Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 30 de noviembre de 2010

Plan renove fiestras 2010

Continuando coa información das axudas para renovalas fiestas indicarvos que xa temos empresas asociadas a esta campaña para solicitarlle información e orzamentos.
Lembrade que esta liña de axudas é moi sinxela pois é a empresa a que fai todolos trámites burocráticos, vos tan só tedes que poñervos en contacto coa elexida e solicitarlle a vosa obra.
Información actualizada no seguinte enlace:

http://www.inega.es/inega/2007/web/index.php?dep=8

lunes, 29 de noviembre de 2010

Convocatoria de axudas para actividades escénicas e musicais.

Convocatoria publicada no BOP do luns 29/11/2010 na súa páxina 48 onde poderán solicitar axudas as agrupación musicais que cumpran os requisitas sinalados. Tendo en conta as agrupacións musicais existentes no noso Concello deixovos o enlace a convocatoria das axudas, podendo solicitalas dende agora mesmo.
Non perdades as posibles axudas económicas que de seguro virán ben para as vosas escasas arcas.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=274&fecha=20101129

Novamente vos recordo que podedes contactar neste blog para calquer dúbida ou solicitar axuda sobre esta materia.

jueves, 25 de noviembre de 2010

Nova subvención concedida o concello da Peroxa

Outra nova subvención para o concello adxudicada que se publicou no DOG do 02/11/2010, esta vez son 1600€ para o "fomento e realización de actividades de voluntariado".

Supoño que se empregarían en calquer outra cousa, pero voluntariado na Peroxa ¿?, permítanme que o dubide.

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/914cf1c82799d29ac12577e6002ea51a/$FILE/21000D008P023.PDF

Orzamentos 2011

Segundo se publica no BOP do venres 19/11/2010 na súa páxina 37, están en período de exposición durante 15 días hábiles (ata o 09/12/2010) os orzamentos para o vindeiro 2011 xunto co cadro de persoal e RPT.
Pódense calificar de INCALIFICABLES, eso é o máis suave que se me ocorre, son novamente unha burla os veciños ¡¡


https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=266&fecha=20101119

Nesta mesma publicacíón pero do 27/11/2010 aparece tamén o prazo de exposición pública para os orzamentos para o tan infrautilizado Consorcio do Peares, co conseguinte cadro de persoal e RPT.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=274&fecha=20101129

Eventos deportivos fin de semana 27 e 28 de Novembro de 2010

Partidos dos nosos equipos:

A PEROXA CF - VERIN CF:     Domingo 28 as 16:15 no campo do Marco
ATL. PEROXA - LOUREIRO:  Domingo 28 as 11:30 no campo do Marco
OS PEARES - COLES:               Sàbado 27 as 18:00 no polideportivo de Oira

Asiste e apoia os equipos do noso concello ¡¡

lunes, 22 de noviembre de 2010

Actos en Armental

Unha vez máis e van xa moitas, a activa Asociación de Veciños de Armental organiza unha xornada festiva para este sábado 27 de novembro.



Disfrutade das súas iniciativas ¡¡


O mesmo tempo deixovos un enlace onde podedes ver fotos e videos de moitas actividades que está a realizar esta asociación.







Andaina ¿?

Buscando información relevante para os nosos veciños, atopei a nova de que o vindeiro 12 de decembro vaise celebrar unha andaina de 20Km no noso concello. Novamente a publicidade destes actos parece que non interesa que cheguen a todos os interesados...unha lástima.

Podedes ver a nova atopada neste enlace:

http://www.acorredoira.org/index.php/calendario/details/9-andaina-polo-concello-da-peroxa

viernes, 19 de noviembre de 2010

Espectacular ¡¡

Este é o calificativo para o proxecto presentado para a integración do AVE en Ourense, logo de moitas tiranteces e criticas sempre por parte dos mesmos, por fin temos un proxecto adecuado a futuro.
Como tódolos acontecementos e infraestructuras importantes desta cidade son asumidas e feitas por gobernos socialistas, noraboa ¡¡

Neste enlace tedes información con detalle.

http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?codbusqueda=210&language=gl&codAdirecto=24

Agora desexar o rápido comenza das obras para ver como se transforma a cidade.

