito legal que hai que pasar para a concesión dunha praza no Xulgado de Paz do noso concello a persoas moi concretas.

Entre os requisitos ou méritos que se piden está un moi particular e totalmente excluínte: "desempeño da secretaría do Xulgado de Paz do Concello da Peroxa....e se acredite un tempo de desempeño superior os cinco anos e que non exceda de seis"....¿?

E digo eu....

Elogo se traballache máis de 6 xa non valería? supoño que tería demasiada experiencia?
e se é menos de 5? tería pouca experiencia?

En fin, o que hai que ver ¡¡

Aínda que poucas experanzas nos deixan, se alguén cumpre eses requisitos aquí lle deixo o enlace o BOP do martes 22/02/2011 onde na súa páxina 19 atoparedes a convocatoria completa.

Atención o prazo ¡¡ so tedes para botar a solicitude ata o sábado.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=43&fecha=20110222

Este punto da convocatoria poderíamolo relacionar co artigo anterior que publiquei neste blog onde falaba do tema dos procesos selectivos que fai o PP. Se o lestes veríades que un dos puntos que a Xunta reclama nas oposición no concello de Allariz e o tema de que só puntúan servizos prestados nese concello.....que hipocresìa, botadelle un ollo a calquer oposición convocada pola Deputación ou outro concello con políticas semellantes do PP e veredes que é un "mérito" que indican en todas.

Un novo exemplo da política hipócrita do PP e do Sr. Feijoo

Hoxe nos diferentes xornais atopámonos novamente con infinidade de noticias sobre a política caciquil e de enchufismo dos membros do PP. Algo que por desgracia para nos xa non é novidade.

Poderíamos poñer moitas e moi variadas, con diferentes aspirantes a prazas na Deputación de Ourense, que polo visto pelexan entre sí haber cal deles lle toca primeiro.

Solo lembrar que para a composición das listas dos diferentes concellos para o PP é a petición máis de moda. Os ideais e o traballo polos veciños non aparecen nin por asomo en ningún candidato, tan só tratan de posicionarse ben para acadar salvar o seu cú, sin ningunha ambición nin ilusión polo traballo no seu pobo ou concello.

Eu hoxe decateime especialmente de dúas novas onde se reflexa a súa hipocresía, e coma sempre coa parella de moda polo medio: Baltar & Feijoo.

A primeira refírese a unha nova onde se indica que un dos membros do tribunal dunha oposición da Deputación de Ourense retírase do tribunal para non "examinar" a súa filla que é opositora. Ainda quererá unha medalla o mérito o tío, será caradura ¡¡

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/asesor/juridico/Baltar/renuncia/estar/tribunal/oposicion/hija/elpepuespgal/20110222elpgal_7/Tes

Esto como xa vos decatastes, por desgracia, xa non é noticia. Pero o caso e que no mesmo artigo o Sr. Feijoo preguntado por estes "procesos selectivos" da Deputación dí non estar o corrente de ningunha anomalía, e se as houbese non pertencen a súa administración, polo tanto será a propia Deputación quen debe responder das acusacións.

Ata este momento pois podería estar de acordo se non fose que o único que fixo foi botar o morto a outro e mirar para outro lado (por certo, como fai a diario cos problemas dos galegos).

Xustamente no mesmo día aparece no "seu xornal"  outra nova onde di que a Xunta investiga "anomalías" nunhas oposicións no concello de Allariz.......¿?

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/22/0003_201102G22P7991.htm?idioma=galego

Tedes que perdoarme a expresión pero é que non podía aguantar.......

TEN COLLÓNS O TEMA ¡¡

Resulta que según as palabra anteriores de Feijoo agora Allariz é parte da Xunta, por eso investiga as anomalías.

Eu creo que esta hipocresía non os pode levar a ningún lugar.

SEÑORES BALTAR, FEIJOO E MEMBROS DO PP.......FORA DAS INSTITUCIÓNS ¡¡

Xa esta ben de rirse dos veciños e de pisotear unha e outra vez os nosos dereitos ¡¡

lunes, 21 de febrero de 2011

Asociacións no concello da Peroxa

Hoxe por fin, logo dun estudio real e actualizado da situación, vou a poñervos aquí unha información que é moi preguntada por veciños da varias zonas do concello. Moita xente se pregunta pola existencia e polo funcionamento dos diferentes tipos de asociacións.

