Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 20 de mayo de 2010

Benvidos

Boas amig@s!

Como vedes estivemos traballando un pouco para darlle personalidade a este blog.

Intentamos reflectir un pouco a esencia da Peroxa, o castelo presidindo a páxina; o verde e marrón dos nosos bosques e un pequeno toque de vermello para darlle avoengo ao sitio.

Espero que aos poucos este recuncho énchase de xente con ganas de falar, expor ideas e tamén de deixar as súas críticas construtivas.