Eventos deportivos fin de semana 20 e 21 de Novembro de 2010

Partidos que van disputar os nosos equipos esta fin de semana:

MARIN - A PEROXA C.F: Domingo 21 as 17:00 h en Marin (saída do BUS da Peroxa as 14:00 fronte o bar Agro e as 14:20 de Ourense, da avenida de Santiago fronte o restaurante Novo Milenio)

TRIVES - ATLETICO PEROXA: Domingo 21 as 16:15 en Trives

CONST. M. COSTA - PEARES F.S: Sábado 20 as 21:00 no polideportivo de Oira

Ven amimar os teus equipos ¡¡

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Esta é a sua política

Non fai moito tempo atrás o noso Presidente da Xunta enchíaselle a boca con promesas para tod@s e que todo ía ir a mellor, logo criticou os duros recortes do Goberno de Zapatero con frases como "eu nunca o faría"......e agora tras uns meses de continuas subidas de impostos, recortes sociais e intentos de privatización dos sevizos básicos.....poño aqui un recorte de prensa que ainda sendo breve mostra o momento no que o Sr. Feijoo nos está a martirizar día sí e día tamén.

Convocatoria de axudas a entidades deportivas de Ourense

No BOP do 16/11/2010 convocaronse por parte de Deputación de Ourense as axudas a clubes deportivos da provincia de Ourense, pinchade no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=263&fecha=20101116

Lede os requisitos e se é o caso solicitainas .

Demos un paso importante...Noraboa ¡¡

Noraboa o PSdG-PSOE por dar o paso e levar o xulgado a política caciquil e de intereses da familia Baltar e os seus afiliados.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/11/17/psdeg-ratifica-fiscal-sospecha-baltar-contrato-115-afines-pp-ganara-hijo/491788.html

Agora tan só nos queda confiar na "transparencia" e "imparcialidade" da Xustiza.

A familia é o primeiro ¡¡

Seguindo coa liña de "atentandos" a igualdade dos opositores e cidadáns e logo de levar meses descubrindo e denunciando casos delectivos, apareceu outra nova relacionada:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/hermana/corrector/mejor/nota/oposicion/elpepuespgal/20101117elpgal_3/Tes

O peor destas situacións non é que se produzan, senón que as defenden e xustifican....VERGOÑENTO ¡¡

martes, 16 de noviembre de 2010

Nin medo nin vergoña ¡¡

Novamente acaparamos titulares vergoñentos na prensa, unha vez máis as CACICADAS e privación de dereitos "MADE IN FAMILY BALTAR" volven ser noticia.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/fichaje/otros/eventuales/abarrota/Diputacion/Ourense/elpepuespgal/20101116elpgal_7/Tes

Non máis BALTAR en Ourense ¡¡

lunes, 15 de noviembre de 2010

Día histórico no campo do Marco

Este domingo día 14 de novembro de 2010 será unha das datas importantes dentro da longa e existosa historia do PEROXA C:F. Acadouse puntuar dentro da nova categoría da Rexional Preferente.

Noraboa a todos os compoñentes do equipo, con mención especial a un grupo de xogadores que se deixaron a pel no terreo de xogo.

Esperemos que este sexa o primeiro punto de moitos, animo EQUIPO ¡¡

Defendamos os nosos intereses ¡¡

Este pasado venres 12 novamente aparecía no xornal La REGION anunciada a feira da Peroxa para ese mesmo día.
Non creo que a economía do noso concello no sector hosteleiro vaia tan sobrada como para permitir perder os posibles visitantes/comensais nun día especial para o sector.
Unha vez máis e van xa moitas, o pasotismo do concello en defender os intereses dos veciños e novamente visible. E incapaz de correxir situacións perxudicais para o noso concello en cousas tan sinxelas coma estas.

Clasificación da carreira do San Martiño 2010

No seguinte enlace tedes as clasificacións da multitudinaria carreira popular do San Martiño, con participantes dos noso concello en posicións moi destacadas. Sería un bo punto de partida para propoñer e organizar algo nesta dirección, ben un equipo de atletismo con xovenes e veteráns ou tamén algún tipo de evento deportivo nesta materia, dado que agora xa non temos nin andaina.

