Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 29 de octubre de 2010

Por fin.....movementos ¡¡

Logo da miña crítica pola falla de actividades no noso concello (todo a pesares das múltiples subvencións que ingresan por distintos conceptos, algúns sorprendentes, que analizarei en poucos días), apareceu un bando informando de actividades para nenos e adultos (novamente a xuventude queda fora de todo). Terán informática e inglés (esta será seguindo as ideas do Sr. Feijoo supoño).
Acordade pronto para anotarvos que o mércores  día 3 de novembro é o derradeiro día (tede conta que o luns e festivo). Polo tanto hai que darse presa que coma sempre os prazos son mínimos (esperemos que non sexa para que non lle de tempo a xente a enterarse).
Esperemos que se poñan as pilas e lle dediquen o tempo que merecemos os veciños.



jueves, 28 de octubre de 2010

Eventos deportivos fin de semana 30 e 31 de Outubro 2010

Os encontros dos nosos equipos nesta fin de semana son os seguintes.

A PEROXA C.F. - AROUSA S.C   Domingo 31 as 16:30 no campo do Marco.
ATL. PEROXA - SALAMONDE   Domingo 31 as 11:30 no campo do Marco.
OS PEARES- LOTERIAS ANTA  Sábado 30 as 21:00 no anexo do Pavillón dos Remedios

Fin de semana con partidos importantes para os nosos equipos.

Ven animalos ¡¡

miércoles, 27 de octubre de 2010

Axuda a domicilo no Concello da Peroxa

Neste enlace seguinte deixovos as publicacion no BOP das ordenanzas de regulamento o taxas do servizo de axuda no fogar correspondente o noso Concello con toda a súa normativa reguladora aprobadas.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=193&fecha=20100823

Dende a paxina 2 ata a 19

Coñece e reclama os teus servizos ¡¡

Moi bonito pero....

Nesta noticia presentada por todo alto e como non coa foto de rigor indicaba as posibles axudas para favorecer as vendas de vivendas no noso Concello, pero como outras moitas iniciativas morreu no intento.

http://www.laregion.es/noticia/98307/ourense/plan/vivienda/inmobiliarios/rural/zonas/rurales/concellos/

Esta noticia levaba indicacions e referencia a unha paxina web onde consultar as vivendas a venda por concellos, pero.....tan so uns meses depois está inactiva.

http://www.pisosenourense.com/

Non máis fotos nin máis enganos ¡¡

Esta é a sua política

Poño nesta sección esta noticia por ser antiga pero podía ser tranquilamente de hoxe mesmo, porque os anos pasan, pero os xeitos de gobernar seguen sendo os mesmos, non hai máis que ver as novas que saen a diario nos medios de comunicacións do xeito de actuar da Xunta ou da Deputación (esta institución xa coñecida polos seus métodos de persoal en toda a península ibérica).

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Familiares/cargos/PP/copan/puestos/Ayuntamiento/Ourense/elpepiautgal/20070422elpgal_4/Tes

Curioso a variedade de nomes coñecidos (uns máis que outros), que conseguiron posto o mesmo tempo, espero que fose unha grande casualidade e todos tiveran acceso a través das 3 palabras máxicas: igualdade, mérito e capacidade.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/alcalde/candidato/PP/Ourense/tiene/censadas/domicilio/personas/elpepiautgal/20070522elpgal_3/Tes

Unha nova interesante, con respecto a este tema recordamos os nosos veciños que parte da familia directa do noso alcalde nas pasadas municipais tamén deixou o censo do noso concello (parecíalle que ía sobrado) e foron para a capital "reforzar" as votacións para o candidato popular....lástima que non lle saiu como planearon.


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Baltar/contrato/260/personas/Diputacion/durante/precampana/elpepiautgal/20070912elpgal_6/Tes

Novamente cercanos as municipais do 2011 esperamos "movimentos" por parte da maquinaria electoral do PP; vendo a seguinte noticia creo que por fin lograremos que os empregados da Deputación se poñar a traballar, logo destes derradeiros 3 anos e medio de brazos cruzados e esperando o pistoletazo de saída para realizar as suas principais funcions: as eleccións municipais.