 Pois ben, para a información sobre o descoñecemento de gran parte da maioría da nosa población informareivos que agora mesmo no concello da Peroxa temos a redor de 30 asociacións de moi diversas índoles, que foron creadas dende o 1987 a máis antiga ata o 2010 a máis recente.

¿Cantas destas coñecedes? ¿ Sabedes a onde tedes que acudir para formar parte delas? ¿Cal é o seu fin?.....

Moitas destas preguntas fanse os nosos veciños.

Moitas foron creadas soamente para recibir subvencións que logo foron administradas dun xeito polo menos "sospeitoso", cunha directiva e membros "virtuais".

Gran número delas foron creadas e "dirixidas" dende o concello

Destas 30 a día de hoxe funcionando e con actividades podemos entender que non chegan a 10, sendo das máis activas a Asociación de Veciños de Armental, a de Mulleres Rurais O Rial, a asociación cultural Camiño do Rial (ubicada no colexio Blanco Torres da Peroxa), e pouco máis.
 
Divididas por sectores temos as seguintes:
 
                                                            11 asociacións de veciños
 
O Castro (Peroxa), Chambariceira (Peares), San Martin (Gueral), Amparo (Carracedo), Xuntanza (Mirallos), San Marcos (Beacán), San Vicente (Graices), San Salvador (Armental), Toubes, Graices, San Ciprián.
 
                                                            3 asociacións de mulleres
 
Mulleres Rurais O Rial (Peroxa), O Reboredo (Casundila), Pueblos Unidos (Beacán).
 
                                                                    1 de gandeiros
 
Asociación de Labregos e Gandeiros a Saude (Mirallos).
 
                                                                          8 culturais
 
Airiña (Besteiros), Prada Chamochin (Peares), Gramalleira (Toubes), Padroado (Peares), Festas de Corbelle, Festas de Graices, Camiño do Rial (colexio da Peroxa), Carrileiros (Peares).
 
                                                                       3 deportivas
 
Club Fluvial Tres Pontes (Peares), A Peroxa Club de Futbol, Peña Madridista ( Peroxa).
 
                                                                         3 xuvenís
 
O Castelo (Peroxa), Santiago de Carracedo, Amigos Camiño de Santiago (Peroxa).
 
 
Realmento a moitos sorprenderalle esta variedade e máis ainda a falta de actividade e de funcionamento público.
 
Estes datos son públicos e pódense consultar no seguinte enlace:
 
http://www.xunta.es/rexistros/RexistroRAS.htm
 
Periódicamente algunhas reciben subvencións públicas para actividades diversas, nuns casos máis xustificadas que noutros, todo dependendo de quen a "dirixa". 

 O exemplo máis recente son estas subvencións para actividades musicais a asociación Camiño do Rial, na que o mesmo tempo e por actividades similares tamén recibe cartos o noso concello. Mirade a publicación do BOP do 9 de febreiro de 2011 nas súas páxinas 61 (nº56) e 63 (nº24).
 
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=32&fecha=20110209
 
Dende o noso partido como e coñecido por todos, temos como idea principal e como instrumento da participación de tódolos veciños e veciñas o fomento e cobertura deste tipo de asociacións, pero dende a total publicidade e sobre todo con total TRANSPARENCIA das suas actuacións.
 
Agora que coñeces un pouco a situación, reclamade os vosos dereitos e preguntade en que se empregan os cartos públicos dos noso impostos.
 
 
 
 

viernes, 18 de febrero de 2011

Nova subvención concecida o concello da Peroxa

No BOP do luns 31 de xaneiro de 2011 na súa paxina 2 indica a concesión o noso concello dunha subvención de 10.000€ para os gastos da celebración do Campionato Nacional de Enduro 2010. Unha cantidade realmente importante para un deporte considerado minoritario ainda que con varios practicantes no noso contorno.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=24&fecha=20110131

Esta tempada os membros do Moto Clube A Peroxa parecían dispostos novamente a dar un paso máis e organizar unha proba do Europeo, pero esta vez e como xa fixeran anteriormente, o lugar elexido era o concello de Nogueira, pero as malas noticias chegaron esta semana cunha nova da prensa que cancelaba esta cita por falta de presuposto nas arcas municipais ou provinciais.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/17/0003_201102O17C14991.htm?idioma=galego