Esta será unha das liñas básicas do noso partido de cara as próximas municipais: fomentar o deporte para todalas idades con actividades lúdicas e deportivas habituais. Empregar as subvencións correspondente a estas materias neste fin e non "desvialas" a outros menesteres.

http://www.championchipnorte.com/externos/20101114181802_XXXIV_CARRREIRA_POPULAR_SAN_MARTINO_2010/CP%20OURENSE%202010.htm



Esta e unha das imaxes que queremos ver e disfrutar coa nosa xuventude, para iso hai que darlle alternativas no deporte, porque como ven se viu nesta proba a súa participaciòn e masiva.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Inauguración do campo do Marco

Inaugurado oficialmente o campo do Marco tras a presencia dos responsables políticos das 3 administración implicadas na reforma: Goberno de España, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense. Acto sencillo e rápido que deu paso a un bo partido entre Ourense e Lugo que rematou empate a 2 nunha tarde fría pero con moito público.
A nota destacada da presencia política no campo é a promesa do Sr. Baltar (como sempre que nos visita, e que nunca cumpre.........recordar como exemplo fai uns 15 anos subido a unha silla no bar O Agro dixo textualmente: "a próxima vez que veña a este pobo será pola nova carretera".....¿?), dunha nova grada para o campo de fútbol.
Esperemos non ter que agardar outros 15 ou 20 anos por ela como estamos a facer coa todavía desexada "nova carretera", unha obra que está a retrasar o futuro e o desenrolo industrial e poblacional do noso castigado concello.

Eventos deportivos fin de semana 13 e 14 de Novembro de 2010

Partidos dos nosos equipos:

A PEROXA C.F - CHOCO C.D: Domingo 14 as 16:30 no campo do Marco
ATL. PEROXA  - BORULFE:     Domingo 14 as 11:30 no campo do Marco
OS PEARES - PRIMORDIAL:  Sábado 13 as 19:00 no polideportivo de Oira.

Anima os teus equipos ¡¡

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Convenio con Medio Rural da Xunta.

No DOG do 09/11/2010 aparece publicada na súa páxina 18368 unha nova partida economica para o concello da Peroxa. Este vez son case 17.000€ para actuacións dun vehículo motobomba na loita contra incendios.

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e76dea2bd685e9bdc12577d5006153d5/$FILE/21500D009P020.PDF

Outra nova partida económica para o concello que novamente empregará como é habitual para uso totalmente partidista usándoa para contratacións ou servizos de nula transparencia e igualdade para tódolos veciños.......,como ocorre co recente curso iniciado nas dependencias do concello onde a publicidade e igualdade para o acceso a tódolos veciños interesados foron novamente vilipendiadas. Seguese a usar a práctica de "avisar" a quen interesa soamente e non darlle a publicidade necesaria para que chegue a todos os posible interesados.

Subvencións a concellos para actividades deportivas 2011

Novamente outra subvención convocada pola deputación de Ourense para sufragar actuacións deportivas nos concellos para o 2011.
No BOP do 08/11/2010:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=257&fecha=20101108

Esperemos que no concello apareza alguen disposto a asumir responsabilidades e dedicarlle tempo o fomento e actividades deportivas, do que carecemos totalmente e onde a actividade neste senso e prácticamente NULA. Recordar por exemplo que no ano 2008 as actividades foron: "iniciación a natación" e "Andaina fotográfica¿?".....cunha subvención de 734€ (BOP 27/09/2008):

https://bop.depourense.es/portal/aperturaBoletinAntiguo.do


Unha boa ocasión con esta subvención para poñerse mans a obra e facer algo polos nosos abandoados veciños.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Subvención para renovalas fiestras.

No DOG do 08/11/2010 convocanse axudas para cambiar as fiestras das vivendas para unha mellora e aforro enerxético.

 http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/32c9044c5830fa90c12577d2006a7353/$FILE/21400D017P092.PDF

Se estades interesados non deixedes para tarde que logo se acaban os cartos dispoñibles, aproveitade a ocasión.

Como en calquer tema, e como xa dixen, se tedes algunha dúbida podedes contar conmigo para tentar solucionalo ou indicarvos os pasos necesarios.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Inauguración "oficial" do campo do Marco

Este vindeiro xoves dia 11 (San Martiño), farase a inauguración das obras do campo do Marco cun partido entre os equipos:

CD OURENSE - CD LUGO

As 16:15 horas.

Selección de persoal para a gardería.

Este só é un adianto dunha nova que tratarei a vindeira semana.
Tan só denunciar o proceso totalmente escuro e falto de transparencia e publicidade por parte do alcalde para seleccionar persoal para a tan ESPERADA gardería.