Os datos son indiscutibles

Nestas datas onde parece que os "malos" son sempre os mesmos,......que si non nos dan cartos, que si nos quitan o outro.....so saben chorar e botarlle culpa os que estiveron antes ou os da capital do país. Os gobernantes actuais da Xunta co seu presidente o fronte (que presume das suas orixes), están a afogar a provincia de Ourense negándolle inversións para o seu desarrollo. Nestes dias na prensa veredes as queixas de todolos sectores afectados da nosa provincia saíndo a criticar a actitude castigadora enchendo titulares ata na prensa do seu propio partido "LA REGION".
Amosovos uns datos do pasado recente para corroborar que esto que fan agora e achacan a crisis ou a falla de cartos do goberno central xa o facían en épocas moi boiantes nas arcas públicas. Sempre castigando os mesmos: (163.000€ míseros en 4 anos de lexislatura).

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/02/09/4501138.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Aporto tamén outras 2 noticias de prensa onde veredes como o goberno bipartito anterior na Xunta investiu máis no noso concello nun ano que eles nunha lexislatura enteira:
En 2 actuacións: 1-Obra de bombeo de agua para garantir o futuro no concello: 500.000€ aportados pola Consellería de Medio Ambiente o fronte da cal estaba o meu bo amigo Pachi Vázquez agora tan criticado.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/29/5499937.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

2-Remate obra no recinto feiral da Peroxa: 120.000€

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/11/23/5310940.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Máis de 100 millóns das antigas pesetas invertidas no noso concello en tan só 5 meses.
Esta é a realidade e estes son os datos de 2 exemplos prácticos os que podería engadir varios pola mesma liña.
Uns botan horas chorando e culpando os da oposición e os bos xestores invirten nos pobos sen andar fanfarroneando nen de paperotas para sairen nas fotos.
Vostedes teñen que  decidir que queredes para o voso concello: apariencias, enganos, desprecios constantes ......ou xente que mire por vos e invirta no futuro e nos servizos.

sábado, 23 de octubre de 2010

Festa da Riveira de Vilarrubin os días 30 e 31 de outubro de 2010

Seguimos con citas importantes no noso calendario festeiro, e chegando xa a unha das derradeiras do ano, pero non por eso menos importante. Destacar ademáis a xuventude desta celebración recientemente recuperada pero que esta a gañar enteiros e asistentes.
Novamente composta por magosto popular e con duas boas orquestras: BOHEMIA E FANTASÍA.

Temos que pasarnos pola festa e acompañar a esos organizadores con empeño e moi traballadores e defensores  da súa terra e das suas costumes.

Festa "do Trabazo" en Fontaiño o 23 de outubro de 2010

Temos novamente outra cita senlleira no noso concello, festa gastronómica e musical con cea popular e novamente (e van xa unhas cantas) amenizada pola afamada e interesante orquestra FANIA.

Acode a cear a Fontaíño con comida típica e a botarlle uns bailes ¡¡

viernes, 22 de octubre de 2010

Carreira do San Martiño 2010

Xa estamos novamente diante dun dos acontecementos máis senlleiros e populares da nosa provincia....a San Martiño. Este ano disputaráse o domingo 14 de novembro, co recorrido e categorías habituais nesta proba.
No seguinte enlace podedes inscribirvos tanto os maiores coma os cativos.
Animadevos a participar que seguro non vos ides arrepentir.

http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?contenido=3325&tipo=6&nivel=1400

Todos a San Martiño 2010.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Así recibimos os nosos visitantes.