En fin, unha lástima que sempre se recorte en actividades sociais, deportivas ou de lecer. Aquí sempre chegan os recortes e as queixas de falta de presuposto, pero para o seu uso partidista e sobre todo nestas datas electorais hai sempre cartos......VERGONZOSO E HUMILLANTE ¡¡ EMPREGO DOS CARTOS PÚBLICOS PARA FINS ELECTORAIS DO PP = CACIQUISMO, BASTA XA ¡¡

Refirome a este tipo de actuacións:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/03/0003_201102G3P10991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

E estas barbaridades do Sr. Baltar co beneplácito do Sr. Feijoo que se lle enchía  boca con palabras endulzantes para os oidos cando chegou o goberno e que hoxe esta a seguir a liña dos seus "baróns"....qué lástima ¡¡

Non deixedes de leer este interesante artigo para ver que decía Feijoo o chegar o goberno e o que dí e fai hoxe....puro cinismo e hipocresía ¡¡

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/caciquismo/acaba/dia/elpepiautgal/20110208elpgal_3/Tes

miércoles, 16 de febrero de 2011

Eventos deportivos fin de semana 19 e 20 de Febreiro de 2011

Os partidos que van disputar os equipos do noso concello son os seguintes:

CELTIGA - A PEROXA: Domingo 20 as 16:45 na Illa de Arousa (saida do Bus da Peroxa as 12:45 fronte o bar O Agro e as 13:15 de Ourense da avenida de Santiago fronte o restaurante Novo Milenio).

LODAIRO - ATL. PEROXA: Domingo 20 as 16:30 en Carballeda de Avia.

OS PEARES - CONSTRUCCIONES M. COSTA: Sábado 19 as 18:00 no polideportivo de Oira.


Acude animar os teus equipos ¡¡

Diferentes xeitos de entender a política

Nestas datas están moi de moda as discusións e opinións sobre os soldos dos nosos políticos (na miña opinión totalmente desproporcionados en moitos casos, pero tamén noutros sectores como a banca, os promotores inmobiliarios, etc...). Pois ben, vou a darvos unha serie de noticias recentes para que comparedes os diferentes xeitos que teñen de entender a política os dous grandes partidos: PP e PSOE

Primeiramente aquí podedes leer a postura dos socialistas:

http://www.20minutos.es/noticia/957908/0/sueldo/alcaldes/poblacion/

Refrendada con actos e iniciativas como a seguinte:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/12/0003_201102G12P11991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Con respecto a notica anterior manifestamos dende o Grupo Municipal Socialista da Peroxa, que como non, o noso candidato xa fixo a súa correspondente declaración de bens.

Ademais de varias publicacións públicas das nóminas de algún dos deputados do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego.

Agora tedes a outra versión:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/08/0003_201102G8P9991.htm?idioma=galego

Algo terán que ocultar, de feito, non hai máis que ver a diario as novas que saen sobre a corrupción, nunha grande maioría sempre están nas filas do PP

Como indicamos na páxina principal deste blog, sempre estaremos apoiando a frase: " Eu prefiro un político que meta a pata a un que meta a man"


Túa e a  decisión de elexir a quen queres que administre o patrimonio do teu concello ¡¡

martes, 15 de febrero de 2011

Prestación económica para fillos e fillas menores de 3 anos.

No DOG de hoxe 15/02/2011 na súa páxina 2575 saiu a convocatoria para o pago único para fillos e fillas menores de 3 anos. Esta prestación pódese solicitar en tres anualidades correspondentes os 3 primeiros anos dos nosos fillos. Os requisitos son moi sinxelos e a tramitación tamén. A contía é de 360€ que nos ingresarán aló por finais de ano seguramente. Bótadelle un ollo no enlace seguinte onde tamén atoparedes o formulario para entregar nos rexistros da Xunta de Galicia en Ourense:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/d92fa86e062bfd6cc125783700553d2d/$FILE/03100D009P039.PDF

Como en anteriores convocatorias recordade que podedes consultar calquer dúbida ou solicitar colaboración para a súa tramitación. Quedamos a vosa disposición no enderezo electrónico: socialistasdaperoxa@gmail.com ou tamén persoal ou telefónicamente.

viernes, 11 de febrero de 2011

Eventos deportivos fin de semana 12 e 13 de Febreiro de 2011

Os partidos que van disputar os equipos do noso concello son os seguintes:

A PEROXA C.F - CRUCEIRO DE HÍO: Domingo 13 as 16:30 no campo do Marco.

ATL. PEROXA - CASTRELO DE MIÑO: Domingo 13 as 11:30 no campo do Marco.