Subvención para compra de mobles de madeira e colchóns.

Peculiar convocatoria esta da Xunta que saiu no DOG do 03/11/2010 na páxina 18028.

Botadelle unha ollada por si vos pode interesar.

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/8fa28eea13c1b665c12577cf005ed708/$FILE/21100D009P016.PDF

Modificación orzamentos Consorcio Local dos Peares

No BOP do 4/11/2011 na sua paxina 47 atopamos unha nova partida de preto de 22.000€ para o desatendido Consorcio dos Peares, que supoñemos que coma todolos anos non será para investir en nada máis que para pagar o seu persoal......Logo laiamonos que os veciños dese pobo mostren publicamente as suas queixas......e para o colmo criticamolos publicamente por facelas.

Señor presidente do Consorcio.....TRANSPARENCIA E TRABALLO ¡¡

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=254&fecha=20101104

Estes son exemplos das queixas publicas dos noso veciños dos Peares, sen que polo momento foran atendidas:

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/08/19/0003_8677240.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/09/26/00031190820335124614.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Tamén temos "perlas" do seu veciño ¿? máis ilustre que incumpliu reiteradamente ata o día de hoxe como co resto de todo o Concello:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/30/0003_7622552.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/05/15/0003_8484723.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Que é da ponte Sr. Feijoo? Que é do novo centro de saúde? Porque seica iba ser licitado este ano e nos 19 que vostede ofreceu en Galicia non aparecía. Esqueceuse? ou é outra mentira máis. De momento arranxe vostede e o concello da Peroxa o que hai que ten maleza ata na porta e ventás e ata hai pouco chovia dentro.
Como ven dí a noticia a xente choraba coa sua presenza, non creo que fora de emoción, senón de rabia por tanta mentira.


Sr. Feijo cumpra cos seus veciños e non so para asistir as fanfarronadas e as paperotadas.

LAMENTABLE ¡¡

Voltamos os tempos máis escuros da política de persoal da Xunta, novamente con PP o fronte e cun presidente que se lle enchía a boca pregonando nos seus primeiros días a sua transparencia e bo facer.....Lamentable e denunciable como se ningunean os direitos e ilusións de miles de persoas.....e o peor de todo e que inda tentan agochar estas "artimañas" a base de mentiras.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/11/05/0003_8829615.htm

Máis estilos de facer política do señor Feijoo, o "abandeirado" do bo facer......Vergoñento ¡¡

http://www.laregion.es/noticia/134839/xunta/contrata/publicidad/empresas/creadas/propios/asesores/+

Estes son dous exemplos dos moitos que podería nomear da política "caciquil" e ilegal do Sr. Feijoo e os seus.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Eventos deportivos fin de semana 06 e 07 de Novembro de 2010

Partidos dos nosos equipos:

SANXENXO - A PEROXA: Domingo 7 as 16:30 en Sanxenxo (saída do Bus as 13:00 da Peroxa frente o bar Agro, e de Ourense as 13:30 na Avda. de Santiago frente o restaurante Novo Milenio).

CIDADE DAS PONTES - ATL. PEROXA: Domingo 7 as 16:15 en Seixalvo

DIABLOS VERMELLOS - OS PEARES FS: Sábado 6 as 19:00 no pavillón de Coles.

Non deixes de apoiar os equipos representativos do teu Concello ¡¡

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Como cambiar o discurso según as circunstancias.....

Unha noticia con foto para o recordo moi loubada por todos.......

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/11/03/posado-incertidumbre-legal/487115.html

.....Pero tan sólo un tempo despois......como dí o refrán: "donde dije digo, ahora digo diego...". Ahora cambiase o discurso por interés puramente electoral ¡¡ En fin, unha pena.....

http://www.elpais.com/articulo/espana/gais/arremeten/Rajoy/cuestionar/matrimonio/personas/mismo/sexo/elpepuesp/20101031elpepunac_2/Tes

Esto é un exemplo máis das políticas que pretende o señor Rajoy, desmontar e desfacer o camiño andado e quitar dereitos as persoas......privatizacións, dereitos só para poderosos.....etc, etc. Mellor estabas caladiño Mariano que te estas cubrindo de merda cada  vez que abres a boca.

martes, 2 de noviembre de 2010