Mostramos aquí un par de fotos das moitas que podíamos por do lixo que nos invade en todos os pobos e carreteras do concello coa pasividade dos nosos representantes municipais que as ven a diario e "pasan do tema". Todo isto agrávase xa que dende fai tempo contamos cun servizo de recollida de dudosa actividade porque os exemplos falan por si sos. Esperemos que se tomen as medidas oportunas.
Non quero esquecerme tamén de sinalar e indicar os nosos veciños que todos somos responsables da limpexa e boa imaxe das nosas terras e paisaxes e por iso pedimos a máxima colaboración posto que estes "obxetos" non chegaron sos a estes lugares.


Outros xeitos de actuar

En relación a inoperancia do concello no que atingue a falla completamente de actividades para maiores e xovenes (a pesares de ter feito unha enquisa o respecto), amosamos outro xeito de facer as cousas cando hai interese, gañar de traballar e preocupación polos veciños.
Ademáis de moitas outras actividades e xuntanzas, os nosos veciños de Coles gozan de moitas e diversificadas actividades o longo do concello e durante toda a semana. Sana envidia nos producen ¡¡



Nova subvención concecida o concello da Peroxa

Na paxina 17314, do DOG do martes 19/10/2010 aparece reflexada a adxudicación dunha nova subvención por parte da Xunta o noso concello para adquisisión de equipamentos deportivos por un importe de case 9.000€.

Unha vez máis estamos vixiantes ante esta nova partida para ver cal vai ser o seu uso e emprego, esperando que se faga efectiva o antes posible e con inversións realmente necesarias e para disfrute dos veciños. O  mesmo tempo aproveitamos para reclamar a realización dos gastos pendentes todavía de subvencións anteriores concedidas e que polo momento están "desaparecidas".

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/2133ec1e896e9af4c12577c0004b5669/$FILE/20100D003P007.PDF

Subida abusiva do recibo da auga

O señor Feijoo enchiaselle a boca predicando que non ía subir os impostos.....Novamente outro engano máis, dí unha cousa e fai xusto o contrario.
Vamos a ter subas no recibo da auga de porcentaxes que poden acadar subas do 141% na tasa correspondente a Comunidade Autonoma de Galicia.
Pronto saira dicindo cando aparezan as queixas dos cidadans que os recibos son municipais e él non sabe nada, ese e o seu estilo, tirala pedra e agochar a man.

Ollade a noticia neste enlace e non vos perdades os motivos que alegan para a suba......de cachondeo ¡¡

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/ingresara/34/millones/ano/subida/recibo/agua/elpepiautgal/20101019elpgal_4/Tes

Volven as "cacicadas" a Xunta.

Estes días estase intentando aprobar un método "made in PP", para meter os seus enchufados por diante de toda a xente con mérito e capacidade dentro da Xunta de Galicia.

Este e o xeito de facer política do vendedor de fume do señor Feijoo, que predica as cousas adornándose de cara a galería e facendo esto a espaldas dos cidadáns.

https://www.xornal.com/artigo/2010/10/19/politica/facenda-culmina-reforma-nomear-altos-funcionarios-dedo/2010101900230300193.html

Unha vergoña ¡¡

Eventos deportivos fin de semana 23 e 24 de Outubro 2010

Partidos para o fin de semana dos nosos equipos:

Sábado 23 as 18:00       OS PEARES-MCDONAL`S no Pavillón de Coles
Domingo 24 as 11:30     ATL. PEROXA-LODAIRO no campo do Marco
Domingo 24 as 17:00     GRAN PEÑA-PEROXA no campo de Barreiro (Vigo). Saída do bus as 14:00 frente o bar Agro da Peroxa e as 14:30 frente o restaurante Novo Milenio na Avda. Santiago (Ourense).

Non deixes de animar os equipos do teu concello ¡¡

Sorte a todos.

viernes, 15 de octubre de 2010

Curso de monitor futbol-sala

A Federación Galega de Futbol-Sala en Ourense convoca un curso de monitor de futbol-sala para este mes de outubro.
Información e formulario inscripción na sua páxina web:

http://www.fgfs-orense.com/index.php

Animadevos, é gratuito e celebrase en Ourense.