PRIMORDIAL F.S. - OS PEARES F.S: Sábado 12 as 18:00 no pabellón de Coles.


Non deixes de animar os teus equipos ¡¡

miércoles, 9 de febrero de 2011

Historia dunha gran mentira ¡¡

O titulo do artigo xa o di todo....

Refírome o gran engano do PP co tema do VERTEDOIRO DE LIXO que valora "colocar" no noso concello, concretamente no límite coa provincia de Lugo, no Gulfar, tralo ofrecemento do alcalde da Peroxa.

Pretender traer lixo e basura vendendo un faraónico proxecto de "reciclaxe moderno" irreal totalmente. A concesión sería por 50 anos a unha empresa privada (recordemos os problemas de Sogama sendo pública...), co que eso conlevaría; canto máis lixo queime (que eso e o que vai facer), máis cartos gaña.

Como vos puxen en algún outro artigo, esto levaría consigo uns altos índices de contaminación no aire, nas terras e nos ríos. Cabe recordar que o noso concello abastécese nun 90% de captación de auga de ríos.

O "caramelo" dos 500 postos de traballo que ofrecen (que días despois o noso alcalde xa cifrou en 150) non son reais, tan só vos indico que nas 10 incineradoras de España hai tan só 568 persoas traballando.

A superficie mínima necesaria para esta instalación sería ó redor de 600.000m2.

Os danos serían irreparables e o futuro das nosas terras e xentes quedaría envenenado por moitos anos.

No concello carecemos de infraestructuras adecuadas a este tipo de instalacións, entre outras cousas pola terrible neglixencia política dos nosos gobernantes municipais que en todos estes anos non foron capaces de traer unha vía de acceso o noso concello digna para os tempos que corren. Este problema apreciase en que non hai unha sóa industria que veña para o noso territorio, e agora, inda poriba se nos colocan este VERTEDOIRO......que empresa credes que viría instalarse aquí ?? Reflexionade sobre o tema.

Acompaño outro artigo de opinión dos veciños do Ribeiro onde fan cronoloxía desta gran mentira. Poño o texto íntegro que podedes ver no seu blog (con acceso dende os enlaces da columna da esquerda):
http://www.incineranon.wordpress.com/

Resume…o camiño da Xunta para facer a Incineradora


Na primaveira de 2010 A Xunta acorda a aprobación INICIAL do Plan de Residuos Urbanos de Galicia que modifica o anterior introducindo a construcción dunha Incineradora no Sur, como aportación do PP á xestión dos Residuos, mediante concesión por 50 anos a unha empresa privada.


O 12 de Xaneiro de 2011 o Consello da XUNTA aproba DEFINITIVAMENTE o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020, no que se prevé o chamado Complexo de Tratamento de Residuos Urbanos do Sur que terá a Incineradora que queimará 290.000 Tm ano das 310.000 Tm que vai tratar, cun presuposto de construcción de 244 Millons de euros (datos da Xunta, ollo)


Pero no medio sucede algo sorprendente:


O DOG de 28 de Decembro de 2010 publica a Resolución de adjudicación de Parques Eólicos, no que se concede a ESTELA EOLICA 186 MW e de propina se lle adjudica a actuación “Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos con xeneración termoeléctrica de 50 MW.


ALGUNHAS REFLEXIÓNS:


-Feijoo e o P.P. na oposición fixeron unha dura campaña ,identificando reciclaxe con basura, contra o proxecto de construir un parque empresarial e tecnológico da Reciclaxe. Interrompiron actos institucionais, inauguracions,mitins . Encheron de pintadas e pancartas os pobos do Ribeiro.


O chegar ó goberno da Xunta paralizaron ese parque de empresas de reciclaxe para non contaminar.


Agora FEIJOO e o PP acordan traer toda a basura do Sur de Galicia (no futuro cecais toda) e facer unha Incineradora para QUEIMALA.


-Non fan nin PROXECTO no que se defina a instalación,tecnoloxía a usar …Nin se dí UBICACIÓN da mesma. Nin se fai ESTUDOS DE IMPACTO AMBIENTAL do entorno.Nin exposición pública.Nin nada de nada.


-Non se fai Concurso para que outras empresas podan presentarse. O dedo de Feijoo decide que sean empresarios de Castela-León os beneficiarios neste negocio para Queimar o lixo do Sur de Galicia durante 50 anos para producir electricidade.


-No medio destes feitos aparece o “torero” Baltar decindo un día onde non vai ser, outro que se saberá despois das Eleccions Municipais para non perjudicar ós seus candidatos,outro día que hai varios alcaldes que lle ofreceron o seu concello, outro día dí que será noutro concello doutras comarcas…agora anda repartindo a merda por toda a provincia…


Pero a pregunta é ¿qué fai o presidente da Deputación (tutor presidente do PP na provincia) xestionando os solares para unha empresa particular beneficiaria dunha adjudicación a dedo ,competencia da Xunta?


-O PP en lugar de axudar a que veñan industrias de futuro (como o reciclaxe) ou outras (Mitsubishi…) pretende unha instalación que ninguén quere. Pretende traer a nosa provincia algo que as zonas máis productoras de lixo e ricas non queren.


-O PP promove a INCINERACION, sistema que xa está prohibido en moitas Comunidades Autónomas e Rexións de Europa. Un sistema que queima indiscriminadamente os residuos . Sen ter en conta que a maioría pode ser tratado para obter compost (compostaxe).Que se o resto se debe separar para reciclar…


O PP encargalle a unha empresa que o meta todo no forno para obter electricidade.


A incineradora provocará EMISIÓNS que dañan o entorno nun radio de acción importante. Xenera verquidos e contaminación nas terras , nas augas,no ar.


-Por elo hai que esixir que se PARALICE a construcción do Complexo de Residuos e Incineradora do Sur, tal como se pedía nas ALEGACIONS formuladas ó Plan de Residuos e que nin xiquera se contestaron nin tiñeron en conta.


Que non se faga EN NINGÚN LUGAR.


-Que se deixe de andar xogando coas Comarcas da Provincia,creando inquietude en moitos concellos,que só provocan tensións innecesarias. A Provincia non quere esta instalación.


-Hai que lembrarlle ós Veciños ,que ante a actitude do PP de non dar a coñecer a Ubicación que tén decidida, se propoña unha ACTITUDE ACTIVA ante o PARTIDO POPULAR nos Concellos candidatos a esta Instalación.


-Os riscos de que se instale a Incineradora nun Concello non afecta só a eses veciños senon a toda a Comarca e ás Comarcas Veciñas. Por elo debe terse en conta que os veciños que apoien ou calen nesta situación no seu Concello tamén perjudican e afectan ós veciños dos concellos próximos.


-Por elo só podemos admitir que o Presidente Feijóo e o Partido Popular ANUNCIEN de forma INMEDIATA a ANULACIÓN do proxecto do Complexo de Basura e Incineradora do Sur, e que en todo caso aseguren que non se fará ( en NINGUNA COMARCA,e menos na nosa).

Se alguén todavía non coñece o significado de INCINERADORA, hai van un par de enlaces ilustrativos:

http://www.lareserva.com/home/incineracion_residuos_consecuencias_medio_ambiente

http://es.wikipedia.org/wiki/Incineradora_de_residuos_s%C3%B3lidos_org%C3%A1nicos

A pesares de levar uns días fora dos titulares de prensa sobre esta noticia, advertirvos que algo se está "cocendo" e non estamos descartados como nos pretenden vender os medios locais, pódense estar tomando decisións importantes para o noso concello e coma sempre de espaldas os veciños.
Falando de prensa, non deixedes de leer este artigo onde literalmente se chama "monicreque" o noso alcalde. ¡¡ Esta é a opinión que teñen del fóra das nosas terras ¡¡

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/05/portada-ourense-psoe-pedira-parlamento-hernandez-aclare-ubicara-incineradora/515690.html

Para rematar coa prensa, un artigo interesante....

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/08/0003_201102O8C10993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Para rematar unha nota de prensa do PSOE de Ourense onde manifesta a súa postura ao respecto:

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6861

E seguimos ocupándonos e preocuándonos polo futuro das nosas xentes e terras; a través do PSdeG-PSOE e co apoio do Grupo Municipal Solicialista da Peroxa levamos o Parlamento o nome do noso pobo para preguntar e que nos digan XA ¡¡ dunha vez por todas onde e a quen van ENVENENAR o futuro.

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6924

Valentía e transparencia señores do PP ¡¡

E como punto final, a opinión e o desexo de moitos veciños e veciñas da Peroxa, que coincide plenamente coa do Grupo Municipal Socialista da Peroxa:


                                            POSTOS DE TRABALLO SI ¡¡


                                          
                             VERTEDOIRO DE LIXO NON ¡¡

lunes, 7 de febrero de 2011

IMAXES PARA A REFLEXIÓN ¡¡

Ainda estamos a tempo de reaccionar e rexeitar un futuro arruinado para as nosas xentes e terras....