Subvencións para rehabilitación e renovación vivendas no rural galego

No DOGA do 11/10/2010 a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, convócanse axudas económicas para rehabilitar e renovar as vivendas no rural de Galica.

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/b56e9676f0b39532c12577b60062396c/$FILE/19600D011P087.PDF

O prazo remata o 12/11/2010.

INDICARVOS QUE PARA ESTA SUBVENCIÓN OU PARA CALQUERA OUTRO TIPO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA OU DOUTRA ÍNDOLE, QUEDO A VOSA ENTEIRA DISPOSICIÓN PARA TENTAR AXUDAR NO QUE POIDA.

Un saudo.

TOÑO

Listados candidatos a xurados do concello da Peroxa.

No Boletin Oficial da Provincia de Ourense do Luns 4 de outrubreo do 2010 na paxina 37 e 38 podedes atopar as persoas do noso concello que segundo o sorteo celebrado na Audiencia Provincial de Ourense van formar parte dos Xurados populares ata o 31/12/2012.

https://bop.depourense.es/portal/cambioBoletin.do

Comprobade se aparecedes, está por Concellos e por orde alfabética.

Enquisa a mocidade do Concello.

Que foi daquela enquisa realizada fai agora un ano a mocidade do noso concello sobre (según indicaba a carta) as inquedanzas e interese da poboacion xuvenil ?
Analizaronse realmente os datos da enquisa?
Realmente houbo datos?
Contestou a xuventude as cuestións plantexadas ou quedou soamente nun gasto de medios, material e cartos para mostrar que había xente no concello?

Actividades que propoñían:
Aerobic, Baloncesto, Balonman, Tenis, Equitación, cursiños de informática e internet, Teatro, talleres de patinaxe, cociña, baile......etc, etc.

Pouco ou nada se levou a cabo, e todas as que se fixeron e fan son enfocadas a xente maior, pero a mocidade.....nada de nada.
Máis do mesmo; menos mal que a maioría xa se da conta dos enganos continuos ¡¡

Noticia para refrescar a memoria.

Novamente somos portada na prensa, pero unha vez máis para amosar as nosas miserias, caseque nunca unha noticia que nos encha de orgullo como veciños da Peroxa.

http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_8358268&idSeccion

Pasan os anos e seguen as mesmas cacicadas ¡¡

jueves, 14 de octubre de 2010

Festa do "viño novo" en Gulfariz o 15 e 16 de outubro de 2010.

Un ano máis achégase unha das festas máis enxebres do noso concello. A festa do viño novo onde o aspecto gastronómico prevalece sobre outros.
O venres e o sabado boa ceas por encarga con productos tipicos como son a carne e o bo viño desa zona, acompañados por charanga e orquestras.

Deixate caer por Gulfariz e descubre outro tipo de festa.

Eventos deportivos fin de semana 16 e 17 de Outubro 2010

Partidos dos noso equipos:

A PEROXA CF-OURENSE "B": Sábado 16 as 17:00 no "novo" campo do Marco (A Peroxa).
CASTRELO DE MIÑO-ATLETICO PEROXA: Sábado 16 as 17:00 no campo de Macendo.
CONST. MET. PIÑEIRO-PEARES: Sábado 16 as 18:00 na Carballeira.

Interesantes e bos partidos para animar os teus equipos. Especialmente a inauguración da nova superficie do campo do Marco onde o equipo local tratará de facer un bo encontro ante a sus aficción para cortar a racha negativa de resultados.

Non faltes ¡¡

jueves, 7 de octubre de 2010

Eventos deportivos fin de semana 09 e 10 de Outubro 2010

Partidos dos nosos equipos:

PONTELLAS - A PEROXA: Domingo 10 as 17:00 no Porriño.
AT. PEROXA-PARADA DO SIL: Domingo 10 as 17:00 en Barra de Miño
OS PEARES-A PORTELIÑA: Sabado 09 as 16:00 no polideportivo de Coles.

Acude animar os equipos do teu concello.