                                               A elección dese futuro depende de tí ¡¡

Esto é o que hoxe temos......


 

Paisaxes verdes e puros.



                Regatos tranquilos e transparentes.






Esto é o que o noso alcalde nos quere "regalar" por 50 anos.....

Imaxes do entorno da outra INCINERADORA galega: SOGAMA


 

 LIXO

 
                                       TOXICIDADE



DESTRUCCIÓN

Temos que parar esto...o Ribeiro rexeitouna unánimemente, a Limia movilízase para evitar un atentado mediambiental.....e nos na Peroxa que imos facer....quedar de brazos cruzados mentras o PP coa complicidade do Sr. Feijoo, Sr. Baltar e o noso alcalde nos arruinan as nosas terras?

TEMOS QUE DECIR QUE NA PEROXA.......

INDUSTRIA E POSTOS DE TRABALLO SÍ ¡¡

VERTEDOIRO DE LIXO NON ¡¡

viernes, 4 de febrero de 2011

Eventos deportivos fin de semana 5 e 6 de Febreiro de 2011

Os importantes partidos que van disputar os equipos do concello da Peroxa son os seguintes:

RAPIDO BAHÍA - A PEROXA C.F : Domingo 6 as 16:30 en Aldán (Saída do bus da Peroxa as 13:15 fronte o bar O Agro e as 13:45 de Ourense na avenida de Santiago fronte o restaurante Novo Milenio)

PARADA DE SIL - ATL. PEROXA: Sábado 5 as 16:15 en Parada de Sil

OS PEARES FS - DIABLOS VERMELLOS: Sábado 5 as 17:00 no pabellón de Coles


Non deixes de animar os teus equipos ¡¡

jueves, 3 de febrero de 2011

Un pouco de humor......ou de pena.....segundo como se interprete ¡¡

Para darlle un toque de humor esta sección un pouco esquecida deixovos aquí un enlace onde podedes ver as míticas e máis recentes actuacións do cómico que pretende ser o que goberne o noso país nos vindeiros anos....apañados vamos con alguén que non é nin capaz de ir mexar só ¡¡

Todos estos vídeos surxiron como recopilatorio das "actuacións" do cómico a partires da súa grande actuación nunha entrevista onde foi preguntado por unha xoven polo emprego nos xovenes, e que o pobre home a pesares de ter pactadas as preguntas con antelación debeuse traspapelar e xa non sabía nin por onde saír.....típico dun político sen ideas propias e tan só co recurso dun discurso adulador onde tan só se limita a decir o que a xente quere oir, sen escrupulos para mentir reiteradamente os cidadáns.

Aqui o veredes, e sobran as palabras.....

http://www.publico.es/espana/359638/rajoy-el-candidato-despistado

Fíxote rir ou chorar ?

miércoles, 2 de febrero de 2011

VERTEDOIRO NA PEROXA NON ¡¡

Como si dunha premonición se tratase, hai uns días tratamos o tema da ubicación da INCINERADORA de lixo co seu correspondente vertedoiro.....pois ben, non día de hoxe levántamonos cunha noticia que parecía un pesadelo dun sono do que teríamos que espertar pronto, pero por desgracia para nos é unha realidade latente.

http://www.laregion.es/noticia/141935/peroxa/xinzo/planta/residuos/sur/galicia/

Somos un concello con moitas posibilidades de arruinar o noso futuro grazas a xestión do noso alcalde que nos pretende traer para as nosas terras toneladas de LIXO e BASURA. O que ninguén quere para a súa terra aquí ofrecémonos voluntarios.

Logo dun día moi longo informándonos desta nova e traballando para facer todo o posible pola nosa banda para evitar que esto sexa realidade, e a espera de noticias máis concretas que vos irei contando tan só quixen aproveitar estas últimas horas do día para informarvos do que se nos ven enriba.

Nos próximos días teredes información real e verídica da noticia, e non eses datos falsos e fora de toda credibilidade que aporta o PP queréndonos vender un proxecto peligroso para a saude e o futuro dos nosos veciños e veciñas.

Tan só animarvos a todos os que nos importa o futuro do noso concello a decir ben claro e alto.....


   LIXO E VERTEDOIRO NA PEROXA NON ¡¡